Unha noite sen saber nada

“Unha noite sen saber nada” 

22

Luns/Setembro

Cineclube

UNHA NOITE SEN SABER NADA. A Night of Knowing Nothing, Payal Kapadia, 2021, 99 min., VOSE. Lingua orixinal: hindi, bengalí e inglés

Unha estudante de cinema atopa un feixe de cartas esquecido no Instituto de Cine e Televisión da India. A través delas flúe unha hipnótica historia de amor truncada polo un implacable sistema de castas indio. As cartas entrelázanse con gravacións que dan conta da efervescencia social e política que rodea as protestas estudantís de 2015 en Pune, India, fronte a un sistema corrupto, inxusto e represivo. Un relato híbrido cheo de soños, paixón e revolta, no que ecoan, entre outros, Marker ou Pasolini.
Primeira longametraxe da directora india Payal Kapadia (A luz que imaxinamos), galardoada en 2021 co prestixioso Oeil d’Or ao Mellor Documental na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes e que conseguiu galardóns en Mar del Plata e Toronto.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra 
organiza espazos

“Ordenación de espacios” 

23

Martes/Setembro

Pontebrújula

A orde empeza en casa, pero termina transformando a túa vida O martes 23 de setembro en Pontebrújula teremos unha invitada moi especial: Lourdes (@homee_organizerr), que nos ensinará como a organización vai moito máis alá de ter caixóns bonitos.  Imaxina abrir a porta e sentir calma en lugar de caos. Imaxina que cada obxecto ten o seu lugar e que a túa mente tamén atopa espazo para respirar. Imaxina que a orde se converte nun hábito que sostén o teu benestar diario .

Soci@s: 10 € Non soci@s: 15 €

Reserva en: hola@pontebrujula.com  Prazas limitadas 

Ás 19:30 horas
Pontebrújula, rúa Michelena, Pontevedra 
charla en Afapo

“A saúde mental desde a neurociencia” 

23

Martes/Setembro

Charla: “La salud mental vista desde la neurociencia” presentado por José Manuel Fontenla Redondo presidente de AFAPO.

Ponente: Dr Carlos Spuch.

Ás 20:00 horas
Auditorio Abanca 4ª pranta, Pontevedra 
o seu xogo favorito

“O seu xogo favorito” 

23

Martes/Setembro

Cineclube

O SEU XOGO FAVORITO. Man´s Favorite Sport, Howard Hawks, 1964, 120 min., VOSE. Lingua orixinal: inglés

Roger Willoughby é vendedor de apeiros de pesca nuns grandes almacéns de San Francisco e ten unha gran reputación entre os seus clientes logo de publicar un exitoso manual sobre a materia. Cando é convidado a participar nun dos concursos de pesca máis importantes do país, terá que enfrontarse a un feito importante: Roger non usou na súa vida unha cana de pescar!

Protagonizada por Rock Hudson e Paula PrentissO seu xogo favorito é unha das máis disparatadas e divertidas obras do mestre da screwball comedy. Con ecos do seu filme anterior Bringing Up, Baby, rodado no ano 1938, Hawks desmonta os mitos da masculinidade colocando unhas protagonistas femininas cheas de forza e seguridade ante a tímida e torpe mirada do seu protagonista masculino.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra 
pregunta

“BALZAC E A NOVA COSTUREIRA CHINESA

24

Mércores/Setembro

Fundación Cuña Casasbellas

No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2025, celebrase o Ciclo cinematográfico “Outras terras, outros ámbitos, 2”, cuxa segunda sesión terá lugar este mércores, 24 de setembro, ás 20:00h, coa proxección do Film: 

Ás 20:15 horas
Fundación Cuña Casasbellas, Pontevedra 
Adela Figueroa

“Adela Figueroa Panisse” 

25

Xoves/Setembro

Libraría Paz

Presentación dos libros de Adela Figueroa Panisse editados por Medulia. A autora estará acompañada por Rogelio Pérez Poza e Anxo González Guerra

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
Xavier Alcalá

“Xavier Alcalá” 

25

Xoves/Setembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro “Comandantes e familiares”, de Xavier Alcalá, editado pola editorial Galaxia.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 25 de setembro ás 19:00 horas na Biblioteca do IES Valle Inclán de Pontevedra. O autor estará acompañado por Antón Vidal, presidente do Consello de Administración de Galaxia.

A entrada é libre ata completar capacidade

Ás 19:00 horas
Biblioteca do IES Valle Inclán, Pontevedra 
Cata de Wisky

“Cata de whiskys non escoceses” 

25

Xoves/Setembro

O xoves 25 ás 20:30 celebraremos unha cata de whiskys non escoceses.
Prazas limitadas.
70€/persona.
Reservas por privado o no local.
Ás 20:30 horas
Ye olde basset, avda Santa María, Pontevedra 
Foro empresa

“O mercado laboral” 

25

Xoves/Setembro

Foro Empresa

O xoves 25 de setembro o Foro Empresa Pontevedra, co patrocinio do Banco Sabadell, organiza unha nova edición dos seus Almorzos informativos no Hotel Galicia Palace de Pontevedra. Nesta ocasión, baixo o título de “O mercado laboral” habemos organizado unha mesa de debate na que participarán como relatores invitados: – D. Jorge Cebreiros Arce (Socio Director de Info JC) – D. José Antonio Menéndez F.-Kelly (Responsable da área laboral en ADV Economistas & Avogados SL) – D. Roberto Vázquez Cid (Responsable da área laboral en Garrigues Galicia) O prazo de inscrición para asistir ao mesmo xa está aberto e permanecerá activo ata as 15:00 do mércores 24 de setembro, sendo necesario unicamente encher este formulario dispoñible na seguinte ligazón á web do Foro Empresa Pontevedra.

 

De 09:00 a 10:15 horas
Hotel Galicia Palace, Pontevedra 
Pontesán

“Pontesán” 

26,27

Venres, sábado/Setembro

Pont-PonteSán é a maior feira de saúde e benestar de Galicia , fundada en Pontevedra en 2020 cando aínda estabamos a saír da maior crise sanitaria do século. O obxectivo de PonteSán é ofrecer á cidadanía información sobre saúde, benestar e un estilo de vida saudable dun xeito amábel, atractivo e divertido. Un evento pensado para todos os públicos, ofrece aos visitantes diferentes espazos para obradoiros, actividades e conferencias.

Programa

Ás 10:00 horas
Praza de España, Pontevedra
GNight

“G-Night” 

26

Venres/Setembro

Universidade de Vigo

O venres, cando se cumpre un lustro do seu nacemento, regresa a G-Night, a Noite das Persoas Investigadoras, cun programa de máis de 200 actividades de divulgación científica nas sete principais cidades de Galicia. Baixo o lema Conciencias creativas, a Universidade de Vigo coordina este evento, que se celebra de xeito simultáneo en todo o planeta e que abrangue dúas actividades en Pontevedra.

A primeira destas propostas é a Camiñada Castelao, un percorrido por diferentes lugares da cidade que tiveron algunha significación na vida e obra de Castelao, que se desenvolverá entre as 16.30 e as 19.00 horas. Trátase dunha actividade gratuíta, que se realiza en colaboración coa Área de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e que require de inscrición previa. Guiado polo historiador Roberto Rivas, este percorrido partirá da praza de San Xosé e completarse arredor das 18.00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. Neste espazo, as profesoras da Universidade de Vigo Diana Vilas e Ana Acuña abordarán a representación da nenez nas estampas de Castelao e actualidade do seu pensamento.

A segunda destas actividades é o Escape Room: un futuro habitable?, organizado pola Misión Biolóxica de Galicia (CSIC). Trátase dunha actividade participativa que combina coñecemento científico e xogo colaborativo, aberta a un máximo de 25 persoas, con inscrición previa. Terá lugar entre as 17.00 e as 19.00 horas, na sede da Misión Biolóxica de Galicia. Ambientado nun escenario de cambio climático, incendios e perda das colleitas, as persoas participantes neste xogo deberán resolver unha serie de enigmas e, tras superalos, persoal investigador deste centro impartirá unhas charlas vinculadas ás pistas obtidas, nas que aordará diferentes temáticas relacionadas co medio ambiente e a agricultura.

De 16:30 a 19:00 horas
Praza de San Xosé, Pontevedra
clase de debuxo

“Debuxo con modelo” 

26

Venres/Setembro

Tangram
Estreamos o noso primeiro workshop de debuxo con modelo en vivo! 
Prezo 15 € (material incluido)
Non necesitas experiencia previa, só gañas de experimentar e deixarte levar 
Contarás con unha guía artística paso a paso e todo o material preparado.
Reserva a túa praza por WhatsApp: 618 30 72 81. 
Prazas limitadas
De 18:00 a 20:00 horas
Tangran, Rúa Rosalia de Castro 32, Pontevedra 
lesions nos deportes

“O deporte e as lesións” 

26

Venres/Setembro

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

A sede da Vicerreitoría do campus acolle a mesa redonda O deporte e as lesións, diferentes perspectivas, dirixida a afondar en como as e os deportistas afrontan as lesións e a influencia que estas teñen nas súas carreira.

Promovida pola Vicerreitoría do campus de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, trátase dun faladoiro moderado pola xornalista e escritora Sara Tabares. Esta mesa contará coa participación de Andrea Fuente, medallista olímpica e seleccionadora nacional de natación artística; Javier Gómez Noya, adestrador do Team Spain, extriatleta e medallista olímpico e mundial; Antía García, nadadora de salvamento e medallista mundial, e Xisela de Aranda, directora de Deportes da Deputación de Pontevedra e exdeportista de alto rendemento. 

A mesa conta con entrada gratuíta, previa inscrición neste enlace.

Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra 
La ribot

“La Ribot: LaBola” 

26

Venres/Setembro

La Ribot: LaBOLADanza. Duración: 50 minutos

Nun movemento de espiral permanente, tres intérpretes intercambian o vestiario, danlles vida aos obxectos e compoñen co momento presente e os seus accidentes. Dese movemento xorden imaxes fugaces, compostas no momento nun xogo de cores e rexistros en cambio constante. Libre de todo artificio, ao mesmo nivel que as e os espectadores, LaBOLA invade os espazos e abre un camiño infinito á imaxinación.

La Ribot é coreógrafa, bailarina e artista visual e, ao longo da súa traxectoria, foi desenvolvendo un corpo de traballo baseado na exploración dos límites do corpo, da danza, do espectáculo, das artes visuais, sempre evolucionando e probando novos modos e espazos para mostrar as súas pezas. 

Ás 20:00 horas
Salón de plenos da Deputación de Pontevedra 
Comunicación en inglés

“Verbena Vibes” 

26

Venres/Setembro

La verbena

Queres practicar inglés nun ambiente relaxado?

Este é un grupo de conversa que se vai reunir o último venres de cada mes no bar La Verbena.

Non importa o teu nivel, so ganas de divertirte e pasalo ben.

Ás 21:00 horas
La Verbena, Rúa Charino 29, Pontevedra 
David Cepo

“David Cepo” 

26

Venres/Setembro

Afundación

GALA BENÉFICA REALIZADA POR AFAPO CON MOTIVO DEL DÍA MUNDIAL DEL ALZHEIMER

Duración: 80 minutos.

Nacido en Madrid no ano 1988, David Cepo comeza a interesarse polas táboas dun escenario desde que tiña pouco máis de 20 anos. Sempre mostrando o seu vis cómica, fórmase como actor na Escola municipal de arte dramática de Madrid e no centro Estudo 2 de Manuel Galiana, onde é seleccionado para ser parte do elenco de actor é que representan obras como FITA, De que falamos cando falamos de amor? ou Terror e miseria do Terceiro Reich. Estades preparados para explotar da risa co novo espectáculo da estrela cómica do momento? David Cepo cómico de nacemento e influencer por sorpresa, converteuse na nova sensación en redes sociais grazas á súa espontaneidade e proximidade. Moitos dos seus vídeos hanse viralizado e agora chega ao teatro cun espectáculo cargado de risas e humor onde David fará que sintas protagonista do seu propio show.

Ás 21:00 horas
Auditorio Sede AFundación, Pontevedra 
Motivación y elección de carrera

“Motivación e elección dunha carreira” 

27

Sábado/Setembro

Arroelo

Charla gratuita impartida por Carolina RivelaMotivación e elección dunha carreira“, descubre o teu propósito para elexir e lograr as túas metas académicas, ocupacionais ou profesionais.Inscrición previa llavesparaelegir@gmail.com 

Ás 11:00 horas
Espazo Arroelo, Cobian Roffignac 6, Pontevedra 
pintura emocional

“Taller de pintura emocional” 

27

Sábado/Setembro

Galería Tangram

Sumérgete no mundo da arte e a emoción co Taller de Pintura Emocional impartido por Irene Santamaria Plata en Galería Tangram. ​Este 27 de setembro, de 11:00h a 13:00h, convidámosche a explorar unha nova forma de expresión. Esquécete do que “deberías” pintar e concéntrate no que o teu corazón di. Deixa fluír a túa creatividade a través da arte abstracto e reencóntrate coa túa eu máis auténtico. Unha oportunidade para desconectar, sentir e crear. Non necesitas experiencia previa! ​
​Prezo: 20€ por persoa (todo incluído) Prazas moi limitadas!. Reservas: 618 30 72 81 ​
De 11:00 a 13:00 horas
Galería Tangram Pontevedra 
andaina nocturna

“Ponteandada nocturna” 

27

Sábado/Setembro

Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra organiza a 5ª ruta Ponteandadas 2025. Nocturna-semi-urbana con saída e chegada no Pavillón Municipal dos deportes
11 km – circular – Dificultade baixa
Inscrición ata o Xoves 25 de Setembro ás 00:00 horas

Ás 18,00 h curso de bastóns de sendeirismo é Marcha Nórdica
Saida da ruta: 20,00h
Para calquer aclaración, telf. 625482636 onde se pode facer o bizum de 2€ para o seguro de accidente). A VIDA É MOVERNOS
David fará que te sintas protagonista do seu propio show.

Ás 20:00 horas
Pabellón Municipal dos deportes, Pontevedra 
3 bodas de mas

“3 bodas de más” 

27

Sábado/Setembro

Concello de Pontevedra

Comezamos as previas dos Feroz 2026 ao grande

Celebraremos un ciclo de proxeccións titulado ‘A comedia segundo os Feroz’, composto por diferentes cintas gañadoras e nomeadas ao premio Feroz a mellor película de comedia: “3 bodas de más, 2013, 94 min, Javier Ruiz Caldera.

As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa. 

Ás 18:30 horas
Teatro principal, Pontevedra 
Carmina y amén

“Carmina y amén” 

28

Domingo/Setembro

Concello de Pontevedra

Comezamos as previas dos Feroz 2026 ao grande

Celebraremos un ciclo de proxeccións titulado ‘A comedia segundo os Feroz’, composto por diferentes cintas gañadoras e nomeadas ao premio Feroz a mellor película de comedia: “Carmina y amén“, 2014, 100 min. Paco León.

 As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa. 

Ás 18:30 horas
Teatro principal, Pontevedra 
Kentada

“Cristina Rus” 

19

Venres/Setembro

Éxposición da artista Cristina Rus @crisdelespejo , “Estampar es fácil si sabes como.”
Está composta por unha serie de gravados con motivos abstractos, nos que o interese reside na sua realización, os soportes que as recollen, e as innovacions técnicas tanto nas matrices como no proceso de estampado.
Vos esperamos por aquí que keremos ver de volta as vosas cariñas

Do 19 de setembro ao….
Rúa da Barca 14, Pontevedra 
Irene Santamaría

“Irene Santamaría” 

13

Sábado/Setembro

Exposición de Irene Santamaria Plata, nesta ocasión preséntanos “Desde Dentro”, unha proposta fresca e emotiva que nos convida a reconectar co noso neno interior a través do xesto, a cor e a emoción pura. Ademais, esta vez Irene sorpréndenos cun cambio de formato: xa non se trata de pinturas sobre lenzo como na súa anterior mostra, senón de serigrafías sobre tea acompañadas dunha instalación audiovisual que expanden a experiencia moito máis alá do papel.

Ata o 10 de Outubro 2025
Galería Tangram, Pontevedra 
Miopia

“Mito Meijón” 

12

Venres/Setembro

Liceo Casino

Exposición no Liceo casino de Mi(T)opía de Mito Meijón.

Horario de 10:00 a 22:00 h 

Do 12 ao 27 de Setembro
Liceo casino, Pontevedra 
crear por vir

“Crear Porvir” 

10

Mércores/Setembro

Editorial Galaxia

Exposición Crear porvir, a través da que a editorial Galaxia repasa 75 anos de historia. A mostra, que xa se puido ver noutras cidades, como Santiago de Compostela, e que conta co presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, entre os seus comisarios, poderase visitar neste espazo ata o 11 de outubro. Crear porvir está concibida a modo de homenaxe ao selo e permite coñecer a súa historia e anécdotas, ademais de achegar ao público actual algunhas das edicións máis especiais dos seus títulos. (Diario de Pontevedra)

Do 10 de Setembro ao 11 de Outubro 2025
Café Modeno, Pontevedra 
infiltracións

“Marta Pazos”

1

Venres/Agosto

Museo de Pontevedra

Dalia é o título do proxecto que a artista Marta Pazos (Pontevedra, 1976) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, que ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo de Pontevedra.

Nesta ocasión, Infiltracións  intégrase no contexto da 32 Bienal de Pontevedra, que propón como eixo de reflexión Volver a ser humanos, unha chamada a repensar a condición humana desde múltiples perspectivas.

Do 1 de agosto ao 30 de Novembro
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Camaradas

“Camaradas” 

28

Venres/Marzo

Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes presenta Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia

Do 28 de Marzo a Novembro 2025
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.
Visita as ruinas santo Domingo

“Ruinas de San Domingos” 

15

Sábado/ Marzo

Museo de Pontevedra

 Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:

➤ A súa cabeceira de cinco ábsidas, única no gótico galego
➤ A serie de capiteis e elementos decorativos
➤ A colección de laudas, sepulcros, escudos e outros elementos escultóricos
Pódese visitar: De martes a sábado: 10h a 14h e 16:00h a 19:30h
Domingos e festivos: 11h a 14h
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.

Proximamente

bordado

“Bordado ao aire” 

1

Mércores/Outubro

Curso de bordado ao aire, a formación comeza o 1 de outubro. Todos os mércores de 16:30 a 18:30 horas no centro su, antiga ONCE.

Prezo 15 euros de inscrición + 17 euros cota mensual. Duración 3 meses

De 16:30 a 18:30 horas
Centro sur, Pontevedra 
congreso de creatividade

“II Congreso internacional de Creatividade” 

2,3

Xoves, venres/Outubro

Campus Crea

Campus Crea promove os días 2 e 3 de outubro o II Congreso Internacional de Creatividade, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Creatividade Galega. No seu programa combínanse as conferencias de especialistas académicos e profesionais coa presentación de investigacións que conectan a creatividade coa arte, a comunicación, o deseño e a educación. 

Ás 09:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra 
Las amargas lágrimas

“Las amargas lágrimas de Petra Von Kant” 

3

Venres/Outubro

Afundación

LAS AMARGAS LÁGRIMAS DE PETRA VON KANTde Rainer Werner Fassbinder. 95 Min I castelán I 18 NRMDIRECCIÓN: Rakel Camacho

ELENCO: Ana Torrent; Aura Garrido; Julia Monje; María Luisa San José; Maribel Vitar

PRODUCCIÓN: Pentación Espectáculos e Nave 10 Matadero

«Estilizado retrato do desamor romántico nun universo puramente feminino»

Petra von Kant, unha deseñadora de éxito que acaba de separarse do seu segundo marido, vive coa súa secretaria Marlene, unha asistente e case unha escrava. Cando unha das súas mellores amigas lle presenta a Karin, unha moza oportunista de orixes humildes, Petra namórase perdidamente dela e promételle convertela nunha modelo internacional. As dúas mulleres comezan entón unha tormentosa relación.

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede AFundación, Pontevedra 
Tamara

“Tamara” 

4

Sábado/Outubro

Afundación

Tamara, a Raíña dos Boleros celebra 25 anos de música  cunha xira espectacular e o seu espectáculo Piano e Voz.  Un formato íntimo onde presentará os seus novos temas e lembrará os seus grandes éxitos, versións moi especiais e sorpresas que non che podes perder. 

Única no seu estilo, Tamara cumpre 25 anos cunha nova xira  e cun formato íntimo no que conecta co público de  unha forma próxima e emocionante. En “Piano e voz” Tamara  interpreta os seus grandes éxitos poñendo o protagonismo na súa  voz sobrecolledora, sen artificios, acompañada unicamente de  o seu inseparable piano. Tamén haberá espazo para versións  moi especiais como as que acaba de estrear en homenaxe  a Manuel Alejandro e Rocío Jurado e presentará en  directo algún dos seus novos temas estreados para esta xira  dentro do seu novo álbum de aniversario. Unha posta en escena impecable, envolvente e que atravesa ao espectador dende os primeiros acordes. 

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede AFundación, Pontevedra 
camiñada contra o cancro

“Marcha contra o cancro” 

5

Domingo/Outubro

A Marcha contra o Cancro volve a Pontevedra! E ti, ¿xa te apuntaches?
O domingo 5 de outubro, saímos todas e todos da Praza de España ás 10:30 h para camiñar xuntos/as por unha boa causa: que no 2030 a supervivencia no cancro chegue ao 70%.
É unha marcha solidaria, non competitiva, para todas as idades… e si, tamén podes vir coa túa mascota  (que terá agasallo!).
Inscríbete xa!  Ou pásate pola sede: R/ Eduardo Pondal, 64 – baixo (Pontevedra)
Prezos: Adultos: 10 € con camiseta / 6 € sen ela
Nenos/as (4-16): 7 € con camiseta / 3 € sen ela,  Menores de 3: gratis!
Inclúe dorsal e camiseta (segundo opción)
E obsequio especial se vés co teu peludiño/a!
Ven con amig@s, coa familia ou co teu grupo da vida. Cada paso conta. Corre, camiña ou acompaña pero… non quedes fóra
Ás 10:30 horas
Praza de España, Pontevedra 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥