Tercios españoles

“Los tercios españoles” 

2

Luns/Decembro

Liceo Casino

O 𝗹𝘂𝗻𝗲𝘀 𝟮 𝗱𝗲 𝗱𝗶𝗰𝗶𝗲𝗺𝗯𝗿𝗲 𝗮 𝗹𝗮𝘀 𝟭𝟭:𝟬𝟬 𝗵 o Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra acollerá a inauguración da obra “Empel 1585” e a exposición fotográfica de Jordi Bru sobre Os Terzos españois. Organizado polo Rexemento de Infantería Isabel o Católica nº 29

Entrada libre Aforo limitado

Ás 11:00 horas
Liceo Casino de Pontevedra
Antía Yáñez

“Antía Yáñez” 

2

Luns/Decembro

Facultade de Comunicación

A Facultade de Comunicación acolle un coloquio coa escritora Antía Yáñez, centrado no seu libro Non penses nun elefante rosa (2022, Edicións Xerais). Promovido pola facultade e a Área de Normalización Lingüística (ANL), o encontro será presentado polos docentes da facultade Ana Fernández Soneira e Benigno Fernández Salgado.

Ás 12:30 horas
Seminario 18 da F.Comunicación de Pontevedra
Alejandra

“Alejandra&Misha” 

2

Luns/Decembro

Filarmónica de Pontevedra

ALEJANDRA DÍAZ (violonchelo) – MISHA DACIC (piano)

BRAHMS: Sonata para violonchelo y piano nº 1 en Mi menor, op. 38
RACHMANINOV: Sonata para violonchelo y piano en Sol menor, op. 19

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
o vacio

“El Vacío” 

3

Martes/Decembro

A inauguración da nosa Expo será o día 3 de decembro e estará exposta ata o 15 na galería TANGRAM, en Pontevedra. Temos moitas ganas de que poidades vir vela, e grazas aos artistas que van participar, estamos seguros que co noso Kaos encheremos O Baleiro con moita arte. Vémonos en decembro @galeria.tangram

Do 3 ao 15 de Decembro
Galería Tangram, Pontevedra
Yolanda Castaño

“Yolanda Castaño” 

3

Martes/Decembro

Librería Cronopios

Economía e poesía: Rimas internas de Yolanda Castaño

PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2023

Acompañando a autora estará Susana Pedreira de Onda cero radio

Os lastres que dende hai séculos teiman en mistificar o oficio poético afástano unha e outra vez da consideración de traballo. A mesma profesionalización que incrementa valor a un músico ou a unha artista plástica pode producir descrédito nunha poeta. E as mans que escriben versos chegan a ser glorificadas no mesmo movemento co que se lles nega unha xusta remuneración.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra 
narcos gallegos

“Narcogallegos” 

3

Martes/Decembro

NARCOGALLEGOS 2, el último documental de @narcodiario , se estrena el martes 10 de diciembre en el canal principal de @movistarplus . Historias asombrosas e imágenes inéditas sobre la explosión de alijos de #cocaína a nivel mundial. Estreno no liceo casino o martes 3 de decembro

Ás 19:00 horas
Liceo Casino de Pontevedra
versus

“Galia Blanco” 

3

Martes/Decembro

Liceo Casino

Exposición pictórica de Galia Blanco 𝗗𝗲𝗹 𝟯 𝗮𝗹 𝟮𝟲 𝗱𝗲 𝗱𝗶𝗰𝗶𝗲𝗺𝗯𝗿𝗲 nosa Sala de Exposicións acollerá esta mostra baixo o nome de “Versus“. A inauguración da exposición será o día 𝟯 𝗱𝗲 𝗱𝗶𝗰𝗶𝗲𝗺𝗯𝗿𝗲 𝗮 𝗹𝗮𝘀 𝟭𝟵:𝟬𝟬 𝗵. O acto será presentado por Maica Larriba, licenciada en Historia da arte e catedrática de Xeografía e Historia. Entrada libre Aforo limitado

Do 3 ao 26 de decembro
Liceo Casino de Pontevedra
A hora da estrela

“A hora da estrela” 

3

Martes/Decembro

Cineclube

A HORA DA ESTRELA
A hora da estrela (1985), asinado por Suzana Amaral, adapta de maneira memorable a obra homónima de Clarice Lispector, cunha inesquecible Marcélia Cartaxo no papel de Macabéa.

«Quando acordava não sabia mais quem era. Só depois é que pensaba com satisfação: sou dactilógrafa e virgem, e gosto de coca-cola. Só então vestia-se de si mesma, passava o resto do dia representando com obediência o papel de ser» (Clarice Lispector, A hora da estrela).
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Karin Sander

“Karin Sander” 

4

Mércores/Decembro

Facultade de Belas Artes

O mércores 4 de decembro teremos a sorte de inaugurar unha exposición da artista Karin Sander na Sala Profesor Manuel Moldes da Factultade.

Agardámosvos ás 20 h.
@karin_sander @salaprofesormanuelmoldes
Do 4 de Decembro ao 20 de Febreiro 2025
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Eva Gutierrez

“Eva Gutiérrez” 

4

Mércores/Decembro

Libraría Paz

Eva Gutiérrez presenta o seu libro acompañada do editor Marcos Calveiro.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
remedio yahevé

“El remedio de Yahvé” 

4

Mércores/Decembro

Liceo Casino

O mércores 4 de decembro ás 20:00 horas o Salón Nobre do Liceo Casino acollerá a presentación do libro “El remedio de Yahvé” de José Goroli.

Entrada libre Aforo limitado

Ás 20:00 horas
Liceo Casino de Pontevedra
cadena báltica

“De la cadena Báltica a la ciberpolítica…” 

5

Xoves/Decembro

DA CADEA BÁLTICA Á CIBERPOLITICA CONFERENCIA. A historia do activismo político está chea de leccións que seguen sendo relevantes hoxe. Un exemplo é a Cadea Báltica, unha mobilización pacífica en 1989 que uniu a millóns de persoas en Estonia, Letonia e Lituania para reclamar a súa independencia da Unión Soviética. Este evento, ademais de marcar un fito histórico, convida a reflexionar sobre como as formas de protesta evolucionaron co tempo e como as novas tecnoloxías permiten unha participación social máis ampla.

Relatores: Celso Cancela Outeda, Universidade de Vigo. Bruno González Cacheda, Universidade de Vigo

EN LIÑA

Ás 11:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra 
powerlifting

“Campionato Power Lifting” 

5

Xoves/Decembro

Universidade de Vigo

A Área de Benestar Saúde e Deporte promove no Pavillón Universitario o II Campionato de Powerlifting, aberto á participación das persoas que conten cun Abono Muver. Centrado nun deporte de forza consistente no levantamento de peso en tres exercicios (agachamento, press banca e peso morto), o torneo contará cunha categoría masculina e outra feminina e está aberto a un máximo de 30 participantes.

Ás 16:00 horas
Pavillón Universitario de Pontevedra
inauguración luces

“Iluminación do Nadal” 

5

Xoves/Decembro

Concello de Pontevedra

Inauguración das luces da Nadal cun concerto da Banda de Música de Pontevedra e o grupo de canto tradicional Maravallada.

Na praza de España ás 19:00 horas

Ás 19:00 horas
Praza de España, Pontevedra 
Homenaxe a Sabina

“Conductores Suicidas” 

5

Xoves/Decembro

Concello de Pontevedra

“Conductores Suicidas” formouse en 2020 co propósito de render unha homenaxe fiel e respectuosa a Joaquín Sabina e á súa banda.

Baladas acústicas inesquecibles e as cancións rockeiras máis potentes e inconfundibles son coreadas polos asistentes durante máis de dúas horas de actuación.

Cancións como “Princesa”, “E aínda”, “Quen me roubou o mes de abril?”, “O bulevar dos soños rotos”, “O peixe da cidade”, “Acordo entre señores”, “O coxo pirata” ou “ 19 días e 500 noites” non faltará no repertorio de Conductores Suicidas, a banda homenaxe máis fiel a Joaquín Sabina do panorama nacional.

Ás 21:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra 
chocolatada

“Chocolate con Rosca”

6

Venres/Decembro

Non hai nada máis forte no mundo que o corazón dun voluntari@. 5 de decembro Día Internacional do Voluntariado. Moitas persoas pequenas, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo. O día 6 de decembro Protección Civil Pontevedra e ASAMPO convídanvos a chocolate con rosca ata esgotar existencias.

De 10:00 a 13:00 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra
oficio e beneficio

“Con oficio e beneficio”

6

Venres/Decembro

Visita guiada  Con oficio e Beneficio

Explora a rica tradición artesanal de Pontevedra percorrendo as súas encantadoras rúas, onde os gardiáns da tradición aínda residen. A través dos antigos oficios e os negocios de toda a vida, como tabernas, boticas e ultramarinos, descubrirás fascinantes curiosidades sobre a orixe de labores case esquecidos.

De 10:30 a 12:30 horas
Praza de España, Pontevedra
Forever Van gogh

“Forever Van Gogh” 

6,7,8

Venres, Sábado, Domingo/Decembro

Afundación

Un sorprendente espectáculo teatral sobre a vida do famoso pintor Vincent van Gogh.

Durante a obra faise un percorrido pola traxectoria do artista e polos aspectos máis íntimos que o levaron a albergar unha visión singular da arte.

Un espectáculo para descubrir os diferentes momentos da súa vida, a través das súas diferentes etapas creativas, e coñecer a persoa detrás do xenio.

Venres e sábado ás 17:00 e ás 20:00 horas, Domingo ás 17:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
Mercaviño

“Mercaviño” 

7

Sábado/Decembro

O vindeiro sábado 7 de Decembro volveremos cos nosos amigos de @viños_vivos para organizar un mercadillo de Viño. Traerán unha selección de viños que poderedes probar e comprar en Palmkids House. Como sempre, prepararemos comida rica e teremos boa música para darnos alegría.

Ás 13:30 e ás 20:00 horas
Palmkids House Rúa Laranxo 25, Pontevedra
Frojan

“Froján” 

7

Sábado/Decembro

Volta Sons de Outono, un festival a pé de rúa que quere achegar as músicas de fusión á cidadanía no mediodía dos fins de semana. Para isto o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, quere contar con artistas de proximidade. 

FROJÁN
Miguel  Froján; voz e guitarra 
Robert  Beade; guitarra 
Sergi  Outeiral; baixo  eléctrico
Óscar Mourelos; batería
Ás 12:00 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra
vagalume

“Vagalume” 

7

Sábado/Decembro

Liceo Casino

O 𝘀𝗮́𝗯𝗮𝗱𝗼 𝟳 𝗱𝗲 𝗱𝗶𝗰𝗶𝗲𝗺𝗯𝗿𝗲, 𝗮 𝗹𝗮𝘀 𝟭𝟵:𝟬𝟬 𝗵 na Sede Manuel Quiroga do Liceo Casino Pontevedra ‘Concerto de Inverno’ interpretado polo Cuarteto Vagalume: Vania Collazo, Sabela Senn, Irene Portela e Rubén Canedo. Entradas: 5 € para socios e 15 € para non socios. As entradas poderán reservarse a través do email: cuartetovagalume@gmail.com ou adquirirse o mesmo día a partir das 17:30h.

Ás 19:00 horas
Liceo Casino de Pontevedra
Acoustic solar

“Acoustic Solar” 

8

Domingo/Decembro

Volta Sons de Outono, un festival a pé de rúa que quere achegar as músicas de fusión á cidadanía no mediodía dos fins de semana. Para isto o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, quere contar con artistas de proximidade.

ACOUSTIC  SOLAR
Luis Felipe Fernández; saxo alto
Javier Abráldes; guitarra
Berto Rial; contrabaixo
Ás 12:00 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra
INTU INDO

“INTU-INDO” 

29

Venres/Novembro

Deputación de Pontevedra

O 29 de outubro inauguramos no Palacete das Mendoza, unha nova exposición “Intu-Indo”de Xosé Luis Román.

“Intu-Indo” discorre por dous camiños que amosan, por unha banda, a cor, que representa unha cotiandade en declive. Polo outro lado, unha visión menos amable dunha natureza presentida coa que o autor convida a reflexionar sobre cara a onde queremos ir. Eses dous camiños, sinala Román, conflúen no desexo de atopar un espazo común nunha natureza sostible e harmónica.

Do 29 de Novembro ao 15 de Decembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra.
é tempo de xogar

“É tempo de xogar” 

29

Venres/Novembro

O 29 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra, edificio Sarmiento, unha nova exposición “É tempo de xogar”. Colección Juan Manuel Alfaya Campo.

Do 29 de Novembro ao 09 de febreiro 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Flores imposibles

“Flores imposibles” 

25

Luns/Novembro

Facultade de Belas Artes

A sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a exposición Flores Imposibles, na que se presenta un mural realizado por cinco alumnas da facultade para a feira Pontesán. 

Trátase dunha peza realizada, nun proceso colectivo, por Elena Pérez, María Rodríguez, Lucía Villar, Violeta de Castro e Mónica Pérez, co propósito de falar da diversidade, a superación persoal e a normalización das distintas discapacidades.

Do 25 de Novembro ao 05 de Decembro
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Exposición en fundación Manuel Moldes

“50 anos dende Tambor” 

19

Martes/Novembro

Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes celebra o medio século da inauguración damostra pictórico na Galería Tambor de Madrid dos artistas Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba.

Preséntanse algunhas das pezas que foron expostas na galería madrileña e obras posteriores de ámbolos artistas.

Do 19 de Novembro ata marzo 2025
Fundación Manuel Moldes, rúa Javier Puig, Pontevedra 
Jose Benito Otero Baena

“Jose Benito Otero Baena”

8

Venres/Novembro

Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’, que terá lugar o venres 8 de novembro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).

Do 8 de Novembro ao 19 de Xaneiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Vento

“Vento” 

25

Venres/Outubro

O 25 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova “infiltración” na colección. ‘Vento’, de Alberto Baraya.
Comisariada por Iñaki Martínez Antelo.
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
simultánea

“Simultánea” 

9

Mércores/Outubro

Afundación

Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.

Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.

Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.

Do 9 de outubro ao 25 de Xaneiro 2025
Café moderno, Pontevedra

Xa podes anotarte

Cata de cervexa

“Cata de Cervexa” 

11

Mércores/Decembro

Cata de cervexa con picoteo

Prezo: Necesaria reserva – 15€/persoa.

Aforo limitado. Ó𝗻𝗱𝗲 f𝗮𝗴𝗼 𝗮 𝗿𝗲𝘀𝗲𝗿𝘃𝗮? 𝗣𝗼𝗿 𝗽𝗿𝗶𝘃𝗮𝗱𝗼: formalizarase unha vez feito o pago en tenda. Na tenda: Rúa Real 13, Pontevedra. Reservas abertas ata o 10 de decembro! .

De 20:15 a 21:45 horas
Mímate, Rúa Real 13, Pontevedra.
Acislo

“Acislo” 

13

Venres/Decembro

O 13 de Novembro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova exposición “Acisclo en 66 obras

Localización: Edificio Castelao – Comisaria: Beatriz de San Ildefonso

Do 13 de Decembro ao 02 de febreiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
conto de Nadal

“Un conto de Nadal” 

14

Sábado/Decembro

Afundación

“UN CONTO DE NADAL, O MUSICAL” chega a PONTEVEDRA! Un espectáculo para toda a familia!

Un espectáculo entrañable cheo de ilusión, esperanza, decorados grandes e coidadísimo vestuario, para envolverte na maxia do Nadal.

Scrooge é un home cobizoso e egoísta que padece unha transformación na súa vida cando foi visitado durante noiteboa polas pantasmas do Nadal pasado, presente e futuro.
Pantasmas que van dende os máis doces ata os máis escuro, pasando polo presente, un espírito moi divertido, que dá un toque cómico á historia. Eles fanlle ver a súa vida dende outra perspectiva e, así, comeza a súa nova vida, axudando máis aos demais, sabendo perdoar e, por suposto, celebrando o Nadal como sempre quixera facelo.

Ás 19:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥