“Dentro de una maleta”
19
Luns/Maio
Facultade de Belas Artes
A Sala O Abrigo, da Facultade de Belas Artes, acolle a exposición Dentro de una maleta, que reúne as creacións das obras de nove estudantes dun mestrado sobre investigación en prácticas artísticas da Universidad de Castilla-La Mancha, co egresado Manuel Balsas como comisario.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de maio, de luns a venres de 8.00 a 21.00 horas.
Do 19 ao 30 de maio
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Rafael Prieto”
19
Luns/Maio
Liceo casino
Do 𝟭𝟵 𝗱𝗲 𝗺𝗮i𝗼 𝗮o 𝟯 𝗱𝗲 xuño de 𝟮𝟬𝟮𝟱 la Sala de Exposicións do Liceo Casino Pontevedra acollerá a mostra pictórica de 𝗥𝗮𝗳𝗮𝗲𝗹 𝗣𝗿𝗶𝗲𝘁𝗼
Horario de luns a sábado de 10:00 a 22:00 h.
Entrada libre.
Do 19 de maio ao 3 de xuño
Liceo casino, Pontevedra
“Jorge Díaz”
19
Luns/Maio
Cronopios
O novo thriller histórico dun dos autores de Carmen Mola. Jorge Díaz presenta a súa última novela, ‘El espía’ (Planeta).
Almería, 1952. Un home fuxe despavorido duns mozos que o acosan con cans adestrados para matar. O seu cadáver é abandonado, brutalmente mutilado, nunha praia da idílica Mojácar. Para resolver o crime, a Garda Civil envía ao novo cabo Javier Bermejo nunha misión que parece superalo. Quen é ese home? Cada dato leva a unha conclusión diferente: un espía alemán da Gran Guerra, un nobre sedutor que fixo da cobiza a súa forma de vida, un xerarca nazi durante a Segunda Guerra Mundial, un xudeu que se uniu aos seus inimigos para fuxir da barbarie?….
A xornalista Susana Pedreira de Onda cero falará co autor.
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
“ABC da Greve”
19
Luns/Maio
Cineclube Pontevedra
ABC DA GREVE, Leon Hirszman, 1979-1990, Brasil, 100 min., VOSE
Documental que rexistra a primeira folga xeral do Brasil logo da implantación do Auto Institucional núm. 5 polo réxime militar. Na rexión do ABC paulista, o 13 de marzo de 1979 arredor de 180 000 obreiros do sector metalúrxico interrompen a produción conducidos polo sindicato, liderado entón por Luis Inácio «Lula» da Silva. Filmado en 16 mm e baixo un sistema cooperativo, o filme recolle as imaxes do movemento obreiro das grandes fábricas automobilísticas e multinacionais na loita por mellores salarios e condicións de vida, e en plena construción da súa identidade política.
O proxecto foi concluído postumamente entre 1989 e 1990, trala prematura morte de Hirszman, polo fotógrafo Adrian Cooper e co apoio da Cinemateca Brasileira.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Iniciación a cultura do viño”
20
Martes/Maio
De 18:00 a 21:00 horas
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra
“O Galego no cine e na banda deseñada”
20
Martes/Maio
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Pontevedra organiza un ciclo de palestras baixo o nome O galego, lingua de éxito, este martes o título é “O Galego no cine e na banda deseñada” con Jaione Camborda (guionista e directora de cine) e Kiko da Silva (historietista e ilustrador).
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“María José Mielgo Busturia”
20
Martes/Maio
Espazo lector Nobel
Presentación da novela “El infierno del abandono“, de María José Mielgo Busturia.
Ás 19:00 horas
Librería Nobel, Cobián Roffignac 4, Pontevedra
“Hamburger Elbphilarmonisches sextett”
20
Martes/Maio
Sociedad filarmónica de Pontevedra
HAMBURGER ELBPHILARMONISCHES SEXTETT(corda)
Brahms: Sexteto de corda n° 1 en Si bemol maior, op. 18
Brahms: Sexteto de corda n° 2 en Sol maior, op. 36
Para darse de alta como soci@, o día do concerto a partir das 19,30 h ou na páxina web da Sociedade filarmonicapontevedra.org
Cotas mensuais: 12€/Adulto, 6€/Xuvenil
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Luis Boullosa”
20
Martes/Maio
La Verbena
O próximo martes 20 de maio, ás 21:10 h, en La Verbena, temos unha cita especial: Animais Nocturnos afonda esta vez nun tema tan grande como inevitable: a espera.
Contaremos como convidado con Luís Boullosa, xornalista, escritor e músico, que nos acompañará para explorar este territorio cargado de nervio e silencio.
A palabra “espera” vén do latín sperare, que significa “ter esperanza”, “desexar”. Así, cada vez que esperamos, non só detemos o tempo: tamén abrimos unha fenda entre o presente e o desexo, entre o que temos e o que soñamos. A espera é un espazo cheo de metáforas: é o limiar onde habita a incerteza, o lugar do suspense, da anticipación, da resistencia. Agardar é un exercicio íntimo, ás veces desesperante, ás veces poético. É o tempo do reloxo, pero tamén o tempo interior, que se estira, se encoller, se retorce.
Ás 21:10 horas
La Verbena, rúa Charino, Pontevedra
“Día internacional do Ioga”
21
Mércores/Maio
Concello de Pontevedra
Pontevedra volverá celebrar o Día do Ioga!
Unha ducia de profesores da cidade celebrarán a xornada do 21 de xuño impartindo clases dende dous escenarios instalados no Parque do Gafos
As solicitudes para os stands no mercadillo que se habilitará para este día poden ser remitidas a diadoiogapontevedra@gmail.com
Ás 10:00 horas
Parque do Gafos, Pontevedra
“Rutas saudables”
21
Mércores/Maio
AECC Pontevedra
Sexta edición do programa Rutas Saudables en Pontevedra, en colaboración co Concello de Pontevedra. Desde que esta iniciativa botase a andar non ano 2021, ou seu éxito foise afianzando entre a poboación pontevedresa. A actividade é gratuíta, ten prazas limitadas e está dirixida á poboación en xeral que teña unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables
Haberá 2 grupos: os mércores, ás 10:00 e ás 17:00 horas
Haberá un total de 6 itinerarios, de aproximadamente 5 km., e cunha duración aproximada dunha hora e media. Todos eles con saída desde a fonte central dá Praza de Galicia e sempre guiadas por un voluntari@. Se queres inscribirche, chámanos ao noso teléfono gratuíto e 24 hrs. 900 100 036 ou na nosa sede en Eduardo Pondal, 64A, baixo.
Ás 10:00 e ás 17:00 horas
AECC Eduardo Pondal, 64A, baixo, Pontevedra
“Amara Castro”
21
Mércores/Maio
Librería Nobel
Amara Castro firmará os seu libros a partir das 17:00 horas.
Autora de “Hasta siempre, Malena Giestal“. “En contra das expectativas familiares, a moza Malena Giestal decide abandonar as oposicións para emprender un negocio de confección de bolsos. Dando pasos que a levarán ao límite, descubrirá que, nas adversidades, pode haber unha oportunidade para volver comezar. Cunha prosa áxil, intimista e adictiva, Amase Castro Cid mergúllanos no Vigo actual, escenario dunha historia tan inquietante como esperanzadora.”
Ás 17:00 horas
Librería Nobel, Pontevedra
“Mª Pilar García Negro”
21
Mércores/Maio
Maio Longo e Via Galega
María Pilar García Negro falará do seu o libro ‘Arredor de Castelao no século XXI’ que ven de publicar na editorial Laiovento.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao volverá ser protagonista dun acto no Café Moderno Afundación, como sucedía naquela época na que compartía tertulias con Alexandre Bóveda, Manuel Quiroga, Valentín Paz Andrade, Carlos Casares e Ramón Cabanillas.
Nese espazo no que participou en numerosos faladoiros, e que aparece retratado na emblemática recreación de César Lombera, organizarase un ciclo de conferencias sobre a súa figura.
Ás 20:00 horas
Café moderno, Pontevedra
“CortoMaltés”
22
Xoves/Maio
Garaxe Hermético
Inauguración da exposición de orixinais de CortoMaltés na Fundación Manuel Moldes con Ruben Pellejero & Juan Díaz Canales. Horario de luns a venres de 18:00 a 21:00. Sábado de 11:00 a 14:00 horas.
Do 22 ao 31 de Maio
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.
“Irene Alonso Gasalla”
22
Xoves/Maio
Cuarto de inverno
Presentación, contacontos e sinatura de “O nobelo de Nenuca” premio Simbad para o recordo e o alzhéimer de Irene Alonso Gasalla, a música virá da man da Escola de acordeóns de Campelo.
Ás 18:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
“Revenge”
22
Xoves/Maio
Vicerreitoría da UVIGO
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Revenge (2017), de Coralie Fargeat, nunha nova sesión do ciclo de cinema Sobre vivir (II). Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, sete proxeccións integran unha programación que afonda na capacidade do cinema para ilustrar a relación entre o ser humano e o medio ambiente, así como para presentar ás persoas como parte dun ecosistema ambiental e social.
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra.
“Ramona Giráldez”
22
Xoves/Maio
Fundación Cuña-Casasbellas
A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, ten a satisfacción de invitarlle ao recital presentación do poemario “A COHESIÓN DA AUGA” de Ramona Giráldez Domínguez, que terá lugar este xoves, 22 de maio, ás 20:00h, na Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, 12). Entrada libre, ata completar aforo
Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casabellas, Pontevedra.
“Teatro espontáneo”
22
Xoves/Maio
Concello de Pontevedra
Todos os 4º xoves de cada mes no Mercado de Pontevedra Teatro espontáneo ás 20:00 horas.
Entrada libre
Ás 20:00 horas
O mercado de Pontevedra.
“Filtrando a luz”
22
Xoves/Maio
Asociación Pola defensa da ría
!Proxección do documental “FILTRANDO A LUZ”
Recolle a memoria do Movemento Ecoloxista Galego, desde os seus inicios, coa loita contra ENCE e a pretendida NUCLEAR en Xove, ata o momento actual, no que a loita pola saída de ENCE da Ría e contra a instalación de ALTRI na Ulloa cobra un especial protagonismo.
Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“BDra Gráfica”
22-25
Xoves a Domingo/Maio
Concello de Pontevedra
O festival BDra Gráfica organizado e financiado polo Concello de Pontevedra, o festival de cómic conta coa dirección e coordinación de Kiko da Silva, artista e director da escola profesional de cómic e ilustración O Garaxe Hermético. O festival tamén terá de invitada a Ana Oncina, recoñecida polo seu libro ‘Croqueta & Empanadilla’. A lista de invitados é longa, e forman parte de mesma nomes como Jaime Martín, Javi Rodríguez, Javi Rey, Alicia Jaraba (que realizará a masterclass deste ano no Teatro Principal), Paula Maior ou Teresa Valero (que realizará unha exposición no espazo Nemonon fóra das datas oficiais do festival, o día 30 de maio). Como é habitual, BDra Gráfica contará na Praza da Ferraría cunha carpa que funcionará como centro neurálxico de todo evento e como punto de encontro e de distintas charlas, así como de venda de obras. Ademais, a Casa do concello abrirá as súas portas ao público para acoller unha mostra de corenta orixinais do coleccionista Jaume Vaquer, dono dunha das coleccións privadas máis importantes dentro do campo da BD.
Ás 20:00 horas
Praza da Ferrería, Pontevedra
“Mario Obrero”
23
Venres/Maio
Libraría Paz
Presentación do libro “Con e de curcuspin” de Mario Obrero. O autor conversará con Ramón Rozas.
Nos anos do franquismo, nunha parroquia asturiana, o mestre, castelánfalante, ensina as vogais aos seus alumnos. Na lousa, debuxa á beira dun abanico una a: «é a a de…». Todos gritan ao unísono: «a d’abanicu!». Do abanico ao abanicu, o pecado parece menor. Ao chegar a seguinte vogal, a e emerxe xunto a un ourizo na lousa. E cando o mestre repite: «é a e de…», todos replican: «ye a e de curcuspín!». E é que os ourizos normativos, por moito que ocupen lousas e documentos oficiais, son poucos en comparación cos curcuspines e a súa asemblea de nomes.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Luisa Villalta”
23
Venres/Maio
C.S. A Pedreira
Este documentário nasce da inquietaçom de uma menina que quer saber como era Luísa Villalta na realidade. Desde o seu esvaziamento político até cada pequena característica que a descrevia. Assim, a menina começou com um telefone para gravar. Depois, tentou editar, embora sem grande qualidade neste processo. Mas o que realmente torna este documentário interessante é a quantidade de informaçom que Villalta nom quis mostrar no ano da Literatura Galega 2024. Para isso contámos com a ajuda de Xosé Manuel Beiras, Marga do Val, A Banda da Loba, Beatriz Maceda e Ana Pillado; que nos revelará quem foi Luísa e em quem a queriam transformar.
Ás 20:00 horas
A Pedreira, Pontevedra
“Taller de mandalas”
23
Venres/Maio
Galería Tangram
Cada trazo que debuxas fala de ti. Cada cor que elixes revela a túa esencia. O 23 de maio, en Cambiar Xuntas, Irene Prego (@mandala_energias) guíache nunha viaxe creativa cara ao teu equilibrio interior, usando a arte dos mándaas como refuxio e espello da túa alma. Ven a lembrar que todo o que necesitas xa vive dentro de ti. Podes ver a entrevista completa con Irene na nosa páxina de Cambiar Xuntas: www.speakwithcharlotte.com/cambiarjuntas Entradas a partir de 37,50 Euro. Anótate ata o 22 de Maio e asegura a túa praza! Reservas
De 20:15 a 22:15 horas
Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra.
“Abrahan Cupeiro”
23
Sábado/Maio
Concello de Pontevedra
Abraham Cupeiro presenta “Loira”, o seu novo disco.
Mentres escribo estas liñas, ela, Loira, está ao meu lado, como cando facía vídeos en corentena no sofá da casa. Quizais teña que ver co feito de que está cega para que lle guste tanto a música.
É de raza mestiza, como este disco que ten temas dispares, pezas que van da euforia á meditación, cancións que son unha antoloxía de cancións que levan anos perdidas nun caixón e que quería que gravaran para que poidades gozar delas.
Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“II Feira do libro Anarquista”
24,25
Sábado, Domingo/Maio
II Feira do Libro Anarquista de Pontevedra
Os días 24 e 25 de Maio convocamos a tódolos colectivos e individualidades simpatizantes coas ideas libertarias a xuntarnos na vila de Pontevedra nunha fin de semana de libros, fanzines, coloquios, palestras, música e obradoiros.
Podedes solicitar un posto para a vosa editorial, distribuidora ou colectivo enviando un correo a ateneolibertariopontevedra@gmail.com
Ás 11:00 horas
Paseo Odriozola, Praza da Ferrería, Pontevedra.
“Taller de cerámica”
24
Sábado/Maio
Tangram
Volve o taller de cerámica mensual!! Ven a crear e decorar a túa propia peza de cerámica da man de @tikismikisartesania Neste taller, María ensinarache as técnicas necesarias para que poidas dar forma a esa idea que tes en mente. Só necesitas ganas de aprender e moitas ganas de gozar do barro!
Prezo: 35€ (menores de 10 anos, 15€) Prazas limitadas, reserva xa o teu sitio! Inscricións
De 10:30 a 13:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra.
“Misty López”
24
Sábado/Maio
Concerto de Misty López en Ponte Verde rúa Gorgullón 55.
Ás 13:30 horas
Ponte Verde Gorgullón 55, Pontevedra.
“Terapia 120”
24
Sábado/Maio
O Sanatorio
Terapia 120, “Las cuerdas simpáticas”, sempre é un misterio o que nos agarda nestas terapias.
Reserva no Whatsapp 667005584
Ás ???? horas
O Sanatorio, Andrés Muruais 7,9, Pontevedra.
“Orgasmos 2”
24
Sábado/Maio
Afundación
Despois do éxito rotundo de Orgasmos, a comedia, con máis de 400.000 espectadores e 7 anos de actuacións en Madrid, Barcelona e de xira nacional, chega ao Auditorio de Pontevedra a secuela máis esperada: “ORGASMOS” 2, A COMEDIA”.
Que non, que non é preciso ter visto o primeiro para ver Orgasmos 2. A comedia que non te podes perder!
Mais risas, máis escenas novas e máis situacións desternillantes nesta comedia que se centra na convivencia en parella e as súas diferenzas. Unha reflexión divertida e ácida sobre estas situacións cotiás que nos unen… ou nos separan.
Ás 20:30 horas
Sede da Afundación, Pontevedra.
“Alpargatas Afouteza”
24
Sábado/Maio
Sábado 24 de maio 10:30 a 14:00 taller de alpargatas Afouteza
No Espazo arroelo . Información 698 145 096
De 10:30 a 14:00 horas
Espazo Arroelo, Cobian Roffignac 6, 3º, Pontevedra.
“Fernando Alfaro”
25
Domingo/Maio
Nasantiña
Fernando Alfaro presenta o seu libro “Mundo Turbio“, haberá actuación acústica o domingo 25 de Maio na Nasantiña ás 19:00 horas.
Ás 19:00 horas
Nasantiña, Pontevedra.
“Dulce presencia”
12
Luns/Maio
Exposición de Patricia Maquieira Franco “Dulce presencia” en Confitería Landín na rúa Michelena.
Do 12 de Maio ao …
Confitería Landín, rúa Michelena, Pontevedra
“A la intemperie”
8
Xoves/Maio
Tábula Rasa
Exposición de Alfonso Sola “A la intemperie” en Tabula rasa rúa Marquesa 4
Do 8 de Maio ao …
Tábula Rasa, Pontevedra
“Arranquismos, parcheados”
4
Venres/Abril
“Arranquismos parcheados e sobreinformación” estará aberta ao público de xoves a sábado en horario de 12:30 a 16:30 e de 19:30 a 00:30.
E os mércores e domingos só en horario de mañá. Proxecto de Mambo Gallery
Do 4 de abril a Setembro 2025
La Fonda rúa Isabel II 6, Pontevedra.
“Outras historias posibles”
4
Venres/Abril
Afundación
OUTRAS HISTORIAS POSIBLES presenta o traballo de seis destacadas artistas nacidas na década dos 50, con fortes vencellos a Galicia, tanto nas súas vidas coma nas súas carreiras profesionais. Elas son Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, mulleres cunha especial presenza na arte dos 80, grazas á súa innovadora visión. Esta exposición explora agora desde o Café Moderno Afundación Pontevedra as súas creacións e descúbrenos como o seu legado influíu na arte contemporánea, ofrecendo novas perspectivas e reivindicando o seu espazo na historia. Comisaria | Susana Cendán
Do 4 de abril ao 31 de Maio
Café Moderno, Pontevedra.
“Camaradas”
28
Venres/Marzo
Fundación Manuel Moldes
A Fundación Manuel Moldes presenta Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia
Do 28 de Marzo a Novembro 2025
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.
“Ruinas de San Domingos”
15
Sábado/ Marzo
Museo de Pontevedra
Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.
“Grazas pola súa visita”
13
Xoves/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita, que reúne as obras de Alberto Ardid, o colectivo Rapapawn, integrado por Cynthia Alfonso e Óscar Raña, e Tayone, todos eles artistas formados na Facultade de Belas Artes. Coa xestora cultural e tamén egresada deste centro Sara Donoso como comisaria, trátase dun proxecto que transcende á mostra artística convencional para converterse nun acto de reivindicación sobre a necesidade da reapertura da cafetaría da facultade como espazo de encontro.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de marzo e durante este período albergará á súa vez dúas mostras efémeras, que serán levadas a cabo polo alumnado, guiado por Alfonso e Raña e polo profesor e coordinador da sala, Ignacio Pérez-Jofre.
Do 13 ao 30 de maio.
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra.
Proximamente
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥