Marta Meneses

“Marta Menezes” 

20

Luns/Abril

Sociedad filarmónica de Pontevedra

Marta Menezes é Primeiro Premio do Concurso Beethoven da Royal College of Music de Londres

BEETHOVEN: Quince variacións e fuga para piano en Mi bemol mayor, op. 35 («Heroica»)
BEETHOVEN: Sonata para piano nº 7 en Re mayor, op. 10 nº 3
BEETHOVEN: Sonata para piano nº 30 en Mi mayor, op. 109

Marta Menezes (piano)

É unha das pianistas portuguesas máis destacadas da súa xeración. Os seus recitais exploran o diálogo entre tradición e orixinalidade, a través de propostas que resaltan o matiz, a sutileza e a sensibilidade musical características da súa interpretación. .

Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
Arxila

“Reciclaxe de Arxila” 

20-22

Luns a Mércores/Abril

Facultade de Belas Artes

Apuntate ao taller de reciclaxe de arxila enviandonos unha mensaxe.
Como di o cartel o prezo do taller é de catro doblóns por adquirir o coñecemento de reciclador de arxila e unha pela coa arxila que decidas reciclar.
Os horarios son o 20 21 e 22 de abril. O luns de 14:30 a 16:30 e o martes e o mercores de 14:00 a 16:00.
Esperamos vervos nos talleres 
Curso impartido por: @cdenisdc , @noagr05 e @matiassbarros
Cartel feito por @matiassbarros

Ás 14:30 o luns e ás 14:00 o martes e mércores
Espazo 04 da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
audiovisual galego

“Audiovisual en galego” 

21

Martes/Abril

Facultade de Comunicación

O vindeiro martes 21 ás 11.30h na Aula de cine teremos unha xornada organizada por AGAPI na que imos coñecer a importancia da difusión do audiovisual galego.
Ás 11.30h Marina García, da produtora Sintagma films vainos falar da Produción audiovisual en galego: claves e realidade actual.

Ás 12.30h Daniel Froiz, da produtora Matriuska vai ser o encargado de falar de Circulación e mercados: o audiovisual galego no exterior.
Unha xornada de produción e distribución ben interesante. Non faltes!!

Ás 11:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
carlos velo

“Carlos Velo” 

21

Martes/Abril

Facultade de Comunicación

O Martes 21 de abril ás 11:45h na Planta baixa da @fcom.uvigo presentación do libro de fotografías Carlos Velo. A volta a Cartelle.

Oganizado por Anna Amorós, contará ca presenza de Miguel Anxo Fernández, escritor e crítico de cine; Xosé Enrique Acuña, editor e xornalista; Jorge Lens, docente e fotógrafo.

Ás 11:45 horas
No recinto da entrada da Facultade de Comunicación, Pontevedra
María Pellisé

“María Pellisé” 

21

Martes/Abril

Grupo de investigación IDARA

O martes 21 chega a Pontevedra a Dra. María Pellisé para divulgar sobre cancro de colon e endoscopia avanzada, tanto a cidadanía e pacientes como a profesionais sanitarios.

A Dra. Pellisé é:  Xefa de Sección de Endoscopia Dixestiva do Hospital Clínic de Barcelona,  Presidenta da Asociación Española de Gastroenteroloxía e  Experta internacional en procedementos endoscópicos avanzados e cancro do colon.
ENTRADA LIBRE SEN INSCRICIÓN:
 21 de abril de 18:30 a 19:45
Ás 18:30 horas 
Salón de actos do IES Valle Inclán, Pontevedra
teoria de la bolsa

“La teoría de la bolsa de la ficción” 

21

Martes/Abril

F.U.L.A.N.A.S.

O martes 21 ás 18:30 a libraría acolle o grupo de lectura conxunta do colectivo @f.u.l.a.n.a.s ao redor do libro “La teoría de la bolsa de la ficción

Neste breve ensaio publicado por @raraaviseditorial, Úrsula K. Le Guin, unha das grandes referentes da ciencia ficción, desenvolve unha reflexión sobre o poder dos relatos e de que forma se conciben a partir da figura do heroe.
” (…) es con cierta sensación de urgencia que busco la naturaleza, el sujeto, las palabras del otro relato, del nunca contado, del relato de la vida. Es un relato extraño, no se nos da con facilidad, no se nos pone en la punta de la lengua con la misma facilidad con la que lo hace el relato asesino. Aun así, «nunca contado» fue una exageración. La gente lleva siglos contando el relato de la vida, en muchos tipos de palabras y maneras. Mitos de creación y transformación, relatos de picaresca, cuentos folclóricos, bromas, novelas.”
Ás 18:30 horas 
Librería Metáfora, Pontevedra
El séptimo sello

“El séptimo sello” 

21

Martes/Abril

Cineclube Belas Artes

El Séptimo sello de Ingmar Bergman 1957

Suecia, mediados do século XIV. A Peste Negra arrasa Europa. Tras dez anos de inútiles combates nas Cruzadas, o cabaleiro sueco Antonius Blovk e o seu leal escudeiro regresan de Terra Santa. Blovk é un home atormentado e cheo de dúbidas. No camiño atópase coa Morte que o reclama. Entón el proponlle xogar unha partida de xadrez, coa esperanza de obter dela respostas ás grandes cuestións da vida: a morte e a existencia de Dios.

Ás 19:00 horas 
Salón de actos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Javier Brandoli

“Javier Brandoli”

21

Martes/Abril

Librería Cronopios

Presentación do libro de Javier Brandoli Manzano Carbonara con nata a autora un lingo viaxe polos cinco continentes.

 Ás 19:00 horas
Cronopios,rúa Frei Xoán de Navarrete, 5, Pontevedra
charlas fisioterapia

“Transtornos del movimiento” 

22

Mércores/Abril

A Asociación Párkinson Provincia de Pontevedra (Apropark) deseñou un completo programa con motivo do día mundial desta enfermidade neurolóxica, que se celebra o 11 de abril. 

O tema das Xornadas sobre a enfermidade de Parkinson é Abordaxe 360 e desenvolveranse entre os días 8 e 29 de abril.

O programa das xornadas Abordaxe 360, continúa este 22 de abril coa mesa redonda Consulta Transtornos del movimiento. Párkinson, que correrá a cargo de Iria Cabo e Alejandro Rivero de Aguilar.

Ás 17:00 horas
Sala de conferencias Afundación, Pontevedra
Persépolis

“Persépolis” 

22

Mércores/Abril

Facultade de Comunicación

Isle of Dogs de Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud. Francia. 2007

Narra a conmovedora historia dunha nena iraniana desde a revolución islámica ata os nosos días. Cando os fundamentalistas toman o poder, forzando ás mulleres para levar veo e encarcerando a miles de persoas, e mentres ten lugar a guerra entre Iraq e Irán, Marjane descobre o punk, ABBA e Iron Maiden. Cando chega á adolescencia os seus pais envíana a Europa, onde coñece outra cultura que nada ten que ver coa do seu país. A protagonista adáptase ben á súa nova vida, pero non soporta a soidade e volve coa súa familia, aínda que iso signifique poñerse o veo e someterse a unha sociedade tiránica. Voces orixinais en francés de Catherine Deneuve e Chiara Mastroianni.

Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
Amatomia

“Violeta Maroto” 

22

Mércores/Abril

Librería Metáfora

Violeta Maroto Romero presenta o seu poemario “Amatomía”. @violenmaroto é artista multidisciplinar, poeta, actriz e activista corporal e cuir.
Unha obra que transita entre o íntimo e o colectivo, como un corpo que sente, lembra e se expón, atravesando emocións das que poucas veces se fala. Unha viaxe persoal que, ao compartirse, convértese en espello e resonancia para quen a atravesa.

Ás 19:00 horas 
Librería Metáfora, Pontevedra
En clave antigua

“En clave antiga” 

22

Mércores/Abril

CMUS Manuel Quiroga

En clave antiga, concerto da orquesta barroca CMUS Manuel Quiroga baixo a dirección de Arquímedes Artal

Ás 19:00 horas 
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
cesar morán

“César Morán” 

22

Mércores/Abril

Libraría Paz

Presentación do libro O Eco das ondas de César Morán, editorial Medulia. O autor estará acompañado por Anxo González

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
El caftan azul

“El caftán azul” 

22

Mércores/Abril

Fundación Cuña Casasbellas

Ciclo cinematográfico “Miradas de directoras africanas neste século”, primeira sesión, proxección do Filme: “O caftán azul” de Maryam Touzanis

Sipnose: Halim leva moito tempo casado con Mina, con quen rexenta unha tenda tradicional de caftáns na medina de Salé, unha das máis antigas de Marrocos. A parella vive desde sempre cun segredo que Halim aprendeu a ocultar, pero a enfermidade de Mina e a chegada á tenda dun mozo aprendiz ameazan con perturbar este equilibrio. Unidos polo amor, cada un tratará de axudar ao outro a enfrontarse aos seus medos.

Ás 20:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12), Pontevedra
el cocinero de los ultimos deseos

“El cocinero de los últimos deseos” 

22

Mércores/Abril

Concello de Pontevedra 

Continuamos co festival de cine gastronómico no Mercado de Abastos!

Proxectamos: El cocinero de los últimos deseos de Yōjirō Takita

Mitsuru Sasaki é un cociñeiro de talla mundial que perdeu a paixón polo seu oficio. Aínda que pode cociñar calquera prato probándoo só unha vez, o seu restaurante crebou debido ao seu carácter extremadamente perfeccionista. Para pagar as súas débedas, toma unha decisión: cociñará persoalmente unha última comida para quen estea disposto a pagar un millón de iens por ela.

Entrada libre ata completar aforo

Ás 20:00 horas
Mercado de abastos de Pontevedra
Tartufo

“Tartufo” 

22

Mércores/Abril

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

A programación da 17 Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra ábrese nesta xornada coa representación da obra Tartufo, de Molière, por parte do grupo de teatro do campus de Pontevedra. Baixo a dirección de Salvador del Río e Omar Ferrín, un elenco conformado por doce actores e actrices presentará no Pazo da Cultura a adaptación desta comedia, traducida ao galego por Henrique Harguindey. Trátase, na que o dramaturgo francés “desata unha crítica furibunda da hipocrisía da sociedade da súa época”, segundo sinalan desde a organización.

Organizada pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, as funcións de Miteu contan con entrada gratuíta.

Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
pensar o mundo

“Pensar o mundo desde/con imaxes” 

23

Xoves/Abril

Facultade de Belas Artes

Próxima charla de María Ruido na #facultadebelasartes
“Pensar o mundo desde/con imaxes” con María Ruido artista visual, cineasta, investigadora e docente.

23 de abril ás 17 h no Espazo 16

Ás 17:00 horas
Espazo 16, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
peto maxico

“Yo también quiero ser feliz” 

23

Xoves/Abril

O peto máxico

Non te perdas o 23 de Abril ás 18.30 temos a Sonia Caamaño unha contacontos que nos vai a encantar e vannos a encantar a todxs!! Nos perdádesvolo e vir con péquelos a pasar un ratito moi divertido

Ás 18:30 horas
O peto máxico, Pontevedra
Días extraños

“Días extraños” 

23

Xoves/Abril

Campus Crea

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Días extraños(Strange Days, EE.UU. 1995. 139’. Dirección: Kathryn Bigelow, nunha nova sesión do ciclo de cinema Imago mundi, promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, dentro da programación da Semana Crea. Integrada por seis sesións, no meses de abril e maio, esta programación busca amosar algunhas das rutas escollidas polo cinema para ilustrar a interacción entre home, tecnoloxía e contexto.

Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
Tereixa Constela

“Tereixa Constela” 

23

Xoves/Abril

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Os heroísmos descoñecidos da Revolución dos Caraveis” da xornalista Tereixa Constenla dentro do ciclo 25 de abril, sempre.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 23 de abril ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal).

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Salón de actos do Edificio administrativo da Xunta, Pontevedra
Bonnie Cooper

“Bonnie Cooper” 

23

Xoves/Abril

Museo de Pontevedra

A soprano Bonnie Cooper e a pianista Carmen Carreiras Pita ofrecen, con motivo do Día do Libro, un recital a piano con repertorio de poemas. O programa, composto por tres partes, ofrece cancións de Toldrá sobre poemas do Século de Ouro; cancións de Obradors, sobre poemas do Século de Ouro; e cancións sobre poemas galegos en versións de Marcial del Adalid, Xosé Baldomir e Juan Montes.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
perpétuo

“Perpétuo Paredes” 

23

Xoves/Abril

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

A programación da 17 Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra continúa coa representación de Perpétuo Paredes, un espectáculo teatral e musical inspirado na vida e obra do guitarrista portugués Carlos Paredes, impulsado polo Círculo de Iniciación Teatral da Academia de Coimbra (CITAC), o Teatro de Estudantes da Universidade de Coimbra (TEUC) e a Sección de Fado da Asociación Académica de Coimbra (AAC). Dirixida por Zé paredes, oito intérpretes e dous músicos combínanse nunha montaxe que incorpora fragmentos poético de Ana Nogueira, Antóno José Forte, Edmnundo Bettencourt e Fernando Pessoa.

Organizada pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, as funcións de Miteu contan con entrada gratuíta

Ás 20:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
ponte corazón

“Rehabilitación cardíaca” 

24

Venres/Abril

Pontecorazón

III Xuntanza de Rehabilitación Cardíaca ao aire libre
Este venres 24 de abril, convidamos aos socios de Pontecorazón a compartir unha xornada de saúde, movemento e convivencia nun entorno natural organizada pola Unidade de Rehabilitación Cardíaca da @sergaspontevedra 
Horario: de 09:30 a 14:00
Lugar: Xunqueira de Alba (ao carón da antiga imprenta provincial)
Durante a mañá desfrutaremos de actividades pensadas para todos os niveis: Exercicios de forza,  Ioga e relaxación,  Andaina 5K ou carreira 10K (ti elixes),  Estiramentos,  Xogos populares
Ademais, contaremos cunha vianda saudable elaborada polo chef Javier Olleros @javi_cullerdepau de @cullerdepau

De 09:30 a 14:00 horas
Xunqueira de Alba, Pontevedra
Taller de café

“Café de especialidade” 

24

Venres/Abril

Descobre o café máis aló dunha cunca. Aprenderás a descubrir os seus aromas e degustarás diferentes métodos. O taller é gratuíto. Venres 24 de abril 17.00 h Taller de café de especialidade Máximo 14 persoas 

Inscrición

Ás 17:00 horas
Rúa Echegaray 12, Pontevedra
O faiado das Papoulas

“Baia Fernández” 

24

Venres/Abril

Fundación Cuña-Casasbellas
O venres 24 de Abril en Pontevedra presentación da obra O Faiado das Papoulas, de Baia Fernández de la Torre
Contaremos coa presenza da autora, e de Charo Valcárcel, escritora.
Ás 19:30 horas na Fundación Cuña-Casasbellas
Ás 19:30 horas
Fundación Cuña-Casabellas, Pontevedra
Mediveo

“O Mediveo” 

24

Venres/Abril

Facultade de Belas Artes

*O Medievo: Influencia e herdanza.*
 exposición do 24 ao 5 de maio.
Un proxecto por mor de San Ero para o cal faremos unha fanzine colaborativa con debuxos, pinturas, poesía, esculturas, fotografía que traten as ideas, mitos e estética medieval que aínda segue viva!
O fanzine e as pezas aparecerán para as súa exposición en O Abrigo!
Proposta colaborativa da man de:
MAXIPUKIS xu_bear/ Bill Rivas / saBELa pazo & carlos denis

Do 24 de abril ao 5 de Maio
O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
palilleiras

“XVIII Encontro de Palilleiras” 

24-26

Venres a Domingo/Abril

A Fieitiña

O vindeiro venres 24 de abril, o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o XVIII encontro de palilleiras Cidade de Pontevedra.
A principal novidade desta edición é a ampliación do evento a tres días de duración. Ademais, a súa temática central será a música, dándolle continuidade á liña marcada polo recente Salón do Libro da cidade. O encontro desenvolverase nos 7.000 metros cadrados do Recinto Feiral e reunirá a preto de 1.000 palilleiras e palilleiros. A organización confirmou que as inscricións levan pechadas varias semanas por motivos de aforo e seguridade, co obxectivo de manter unha atención “premium” e un espazo cómodo para todas as persoas participantes. Programa
Todo o día
Pazo da Cultura, Pontevedra
Yerai Cortés

“Yerai Cortés” 

24

Venres/Abril

Concello de Pontevedra

Yerai Cortés (Alicante, 1995) é un dos guitarristas máis prometedores do flamenco contemporáneo. En 2024 estrenou a película “La Guitarra Flamenca de Yerai Cortés“, dirixida por C. Tangana, que gañou dous premios Goya en 2025 e outros recoñecementos internacionais. Ese mesmo ano, lanzou o seu álbum debut homónimo con Sony Music, que incluso foi destacado por COLORSXSTUDIO.

Ás 21:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
nabiza girl

“Isabel Risco” 

24

Venres/Abril

A Pedreira

As aventuras de Nabiza Girl con Isabel Risco

Ás 21:00 horas
A Pedreira, Pontevedra
Xolda

“Xolda e Maravallada” 

24

Venres/Abril

Maravallada

Os Cantos de Taberna de Pontevedra únense cos de Ourense!
O VENRES 24 DE ABRIL, veñen os amigos do grupo XOLDA!! e como novedade, abrimos campo no barrio da Parda, achegádevos a disfrutar cantando con nos!!..
Venres 24 de Abril
 As 21 hrs na “ESQUINA”
As 22:30 hrs no “FORNO” ubicado na Rúa Virxinia Pereira
 Xolda e Maravallada
Ás 21:00 horas na “ESQUINA”
Ás 22:30 horas no “FORNO” na Rúa Virxinia Pereira
taller de sandalias

“Sandalias Birken” 

25

Sábado/Abril

Kurinuki

Workshop de sandalias tipo Birken  Data: 25/04 Hora: 10.00 Duración: 4 horas Prezo: 98€ Un workshop para aprender a crear o teu propio par de sandalias desde cero, entendendo o proceso e traballando coas mans de forma práctica e tranquila. Da man de @ceciliafurlan  , crearás unhas sandalias tipo Birken a medida con pel de Ubrique ou opción vegana, en distintos tons a elixir, e base de cortiza. Non fai falta experiencia previa, só ganas de probar, aprender e desfrutar do proceso. Reserva xa a túa praza na nosa web. Materiais e ferramentas incluídos.
Ás 10.00 horas
Kurinuki, Pontevedra
a memoria fronte ao odio

“A memoria fronte ao odio” 

25

Sábado/Abril

m.g.memoria

Estamos emocionadas por poder presentar as I Xornadas da Mocidade Galega pola Memoria!
Agardámosvos a todas na Casa da Luz de Pontevedra o vindeiro  sábado 25 de abril para conmemorar a Revolución dos claveis e facer memoria xuntas! 
E as crianzas tamén son benvidas! Haberá espazo infantil grazas á colaboración da Cova dos Libros Fantásticos ao longo de toda a xornada para aprender sobre Memoria pasándoo ben!
Ás 10:30 horas
Casa da Luz, Pontevedra
taller grabado

“Taller de gravado” 

25

Sábado/Abril

Alquimia

O sábado 25 de abril nosas profes Marian Vecino e Carmen Gómez Cortés prepararon un taller moi chulo para que os máis peques teñan o seu primeiro contacto co mundo do gravado.

Durante o taller aprenderán a técnica do LINOCUT coa que crearán os seus propios deseños , os entintarán e imprimiranos en papel para levar as súas obras a casa SÁBADO 25 ABRIL 11.00 a 13:00 horas Praza Barcelos 12 PONTEVEDRA Inscricións por WhatsApp 654 131617

Ás 11:00 horas
Alquimia, Pontevedra
zenbugs

“Zenbugs” 

25

Sábado/Abril

Zengoala

Cada último sábado do mes esperámoste no noso taller de Zentangle en Pontevedra, no Coworking Arroelo, para desfrutar dunha sesión creativa e meditativa onde non necesitas experiencia previa nin “saber debuxar”.
Zenbugs Neste taller exploraremos o universo dos Zenbugs, pequenos insectos feitos con formas orgánicas, que nacen do trazo repetitivo. Para iso imos usar os fragmentos, que entran nunha categoría especial de tangles, que se debuxa nunha estrutura xeométrica, perfecto para decorar aos nosos bichitos!

Ás 11:00 horas
Coworking Arroelo, Pontevedra
taller de beleza

“A ciencia do coidado da pel” 

25

Sábado/Abril

Liceo Casino

O sábado 25 de abril novo taller: “A ciencia do coidado da pel: ferramentas para verte mellor” O taller estará impartido por Loreto Iglesias, farmacéutica especializada en coidado facial e capilar, menopausa e medicamento natural, e Fran Diéguez, farmacéutico, especialista en coidado integral e director de Postgradum Saúde. Durante a sesión, desenvolverase unha rutina de coidado facial personalizada, co obxectivo de que cada asistente comprenda as bases fundamentais do coidado da pel e aprenda a construír unha rutina adecuada ás súas necesidades. Recoméndase aos participantes acudir sen maquillaxe. En caso contrario, realizarase tamén o proceso de desmaquillado ao comezo do taller. Hora: 11.30 h Duración: 1 h e 30 min aproximadamente Prezo: Socios: 10 € – Non socios: 20 € Inscricións en Secretaría.

Ás 11:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra
Blanca Trillo

“Blanca Trillo” 

25

Sábado/Abril

Liceo Casino

O 25 de Abril ás 17.30 horas, Blanca Mª Trillo presenta o conto infantil ‘A aventura xunto ao lago’ Un conto cheo de amizade, curiosidade e amor pola natureza. A actividade que comezará cunha pequena presentación do conto e de como naceu a historia, alén da lectura dun pequeno fragmento, terá unha duración de entre 20 e 30 minutos. E a continuación… taller creativo! Os nenos (6-10 anos) poderán crear a súa propia historia como auténticos escritores e ilustradores. Esta actividade creativa pode ter unha duración de entre 30 e 45 minutos. Máx. 25 prazas. Inscricións na secretaría da Sociedade. Inclúe caderno artesanal + materiais Actividade gratuíta Unha experiencia divertida e súpers creativa

Ás 17:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra
concerto 25 abril

“Cantando a Grândola” 

25

Sábado/Abril

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra, dentro do ciclo 25 de abril, sempre, organiza o concerto “Lembrando o Zeca, cantando o Grândola” do grupo Loaira onde interpretarán un repertorio portugués e cantata popular.

O acto terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril ás 19:30 horas, no Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira).

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:30 horas
Pazo de Mugártegui, Pontevedra
Foliada

“Foliada” 

25

Sábado/Abril

A Pedreira

*Foliada da Pedreira — 25 de abril!*
Mercado de Abastos · Rua Serra (Ponte Vedra)
 20:00h Obradoiro de regueifa con *Benito Lobariñas*
 21:00h Foliada con *Zurrumalla*
O 25 de abril celebramo-lo em galego, em roda e entre todas.
Trae o instrumento, a voz, ou só as ganas. A foliada construimo-la juntas.
Vemo-nos na roda!
Ás 20:00 horas
Mercado de abastos, Pontevedra
Nando Agüeros

“Nando Agüeros” 

25

Sábado/Abril

Concello de Pontevedra

Nando Agüeros ofrecerá un concerto o 25 de abril de 2026 no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Nando Agüeros, en formato acústico con piano e instrumentos de vento, chega a GUARDO con esta nova xira “CANCIONES DESNUDAS”

Nando Agüeros con esta xira “CANCIONES DESNUDAS” presentarase ante o público dando protagonismo á súa voz e onde se poderán escoitar as súas mellores cancións dun xeito máis íntimo e próximo, tendo un achegamento máis próximo ao público e ofrecendo un espectáculo máis íntimo e próximo onde interpretará as súas cancións acompañado polo piano, o acordeón ou a súa guitarra e onde nos contará onde naceron esas cancións que seguen acompañándoo nos seus recitais.

Ás 21:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
Peregrinaxe das danzas

“Peregrinaxe das danzas” 

26

Domingo/Abril

Banda de música de Pontevedra

Peregrinaxe das danzas. Unha cita especial en colaboración co Conservatorio profesional de música Manuel Quiroga.

Ás 12:00 horas
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
expo en Belas artes

“Que culpa tiene el arte?” 

15

Mércores/Abril

Facultade de Belas Artes

Os/as estudantes do máster de creación artística contemporánea organizamos esta exposición onde poderánse ver dende obras pictóricas e escultóricas ata vídeos e performance. Estas pezas e artistas habitarán a pregunta que formulamos ¿Qué culpa tiene el arte?
Esperámosvos na inauguración o mércores 15 de Abril as 19:00 no espazo O Abrigo da facultade de belas artes de Pontevedra.

Do 15 ao 22 de Abril
O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Arte pola xustiza

“Arte pola xustiza e a igualdade social” 

4

Sábado/Abril

Galería Tangram

A exposición “Arte pola xustiza e a igualdade social”, de @paint_inblck Monica Pérez, reúne unha serie de obras realizadas ao óleo que abordan, desde unha mirada sensible e profunda, cuestións fundamentais do noso tempo. A través desta técnica clásica, a artista constrúe composicións de gran expresividade, onde a materia, a cor e a luz convértense en vehículos de denuncia, memoria e conciencia social. Cada peza invita o espectador a unha contemplación pausada e a un diálogo coas realidades que nos interpelan como sociedade. Unha proposta artística que conxuga tradición técnica e compromiso contemporáneo.

Do 4 de abril….
Galería Tangram, Pontevedra
diversa

“Diversa” 

24

Martes/Marzo

Afundación

Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA,
a cargo da comisaria Matilde Rodríguez. 
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.

Do 24 de marzo ao 20 de xuño
Café Moderno, Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
Cando falo do corpo

“Cando falo de corpo

5

Xoves/Marzo

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Cando falo de corpo, que reúne as obras de 17 artistas galegos, conectadas pola idea de corporalidade. Coa investigadora e egresada da Facultade de Belas Artes Cora Novoa como comisaria, esta exposición busca promover un achegamento a prácticas diversas que comparten unha atención común ao corpo como lugar de experiencia, arquivo vivo e medio de relación.  

Na mostra preséntanse as creacións de Pablo Agma, Raquel Álvarez, Eva Antelo, Ángel Arias, Lara Castro, Noa Castro, Álvaro Chior, Lois Cid, Andrea Davila, Carlos Fer, Adrián G. Salgueiro, Ana Gesto, Marina González Guerreiro, Uxía González, Alba Mantilla, Mourae e Taro. Poderá visitarse ata o 24 de abril, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.

Do 5 de marzo ao 24 de Abril
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Exposición na Fonda

“Cronofitti” 

17

Mércores/Decembro

Mambo Gallery

Exposición de Mambo Gallery no restaurante La Fonda Cronofitty
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
Expo n fundación Moldes

“Moldes dende a figura” 

11

Xoves/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Inauguración da exposición “Moldes dende a figura” o xoves 11 de Decembro ás 19:00 horas na sede da Fundación na rúa Benito Corbal 47.
Poderase visitar Xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas e sábado de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 11 de Decembro a 30 de Abril do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
Bicos de cine

“Bicos de cine” 

3

Mércores/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Pontevedra abraza a sétima arte! Novos Cinemas, Premios Feroz… e tamén “Bicos de Cine”.

A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Do 3 de Decembro ao 30 Abril 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra 

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥