“Carmen Mola”
23
Luns/Setembro
O luns 23 ás 19:00h abrimos o curso de encontros lectores ao grande convidando os tres autores que conforman o fenómeno Carmen Mola a Cronopios. Os autores Jorge Díaz Cortés, Agustín Martínez e Antonio Mercero asinan como Carmen Mola a última aventura de de a inspectora Elena Blanco no clan (Planeta, 2024). Os autores serán entrevistados por Susana Pedreira para OndaCero. Debido ao reducido do local os sitios para escoitar a entrevista serán por orde de chegada, aínda que se acondicionará un altofalante para os que estean fose participen do evento. Unha vez acabada a presentación procederase á firma de exemplares
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
“Retratos fantasmas”
23
Luns/Setembro
RETRATOS FANTASMA
Retratos fantasma, Kleber Mendoça Filho, 2023. Brasil, 93 min., VOSE Lingua orixinal: portugués
Como en tantas cidades do mundo ao longo do século XX, millóns de persoas asistiron ao cinema no centro de Recife. Co tempo, as ruínas das grandes salas revelan algunhas verdades sobre a vida en sociedade. Retratos fantasma é unha viaxe íntima a través da memoria de Kleber Mendoça que narra a evolución da sétima arte na súa cidade, Recife; un exercicio de arqueoloxía do cinema que nos achega, a través de anécdotas persoais, fragmentos das súas obras e imaxes de arquivo, a cuestións como a xentrificación, a conciencia de clase ou a loita política.
Especial Screening en Cannes 2023
Candidata brasileira a Mellor Filme Internacional nos Oscar 2023
Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Os usos das mazás”
24
Martes/Setembro
Obradoiro: Os usos das mazás
Elaboración de compotas, zumes…
Día 24 de setembro de 09:30 a 12:30 horas
Lugar: Horta comunitaria de Cabanas, Salcedo
Inscricións 604 237 244
De 09:30 a 12:30 horas
Cabanas, Salcedo. Pontevedra
“O ceo vermello”
24
Martes/Setembro
O CEO VERMELLO
Roter Himmel, Christian Petzold, 2023. Alemaña, 102 min., VOSE, +16. Lingua orixinal: alemán
Ao chegaren á casa onde van pasar o verán, Leon e Felix sorpréndense pola presencia de Nadja, unha misteriosa moza que está aloxada alí convidada pola familia de Felix. Nadja distrae a Leon, que busca concentración para rematar a súa novela, e coa súa brutal honestidade obrígao a enfrontarse ao seu carácter cáustico e egocéntrico. A medida que se achegan entre eles, os bosques secos que os rodean comezan a acenderse. A tensión medra coa chegada dun aposto socorrista e o editor de Leon.
Oso de Prata – Gran Premio do Xurado na Berlinale 2023
Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
“A relixiosidade popular”
25
Mércores/Setembro
A relixiosidade popular en Galicia: sinal de identidade cultural
Seminario, no que destacados especialistas abordarán diversos aspectos do comportamento e do sentir relixioso do pobo galego desde o pasado ata o día de hoxe. Poñerase sobre a mesa a situación actual de prácticas relixiosas que en moitos casos contan coa oposición de autoridades eclesiásticas, son criticadas por investigadores e ridiculizadas por medios de comunicación, a pesar de que son manifestacións recoñecidas e protexidas pola lexislación vixente.
Dirixe: José Fuentes Alende.
O acceso ao seminario é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban ata o 24 de setembro en reservas.museo@depo.gal.
De 09:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“EmocionArte e ComunicArte”
25
Mércores/Setembro
Actividad didáctico-educativa sobre xestión emocional e comunicación
mércoles 25 de setembro de 17.00 a 20.00
no local da asociación Boa Vida, Rúa Echegaray 10, en Pontevedra
Inscrición obrigatoria e máis info neste enlace
Preguntas ou dúbidas a: ana.delvalle@ticket2europe.eu
De 17:00 a 20:00 horas
Rúa Echegaray nº 10, Pontevedra
“Impresos”
25
Mércores/Setembro
Grupo dx5
Na sala de exposicións da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais
Promovida polo grupo de investigación dx5 da Facultade de Belas Artes, no marco das actividades do XVI Congreso da Asociación de Estudios Japoneses en España, a sala de exposicións da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia acolle a exposición Impresos. La imagen de Japón y el Japón de la imagen.
A mostra, que poderá visitarse ata o 18 de outubro, inclúe unha selección de 25 gravados mokuhanga dos períodos Edo e Meiji, en diálogo coas obras de inspiración xaponesas de sete artistas contemporáneos. Concretamente, xunto a esta serie de pezas dos séculos XVIII e XIX preséntanse as creacións de Sabela Alonso, Miguel Cuba, Ángela Estévez, Carlos Fer, Anne Heyvaert, Santi Jiménez e Ana Soler.
Do 25 de setembro ao 18 de outubro
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Iria Collazo”
26
Xoves/Setembro
Iria Collazo López visítanos para falarnos do seu novo libro!
Ás 19:30 horas
Libraría Paz. Pontevedra
“Triste chegada”
26
Xoves/Setembro
Mostra de teatro de barrio
2ª Mostra Teatro de Barrio – “Triste chegada” de Amilieños
Comedia costrumbrista, ambientada en la Galicia interior donde refleja la convivencia de una aldea, el trabajo de jornalera, la vuelta de la emigración de una vecina de las américas despues de 8 años fuera, las relaciones de los vecinos…
Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Que facemos con mamá”
27
Venres/Setembro
Mostra de teatro de barrio
2ª Mostra Teatro de Barrio – ” Que facemos con mamá” de Salceado Norte
COMEDIA CONTEMPORÁNEA
Cando os nosos maiores vólvense dependentes é necesario chegar a un complicado consenso familiar. Aflorarán os sentimentos máis variados: preocupación, indiferenza, descoido, hipocrisía… Todos terán que colaborar no coidado da avoa, poderán facelo como cómpre?
Unha peza de creación propia que achega ao espectador unha sesión de teatro amateur para facerlle reflexionar sobre cuestións sociais dunha forma divertida.
Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
“G-Night”
27
Venres/Setembro
G-Night en Pontevedra
Abrangue un roteiro literario e un ‘escape room’ na Misión Biolóxica
Coordinada pola UVigo, a celebración da G-Night, Noite galega das persoas investigadoras, abrangue dúas actividades na cidade de Pontevedra.
A programación arranca ás 10.00 horas na igrexa de San Francisco , que será o escenario dun roteiro literario, coordinado pola docente do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo Ana Acuña. As e os participantes discorrerán por diferentes lugares da cidade que teñen algunha significación desde o punto de vista da literatura, ademais de poder familiarizarse con autores ou autoras de diferentes períodos. A escritora Fina Casalderrey porá o punto e final ao roteiro, salientando a relación da súa obra coa cidade. A actividade, que se desenvolverá ata as 12.00 horas, ten 25 prazas dispoñibles e cómpre inscribirse para participar.
A segunda das actividades está organizada pola Misión Biolóxica de Galicia e o seu obxectivo é reflexionar sobre a perda de biodiversidade, o cambio global, a escaseza de auga, a saúde do solo e das sementes e da súa importancia para alimentar o mundo. Cun formato de xogo de escapada (Escape Room), a actividade desenvolverase entre as 19 e as 21.00 horas na sede da Misión Biolóxica de Galicia, onde as persoas participantes asistirán a charlas en diferentes emprazamentos, como un laboratorio, a biblioteca e o xardín. 25 persoas poderán participar nesta actividade, para a que tamén cómpre inscrición previa.
Ás 10:00 horas
Igrexa de S. Francisco, Pontevedra
“Con oficio e beneficio”
27
Venres/Setembro
Explora a rica tradición artesanal de Pontevedra percorrendo as súas encantadoras rúas, onde os gardiáns da tradición aínda residen. A través dos antigos oficios e os negocios de toda a vida, como tabernas, boticas e ultramarinos, descubrirás fascinantes curiosidades sobre a orixe de labores case esquecidos
De 10:30 a 12:30 horas
Pontevedra
“Baño de Gong”
27
Venres/Setembro
Gustaríache vivir unha experiencia de relaxación profunda, Benestar e Paz?
Pois non te podes perder este Baño de Gong e Voz onde vivirás unha viaxe a través do son que che levará a ese lugar no teu interior onde reside o teu Paz. O baño de Gong é unha poderosa experiencia con 𝐦ú𝐥𝐭𝐢𝐩𝐥𝐞𝐬 𝐛𝐞𝐧𝐞𝐟𝐢𝐜𝐢𝐨𝐬 en todas as áreas da túa vida: física, mental, emocional e espiritual. A vibración do Gong é capaz de apagar a túa mente, liberar patróns de pensamento negativos, equilibrar as túas emocións, liberando emocións mesmo inconscientes e relaxar profundamente a túa musculatura e corpo físico. Eleva a enerxía e vibración facéndoche sentir nun estado de profunda calma e Paz.
Tl- 659 800 971
Prezo 20 euros
De 19:00 a 21:00 horas
Sala Musggo Ioga Praza oito de Marzo n°2, Baixo Pontevedra
“Talento e superación”
27
Venres/Setembro
No marco do programa EmpregoinCampus
Dirixida a achegar o alumnado exemplos de superación e motivación en diferentes ámbitos, a sede da Vicerreitoría do campus acolle a mesa redonda Talento e superación. Comezar, chegar e continuar, inserida no programa EmpregoinCampus.
Moderada pola directora de área do Campus de Especialización Crea, Ana Belén Fernández Souto, este encontro contará coa participación da exnadadora olímpica Ana Montero, o empresario Luis Taboada e o autor e editor de banda deseñada Kiko da Silva.
A actividade conta con entrada gratuíta previa inscrición, a través do correo electrónico contacto@clinicason.com e nela terá preferencia o alumnado da Universidade de Vigo
Ás 20:00 horas
Vicerreitoría do campus de Pontevedra
“Cata de vendima”
27
Venres/Setembro
O Roteiro do Viño Rías Baixas
CATA DE VENDIMA
O Roteiro do Viño Rías Baixas, achégache a vendima! Goza catando diferentes variedades de uva, mostos e viños da D.O. Rías Baixas maridados con conservas de ANFACO-CECOPESCA Catador: Nacho Costoya
IMPORTANTE : – Actividade para maiores de 18 anos. – A organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar esta acción.
Ás 20:00 horas
Pazo de Mugártegui, Pontevedra
“Noite de poesía”
27
Venres/Setembro
Ola amigis da poesía e a paixón, boas noticias, aqui volvemos cunha noite de poesia en Nasantiña o 27 de setembro ás 21:00 cunha sorpresa musical de lonxe, dous mozos do bosque; Pablo e Rubén. Unha noite de compartir palabras, musica, pizzas e viño, vémonos
Ás 21:00 horas
Nasantiña, Pontevedra
“PonteSán”
27,28
Venres, Sábado/Setembro
Do 27 e 28 de setembro desenvolverase a quinta edición de PonteSán, a maior feira de saúde e benestar de Galicia que se celebrará nunha carpa na céntrica Praza de España, ademais doutros espazos como o CITA ou a avenida de Montero Ríos.
Ao longo de todos estes anos, PonteSán leva ofrecendo á cidadanía formación e información accesible e de calidade sobre saúde e benestar.
Nesta edición, ademais de apoiar e fomentar os bos hábitos en saúde, alimentación e benestar; o obxectivo de 2024 pon atención á educación dos cidadáns en temas de dereitos sanitarios e coñecer as súas posibilidades como paciente. De modo que os organizadores centraranse de pleno na educación en saúde, a importancia da formación sociosanitaria e a divulgación dos dereitos e deberes dos pacientes e os profesionais sanitarios. Programa
Todo o día
Praza de España, Pontevedra
“Michael’s Legacy”
27
Venres/Setembro
Afundación
Michael’s Legacy, avalado por el Club de Fans de Michael Jackson en España como el mejor espectáculo musical totalmente en directo, sobre El Rey del Pop en la actualidad, es un homenaje a Michael Jackson, creado por la compañía Jackson Dance Company.
Michael’s Legacy es el primer homenaje a Michael Jackson que ofrece el concepto de espectáculo que tenía el rey del pop en sus giras, con voces y música en directo. Michael’s Legacy es un espectáculo apto para todas las edades, en el cual se podrá disfrutar de una escenografía muy cuidada, con réplicas exactas de las canciones originales y un toque especial dado por la compañía en sus representaciones, con un gran cuerpo de baile formado por 8 bailarines, una increíble banda de 4 músicos y voces en directo, que nos transmitirán a la perfección los mensajes que el rey del pop nos hacía llegar en cada una de sus actuaciones, haciéndote vivir una increíble historia como si tú fueses el protagonista.
Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
“O último pirata”
28,29
Sábado e Domingo/Setembro
Descobre Pontevedra dunha forma diferente con esta visita guiada da man do último gran pirata do Atlántico: Benito Soto Aboal. Un home cuxa vida delituosa e errante serviu de inspiración a poetas e cineastas que se basearon nesta figura para crear a súa obra. A través das rúas de Pontevedra e nun percorrido circular e accesible, o pirata encarnado no guía oficial de Galicia Jacobo Pintos, guiará os nosos pasos polo seu Pontevedra natal a través dos templos e prazas máis emblemáticas da cidade e contaranos os segredos máis escuros dos seus tempos de fechorías.
De 11:00 a 13:00 horas
Pontevedra
“50 anos de historia”Fuxan os ventos”
18
Mércores/Setembro
Concello de Pontevedra
Exposición itinerante ‘Fuxan os ventos. 50 anos de historia’
A inauguración será o vindeiro mércores día 18 de setembro ás 19 horas.
Trátase dunha iniciativa que pon en valor a unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través dunha ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos.
Creanse tamén dúas instalacións sonoras para que o espectador profundice en dous aspectos fundamentais en ‘Fuxan os Ventos’: por un lado o traballo de recollida da tradición oral e o proceso de transformación destas pezas e, por outro, o traballo coral de voces que caracteriza ao conxunto.
Do 19 de Setembro ao 13 de Novembro
Pazo da Cultura. Pontevedra
“Ricardo Blanco Cicerón”
12
Xoves/Setembro
O 12 de setembro, inaguróuse a exposición ‘O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón. Do coleccionismo ao Museo’, no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Esta mostra, que estará aberta ata o 10 de novembro, ofrece unha visión única sobre Ricardo Blanco Cicerón (Tui, 1844 – Santiago de Compostela, 1926), unha figura clave para a historiografía da arte en Galicia.
A exposición contará con pezas nunca antes vistas, incluídas xoias protohistóricas, moedas, medallas e documentos medievais, ademais de mobiliario orixinal e outros obxectos históricos.
Do 12 de setembro ao 10 de novembro 2024
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
“Mito Meijón”
5
Venres/Setembro
A sala de exposicións do Liceo Casino acolleu o pasado 5 de setembro a mostra pictórica de Mito Meijón que foi presentada por Antón Sobral. Poderase visitar ata outubro.
Do 5 ao 30 de setembro
Liceo Casino, Pontevedra
“Entre_tanto”
16
Venres/Agosto
Exposición fotográfica de Sofía Bértolo Blanco no Centro social A Pedreira na rúa Serra en Pontevedra
A Entre tanto, a vida non deixa de pasar. Entre tantas présas e obrigas, ás veces esquecémonos de respirar. Entre tantos medos, prexuízos, consumo… ás veces esquecémonos de conectar.
Entre tanta suposta vida, esquecémonos de vivir o único real: o noso corpo, o afecto, a natureza. As sensacións sentidas na pel, o vento que move as ramas das árbores, as nosas pálpebras, os paxaros, as olladas alleas, a choiva, as bágoas compartidas, os bicos… e, de súpeto, unha sensación de pertenza, un equilibrio perfecto. No día a día agochado, entre tanto.
Sofía Bértolo Blanco
Do 16 de Agosto ao 15 de Outubro
Rúa Serra 36, Pontevedra
“A era das fábulas”
10
Mércores/Xullo
O mércores 10 de xullo inaugurouse ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’
Unha conversa entre as coleccións de Museo de Pontevedra, Fundación María José Jove e Thyssen-Bornemisza Art Contemporary.
Unha exposición en tres actos baixo os epígrafes “Acto I. Imaxinación-mar”, “Acto II. Transformación-terra” e “Acto III. Renacemento-aire”.
Do 10 de xullo ao 29 de setembro 2024
Museo de Pontevedra
Xa podes anotarte
“Friends”
5
Sábado/Outubro
Afundación
FRIENDS: THE MUSICAL PARODY
O MUSICAL QUE TEN ÉXITO EN BROADWAY. Se es fan da serie, encantarache. E se non… tamén!
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
“En marcha contra o cancro”
6
Domingo/Outubro
Ás 10:30 horas
Praza de España, Pontevedra
“Galicia Ilusiona”
6
Domingo/Outubro
Afundación
Chega a terceira edición do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona. Unha selección dalgúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta reunidos sobre un mesmo escenario. A gala estará conducida polo Mago Murphy (Madrid) e contará cos multipremiados números de Nestor Hato (Francia), Ramó e Alegría (Barcelona), Lore Lavand (Arxentina), Ki Moon Do (Corea) e Jerome Murat (Francia).
Ás 18:00 e ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
“Desexo”
10
Domingo/Outubro
Concello de Pontevedra
Ponteteatro: Desexo de Talía teatro
Como foi a nosa educación sexual? Estamos preparados para ter unha sexualidade sa? Sabemos como afrontar as nosas relacións? Somos capaces de educar as próximas xeracións? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Intentemos fixarnos nas publicacións, na música, na publicidade…
Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú. DeseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto, porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.
Texto orixinal: Diego Rey. Dirección: Diego Rey. Elenco: Marta Ríos e Dani Trillo.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥