“Clases de árabe”
18
Luns/Marzo
Boa Vida, Pontevedra
De 18:45 a 19:45 horas
Rúa Echegaray 10, 2esq, Pontevedra
“Alma viva”
18
Luns/Marzo
Cristèle Alves Meira, 2022, Portugal, 88 min., VOSE
Lingua orixinal: portugués e francés
*En colaboración coa Filmoteca de Galicia
Como todos os anos, a pequena Salomé viaxa até a aldea da súa familia en Trás-os-Montes. O período estival arranca con tranquilidade ata que a súa querida avoa falece de súpeto. Mentres os adultos discuten pola organización do funeral, Salomé comeza a sentir o poder das tradicións que aprendeu da súa avoa antes de falecer.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Accents”
18
Luns/Marzo
Faculdade de Ciências da Educação e do Desporto da UVigo
Do 18 ao 22 de marzo
Faculté des Sciences de l’Éducation. Pontevedra
“Journnée de la poésie”
19
Martes/Marzo
Enseignant de langue galicienne et de langue française
Le personnel enseignant de langue galicienne et de langue française vous invite à participer à la célébration de la Journée de la Poésie, qui aura lieu dans le Salón de Grados de la Faculté des Sciences de l’Éducation et du Sport le mardi 19 mars à 12 heures. Nous serions ravis si vous vous décidiez à réciter un poème dans n’importe quelle langue. Si vous souhaitez participer, merci de vous adresser personnellement à la coordinatrice ou de lui envoyer un courriel à l’adresse suivante : ganime@uvigo.gal.
Ás 12:00 horas
Salón de Grados de la Faculté des Sciences de l’Éducation. Pontevedra
“Mundanal ruido”
19
Martes/Marzo
Biblioteca de Pontevedra
Acollemos na nosa bilioteca a presentación do libro de poesía de Rebeca R. Dapena: Mundanal ruído. Poemas para un tiempo revuelto. Neste poemario plásmase a realidade desta vida observable. De como tentamos ser felices, moitas veces seguindo pautas e dogmas preestablecidos. Da concepción da vida en sociedade. E tamén da túa liberdade. De revalorizarse, de transformarse.
Lugar: Salón de actos
Data: 19 de marzo
Entrada de balde ata completar aforo.
Público adulto
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Biblioteca pública de Pontevedra
“Liberdade, igualdade e xustiza”
19
Martes/Marzo
Ateneo de Pontevedra
Ás 19:30 horas
Casa das Campás. Pontevedra
“Cerrar los ojos”
19
Martes/Marzo
CERRAR LOS OJOS
Víctor Erice, 2023, España, 169 min., VO
Lingua orixinal: español
Un célebre actor español, Julio Arenas, desaparece durante a rodaxe dun filme. Aínda que nunca se chega a atopar o seu cadáver, a policía conclúe que sufriu un accidente á beira do mar. Moitos anos despois, esta sorte de misterio volve á actualidade a raíz dun programa de televisión que pretende evocar a figura do actor, ofrecendo como primicia imaxes das últimas escenas nas que participou, rodadas polo que fora o seu íntimo amigo, o director Miguel Garay.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Maixabel”
20
Mércores/Marzo
Afundación Pontevedra
Título original: Maixabel
Año: 2021. Duración: 116 min.
Maixabel Lasa perdeu ao seu marido, Juan María Jaúregui, asasinado por ETA en 2000. Once anos despois recibe unha petición insólita: un dos asasinos pediu reunirse con ela no cárcere de Nanclares de la Oca (Álava), onde cumpre condena tras romper os vínculos coa banda terrorista. Malia as dúbidas e a dor inmensa, Maixabel acepta atoparse cara a cara coas persoas que acabaron coa vida de alguén que era a súa parella dende os dezaseis anos a sangue frío.
Esta actividade enmarcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, polo que o acceso ás proxeccións será a cambio de alimentos non perecedoiros. Suxerimos como alimentos prioritarios conservas, leite, aceite de xirasol ou produtos infantís, que irán destinados ao Banco de Alimentos da localidade.
Unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).
Ás 19:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra
“Versos a dúas voces”
20
Mércores/Marzo
Devellabella
Presentación do acto a cargo de: Manuel Lastra Galiano ( representando devellabella) e Gloria García (representando o Ateneo de Pontevedra)
Intervintes: Maricarmen Cacabelos e Queco Fresco. Xesús Constela Doce e Manuel Pérez Lourido. Adela Martinez e Adri de Vargas. Isabel García Uría e Xaime Toxo. Nila Álvarez Pousa e Ana Corzo Sánchez. Graça Foles e Teresa Melo. Ramón Caride Ogando e Lula Blanco Prol. Benito Piñeiro Sanjorge e Carmen Quinteiro Moreno.Paula Freire e António Silva. Se e Fita a Galana. Ana Isabel Prol Álvarez e Esther Pardo Marmolejo. Silvia Figueiras Dovalo e Jesús Casal Piñeiro. Elena Lameiro Ferradás e Aarón Franco Outón. Julia González Alonso e Sara Maravillas,. Fina Casalderrey e Antón Sobral. Charo Valcárcel e Ana Santos.
Actuación musical de ex membros do grupo QUINTA FEIRA (Marcos Seixo, Tito Maquieira e Toño Domínguez) que interpretarán: O señor das carapazas de Blanco Torres, Tinta do mar de Luísa Villalta e Adeliña de X. Xesús González
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Antón e Brenda”
20
Mércores/Marzo
Libraría Paz
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Route 181: Sur”
20
Mércores/Marzo
Fundación Cuña-Casasbellas
Route 181 Fragmentos dunha viaxe en Palestina-Israel.
2ª parte: O Centro
Direc.: Eyal Sivan, Michel Khleifi
País e ano: Bélxica, 2004
Duración: 270 m (dividida en tres sesións, de 90 m)
Sinopse. Hoxe comenzaremos ca proxección do documental Route 181, fragmentos dunha viaxe en Palestina que dividiremos en 3 sesións como así esta recolleito no propio documental. Cada parte analiza unha determinada zona deste territorio. Na primeira sesión será o Norte, na segunda o Centro e remataremos no Sur.
Este documental podemolo considerar como un complemento da película anterior que se dividía en 2 partes e mostraba o memo tema pero dentro das características do cinema de ficción, Àmbolos dous nos poden axudar a entender mellor, desde dúas formas cinematográficas distintas -a ficción e o documental- os motivos e razóns da traxedia que esta vivir hoxe en día o pobo palestino.
Entrada de balde ata completar aforo
Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas de Pontevedra
“Concerto de primavera”
20
Mércores/Marzo
Vicerreitoria da UVIGO
O Teatro Principal acolle o Concerto de Primavera do campus de Pontevedra, que a Vicerreitoría promove coa colaboración do Concello. Baixo o título de Sinerxías, trátase dunha actuación protagonizada pola Orquestra Xove de Pontevedra, que actuará conxuntamente coa Aula Permanente de Música Tradicional do campus en varias das pezas. Así mesmo, o concerto contará tamén coa participación de varios alumnos e alumnas da aula de baile tradicional do campus.
A actuación conta con entrada gratuíta con invitación. Estas poden recollerse desde o venres 15 nas conserxerías das diferentes facultades e escolas, así como na Casa das Campás.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“As vidas do río”
21
Xoves/Marzo
Ateneo de Pontevedra
Presentación do libro As vidas do río de Xulio Teixeira Rodríguez
Sería un pracer poder contar con vós na presentación desta NOVELA negra publicada por EDITORIAL GALAXIA e ambientada na cidade de Pontevedra.
Estaremos encantad@s de que nos acompañedes neste novo acto de atrevemento e que podamos compartir un tempo entre amig@s. Moitas grazas anticipadas pola vosa presenza en PONTEVEDRA.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Estimulación cognitiva”
21
Xoves/Marzo
ASAEXS
Conversa sobre Estimulación Cognitiva, Adestramento. Reserva cognitiva con María Sánchez Lareu, docente de Kairós.
Na casa das campás ás 19:00 horas
Ás 19:00 horas
Casa das campás Pontevedra
“Vibración”
21
Xoves/Marzo
Librería Cronopios, Pontevedra
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
“Hechos y faltas”
21
Xoves/Marzo
Afundación Pontevedra
HECHOS Y FALTAS de Jeremy Kareken, David Murrell, Gordon Farrell
«Unha hilarante conxugación entre liberdade narrativa e ficción»
Jeremy Kareken, David Murrell e Gordon Farrell convidan a reflexionar sobre a veracidade e a narrativa das novas que lemos ou escoitamos a diario nos medios, alterando e deformando, en ocasións, a nosa percepción e coñecemento do mundo.
O reputado autor John D’Agata escribiu unha crónica sobre a taxa de suicidios nas Vegas para unha das mellores revistas do país. Emily, a redactora xefa da edición, encarga ao novo bolseiro Jim Fingal a verificación dos feitos que se relatan no escrito, mais axiña se atopa cun “pequeno” problema… gran parte dos datos que o escritor recolle no artigo, inventounos.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“O auto do Castromil”
21
Xoves/Marzo
Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza. O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas. A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente. Está feita com anacos das obras de Manuel María “A rebelión dos baús” “O Auto dos semulados da Caravilla”, Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e o “Entremés da OTAN”
Duración 70 minutos.
Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Clarisa”
22
Venres/Marzo
Museo de Pontevedra
Xa está aquí “CLARISA“, a nova novela de Perfecto Souto. o 22 de marzo será presentada no Edificio Castelao do Museo Provincial.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Hábitos saudables”
22
Venres/Marzo
Asociación de Veciños de San Roque
CHARLA SOBRE PREVENCIÓN A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra e a Asociación de Veciños de San Roque organizan unha charla “Prevención e Hábitos de Vida Saudables”.
Imparte: Dolores Andújar, técnica de prevención da Asociación Española Contra o Cancro
Aberta a toda a poboación Entrada gratuíta ata completar aforo
Ás 19:30 horas
Travesía Irmáns Pazos 2 Pontevedra
“Poesía e microrrelato”
22
Venres/Marzo
Poesía e Microrrelato Pontevedra
Ás 20:30 horas
Bar O Diaño rúa Charino 33. Pontevedra
“Del silencio a la emoción III”
22
Venres/Marzo
Afundación Pontevedra
Do silencio á emoción é unha serie de concertos en colaboración con Afundación que invitan a escoitar música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo, resumirase a historia das obras do concerto, facilitando a escoita, permitindo que o público participe e se achegue á orquestra.
No primeiro concerto do ciclo poderemos escoitar os marabillosos nonettos de Louise Farrenc e Franz Lachner, ambos compostos en 1849. Son obras representativas deste formato e notables exemplos da música de cámara escrita no século XIX. A combinación dos nove instrumentos permite ao compositor explorar unha combinación única de timbres e texturas, aproveitando a riqueza sonora que resulta da diversidade instrumental.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Taller de vela aromática”
23
Sábado/Marzo
O Benvidas a unha viaxe máxica de creatividade e aroma! Este sábado 23 de marzo en @galeria.tangram , convidámosvos a mergullarvos na experiencia única de crear vosa propia vela aromática. Cada centella de fragancia, cada pinga de cera, será un reflexo do voso propio estilo e esencia. Vide compartir risas, crear recordos e deixar que a maxia de vosa vela ilumine o voso corazón! Reserva agora a través de mensaxe directa e prepárache para un día cheo de emocións e creación.
De 11:00 a 14;00 horas
Galeria Tangram Pontevedra
“Zentangle”
23
Sábado/Marzo
Zengoala
O inverno foi moi longo alí e os suecos están a desexar que chegue a primavera. Por iso cando celebran o pascua, é máis ben unha benvida á primavera, a luz e os cambios na natureza.
O meu taller presencial o día 23 en Pontevedra está inspirado nos primeiros cambios na natureza. Será un exercicio con tangles orgánicos que representarán estas primeiras e valentes plantas. Está feito aposta que non aparece o exercicio que imos facer no taller, non quere que haxa un apego ao resultado. Pero a verdade é que non se se é preferible poñer unha foto ou non…. Que opinas? Non o teño nada claro..
www.zengoala.com Teléfono e Whatsapp; 617699833
Arroelo
Cobian Roffiñac 6 Pontevedra
“Bailando co corazón”
23
Sábado/Marzo
As sesións de Danza Libre que organizo nacen do amor pola viaxe musical que danzamos a través de diferentes estilos, épocas e ritmos de cada un dos temas que conforman a sesión.
Nun espazo estupendo onde podemos bailar, se nos apetece, dende o chan, o facemos descalzxs e sen empregar a fala.
O encontro será en Pontevedra cidade.
Para inscribirte ou pedir información podes poñerte en contacto sen compromiso no
622 513 274.
Prazo de inscrición aberto ata o xoves 21 de marzo.
De 17:30 a 20:30 horas
Pontevedra
“Mamma Mia!”
23
Sábado/Marzo
Asociación animalista os palleiros
Musical solidario a favor da asociación animalista Os Palleiros.
Entrada 10 euros
Ás 19;00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“Celebreixón”
23
Sábado/Marzo
Afundación Pontevedra
Roberto Vilar celebra 30 anos pintando a mona na televisión presentando e acercando o seu humor ao público nunha sorprendente xira polos teatros galegos.
Un espectáculo cheo de risas e moitas sorpresas!
Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Tea party & Craft”
24
Domingo/Marzo
El 24 de marzo de 11h a 15h, ven a pasar una mañana como la reina de Inglaterra! Disfruta de un desayuno buffet de bollería y una selección de infusiones ayurveda Tulsi. En colaboración con @madreselvacosmetics. Incluimos todo el material para que puedas hacer “crafting” libremente o con el apoyo de nuestra guía.
De 11;00 a 15:00 horas
Galeria Tangram, Pontevedra
“Simón Callery”
14
Xoves/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición The making of a painting / Facer unha pintura, na que se presentan os resultados do proxecto realizado polo pintor inglés Simon Callery xunto cun grupo de estudanes da Facultade de Belas Artes. Promovida coa colaboración da Vicerreitoría do campus e do Departamento de Pintura da UVigo, trátase dunha exposición comisariada por Elena Bangueses, que presenta os resultados dun traballo feito na paisaxe da contorna de pontevedra, en colaboración cos estudantes Goa Vázquez, Julio Catalán, Álex Fuertes, Diego del Río e Cristina Rus.
Do 14 de marzo ao 30 de abril 2024
Sala Universitaria Manuel Moldes, Pontevedra
“Castelao”
7
Xoves/Marzo
Museo de Pontevedra
O Museo abre o programa expositivo de 2024 coa mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, comisariada por Xosé Enrique Acuña. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista.
Do 7 de marzo ao 2 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“A nosa arte”
29
Xoves/Febreiro
Café Moderno Pontevedra
A exposición itinerante A NOSA ARTE permitirá que todos os galegos e galegas poidan descubrir de primeira man un dos aspectos máis descoñecidos do Parlamento como é a súa colección de arte. Ao longo dun amplo percorrido, que a transportará polas principais cidades e vilas de toda a xeografía galega, esta mostra exhibirá pezas particularmente significativas da arte contemporánea de Galicia. Unha retrospectiva selecta para dar conta da importancia que este tipo de práctica ten como expresión da pertenza a Galicia.
Do 29 de febreiro ao 25 de maio 2024
Café moderno, Pontevedra
“Manuel Moldes”
30
Xoves/Decembro
A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra, ocupará a oitava planta do edificio por un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.
Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que, terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.
O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición ‘Misterio + luz = Pintura <-> Vida’, unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.
Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.
Ata o 30 de marzo de 2024
Edificio da Xunta de Galicia 8ª planta, Pontevedra
“Baltic Chain project”
14
Xoves/Decembro
A Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle, entre o 14 de decembro de 2023 e o 29 de marzo de 2024, a exposición Baltic Chain Project, na que se presentan un conxunto de fotografías sobre a chamada Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 nos estados de Estonia, Lituania e Letonia, que por aquel entón formaban parte da Unión Soviética.
Inserida nas actividades divulgativas dun proxecto europeo, a mosta arrancou en decembro exhibindo unha serie de escolmas da cadea en Estonia e irá mudando nos sucesivos meses para mostrar imaxes desta mobilización en Letonia e Lituania.
Do 14 de Decembro ao 29 de Marzo 2024
Facultade de Dirección e Xestión Pública Facultade de Comunicación. Pontevedra
Xa podes anotarte
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥