“Mulleres de palabra(s)”
2,9,16
Luns/Xuño
Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o próximo mes de xuño o primeiro obradoiro de narrativa enmarcado no programa Mulleres de Palabra(s) do Ateneo pola Igualdade. A acción leva o título de “O persoal é literatura. O uso da primeira persoa na escritura das mulleres”, será impartida pola xornalista e escritora Diana López Varela e contará con tres sesións, os luns 2, 9 e 16 de xuño en horario de 19:00 a 20:30 horas no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra. O taller conta con 20 prazas e as inscricións poden realizarse a través do correo electrónico participa.igualdade@depo.es.
De 19:00 a 20:30 horas
Salón de actos da Deputación de Pontevedra.
“Filla das ondas”
2
Luns/Xuño
Kalandraka
As rúas e as prazas da zona monumental, as fontes e os escudos heráldicos, algúns dos recunchos máis emblemáticos e das edificacións históricas máis senlleiras… As abraiantes arquitecturas representadas por Xosé Cobas -cun minucioso estudo da luz, das texturas, do cromatismo terroso das imaxes- cobran vida diante dos nosos ollos nesta privilexiada ubicación, en pleno corazón da Boa Vila.
Do 2 ao 27 de xuño
Espazo Nemonón, Praza da Ferrería 1, Pontevedra.
“Educar saudablemente”
2
Luns/Xuño
Ás 19:30 horas
Sala Valdecorvos, casa Azul Sor Lucía 4, Pontevedra.
“Rosa Gamero Arévalo”
2
Luns/Xuño
Liceo Casino
O luns 2 de xuño ás 20:00 horas no Salón nobre do Liceo Casino Pontevedra Carmen Gago Florenti e Ana Julia Martínez Fariña presentarannos o poemario ‘Os grilos xa non cantan no verán‘ de Rosa Gamero Arévalo. Entrada libre
Ás 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“Sociedad coral polifónica”
2
Luns/Xuño
Sociedad filarmónica de Pontevedra
Concerto homenaxe á Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra con motivo do centenario da súa fundación.
Directora: Nannette Sánchez Ordaz
Obras representativas de Polifonía dos séculos XV e XVI, cancións populares galegas armonizadas por Blanco Porto, Iglesias Vilarelle, Agustín Bertomeu, José A. Sánchez (Pachú) e José Verea, e outras obras contemporáneas de polifonía de Josu Elberdin, Xabier Sarasola o Giner Vidal, entre outros.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Música tradicional”
2
Luns/Xuño
Universidade de Vigo
Concerto
Actuación da aula de música tradicional do campus de Pontevedra
Ás 20:30 horas
Praza da verdura, Pontevedra
“Salvaxe, Salvaxe”
3
Martes/Xuño
Cineclube
Despedimos a programación da tempada coa proxección de Salvaxe, salvaxe (2024) o vindeiro martes, 3 de xuño. Un filme-rastrexo tras imaxes e ausencias do lobo ibérico nos montes de Galicia e o norte de Portugal, dirixido por Emilio Fonseca; un anti-documental de natureza producido por Walkie Talkie Films de maneira sostible, vegana e ecofeminista, que é tamén un convite a reflexionarmos sobre o que significa filmar a vida salvaxe, a cuestionármonos a maneira en que entendemos e tratamos a vida non humana; unha experiencia inmersiva e respectuosa no universo (tamén audible) que habita o lobo ibérico. Non vola perdades!
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Ecoloxía e politica”
3
Martes/Xuño
AEET
No marco das actividades do XVII Congreso da Asociación Española de Ecoloxía Terrrestre (AEET) e terceira reunión da Sociedade Ibérica de Ecoloxía (Sibecol), a Comisión de Ecoloxía e Política da AEET organiza o debate Ecoloxía e política, aberto a toda a cidadanía. Este coloquio, que busca dar o protagonismo ás opinións das e dos participantes, ten como punto de partida a pregunta de se debe a ecoloxía posicionarse sober cuestións concretas que forman parte do debate público e que a incumben como ciencia.
A actividade levarase a cabo ao aire libre, na illa do Covo. ás 19:00 horas
Ás 19:00 horas
Illa do Covo, Pontevedra
“Rutas saudables”
4
Mércores/Xuño
AECC Pontevedra
Sexta edición do programa Rutas Saudables en Pontevedra, en colaboración co Concello de Pontevedra. Desde que esta iniciativa botase a andar non ano 2021, ou seu éxito foise afianzando entre a poboación pontevedresa. A actividade é gratuíta, ten prazas limitadas e está dirixida á poboación en xeral que teña unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables
Haberá 2 grupos: os mércores, ás 10:00 e ás 17:00 horas
Haberá un total de 6 itinerarios, de aproximadamente 5 km., e cunha duración aproximada dunha hora e media. Todos eles con saída desde a fonte central dá Praza de Galicia e sempre guiadas por un voluntari@. Se queres inscribirche, chámanos ao noso teléfono gratuíto e 24 hrs. 900 100 036 ou na nosa sede en Eduardo Pondal, 64A, baixo.
Ás 10:00 e ás 17:00 horas
AECC Eduardo Pondal, 64A, baixo, Pontevedra
“Camiñadas con Castelao”
4
Mércores/Xuño
Concello de Pontevedra
Presentación da reedición do caderno “Meu Pontevedra. Camiñadas con Castelao“, unha publicación que recupera a memoria do ilustre galeguista na súa relación coa capital do Lérez.
A nova edición deste caderno, que conta con ilustracións de Ana Seoane e texto de Roberto Rivas, será presentada polo concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez.
Ao finalizar o acto de presentación, o propio Roberto Rivas guiará un percorrido polas rúas pontevedresas que foron testemuñas da vida e obra de Castelao
Ás 18:30 horas
Café Moderno, Pontevedra
“Jesús Mª Barreal”
4
Mércores/Xuño
Liceo Casino
O 4 de xuño ás 19:00 horas o Salón Nobre acolleremos a Presentación do libro ‘Pel de servizo‘ de Jesús Mª Barreal Écija. Entrada libre Aforo limitado.
Ás 19:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“Marcos Giralt Torrente”
4
Mércores/Xuño
Cronopios
Ás 20:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra.
“Cata de Viños”
4
Mércores/Xuño
Mímate
Un proxecto con moito que dicir, e que dará moito que falar. Adega Golpe a Golpe. A interpretación das Rías Baixas en todo o seu potencial elaborador.
Cataremos espumosos, viños tranquilos, doces… todos eles KM 0.
*Inclúe cea degustación.
Prezo: Reserva necesaria – 30€/por persona.
Onde fago a reserva? Por privado: Formalizarase unha vez feito o pago na tenda ou por BIZUM 685487498
Reservas abertas ata o 3 de xuño!
Ás 20:30 horas
Mímate Rúa Real 13 Pontevedra.
“Hitler vs Picasso e outros artistas modernos”
5
Xoves/Xuño
Deputación de Pontevedra
Hitler contro Picasso e gli altri (Hitler vs. Picasso e outros artistas modernos, Italia, Francia e Alemaña I 2018 I 94’ I Cor)
Dirección: Claudio Poli. Guión: Sabina Fedeli, Arianna Marelli e Didi Gnocchi (historia). Fotografía: Marco Alfieri e Mateusz Stolecki. Montaxe: Claudio Poli. Son: Paolo Piccardo e Tommaso Zerbini. Música: Remo Anzovini. Dirección de arte: Michele Mally. Elenco: Toni Servillo, Timothy Garton Ash, Jean-Marc Dreyfus, Edgar Feuchtwanger, Simon Goodman, Berthold Hin e Meike Hoffmann. Produción: Veronica Bottanelli.
1937. O aparato nazi planea e executa o seu ataque contra unha arte que cualifica como “dexenerada”. A obra de mestres coma Picasso, Matisse, Chagall, Monet e outros é expropiada con fins supostamente “profilácticos”.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
“Sentir y consentir”
5,19
Xoves/Xuño
Únete ao noso programa de xuño en Cambiar Xuntas coa nosa invitada especial Noemí Rodríguez, tamén coñecida como @presenza.de.luz . Podes conseguir o pase mensual e participar en ambos os talleres, que están conectados entre si, ou vir só a un dos dous e comprar a entrada individual (se traes a unha amiga, aforrádesvos 15 euros entre as dúas!).
Entradas a partir de 34 Euro.
Apúntate ata o 4 de Xuño e asegura o teu pase mensual!
Reservas en: www.speakwithcharlotte.com/cambiarjuntas
De 20:15 a 22:00 horas
galería TANGRAM, C/Rosalía de Castro 32, Pontevedra.
“Desconcerto”
5
Xoves/Xuño
Concerto dentro das actividades do III meeting of the Iberian Ecological Society (SIBECOL)
Despois de diversos proxectos aferrados sempre ó matro das súas guitarras, Óscar Lope e Valentín Dacova acaban formando DESCONCERTO. Versións atípicas mestúranse con clásicos de todos os tempos nun repertorio tan extenso como variopinto.
Interactuar co público e pasalo ben son os dous dos obxectivos principais.
Ás 22:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra.
“Patricia Calveiro e Noelia Míguez”
6
Venres/Xuño
Convidámosche a unha tarde íntima de lectura e coloquio con Noelia Míguez e Patricia Calveiro, autoras de “Ocho señales, cuestión de vida o muerte”. Unha conversación honesta sobre violencia de xénero, psicoloxía, medos, vitorias e relatos de vida.
Prazas limitadas: só 20 asistentes. Inscrición
De 18:00 a 20:00 horas
Librería Nobel, Cobian Roffignac 4, Pontevedra
“César Portela”
6
Venres/Xuño
COAG
O Colexio de Arquitectos de Galicia e a Delegación de Pontevedra comprácense en convidarvos á presentación do libro Mis casas do arquitecto César Portela,un volume que nos ofrece un percorrido íntimo polas vivendas unifamiliares proxectadas polo autor ao longo da súa dilatada traxectoria profesional, moitas delas deseñadas para amigos, ou clientes que co tempo se converteron en amigos.
O acto estará presentado por Anselmo Villanueva, presidente da Delegación de Pontevedra, e contará coa intervención de Antonio Barrionuevo e Jesús Llamazares, arquitectos, e Xosé Fortes, historiador, todos eles amigos persoais do autor. Por último, intervirá o propio César Portela, quen compartirá detalles e anécdotas das obras máis significativas.
O acto é de asistencia libre, ata completar aforo. En caso de estar interesado/a en asistir, será preciso solicitar a asistencia cubrindo o seguinte FORMULARIO
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Día dos arquivos”
6
Venres/Xuño
COAG
O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra organiza este venres un programa de actividades co gaio do Día Internacional dos Arquivos.
Será unha xornada de portas abertas que ás 12.00 horas inclúe unha visita guiada e mostra de documentos “Imos á escola: un percorrido pola historia do ensino na provincia de Pontevedra”.
Ás 19:00 horas será a conferencia, con asistencia presencial e emisión en directo en Youtube, “Cultivando letras, tecendo saberes e navegando entre historias. A educación en Galicia (séculos XVII-XIX)”, impartida por Ana María Sixto Barcia, profesora de Historia Moderna da Universidade de León.
A velada musical virá da man de Pauliña, cantautora galega que mistura o country co folk, rock e blues.
Ás 12:00 e ás 19:00 horas
Arquivo Histórico Provincial, Paseo de Colón 8-10, Pontevedra
“Exposición de poesía e pintura”
6
Venres/Xuño
Liceo Casino
Exposición de poesía e pintura de Tina Otero, Isabel Ramírez e Manuel Muñoz.
Nodo Resonante, instante que vibra e conecta Cocreando.
Do 6 ao 20 de xuño no Liceo Casino
Do 6 ao 20 de Xuño
Liceo Casino de Pontevedra
“Elena Gallego Abad”
6
Venres/Xuño
Libraría Paz
Presentación do libro Ata que a morte nos separe de Elena Gallego Abad. A autora conversará con Xabier Fortes.
Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“El rey que fue”
6
Venres/Xuño
Sede Afundación
EL REY QUE FUE. JOGLARS
Esta obra expón sonre a escena a personalidade do noso rei emérito nun momento concreto da súa vida. Unha vida, a súa, que os grandes dramaturgos do pasado non terían reprimido o poder de convertelo, segundo os seus estilos, en traxedia ou en comedia. Iso digo imaxinando a Shakespeare, pero tamén a Molière, a Lope e por suposto, a Valle Inclán.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación, Pontevedra.
“Finisterre”
6
Venres/Xuño
C.S. A Pedreira
Noite de cine e pizza. “Finisterre, onde remata o mundo” de Xavier Villaverde. 94′
Berto e Mario son dous irmáns nados na Costa da Morte de Galicia, onde os seus pais instaláronse a finais dos anos 60. Cando Mario era aínda un neno, o seu pai abandonounos. Os dous raparigos crecen coa idea de que algún día reuniranse con el. Berto prométello ao seu irmán. Pero un día, Berto tamén desaparece. Seis anos despois reencóntranse en Madrid. Berto está disposto a cumprir a súa promesa: levar a Mario xunto ao seu pai.
Ás 21:00 horas
A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra.
“As da casa”
7
Sábado/Xuño
As da casa, música tradicional galega, o sábado 7 de xuño en Ponte Verde na rúa gorgullón 33 ás 13:30 horas.
Ás 13:30 horas
Ponte Verde, Gorgullón 33, Pontevedra
“Baila na rúa”
7
Sábado/Xuño
Clase aberta de Lindy Hop e baile social o sábado 7 de xuño na praza da verdura fronte á casa da luz.
Taquilla inversa, ao final da clase fai unha aportación solidaria para as profes.
De 20:00 a 22:00 horas
Praza da verdura Pontevedra
“Curtametraxes”
7
Sábado/Xuño
Liceo Mutante
A tarde do sábado 7 de xuño estará con nós o artista multidisciplinar EMILIEN LEROY. Afincado en Dunkerque, Milo pasou do violín ao punk, pero no camiño quedou fascinado polos portos industriais, o que o levou a viaxar na procura da balea branca mecanizada e crear as obras que veremos no Liceo. Vén presentar unha serie de curtametraxes que se moven entre o experimental, o documental e a creación sonora.
Tamén estará no Liceo a montadora de cinema CAROLINE BEURET, colaboradora de Emilien e coautora dunha das curtametraxes.
Ciencia ficción experimental inanimada. Como se E.T. fixera un filme de Adirley Queirós. Unha curta musical que é tamén unha viaxe industrial de aventuras mecánicas.
Stop motion documental musical. Len Lye perdido entre contedores de mercadorías. Lois Patiño de tripi. Imaxes e sons harmonizados nunha fermosa sinfonía portuaria.
Rotterdam é un drama sonoro en cores e movemento. Unha cámara de vixilancia que recorda as súas vidas pasadas e stalkea por espazos industriais. O filme que lle gustaría ver a Apichatpong. Unha obra que responde a unha pregunta: ¿que soñan as máquinas?
En Guyarat, na India, o Leviatán crea a súa propia música. Emilien estaba alí para rexistralo. Un filme que de(s)constrúe o monstro a través da repetición sonora. O filme máis documental e observacional do ciclo é unha indagación sonora sobre o ritmo do traballo na megamáquina. Unha fascinante experiencia visual e sonora.
Proxección ás 20:30h. Contaremos coa presenza das autoras.
Entrada inversa. Destinada integramente aos artistas.
Ás 20:30 horas
Liceo Mutante, rúa Alfonso XIII, 9. Pontevedra
“Ponteandada do Verdugo”
8
Domingo/Xuño
Concello de Pontevedra e Cedofeita
Ponteandada do Verdugo. Pontesampaio
9:30 quencemento con zumba
Saída ás 10:00 da praia A Xunqueira (Pontesampaio)
Percorrido circular. Dificultade media-baixa. aproximadamente 3 horas
Ás 09:30 horas
Praia A Xunqueira Pontesampaio, Pontevedra
“Castelao en Salcedo”
8
Domingo/Xuño
Concello de Pontevedra e A.V.C. Salcedo Norte
Este ano o noso roteiro teatralizado e musicalizado vén cargado de emocións! Participamos no Ano Castelao, impulsado polo Concello de Pontevedra, onde a veciñanza e o movemento asociativo somos os grandes protagonistas. É un orgullo para nós formar parte desta homenaxe colectiva.
Como cada ano, convidámosvos a camiñar con nós por Salcedo, entre música ao vivo, representacións teatrais, lendas populares, anacos de historia e descubrimentos sorprendentes. Un roteiro cheo de vida e memoria que vos deixará con ganas de máis!
Recomendacións: Traede calzado cómodo e axeitado, temos zonas de monte, e se fai calor, auga e protección solar. A vosa comodidade e benestar son importantes!
Ás 18:00 horas
Praza de San Xosé, Pontevedra
“María de Pontragha e Bleuenn Le Friec”
8
Domingo/Xuño
Sete Falares
Inauguración de Sete Falares. María da Pontragha (Galiza) e Bleuenn Le Friec (Bretaña).
María da Pontragha é narradora oral, tocadora e cantadora do país (Bouba, Sacha na Horta, Lévedo…), e recolledora de saberes e historias.
A palabra falada e cantada nunha manchea: memoria, etnografía, música e, sobre todo emocións. Todo ben axitado e con ritmo e cheiro a terra.
Bleuenn Le Friec é unha arpista bretoa, galega de adopción. Formada en arpa celta e clásica, é con este instrumento que desenvolve hoxe a súa vida musical tanto no ámbito clásico (Real Filharmonía de Galicia, Orquestra del Gran Teatre del Liceu…) como na música de raíz galega (Zumaque, Uxía, Xoán Curiel…).
Público adulto. Entradas 8 € en ataquilla.com
Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Jose Miranda”
31
Sábado/Maio
C.S. A Pedreira
Exposición de Jose Miranda “Espaços de preservaçom”
Do 31 de Maio ao 1 de agosto
A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra.
“Jaime Gª Armenteros”
23
Xoves/Maio
Deputación de Pontevedra
En “Detrás de la puerta…” Jaime G. Armenteros mostra unha selección das súas obras, nas que mestura os seus tres estilos de pintura: realismo, a abstracción e o xeometrismo. O interese polo debuxo e a pintura do autor comezou na súa infancia, pero non foi ata o 2012 cando comezou a súa andanza de maneira autodidacta, realizando diferentes cursos de pintura. “Detrás de la puerta…” trátase da súa terceira exposición, despois da celebrada no Casino de Pontevedra no 2023 e na sede de Vigo do Colexio de Médicos en 2024.
Do 23 de maio ao 8 de Xuño
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Rafael Prieto”
19
Luns/Maio
Liceo casino
Do 𝟭𝟵 𝗱𝗲 𝗺𝗮i𝗼 𝗮o 𝟯 𝗱𝗲 xuño de 𝟮𝟬𝟮𝟱 la Sala de Exposicións do Liceo Casino Pontevedra acollerá a mostra pictórica de 𝗥𝗮𝗳𝗮𝗲𝗹 𝗣𝗿𝗶𝗲𝘁𝗼
Horario de luns a sábado de 10:00 a 22:00 h.
Entrada libre.
Do 19 de maio ao 3 de xuño
Liceo casino, Pontevedra
“Dulce presencia”
12
Luns/Maio
Exposición de Patricia Maquieira Franco “Dulce presencia” en Confitería Landín na rúa Michelena.
Do 12 de Maio ao …
Confitería Landín, rúa Michelena, Pontevedra
“A la intemperie”
8
Xoves/Maio
Tábula Rasa
Exposición de Alfonso Sola “A la intemperie” en Tabula rasa rúa Marquesa 4
Do 8 de Maio ao …
Tábula Rasa, Pontevedra
“Arranquismos, parcheados”
4
Venres/Abril
“Arranquismos parcheados e sobreinformación” estará aberta ao público de xoves a sábado en horario de 12:30 a 16:30 e de 19:30 a 00:30.
E os mércores e domingos só en horario de mañá. Proxecto de Mambo Gallery
Do 4 de abril a Setembro 2025
La Fonda rúa Isabel II 6, Pontevedra.
“Camaradas”
28
Venres/Marzo
Fundación Manuel Moldes
A Fundación Manuel Moldes presenta Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia
Do 28 de Marzo a Novembro 2025
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.
“Ruinas de San Domingos”
15
Sábado/ Marzo
Museo de Pontevedra
Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.
Proximamente
“Los caras de cona”
14
Sábado/Xuño
Liceo Casino
O 14 de xuño ás 22:00 horas non pódes perder aos caras de cona en concerto. Este grupo de orixe galega proponnos un repaso ecléctico e sen límites aos referentes de toda unha vida de pop/rock en español, cun combo clásico de dúas guitarras, baixo e batería ao que se suman saxo e percusión para darlles un toque guitarrero. A actuación terá lugar na Sede de Manuel Quiroga. A entrada será libre para os socios. As invitacións para non socios poderanse retirar nas conserxerías do Manuel Quiroga e A Caeira a un prezo de 10 euros ata o mesmo día do concerto. Prazas limitadas!
Ás 22:00 horas
Liceo casino, Manuel Quiroga, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥