Cata de Cacao

“Cata de Cacao” 

21

Martes/Xaneiro

“Solidariedade Internacional de Galicia”

Cata de Cacao organizada pola Universidade de Vigo, será levada a cabo pola ONG Solidaridade internacional de Galicia e outras institucións.

A actividade é ofrecida ao alumnado sénior da UVIGO matriculados no PUM, no caso de quedar prazas baleiras podes enviar un correo electrónico a cpmpontevedra@uvigo.gal indicando que queres participar na actividade e debes esperar confirmación da praza. O prazo de inscrición remata o mércores 15 de xaneiro 2025.

De 11:00 a 13:00 horas
Aula 2 da Facultade de Inxeniería Forestal, Pontevedra 
Neuroentrenamento

“Neuroentrenamento” 

21

Martes/Xaneiro

Continuamos coas nosas CHARLAS, a próxima semana estaremos no Liceo Casino de Pontevedra. Úneche a nós nesta charla exclusiva e descobre o que che ofrece o neuroentrenamiento: Identificar talentos, desenvolver habilidades e aumentar a autoestima. Mellora da memoria, a concentración e a axilidade mental. · Desenvolver habilidades de estudo máis efectivas. · Reducir o estrés e a ansiedade. Prevención da deterioración cognitiva. E moito máis! Non te perdas esta oportunidade de crecer e transformar a túa vida.

Ás 19:15 horas
Liceo Casino, Pontevedra 
Que pasa doutor

“Que pasa, doutor?”

21

Martes/Xaneiro

Cineclube Pontevedra

QUE PASA, DOUTOR? What’s Up, Doc?  Peter Bogdanovich, 1972, 94 min., VOSE. Lingua orixinal: inglés

Catro persoas con maletas idénticas coinciden no mesmo andar dun hotel de San Francisco. Unha delas pertence a Howard Bannister, un mozo serio, tímido e despistado, que asiste a unha convención de musicólogos para optar a unha bolsa de investigación. Outra é de Judy Maxwell, unha moza vitalista e atoleirada coa que Howard vivirá as situacións máis disparatadas. Aínda hai outras dúas maletas en circulación, e algunhas persoas interesadas no seu contido.
Divertidísima comedia con aroma clásico, que toma como referente Bringing Up Baby, de Howard Hawks, e bebe da screwball comedy da época dourada de Hollywood, con Barbra Streisand e Ryan O’Neal como un dos dúos románticos máis entrañables da historia do cinema.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.
olladas musicais

“Olladas musicais” 

22

Mércores/Xaneiro

Museo de Pontevedra

Eco de dos mundos: Dvořák y la Sinfonía del Nuevo Mundo

A través de charlas interactivas e audicións comentadas, achegaráselle este xénero musical a un público adulto, ao proporcionar un espazo de encontro cultural no que quen participe poida explorar, aprender e gozar de obras clásicas emblemáticas.

O curso será impartido por Sara Domínguez Lloria, licenciada en Música con especialidade en Piano, doutora en Educación pola Universidade de Vigo e cun mestrado en Teatro e Artes Escénicas e outro en Dirección e Xestión de Centros Educativos.

De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
Cata de viños

“Cata de viños amenizada+maridaxe”

22

Mércores/Xaneiro

Mímate

Cata de viños amenizada con música en directo e degustación de conservas Gourmet 
Qué inclúe a reserva?
– 5 viños; Explicación do experto adegueiro -5 conservas gourmet da man de @lapelirrojaconservas
𝐕𝐢𝐧𝐨𝐬 e 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐞𝐫𝐯𝐚𝐬: – Dunares Albariño (Sardinillas). – Catro e Cadela Godello (Navalla). – Tres Invernos (Navalla Picante). – Dunaria rosado (Mexillón en escabeche). – Catro e Cadela Mencía (Mexillón en escabeche picante). – Música en directo
Onde fago a reserva? Por privado: formalizarase unha vez feito o pago en tenda ou por Bizum. Na tenda: Rúa Real 13, Pontevedra. Reservas abertas ata o 21 de xaneiro.
Ás  20:40 horas
Rúa Real 13, Pontevedra
Jaime Chávarri

“Jaime Chávarri” 

23

Xoves/Xaneiro

Concello de Pontevedra

Clase maxistral de Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025.

Compartirá cos asistentes o máis destacado da súa filmografía e as anécdotas acumuladas ao longo da súa traxectoria. O director madrileño estará acompañado por María Guerra, presidenta da AICE, e polo xornalista cultural Ángel Suanzes para repasar a súa carreira e realizar unha viaxe pola historia de España e do noso cinema, con traballos arriscados pero tamén con varias das obras máis populares e queridas do cinema español.

Entrada gratuíta (máximo 4 por persoa) ata completar aforo. A retirar na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra desde sete días antes da actividade. 

Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra.
Luis Yang

“Luis Yang e Uxía Larrosa” 

23

Venres/Xaneiro

Libraría Paz

Luis Yang e Uxía Larrosa presentan a súa nova obra editada por Ediciones La Cúpula acompañados por Natalia Mosquera

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
querer

“Querer” 

24

Venres/Xaneiro

Concello de Pontevedra

QUERER de Alauda Ruiz de Azúa

E xusto na véspera da entrega de premios, a directora Alauda Ruiz de Azúa e os actores nomeados Iván Pellicer e Miguel Bernardeau presentarán ‘Querer’, a serie con máis candidaturas aos Premios Feroz 2025 (con 7 nomeamentos) nas que se inclúen as de mellor serie dramática, mellor guion e a cinco dos seus protagonistas.
Proxección de 2 capítulos e coloquio co equipo.

Ás 18:00 horas
Auditorio Pazo da Cultura, Pontevedra 
teñamos a poesia en Paz

“Gisele Mato e Xosé Carlos Carracedo” 

24

Sábado/Xaneiro

Libraría Paz

Teñamos a poesía en Paz con Xosé Carlos Carracedo e Gisele Mato acompañados por Silvia Penas

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
ciudad de la selva

“Ciudad de la selva” 

24

Venres/Xaneiro

C.S. A Pedreira

Presentación do libro Ciudad de la selva (Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio) de Carlos Tejerizo García

…E con esta mochila cargada de preguntas comezamos a camiñar os montes de Casaio na procura da Ciudad de la Selva, como guerrilleiros contemporáneos. O proxecto de investigación para comprender esta cidade comezou en 2017. Dende entón, e tras ducias de saídas ao campo e (re)apertura de camiños, ás veces con machete –e sempre guiados polo noso guía Francisco Fernández–, fomos capaces de documentar un total de 18 campamentos e cerca de 60 estruturas vencelladas co desenvolvemento da guerrilla entre os anos 1937 e 1951, ano en que os últimos guerrilleiros deixaron estes montes. Tivemos a oportunidade, ademais, de escavar 11 destas estruturas, que deron como resultado o que podemos considerar o conxunto máis relevante de materiais arqueolóxicos ligados a unha guerrilla de toda Europa e, posibelmente, de todo o mundo…

Ás 20:00 horas
A Pedreira Rúa Serra 36, Pontevedra
Jorge Explosión

“Jorge Explosión” 

24

Venres/Xaneiro

Nasantiña

Doctor Explosión celebra 30 anos de enerxía garajera coa reedición de “Vivir sen Civilizar” e unha xira moi especial!

Nesta ocasión Jorge Muñoz Cobo, Jorge Explosión, líder do grupo e referente da escena garaxe á fronte do seu emblemático estudo Circo Perrotti, vén presentar en solitario a Reedición do seu primeiro traballo cun show tan orixinal como íntimo.

Nesta actuación a medio camiño entre unha charla concerto “Narrativa Teller show” e o club da comedia, Jorge interpretará cancións do seu repertorio habitual e ademais fará outras cancións novas en primicia onde entre tema e tema contaranos de primeira man as historias que hai detrás das cancións xunto con outras anécdotas sorprendentes sobre a súa traxectoria profesional e vital.

Ás 20:30 horas
Nasantiña, A Santiña 35, Pontevedra 
vaquero

“Vaquero” 

24

Venres/Xaneiro

Afundación

José Juan Vaquero (Valladolid, 1973) é un humorista rudo e directo, sen filtros e o cabelo bótalle moi forte.

Nas súas actuacións aborda a súa vida cotiá con rotundidade e sen picar palabras. Desde a túa familia e amigos, ata o teu traballo ou a túa vida diaria. Sempre dende o teu punto de vista particular.

Forma parte de varios espectáculos de Humor como: “En Bruto” (Xunto con Iñaki Urrutia), “Monólogos e Locuras” (con Nacho García), “Vaquero&Clavero” (con Alex Clavero), Humor de Protección Oficial (con Quique). Matilla , Fran el Chavo, Nacho García e Alex Clavero)…

Ás 21:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
Hilma en tangles

“Hilma en Tangles” 

25

Sábado/Xaneiro

Hilma af Klint.

Descobre a maxia da arte meditativo a través do Zentangle, inspirado nalgunhas visionarias obras de Hilma af Klint. Neste taller exploraremos como a xeometría, a cor e os símbolos poden converterse nunha ponte cara á creatividade e a conexión interior. Aprenderemos a traducir os símbolos e formas das súas creacións en patróns característicos de Zentangle, transformando as ideas desta pioneira da arte abstracto, en pezas únicas cheas de significado e harmonía. Sen perder de vista a importancia de concentrarnos no proceso, sen preocuparnos polo resultado final, exploraremos xuntos como as obras de Klint axúdanos a estar no momento presente.

Prezo 40 Euros, inclúe materiais e merenda

De 11:00 a 14:00 horas
Arroelo, Rúa Cobián Roffignac 4-6, 3º, Pontevedra 
vermu de comadres

“Vêrmute de comadres” 

25

Sábado/Xaneiro

Sessom 𝒗𝒆̂𝒓𝒎𝒖𝒕𝒆 𝒅𝒆 𝒄𝒐𝒎𝒂𝒅𝒓𝒆𝒔 com Su Garrido Pombo  Nom perdas de vir!

Su Garrido Pombo é uma cantante, violonista e compositora galega. Seu estilo musical abrange diversos gêneros com matices de bossa, folk e trad

Ás 13:00 horas
A Pedreira Rúa Serra, Pontevedra 
Horizontes

“Horizontes” 

13

Luns/Xaneiro

Facultade de Belas Artes

A sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a exposición Horizontes, na que trece artistas emerxentes propoñen unha reflexión sobre a relación entre o ser humano e o seu medio. Cos estudantes da facultade Noela Paz e Iñigo Barreiro como comisarios, a exposición reúne obras pictóricas, fotografía, vídeo, cerámica ou ensamblaxe.

A mostra poderá visitarse ata o 23 de xaneiro en horario de 8.30 a 19.45 horas.

Do 13 ao 23 de Xaneiro 2025
Sala O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra.
como o ves?

“Como o ves?” 

10

Venres/Xaneiro

Facultade de Belas Artes

A sala de exposicións da Vicerreitoría do campus acolle a mostra Como o ves?, que presenta os resultados do taller impartido por tres estudantes da Facultade de Belas Artes no CEIP A Xunqueira I.

Promovida pola alumna Xulia Arias como traballo para unha materia do Grao en Belas Artes, a exposición reúne os 176 debuxos realizados polo estudantado deste colexio, nos talleres impartidos neste centro por Arias e as tamén estudantes da facultade Cristina Rus e Irene Santamaría. Neles, as e os escolares debían inspirarse ou reproducir unha obra destas tres artistas, presentes tamén nunha mostra que poderá visitarse ata o 24 de xaneiro.

Do 10 ao 24 de Xaneiro 2025
Casa das Campás, Pontevedra.
Expo pontevedra cidade de cine

“Pontevedra cidade de cine” 

10

Venres/Xaneiro

Concello e Diario de Pontevedra

Exposición “Pontevedra, cidade de cine” organizada polo Concello de Pontevedra e o Diario de Pontevedra co gallo da celebración dos Premios Feroz o próximo 25 de xaneiro no Pazo da Cultura da cidade. A exposición, comisariada polo xornalista Ramón Rozas, poderá visitarse ata o próximo día 26 na Praza de Ourense.

Do 10 ao 26 de Xaneiro 2025
Praza de Ourense, Pontevedra.
expo no casino

“Exposición” 

8

Mércores/Xaneiro

Liceo Casino

Exposición de pintura e fotografía da Asociación Artística Cultural De Pontevedra do 8 ao 28 de xaneiro de 2025 na nosa Sala de Exposicións.· A Clausura será o día 28 de xaneiro ás 20:00 horas coa presentación do libro a cargo de Manuel Fuentes e Ana Julia Martínez. Entrada libre ata completar aforo.

Do 8 ao 28 de Xaneiro 2025
Liceo Casino de Pontevedra.
Soños

“Soños” 

21

Sábado/Decembro

Reclamo estudio

Inauguramos SOÑOS, de Carlos Saburido, onde imos poder ver os gravados e debuxos que fixo nos últimos anos.
O seus deseños pódenser ler en calquera dirección como un palíndromo e a interpretación é libre: “Son deseños que veñen sós, como os soños, a maioría saen por si mesmos”.
Carlos Saburido é tamén tatuador, vive en Anceu, Pontevedra e encántanos a súa obra gráfica.

Do 8 ao 28 de Xaneiro 2025
Rúa Riestra 19, Pontevedra.
Acislo

“Acislo” 

13

Venres/Decembro

O 13 de Novembro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova exposición “Acisclo en 66 obras

Localización: Edificio Castelao – Comisaria: Beatriz de San Ildefonso

Do 13 de Decembro ao 02 de febreiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
é tempo de xogar

“É tempo de xogar” 

29

Venres/Novembro

O 29 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra, edificio Sarmiento, unha nova exposición “É tempo de xogar”. Colección Juan Manuel Alfaya Campo.

Do 29 de Novembro ao 09 de febreiro 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Exposición en fundación Manuel Moldes

“50 anos dende Tambor” 

19

Martes/Novembro

Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes celebra o medio século da inauguración damostra pictórico na Galería Tambor de Madrid dos artistas Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba.

Preséntanse algunhas das pezas que foron expostas na galería madrileña e obras posteriores de ámbolos artistas.

Do 19 de Novembro ata marzo 2025
Fundación Manuel Moldes, rúa Javier Puig, Pontevedra 
Vento

“Vento” 

25

Venres/Outubro

O 25 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova “infiltración” na colección. ‘Vento’, de Alberto Baraya.
Comisariada por Iñaki Martínez Antelo.
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
simultánea

“Simultánea” 

9

Mércores/Outubro

Afundación

Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.

Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.

Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.

Do 9 de outubro ao 25 de Xaneiro 2025
Café moderno, Pontevedra

Xa podes anotarte

Diana Cooper

“Diana Cooper” 

27

Luns/Xaneiro

Sociedad Filarmónica de Pontevedra

Diana Cooper, Primeiro Premio doVI Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo (2022).

CHOPIN:
Nocturno para piano en Re bemol mayor, op. 27 nº 2
Dos Estudios para piano (op. 25 nº 5 y op. 10 nº 8)
Catro Mazurcas para piano, op. 30
Scherzo para piano nº 4 en Mi mayor, op. 54
Polonesa Fantasía para piano en La bemol mayor, op. 61
Berceuse para piano en Re bemol mayor, op. 57
Sonata para piano nº 3 en Si menor, op. 58

Apasionada pola música clásica desde moi temprana idade, Diana Cooper alcanza a súa plenitude artística sobre o escenario. Gañadora de numerosos premios, entre eles o Primeiro Premio no Concurso Chopin de Brest, o Primeiro Premio no  Concurso Internacional Halina Czerny-Stefanská de Poznan (Polonia) e o Primeiro Premio no Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo 2022, Diana Cooper foi invitada a actuar en diversos escenarios e festivales en Francia e no extranxeiro

Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra.
Faenino y Cansado

“Faemino y Cansado” 

2

Domingo/Febreiro

Afundación

Faemino y Cansado volven máis intensos que nunca, sen cordura algunha e rompendo os moldes que ata o de agora viñan estruturando os seus shows. 17 veces é o novo espectáculo destes grandes. Javier Cansado e Carlos Faemino levan desde os 80 adozando con gargalladas as nosas vidas.  Sobria posta en escena para dúas persoas que non necesitan máis no escenario que o seu propio talento. Coñecemento, sabedoría e intelixencia, sumados todo o máis banal e coloquial fan que os 90 minutos de 17 veces, voen.

Ás 21:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥