la cena

“La cena” 

19

Luns/Xaneiro

Premios Feroz

LA CENA – Proxección e coloquio posterior coa actriz ELVIRA MÍNGUEZ e co director MANUEL GÓMEZ PEREIRA.

Esta adaptación da obra de José Luis Alonso de Santos con dirección de Manuel Gómez Pereira, opta a 5 premios Feroz 2026, incluído o de mellor película de comedia. Unha repartición en estado de graza (Mario Casas, Alberto San Juan, Asier Etxeandia, Elvira Mínguez, Óscar Lasarte e Antonio Resines, entre outros) que compón un divertidísimo vodevil de estilo berlanguiano.

Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
on falling

“On falling” 

20

Martes/Xaneiro

Cineclube

ON FALLING. On Falling, Laura Carreira, 2025 Portugal-Reino Unido, 104 min, VOSE

Aurora é unha muller portuguesa que traballa nun grande almacén de Escocia. Atrapada entre os muros do seu centro de traballo e a soidade do seu piso compartido, Aurora trata de resistir o illamento, a alienación e a charla trivial que comezan a ameazar a consciencia de si mesma. Nunha contorna dominada por unha economía baseada en algoritmos e deseñada para manternos separados, On Falling explora a loita silenciosa e vital por atopar sentido e conectar.

On Falling é o debut na longametraxe da directora portuguesa Laura Carreira, quen foi premiada no Festival de Donostia coa Cuncha de Prata á mellor dirección.

Ás 20:30 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Xala

“Xala” 

21

Mércoles/Xaneiro

Fundación Cuña-Casasbellas

No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Poder e loucura: ególatras, narcisistas e outras faunas”, cuxa primeira sesión terá lugar este mércores, 21 de xaneiro, ás 20:00h, coa proxección do Filme:

 XALA Direc.: Oumane Sembene, Senegal, 1975, 121 m

Sipnose: Rendemos hoxe un tributo no comezo deste novo ciclo cinematográfico a un dos máis grandes artistas do cinema africano cunha das súas mellores películas: Xala.

Un rico home de negocios decide tomar unha terceira esposa. A noite de vodas descobre, para o seu espanto, que caeu sobre el a Xala, un maleficio que provoca impotencia. A partir dese momento todo parece ir a peor: mentres busca unha cura, os seus turbios negocios empezan a afundirse

Ás 20:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) de Pontevedra
Arrebato

“Arrebato” 

22

Xoves/Xaneiro

Premios Feroz

ARREBATO – PROXECCIÓN E CHARLA MAXISTRAL COA ACTRIZ, PREMIO FEROZ DE HONRA 2026 MARTA FERNÁNDEZ-MURO E A PRESIDENTA DA AICE MARÍA GUERRA.

‘Arrebato’ de Iván Zulueta é un filme de culto, moderno e posmoderno, que supón toda unha experiencia para o espectador. Eusebio Poncela, Will More, Cecilia Roth e Marta Fernández-Muro brillan neste thriller único e escuro.

Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Castelao

“Revolución gráfica de Castelao” 

22

Xoves/Xaneiro

Museo de Pontevedra

Esta semana no Museo presentamos un documental dirixido por Xan Leira sobre o papel de Castelao como introdutor en Galicia da técnica da linografía. Será o xoves ás 19:00 h.

Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra
Maria Álvarez Landesa

“María Álvarez Landesa” 

22

Xoves/Xaneiro

Libraría Paz

Maria Alvarez Landesa leva á Libraría Paz de Pontevedra os seus conmovedores versos de OS POZOS ELEGANTES DAS CLAVÍCULAS [Premio Follas Novas 2025]. Manterá unha conversa co xornalista e activista cultural Ramón Rozas Domínguez. Será o xoves 22 ás 19:30 h. Paga moito a pena escoitala recitar.

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
recital poetico isabel garcia Uría

“Isabel García Uría” 

22

Xoves/Xaneiro

Fundación Cuña-Casasbellas

Recital de Isabel García Uría acompañada polo guitarrista Victor Movilla.

30 poemas Entrelazados.

Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
o lago dos cisnes

“Lago dos cisnes” 

22

Xoves/Xaneiro

Afundación

Ballet Clásico Internacional: O lago dos cisnes

O aclamado Ballet Clásico Internacional, gañador de catro premios nacionais á mellor actuación de danza, interpretará a gran xoia do ballet clásico: O lago dos cisnes.

Na súa festa de aniversario, o príncipe Sigfrido recibe a noticia de que debe escoller esposa no próximo baile. Ás beiras dun misterioso lago, namórase da fermosa princesa Odette, vítima dun feitizo lanzado polo malvado Rothbart. Invítaa ao seguinte baile de palacio, onde xura erroneamente o seu amor á filla de Rothbart, Odile. Consciente do engano, Sigfrido libra unha batalla polo seu amor por Odette.

Ás 20:30 horas
Auditorio, Sede de AFundación, Pontevedra
obradoiro dixital

YoConecto L4 – Ocio dixital” 

23,26

Venres/Xaneiro

Biblioteca pública de Pontevedra

Descobre como aproveitar ao máximo as ferramentas dixitais para o teu lecer e tempo libre. Aprende a usar aplicacións de streaming, xestionar reservas para eventos culturais, comprar entradas, organizar traslados e planificar hospedaxes.

Este programa guíache paso a paso na exploración de plataformas de entretemento e cultura. O curso adáptase a todos os niveis e, ao completalo, cada participante recibe un certificado que acredita os coñecementos adquiridos.

 Público destinatario: maiores de 18 anos.

Data e hora: do 23 ao 26 de febreiro (de luns a xoves) de 17.00 a 20.00 h.   Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 21 de xaneiro ás 9.00 h.

OBRIGATORIO:no campo Observacións do formulario de inscrición debe poñer a súa data de nacemento. Por exemplo: 15/03/1963

De 17:00 a 20:00 horas
Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Pontevedra
la traversée

“La traversée” 

23

Venres/Xaneiro

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de La Traversée (2020), de Florence Miailhe, nunha nova sesión do ciclo de cinema Dulce bellum inexpertisdirixido a afondar nos efectos e consecuencias das guerras a través de filmes de diferentes xéneros. Promovido pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello de Pontevedra, abrangue sete proxeccións, abertas a toda a cidadanía, entre os meses de novembro e xaneiro.

Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
anatomia de un instante

“Anatomía de un instante” 

23

Xoves/Xaneiro

Premios Feroz

ANATOMÍA DE UN INSTANTE
PROXECCIÓN E COLOQUIO POSTERIOR CON ÁLVARO MORTE, RAFAEL COBOS, FRAN ARAÚJO E ALBERTO RODRÍGUEZ

Rafael Cobos, Fran Araújo e Alberto Rodríguez adaptan a obra homónima de Javier Cercas para converter en thriller político un dos episodios máis tensos da historia recente de España. Coas interpretacións de Álvaro Morte, Eduard Fernández, Manolo Solo e David Lorente, trázase unha crónica da Transición á democracia coas súas sombras e contradicións dun país no que aínda latexaba o franquismo. Opta a 5 Premios Feroz.

Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
sofar

“Concerto sorpresa” 

23

Venres/Xaneiro

Sofar

Despois dun año #sofarsounds volve a Pontevedra.
Lugar secreto, Artistas sorpresa, Una experiencia íntima y única
 23 de xaneiro- 19h30
As entradas ya disponibles na bio https://www.instagram.com/sofarpontevedra/  ou https://www.sofarsounds.com/cities/pontevedra 
Esto non é un concerto é un reencontro. 

Ás 19:30 horas
Pontevedra
Antonio Barros

“Antonio Barros” 

23

Venres/Xaneiro

UNED Pontevedra

A UNED acolle a actuación de Antonio Barros, un artista amplamente coñecido pola súa dilatada traxectoria profesional e polas súas numerosas actuacións na Televisión de Galicia, onde logrou o recoñecemento e o agarimo do público grazas ao seu carisma e proximidade. «Antonio Barros é un artista que vive a música co corazón. Sempre buscando emocionar e conectar con quen o escoita. Cunha voz que transmite autenticidade e un estilo que abarca desde a verbena tradicional ata formatos máis íntimos, Antonio soubo gañarse o agarimo do seu público, convertendo cada actuación nun recordo especial.» Trátase dunha oportunidade única para gozar en directo dun espectáculo de gran calidade artística e humana, nun formato próximo que convida á emoción e á participación do público. Unha cita cultural imprescindible para quen desexe vivir unha experiencia diferente e coñecer de primeira man a un artista cunha sólida presenza mediática e escénica.

De 19:30 a 21:00 horas
Salón de actos da UNED, Pontevedra
obradoiro de galego internacional

“Galego internacional” 

23

Venres/Xaneiro

C.S. A Pedreira

𝐍𝐇 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥
𝟐𝟑 𝐉𝐚𝐧𝐞𝐢𝐫𝐨 𝟐𝟎:𝟑𝟎 𝐧𝐚 𝐏𝐞𝐝𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚. Imparte Jorge Rodrigues Gomes.
Doutor em Filologia. Professor das disciplinas de Literatura, Galego e Português no ensino secundário. Presidente da Associaçom de Estudos Galegos (AEG). Autor de trabalhos de onomástica, etnolíngüística (no ámbito dos criptoletos gremiais e o calom) e etnografia. Escritor, autor de obras de ficçom como “Frouma de Ruivéns. O sonho que na tua língua mora”, “O tesouro do Apalpador”…
Ás 20:30 horas
C.S. A Pedreira, Pontevedra
coaches de choque

“Coaches de choque” 

23

Venres/Xaneiro

Afundación

Os “COACHES de choque” é un espectáculo de comedia improvisada deseñado para activar e dar un “chute” de endorfinas ao público asistente. Un show interactivo no que Oswaldo Digón e Rafa Durán interpretan a dous coaches verdadeiramente entusiasmados e moi motivados, que mediante unha terapia de impro-choque crean sobre a marcha un espectáculo frenético, único e irrepetible grazas ás propostas do público. En resumo, unha divertidisima  parodia  do “desenvolvemento persoal”

Ás 21:00 horas
Auditorio, Sede de AFundación, Pontevedra
pendentes cerámica

“Pendentes de cerámica”

24

Sábado/Xaneiro

Workshop pendentes de cerámica

✵ Neste workshop poderás a crear a túa propia colección de 4 pares de pendentes, usando a técnica de ferros e/o modelado e decoraralos con esmaltes de cores mentres aprendemos os tipos de arxila, as súas propiedades e como funcionan as cocciones.

Data: 24/01 Hora: 10:00 / 16:00 Duración: 3 horas e media Prezo: 68€

Reservas na nosa web (link en bio) Para iso acompáñanos @leonlagata  que nos guiará en todo o proceso, desde a idea ata a última peza. Non necesitas experiencia previa: iremos paso a paso e, ademais, levarás unha listaxe de tendas en liña por se logo pícate a espiral e queres seguir. Só tes que traer caderno e lapis para esbozar antes de poñernos mans á arxila. * Materiais, cocción e fornituras necesarias para terminar os 4 pares de pendentes (aritos, pernos, porcas etc.)/ etc.) incluídos.

Ás 10:00 horas
Kurinuki Praza de España 1, 1°.D – O.4, Pontevedra
taller acuarela

“Taller de acuarela”

24

Sábado/Xaneiro

Taller de acuarela

Sábado 24 de xaneiro de 11:00 a 13:00 horas

40 euros materiais incluidos

Nenos a partir de 6 anos

De 11:00 a 13:00 horas
Alquimia, Praza de Barcelos 12, Pontevedra
baño sonido

“Baño de sonido” 

24

Sábado/Xaneiro

Pontebrújula

Primer Baño de Son do ano 2026 en Pontebrújula Empezamos o ano con enerxía, con intención e cun renacer Porque os novos comezos tamén senten… non só pénsanse. Este sábado 24 de xaneiro ás 11:00 h, celebramos o primeiro Baño de Son do 2026 en Pontebrújula, da man de Ana Shanti @anashantisounds. Un espazo coidado para soltar o vello, baixar o ritmo e abrirche ao novo a través do son: cuncos de cuarzo, gong e voz, traballando corpo, mente e emocións. Unha experiencia para: • empezar o ano desde a calma e a presenza • liberar tensións acumuladas • recargar enerxía • conectar contigo e co que queres sementar este 2026

Lugar: Asociación Pontebrújula  Pontevedra Prezo: 20 € Reservas: hola@pontebrujula.com  Quedan poucas prazas. Reserva a túa canto antes 

Ás 11:00 horas
Pontebrújula, Pontevedra
Alejandra Balboa

“Alejandra Balboa” 

24

Sábado/Xaneiro

Danza Deborah

Obradoiro de danza contemporánea inpartido por Alejandra Balboa.

Reserva  a túa praza.  650733739

De 11:00 a 13:00 horas
Escola de danza Déborah rúa Xan Guillermo 25, Pontevedra
camiñada

“Pateada:Cabo home” 

25

Domingo/Xaneiro

Kentada

Todos os 2º e 4º domingos de mes imos saír de pateada.

BENVIDXS A PATEADA
O noso novo clube de senderismo en Pontevedra e arredores.
Se che gusta sair de rutiña os domingos e comer bocadillos no monte este é teu lugar!
Escríbenos para formar parte da primeira…https://www.instagram.com/_kentada/ 
Percorrido: 8,5 km – Desnivel 180 m  – Duración: 2 horas e media. 

Saída de Pontevedra

Ás … horas
Kentada, Rúa da Barca, 14, Pontevedra
bule bule

“BULEBULE” 

25

Domingo/Xaneiro

Concello de Pontevedra

BULEBULE

Compañía: Os Náufragos (Galiza)

Candela é unha rapaza que ten trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e chámanlle Bulebule. A ela encántalle o mar e soña con ser a patroa dun barco que ela mesma quere construír. Tamén lle gusta moito pasar tempo co seu amigo Bruno que vive nun faro e que sente verdadeira paixón por compoñer música.

Bulebule é unha fermosa obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.

Ás 12:00 e ás 18:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
expo casino

“Exposición da asociación Artístico-Cultural” 

7

Mércores/Xaneiro

Liceo Casino

A Asociación Artístico Cultural de Pontevedra inaugura á súa exposición colectiva o dia 7 de xaneiro e clausura o ciclo coa presentación de Zarzuela, síntese ilustrada, o día 27 de xaneiro. A Asociación Artístico Cultural de Pontevedra organiza durante o mes de xaneiro de 2026 unha serie de actividades culturais que combinan artes plásticas, música e divulgación. Inauguración da exposición o día 7 de xaneiro ás 20:0 0h, e a continuación ás 20:30 h. conferencia sobre o compositor galego e neno prodixio José Arriola. -O GRAN DESCOÑECIDO- a cargo de Julia M.ª Dopico Vale e Piñeiro (Compositora, intérprete, escritora e investigadora musical) Clausura o día 27 de xaneiro ás 20:00 h. coa presentación do libro “ZARZUELA, SÍNTESE ILUSTRADA”, do profesor Manuel Rajal (Lucense, vinculado ao mundo artístico en vertentes plástica e musical) -Prólogo de Ainhoa Arteta e Nancy Fabiola Herrera- Presentado por: M.ª do Carmen Gago Florenti e Ana Julia Martínez Fariña. Actuación da soprano Dania D’alfonso

Entrada: Libre ata completar aforo

Do 7 ao 27 de Xaneiro 2026
Liceo Casino de Pontevedra
Especies Varadas

“Sergio Ordóñez Grela” 

21

Sábado/Decembro

Galería Tangram

ESPECIES VARADAS: Arte con basura marina
Lo que el mar devuelve se transforma en arte.
Piezas hechas a partir de restos marinos que nos hacen pensar (y mirar dos veces).
Art Afterwork especial
Arte, buen ambiente y plan perfecto para desconectar después del curro.
Exposición de Sergio Ordóñez Grela
Decembro 2025
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra
Debuxar coa luz

“Debuxar coa Luz” 

19

Venres/Decembro

Museo de Pontevedra

O próximo venres 19 de decembro ás 19:00 h inauguramos nova expo: ‘Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século XIX’.
Unha exposición que pon o foco naqueles que nos primeiros anos da fotografía construíron a memoria visual da cidade.
Do daguerrotipo á revista ilustrada, pasando pola ‘carte de visite’, a paisaxe urbana, o rexistro patrimonial e a fotografía científica, os fotógrafos que traballaron na Pontevedra do século XIX foron testemuñas e protagonistas da súa transformación.
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Ponteverde

“Carlos Bravo” 

17

Venres/Decembro

Carlos Bravo

Exposición de Carlos Bravo na tenda Ponteverde
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
Exposición na Fonda

“Cronofitti” 

17

Mércores/Decembro

Mambo Gallery

Exposición de Mambo Gallery no restaurante La Fonda Cronofitty
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
Elas crean

“Elas crean” 

15

Luns/Decembro

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a exposición Elas crean, conformada por unha serie de paneis informativos que abordan a traxectoria e obra de diferentes artistas plásticas, fotógrafas, cineastas e deseñadoras.Promovida polo Campus Crea, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a mostra percorre nestees meses diferentes centros do campus, podendo visitarse neste centro ata o 20 de Xaneiro 2026.

Do 15 de Decembro ao 20 de Xaneiro 2026
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Pontevedra
Expo n fundación Moldes

“Moldes dende a figura” 

11

Xoves/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Inauguración da exposición “Moldes dende a figura” o xoves 11 de Decembro ás 19:00 horas na sede da Fundación na rúa Benito Corbal 47.
Poderase visitar Xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas e sábado de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
Alba Troiteiro

Alba Troiteiro” 

4

Xoves/Decembro

Alba Troiteiro

Exposición de debuxos de Alba Troiteiro.

Ela dí de si mesma, “non sei definirme, estoume ensinando”

Mentras tanto, nun intento de debuxarme fixen unha recopilación de algunhas versions da miña persoa a través de ollos alleos.

Decembro 2025
Mímate rúa Real 13, Pontevedra
Rebe acierto

“Rebe Acierto

3

Mércores/Decembro

Tábula Rasa

Exposición temporal na tabula Rasa. Pásate e desfruta da boa compañía e o bo rollo de este local. ” Kaldeirada” de Rebe Acierto.

Decembro 2025
Tábula Rasa, rúa Marquesa, Pontevedra 
Bicos de cine

“Bicos de cine” 

3

Mércores/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Pontevedra abraza a sétima arte! Novos Cinemas, Premios Feroz… e tamén “Bicos de Cine”.

A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra 
expo na pedreira

Bello Piñeiro

27

Xoves/Novembro

C.S. A Pedreira

Esta exposiçom sobre a história do rio de Vale de Corvos reclama a necessidade da recuperaçom ambiental e paisagística como um bem coletivo. Neste senso a exposiçom também nos convida a conhecer a obra do artista pintor Bello Piñeiro fundador Sociedade de Amigos da Paisagem Galego (em 1927), e dos artistas Celso García, Manuel Aramburu e Rodríguez Moñiz que deixam testemunha nas suas pinturas a paisagem pontevedresa de antano.”
Do 27 de Novembro ao 27 xaneiro
C. S. A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra
duas ladeiras

“Dúas ladeiras…” 

20

Xoves/Novembro

Facultade de Belas Artes

Entre o 20 de novembro e o 20 de febreiro, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Dúas ladeiras da mesma montaña, promovida xunto co Centro de Arte Fundación María José Jove. Nela preséntase as obras desenvolvidas polos artistas Martín Llavaneras e Elena Jones á raíz da súa estadía na cidade mexicana de Guadalajara como beneficiarios da primeira convocatoria de residencias internacionais desta fundación. 

Do 20 de novembro ao 20 de febreiro
Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes.
Exposición de fotografía

“Comedy Wildlife” 

28

Martes/Outubro

Afundación

Inauguración da exposición “Comedy Wildlife”

A comicidade escondida na natureza chega ao café Moderno coa exposición «Comedy Wildlife. Premios de Fotografía». A mostra, foi desenvolvida e producida por Afundación, Obra Social de Abanca e organizada en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN) e a participación de Terra Espléndida.

Do 28 de Outubro ao 7 de Febreiro
Café Moderno Afundación, Pontevedra 

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥