“Voces nos Ermos”
23
Luns/Marzo
Deputación de Pontevedra
Ás 10:15 horas
Auditorio Sede Afundación, Pontevedra
“En la puta vida”
23
Luns/Marzo
Facultade de Comunicación
En la puta vida de Beatriz Flores. Uruguay 2001
Elisa, unha nova uruguaia de 27 anos, soña con abrir un salón de peiteado en Montevideo. Sen recursos e con dous nenos aos que coidar, e cun carácter rebelde, Elisa rompe coa súa familia e co seu amante e queda sen traballo, todo ao mesmo tempo. Sen outra saída, comeza a traballar como acompañante, pero pronto se converte en prostituta e vese envolvida nun tráfico internacional de mulleres e unha guerra de clans.
Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
“Manuel Vilas”
23
Luns/Marzo
Librería Cronopios
Estamos felices de comunicarvos que Manuel Vilas vai asistir á nosa reunión do Club de lectura para comentar a súa última novela Islandia. Será o luns 23 ás 19:30h, e por problemas de espazo necesitamos que nos confirmedes canto antes a asistencia, sexades membro do Club de lectura ou non. Encántannos as novas incorporacións e seredes benvidos. Tan fácil como chamarnos por teléfono ou achegarvos á tenda para anotarse ou buscar información. Así de fácil.
Ás 19:30 horas
Rúa Frei Xoán de Navarrete, 5, Pontevedra
“Brais González”
23
Luns/Marzo
Sociedade Coral Polifónca de Pontevedra
Presentamos un dos proxectos máis especiais deste ano do noso centenario.
O vindeiro 23 de marzo de 2026, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra estreará “Leucoíña. O canto das augas“, unha cantata composta por Brais González especialmente para a nosa coral, que interpretaremos xunto coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra.
Unha nova creación musical inspirada na memoria, no mar e na historia da nosa cidade, que comeza o seu camiño cara ao escenario.
Ás 20:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
“Estiu 1993”
24
Martes/Marzo
Cineclube Belas Artes
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Diversa”
24
Martes/Marzo
Afundación
Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA, a cargo da comisaria Matilde Rodríguez.
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.
Do 24 de marzo ao 20 de xuño
Café Moderno, Pontevedra
“Joaquín Moldes”
24
Martes/Marzo
Deputación de Pontevedra
Con “A segunda vida” Joaquin Moldes quere convidar as e os espectadores a deterse e mirar máis aló do evidente. Interésalle reflexionar sobre eses mundos paralelos que nos rodean, que nos condicionan e que, aínda que ás veces invisibles, están máis preto do que imaxinamos. Traballa con materiais reciclados porque cre na transformación: na posibilidade de outorgarlle unha nova existencia a aquilo que parecía esgotado. A través de pinturas e esculturas, constrúe un universo simbólico onde os rostros, os corpos fragmentados e as figuras en tensión falan da dor colectiva, da identidade e tamén da resistencia. Esta exposición é, para el, unha chamada de atención, pero tamén unha porta aberta. Desexa que cada obra funcione como unha chave que nos conecte coa nosa conciencia e nos impulse a mirar cara a dentro. Porque sempre é posible unha segunda vida: na materia, na memoria e en nós mesmos. Inauguración ás 19:00 horas
Do 24 de marzo ao 12 de Abril
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Luis López Diéguez”
25
Mércores/Marzo
Foro empresa Pontevedra
O videiro mércores 25 de marzo celebraremos o XL Almorzo-Coloquio Foro Empresa Pontevedra.
Nsta ocasión, teremos o pracer de contar coa presencia como invitado principal de D. Luis López Diéguez, Presidente da Deputación de Pontevedra, cuxa intervención levará por título «Construíndo unha provincia extraordinaria».
As reservas realizaránse a través do enlace
De 13:45 a 16:00 horas
Liceo Casino de Pontevedra
“Sirat”
25
Mércores/Marzo
Facultade de Comunicación
Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra
“La comedia:entre la seducción…”
25
Mércores/Marzo
UNED Pontevedra
Ás 18:30 horas
UNED, Pontevedra
“Engracia Vidal Estévez”
25
Mércores/Marzo
Ateneo de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Sara Vila Alonso”
25
Mércores/Marzo
Concello de Pontevedra
Encontro con Sara Vila a partir da obra: O incendio (Edicións Xerais de Galicia)
Xa o dicía a cantiga, Pontevedra é boa vila, dá de ler a quen pasa! (ou algo semellante)
E tamén dá de ler a quen nela vive. Non hai mellor modo de celebrar a lectura que xuntándonos a falar de libros. Por iso decicimos botar a andar unha serie de encontros lectores arredor da nosa cidade. Obras de escritores e escritoras de Pontevedra ou lecturas que teñan Pontevedra como escenario.
Faremos unha xuntanza ao mes, en distintos espazos culturais da cidade, para celebrar, debater e opinar co autor ou autora da obra.
Que facer para participar?
- Ler a obra seleccionada
- Inscribirse no encontro
Ás 19:00 horas
Pontevedra
“Desconcerto”
25
Mércores /Marzo
UNED Pontevedra
Actuación do grupo DESCONCERTO, dúo acústico formado por @valentindacova e @ohlopex.
Obxetivos: Achegar a música en vivo ao público universitario e á cidadanía, promovendo o acceso a manifestacións culturais de calidade no ámbito da UNED.
Dar a coñecer a traxectoria artística de DESCONCERTO, dúo acústico formado por @valentindacova e @ohlopex.
Fomentar a sensibilidade artística e cultural, poñendo en valor a interpretación vocal como forma de expresión artística e emocional.
Promover a programación cultural como espazo de encontro, intercambio e goce compartido entre a comunidade universitaria e a sociedade en xeral.
Reforzar o compromiso da UNED coa difusión da cultura, apoiando o talento artístico e a creación musical contemporánea.
Ás 19:30 horas
Salón de actos da UNED, Pontevedra
“Un deus salvaxe”
25
Mércores/Marzo
Fundación Cuña-Casasbellas
No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, na Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Poder e loucura: ególatras, narcisistas e outras faunas”, cuxa octava sesión terá lugar este mércores, 25 de marzo, ás 20:00h, coa proxección do Filme: UN DEUS SALVAXE. Direc.: Román Polanski.
Reparto: Kate Winslet, Christoph Waltx, Jodie Foster, John Reilly.
País e ano: Francia, 2011. Duración: 79 m
Ás 20:00 horas
Sala VerSus da Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
“La cocina”
25
Mércores/Marzo
Concello de Pontevedra
Continuamos co festival de cine gastronómico no Mercado de Abastos!
Proxectamos: La cocina de Alonso Ruiz Palacios
É a hora punta do xantar en The Grill, unha trampa para turistas de Nova York que atende a miles de clientes un venres normal como hoxe. Desapareceu diñeiro da caixa e todos os traballadores están a ser interrogados. A maioría deles son inmigrantes ilegais e loitan por defender o seu traballo, o único lugar que lles corresponde no mundo, mentres preparan unha infinidade de pratos, tratando de seguir o ritmo do fluxo constante de pedidos que chegan do comedor.
Entrada libre ata completar aforo
Ás 20:00 horas
Mercado de abastos de Pontevedra
“Cata de viños”
25
Mércores/Marzo
Tábula rasa
Ás 20:30 horas
Tábula Rasa, rúa Marquesa, Pontevedra
“Javier Teniente”
26
Xoves/Marzo
Editorial Solar
Queridas amigas e amigos, quedades convidadas á presentación de TRAS OS MONTES, un fotolibro de Javier Teniente @javierteniente , na Paz Librería de Pontevedra @librariapazpontevedra , o vindeiro xoves 26 de marzo ás 19 horas.
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Francisco Lozano”
26
Xoves/Marzo
Liceo Casino
O 26 de marzo ás 21.00 horas chega a presentación de ‘Algo é certo‘ a nova novela de Francisco Lozano Rodríguez. Nado en Zamora en 1944 e residente en Pontevedra desde 1974, o autor iniciou a súa traxectoria literaria con relatos de temática diversa, obtendo en 2009 o primeiro premio de relatos curtos convocado pola Asociación Cultural O Peche de San Sebastián de los Reyes. En febreiro de 2016 publicou a súa primeira novela, A tiro hecho, á que seguiron Uranio (2018) e Polvo de esparto (2021). Algo é certo constitúe a súa cuarta obra novelística. Unha cita imprescindible para amantes da lectura. A entrada libre e gratuíta.
Ás 21:00 horas
Liceo Casino de Pontevedra
“Mofa e Befa”
26
Xoves/Marzo
Producións Teatrais Excéntricas
– MOFA E BEFA: OS DOUS DE SEMPRE
Producións Teatrais Excéntricas
Moita xente, cando escoita “os dous de sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O dúo cómico formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo río do humor galego. Agora decídense a encarnar dúas personaxes de papel, concibidos por un humorista gráfico. Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademais, o animal que todos levamos dentro. Nenos, tolos e animais compoñen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retablo da comedia humana. Mofa e Befa vai meter todo este universo nas figuras de Pedriño e Rañolas: Os Dous de Sempre.
Autoría: Quico Cadaval e Carme Varela. Dirección: Quico Cadaval. Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto.
Duración: 100 min
Ás 21:15 horas
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
“Marta Martínez Novoa”
27
Venres/Marzo
Librería Nobel
Presentación na libraría!
O venres 27 de marzo ás 19:00 h recibimos a Marta Martínez Novoa, autora de El síndrome de la chica buena, quen virá presentarnos o seu novo libro: Familias que duelen (sin querer).
Agardámosvos para compartir libros e conversa na nosa nova libraría.
Ás 19:00 horas
Librería Nobel, Pontevedra
“Roger Fariñas”
27
Venres/Marzo
Fundación Cuña-Casasbellas
Ás 20:00 horas
Sala VerSus da Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
“Xornada Vegana”
27
Venres/Marzo
A Pedreira
27 Março 20:00h
A cesta da compra, coloquio e petiscos
@irmandadeantiespecista
Ás 20:00 horas
C.S A Pedreira, Pontevedra
“Asasinato no Orient Express”
27
Venres/Marzo
Afundación
Juanjo Artero protagoniza esta nova adaptación do clásico de Agatha Christie. Con once intérpretes no escenario e unha poderosa posta en escena, “Asasinato no Orient Express” promete ser unha experiencia cativadora e emocionante. Inverno na década de 1930: Hércules Poirot viaxa no Orient Express. No medio da noite, unha tormenta illa o tren e, á mañá seguinte, un dos pasaxeiros é atopado asasinado. Co asasino aínda a bordo, Poirot enfróntase a un dos casos máis desafiantes da súa carreira. Únete a el nesta viaxe chea de misterios e sorpresas!
Ás 20:30 horas
Auditorio da Afundación, Pontevedra
“Cousobares”
27
Venres/Marzo
Maravallada
No “Chato” as 22:30 h
Co Grupo “COUSOBARES” e Maravallada
Non faltes!!! Ven a pasalo ben cantando
Na Taberna “Rula” ás 21h
No “Chato” as 22:30 hs
“IN THE CISOS”
27
Venres/Marzo
Liceo Casino
Actuación do grupo In The Cisos , seguida dunha sesión DJ a cargo de Luis Lobato. As entradas serán gratuítas para os socios e terán un custo de 5 € para non socios. Poderán solicitarse a través da web ata o día 26 de marzo ao 19.00 h ou nas recepcións de Manuel Quiroga e A Caeira ata o mesmo día do concerto.
In The Cisos é unha banda de versións Pop Rock que rende homenaxe a grandes artistas nacionais como Manolo García, Radio Futura, Os Ronaldos, Tam Tam Go! e Joaquín Sabina, así como a recoñecidas figuras internacionais como Bryan Adams, Eric Clapton, Dire Straits e Tears for Fears. A formación está integrada por: Joselo García (voz e guitarra), Mario Montes (batería e coros), Marqués Entenza (baixo e coros)
Ás 22:00 horas
Liceo Casino de Pontevedra
“Gua Sha e iniciación ao Ioga facial”
28
Sábado/Marzo
Aromara
Ás 11:00 horas
Aromara, rúa San Román 5, Pontevedra
“Alquimia Mineral”
28
Sábado/Marzo
Zengoala
Ás 11:00 horas
Coworking Arroelo, cobian Roffignac 6, Pontevedra
“Baño de Son”
28
Sábado/Marzo
Pontebrújula
Primavera: enerxía, movemento e equilibrio Co cambio de estación, non só cambia a contorna… tamén o fai o noso corpo. A luz, os ritmos biolóxicos e o sistema nervioso actívanse, e moitas veces sentimos máis enerxía… pero tamén máis desaxuste. Aquí é onde o son pode axudarnos
Baño de Son – Enerxía e Equilibrio Con Ana Shanti @anashantisounds Prezo: 20 € Reservas: hola@pontebrujula.com Prazas limitadas
Ás 11:00 horas
Pontebrújula, Pontevedra
“José Suárez”
28
Sábado/Marzo
Taller abierto
Ás 11:30 a 13:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Mulleres de palabra(s)”
28
Sábado/Marzo
Deputación de Pontevedra
O Pazo Provincial de Pontevedra acolle o sábado 28 de marzo ás 12:30 un
Recital e conversa con Miriam Reyes, Chus Pato e Yolanda Castaño, as tres últimas mulleres galegas premiadas co Premio Nacional de Poesía. Este acto inaugura a segunda edición de “Mulleres de Palabra(s)”, destacando a creación feminina.
Aforo: 100 prazas.
Ás 12:30 horas
Pazo Provincial, Pontevedra
“Cantanhede x Manuel Quiroga”
28
Sábado/Marzo
UNED Pontevedra
Temos o pracer de convidarlles ao Concerto de Intercambio: Cantanhede x Manuel Quiroga, un encontro musical que celebra a unión cultural entre Galicia e Portugal. Este evento, que terá lugar o próximo 28 de marzo, é o resultado do traballo conxunto entre novos talentos de ambas as institucións, ofrecendo un programa único no Salón de Actos de UNED Pontevedra.
Entrada libre ata completar aforo.
Ás 16:30 horas
Salón de actos da UNED, Pontevedra
“Concerto sorpresa”
28
Sábado/Marzo
Sofar
¡Volvemos!
28 de marzo, ás 17:00h
Lugar secreto (como sempre)
Tres artistas que descubrirás alí.
Un espacio sorpresa.
Concerto en formato íntimo.
Si estiveches en xaneiro, sabes cómo va.
Si non, este é un bo momento para venir.
Entradas muy limitadas (e voan).
Ás 17:00 horas
Pontevedra
“Infiltraçons policiais e guerra suja”
28
Sábado/Marzo
A Pedreira
28 Março 20:00h
Ás 20:30 horas
C.S A Pedreira, Pontevedra
“Bobby Martínez& SPJ-Group”
28
Sábado/Marzo
Jazz no principal
Bobby Martinez & SPJ-Group
Compositor, saxofonista e profesor. Bobby Martínez nace en Philadelphia, fillo de pais cubanos e neto de Galegos. Comeza os seus estudos musicais aos 6 anos de idade, e aos 15 anos ingresa na “Miami Dade Community College”para empezar así os seus estudos en jazz e big band baixo a tutela de John Georgini..Os seus profesores de saxofón foron Billy Ross, Ed Cale, Gary Keller. Aos 22 anos foi a Nova Iorque a estudar co celebre Eddie Daniels 2 anos. No 1998 estableceuse en Madrid. Na actualidade é mestre na universidade Alfonso X O Sabio..
Ás 21:00 horas
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
“Ponteandadas”
29
Domingo/Marzo
Naturgaliza
INSCRICIÓN ABERTA….
Ás 09:30 horas
Corbaceiras, Pontevedra
“Queen is Back”
29
Domingo/Marzo
Afundación
QUEEN nunca desapareceu; as súas cancións seguen resoando. Pero cando o poder de “Bohemian Rhapsody” ou o ruxido de “We Will Rock You” se levan ao escenario coa enerxía dunha banda en directo, a experiencia convértese en algo máis que nostalxia: transfórmase nunha viaxe colectiva. Iso é o que ofrece “Queen is Back”.
Con máis de dúas horas e media de música, luces e emoción, “Queen is Back” non se limita a imitar; recrea con fidelidade e paixón a esencia dos concertos orixinais de QUEEN. Hai moitos tributos a Queen, pero ningún como o noso espectáculo “Queen is Back”.
Ás 20:00 horas
Auditorio da Afundación, Pontevedra
“Son Muller”
16
Luns/Marzo
Deputación de Pontevedra
A mostra forma parte do proxecto ‘SONMULLER’, impulsado polo alumnado da materia de Planificación e Deseño de Proxectos Culturais do Conservatorio Superior de Música de Vigo e coordinado pola profesora María Fernández Trillo.
Do 16 ao 31 de marzo
Do 16 ao 31 de Marzo 2026
Vestíbulo do Pazo provincial. Pontevedra
“Orixinais de Castelao”
16
Luns/Marzo
Liceo Casino
O Liceo Casino acollerá na súa Sala de Exposicións do 16 ao 31 de marzo, unha selección de reproducións das obras orixinais de Castelao pertencentes á colección de Roberto Taboada. Unha oportunidade para descubrir e gozar do legado artístico e intelectual dunha das grandes figuras da cultura galega. A inauguración terá lugar o día 16 de marzo ás 19:30 h. A entrada libre e gratuíta.
Do 16 ao 31 de marzo
Liceo Casino, Pontevedra
“Ruínas de San Domingos”
15
Domingo/Marzo
Museo de Pontevedra
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
“Cando falo de corpo“
5
Xoves/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Cando falo de corpo, que reúne as obras de 17 artistas galegos, conectadas pola idea de corporalidade. Coa investigadora e egresada da Facultade de Belas Artes Cora Novoa como comisaria, esta exposición busca promover un achegamento a prácticas diversas que comparten unha atención común ao corpo como lugar de experiencia, arquivo vivo e medio de relación.
Na mostra preséntanse as creacións de Pablo Agma, Raquel Álvarez, Eva Antelo, Ángel Arias, Lara Castro, Noa Castro, Álvaro Chior, Lois Cid, Andrea Davila, Carlos Fer, Adrián G. Salgueiro, Ana Gesto, Marina González Guerreiro, Uxía González, Alba Mantilla, Mourae e Taro. Poderá visitarse ata o 24 de abril, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.
Do 5 de marzo ao 24 de Abril
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Pontevedra debuxada”
5
Xoves/Marzo
Concello de Pontevedra
Do 5 ao 26 de Marzo 2026
Casa das Campás, Pontevedra
“Ana Vidal“
14
Sábado/Febreiro
C.S. A Pedreira
A exposiçom “𝐏𝐫𝐢́𝐧𝐜𝐢𝐩𝐞” exibe o álbum ilustrado, do mesmo título, de 𝐀𝐧𝐚 𝐕𝐢𝐝𝐚𝐥. Um conto feminista dentro das atividades para o 𝟖𝐌 no centro social 𝐀 𝐏𝐞𝐝𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚.
Ana Vidal, licenciada em Belas Artes como artista gráfica e docente, escreveu sempre e debuxou sempre, mas nunca junto, até que recentemente, como consequência dessas surpresas que trae a maternidade, começárom primeiro os contos e depois os desenhos… e por isso nomeou os seus trabalhos como “𝐂𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐌𝐚𝐭𝐞𝐨”.
Do 14 de Febreiro ao 30 de marzo
C.S. A Pedreira, Pontevedra
“San Sebastián”
30
Venres/Xaneiro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Debuxar coa Luz”
19
Venres/Decembro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Carlos Bravo”
17
Venres/Decembro
Carlos Bravo
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
“Cronofitti”
17
Mércores/Decembro
Mambo Gallery
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
“Moldes dende a figura”
11
Xoves/Decembro
Fundación Manuel Moldes
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
“Bicos de cine”
3
Mércores/Decembro
Fundación Manuel Moldes
A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
“A Bela Otero”
4
Martes/Novembro
UNED
Do 4 de Novembro a Abril 2026
UNED, Pontevedra
Proximamente
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥