“A nena Chuvia”
22
Martes/Outubro
Ás 11:30 horas
Rúa Castelao 5, Pontevedra
“Cinefórum: Háblame de ti”
22
Martes/Outubro
Afundación
Afundación, en colaboración con Dano Cerebral Galicia, organiza un cinefórum sobre o dano cerebral adquirido nos Espazos +60, durante o mes de outubro. O obxectivo é incrementar o coñecemento da sociedade galega, facendo especial énfase nas persoas maiores de 65 anos, sobre o dano cerebral adquirido, e a prevención dos ictus.
A actividade consistirá na proxección da película “Háblame de ti” e despois terá lugar un coloquio, dinamizado pola traballadora social/educadora da asociación Dano Cerebral Galicia no que se tratará a realidade reflectida na película, os recursos de atención dispoñibles en Galicia para o apoio e atención das personas e familias con dano cerebral adquirido e recordatorio/explicación dos síntomas de alarma do ictus.
Actividade gratuita. Prazas limitadas. Apúntate no teu Espazo +60 ou cubrindo formulario.
Ás 17:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
“Dolores de Rivas Cherif”
22
Martes/Outubro
O relator estará acompañado por Ángeles Tilve (directora do Museo de Pontevedra).
Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra
“Here”
22
Martes/Outubro
Cineclube
Here, Bas Devos, 2023
Bélxica, 82 min., VOSE- Lingua orixinal: neerlandés, francés, romanés, chinés.
Stefan, un obreiro da construción romanés que vive en Bruxelas, está a piques de regresar ao seu país. Cociña unha gran ola de sopa co que ten na neveira e repártea como despedida entre amizades e familiares. Xusto cando está listo para marchar, coñece unha moza que está a preparar un doutorado sobre musgos, a especie vexetal máis antiga coñecida. A capacidade de atención da moza cara ao case invisible deixa en Stefan unha fonda pegada.
Fipresci e o Mellor Filme de Encounters na Berlinale 2023
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Sobre todo de noche”
23
Mércores/Outubro
Facultade de comunicación, Pontevedra
Co gallo da celebración dos Premios Feroz en Pontevedra en 2025, a Facultade de Comunicación acolle un ciclo de proxeccións dedicado ao cine español.
Nesta xornada, proxectarase a longametraxe Sobre todo de noche, gañadora do Premio Feroz Arrebato de Ficción 2024. A proxección verase complementada cun coloquio co seu director, Víctor Iriarte, moderado polo xornalista Pedro Vallín.
Entrada libre previa recollida da entrada na Oficina de Turismo da praza de España.
Ás 18:30 horas
Sala de cine da Facultade de comunicación, Pontevedra
“El pintor Antonio Ortiz Echagüe”
23
Mércores/Outubro
Montserrat Fornells Angelats, investigadora sobre pintura española del siglo XIX, pronuncia la conferencia “El pintor Antonio Ortiz Echagüe (1883-1942) y la escuela sarda. Un ejemplo en el Museo de Pontevedra”.
Antonio Ortiz Echagüe fue un pintor cosmopolita y viajero que se formó en París y Roma y recorrió varios países y tres continentes buscando captar nos sus cuadros personajes y atuendos de lugares recónditos, especialmente mujeres que conservaban sus tradiciones frente al uniformismo del mundo moderno. Así pintó en los pueblos de Cerdeña, en los puertos de Holanda, en los zocos de Marruecos o en las explanadas de la Pampa Argentina, obteniendo con sus cuadros los mayores galardones internacionales del momento.
Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Sylvia Plath”
23
Mércores/Outubro
La Verbena
Agardamos por vós o mércores 23 de outubro para abrir a fenda do outro mundo, para procurar material poético con outras ferramentas… Maxia, ocultismo, espiritualidade. <<Morrer é unha arte como calquera outra>> Mércores 23 de outubro ás 21:10 en @laverbenaclub_ celebramos e invocamos a Sylvia Plath!
<<Dying
Is an art, like everything else.
I do it exceptionally well.
I do it so it feels like hell.
I do it so it feels real.
I guess you could say I have a call>>.
Ás 21:10 horas
La verbena, rúa Charino, Pontevedra
“Brumario poético”
23,24
Mércores,Xoves/Outubro
Brumario poético
O 23 de outubro Claribel Alegría, la pasión por la poesía y la naturaleza.
Recital y representación La ira de la diosa Demeter y la esperanza
o 24 de outubro Aventura poética del mito de Casandra: El presagio y la maldición. Danza: Jeannette Feal
Ás 20:15 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Curso de árabe”
24
Xoves/Outubro
Boa Vida
De 17:30 a 18:30 e de 19:00 a 20:00 horas
Edificio Emprego Xunta, Javier Puig, Andar 3, Oficina 13. Pontevedra.
“Cesar Antonio Molina”
24
Xoves/Outubro
Deputación de Pontevedra
Conversas con arte: César Antonio Molina
“Que facemos cos humanos?”
Licenciado en Dereito e en Ciencias da Información e doutor en Literatura, foi profesor de Teoría e Crítica Literaria na Universidade Complutense e de Humanidades na Carlos III. Tamén foi profesor convidado en varias universidades americanas e europeas, e é doutor honoris causa pola Universidade de Nápoles A Oriental.
Así mesmo, exerceu como director adxunto en Diario 16, dirixiu o Círculo de Belas Artes de Madrid, o Instituto Cervantes, a Casa do Lector e foi ministro de Cultura.
Poeta antologado e traducido, excelente crítico literario e columnista político, é autor de máis de medio cento de libros. Son tamén numerosos e exitosos os seus volumes de ensaio, entre os que se atopa La caza de los intelectuales.
Ás 21:00 horas
Salón de plenos da Deputación de Pontevedra
“Veñan as cinco”
25-27
Venres, sábado, domingo/Outubro
Ateneo Pontevedra
“Veñan as cinco’ achegará poesía nas 5 linguas da península a diversos puntos da cidade entre o 25 e o 27 de outubro
O festival, organizado polo Ateneo de Pontevedra, contará entre outras figuras con Nuria Vilán, María Sánchez, Mari Luz Esteban, Zheto Cunha Gonçalves, Mireia Calafell, Silvia Penas e o músico Fran Fernández
O acto inaugural conducido polas artistas Carme Quinteiro e Baia Fernández, terá lugar o venres 25 de outubro ás 19h.horas no Museo de Pontevedra, cunha performance de poesía e música
As actividades teñen entrada libre ata completar cabida a excepción das clases mestras, que ao ter prazas limitadas precisan de inscrición previa en festivalvenanascinco@gmail.com
Pontevedra
Teatro Principal, Museo, O Diaño, A verbena e Espazo Mauro Lomba
“As aventuras de Jeremiah Johnson”
25
Venres/Outubro
Vicerreitoria do campus de Pontevedra
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de As aventuras de Jeremiah Johnson (1972), de Sidney Pollack, nunha nova sesión do ciclo de cinema de outono Sobre vivir. Promovido pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, oito proxeccións integran unha programación que afonda na capacidade do cinema para ilustrar a relación entre o ser humano e o medio ambiente.
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Romina Garber”
25
Venres/Outubro
Visítanos Romina Garber para presentarnos o seu novo libro #elcorazondelosmalditos con @toxinho_books @dnxspain
Presenta Ana Domínguez
Ás 19:30 horas
Libraría Paz. Pontevedra
“Vento”
25
Venres/Outubro
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
“Praias de Portugal”
26
Sábado/Outubro
Universidade de Vigo
Ruta 1: Roteiro de praias de Portugal
A Universidade de Vigo arranca a súa programación de rutas culturais deste curso académico, organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, cun roteiro polas praias de Portugal. Será un percorrido lineal, de dificultade media-baixa, de entre 15-20 km, que pasará polos puntos da costa portuguesa de Caminha, Moledo e Vila Praia de Áncora. As andainas están abertas á inscrición da comunidade universitaria dos tres campus da UVigo e á cidadanía en xeral. blogue
Ás 09:00 horas
Praza de Galicia. Pontevedra
“Aitor Romero e Silvia Penas”
26
Sábado/Outubro
Afinidades electivas con Aitor Romero Ortega e Silvia Penas Estévez
Conversarán con Cynthia Menéndez
Ás 12:30 horas
Libraría Paz. Pontevedra
“Conversas do 1ºandar: Kevin Herm Connoly”
26
Sábado/Outubro
Concello de Pontevedra
‘Conversas do primeiro andar’ unirá até finais do mes de novembro “música, literatura e o gusto por un bo viño”
Concerto de Kevin Herm Connoly
Trátase de “unha proposta innovadora, na que falaremos de libros que pivotan ao redor da música” e tamén de viños, cos que “lembrar que estamos nun mercado, un punto de venta de produto fresco e de calidade”
Todo iso con acceso “libre e gratuíto” coa intención de “darlle movida ao primeiro andar pero sen facer moito ruído”.
Ás 20:00 horas
Primeiro andar do Mercado municipal, Pontevedra
“Miras”
18
Venres/Outubro
Do 18 de outubro ao 1 de Decembro 2024
Centro social A Pedreira, Pontevedra
“Ultramarinos Seoane”
10
Xoves/Outubro
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Ultramarinos Seoane, do artista chileno César Gabler, profesor na Facultad de Arte da Universidad Finis Terrae de Santiago de Chile. Comisariada polo artista e docente da Facultade de Belas Artes Nono Bandera, a exposición reúne un conxunto de pezas coas que Gabler propón unha relectura da produción visual do artista galego Luis Seoane, a partir de aspectos vinculados ao exilio, as vangardas e a cultura popular da época.
Trátase da primeira exposición de Gabler en España, que poderá contemplarse na sala de exposicións do campus de Pontevedra ata o 22 de novembro.
Do 10 de outubro ao 22 de Novembro 2024
Facultade de Belas Artes Pontevedra
“Abstracións e mensaxes cifrados”
9
Mércores/Outubro
Afundación
Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.
Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.
Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.
Do 9 de outubro ao 25 de Xaneiro 2025
Café moderno, Pontevedra
“50 anos de historia”Fuxan os ventos”
18
Mércores/Setembro
Concello de Pontevedra
Exposición itinerante ‘Fuxan os ventos. 50 anos de historia’
A inauguración será o vindeiro mércores día 18 de setembro ás 19 horas.
Trátase dunha iniciativa que pon en valor a unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través dunha ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos.
Creanse tamén dúas instalacións sonoras para que o espectador profundice en dous aspectos fundamentais en ‘Fuxan os Ventos’: por un lado o traballo de recollida da tradición oral e o proceso de transformación destas pezas e, por outro, o traballo coral de voces que caracteriza ao conxunto.
Do 19 de Setembro ao 13 de Novembro
Pazo da Cultura. Pontevedra
“Ricardo Blanco Cicerón”
12
Xoves/Setembro
O 12 de setembro, inaguróuse a exposición ‘O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón. Do coleccionismo ao Museo’, no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Esta mostra, que estará aberta ata o 10 de novembro, ofrece unha visión única sobre Ricardo Blanco Cicerón (Tui, 1844 – Santiago de Compostela, 1926), unha figura clave para a historiografía da arte en Galicia.
A exposición contará con pezas nunca antes vistas, incluídas xoias protohistóricas, moedas, medallas e documentos medievais, ademais de mobiliario orixinal e outros obxectos históricos.
Do 12 de setembro ao 10 de novembro 2024
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Xa podes anotarte
“La Celestina”
30
Mércores/Outubro
Grupo teatral Méndez Núñez
La Celestina, a traxicomedia de Calixto e Melibea
Autor: Fernando de Rojas S. XV
Adaptación Luigi Álvarez
Historia de amor entre os mozos Calixto e Melibea que rematarán sufrindo un tráxico destino despois de vivir diferentes acontecementos no que participa a teimada Celestina.
Ás 18:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Noso”
31
Xoves/Outubro
Concello de Pontevedra
‘Noso’ Compañía: Os Naúfragos
Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo no que creceron xuntos, a casa da infancia cun vello ultramarinos-bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive Nicolás con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén, logo de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas doutros tempos, unha visita non esperada, as relacións entre irmáns, a necesidade de mirar ao futuro e a importancia de dar valor ao noso pasado fan de NOSO unha dramedia que visibiliza o conflito xeracional e a sensación de pertenza ao lugar de onde vimos.
Dramaturxia e dirección: Gustavo del Río.
Elenco: Daniel Otero, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmy Núñez e Sete Eiroa.
Duración: 75 min. Mercar entradas
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Terceiro Acto”
2
Sábado/Novembro
Concello de Pontevedra
‘Terceiro Acto’ Compañía: Centro Dramático Galego
Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que, quizais, sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incert. Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.
Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, a partir de improvisacións co elenco.
Elenco: Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha “Tatán”.
Ás 21:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥