Domingos

“O home: os dualismos” 

23

Martes/Xaneiro

O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia O home: os dualismos mentalista e ambientalista e o adualismo materialista, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 23 de xaneiro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade
De 19:30 horas
Casa das Campás de Pontevedra
xeografia da soidade

“Xeografías da soidade” 

23

Martes/Xaneiro

XEOGRAFÍAS DA SOIDADE
Jacquelyn Mills, 2022, Canadá, 105 min., VOSE
Lingua orixinal: inglés

Zoe Lucas, naturalista e investigadora autodidacta, leva máis de 40 anos vivindo, coidando e documentando a illa de Sable, a 175 quilómetros ao este de Nova Scotia (Canadá). É a única habitante humana desta remota franxa de area onde conviven cabalos salvaxes, focas, aves e insectos, e onde chegan residuos plásticos a moreas.
Premio Caligari en Berlín (2022)
Mellor Longametraxe Internacional en L’Alternativa (2022)

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Doce pasos

“Doce pasos” 

25

Xoves/Xaneiro

 O teu propósito de Ano Novo é sair a camiñar e facer máis exercicio físico o aire libre ?? Pois esta é a túa actividade. Ven a camiñar con nós
 Todolos Xoves ás 10:00 horas.  Praza de España, Pontevedra

Preciso a inscrición para a primeira vez (non é preciso acudir tódolos xoves) 
 Máis información: 986307158/629945925
 Actividade de Baixa esixencia. Actividade gratuita

Ás 10:00 horas
Praza de España, Pontevedra
Ramón Villares

“Ramón Villares” 

25

Xoves/Xaneiro

O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira, impartida polo historiador Ramón Villares.
A actividade terá lugar o vindeiro xoves, 25 de xaneiro, ás 19 horas, na área de cristal do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. O relator estará acompañado por Xosé Fortes e Lourdes Varela.
A entrada é libre ata completar capacidade.
De 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
presentación en Paz

“Cuerpos en rebeldía” 

25

Xoves/Xaneiro

Carme Adán e Enrique Latorre presentan “Cuerpos en rebeldía” Aproximaciones interdisciplinares. acompañados de Eva Mejuto
Editorial Comares
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Agarima fest

“Agarima Fest” 

26

Venres/Xaneiro

O Teatro Principal acolle o Agarima Fest, unha mostra de curtametraxes promovida polos colectivos de estudantes Color2Dark, Kasa Vella e Ondamar, co apoio da Facultade de Comunicación. Con entrada gratuíta, nesta mostra poderán verse once curtas, boa parte delas nacidas como traballos académicos no Grao en Comunicación Audiovisual. 

Ás 16:30 horas
Teatro principal de Pontevedra
Nadia Otero

“Nadia Otero” 

26

Venres/Xaneiro

O 26 de xaneiro ás 19h inauguramos a exposición de Nadia Otero, ‘Do Lerez ao Tambre’! Ven a gozar da peregrinaxe desde Pontevedra ata Santiago nun relato pictórico. Nadia, orixinaria do Grove, recrea a experiencia simbólica de Galicia con pinceladas en óleo. Esperámosche para mergullarche nesta cativadora travesía artística!

Ás 19:00 horas
Galeria Tangram Pontevedra
poesia e microrrelato

“Poesía e microrrelato” 

26

Venres/Xaneiro

Comezamos o novo ano con máis poesía en Microrrelato.
Nila Álvarez
Queco Fresco
Sara Maravillas
Charo Valcárcel
Venres 26 de Xaneiro Bar O Diaño
Ás 20:30 horas
Bar O Diaño, Pontevedra
cantos de taberna

“Cantos de taberna” 

26

Venres/Xaneiro

A cantar todos!!
Este VENRES 26 de XANEIRO
 Bar Bogotá.
 Huerto del cura
Na Rúa Xaquín Costa, frente do Colexio, un pretiño do outro.
Esperamosvos con moita alegría e ganas nesta nova tempada!
Ás 21:00 horas Bar Bogotá
Ás 22:30 horas El huerto del cura
portamérica

“Unha entrada, unha árbore” 

27

Sábado/Xaneiro

O próximo 27 de xaneiro regresa a nosa plantación de árbores anual. Apúntaste a colaborar?

Isto é todo o que precisas saber. Anota!
 Lugar: Monte de San Bieito-Almirante
 Hora: 10:00h
 Inscripcións: no formulario
 Disporemos dos avituallamientos necesarios para así celebrar en compañía despois de realizar unha labor tan significativa
Todo un planazo para facer en familia, con amigos ou un mesmo!
Ás 10:00 horas
Monte de San Bieito-Almirante, Pontevedra
presentacion do libro

“Ribadelouro, terra e auga é vida” 

27

Sábado/Xaneiro

O próximo 27 de xaneiro

Presentación do libro ” Ribadelouro, terra e auga é vida” de Manuel Vazquez de la Cruz. Interveñen Amparo Urtaza e Pilar Braga 

No centro social Casa Verde de Salcedo ás 12:00 horas

Ás 12:00 horas
Centro social Casa Verde, Salcedo, Pontevedra
Gospel

“Workshop Gospel” 

27

Sábado/Xaneiro

Presentamos un fantástico Workshop de GOSPEL!!

Si non poideches vir ao anterior, éste é o teu momento!!!💥
Da man de Rebeca Rods
616 352216
De 10:30  a 12:30 horas
Plaza de la Castaña,2 bajo, Pontevedra
Diego e Tomás

“Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero” 

27

Sábado/Xaneiro

Comeza o primeiro Vermú entre libros do 2024!

Con Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero García que falarán coa xornalista Teresa Cuíñas do seu cómic ‘Os Suicidantes‘ editado por XERAIS
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
zentangle

“Zentangle” 

27

Sábado/Xaneiro

Zentangle fusiona, dunha maneira moi sinxela, a creatividade e a parte artística do debuxo por unha banda, cun proceso meditativo. Emprégase patróns estruturados e repetitivos para crear bonitas pezas de arte en miniatura e o enfoque consiste en debuxar cada trazo de maneira deliberada e consciente sen pensar no resultado final. Coa práctica de Zentangle tes ao teu alcance un espazo onde renovar a túa enerxía, desenvolvendo benestar e paz interior, sen ter coñecementos previos de debuxo. Nun mundo cheo de estímulos e distraccións, Zentangle é unha ferramenta para volver ao noso centro, sentirnos equilibrados e ter calma mental.

www.zengoala.com  Teléfono e Whatsapp; 617699833

Arroelo
Cobian Roffignac nº 6 3º piso, Pontevedra
sede ruína

“Os Bar Ban Sónicos”

27

Sábado/Xaneiro

CONCERTO de Os Bar Ban Sónicos
Sábado 27 ás 20:00 horas

Taquilla inversa
Tlf/Wasap: 601 98 12 88

Formulário para associar-se: 

 Ás 20:00 horas
C.S. A Pedreira rúa serra 36, Pontevedra
Do final e do comezo

“Do final e do comezo” 

9

Martes/Xaneiro

Nova edición da exposición ” Do final e do comezo“. Este proxecto amosa o final dun ciclo para abrir portas a novas experiencias, retos e camiños. 
Vos convidamos a experimentar e compartir unha nova conversa dende a Arte Contemporánea. Agardamos a desfrutedes

Organiza: @pontevedrate @pazodacultura @facultadebelasartes @universidadedevigo
Comisariado: @alexandrarrey
Coordinación técnica, comunicación e deseño gráfico: @vacio_cero

Ata o 11 de febreiro 2024
Pazo da cultura, Pontevedra
sala manuel Moldes

“Manuel Moldes” 

30

Xoves/Decembro

 A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra,  ocupará a oitava planta do edificiopor un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.

Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que,  terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.

O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición ‘Misterio + luz = Pintura <-> Vida’, unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.

Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.

Ata o 30 de marzo de 2024
Edificio da Xunta de Galicia 8ª planta, Pontevedra
exposición Baltic Chain

“Baltic Chain project” 

14

Xoves/Decembro

A Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle, entre o 14 de decembro de 2023 e o 29 de marzo de 2024, a exposición Baltic Chain Project, na que se presentan un conxunto de fotografías sobre a chamada Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 nos estados de Estonia, Lituania e Letonia, que por aquel entón formaban parte da Unión Soviética.

Inserida nas actividades divulgativas dun proxecto europeo, a mosta arrancou en decembro exhibindo unha serie de escolmas da cadea en Estonia e irá mudando nos sucesivos meses para mostrar imaxes desta mobilización en Letonia e Lituania.

Do 14 de Decembro ao 29 de Marzo 2024
Facultade de Dirección e Xestión Pública Facultade de Comunicación. Pontevedra
campo de sementes

“Campo de sementes 2” 

23

Sábado/Novembro

Esta mostra segue a pescudar no traballo realizado tanto polo profesorado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra como dos egresados e egresadas que saíron das aulas do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. 
Esta terceira exposición conta coa participación de:
Maruxa Alonso Gago, Berta Cáccamo, Miguel Cuba, Manolo Dimas
Carlos Fer, Elena Fernández Prada, Juan Fontaíña, Xisela Franco, Carmen Lage, Teresa Pajares, Ignacio Pérez-Jofre, Lucía Romaní, Sonia Tourón Estévez
Comisario: Xosé Manuel Buxán Bran
Ata o 28 de Xaneiro 2024
Museo de Pontevedra
Formas de atrapar unha sombra

“Formas de atrapar unha sombra” 

22

Mércores/Novembro

Na sala universitaria Profesor Manuel Moldes inauguración da exposición “Formas de atrapar unha sombra” de Nono Bandera, Salvador Cidrás, Emilia Guimeráns e Maite Leyún.

Comisario: Marcos Covelo

A inauguración será ás 20:00 horas

Do 22 de Novembro ao 23 de febreiro 2024
Facultade Belas Artes, Pontevedra

Xa podes anotarte

trio pedrell

“Trio Pedrell” 

29

Luns/Xaneiro

MENDELSSOHN: Trío para violín, violonchelo y piano nº 1 en Re menor, op. 49
DVORÁK: Trío para violín. violonchelo y piano nº 3 en Fa menor, op. 65

Los miembros del Trío Pedrell se conocieron en la Escuela Superior de Música de Cataluña (ESMUC, Barcelona) y en 2012 crearon esta formación con la que desde entonces han llevado a cabo un trabajo constante de profundización en el repertorio para trío con piano, siempre con el objetivo compartido de presentar la música del pasado al público de hoy ofreciendo una lectura contemporánea, honesta y apasionada.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Andrés Salado

“Orquesta sinfónica de Galicia” 

1

Xoves/Febreiro

Director: Andrés Salado
Solista: Ludwig Dürichen (violín)

JESÚS TORRES: Concierto para violín y orquesta (2011)
SHOSTAKOVICH: Sinfonía nº 1 en Fa menor, op. 10

Orquesta Sinfónica de Galicia

Creada en 1992 por el Ayuntamiento de A Coruña, ciudad en cuyo Palacio de la Ópera tiene su sede, la Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) es una de las agrupaciones orquestales de mayor proyección en España además de una marca internacional con seguidores en los cinco continentes a través de su canal de YouTube. La OSG, cuyo director titular desde la temporada 2023-24 es Roberto González-Monjas y Víctor Pablo Pérez su director honorario, ha sido orquesta residente del Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 y del Festival Mozart de A Coruña desde su creación en 1998.

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
rutas saudables aecc

“Rutas saudables” 

1

Xoves/Febreiro

Comezamos o ano con novos propósitos  e poñemos en marcha as Rutas saudables en Pontevedra.
Haberá dous grupos os xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas.
Reserva a túa praza no teléfono gratuito 900 100 036 ou de maneira presencial na sede de Eduardo Pondal 64A Baixo Pontevedra  
Xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas
Praza de Galicia, Pontevedra
A ilusión conxugal

“A ilusión conxugal” 

2

Venres/Febreiro

A ILUSIÓN CONXUGAL de Eric Assous

DIRECCIÓN: Antonio Hortelano

ELENCO: Álex Barahona, Ángela Cremonte, Alejo Sauras

PRODUCIÓN: Pentación Espectáculos, Paloma Juanes, Alejo Sauras, Antonio Hortelano

«É realmente necesario saber os segredos da nosa parella? Ata onde debemos coñecer os seus segredos máis íntimos?»

Unha tarde, María espera polo seu marido Maxi para facerlle unha proposta. Cando el chega, espétalle que lle gustaría que fixesen un xogo, saber en que punto se atopa a súa relación despois de tantos anos de monotonía… O xogo consiste en saber a cantidade de amantes que tiveron durante o seu matrimonio. A cousa vaise enleando e pouco a pouco comezan a pór enriba da mesa todas as miserias, mentiras e infidelidades das que foron obxecto durante a súa relación, ata conseguir tirar por completo con esa máscara que levaban na cara e amosárense como de verdade son o un fronte ao outro.

Mercar entradas

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación, Pontevedra
Tributo Sabina

“Tributo a Sabina” 

3

Sábado/Febreiro

Condutores Suicidas” fórmase en 2020 co propósito de render un fiel e respectuosa homenaxe a Joaquín Sabina e a súa banda.

O show é unha asombroso reflexo dos directos do mestre nos que se percorren todas as etapas da súa carreira desde a época de Viceversa.

O incrible parecido da voz e a coidada interpretación instrumental trasladan ao público ao marabilloso mundo das cancións de Sabina.

Inesquecibles baladas acústicas e os máis potentes e inconfundibles temas de rock son coreados polos asistentes durante máis de dúas horas de actuación.

Cancións como como “Princesa”, “Y sin embargo”,”¿Quién me ha robado el mes de abril? ”, “El boulevard de los sueños rotos”, ”Peces de ciudad”, “Pacto entre caballeros”, “La del pirata cojo” o “19 días y 500 noches” non faltarán no repertorio de Condutores Suicidas, a banda tributo máis fiel a Joaquín Sabina do panorama nacional.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥