Daisies

“Daisies” 

2

Luns/Marzo

Facultade de Comunicación

Daisies de Vera Chytilová 1966
Dúas mozas novas conclúen, mentres toman o sol en bikini, que “se neste mundo todo está corrompido, estaremos corrompidas nós tamén”. Así se activa o mecanismo que pon en marcha a película: unha tras outra, iranse producindo escenas inconexas nas cales as dúas protagonistas xogan a ser malas coa súa contorna. Enganan a homes maduros para comer @gratuitamente, escriben e debuxan nas paredes da súa casa, improvisan un baile nun cabaret para boicotear o número que está en escena, engolen e esnaquizan os manxares dun banquete preparado para outros. Unha película que rompe toda linealidad narrativa empregando a técnica da colaxe, tanto a nivel visual como auditivo

Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
Galia Blanco

“Galia Blanco” 

2

Luns/Marzo

Pastelería Seara

Obras que celebran o cotián, a natureza e as raíces.

Descubre o traballo de Galia Blanco @galiablanco na nosa nova exposición.

Do 2 de marzo ata
Pastelería Seara, rúa Echegaray 27, Pontevedra
cuarteto Diógenes

“Cuarteto Diógenes” 

2

Luns/Marzo

Sociedad Filarmónica de Pontevedra

Cuarteto Diógenes Stefan Kirpal e Gundula Kirpal (violines), Alba González Becerra (viola) e Stephen Ristau (violonchelo)

Integral dos cuartetos de corda de Beethoven (II)
BEETHOVEN: Cuarteto de cuerda nº 4 en Do menor, op. 18 nº 4
BEETHOVEN: Cuarteto de cuerda nº 11 en Fa menor, op. 95 (”Serioso”)
BEETHOVEN: Cuarteto de cuerda nº 9 en Do mayor, op. 59 nº 3 (”Razumovsky”)

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
El festín de Babette

“El festín de Babette” 

3

Martes/Marzo

Concello de Pontevedra 

Continuamos co festival de cine gastronómico no Mercado de Abastos!

Proxectamos “El festín de Babette”, de Gabriel Axel

Século XIX. Nunha remota aldea de Dinamarca, dominada polo puritanismo, dúas anciás irmás, que permaneceron solteiras, lembran con nostalxia a súa afastada mocidade e a ríxida educación que as obrigou a renunciar á felicidade. A chegada de Babette, que vén de París, fuxindo da guerra civil, cambiará as súas vidas. A forasteira pronto terá ocasión de corresponder á bondade e á calor con que foi acollida. Un premio de lotería permítelle organizar unha opulenta cea cos mellores pratos e viños da gastronomía francesa. Todos os veciños aceptan a invitación, pero póñense previamente de acordo para non dar mostras dunha satisfacción que sería pecaminosa. Pero, aos poucos, nun cerimonial intenso e emotivo, van cedendo aos praceres da cociña francesa

Entrada libre ata completar aforo

Ás 18:30 horas
Mercado de abastos de Pontevedra
Tesis

“Tesis” 

3

Martes/Marzo

Cineclube Belas Artes

Tesis de Aejandro Amenábar 1996
Ángela, estudante de Imaxe, está a preparar unha tese sobre a violencia audiovisual. Como complemento ao seu traballo, o seu director de tese comprométese a buscar na videoteca da facultade material para ela, pero ao día seguinte é achado morto. Ángela coñece a Chema, un compañeiro experto en cinema gore e pornográfico, e a Bosco, un estraño mozo, amigo íntimo dunha nova asasinada nunha snuff movie.
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Vicky Estévez

“Vicky Estévez” 

3

Martes/Marzo

O sofá Violeta

Estou moi ilusionada e agradecida pola invitación que me fixo @montsefajardoperez para sentarme no sofá violeta e falar sobre o meu libriño, as maternidades e inmaternidades. Marabillosa esta iniciativa do clube de lectura feminista para compartir xuntas, cada mes, libros, experiencias, escoita e bo roio. Apuntádevos en apuntate.pontevedra.gal 
Vémonos o 3 de marzo 
Ás 19:00 horas
CIFP A Xunqueira, Pontevedra
as uvas da ira

“As uvas da ira” 

3

Martes/Marzo

Cineclube

AS UVAS DA IRA. The Grapes of Wrath
John Ford, 1940, EUA, 129 min. Lingua orixinal: inglés

Tom Joad (Henry Fonda) regresa ao seu fogar tras cumprir condena na prisión, pero a ilusión de reatoparse cos seus transfórmase en frustración ao ver como son expulsados das súas terras. Para fuxir da fame e a pobreza, a familia non ten máis remedio que emprender unha longuísima viaxe chea de penalidades coa esperanza de atopar unha oportunidade en California, a terra prometida.
Oscar á mellor dirección e actriz secundaria en 1940

Ás 20:30 horas
Teatro Principal de Pontevedra
las lineas discontinuas

“As liñas discontinuas”

4

Mércores/Marzo

Facultade de Comunicación

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da XV Máster Class Audiovisual Galego Augal, que este centro promove co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Deputación de Pontevedra. Dedicada ao filme As liñas descontinuas, a súa proxección verase complementada por un coloquio coa súa directora, Anxos Fazáns, a da produtora Silvia Fuentes.

Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra
Un abrigo propio

“Un abrigo propio”

4

Mércores/Marzo

Universidade de Vigo

Con motivo do Día da Muller, creamos esta exposición chamada “Un Abrigo Propio”, inspirada no libro “Un cuarto propio” de Virginia Woolf. Desde este mércores, 4 de marzo, estades todos convidados a partir das 17:00 a ver as obras expostas. A exposición estará aberta ata o día 18 de marzo.
Esta exposición é posible grazas ás seguintes artistas: Ana Piñeiro, Aroa González, Creep, Dana Latorraca, Guadalupe Díez, Lorena Añón, Marina Saavedra, Mencía Fana, Noa Fontán, Nila, Paula Romay, Rain Ramos, Sara Ricoy, Sofía Sarabia e Victoria Rodríguez.

Ás 17:00 horas
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
cultura contra la barbarie

“Cultura contra la barbarie” 

4

Mércores/Marzo

Pallasos en Rebeldia

Pallasos en Rebeldía convoca á cidadanía de Pontevedra a Cultura contra a Barbarie, Gala Artística por Palestina, que terá lugar o mércores 4 de marzo, a partir das 20.00h, no Teatro Principal, coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Pallasos en Rebeldía é un espazo artístico de solidariedade internacional e fraternidade entre os pobos a través das artes escénicas e sobre a base de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras. A presente gala, na que participarán diversas artistas galegas dos ámbitos da música, maxia, teatro e narración oral, busca a participación activa da sociedade, non só para recadar fondos, senón para pór en valor a importancia da cultura como motor de transformación social e como altofalante para a causa do pobo palestino, sobre a que cómpre manter a información, a atención e, sobre todo, a nosa solidariedade.

Todos os fondos recadados nesta gala destinaranse a financiar as accións artísticas e humanitarias da entidade en territorio palestino. Un evento que mestura o compromiso e a arte, cun elenco composto por algúns dos grandes nomes da escena galega e que encherá  o escenario do Teatro Principal de risas por un mundo mellor.

Ás 20:00 horas
Teatro Principal Pontevedra
Faladoiro feminista

“Faladoiro intercultural” 

5

Xoves/Marzo

Boa vida

Cada muller ten consigo unha historia, un país, unha cultura, unha loita e unha fortaleza… …Porque cando unha muller fala, moitas senten acompañadas Este xoves 05 de marzo desde Boa Vida organizamos un encontro próximo, humano e intercultural onde cada voz conta… Por suposto, tamén a túa.

Anótate e acompáñanos 698 124 762

Ás 18:00 horas
Boa Vida, rúa Echegaray 10, Pontevedra
II Edición “El papel de las mujeres en el mundo actual: La Política Exterior Feminista y el Pacto del futuro”

“La politica exterior feminista” 

5

Xoves/Marzo

UNED

Nun contexto internacional cada vez máis interconectado e en transformación, a Política Exterior Feminista (PEF) converteuse nun enfoque crave para repensar as relacións internacionais desde unha perspectiva de igualdade, dereitos humanos e xustiza global. Países como Suecia, Canadá, España ou México adoptaron esta visión co obxectivo de promover políticas que integren a igualdade de xénero nas súas estratexias diplomáticas, de cooperación e seguridade.

Co propósito de analizar esta evolución e as súas implicacións no Pacto do Futuro de Nacións Unidas, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) organiza un curso e programa de tv por internet, reunindo a institucións e expertas para reflexionar sobre a historia, os desafíos e as oportunidades da PEF en distintos contextos xeopolíticos.

Proxecto financiado grazas á convocatoria 2025 de proxectos da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais en Dereitos Humanos

De 18:00 a 20:30 horas
Centro Asociado UNED Pontevedra
Jesús Núñez Villaverde

“Jesús Núñez Villaverde” 

5

Xoves/Marzo

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “O mundo baixo o impacto de Trump: unha visión desde a Unión Europea” impartida polo economista Jesús Núñez Villaverde, dentro do ciclo Tambores de Guerra.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 5 de marzo ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Biblioteca do IES Valle Inclán, Pontevedra
Pontevedra debuxada

“Pontevedra debuxada” 

5

Xoves/Marzo

Concello de Pontevedra

A sala de exposicións da sede da Vicerreitoría acolle a inauguración da exposición do proxecto Pontevedra Debuxada, impulsado polo Concello de Pontevedra e Taller Abierto, coa colaboración das docentes da Universidade de Vigo Begoña Paz, Iciar Ezquieta e María Covadonga Barreiro.

Organizada por estas tres profesoras das facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Belas Artes, a exposición afonda na metodoloxía de traballo que fixo posible a reinterpretación artística do rueiro de Pontevedra a través das miradas e estilos das ilustradoras Natalia Umpiérrez, Aida Alonso e Paula Chesire, que realizaron tres mapas ilustrados da cidade, no que ofrecen unha lectura persoal de Pontevedra.

A exposición poderá visitarse ata o 26 de marzo na Casa das Campás.  

Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
cata riberas

“Cata de Riberas del Duero” 

5

Xoves/Marzo

Mímate

Abrimos inscricións! 𝗖𝗔𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗥𝗜𝗕𝗘𝗥𝗔𝗦 𝗗𝗘𝗟 𝗗𝗨𝗘𝗥𝗢 de marzo.

Xoves 5 de marzo. 20.30. 35€/persoa.

Importante facer a reserva antes do día do evento. Prazas limitadas. Inclúe picoteo ao final da cata.

Onde reservar: Na propia tenda. 685 487 498 Por privado.

Da man de Jacobo Rivas. Non perdas esta experiencia!

Ás 20:30 horas
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra
Cando falo do corpo

“Cando falo de corpo

5

Xoves/Marzo

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Cando falo de corpo, que reúne as obras de 17 artistas galegos, conectadas pola idea de corporalidade. Coa investigadora e egresada da Facultade de Belas Artes Cora Novoa como comisaria, esta exposición busca promover un achegamento a prácticas diversas que comparten unha atención común ao corpo como lugar de experiencia, arquivo vivo e medio de relación.  

Na mostra preséntanse as creacións de Pablo Agma, Raquel Álvarez, Eva Antelo, Ángel Arias, Lara Castro, Noa Castro, Álvaro Chior, Lois Cid, Andrea Davila, Carlos Fer, Adrián G. Salgueiro, Ana Gesto, Marina González Guerreiro, Uxía González, Alba Mantilla, Mourae e Taro. Poderá visitarse ata o 24 de abril, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.

Do 5 de marzo ao 24 de Abril
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Tromso

“TROMSØ” 

5

Xoves/Marzo

Concello de Pontevedra

Ponte Teatro TROMSØ Morraoconto

Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Aférrase ao corazón apagando para sempre parte da súa luz. Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

Autoría: Rafa Martínez. Dirección: Rafa Martínez e Esther LatorreElenco: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga, Julia Ammerman e Lucía Iglesias.

Duración: 80 min

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
obradoiro de poda

“Obradoiro de poda

6

Venres/Marzo

Boa Vida
Obradoiro de poda na horta comunitaria de Salcedo
Actividade gratuita
Chama a 698 124 762
De 15:30 a 18:30 horas
Horta comunitaria de Salcedo, Pontevedra
Manel Loureiro

“Manel Loureiro” 

6

Venres/Marzo

UNED

Conferencia de Manel Loureiro: “Donde nacen as historias: O camiño para escribir un libro (o un guión) e non morrer no intento”

Actividade gratuita, é preciso matricularse

De 18:00 a 21:00 horas
Centro Asociado UNED Pontevedra
Encontros poéticos

“Idades na memoria” 

6

Venres/Marzo

Concello de Pontevedra

Vémonos o próximo 6 de marzo para unha palestra moi interesante.
Con saber, experiencias, poesía e música.

Ás 18:30 na casa da luz na praza da verdura en Pontevedra

 Ás 18:30 horas
Casa da Luz, praza da verdura, Pontevedra
Antón Baamonde

“Antón Baamonde” 

6

Venres/Marzo

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Agora non é antes do ensaísta Antón Baamonde, editado pola Editorial Galaxia.

O acto, no que participarán Xosé Hermida (xornalista de El País), Teresa Táboas (arquitecta e vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura) e Antón Baamonde (profesor de filosofía e ensaísta), terá lugar o vindeiro venres 6 de marzo ás 19:00 horas, na área acristalada do Edificio Castelaodo Museo de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Alcarrás

“Alcarrás” 

6

Venres/Marzo

Novos cinemas

𝐓𝐑𝐈𝐋𝐎𝐗𝐈́𝐀 𝐃𝐀 𝐕𝐈𝐃𝐀. 
Despois de concederlle o 𝐈 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚𝐭𝐨𝐠𝐫𝐚𝐟𝐢́𝐚 𝐍𝐨𝐯𝐨𝐬 𝐂𝐢𝐧𝐞𝐦𝐚𝐬 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐯𝐞𝐝𝐫𝐚 a @carlasimonpipo , tiñámolo claro: había que voltar ás súas películas. Así naceu Triloxía da vida, un percorrido polas tres longametraxes da cineasta.
Seguimos co ciclo coa segunda parada:
 𝐀𝐥𝐜𝐚𝐫𝐫𝐚̀𝐬
Oso de Ouro na Festival Internacional de Cine de Berlín
Un verán, unha familia, unha terra que pode desaparecer.
Entrada gratuíta

Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
anatomia da luz

“Anatomía da luz”

6

Venres/Marzo

Nosa Enerxía, Sociedade cooperativa Galega

Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega
Nesta sexta-feira estaremos no Centro Social A Pedreira, de Pontevedra, para resolver as dúvidas sobre a factura da luz. Agardámos-te
Ás 20:00 horas
C.S A Pedreira rúa Serra 36, Pontevedra
Gustavo Almeida

“Gustavo Almeida” 

6

Venres/Marzo

Galería de arte Tangram

Huele a 6 de marzo Concierto + degustación 

Viernes 6 de marzo 20:30h Galería de Arte Tangram (@galeria.tangram 
(Rosalía De Castro, 32 – Pontevedra)

 Música en vivo + Degustación exclusiva de @thewineofthechampionsworld de la bodega @fabio_cordella

 Aviso: El aforo es súper reducido (solo 50 personas) como en salón de casa 

ENTRADAS EN EL LINK DE LA BIO (O mándame un mensaje directo y te lo explico).

Ás 20:30 horas
Galería Tangram, Pontevedra
Salón do libro

“Salón do libro” 

6

Venres/Marzo

Concello de Pontevedra

edición número 27 do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará entre os días 6 e 22 de marzo de 2026, contará con Palestina como país invitado e centrará a súa temática na relación entre a literatura e a música.

De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.

Sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas

Programa

 Do 6 ao 22 de Marzo
Pazo da Cultura de Pontevedra
Clutch de piel

“Clutch de pel” 

7

Sábado/Marzo

Kurinuki

Workshop Clutch de pel Data: 07/03 Hora: 10:30h (ata 3 horas) Prezo: 85€ por persoa

Neste workshop contamos coa artesá @ceciliafurlan e no poderás crear o teu propio clutch de pel, elixindo entre dous modelos e axustándoo ao teu estilo (cor da pel, longo de asas…). Non necesitas experiencia previa: Cecilia acompáñavos paso a paso para que gocedes do proceso e levédesvos unha peza feita única e lista para usar. Información e reservas na nosa páxina web (link en bio)

Ás 10:30 horas
Kurinuki, Praza de España 1, 1º Pontevedra
Elvira Jardón

“Elvira Jardón” 

7

Sábado/Marzo

Libraría Paz

@elvira_jardon presenta o seu novo poemario editado por @editorial_cuadranta
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
cata de vermús

“Cata de Vermús” 

7

Sábado/Marzo

Tábula Rasa

Cata de Vermús da mande Jacobo Rivas en Tábula Rasa.
Bulide que as prazas son limitadas.
Prezo 35 Euros Cata máis tapeo
Anótate 635 282 020/ 986 104683
Ás 12:30 horas
Tábula Rasa, rúa Marquesa, Pontevedra
A máquina de meter medo

“A máquina de meter medo” 

7

Sábado/Marzo

Ponteverde

O sábado 7 ás 13:00 horas concerto A máquina de meter medo (dúo zanfonas+electrónico).
Taquilla inversa
Ás 13:00 horas
Ponteveerde, Pontevedra
taller creativo

“Taller creativo” 

7

Sábado/Marzo

Los ojos de ruperta

Sábado de Mans a obra en Pontevedra! Tes ganas de crear algo novo pero non sabes por onde empezar?

Convídoche a un taller onde a colaxe, o debuxo e as palabras mestúranse para dar forma ás túas ideas. Serán 3 hs para ti, para experimentar sen presións e en comunidade na fermosa Galería Tangram.

Todo incluído: Temos todos os materiais preparados. Multidisciplinar: Debuxo, pintura, colaxe e escritura. Non te quedes fose! As prazas son limitadas. Envíame un DM ou fai clic no link da miña biografía para reservar a túa praza para este 07/03. Dúbidas? Escribime! Vémonos pronto! Prezo:30 € (Incluye materiais)

De 17.00 a 20:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra
Michael Legacy

“Michael’s Legacy`s”

7

Sábado/Marzo

Sede Afundación

O ESPECTÁCULO

Michael’s Legacy, avalado polo Fan Club de Michael Jackson en España como o mellor espectáculo musical totalmente en directo, sobre O Rei do Pop na actualidade, é unha homenaxe a Michael Jackson, creado pola Jackson Dance Company.

Michael’s Legacy é a primeira homenaxe a Michael Jackson que ofrece o concepto de espectáculo que o rei do pop tiña nas súas xiras, con voces e música en directo. Michael’s Legacy é un espectáculo axeitado para todas as idades, onde podes gozar dunha escenografía moi coidada, con réplicas exactas do cancións orixinais e un toque especial dado pola compañía nas súas actuacións, cun gran corpo baile formado por 8 bailaríns, unha banda incrible de 4 músicos e voces en directo, que nos transmitirán o perfección as mensaxes que nos enviou o rei do pop chegan a cada unha das súas actuacións, facéndote vivir unha historia incrible coma se foses o protagonista.

 Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
Pontejazz

“Zé Pedro Coelho& SPJ Group”

7

Sábado/Marzo

Concello de Pontevedra

Zé Pedro Coelho (1984) é músico, saxofonista e ten unha licenciatura en Interpretación pola Escola de Música e Artes Escénicas do Porto. É membro da Orquestra de Jazz de Matosinhos desde 2003. Actualmente ten máis de trinta traballos discográficos, entre os que se inclúen “Clepsydra” e “Passarola Voadora” como director; e “Ensemble Super Moderne”, “Do Nada e Das Coisas Celestes”, “Wiz” e “Mosaico” como colíder.

Zé Pedro Coelho: saxo tenor

Luis Felipe Fernández: saxo alto

Abe Rábade: piano

Pablo Patiño: contrabaixo

Alberto López: batería

 Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
market

“Makers Market”

8

Domingo/Marzo

Galería Tangram

A primavera vén forte no próximo Makers Market o 8 de marzo!

Cousas bonitas feitas a man, música, bo ambiente e ese planazo que estabas a esperar para saír e gozar

A partir das 17:00 h temos taller de pintura de macetas Para todas as idades, para vir con amigas, en familia ou en modo creativo total Lévasche a túa maceta personalizada por só 6€.

Con inscrición previa (que as prazas voan!). Haberá aperitivos para picar algo rico mentres paseas entre postos E zona de xogo para crianzas, para que peques e maiores gocen por igual. Un plan bonito, relaxado e cheo de boa vibra para celebrar que marzo xa cheira a primavera Vésche?

 De 11:00 a 21:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra
Dunia

“Dunia e o eco do tambor”

8

Domingo/Marzo

Salón do libro

Domingo 8 / DUNIA E O ECO DO TAMBOR
Dunia e os seus avós instálanse no Canadá logo de fuxiren de Siria. Malia ser frío, o novo país convértese en casa de acollida onde atoparán unha nova lingua, comidas descoñecidas e un clima que non viviran antes. Dunia descobre a beleza da multiculturalidade ao tempo que fai novas amizades. A través da súa relación con Rosalie e Miguizou, verase arrastrada ao fascinante mundo da música e o seu poder para transformar e iluminar a súa nova vida.
 Ás 12:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Miscelanea

“Daniel Domínguez” 

27

Venres/Febreiro

Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra abre ao público o próximo venres 27 de febreiro a exposición “Miscelánea”, do pintor Daniel Domínguez. Na mostra, que se poderá visitar no Palacete das Mendoza durante dúas semanas (ata o 15 de marzo), o artista aposta por unha gran diversidade de estilos nos seus cadros, que beben de correntes das vangardas históricas como o cubismo, o impresionismo e a abstracción.

Pode visitarse ata o 15 de marzo no horario habitual da sede de Turismo Rías Baixas: de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas, os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e os domingos de 10:00 a 14:00 horas.

Do 27 de Febreiro ao 15 de Marzo
Palacete das Mendoza, Pontevedra
Jacinto Cajete

“Jacinto Cajete e Eulogio Tordesillas” 

23

Luns/Febreiro

Liceo Casino

Do 23 de febreiro ao 8 de marzo Exposición de Jacinto Cajete e Eulogio Tordesillas. Unha mostra que reúne paisaxes, bodegóns e obras sobre papel realizadas por ambos os artistas. A inauguración terá lugar o 2 de marzo ás 19:00 horas, e incluirá a presentación do libro “Memoria de Cans e Serpes”, do autor Luis Alberto García González ás 19:30 h. A entrada será libre ata completar aforo. 

Do 23 de febreiro ao 8 de marzo
Liceo Casino, Pontevedra
Ana Vidal

Ana Vidal

14

Sábado/Febreiro

C.S. A Pedreira

A exposiçom “𝐏𝐫𝐢́𝐧𝐜𝐢𝐩𝐞” exibe o álbum ilustrado, do mesmo título, de 𝐀𝐧𝐚 𝐕𝐢𝐝𝐚𝐥. Um conto feminista dentro das atividades para o 𝟖𝐌 no centro social 𝐀 𝐏𝐞𝐝𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚.

Ana Vidal, licenciada em Belas Artes como artista gráfica e docente, escreveu sempre e debuxou sempre, mas nunca junto, até que recentemente, como consequência dessas surpresas que trae a maternidade, começárom primeiro os contos e depois os desenhos… e por isso nomeou os seus trabalhos como “𝐂𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐌𝐚𝐭𝐞𝐨”.

Do 14 de Febreiro ao 30 de marzo
C.S. A Pedreira, Pontevedra
San Sebastian

“San Sebastián” 

30

Venres/Xaneiro

Museo de Pontevedra

Exposición: O mito de San Sebastián. Unha exposición ideada por X.M. Buxán Bran. “San Sebastián, corpo de beleza e dor. Unha paixón privada”. (No Museo de Pontevedra. Do 30 de xaneiro ao 5 de abril).
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Debuxar coa luz

“Debuxar coa Luz” 

19

Venres/Decembro

Museo de Pontevedra

O próximo venres 19 de decembro ás 19:00 h inauguramos nova expo: ‘Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século XIX’.
Unha exposición que pon o foco naqueles que nos primeiros anos da fotografía construíron a memoria visual da cidade.
Do daguerrotipo á revista ilustrada, pasando pola ‘carte de visite’, a paisaxe urbana, o rexistro patrimonial e a fotografía científica, os fotógrafos que traballaron na Pontevedra do século XIX foron testemuñas e protagonistas da súa transformación.
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Ponteverde

“Carlos Bravo” 

17

Venres/Decembro

Carlos Bravo

Exposición de Carlos Bravo na tenda Ponteverde
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
Exposición na Fonda

“Cronofitti” 

17

Mércores/Decembro

Mambo Gallery

Exposición de Mambo Gallery no restaurante La Fonda Cronofitty
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
Expo n fundación Moldes

“Moldes dende a figura” 

11

Xoves/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Inauguración da exposición “Moldes dende a figura” o xoves 11 de Decembro ás 19:00 horas na sede da Fundación na rúa Benito Corbal 47.
Poderase visitar Xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas e sábado de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
Bicos de cine

“Bicos de cine” 

3

Mércores/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Pontevedra abraza a sétima arte! Novos Cinemas, Premios Feroz… e tamén “Bicos de Cine”.

A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra 
A Bela Otero

“A Bela Otero” 

4

Martes/Novembro

UNED

A Bela Otero
So dicir que houbo quen asegurou que ca súa influencia poderíase evitar a I guerra mundial e que ela foi: A Belle Epoque.
Exposición obra de Miguel Angel Martínez Coello
Do 4 de Novembro a Abril 2026
UNED, Pontevedra 

Proximamente

versos a dúas voces

“III Versos a dúas voces” 

14

Sábado/Marzo

devellabella

II Mostra poética Versos a dúas voces. que terá lugar o sábado 14 de marzo de 2026 ás 12:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, sumándose á celebración do Día Mundial da Poesía.

Versos a dúas voces é un encontro literario no que autoras e autores comparten escenario en parella para recitar, declamar ou poñer en escena un poema —propio ou creado para a ocasión— nun formato dinámico que favorece o diálogo poético e a complicidade artística.

O acto contará tamén cunha actuación de música tradicional galega.

A entrada será libre ata completar aforo

Ás 12:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Leucoiña

“Brais González” 

23

Luns/Marzo

Sociedade Coral Polifónca de Pontevedra

Presentamos un dos proxectos máis especiais deste ano do noso centenario.
O vindeiro 23 de marzo de 2026, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra estreará “Leucoíña. O canto das augas“, unha cantata composta por Brais González especialmente para a nosa coral, que interpretaremos xunto coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra.
Unha nova creación musical inspirada na memoria, no mar e na historia da nosa cidade, que comeza o seu camiño cara ao escenario.

Ás ….. horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥