
“Onde estabas tí cando morreu Franco?”
17
Luns/Marzo
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia Onde estabas tí cando morreu Franco? coordinada polo historiador Carlos Velasco Souto e na que intervirán Lola Varela, Beto Touriño, Pilar Allegue e Emilio Fernández Zunzunegui.
Baixo o ciclo Transición Política e Democracia, organizado polo Ateneo de Pontevedra durante este 2025, esta primeira conferencia titulada Onde estabas tí cando morreu Franco? dá voz ás testemuñas persoais que xogaron un papel na oposición clandestina á Ditadura; persoas procedentes de disímiles sensibilidades políticas que coñeceron as interioridades da militancia política prohibida e reprimida con saña polas estruturas policiais da ditadura.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Sala Multiusos do Teatro Principal, Pontevedra.

“Cosmos Quartet”
17
Luns/Marzo
Filarmónica Pontevedra
Nacido en Barcelona en 2014, o Cosmos Quartet consolidouse como un dos cuartetos de corda máis atractivos do panorama musical actual. As súas interpretacións, que abarcan música desde o século XVIII ata a máis actual, son recibidas con eloxios pola crítica e definidas como honestas, elegantes, expresivas e cativadoras. O cuarteto realizou a súa formación na “European Chamber Music Academy” (ECMA) dirixida polos titores Hatto Beyerle e Johannes Meissl, e na Universidade de Hannover co profesor Oliver Wille, ademais de recibir clases e consellos de profesores como Rainer Schmidt, Alfred Brendel, Jonathan Brown, Patrick Jüdt, Alasdair Tait, Krzysztof Chorzelski e David Watkin entre outros. O cuarteto toca con instrumentos construídos exprofeso polo prestixioso luthier barcelonés David Bagué.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra.

“Ruinas de San Domingos”
18
Martes/ Marzo
Museo de Pontevedra
Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.

“Biomecánica da columna vertebral”
18
Martes/ Marzo
ASAEXS
O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo FS1 Lorenzo Justo imparte na sede da Vicerreitoría do campus a conferencia Biomecánica de la columna vertebral: desde el movimiento a la lesión. Organizada pola Asociación de Alumnado e Exalumnado Sénior do campus de Pontevedra (Asaexs), trátase dunha actividade aberta a toda a cidadanía.
Ás 19:00 horas
Vicerreitoría da UVIGO, Pontevedra.

“Trivial Feminista”
18
Martes/Marzo
Este mes… Volvemos co TRIVIAL FEMINISTA!!!
Teremos aprendido algo da primeira rolda de xogos?Anímate a compartir unha tardiña aprendendo con nós!Vémonos o martes 18, ás 20:00 h en @yeoldebasset
Ás 20:00 horas
Yeoldebasset, Avda de Santa María 4, Pontevedra

“Alfolíns de Pontevedra”
18
Martes/Marzo
Taberna NASA
Alfolíns de Pontevedra: Pasado, presente e futuro da nosa historia co mar.
Ás 20:00 horas
Taberna Nasa (Moureira de Arriba) Rua Galera 6. Pontevedra

“A luz que imaxinamos”
18
Martes/Marzo
Cineclube Pontevedra
A LUZ QUE IMAXINAMOS, All We Imagine as Light
Payal Kapadia, 2024. India, 118 min., VOSE. Lingua orixinal: hindi e malabar
Filme especialmente recomendado polo seu fomento da igualdade de xénero (ICAA)
Non recomendada para menores de 12 anos
En Mumbai, a rutina da enfermeira Prabha vese alterada cando recibe un agasallo inesperado do seu marido, do que está distanciada. A súa compañeira de cuarto, Anu, tenta en van atopar un lugar na cidade para ter intimidade co seu mozo. Unha terceira muller, Parvaty, é desaloxada da súa casa por causa da especulación inmobiliaria e a xentrificación. Unha viaxe a unha vila costeira permitiralles atopar un espazo para que os seus desexos se manifesten.
Gran Premio do Xurado en Cannes 2024
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.

“Afganistán, ser muller no mundo talibán”
19
Mércores/ Marzo
Facultade de Comunicación
A Facultade de Comunicación acolle a xornada Afganistán, ser muller no mundo talibán, coordinada pola profesora Anna Amorós e enmarcada na conmemoración do Día Internacional da Muller e promovida coa colaboración da Biblioteca Central do Campus de Pontevedra e o apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
A xornada arranca ás 11.30 horas na Biblioteca Central do Campus de Pontevedra coa inauguración da mostra bibliográfica A muller nos conflitos armados, presentada pola súa directora, Ana Quiroga; complementada pola exposición das acuarelas Afganistán, o cárcere azul, de Edurne Lesta, que serán presentadas pola profesora de Belas Artes Sol Alonso.
A continuación, a xornada trasládase ao salón de graos da Facultade de Comunicación, onde terá lugar a conferencia A honra dos homes, a dor das mulleres, a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Mar Llinares, seguida dunha mesa redonda sobre o tratamento informativo da situación das mulleres e nenas en Afganistán. Pola tarde, a programación continúa cunha mesa sobre sensibilización contra a volencia de xénero e unha conferencia de María Méndez, presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia.
A xornada complétase ás 18.00 horas coa presentación e estrea en Pontevedra do documental Gorrións entre tulipáns. Soños rotos detrás do burka, dixirido por Anna Amorós.
Ás 11:30 horas
Facultade de comunicación de Pontevedra.

“Versos a dúas voces”
19
Mércores/ Marzo
devellabella
Por segundo ano consecutivo o colectivo De vella a bella coa colaboración do Ateneo de Pontevedra presenta a Mostra Poética VERSOS A DÚAS VOCES.
O acto intégrase no marco das celebracións do DÍA MUNDIAL DA POESÍA (21 de marzo) e terá lugar dous días antes, o 19, ás 19.00 h. no Museo de Pontevedra.
Esta mostra poética festexa a poesía converténdoa nun acto colectivo aberto a calquera amante da mesma que desexe participar como autor, autora, ou acompañante, xa que como ben indica a súa denominación, trátase dun recitado por parellas e, por suposto, é un acto aberto tamén a todos aqueles que se animen a asistir como público.
En total este ano serán trece as parellas, procedentes de Pontevedra, Vigo, Marín, O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía, Baiona e Lugo. Ademais contaremos coa presenza de Clara Pino e Pablo Vidal, músicos de recoñecido prestixio, que nos agasallarán con tres actuacións musicais durante o transcurso da mostra.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

“La haine”
19
Mércores/ Marzo
Cineclube de Belas Artes
Ciclo Marzo: Especial branco e negro
La haine (Hate)Mathieu Kassovitz 1995. 95′ Francia
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

“Sweet country”
19
Mércores/ Marzo
Fundación Cuña-Casasbellas
Ciclo de cine “Outras terras, outros ámbitos
Sweet Country Direc.: Warwick Thornton Australia, 20117 108′
Inspirada en una historia real sucedida en el interior de Australia en 1929. Cuando el aborigen Sam mata al propietario blanco Harry March en defensa propia, Sam y su mujer Lizzie emprenden la huida. Pero la pareja será perseguida de forma incansable por las autoridades hasta a qué ellos mismo se entregarán.
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:00 horas
Sala Versus, Pontevedra.

“Clases de Canto”
19
Mércores/Marzo
Mímate
Ás 20:00 horas.
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra.


“Cata de viños”
19
Mércores/Marzo
Ás 20:30 horas.
El Toro, rúa Real 18, Pontevedra.

“O pazo de Lourizán”
20
Xoves/ Marzo
Organizada polo colectivo Maio Longo, charla “O Pazo de Lourizán: Historia, Patrimonio, Ciencia, Formación, Turismo, Negocio?”.
Intervirán: Fina Fernández, Carmela Alonso e Luis Bará.
Presenta e modera Carme Fouces
Ás 20:00 horas
Casa das campás, Pontevedra.

“Reconversión”
20
Xoves/ Marzo
Concello de Pontevedra
Un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na ría de Vigo. Reconversión é unha viaxe desde a posguerra ata o“Felipismo”dos 80, pasando pola auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista. Un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.
Dirección e autoría: Santiago Cortegoso.
Elenco: Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos.
Duración: 100 min
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra.

“Recital poético”
21
Venres/Marzo
Biblioteca pública de Pontevedra
O día 21 de marzo ás 19:00h no Salón de Actos celebrase un recital poético con seis poetas confirmados e unha posterior rolda de micro aberto para recitar poemas propios ou doutros autores que desexedes dar a coñecer.
Animádevos a vir e participar!
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Biblioteca pública, Pontevedra.

“Barrio Hebreo”
21
Venres/Marzo
AAVV San Roque
A Asociación de Veciños San Roque informa, aos seus socios e persoas interesadas, que o venres, 21 de marzo do 2025, ás 20,00 horas celebrarase, no seu local social, a presentación “Barrio Hebreo en Ciudad de Pontevedra” e, a continuación, charla coloquio. Temática: Arcebispo Gelmírez e a mariña Castelá. Influencia Israelita no apoxeo da Ría de Pontevedra. Gran relevancia dos gremios das Corbaceiras e Moureira e outras vicisitudes.
Coordinador: Luis Jesús Raposo Rodríguez. Presentador. Carlos Quintía Celaya – Avogado e escritor. Pedro de Lorenzo e Macías – autor. David Vázquez Barbazán. Historiador e investigador. PROMOTOR: Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Poio.
Ás 20:00 horas
AAVV San Roque, Trav. Hnos. Pazó Montes 2, Pontevedra.

“Marco de fotos con flores”
21
Venres/Marzo
Espacio de momentos
DECORA UN MARCO CON FLORES NATURAIS
Crea un recordo único coa maxia das flores. Traémosche un taller especial onde aprenderás a decorar un marco con flores preservadas naturais e enmarcarás unha foto especial para ti.
Un momento perfecto para relaxarche e desconectar mentres creas algo fermoso. Prezo: 15€ por persoa
Inclúe: Todo o material para decorar o teu marco Unha foto que elixas para enmarcar Dúas bebidas para gozar durante o taller
De 20:00 a 21:30 horas
Espacio de Momentos, Pontevedra.

“Poesía e Microrrelato”
21
Venres/Marzo
Poesía e Microrrelato Pontevedra
Poesía e Microrrelato na cafetería O forno Pontevedra no día da poesía
Elena Lameiro, Richard Pazos, Laura Villegas,Hugo Fernández, Laura Piedras.
Ao rematar haberá unha rolda de micro aberto (2 minutos cada unha).
Entrada libre, unha consumición mínimo.
Ás 20:30 horas
O Forno, Pontevedra.

“Chompistas”
21
Venres/Marzo
C. S. A Pedreira
Concerto Folk dos Chompistas
Foliada
Ás 20:30 horas
A Pedreira, Rúa Serra 36, Pontevedra

“Salón do libro infantil e xuvenil”
21-6
Venres/Marzo-Abril
Desde o venres 21 de marzo ata o domingo 6 de abril terá lugar o Salón do libro infantil e xuvenil en Pontevedra.
De luns a venres:
De 17.00 a 20.00 h
Os sábados e domingos:
De 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h
De luns a venres ás 17:00, sábados e domingos ás 11.00
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Suelen_Estar_Quartet”
22
Sábado/Marzo
Museo de Pontevedra
O cuarteto formado por María José Pámpano (violín), Elena Vázquez (violín), Macarena Montesinos (violonchelo) e Saúl Puga (contrabaixo), en colaboración coa pianista Berta Fresco, interpreta pezas dunha das autoras contemporáneas máis recoñecidas, a norteamericana Caroline Shaw.
O concerto abre a segunda edición do ciclo Ao Son do Piano, no que no mes de marzo formacións acústicas ofrecen as súas propostas musicais arredor do piano de cola do Museo.
O cuarteto achégase nesta ocasión á música contemporánea da man das composicións de Caroline Shaw. Seducidos pola capacidade da compositora para entrelazar a estrutura con espontaneidade e polo seu enfoque innovador, Suelen Estar Quartet e Berta Fresco achegan o público ao fermoso universo de Shaw, gañadora de catro premios Grammy.
Ás 13:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Danzas Bretonas”
22
Sábado/Marzo
C. S. A Pedreira
Obradoiro de Danzas Bretonas “Oh la Dilan Dilo”
Actividade do salon do libro, precisa inscrición previa
Ás 20:30 horas
Praza de Abastos, Pontevedra

“Kiki Morente”
22
Sábado/ Marzo
Concello de Pontevedra
O recoñecido cantaor, guitarrista e compositor Kiki Morente presenta o seu terceiro disco “Azabache“, que mostra a madurez artística do cantante.
Con dous exitosos discos en solitario, «Albayzín» (2017) e «El Cante» (2021), e agora con «Azabache» (2024), Kiki Morente consolidouse como unha das principais voces do panorama flamenco actual. O seu carisma, confianza e talento fan del un artista que cativa ao público en cada unha das súas actuacións.
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra.

“Coral Polifónica”
14
Venres/Marzo
Museo de Pontevedra
A Sociedad Coral Polifónica Pontevedra está de centenario. O Museo de Pontevedra revisa os seus 100 anos de historia a través das imaxes, os personaxes e os feitos que marcaron un proxecto capital da cultura galega.
A exposición inaugúrase este venres 14 de marzo ás 19:00 h no Edificio Castelao.
Do 14 de Marzo ao 20 de Abril 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

“Grazas pola súa visita”
13
Xoves/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita, que reúne as obras de Alberto Ardid, o colectivo Rapapawn, integrado por Cynthia Alfonso e Óscar Raña, e Tayone, todos eles artistas formados na Facultade de Belas Artes. Coa xestora cultural e tamén egresada deste centro Sara Donoso como comisaria, trátase dun proxecto que transcende á mostra artística convencional para converterse nun acto de reivindicación sobre a necesidade da reapertura da cafetaría da facultade como espazo de encontro.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de marzo e durante este período albergará á súa vez dúas mostras efémeras, que serán levadas a cabo polo alumnado, guiado por Alfonso e Raña e polo profesor e coordinador da sala, Ignacio Pérez-Jofre.
Do 13 ao 30 de marzo.
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra.

“Lidia Alarcón”
10
Luns/Marzo
Liceo Casino
A entrada é libre e gratuita.
Do 10 ao 29 de Marzo 2025
Sala de exposicións do Liceo Casino, Pontevedra.

“Mulleres artistas”
27
Xoves/Febreiro
Facultade de Belas Artes
A sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a inauguración da exposición Retratos de mulleres artistas. Unha serie significativa sostida no tempo, da artista, comisaria e presidenta da asociación de mulleres artistas Blanco, Negro y Magenta, Concha Mayordomo. Comisariada por Yolanda Herranz, esta exposición presenta unha selección de 59 dos retratos de artistas que Mayordomo reúne no seu blog Mujeres en el arte.
A exposición poderá visitarse de luns a venres de 8.00 a 21.00 horas.
Do 27 de febreiro ao 21 de marzo.
Sala O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra.

“Pinturas negras”
21
Venres/Febreiro
Museo de Pontevedra
‘Pinturas Negras‘
Do 21 de febreiro ao 6 de Abril 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
Xa podes anotarte

“Violencias invisibles”
25
Martes/Marzo
Afundación
“Violencias invisibles” con EMMA LARRETA, recentemente galardoada co Premio Solidario ONCE 2024, Emma, sobrevivente dunha agresión machista que lle deixou secuelas físicas permanentes, transforma o seu testemuño nunha potente mensaxe de concienciación, resiliencia e superación. A través da súa historia e da proxección da documental Ama-das, a conferencia busca xerar un espazo de reflexión e aprendizaxe sobre a violencia nas súas distintas formas.
Forma parte do ciclo EDUCACIÓN S. XXI na Sede Afundación de Pontevedra.
Esta conferencia enmárcase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, para incrementar os recursos do banco de alimentos local. Convidamos a todas as persoas que asistan a este evento para colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto. Grazas!
Ás 19:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra

“María do Ceo”
25
Martes/Marzo
UNED Pontevedra
A UNED Pontevedra comprácese en acoller un evento cultural de gran relevancia no marco da conmemoración do 138º aniversario da inauguración da ponte internacional que une Galicia co norte de Portugal. Como símbolo de conexión, historia e irmandade entre ambos territorios, esta ponte representa moito máis ca unha infraestrutura: é un testemuño vivo da relación entre dúas culturas que compartiron séculos de historia, tradicións e lazos afectivos.
Para celebrar esta ocasión, contamos coa presenza de María do Ceo, unha das voces máis destacadas do fado e da música lusogalaica. A través do seu inconfundible estilo, a súa profunda interpretación e a súa capacidade para transmitir emocións, María do Ceo convídanos a unha viaxe musical que rende homenaxe á identidade compartida entre Galicia e Portugal, evocando os sentimentos de saudade, amor e a beleza da música tradicional.
Ás 20:30 horas
Salón de actos da Uned de Pontevedra

“Os miserábeis”
28
Venres/Marzo
Concello de Pontevedra
Adaptación propia, integramente en galego, a partir dunha revisión contemporánea e feminista da novela do escritor francés Víctor Hugo. A historia, que na súa orixe transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830, trasládase agora a un ambiente máis galego, con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo.
Texto orixinal: Víctor Hugo.
Adaptación: Teté García
Dirección: Teté García e Diana Vilas
Elenco: Comunidade educativa do IES Illa de Ons. Bueu
Duración: 90 min
Ás 19:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra.

“Continueixon”
29
Sábado/Marzo
Afundación
CONTINUEIXON é unha volta máis a ese show inicial onde as sorpresas e a música foron os protagonistas desta xira, sin esquecernos da comedia e do humor tan característico do noso protagonista, Roberto Vilar. Si foches un dos espectadores de CELEBREIXON, tes que ver CONTINUEIXON, pero si non tiveches a ocasión de disfrutalo, qué mellor ocasión para non perderteesta nova xira “CONTINUEIXON”, no que as historias de comedia do noso protagonista entrelazadas con outras moitas sorpresas de por medio….van a pretender que non pares de rirte nos 90 minutos que dura CONTINUEIXON.
Ás 20:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra

“Ponteandadas”
30
Domingo/Marzo
Ás 09:30 horas
Pavillón Multiusos da Xunqueira, Pontevedra

“Castelao nos anos da guerra civil”
3
Xoves/Abril
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia 2Castelao nos anos da guerra civil: viaxe a Unión Soviética, prosovietismo e filocomunismo”, impartida por Xesús Alonso Montero .
O acto terá lugar no espazo NEMONÓN. O relator estará acompañado por Juan José Guirado.
A entrada é de balde ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Nemonón, praza da Ferrería 1, Pontevedra.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥