Rolando

“Rolando 2:15-2:45” 

18

Luns/Novembro

Vicerreitoria da UVIGO

Tras o seu paso en outubro polo campus de Ourense, a exposición itinerante Rolando 2:15-2:45. 50 anos da primeira masacre de ETA pode visitarse ata o 30 de novembro na sala de exposicións da Vicerreitoría do campus de Pontevedra. A exposición aborda o primeiro atentado masivo desta banda terrorista, que o 13 de setembro de 1974 fixo estourar unha bomba reforzada con metralla na cafetaría Rolando, en Madrid, causando trece vítimas mortais e máis de 70 feridos e feridas. A través de 22 paneis, completados con códigos QR que permiten acceder a máis información, a exposición afonda no acontecido naquela xornada, rende homenaxe ás vítimas e presenta información sobre a historia do terrorismo. 

18 de novembro ás 8:00 e 30 de novembro ás 21:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra 
Trilitrate

“Manuel Cuña Novás” 

18

Luns/Novembro

Fundación Cuña- Casasbellas

Manuel Cuña Novás, o poeta e a fragua.

Música grupo Trilitrate

Elena Vázquez (violín), Marcos Padrón (acordeón) e Rubén Abad (guitarra)

Recitación: Dolores Omil, Dori Serrano, Charo Valcárcel, Ana Corzo, Miguel Ángel Cuña

Ás 20:15 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
Unicor

“Coloquio:Alberto Vázquez” 

19

Martes/Novembro

Uvigo

No marco da programación previa á celebración en Pontevedra da gala dos Premios Feroz, Belas Artes acolle un coloquio co cineasta, ilustrador e debuxante de cómics, Alberto Vázquez, exalumno desta facultade. Nel compartirá como é o seu traballo no sector da animación e como foi a súa traxectoria profesional, na que acadou recoñecementos como o Goya á mellor película de animación, outorgado en 2022 a Unicorn Wars.

Ás 19:00 horas
Facultade de Belas Artes, Pontevedra 
Exposición en fundación Manuel Moldes

“50 anos dende Tambor” 

19

Martes/Novembro

Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes celebra o medio século da inauguración damostra pictórico na Galería Tambor de Madrid dos artistas Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba.

Preséntanse algunhas das pezas que foron expostas na galería madrileña e obras posteriores de ámbolos artistas.

Do 19 de Novembro ata marzo 2025
Fundación Manuel Moldes, rúa Javier Puig, Pontevedra 
Miyu Shindo

“Miyu Shindo” 

19

Martes/Novembro

Filarmónica de Pontevedra

 Miyu Shindo. Primer Premio del VII Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo (2023)

BACH: Partita nº 2 en Do menor, BWV 826
BEETHOVEN: Sonata para piano nº 28 en La mayor, op. 101
CHOPIN: Balada nº 2 en Fa mayor, op.38
Nocturno en Re bemol mayor, op.27 nº 2
Polonesa Fantasía en La bemol mayor, op.61
3 Mazurcas op.56
Scherzo nº 2 en Si bemol menor, op.31

Miyu Shindo (piano)
Nació en 2002 en Japón. A los 16 años se trasladó a Moscú para estudiar con Valery Piassetsky en la Escuela Central de Música del Conservatorio de Moscú, y recientemente se graduó en el CMS. Desde 2002 está estudiando en el Hochschule für Musik, Theater und Medien Hannover (Alemania) con el profesor Arie Vardi.

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Bina Daigeler

Bina Daigeler” 

20

Mércores/Novembro

Uvigo

Coa colaboración de Debut, a pasarela do máster en Dirección Creativa e Deseño en Moda que se imparte en Pontevedra Modera: Lola Dopico, coordinadora do #máster de Dirección Creativa e Deseño en Moda (Universidade de Vigo) Charla con Bina Daigeler, figurinista alemá afincada en España que conta cun nomeamento aos Premios Óscar 2020 polo vestiario de ‘Mulan’ (Niki Caro) e, entre outros cineastas, traballou con Pedro Almodóvar e Jim Jarmusch.

Ás 19:30 horas
Facultade de Belas Artes, Pontevedra 
Moloch

“Jorge Cuña” 

20

Mércores/Novembro

Fundación Cuña- Casasbellas

Jorge Cuña. La vida, un inmortal serpigo.

Música grupo Moloch

Andrés Martínez (teclados e voz), Laura García (guitarra, bajo e voz) e Violeta Mosquera (bateria)

Ás 20:15 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
o bar do fondo do mar

“Contos de inverno: Sole Felloza” 

20

Mércores/Novembro

Concello de Pontevedra

A Vicerreitoría do campus promove, coa colaboración do Concello de Pontevedra, unha nova edición de Contos de Inverno, un ciclo de contacontos para público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo acolle nesta xornada o espectáculo O bar do fondo do mar, de Sole Felloza.

Ás 20:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
asnais

“As Nais” 

20

Mércores/Novembro

 Neste novo proxecto deixamos atrás as viaxes no tempo para afondar en temas universais guiadas pola voz máis íntima da poesía. A primeira edición está adicada á maternidade, ás nais, ás fillas…
Percorreremos este tema para desentrañar a súa forza, a súa ambigüidade, a súa idealización… E para iso contaremos coa presenza da escritora e poeta María Lado  como convidada especial. Agardamos por vós para compartir experiencias, poemas, para crear un círculo máxico.

Ás 21:10 horas
La Verbena rúa Charino, 29, Pontevedra 
Amanece que no es poco

“Amanece que no es poco” 

21

Venres/Novembro

Facultade de comunicación

Proxección de ‘Amanece que no es poco”‘

No marco da programación previa á celebración en Pontevedra da gala dos Premios Feroz, a Facultade de Comunicación acolle un ciclo de cine dirixido a analizar títulos míticos da historia do cinema español desde unha perspectiva feminista. Nesta sesión, o salón de actos da facultade acollerá a proxección de ‘Amanece que no es poco’ de José Luis Cuerda, complementada por un coloquio con Marta Armengou, fundadora e directora de Filmtopia.net.

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España.

Ás 18:30 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra 
Ravachol

“Os misterios de Ravachol” 

21

Xoves/Novembro

O xoves día 21 presentamos o meu último libro, un conto infantil co papagaio Ravachol como protagonista para desvelar un misterio que percorre a cidade. Porque despois da medianoite, en Pontevedra, as estatuas cobran vida. Será no salón de actos do colexio das Calasancias de Pontevedra, ás 19:00 h. Esperámosvos.

Ás 19:00 horas
Salón de actos do colexio das Calasancias, Pontevedra 
tres citas en Davos

“Tres citas en Davos” 

21

Xoves/Novembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación da novela Tres Citas en Davos, de María Antonia Quesada, editada pola Editorial Olé Libros.
O acto terá lugar o vindeiro xoves 21 de novembro, ás 19:00 horas, na librería Metáfora.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra 
Sandra Ferreiro

“Sandra Ferreiro” 

21

Xoves/Novembro

Libraría Paz

Sandra Ferreiro presenta o seu libro ‘Castelos de cristal‘ acompañada de Alba Mato. Falamos de Libros

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
que no se te note

“Conversas do 1ºandar: Rocío Saiz” 

21

Xoves/Novembro

Concello de Pontevedra

‘Conversas do primeiro andar’ unirá até finais do mes de novembro “música, literatura e o gusto por un bo viño”

20.00 horas. Presentación do libro ‘Que no se te note’ de Rocío Saiz.

Presentación da adega ‘Anónimas viticultoras’ de Cristina Yagüe e María Falcón

Modera Susana Pedreira con showcase de Buenatarde e Rocío Saiz.

Trátase de “unha proposta innovadora, na que falaremos de libros que pivotan ao redor da música” e tamén de viños, cos que “lembrar que estamos nun mercado, un punto de venta de produto fresco e de calidade”

Todo iso con acceso “libre e gratuíto” coa intención de “darlle movida ao primeiro andar pero sen facer moito ruído”.

Ás 20:00 horas
Primeiro andar do Mercado municipal, Pontevedra 
Volta aos 2000

“Volta aos 2000” 

21

Xoves/Novembro

Afterwork Volta aos 2000

Inclue barra libre de cervexa, viños, refrescos, snacks e o mellor ambiente dosmilero

Podedes ir reservando as vosas prazas xa que son limitadas. Corre a voz para que ninguén se perda estes planazos e non te esquezas de reservar a túa praza!! Se queredes máis información dalgún taller, non dubidedes en contactarnos e contámosvos todo

RESERVAS: 614 26 94 23 ou mensaxe privada. Vémonos no Espazo para enchernos de Momentos.

De 20:30 a 22:30 horas
Rúa Alfredo García Alén nº 6 Baixo, Pontevedra
Entrega en man

“Entrega en man” 

21

Xoves/Novembro

Concello de Pontevedra

‘Entrega en man’.  Espectáculo de teatro a cargo de Contraproducións

Na cotrosa habitación dun cutre hotel dunha pequena e anónima vila americana, un home maduro e excéntrico ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto de cruel e gratuíta violencia, lle cortaron 27 anos atrás e que, desde aquela, leva buscando sen descanso. Un xove negro e a súa fermosa e branca moza pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O estraño recepcionista do hotel entremétese e pon en risco a insólita transacción. Unha comedia louca e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumega o tema do racismo, o machismo e a xenofobia.

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra 
oficio e beneficio

“Oficio e Beneficio”

22

Venres/Novembro

Visita guiada Pontevedra Oficio e Beneficio

Explora a rica tradición artesanal de Pontevedra percorrendo as súas encantadoras rúas, onde os gardiáns da tradición aínda residen. A través dos antigos oficios e os negocios de toda a vida, como tabernas, boticas e ultramarinos, descubrirás fascinantes curiosidades sobre a orixe de labores case esquecidos. Entradas

De 10:30 a 12:30 horas
Praza de España, Pontevedra
pardomino

“El bosque salvaje de Pardomino” 

22

Venres/Novembro

Venres 22 de novembro a partir das 19:00h no Teatro Principal de Pontevedra: “El bosque salvaje de Pardomino“, non a perdas!!
 ENTRADA GRATUITA!!
No marco das VII Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade organizadas pola Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural .  Inscricións. 
Máis info:
 Bicho Producciones.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra 
Anxo Araujo

“Anxo Araujo” 

22

Venres/Novembro

Afundación

O músico pontevedrés Anxo Araújo presenta o seu segundo traballo discográfico “Aprender a bailar”. Unha proposta de melodías pop que se achega ao lado máis luminoso do artista. Reminiscencias do folk e da música tradicional nos marcos das cancións e unha temática que vai do íntimo e máis persoal ao social e comunitario. Un traballo cheo de sensibilidade que procura asilo nos ritmos de baile e na súa elegante voz.

Público adulto.

Ás 19:30 horas
Café Moderno. Pontevedra
Inferno baixo a auga

“Inferno baixo a auga” 

22

Venres/Novembro

Vicerreitoria

“Inferno baixo a auga” de Alexandre Aja 2019

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Inferno baixo a auga (2019), de Alexandre Aja, nunha nova sesión do ciclo de cinema de outono Sobre vivir. Promovido pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, oito proxeccións integran unha programación que afonda na capacidade do cinema para ilustrar a relación entre o ser humano e o medio ambiente.

Ás 20:00 horas
Casa das campás. Pontevedra
Coloquio

“Fronte a violência machista” 

22

Venres/Novembro

A Pedreira

Coloquio: Ferramentas e alianças fronte a violência machista institucional.

Imparte Sabela Losada. Técnica de iguadade, experta en violência de xénero.

Centro social A Pedreira, rúa Serra Pontevedra.

Ás 20:00 horas
Centro social A Pedreira, Pontevedra
Ismael Serrano

“Ismael Serrano” 

22

Venres/Novembro

Afundación

Ismael Serrano volve sorprendernos cun novo espectáculo cheo de poesía, no que convida ao público a gozar do privilexio de escoitar, ademais dos seus éxitos habituais, temas inéditos. Temas que, sen dúbida, se converterán en novos himnos para lembrar aquel tempo efervescente no que nos sentimos intensamente vivos e o futuro era noso.

Ás 20:30 horas
Auditorio Afundación, Pontevedra
degustación

“Concerto e Degustación” 

22

Venres/Novembro

Temos data para o próximo evento. 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗶𝗲𝗿𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗦𝗮x 𝗼𝗻 𝘁𝗵𝗲 𝗕𝗲𝗮𝗰𝗵 no interior da nosa tenda. E esta vez vén da man dunha degustación de produtos da casa: viños cervexas , vermut , licores ou refrescos .

𝗗í𝗮: 22 de novembro. 𝗛𝗼𝗿𝗮: 20:45. 𝗟𝘂𝗴𝗮𝗿: Rúa Real 13. 𝗣𝗿𝗲𝗰𝗶𝗼: 10€ como depósito para reserva de mesa / Entrada libre para o resto. Onde fago a reserva? 𝗣𝗼𝗿 𝗽𝗿𝗶𝘃𝗮𝗱𝗼: formalizarase unha vez feito o pago en tenda. Na tenda: Rúa Real 13, Pontevedra. Reservas abertas ata o 21 de novembro! Non te quedes sen mesa!

Ás 20:45 horas
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra
desfile début

“Desfile Debut 2024” 

22

Venres/Novembro

Universidade de Vigo

Catorce novas tituladas no mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda presentarán as coleccións que desenvolveron como traballos de fin de máster (TFM) e coas que optarán aos premios que outorgan a Fundación Bimba y Lola e a Fundación Artesanía de Galicia.

Este desfile será o acto central da décimo oitava edición de Debut, coa que este ano se conmemora o 20 aniversario da posta en marcha da formación en moda na Universidade de Vigo, que arrancou no curso 2004/2005 co título propio de Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga), substituído no curso 2017/2018 polo actual mestrado, adscrito á Facultade de Deseño

De 20:00 a 22:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra 
Taller reposteria

“Repostería do Nadal” 

23

Sábado/Novembro

Taller de Repostería do Nadal

Comezan os nosos talleres de temática Do Nadal e aquí vai o primeiro, especial Repostería Do Nadal para adultos !

SÁBADO 23 10:00-14:00 Se queres aprender estas 3 deliciosas receitas anótate canto antes escribíndonos por WhatsApp ao 604088854

De 10:00 a 14:00 horas
Cousiñas, escola de cociña, Pontevedra
TALLER DE CALCETINS

“Taller de calcetins” 

23

Sábado/Novembro

Taller de calcetins básicos

Un tentempé caseiro en mitade do taller.

H𝖺𝖻e𝗋á 𝖽𝗈us 𝗇𝗂𝗏𝖾i𝗌 𝖽𝖾 dificultade:

 𝖯𝗋𝗂𝗆𝖾i𝗋o 𝗇𝗂𝗏𝖾𝗅.- o 𝖼𝖺𝗅𝖼𝖾𝗍í𝗇 𝗍𝖾cerase nun 𝗀𝗋𝗈𝗌𝗈𝗋 𝗆𝖾𝖽𝗂𝗈 𝗉𝖺𝗋𝖺 𝖺𝗏𝖺𝗇𝗓𝖺𝗋 𝗋á𝗉𝗂𝖽𝗈 e 𝖼𝗈ñece𝗋 𝖺 𝖾𝗌𝗍𝗋𝗎𝖼𝗍𝗎𝗋𝖺 𝖽𝗎𝗇 𝖼𝖺𝗅𝖼𝖾𝗍í𝗇 𝖼𝗈𝗆𝖾𝗇𝗓𝖺𝖽𝗈 𝖽𝖾𝗌𝖽𝖾 o nocello.

 𝖲𝖾𝗀𝗎𝗇𝖽𝗈 𝗇𝗂𝗏𝖾𝗅.- o 𝖼𝖺𝗅𝖼𝖾𝗍í𝗇 tecerase nun 𝗀𝗋𝗈𝗌𝗈𝗋 𝖿𝗂𝗇𝗈 𝖼𝗈𝗆𝖾𝗓𝖺n𝖽𝗈 𝗉𝗈𝗅𝖺 𝗉𝗎𝗇𝗍𝖾i𝗋a.

𝖬𝖺𝗍𝖾𝗋𝗂𝖺𝗅, f𝖾𝗋𝗋𝖺𝗆𝖾𝗇𝗍𝖺𝗌, 𝗍é𝖼𝗇𝗂𝖼𝖺𝗌 𝖽𝖾 𝗍𝖾c𝗂𝖽𝗈, 𝖻𝗅𝗈𝗊𝗎𝖾𝗈, 𝖼𝗎𝗂𝖽𝖺𝖽𝗈𝗌 𝖽o 𝖼𝖺𝗅𝖼𝖾tí𝗇, 𝗏í𝖽𝖾𝗈𝗌, 𝗏𝖺𝗋𝗂𝖺𝗌 𝗍𝖺𝗅𝗅𝖺𝗌… 𝖾𝗌𝗍𝗈 moito 𝗆𝖺i𝗌 𝗅𝖾𝗏𝖺𝗋ás 𝖾𝗇 𝖿𝗈𝗋𝗆𝖺𝗍𝗈 𝖯𝖣𝖥 𝗉𝖺𝗋𝖺 𝗊𝗎𝖾 𝗉oi𝖽𝖺𝗌 𝗍𝗋𝖺𝖻𝖺ll𝖺𝗋 𝗇a 𝖼𝖺𝗌𝖺 𝗎𝗇h𝖺 𝗏𝖾𝗓 𝗋𝖾𝖺𝗅𝗂𝗓𝖺𝖽𝗈 o 𝗍𝖺𝗅𝗅𝖾𝗋. 

Mañá de 10:30 a 14:00 horas Tarde de 16:30 a 20:00 horas
Arroelo, rúa Cobián Roffiñac 4-6 3º andar, Pontevedra
anima mundo

“Zentangle: Anima Mundi” 

23

Sábado/Novembro

Taller en liña de Zentangle

NON PODEMOS SEMPRE CONTROLAR O QUE OCORRE FÓRA, PERO SI PODEMOS ELIXIR COMO NOS AFECTA. Cos resultados das elecións en Estados Unidos, a DANA e os cambios constantes no mundo énchennos de incerteza e é importante manter a nosa paz interior nestes momentos. ANIMA MUNDI , a alma do mundo, lémbranos que todos estamos conectados, e que ao cultivar a nosa calma podemos transmitir a seriedade a quen nos rodea. Durante 3 horas, a través de trazos conscientes e creativos, aprenderemos a crear un refuxio de paz dentro de nós mesmos, desde onde podemos contribuír a unha contorna máis harmoniosa e compasivo. Coidar a nós mesmos é un acto poderoso, aínda que o mundo pareza axitado, elixir nutrir a nosa enerxía interna é é unha forma de construír o benestar desde dentro cara a fóra.

Atoparás máis información en @zengoala, ou escríbeme se che resoa algo.

Ás 11.00horas
On line 
taller creativo

“Personaliza a túa roupa” 

23

Sábado/Novembro

Personaliza a túa roupa: Taller creativo de Bordado

Imparte Maritza Berttolini

Inclúe Instructora, materiais e Coffee break

Podedes ir reservando as vosas prazas xa que son limitadas. Corre a voz para que ninguén se perda estes planazos e non te esquezas de reservar a túa praza!! Se queredes máis información dalgún taller, non dubidedes en contactarnos e contámosvos todo

RESERVAS: 614 26 94 23 ou mensaxe privada. Vémonos no Espazo para enchernos de Momentos.

De 11:00 a 13:30 horas
Rúa Alfredo García Alén nº 6 Baixo, Pontevedra
taller creativo

“Marcapáxinas con flores” 

24

Domingo/Novembro

Taller creativo Marcapáxinas con Flores prensadas.

Inclúe: Instructora, materiais, bebidas quentes e tarta.

Tamén organizaremos unha cita a cega cun libro.

Podedes ir reservando as vosas prazas xa que son limitadas. Corre a voz para que ninguén se perda estes planazos e non te esquezas de reservar a túa praza!! Se queredes máis información dalgún taller, non dubidedes en contactarnos e contámosvos todo

RESERVAS: 614 26 94 23 ou mensaxe privada. Vémonos no Espazo para enchernos de Momentos.

De 11:30 a 13:30 horas
Rúa Alfredo García Alén nº 6 Baixo, Pontevedra
Píscore

“Píscore” 

23

Sábado/Novembro

Afundación

Co motivo da celebración do DÍA MUNDIAL  DA INFANCIA, O 23 DE NOVEMBRO, Afundación convida ó público a asistir ao espectáculo Concerto Singular, que está insertado no  PROGRAMA CULTURA POR ALIMENTOS .

IMPORTANTE! O acceso ó concerto será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos.

O espectáculo

Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Ás 18:00 horas
Auditorio Afundación, Pontevedra
xornadas

“Morcegos e parques eólicos” 

23

Sábado/Novembro

Morcegos e parques eólicos“, unha interesante charla a que impartirá Manuel Arzúa Piñeiro o vindeiro sábado 23 de novembro no marco das VII Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade organizadas pola Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural 
 Inscricións: Máis info
Ás 19:20 horas
Escola de Inxeñaria Forestal, Pontevedra 
Galicia musicalidade

“Conversas do 1ºandar: Galicia musicalidade” 

23

Sábado/Novembro

Concello de Pontevedra

‘Conversas do primeiro andar’ unirá até finais do mes de novembro “música, literatura e o gusto por un bo viño”

18.00 horas. Presentación do libro ‘Galicia musicalidade’ de Noel Turbulencias.

Charla con Javier Coya ‘O viño na Pontevedra actual’

Modera Belén López

Ás 20:00 horas
Primeiro andar do Mercado municipal, Pontevedra 
Da boa vila a la Habana

“Da Boa Vila a la Habana” 

24

Domingo/Novembro

Sete Espadelas

Da boa vila a la Habana, terceira e última representación deste Musical, teatro onde os bailaríns e músicos son os protagonistas.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra 
Jose Benito Otero Baena

“Jose Benito Otero Baena”

8

Venres/Novembro

Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’, que terá lugar o venres 8 de novembro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).

Do 8 de Novembro ao 19 de Xaneiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
exposición pintura Lorem

“Lorem” 

8

Venres/Novembro

Liceo Casino

𝗗o 𝟰 𝗮o 𝟮𝟬 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿o a sede de Manuel Quiroga acollerá a ‘Exposición de Pintura de Lorem’
Desde moi temprana idade, LOREM sente unha especial atracción pola pintura e o debuxo.
No ano 1995 retoma os seus estudos de arte perfeccionando, durante dous anos, as técnicas de óleo e acuarela.
Será a partir de aquí, cando LOREM, tras innumerables mostras de aprobación decidirá volver a mostrar as súas creacións, nun primeiro momento na sua cidade natal, nos meses de xuño e agosto de 1997 e xa posteriormente por parte da nosa xeografía nacional.
Sala de Exposicións. Entrada libre
Aforo limitado
Do 4 ao 20 de Novembro
Liceo Casino, Pontevedra 
coco pimentel

“Coco Pimentel” 

8

Venres/Novembro

Granero Delmás

Exposición de Coco Pimentel “Desfeita” no Granero Delmás

Inauguración o venres 8 de Novembro ás 19:30 horas.

Do 8 ao 30 de Novembro
Granero Delmás. Pontevedra
Vento

“Vento” 

25

Venres/Outubro

O 25 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova “infiltración” na colección. ‘Vento’, de Alberto Baraya.
Comisariada por Iñaki Martínez Antelo.
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
exposición Miras

“Miras” 

18

Venres/Outubro

” É uma sinfonia que habita entre o espaço e o tempo, entre a variedade e a semelhança, procurando unir-se num todo fragmentado em vários episódios que querem transmitir e comunicar através de linhas, ligações, misturas, manchas, o possível e a reflexão, que se abre para mais um trabalho que nos estimule a seguir uma comunicação que se estende no tempo, de forma transitória e constante. “
“Miras” Elena Díaz liljestrom
Informaçom de contato, exposiçom e vendas. Instagram: @elenalilliestrom Facebook: Aneli Zaid  E.mail: eledilil@gmail.com 
Do 18 de outubro ao 1 de Decembro 2024
Centro social A Pedreira, Pontevedra
ultramarinos

“César Gabler” 

10

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Ultramarinos Seoane, do artista chileno César Gabler, profesor na Facultad de Arte da Universidad Finis Terrae de Santiago de Chile. Comisariada polo artista e docente da Facultade de Belas Artes Nono Bandera, a exposición reúne un conxunto de pezas coas que Gabler propón unha relectura da produción visual do artista galego Luis Seoane, a partir de aspectos vinculados ao exilio, as vangardas e a cultura popular da época.

Trátase da primeira exposición de Gabler en España, que poderá contemplarse na sala de exposicións do campus de Pontevedra ata o 22 de novembro.

Do 10 de outubro ao 22 de Novembro 2024
Facultade de Belas Artes Pontevedra
simultánea

“Simultánea” 

9

Mércores/Outubro

Afundación

Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.

Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.

Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.

Do 9 de outubro ao 25 de Xaneiro 2025
Café moderno, Pontevedra

Xa podes anotarte

Braga

“Viagem de estudos a Braga” 

30

Sábado/Novembro

Concello de Pontevedra

O Departamento de Portugués organiza unha viaxe a Braga o vindeiro sábado 30 de novembro. Se aínda non viaxaches con eles/as nunca viaxaches realmente! Non perdas esta oportunidade. Apúntate na conserxaría.

Ás 09:15 horas
EOI , Pontevedra 
Bandas de música

“Concerto Feroz:Bandas Sonoras” 

30

Sábado/Novembro

Concello de Pontevedra

O sábado 30 de novembro ás 20:00h no Teatro Principal de Pontevedra terá lugar o Concerto Feroz Bandas Sonoras, coa dirección de Rafa Agulló Albors. Entrada libre ata completar aforo. As entradas a todas as sesións son gratuítas, pero no caso das proxeccións e clases maxistrais, as invitacións deben retirarse na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa

Ás 20:00 horas
Teatro principal 19, Pontevedra 
pink floyd

“Pink Floyd” 

30

Sábado/Novembro

Afundación

IM-PULSE representa co maior respecto, rigor e profesionalidade un espectáculo completo e intenso dos concertos do grupo Pink Floyd, o máis representativo do Rock Sinfónico e progresivo de todos os tempos.

Durante máis de dúas horas IM-PULSE interpreta un repertorio de temas exclusivos e orixinais do grupo Pink Floyd nun espectáculo visual, músical e cheo de sensacións baseados sobre todo no icónico directo P•U•L•S•E

Ás 21:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
Homenaxe a Sabina

“Conductores Suicidas” 

5

Xoves/Decembro

Concello de Pontevedra

“Conductores Suicidas” formouse en 2020 co propósito de render unha homenaxe fiel e respectuosa a Joaquín Sabina e á súa banda.

Baladas acústicas inesquecibles e as cancións rockeiras máis potentes e inconfundibles son coreadas polos asistentes durante máis de dúas horas de actuación.

Cancións como “Princesa”, “E aínda”, “Quen me roubou o mes de abril?”, “O bulevar dos soños rotos”, “O peixe da cidade”, “Acordo entre señores”, “O coxo pirata” ou “ 19 días e 500 noites” non faltará no repertorio de Conductores Suicidas, a banda homenaxe máis fiel a Joaquín Sabina do panorama nacional.

Ás 21:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra 
Forever Van gogh

“Forever Van Gogh” 

6,7,8

Venres, Sábado, Domingo/Decembro

Afundación

Un sorprendente espectáculo teatral sobre a vida do famoso pintor Vincent van Gogh.

Durante a obra faise un percorrido pola traxectoria do artista e polos aspectos máis íntimos que o levaron a albergar unha visión singular da arte.

Un espectáculo para descubrir os diferentes momentos da súa vida, a través das súas diferentes etapas creativas, e coñecer a persoa detrás do xenio.

Venres e sábado ás 17:00 e ás 20:00 horas, Domingo ás 17:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥