Christian Villamide

“Maleza” 

20

Martes/Febreiro

Fundación RAC

 A Fundación RAC presenta el libro-catálogo MALEZA de Christian Villamide, que recoge las obras expuestas en la Fundación. Con textos- entrevista realizados por BEA ESPEJO.

Se presentado por:

ANXO LORENZO, DAVID BARRO, CARLOS ROSÓN, CHRISTIAN VILLAMIDE

Ás 17:00 horas
Fundación RAC, Pontevedra
Domingos

“O aparente e o real” 

20

Martes/Febreiro

Ateneo Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia O aparente e o real. En relación á verdade, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 20 de febreiro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
fumar provoca tose

“Fumar provoca tose” 

20

Martes/Febreiro

Fumar provoca tose (Fumer fait tousser)
Quentin Dupieux, 2022, Francia, 80 min., VOSE

Sinopse: Tras unha feroz batalla contra unha tartaruga xigante maligna, o equipo de superheroes coñecido como Forzas do Tabaco tómase unha fin de semana de descanso para fortalecer a cohesión do grupo e volver con forzas renovadas ás súas tarefas de salvar o mundo. A súa estancia transcorre ben até que Lézardin, Emperador do Mal, decide aniquilar o planeta Terra.

En palabras do director, “unha comedia rica en referencias do pasado (Power Rangers, Creepshow, San Ku, Kai, Halloween…) co simple e nobre propósito de entreter un público abatido polo presente”.

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
o corno

“O Corno” 

21

Mércores/Febreiro

 A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da décimo terceira edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Dedicada á longametraxe O Corno, a súa proxección verase complementada cun coloquio co súa directora, Jaione Camborda.

Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra
beneficios alimentación

“Beneficios dunha boa alimentación” 

21

Mércores/Febreiro

A asociación ASAEXS  organiza, unha charla sobre os beneficios dunha boa alimentación.

Claves para coidar a saúde a través da mesa.

Confereciante: David Torres Regueiro. Unidad de Nutrición. Atención primaria. Centro de saúde da Peregrina (Pontevedra)

A entrada é libre ata completar capacidade.
De 19:00 a 21:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
Doce pasos

“Doce pasos” 

22

Xoves/Febreiro

 O teu propósito de Ano Novo é sair a camiñar e facer máis exercicio físico o aire libre ?? Pois esta é a túa actividade. Ven a camiñar con nós
 Todolos Xoves ás 10:00 horas.  Praza de España, Pontevedra

Preciso a inscrición para a primeira vez (non é preciso acudir tódolos xoves) 
 Máis información: 986307158/629945925
 Actividade de Baixa esixencia. Actividade gratuita

Ás 10:00 horas
Praza de España, Pontevedra
rutas saudables aecc

“Rutas saudables” 

22

Xoves/Febreiro

Comezamos o ano con novos propósitos  e poñemos en marcha as Rutas saudables en Pontevedra.
Haberá dous grupos os xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas.
Reserva a túa praza no teléfono gratuito 900 100 036 ou de maneira presencial na sede de Eduardo Pondal 64A Baixo Pontevedra
Xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas
Praza de Galicia, Pontevedra
unha inimiga do pobo

“Unha inimiga do pobo” 

22

Xoves/Febreiro

Teatro principal Pontevedra

“Unha inimiga do pobo” de Talía Teatro 

Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa. Embarazada de sete meses, afronta o seu novo estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.

Dirixida por Tito Asorey a partir do texto de texto de Henrik Ibsen conta no seu elenco con Marta Lado Dani Trillo, María Ordóñez, Toño Casais, Rubén Prieto Marta Ríos, Diego Rey, Xurxo Barcala e Artur Trillo.
Duración 90 min.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
MIcrorrelato

“Poesía e Microrrelato” 

23

Venres/Febreiro

Poesía e Microrrelato no Diaño

Elena Lameiro

Aarón da Cañota

Niña Burbuja

Dula Piñeiro

Carmen Castejón

Ao rematar haberá unha rolda de micro aberto

Ás 20:30 horas
Bar O Diaño, Pontevedra
Cantos de taberna

“Cantos de taberna” 

23

Venres/Febreiro

Este FEBREIRO Festeiro!
Os Firrás nos acompañan nestes cantos de taberna, o próximo Venres
 23 de Febreiro
 Na taberna “A Navarra”
 Milano de los Mares
A cantar e a disfrutar da nosa música xuntos!
Ás 21:00  e ás 22:30 horas
A Navarra e Milano de los mares, Pontevedra
Berta Dávila

“Berta Dávila” 

24

Sábado/Febreiro

Vermú entre libros con Berta Dávila, acompañada de Carlos Meijide

Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Zentangle

“Zentangle” 

24

Sábado/Febreiro

Zentangle fusiona, dunha maneira moi sinxela, a creatividade e a parte artística do debuxo por unha banda, cun proceso meditativo. Emprégase patróns estruturados e repetitivos para crear bonitas pezas de arte en miniatura e o enfoque consiste en debuxar cada trazo de maneira deliberada e consciente sen pensar no resultado final. Coa práctica de Zentangle tes ao teu alcance un espazo onde renovar a túa enerxía, desenvolvendo benestar e paz interior, sen ter coñecementos previos de debuxo. Nun mundo cheo de estímulos e distraccións, Zentangle é unha ferramenta para volver ao noso centro, sentirnos equilibrados e ter calma mental.

www.zengoala.com  Teléfono e Whatsapp; 617699833

Arroelo
Cobian Roffignac nº 6 3º piso, Pontevedra
microclimax

“Microclímax” 

18

Domingo/Febreiro

Ola!! O domingo 18 temos exposición de Cristina Rus no estudo “MICROCLÍMAX” é un termo inventado, resultado do xogo de palabras entre “microclima” e “clímax”. Entendendo “clima” como “ambiente, conxunto de condicións que caracterizan unha situación ou unha circunstancia” e “clímax” como “punto máis alto ou intenso dun proceso”, o título desta exposición fai referencia á experiencia do espectador ao interactuar coa peza. Esta excitación, nese preciso momento nese lugar, toma o seu auxe nunha situación abafadora, atafegante e envolvente. Se che apetece pasarche esperámosche o domingo para partir ás 12:00 h no estudo

Do 18o ao 24 de febreiro 2024
Reclamo estudio, Pontevedra
identidades

“Identidades” 

6

Martes/Febreiro

 O espazo O Abrigo, antiga cafetaría de Belas Artes, acolle a exposición Identidades, que reúne as obras realizadas por nove estudantes da facultade. Comisariada pola agrupación Refugallo, a mostra reúne un conxunto de obras cenradas na identidade, o corpo, as orixes ou a memoria, e poderá visitarse ata o 20 de febreiro.

Do 6 o ao 20 de febreiro 2024
Facultade Belas Artes, Pontevedra
Nadia Otero

“Nadia Otero” 

26

Venres/Xaneiro

O 26 de xaneiro ás 19h inauguramos a exposición de Nadia Otero, ‘Do Lerez ao Tambre’! Ven a gozar da peregrinaxe desde Pontevedra ata Santiago nun relato pictórico. Nadia, orixinaria do Grove, recrea a experiencia simbólica de Galicia con pinceladas en óleo. Esperámosche para mergullarche nesta cativadora travesía artística!

Do 26 de xaneiro ao 20 de febreiro
Galeria Tangram Pontevedra
sala manuel Moldes

“Manuel Moldes” 

30

Xoves/Decembro

 A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra,  ocupará a oitava planta do edificiopor un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.

Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que,  terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.

O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición ‘Misterio + luz = Pintura <-> Vida’, unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.

Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.

Ata o 30 de marzo de 2024
Edificio da Xunta de Galicia 8ª planta, Pontevedra
exposición Baltic Chain

“Baltic Chain project” 

14

Xoves/Decembro

A Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle, entre o 14 de decembro de 2023 e o 29 de marzo de 2024, a exposición Baltic Chain Project, na que se presentan un conxunto de fotografías sobre a chamada Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 nos estados de Estonia, Lituania e Letonia, que por aquel entón formaban parte da Unión Soviética.

Inserida nas actividades divulgativas dun proxecto europeo, a mosta arrancou en decembro exhibindo unha serie de escolmas da cadea en Estonia e irá mudando nos sucesivos meses para mostrar imaxes desta mobilización en Letonia e Lituania.

Do 14 de Decembro ao 29 de Marzo 2024
Facultade de Dirección e Xestión Pública Facultade de Comunicación. Pontevedra
Formas de atrapar unha sombra

“Formas de atrapar unha sombra” 

22

Mércores/Novembro

Na sala universitaria Profesor Manuel Moldes inauguración da exposición “Formas de atrapar unha sombra” de Nono Bandera, Salvador Cidrás, Emilia Guimeráns e Maite Leyún.

Comisario: Marcos Covelo

A inauguración será ás 20:00 horas

Do 22 de Novembro ao 23 de febreiro 2024
Facultade Belas Artes, Pontevedra

Xa podes anotarte

as alumnas

“As alumnas” 

27

Xoves/Febreiro

Teatro principal Pontevedra

“As alumnas”

Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, Premio Follas Novas 2023 á mellor obra de teatro, Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade

Dirixida a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. As Alumnas busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se opoña ao relato hexemónico, para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios da nosa comunidade, creándose así un acto ético/ estético que se complementa coa participación de espectadores activos.
A partir do premiado texto de Paula Carballeira e con dirección de Fina Calleja, está protagonizada por Anabell Gago e Mónica Camaño
Duración 75 min.  Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
maneiro

“Javi Maneiro” 

2

Sábado/Marzo

Teatro principal Pontevedra

Maneiro” presenta o seu álbum “Un Bonito Despertar

Despois da paralización da última xira do grupo “Heredeiros da Crus” , do que Javi Maneiro é o seu vocalista dende os inicios, e xa totalmente recuperado, “Maneiro” editou un álbum cheo de enerxía, a mesma enerxía que motivou a súa recuperación. Un álbum que recolle a experiencia desde ese día ata hoxe.

“Maneiro” é unha poderosa banda de pop/rock coa que interpretará os novos temas

Os numerosos fans da súa longa traxectoria artística gozarán da presentación do pop/rock polo que transitan os seus novos temas

 Mercar entradas

Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Escándalo en palacio

“Escándalo en Palacio” 

2

Sábado/Marzo

Auditorio Sede AFUNDACIÓN

ESCÁNDALO EN PALACIO. Xira2024.
3 minutos de sexo que condenaron a un Presidente.
Canto fai que non ris de verdade?
Escándalo en palacio é unha alta comedia con xeniais toques de humor absurdo.
Xoán C. Mejuto e Iria Ares, as novas estrelas da comedia, introducidas na escena teatral madrileña polo showman e xornalista, Pedro Ruiz, interpretan a un Presidente e a súa Primeira Dama. Unha parella presidencial única que se ve envolvida nun escándalo sexual: a filtración do seu primeiro encontro, cando o Presidente aínda estaba casado coa súa primeira muller. O escándalo estalou e poñerá patas para arriba a todo o país! Un texto provocador e actual a cargo do inimitable Pedro Ruiz.
Crees que coñeces o mundo da política? Isto non cho ensinarán pola televisión! Ven a rirche e a gozar cunha alta comedia provocadora, sexy e elegante.

Mercar entradas 

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede AFUNDACIÓN, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥