colores de alegria

“Los colores de la alegría” 

20

Luns/Maio

Liceo Casino

A sala de exposicións do Liceo Casino acollerá do 20 de maio ó 8 de xuño a mostra pictórica ” Los colores de la alegría“, de Manuel Piñeiro Villalustre e comisariada por Lúa Gándara. A inauguración terá lugar o vindeiro luns 20 de maio ás 20:00 horas

Do 20 de maio ao 8 de xuño
Liceo Casino, Pontevedra
Lourizan

“Camiñando a Lourizán” 

21

Martes/Maio

Camiñata a Lourizán dende Pontevedra, saída rúa Echegaray nº 10.

Anótate no 698 124 762

Saída 09:30 horas
Rúa Echegaray, 10 Pontevedra
Danzas del mundo

“Danzas do mundo” 

21

Martes/Maio

Mostra de portas abertas de Danzas do mundo e experiencias socioartísticas.

Día 21 de maio ás 17:30

Rúa Luis Braille, nº 40. Centro Sur, antiga residencia da ONCE en Campolongo.  Pontevedra

De 17:30 a 18:30 horas
Rúa Luis Braille nº 40. Pontevedra
o teu perfil

“O teu perfil na miña sombra” 

21

Martes/Maio

Libreria Cronopios

Despois de ler a Rexina Vega  penso moito na infancia eterna das fillas que todas as nais do mundo gardan nunha caixa que simboliza a xuventude  O martes 21 ás 19:00 h Xina estará en Cronopios Pontevedra acompañada por Susana Pedreira Buján presentando O teu perfil na miña sombra

   Vide!!! Nais, pais, fillas, fillos e persoas do mundo!!

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
Máxica Lorca

“Máxica Lorca Compostela” 

21

Martes/Maio

Taller Abierto organiza no Museo de Pontevedra, o martes 21 de maio ás 19:00 horas, a presentación do ilbro Máxica Lorca Compostela de Antón Castro acompañado de Rafael López Torre

Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra
domingos

“Os populismos a exame” 

21

Martes/Maio

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia Os populismos a exame, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 21 de maio, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Casa das campás Pontevedra
a quimera

“A Quimera” 

21

Martes/Maio

Cineclube, Pontevedra

A QUIMERA
Alice Rohrwacher, 2023, Italia, 130 min., VOSE
Lingua orixinal: italiano

Inesperado zahorí, Arthur ten o don de localizar ocos baixo a terra. Un atributo que o converte no perfecto buscador de tesouros na rexión italiana que alberga as ruínas da civilización etrusca. Aínda que o que Arthur anhelaría reencontrar, a quimera que o guía, é a Beniamina, o seu amor perdido.

Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
pregar a pintura

“Pregar a pintura” 

22

Mércores/Maio

Facultade de Belas Artes

Pregar a pintura’: un retrato actual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra con estudantes recentemente graduadas e doutorandas pertencentes a unha xeración marcada polo dixital que, á súa vez, crean unha arte prófuga do puído das pantallas, fuxitiva do plano do virtual, antagónica ao raso de imaxes coma as do cinema ou a fotografía.
A dobrez como elemento pictórico, compositivo, configurador e conceptual.
Inauguración: 22 de maio ás 19:30 h. Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra.

 Do 22 de Maio ao 31 de Xullo 2024
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
primavera

“Finanzas éticas. Moito máis que produtos sostibles” 

23

Xoves/Maio

No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.

Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada no Liceo Casino co faladoiro Ecoloxía fronte a economía ou ecoloxía fronte ao extractivismo? As loitas locais de Galiza contra as grandes industrias. Moderado polo investigador da Universidade de Santiago Gonzalo Rodríguez, neste coloquio participarán Antón Masa, da Asociación Pola Defensa da Ría; Isabel García, da plataforma Mina Touro-O Pino Non, e Patricia Gamallo, de Eólicos, Así Non.

Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
masha alvarez

“Masha Álvarez & Celso Fernández” 

23

Xoves/Maio

Masha Raskolnikova e Celso Fernández Sanmartín no teñamos a poesía en paz acompañadxs de Lara Dopazo Ruibal

para non perder!!!
Apiario Falamos de Libros
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
cando sopra o vento

“Cando sopra o vento” 

23

Xoves/Maio

Retranca Editora ten o pracer de convidarvos a unha presentación moi moi especial.
O vindeiro xoves 23 de maio ás 20h. presentamos CANDO SOPRA O VENTO de Raymond Briggs en galego. E farémolo coa proxección do filme de animación homónimo e cunha charla sobre a importancia da obra de Raymond Briggs a cargo de Miguelanxo Prado e o editor da obra, Kiko da Silva.
Entrada de balde, ate completar aforo! Non volo perdades!!!
Organiza: Retranca Editora
Colabora: Concello de Pontevedra, Novos Cinemas e BDra GRÁFICA
Ás 20:00 horas
Teatro principal de Pontevedra
o diaño

“Poesía e Microrrelato” 

24

Venres/Maio

Poesía e microrrelato Pontevedra

O vindeiro venres, 24 de Maio, ás 20:30 horas terá lugar no Bar O Diaño a celebración do VIII aniversario de poesía e microrrelato de Pontevedra, coa participación de :
Angel Marcelo, Beatriz Suárez, Benito Piñeiro, Miri Italia
Ao rematar haberá unha rolda de micro aberto
Ás 20:30 horas
Bar O Diaño, Pontevedra
poesia

“Noite de poesía” 

24

Venres/Maio

Contentos de compartir cartel para a próxima noite de poesía que terá lugar en Nasantiña en Pontevedra o 24 de maio!! Con viño, poesía, musica, e paixón 
Ás 21:00 horas
Nasantiña,  Pontevedra
expediente alquimia

“Unha mirada – e o amor desátase” 

24

Venres/Maio

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Unha mirada – e o amor desátase (1986), de Jutta Brückner, nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente Alquimia (II). Promovido pola Vicerreitoría do campus, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, trátase dun ciclo integrado por dez proxeccións, que propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas.

Ás 19:00 horas
Casa das campás. Pontevedra
Miguel Lago

“Lago Comedy club” 

24

Venres/Maio

Afundación Pontevedra

Miguel Lago volve a Galicia neste 2024 co seu último e renovado espectáculo LAGO COMEDY CLUB

E é que o que pasa no club queda no club, por iso en «LAGO», o público pode esperar o inesperado. Novos textos,actualidade, novas rutinas, reflexións sobre a actualidade e anécdotas persoais todo co inconfundible selo e a mestría de Miguel Lago.

Un refuxio onde cada espectador convértese en cómplice e esquece as súas preocupacións para rirse sen ataduras co humor, as reflexións e a autenticidade que só Miguel atrévese a ofrecer.

Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
planes culinart

“Brunch + pintura” 

25

Sábado/Maio

Te apetece algo diferente este mes ??? Apúntate a noso planazo de Pintura+ Brunch
10:00-13.00
El patio de Valle Inclán
Precio: 55€
Plazas limitadas!!!

De 10:00  a 13:00 horas
Patio de Valle Inclán, Pontevedra
Zengoala

“Taller de Zentangle” 

25

Sábado/Maio

Zengoala

Taller de Zentangle en Pontevedra. O zentangle é un método de debuxo meditativo para persoas que creen que non saben debuxar e para os que creen  que é imposible estar sen facer nada.

Para máis información 617 699 833

www.zengoala.com

Ás 11:00 horas
Arroelo, Pontevedra
Dire Straits

“Brothers in band” 

25

Sábado/Maio

Afundación Pontevedra

bROTHERS iN bAND – The Very Best of dIRE sTRAITS – European Tour 2023/24

Recoñecidos como o maior espectáculo internacional homenaxe a dIRE sTRAITS, bROTHERS iN bAND recorre Europa visitando Holanda, Portugal, Alemaña, Francia, Luxemburgo, Andorra e España co seu renovado ”The Very Best of dIRE sTRAITS”, transportándonos na súa particular máquina do tempo a través dun repertorio seleccionado, coidado e extenso que xa pertence á memoria colectiva de varias xeracións a nivel mundial.

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
libro artista

“Libro de artista” 

16

Xoves/Maio

Facultade de Belas Artes Pontevedra

Relacións Proceso Creativo / Terapéutico. O libro de artista como fío condutor.  Coordina: Lucía Romaní

Artistas: Ada Pérez / Ana Lorenzo / Bibi Martín / Cristina Souto / Anxo Rodríguez /Lucía Ladero / Nerea Malvar / Noela Paz / Saray Martín
Do 16 ao 31 de maio de 2024 na biblioteca da Facultade de Belas Artes
Esta mostra clausura o Obradoiro de Extensión Universitaria “Relacións Proceso Creativo/ Terapéutico. O libro de artista como fío condutor”, impartido por Lucía Romaní durante os meses de marzo e abril na Facultade de Belas Artes. Nesta exposición poderase visualizar unha selección de propostas que son resultado do traballo elaborado polo alumnado, e nos que o libro convírtese nun punto de partida para a aprendizaxe e a experimentación artísticas, da man dun proceso persoal e de autocoñecemento.
Do 16 ao 31 de Maio 2024
Biblioteca de la Facultade de Belas Artes Pontevedra
geometrías

“Josecho González” 

10

Venres/Maio

Este venres inauguramos a exposición “Geometrías” en Tangram de @josecho_pinceladas . Estarán os seus coloridos colaxes e cadros xeometricos todo o mes de maio.

Do 10 de maio ao 1 de xuño
Galeria Tangram. Pontevedra
infiltracións

“Infiltracións” 

10

Venres/Maio

Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición ‘Mónica Alonso. A pel do Museo’, do proxecto Infiltracións, que terá lugar o venres 10 de maio, ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).

 Do 10 de Maio ao 15 de Setembro 2024
Museo de Pontevedra
resonancias

“Resonancias” 

9

Xoves/Maio

A Fundación RAC acolle a inauguración da exposición Resonancias, no marco da programación do VIII Foro Internacional da Creación na Fronteira O múltiple que ocupa o espazo, que o grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, promove coa colaboración do Concello de Pontevedra e o financiamento da Universidade de Vigo e da Xunta de Galicia. Dirixida a afondar na evolución da arte gráfica de campo expandido, a exposición reúne unha serie de obras, pertencentes á colección da Fundación RAC, de Stephen Dean, Isidro Blasco, Ignasi Aballi, Antoni Muntadas, Benjamin Torres, Jonathan Hernández e John Baldessari. 

Do 9 de maio ao 30 de xuño 2024
Fundación RAC, Pontevedra
simbiose exposición

“Simbiose”” 

8

Mércores/Maio

Grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes

O Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Simbiose, no marco da programación do VIII Foro Internacional da Creación na Fronteira O múltiple que ocupa o espazo, que o grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, promove coa colaboración do Concello de Pontevedra e o financiamento da Universidade de Vigo e da Xunta de Galicia, a través das axudas aos grupos de investigación de referencia competitiva.

Artistas participantes: Almudena Fernández ; Altea Grau; Ana Soler Baena ; Ángel Massip; Anne Heyvaert ; Antia Iglesias; Carlos Fer ; Elena Jiménez; Esther Pizarro ; Inma Femenía; Javier Pividal José Andrés Santiago Iglesias; Juan Moro ; Maider López; Mario Santamarina Pablo Barreiro; Patricia Gómez y María Jesús González; Rita de Sousa Gaspar ; Rubén Tortosa ; Sara Coleman ; Soliman; Vanesa Gallardo ; Victor Solanas 

Do 8 de Maio ao 30 de Xuño
Pazo da cultura, Pontevedra
Castelao na colección de Roberto Taboada

“Castelao na colección de Roberto Taboada” 

3

Venres/Maio

Roberto Taboada Rivadulla

Do 3 ao 29 de maio, a sala de exposicións do edificio administrativo da Xunta na rúa María Victoria Moreno acollerá a Exposición “Castelao, reproducción das obras orixinais da colección de Roberto Taboada Rivadulla.

 Do 3 ao 29 de maio
Edificio administrativo da Xunta de Galicia, Pontevedra
Berta Cáccamo

“Berta Cáccamo” 

12

Venres/Abril

Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición ‘Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo’, O venres 12 de abril ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).

Do 12 de abril ao 9 de xuño 2024

 Do 12 de Abril ao 9 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
castelao

“Castelao” 

Xoves/Marzo

Museo de  Pontevedra

O Museo abre o programa expositivo de 2024 coa mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, comisariada por Xosé Enrique Acuña. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista.

Do 7 de marzo ao 2 de xuño 2024
Museo de Pontevedra

Xa podes anotarte

primavera

“Primavera do decrecemento” 

30

Xoves/Maio

Post-Growth Innovation Lab

No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.

Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada na Vicerreitoría do campus, co faladoiro O cambio climático en Galicia: posibles escenarios climáticos no futuro próximo. Moderado por Begoña de Bernardo, membro da xuntadirectiva da Rede para o Decrecemento Eo-Navia, o coloquio contará coa participación de Pablo Casares, técnico de atmosfera de MeteoGalicia, quen falará dos posibles escenarios climáticos que poderían darse en Galicia, partindo das previsións do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático da ONU.

Ás 19:00 horas
Casa das campás,  Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥