“A vida de bohemia”
22
Luns/Abril
Cineclube Pontevedra
A VIDA DE BOHEMIA. Aki Kaurismäki, 1992, Finlandia, 100, VOSE
Lingua orixinal: francés
Marcel é un escritor e dramaturgo que, debido ao escaso éxito das súas novelas e as súas revistas sen publicar, sobrevive recollendo botellas baleiras polas rúas da cidade. Rodolfo é un albanés sen papeis amante da pintura que vive escondéndose das autoridades. Schaunard é un compositor irlandés posmodernista que non consegue agradar os oídos parisiense coa súa música. Os tres fanse amigos en París e xuntos atoparán o sentido do amor, da amizade e da existencia.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Almeida e amigos en concerto”
23
Martes/Abril
Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra acolle a sétima edición do concerto Gustavo Almeida & amigos, no que se mesturan música e poesía. O cantante e compositor brasileiro estará acompañado no escenario da súa banda, do portugués Filipe Gonçalves e dos brasileiros Nathy Faria e Rodrigo Almeida, pola parte musical, e das escritoras Vicky Estévez e Elisabeth Oliveira, pola parte poética.
O concerto é de balde e con capacidade limitada, polo que cómpre reservar praza en reservas.museo@depo.gal antes do 23 de abril ás 14 h. Cada persoa pode reservar ata dúas prazas e deberá indicar un número de teléfono de contacto.
Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra
“Me lo merezco”
23
Martes/Abril
Librería Metáfora Pontevedra
Presentación do libro “Me lo merezco de Anita Doinel, na librería Metáfora
Me lo merezco: Historias de Tenrura, Sanación e Bos Tratos é un relato inclasificable e cru. A medio camiño entre o ensaio e a autobiografía, encapsula momentos de trauma, violencia, tenrura e sanación. Decidida a poñer sobre a mesa conversacións incómodas, anita fala en primeira persoa sobre violencia sexual e autodestrución, achegando unha mirada feminista e sobrevivente a temas como o abuso infantil, a gordofobia, a autocosificación, as non monogamias, o desexo, as cancelacións, o perdón, a bifobia e a mirada masculina. A través dun inventario de dolorosas miserias e doces vitorias recibimos a mensaxe máis importante: as feridas atravésannos colectivamente; nin somos raras nin estamos soas no noso sufrimento.
Ás 19:00 horas
Librería Metáfora, Pontevedra
“Para unha crítica da racionalidade”
23
Martes/Abril
Ateneo de Pontevedra
Ás 19:30 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Beirut: Jocelyne Saab”
23
Martes/Abril
Cineclube Pontevedra
BEIRUT, NUNCA MÁIS. Jocelyne Saab, 1976, Líbano, 35 min., VOSE
CARTA DESDE BEIRUT. Jocelyne Saab, 1978, Líbano, 52 min., VOSE
BEIRUT, A MIÑA CIDADE. Jocelyne Saab, 1982, Líbano, 37 min., VOSE
[Lingua: francés e árabe]
Nestas tres pezas gravadas entre 1976 e 1983, Jocelyn Saab achéganos á cotiandade bélica da súa cidade natal, Beirut. Asisitimos a través delas a un escenario marcado pola destrución e a reconstrución constantes ao longo dos anos de guerra, no que a directora libanesa non dubida en poñer corpo e cámara entre bombas e fusís para dar testemuño, cunha mirada íntima e poética, pero tamén política, da violencia israelí, a traición da armada siria, os xogos sucios entre comunidades e a a vontade dun pobo por recuperar a súa vida.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Soidades do alfabeto”
24
Mércores/Abril
Ás 17:30 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Montse do Pico”
24
Mércores/Abril
Museo de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao Museo de Pontevedra
“Claudia Paz”
24
Mércores/Abril
Libraría Paz
Claudia Paz, acompañada de Antolina Fernandez, falarán da serie de reflexións que compoñen este libro e da súa relación co espazo.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Cancións polas rúas de abril”
24
Mércores/Abril
Ateneo de Pontevedra
Ás 20:30 horas
Bar O Diaño, Pontevedra
“Tomás, cuando el silencio es complicidad”
24
Mércores/Abril
Vicerreitoria do campus de Pontevedra
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Lana creativa”
25-26
Xoves e Venres/Abril
Café Moderno, Pontevedra
De 11:00 a 13:00 horas
Café moderno, Pontevedra
“Colectânea 2024”
25
Xoves/Abril
Ateneo de Pontevedra
Ás 12:00 horas
Museo de Pontevedra
“50 anos dun sono”
25
Xoves/Abril
Ateneo de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Escadas do Teatro Principal de Pontevedra
“Diego Ameijeiras”
25
Xoves /Abril
Librería Cronopios
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
“Lancelot du Lac”
25
Xoves/Abril
Vicerreitoria do campus de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra
“Primavera do decrecemento”
25
Xoves /Abril
No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada no Pazo de Mugartegui, co faladoiro Finanzas éticas. Moito máis que produtos sostibles, a cargo de Diego Domínguez, de Fiare Banca Ética, que será presentado polo investigador Alejandro Fortuny.
Ás 19:00 horas
Pazo de Mugartegui, Pontevedra
“Do silencio a emoción”
25
Xoves/Abril
Afundación Pontevedra
CICLO DEL SILENCIO A LA EMOCIÓN III – Programa 2 – Octeto de Schubert Pontevedra .
CAMERATA ARVEN
PROGRAMA 2
Octeto de Franz Schubert en fa maior, D. 803
Do silencio á emoción é unha serie de concertos en colaboración con Afundación que invitan a escoitar música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo, resumirase a historia das obras do concerto, facilitando a escoita, permitindo que o público participe e se achegue á orquestra.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Fuentes Mora”
26
Venres/Abril
Ateneo de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao. Pontevedra
“Andrés Magán”
26
Venres/Abril
Libraría Paz
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“El novio de España”
26
Venres/Abril
Afundación Pontevedra
EL NOVIO DE ESPAÑA de Juan Carlos Rubio. 1 h 40 min | castelán | NRM 12
DIRECCIÓN Juan Carlos Rubio. DIRECTOR MUSICAL Julio Awad
ELENCO Christian Escuredo, Dídac Flores, Carmen Raigón, Marta Valverde
PRODUCIÓN TXALO, OLYMPIA METROPOLITANA, PENTACIÓN
«Que foi dos nosos exiliados? Quen puideron ou quixeron volver á súa terra? Quen non?»
Estamos no 1952, tras a Guerra Civil, os exiliados políticos non poden volver.
O recoñecido cantante vasco Luis Mariano está a rodar un musical que protagoniza canda Carmen Sevilla. Os dous teñen unha entrañable amizade que non pode converterse en amor polas preferencias sexuais del. Mais Luis está disposto a “heterosexualizar” a súa imaxe, pedíndolle á actriz casaren. Ten unha poderosa razón: os seus pais, republicanos exiliados, queren regresar ao país. E se para que Franco llo permita, ten que renunciar a si mesmo, farao. Carmen négase a participar nun matrimonio por comenencia, mais axudarao. O 18 de xullo, nunha festa de Franco, é o momento perfecto.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Antropoloxía do bico”
26
Venres/Abril
Vicerreitoria do campus de Pontevedra
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Poesía e microrrelato”
26
Venres/Abril
Poesía e Microrrelato Pontevedra
Ás 20:30 horas
Bar O Diaño, Pontevedra
“Cantos de taberna”
26
Venres/Abril
Maravallada
De 21:00 a 00:00 horas
Taberna Nasa e Barallocas, Pontevedra
“Brunch+taller de cerámica”
27
Sábado/Abril
Planes Culinart, Pontevedra
NOVO TALLER DE CERAMICA + BRUNCH
27 de abril (sábado)
El patio de Valle Inclán (Pontevedra)
10.00-13.00
Si estás deseando comprar las entradas escríbenos por privado
Prazas limitadas!!! Os esperamos querid@s
De 10:00 a 13:00 horas
El patio de Valle Inclán, Pontevedra
“Taller de Kimchi, chucrut e salmoira”
27
Sábado/Abril
Via Nai
Despois do taller de introducción á fermentación, poñémos mans á obra con esta nova proposta de Sole
Nesta ocasión, aproveitando que remata a temporada de coles, repolos e coliflores, nos adentramos na fermentación ácido láctica de vexetais, e imos practicar con tres receitas:
– Kimchi, unha adaptación da receita de col napa fermentada de orixen koreano
– Chucrut o sauerkraut, repolo fermentado, esta vez ao estilo “curtido salvadoreño”
– Giardiniera de Primavera, salsa “xardinera”, un mix de vexetais de temporada fermentados en salmuera
Levarás todas as preparacions a casa, xunto coas receitas. Ademais, terás oportunidade de catar estos mesmos fermentados xa listos.
¡Reserva a tua praza! 629 097 566
De 10:00 a 13:00 horas
Via Nai, Pontevedra
“Taller de zentangle”
27
Sábado/Abril
Zengoala Pontevedra
Feliz, contenta e agradecida de ter un espazo onde impartir os meus talleres e convidar os meus alumnos!! Este espazo é o meu coworking @arroelo e a enerxía que se respira e sente alí, fai que os meus talleres sexan máis completos, agradables e inspiradores. Reservei a sala máis grande e bonita un sábado ao mes ata xuño para que nos podamos reunir, facer Zentangle, compartir e nutrirnos de arte e conversación. 2 horas de clase e logo empeza a sobremesa con café e algo de picar.
Información 617 699 833
Ás 11:00 horas
Arroelo, Cobian Roffignac 4-6, Pontevedra
“O último pirata da ría”
27
Sábado/Abril
Troulanda
De 11:00 a 13:00 horas
Rua da alameda, Pontevedra
“Danza libre: A Onda”
27
Sábado/Abril
Danzándonos libres
Na vida, podemos elexir, abríndonos a novos ciclos, da mesma forma que o Mar ábrese as novas ondas, cando nos aceptamos e valoramos no momento presente, coas ferramentas que dispomos aquí e agora.
Nesta sesión, celebraremos a vida neste momento presente bailando.
A sesión celebrarase en Pontevedra.
Para máis información ou inscricións
622 513 274.
Prazo de inscrición aberto ata o xoves 25 de abril.
De 17:30 a 20:00 horas
Pontevedra
“Eugene Chadbourne & Schroeder”
27
Sábado/Abril
Museo de Pontevedra
Eugene Chadbourne é un referente internacional do free jazz, da improvisación e da música alternativa. Nacido en Mount Vernon (Nova York) en 1954, está en activo desde mediados dos anos setenta como guitarrista e banxista; ten publicado máis de 150 discos en solitario desde 1975 ata hoxe e colaborado con grupos e artistas da altura de John Zorn, Camper Van Beethoven, Jello Biafra, Turbonegro, They Might Be Giants e Violent Femmes, entre moitos outros.O concerto é de balde e con capacidade limitada, polo que cómpre reservar praza en reservas.museo@depo.gal antes do 26 de abril ás 14 h. Cada persoa pode reservar ata dúas prazas e deberá indicar un número de teléfono de contacto.
Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra
“Aquí…Supercentrau”
27
Sábado/Abril
Afundación Pontevedra
Joaquín Pajarón “Aquí…Supercentrau” Pontevedra .
O humorista Joaquín Pajarón, icona na comedia asturiana contemporánea, desembarca en Vigo e Pontevedra co seu último monólogo “Aquí…Supercentrau”. Un espectáculo de case dúas horas de duración cargado de situacións cotiás, experiencias vitais e reflexións sobre o mundo levadas sobre as táboas a través da hilarante narración do “showman” ovetense.
Tras o éxito de “En demasía”, espectáculo co que visitou cidades como Oviedo, Madrid, Santander, Bilbao, León, Pamplona, Xixón, Pontevedra ou Zamora, Joaquín Pajarón trae a Vigo e Pontevedra a súa nova creación, “Aquí… Supercentrau», un espectáculo de humor baseado no formato “stand up comedy”, no que o cómico conecta desde o minuto uno co público, para contaxiarlles risas nunha escenificación que non esquece o toque asturiano en cada detalle
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Medrando entre historias”
18
Xoves/Abril
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix) foi a encargada de elaborar para o Concello de Pontevedra unha exposición sobre a escritora Fina Casalderrey.
A mostra, escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, leva por título ‘Fina Casalderrey: medrando entre historias’ e está composta por 20 paneis que narran o seu percurso vital e literario.
Son as propias palabras de Fina as que serven de fío condutor da exposición, ao destacar declaracións e anécdotas que ofreceu en diferentes ocasións e medios ao longo da súa carreira.
Praza da Ferrería, Pontevedra
“Color y vida”
19
Venres/Abril
O Palacete das Mendoza abre ao público este venres, 19 de abril, a exposición “Color y vida”, na que a pintora pontevedresa Soco Vara de Rey recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu”. A mostra poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas, ata o vindeiro 5 de maio.
Como explica a o propia artista, a súa obra actual xorde tras un período de cinco anos sen pintar. Un cambio na súa vida impulsouna a retomar os pinceis e encher os seus cadros de cores. Desta maneira, para crear as súas obras prepara o soporte cunha base de cor e despois “deixa fluír” o pincel ao ritmo da súa imaxinación e sentimento, algo que se pode observar en cada un dos cadros da mostra.
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Berta Cáccamo”
12
Venres/Abril
Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición ‘Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo’, O venres 12 de abril ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).
Do 12 de abril ao 9 de xuño 2024
Do 12 de Abril ao 9 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“Simón Callery”
14
Xoves/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición The making of a painting / Facer unha pintura, na que se presentan os resultados do proxecto realizado polo pintor inglés Simon Callery xunto cun grupo de estudanes da Facultade de Belas Artes. Promovida coa colaboración da Vicerreitoría do campus e do Departamento de Pintura da UVigo, trátase dunha exposición comisariada por Elena Bangueses, que presenta os resultados dun traballo feito na paisaxe da contorna de pontevedra, en colaboración cos estudantes Goa Vázquez, Julio Catalán, Álex Fuertes, Diego del Río e Cristina Rus.
Do 14 de marzo ao 30 de abril 2024
Sala Universitaria Manuel Moldes, Pontevedra
“Castelao”
7
Xoves/Marzo
Museo de Pontevedra
O Museo abre o programa expositivo de 2024 coa mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, comisariada por Xosé Enrique Acuña. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista.
Do 7 de marzo ao 2 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“A nosa arte”
29
Xoves/Febreiro
Café Moderno Pontevedra
A exposición itinerante A NOSA ARTE permitirá que todos os galegos e galegas poidan descubrir de primeira man un dos aspectos máis descoñecidos do Parlamento como é a súa colección de arte. Ao longo dun amplo percorrido, que a transportará polas principais cidades e vilas de toda a xeografía galega, esta mostra exhibirá pezas particularmente significativas da arte contemporánea de Galicia. Unha retrospectiva selecta para dar conta da importancia que este tipo de práctica ten como expresión da pertenza a Galicia.
Do 29 de febreiro ao 25 de maio 2024
Café moderno, Pontevedra
Xa podes anotarte
“Aquí tou!”
30
Martes/Abril
Afundación Pontevedra
En ‘Aquí Tou!’, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser quen hoxe é.
Así, Touriñán tratará de dar resposta durante o espectáculo á nai de todas as preguntas:
“Estou neste preciso lugar e neste mesmo momento polas decisións que tomei ou foi a sorte, a casualidade e o destino os que me trouxeron ata aquí?”
Para atopar a resposta fará un repaso da vida dos seus antepasados e da súa propia, animando ao público ao facer o mesmo e así, entre todos, tentar despexar a incógnita:
“Si, aquí tou, pero… por que?”
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Concerto Coro Fundación Princesa de Asturias”
3
Vernes/Maio
Afundación Pontevedra
CORO FUNDACIÓN PRINCESA DE ASTURIAS Pontevedra
Este concerto enmárcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos), e, por iso, convidámoste a colaborar con esta causa solidaria, doando produtos non perecedoiros, que poderás depositar na entrada do noso recinto.
Director José Esteban García Miranda
Piano Óscar Camacho Morejón
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“Galder Varas”
4
Sábado/Maio
Afundación Pontevedra
ESTO NO ES UN SHOW
Se isto non é un show, estarase a preguntar, de que se trata? Pois probablemente do mesmo que outros moitos monólogos.
Pode vostede esperar un escenario, un micrófono e un cómico. Ademais, tamén pode esperar moita improvisación, chistes e bloques diferentes aos que vise de Galder Varas en redes (de feito, se non viu nada aínda, recoméndolle botar unha ollada antes de comprar unha entrada, seguro que lle serve de máis axuda que esta descrición).
E pode esperar, por último, a honesta intención de facerlle rir a gargalladas. Pero o que non pode esperar é un show. Iso xa llo advertimos.
Ás 18:30 e ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
“O pantasma melómano”
5
Domingo/Maio
Afundación Pontevedra
PROGRAMA 3
MÚSICA E MAXIA
O PANTASMA MELÓMANO con Pablo Puga e Xulio Merino
Do silencio á emoción é unha serie de concertos en colaboración con Afundación que invitan a escoitar música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo, resumirase a historia das obras do concerto, facilitando a escoita, permitindo que o público participe e se achegue á orquestra.
Ás 12:00 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥