Diego Moldes

“Diego Moldes” 

23

Martes/Decembro

Fundación Manuel Moldes

A Fundación Moldes acolle un diálogo entre Diego Moldes e Ramón Rozas sobre a confluencia do cinema, a literatura e a cidade de Pontevedra, destacando a sensibilidade cinéfila da vila dende a época muda ata a actualidade.

Servirá de preámbulo á presentación do próximo libro de Moldes, Más grande que la vida. Escritos sobre cine 2000-2025′,unha “enciclopedia” que traza un canon fílmico do século XXI.

De 19:00 horas
Fundación Manuel Moldes, Benito Corbal, Pontevedra 
Poquita fe

“Poquita fe” 

26

Venres/Decembro

Premios Feroz

Seguimos co ciclo ‘Nomeados Premios Feroz 2026’, coa proxección e o coloquio posterior dalgúns dos títulos nomeados:
Poquita fe’, coloquio con uno de sus creadores, Pepón Montero, y la actriz Julia de Castro.
As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 2 entradas por persoa. 
Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Reinventio

“Reinventio” 

26

Venres/Decembro

Afundación, Pontevedra

REINVENTIO é un espectáculo visualmente abraiante que mergulla ao espectador nunha aventura sen precedentes. A narración segue a un mago que perdeu a súa ilusión. Será quen de recuperala ao percorrer os seus pesadelos e soños?

O show transfórmase nunha especie de cabaret narrativo vibrante, rebosante de beleza e emoción, onde o circo, a danza e a maxia convértense nas pegadas do camiño. O público é convidado a un universo onírico no que a realidade se desdobra en aparicións e desaparicións imposibles, levitacións que desafían a gravidade, actos de circo que cortan a respiración e coreografías que encarnan a esencia da ilusión.

Ás 18:00 e ás 20:30 horas
Sede de AFundación, Pontevedra
zengoala

“Unha fiestra ao 2026” 

27

Sábado/Decembro

Zengoala

Ventanas hacia el 2026​

Neste obradoiro crearemos unha ventana simbólica para entrar no 2026.
Seguindo o método Zentangle, con un exercicio guiado, a mente se relaxa e aparece a confianza e o desfrute de crear.
Cada trazo nos recórdanos que podemos crear algo bello paso a paso, e esa experiencia se convertese nunha fiestra interior cara un novo ano máis aberto, consciente e cheo de posibilidades.

Prezo 45 Euros material e merenda 

Ás 11:00 horas
Coworking Arroelo, Pontevedra
Baño de sonido

“Baño de sonido” 

27

Sábado/Decembro

Pontebrújula

Último Baño de sonido mensual do ano E que mellor forma de despedir decembro que sintonizando corpo, mente e corazón. Este sábado 27 de decembro ás 11:00 h, reunímonos de novo en Pontebrújula para un baño de son moi especial da man de @anashantisounds. Será unha sesión para pechar ciclos, limpar ruídos internos e abrir espazo ao que queremos recibir en 2026. Unha pausa consciente, suave… e profundamente transformadora. Se che apetece regalarche calma, vibración e un ratito só para ti, este encontro é para ti. Baño de son con Ana Shanti Asociación Pontebrújula – Pontevedra 20 € Reservas: hola@pontebrujula.com  Vémonos entre cuncos, gong e moita enerxía bonita. O último baño do ano… vívese xuntos.

Ás 11:00 horas
Pontebrújula, Pontevedra
Obradoiro de pintura

“Pintar con/desde a luz” 

27

Sábado/Decembro

Concello de Pontevedra e Facultade de Belas Artes

No marco das actividades da exposición Do final e do comezo, promovida polo Servizo de Infraestruturas Culturais do Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, o Pazo da Cultura acolle o taller Pintar con/desde a luz, impartido polo titulado Iñigo Barreiro, un dos artistas participantes nesta exposición. Dirixido a un público familiar, infantil e adulto, trátase dun obradoiro con inscrición previa, centrado no traballo coa percepción lumínica e como esta afecta á percepción do espazo, no que as e os participantes poderán descubrir a pintura vencellada á luz nunha atmosfera experimental de xogo.

Ás 18:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
coribantes

“Concerto de Coribantes” 

27

Sábado/Decembro

Deputación de Pontevedra

Concerto dos Coribantes de Buchabade a favor de Manos Unidas

O evento solidario, que conta co apoio da Deputación Pontevedra, celebrarase o 27 de decembro ás 20:00 horas e reunirá sobre o escenario do Príncipe Felipe a máis de medio centenar de artistas entre músicos e bailaríns
Ás 20:00 horas
Auditorio do Principe Felipe, Pontevedra
Foliada no mercado

“Foliada no mercado” 

27

Sábado/Decembro

C S A Pedreira

Já temos pronta a última foliada do ano tambem!
Desta volta no Mercado, pra termos mais sitio e poder beilar numerosxs, anque chova con Marcelo Dobode, Os Xordos de Lérez e a Tralha da terra de Montes

Ás 20:00 horas
Mercado de Abastos, Pontevedra
Los sara Fontan

“Los Sara Fontan e Fotocopia” 

27

Sábado/Decembro

C S A Pedreira

Já temos pronta a última foliada do ano tambem!
Desta volta no Mercado, pra termos mais sitio e poder beilar numerosxs, anque chova con Marcelo Dobode, Os Xordos de Lérez e a Tralha da terra de Montes

Ás 20:30 horas
Casa verde de Salcedo, Pontevedra
Pablo dela Cruz

“Dirty old Town” 

27

Sábado/Decembro

La Verbena Club

Non podíamos rematar o 2025 sen montar algo así que o sábado 27 voltamos a  La Verbena Club co último baile do ano. A entrada é de balde como de costume, desde as 23:00 da noite ata que nos deixen.

Desta volta estaran ós mandos da aventura @pablodelacruz cargando cun monte de discos desde Madrid, Mr. Pittiful @ben_cho_shey de @compostelasoulclub para deleite dos soulies, o sospeitoso habitual local @diego_de_la_church e Nano @oi.patria.chandal que algún día había que sacalo de casa.

Desde ás 23:00 horas
A Verbena Club, Pontevedra
Zumba

“Zumba solidaria” 

28

Domingo/Decembro

HQR

A clase de zumba máis solidaria repite este ano na Festa HQR! O Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra repetirá como escenario desta gran clase que este ano terá lugar o domingo 28 de decembro, a partir das seis da tarde.

Ás 18:30 horas
Pavillon universitario, Pontevedra
Esfínter

“Esfínter” 

28

Domingo/Decembro

Afundación, Pontevedra

Volve o Nadal, volve ESFÍNTER: Un espectáculo para pechar o ano! Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas anuncian o seu esperado regreso aos escenarios de toda Galicia con ESFÍNTER 5, o reencontro de amigos que xa é unha das tradicións máis esperadas do nadal galego, á altura da chegada do Apalpador, Noiteboa ou a iluminación das luces de Vigo. E non o dicimos só nós, dino as miles de persoas que ano a ano reúnense cos nosos protagonistas nos teatros galegos para celebrar estas datas tan sinaladas!

Ás 18:30 horas
Sede de AFundación, Pontevedra
Especies Varadas

“Sergio Ordóñez Grela” 

21

Sábado/Decembro

Galería Tangram

ESPECIES VARADAS: Arte con basura marina
Lo que el mar devuelve se transforma en arte.
Piezas hechas a partir de restos marinos que nos hacen pensar (y mirar dos veces).
Art Afterwork especial
Arte, buen ambiente y plan perfecto para desconectar después del curro.
Exposición de Sergio Ordóñez Grela
Decembro 2025
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra
Debuxar coa luz

“Debuxar coa Luz” 

19

Venres/Decembro

Museo de Pontevedra

O próximo venres 19 de decembro ás 19:00 h inauguramos nova expo: ‘Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século XIX’.
Unha exposición que pon o foco naqueles que nos primeiros anos da fotografía construíron a memoria visual da cidade.
Do daguerrotipo á revista ilustrada, pasando pola ‘carte de visite’, a paisaxe urbana, o rexistro patrimonial e a fotografía científica, os fotógrafos que traballaron na Pontevedra do século XIX foron testemuñas e protagonistas da súa transformación.
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Ponteverde

“Carlos Bravo” 

17

Venres/Decembro

Carlos Bravo

Exposición de Carlos Bravo na tenda Ponteverde
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
Exposición na Fonda

“Cronofitti” 

17

Mércores/Decembro

Mambo Gallery

Exposición de Mambo Gallery no restaurante La Fonda Cronofitty
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
Elas crean

“Elas crean” 

15

Luns/Decembro

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a exposición Elas crean, conformada por unha serie de paneis informativos que abordan a traxectoria e obra de diferentes artistas plásticas, fotógrafas, cineastas e deseñadoras.Promovida polo Campus Crea, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a mostra percorre nestees meses diferentes centros do campus, podendo visitarse neste centro ata o 20 de Xaneiro 2026.

Do 15 de Decembro ao 20 de Xaneiro 2026
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Pontevedra
Do final ao comezo

“Do final e do comezo” 

12

Venres/Decembro

Facultade de Belas Artes

Exposición que cada ano reúne no Pazo da Cultura unha escolma de obras nacidas como traballos de fin de grao (TFG) na Facultade de Belas Artes.
Do 12 de Decembro ao 11 de xaneiro 2026
Pazo da Cultura, Pontevedra
dornas

“Enrique Cervera-Mercadillo” 

11

Xoves/Decembro

Liceo Casino

A beleza da paisaxe Cheega a nosa Sala de Exposicións.

Do 11 ao 24 de decembro, desfruta de “Dornas y otros paisajes”, a nova exposición de Enrique Cervera-Mercadillo.

Horario: de luns a sábado, 10:00–22:00 h. 
Do 11 ao 24 de Decembro
Liceo Casino de Pontevedra 
expo kentada

Novas miradas” 

11

Xoves/Decembro

KENTADA

Presentamos cartel expoo!!! 11 DE DECEMBRO 2025 exposición colectiva fotográfica de novos artistas contemporáneos que seguen en formación. Formada por artistas de diferentes puntos de España! Non volo perdades
Do 11 de Decembro
Rúa da Barca 14, Pontevedra
Expo n fundación Moldes

“Moldes dende a figura” 

11

Xoves/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Inauguración da exposición “Moldes dende a figura” o xoves 11 de Decembro ás 19:00 horas na sede da Fundación na rúa Benito Corbal 47.
Poderase visitar Xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas e sábado de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
expo por Gaza

“Heart of Gaza” 

10

Mércores/Decembro

Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Exposición “Heart of Gaza” na Biblioteca pública Antonio Odriozola.

A exposición, a través dos debuxos das nenas e nenos de Gaza, ofrece unha visión íntima da realidade vivida da infancia nun xenocidio, representando tanto os horrores como os momentos de beleza, de recordos entrañables tinguidos de melancolía, de resiliencia e desafío, e de esperanza no futuro. A mostra amosa, a través da arte, a súa dor, a súa forza e tamén a súa esperanza.

Do 10 de Decembro ao 10 de Xaneiro 2026
Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Alba Troiteiro

Alba Troiteiro” 

4

Xoves/Decembro

Alba Troiteiro

Exposición de debuxos de Alba Troiteiro.

Ela dí de si mesma, “non sei definirme, estoume ensinando”

Mentras tanto, nun intento de debuxarme fixen unha recopilación de algunhas versions da miña persoa a través de ollos alleos.

Decembro 2025
Mímate rúa Real 13, Pontevedra
Rebe acierto

“Rebe Acierto” 

3

Mércores/Decembro

Tábula Rasa

Exposición temporal na tabula Rasa. Pásate e desfruta da boa compañía e o bo rollo de este local. ” Kaldeirada” de Rebe Acierto.

Decembro 2025
Tábula Rasa, rúa Marquesa, Pontevedra 
Tato Heredia

“Tato Heredia” 

3

Mércores/Decembro

Taberna Parvadas

Exposición na Taberna Parvadas. de Tato Heredia. Se vos achegades pola Taberna Parvadas de Pontevedra, á parte de poder degustar unhas excelentes tapas e pratos podedes ver a magnifica exposición de cadros (acuarelas e óleos) de Carlos Heredia Calvo. 

Decembro 2025
Táberna Parvadas, Pontevedra 
Bicos de cine

“Bicos de cine” 

3

Mércores/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Pontevedra abraza a sétima arte! Novos Cinemas, Premios Feroz… e tamén “Bicos de Cine”.

A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra 
expo na pedreira

Bello Piñeiro” 

27

Xoves/Novembro

C.S. A Pedreira

Esta exposiçom sobre a história do rio de Vale de Corvos reclama a necessidade da recuperaçom ambiental e paisagística como um bem coletivo. Neste senso a exposiçom também nos convida a conhecer a obra do artista pintor Bello Piñeiro fundador Sociedade de Amigos da Paisagem Galego (em 1927), e dos artistas Celso García, Manuel Aramburu e Rodríguez Moñiz que deixam testemunha nas suas pinturas a paisagem pontevedresa de antano.”
Do 27 de Novembro ao 27 xaneiro
C. S. A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra
duas ladeiras

“Dúas ladeiras…” 

20

Xoves/Novembro

Facultade de Belas Artes

Entre o 20 de novembro e o 20 de febreiro, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Dúas ladeiras da mesma montaña, promovida xunto co Centro de Arte Fundación María José Jove. Nela preséntase as obras desenvolvidas polos artistas Martín Llavaneras e Elena Jones á raíz da súa estadía na cidade mexicana de Guadalajara como beneficiarios da primeira convocatoria de residencias internacionais desta fundación. 

A exposición pode visitarse de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.

Do 20 de novembro ao 20 de febreiro
Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes.
Leopoldo Varela

“Leopoldo Varela” 

14

Venres/Novembro

Deputación de Pontevedra

Inauguración da exposición “A forza da cor” de Leopoldo Varela 

A forza da cor foi a característica máis destacada da pintura de Leopoldo F. Varela (O Porriño, 1929-Vigo, 2007), como asina nos seus inicios. Pintor autodidacta, comezou a súa traxectoria como acuarelista, técnica coa que se deu a coñecer ao público en 1954 na sala Foto Club de Vigo e pola que en 1972 recibiu unha medalla de prata na Bienal de Arte de Pontevedra.

Do 14 de Novembro ao 11 de Xaneiro 2025
Edificio Castealo do Museo de Pontevedra 
Exposición de fotografía

“Comedy Wildlife” 

28

Martes/Outubro

Afundación

Inauguración da exposición “Comedy Wildlife”

A comicidade escondida na natureza chega ao café Moderno coa exposición «Comedy Wildlife. Premios de Fotografía». A mostra, foi desenvolvida e producida por Afundación, Obra Social de Abanca e organizada en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN) e a participación de Terra Espléndida.

Do 28 de Outubro ao 7 de Febreiro
Café Moderno Afundación, Pontevedra 
Ruibal

“José Ruibal”

24

Venres/Outubro

Museo de Pontevedra

O 24 outubro o Museo abrirá unha exposición sobre o dramaturgo pontevedrés José Ruibal para conmemorar o centenario do seu nacemento. Con Xosé Enrique Acuña como comisario, a mostra afonda na vida e na obra de quen foi  un dos máis sinalados representantes do teatro de vangarda en España no último terzo do século XX, cunha traxectoria que gozou de especial recoñecemento nos Estados Unidos. 

Do 24 de Outubro ao 18 de Xaneiro 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
infiltracións

“Marta Pazos”

31

Xoves/Xullo

Museo de Pontevedra

Dalia é o título do proxecto que a artista Marta Pazos (Pontevedra, 1976) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, que ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo de Pontevedra.

Cada ano convídanse dous artistas a investigar e traballar coa colección, como unha maneira de fomentar a construción colectiva de aprendizaxes e incorporar progresivamente novas miradas e discursos ao museo, ofrecendo novas lecturas sobre os seus fondos.

Ata o 11 de Xaneiro 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥