“Día de Rosalía”
23
Luns/Febreiro
Universidade de Vigo
A Vicerreitoría do Pontevedra celebrará o luns 23 o acto conmemorativo do Día de Rosalía de Castro, que este ano contará cunha conferencia adicada á vixencia da obra da escritora máis universal das letras galegas. Co título «A vixencia do mundo poético rosaliano», será impartida por Francisco Rodríguez Sánchez, profesor de Lingua e Literatura, escritor e político.
Ás 20:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Jacinto Cajete e Eulogio Tordesillas”
23
Luns/Febreiro
Liceo Casino
Do 23 de febreiro ao 8 de marzo Exposición de Jacinto Cajete e Eulogio Tordesillas. Unha mostra que reúne paisaxes, bodegóns e obras sobre papel realizadas por ambos os artistas. A inauguración terá lugar o 2 de marzo ás 19:00 horas, e incluirá a presentación do libro “Memoria de Cans e Serpes”, do autor Luis Alberto García González ás 19:30 h. A entrada será libre ata completar aforo.
Do 23 de febreiro ao 8 de marzo
Liceo Casino, Pontevedra
“Enrique de Madaria”
24
Martes/Febreiro
Grupo de investigación IDARA
De 11:30 a 19:45 horas
Sede Afundación, Pontevedra
“Guitarra en conxunto”
24
Martes/Febreiro
CMUS
Concerto-Coloquio Guitarra en conxunto con alumnado e exalumnado do centro.
Ás 17:30 horas
Auditorio do CMUS Pontevedra
“Unha receita familiar”
24
Martes/Febreiro
Concello de Pontevedra
Continuamos co festival de cine gastronómico no Mercado de Abastos!
Proxectamos “Una receta familiar”, de Eric Khoo
Masato, un novo chef de ramen que quere saber máis sobre o pasado dos seus pais falecidos, deixa a súa cidade natal en Xapón embarcándose nunha viaxe culinaria cara a Singapura para atopar a verdade sobre o seu pasado e a súa familia. Durante esa deliciosa odisea, Masato descubrirá os segredos dos seus devanceiros, suculentas receitas e moito máis.
Entrada libre ata completar aforo
Ás 18:30 horas
Mercado de abastos de Pontevedra
“Aniceto Núñez”
24
Martes/Febreiro
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Homenaxe a Aniceto Núñez” arredor da figura de Aniceto Núñez García, coordinada polo xornalista Rafael López Torre e na que participan o médico Fernando Filgueira e membros da Tertulia del Blanco y Negro, dentro do ciclo Figuras Pontevedresas.
O acto terá lugar o vindeiro martes 24 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11).
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“A sabana e a montaña”
24
Martes/Febreiro
Cineclube
O A SABANA E A MONTAÑA
A savana e a montanha, Paulo Carneiro, 2024. Portugal, 77 min, VOSE. Lingua orixinal: portugués
Documental híbrido que captura a loita creativa dos habitantes de Covas do Barroso, no norte de Portugal, contra os plans da empresa británica Savannah Resources, que quere construír a mina de litio a ceo aberto máis grande de Europa a poucos metros das súas casas. Ante esta ameaza inminente, a comunidade reúnese para organizarse e expulsar a compañía das súas terras, utilizando actuacións musicais e escenificacións inspiradas no western para visibilizar a súa resistencia. A través da arte e da solidariedade, a veciñanza non só defende o seu territorio, senón que tamén afirma a súa identidade cultural, loitando por un futuro no que as súas voces sexan escoitadas e respectadas.
Quincena de Realizadores do Festival de Cannes 2024
Premio Tiempo de Historia na Seminci 2024
Ás 20:30 horas
Teatro Principal de Pontevedra
“Curtametraxes”
25
Mércores/Febreiro
Facultade de Comunicación
A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da XV Máster Class Audiovisual Galego Augal, que este centro promove co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Deputación de Pontevedra. Dedicada as curtametraxes, abrangue as proxeccións de catro pezas e un coloquio cos seus creadores e creadoras. Nomeadamente, poderán verse Algo novo que contar, coa participación de Paula Pereira; Delincuente, presentado pola directora, Alba Domínguez, e a guionista Nuria Vil; Un novo día, de Gon Garide, e Curmán, dirixido por Alejandro Jato.
Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra
“Xestión Biopsicosocial”
25
Mércores/Febreiro
Boa Vida Inclusión Activa
Obradoiro de Xestión Biopsicosocial (grupal)
De 16:30–18:00
Oficina ODDS – Pontevedra
Un espazo para mellorar a túa saúde e calidade de vida desde un enfoque integral.
Inscricións: 698 124 762
Organiza: Boa Vida Inclusión Activa
De 16:30 a 18:00 horas
Rúa Echegaray 10 – 2º Esquerda, Pontevedra
“IA para teu día a día”
25
Mércores/Febreiro
Pontebrújula
Arrincamos un pequeno ciclo de IA en Pontebrújula. Dous talleres. Dous momentos. Un mesmo obxectivo: entendela e usala con confianza. Este será o primeiro dos dous talleres de IA que programamos para febreiro e marzo. O de agora está centrado en IA para noso día a día. O seguinte estará aplicado ao traballo e ao profesional. Neste primeiro taller vas levarche: unha idea clara de que é a IA e para que pode servirche exemplos sinxelos e reais para as túas día a día claves para empezar a usala con criterio máis tranquilidade e confianza ao achegarche a esta ferramenta Todo nun espazo próximo, acompañado e pensado para persoas que queren aprender sen agobios
Con: David · Adestrador Tecnolóxico e Mariem · Sherpa Empresarial Duración: 1 hora Prezo: 20 €
Inscricións: hola@pontebrujula.com Prazas limitadas.
Ás 17:00 horas
Pontebrújula, Pontevedra
“But I’m a Cheerleader“
25
Mércores/Febreiro
Cineclubebelasartes
But I’m a Cheerleader de Jamie Babbit 1999. 85 minutos. Estados Unidos
Megan Bloomfield é animadora no seu colexio, ten amigas animadoras e é noiva do capitán do equipo de fútbol. É vegetariana, non lle gustan os bicos do seu noivo e abraza cando pode ás súas amigas. Un día os seus amigos/as, o seu noivo e os seus pais téñenlle unha trampa para enviala a un campamento no que curan a homosexualidade. Megan ten que pasar varias probas, incluíndo a primeira que é darse conta de que é lesbiana.
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Fina Casalderrey”
25
Mércores/Febreiro
Concello de Pontevedra
Xa o dicía a cantiga, Pontevedra é boa vila, dá de ler a quen pasa! (ou algo semellante)
E tamén dá de ler a quen nela vive. Non hai mellor modo de celebrar a lectura que xuntándonos a falar de libros. Por iso decicimos botar a andar unha serie de encontros lectores arredor da nosa cidade. Obras de escritores e escritoras de Pontevedra ou lecturas que teñan Pontevedra como escenario.
Encontro con Fina Casalderrey a partir da obra: A muller xabaril (Edicións Xerais de Galicia)
Faremos unha xuntanza ao mes, en distintos espazos culturais da cidade, para celebrar, debater e opinar co autor ou autora da obra.
Que facer para participar?
- Ler a obra seleccionada
- Inscribirse no encontro
Ás 19:00 horas
Pontevedra
“Madregilda”
25
Mércores/Febreiro
Fundación Cuña-Casasbellas
No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Poder e loucura: ególatras, narcisistas e outras faunas”, cuxa cuarta sesión terá lugar este mércores, 25 de febreiro, ás 20:00h, coa proxección do Filme:
MADREGILDA
Direc.: Francisco Regueiro
A estrea da mítica película “Gilda” anima o inverno español. Nunha vella taberna de barrio, todos os primeiros venres de mes, o mouro Hauma organiza á noitiña unha singular e secreta partida de mus. Os xogadores, camaradas da guerra de África, van chegando: don Francisco Franco Bahamonde, Caudillo de España; o seu fiel amigo Longinos, dono dunha entulleira; “Huevines”, o “pater” dun rexemento de regulares, e o xeneral Miguel, manco, católico e envexoso. Na rúa, Manuel, o fillo de Longinos, cóase nun cinema para ver a Gilda, á que imaxina coma se fose a súa propia nai morta.
Ás 20:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) Pontevedra
“Solistas”
25
Mércores/Febreiro
CMUS
Concerto da man do alumnado do @cmusmanuelquiroga. Estará protagonizada por Solistas, Vémonos ás 20.00h con entrada libre ata completar cabida.
Ás 20:00 horas
Auditorio do CMUS Pontevedra
“Roxe de Sebes”
26
Xoves/Febreiro
Ateneo de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Biblioteca do IES Valle Inclán, Pontevedra
“As liñas discontinuas”
26
Xoves/Febreiro
Cinexpo, Pontevedra
Ás 20:15 horas
Cinexpo, Pontevedra
“Pleito”
26
Xoves/Febreiro
Liceo Mutante
O próximo xoves 26 teremos unha visita moi especial, un achegamento ó que ferve nas Illas Canarias con dous proxectos que presentan os seus novos discos.
Portas 20.30
Música 21.00
Pedirase unha doazón optativa entre 6 e 10 € para as artistas.
Pleito é o proxecto persoal de Alba Gil Aceytuno @albatuno unha exploración das posibilidades do seu saxofón coma instrumento máis alá da súa expresión melódica.
https://pleitomusica.bandcamp.com/album/loscoloresdelaspiedras
Ás 20:30 horas
Liceo Mutante, Pontevedra
“Guerra”
26
Xoves/Febreiro
Concello de Pontevedra
Ponte Teatro Guerra, Teatro do Noroeste
A guerra é a expresión cruel do fracaso total, por iso nunca é unha solución, senón o máis grande dos erros.
Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer os personaxes do teatro universal que nel foran representados ao longo do tempo e encarnados en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no teatro europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.
Autoría e dirección: Eduardo Alonso. Elenco: Miguel Pernas, Luma Gómez, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez.
Duración: 100 min
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Imaxes en reserva”
27
Venres/Febreiro
Museo de Pontevedra
Esta xornada nace co obxectivo de propiciar un espazo de reflexión e diálogo arredor do papel fundamental que desempeñan os arquivos fotográficos nas institucións museísticas. Tradicionalmente situados nun segundo plano fronte ás coleccións expostas, estes arquivos constitúen un patrimonio documental e visual de enorme valor histórico, artístico e científico.
O acceso é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal
Ás 10:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Daniel Domínguez”
27
Venres/Febreiro
Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra abre ao público o próximo venres 27 de febreiro a exposición “Miscelánea”, do pintor Daniel Domínguez. Na mostra, que se poderá visitar no Palacete das Mendoza durante dúas semanas (ata o 15 de marzo), o artista aposta por unha gran diversidade de estilos nos seus cadros, que beben de correntes das vangardas históricas como o cubismo, o impresionismo e a abstracción.
Pode visitarse ata o 15 de marzo no horario habitual da sede de Turismo Rías Baixas: de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas, os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e os domingos de 10:00 a 14:00 horas.
Do 27 de Febreiro ao 15 de Marzo
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“IA avanzada para empresas”
27,28
Venres,Sábado/Febreiro
Aempe
IA avanzada para empresas que quieren resultados reais.
27/2 – 16:00 a 20:00. 28/2 – 9:00 a 13:00
Rúa Virxe do Camiño, 2, 1º, Oficina 27, Pontevedra
“Paloma Sánchez-Garnica”
27
Venres/Febreiro
Deputación de Pontevedra
PontevedraLiteraria
O venres 27 de febreiro de 2026 terá lugar, ás 19:30 horas, no salón de plenos do Pazo provincial, unha charla literaria que impartirá a escritora Paloma Sánchez-Garnica.
Ás 19:30 horas
Salón de plenos da Deputación de Pontevedra
“Alexandra Carrera”
27
Venres/Febreiro
UNED, Pontevedra
Alexandra Carrera é unha moza cantante, actriz e artista galega orixinaria de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), cunha sólida formación e unha traxectoria artística moi versátil. Formouse desde temperá idade en canto e danza, e en 2015 trasladouse a Madrid para estudar na Escola de Artes Escénicas de Víctor Ullate, unha das referencias en formación escénica en España.
Teremos o pracer de recibila na UNED para gozar da súa voz e presenza en directo —unha artista que combina técnica, musicalidade e sensibilidade escénica. Entrada libre ata completar o aforo.
Ás 19:30 horas
Salón de actos da UNED de Pontevedra
“Pedro Lorenzo Macías”
27
Venres/Febreiro
A Pedreira
Pedro Lorenzo Macías presenta una película basada en Antonin Marek Machourek e o Monasterio de Poio no teatro principal
Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Ictus anatomía da derradeira leición do Dr Castelao”
27
Venres/Febreiro
Chévere teatro
ICTUS é o novo proxecto de Chévere en coprodución co Centro Dramático Nacional.
«Esta é unha obra sobre a memoria, sobre a relación que existe entre boa memoria e boa democracia e sobre os traumas que provocan alteracións da memoria persoal e colectiva»
Una muller entra en escena e conta que sufriu un ictus que lle impide completar os seus recordos. Sabe que tivo o ictus ao saír dun acto que o goberno organizou na Cidade da Cultura para recibir o cadro de Castelao titulado A derradeira leición do mestre. Pero non lembra por que estaba alí ou por que lle interesaba ese cadro. Para iso ten que reconstruír todo o que esqueceu. Empeza elaborando un test de memoria que lles envía a outras persoas que estiveron no acto. Quere saber por que estaba alí. Quere sabelo todo sobre aquel cadro. É o seu xeito de non esquecer o que importa.
De 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
“Bea Campos”
27
Venres/Febreiro
A Pedreira
Bea Campos de Inventi Teatro presenta Nunca choveu que non escampara
Ás 21:00 horas
A Pedreira, Pontevedra
“Soalleira de Dorrón”
27
Venres/Febreiro
Maravallada
Os locais Nasa e Perla 8 recibirán este venres a partir das 21h. a segunda das citas, que terán lugar o último venres de cada mes ata maio inclusive.
Nesta décimo terceira edición Maravallada, organizadora da iniciativa, contará coa agrupación Soalleira de Dorrón
Ás 21:00 e ás 22:30 horas
NASA e PERLA 8, Pontevedra
“Ioga facial”
28
Sábado/Febreiro
Liceo casino
De 11:00 a 12:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“Branca Trigo e Octavia Russo”
28
Sábado/Febreiro
Libraría Paz
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Averío”
28
Sábado/Febreiro
Kentada
Seremos as raíñas do Prime time na capital. As divas travestis viguesas enfrentaranse nun concurso tan absurdo como brillante: conquistar a televisión pública. Dende momentos musicais ata magazines matutinos delirantes decidirase entre as nosas travestis a programación do canal. Entre pluma, risas e drama, as travestis deberán demostrar non só talento escénico senon tamén o seu olfato infalible para o entretenimiento popular. Kentada convertirase no lugar onde demostrar que cada idea pode ser un éxito… ou un desastre en directo.
Entrada inversa Mínimo recomendado: 6€. Ao sair o noso marabilloso público decidirá o valor que quere ou pode pagar polo show. Non temos tpv, en efectivo, por favor
Ás 19:30 horas
Kentada, Pontevedra
“Raigame”
28
Sábado/Febreiro
Banda de Música de Pontevedra
A Banda de Música de Pontevedra presenta “Raigame’. Unha sesión dedicada ás raíces musicais galegas e a pezas con identidade propia.
Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Ara Malikian”
28
Sábado/Febreiro
Afundación
ARA MALIKIAN . INTRUSO WORLD TOUR
Ara Malikian presenta a súa xira ‘Intruso’, unha viaxe moi persoal no que parte da angustia de non encaixar en ningún lugar para por fin abrazar a riqueza da súa identidade multicultural e atopar o seu fogar no mundo enteiro a través da arte e a música.
No Líbano non me consideraban suficiente “libanés” porque era de orixe armenio, os armenios non me consideraban suficiente “armenio” porque nacera en Líbano, cando me establecín en Europa non me consideraban “europeo” porque non nacera en Europa.
De 21:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
“Aleksandr Balagura”
1
Domingo/Marzo
Liceo Mutante
A primavera está por chegar. Comeza o mes de marzo e con el resucita, sacudindo o polvo feroz do aire pontevedrés, o cineclube do Liceo Mutante. O día 1 marca outro comezo máis: iniciamos unha serie de proxeccións dedicadas ao cineasta ucraíno Aleksandr Balagura.
É probable que incluso os cinéfilos máis acérrimos nunca escoitaran o seu nome, e xa era hora de emendar ese erro. Na primeira sesión, a través de dúas pezas pensadas para seren proxectadas xuntas, faremos o primeiro achegamento á súa obra. A rúa das viúvas e Loli Kali Shuba son dous filmes que retratan o mesmo lugar con 20 anos de diferenza: unha aldea da comunidade xitana na rexión de Transcarpacia, na fronteira entre Ucraína e Hungría. Lonxe de ser simples documentais etnográficos, amosan, como todas as obras de Balagura, un exercicio de pensamento fílmico e de procura de beleza nas xentes e nos instantes que retrata.
A rúa das viúvas (1991, 15 min)
Loli Kali Shuba (2013, 52 min)
De 19:30 horas
Liceo Mutante, Pontevedra
“Ana Vidal“
14
Sábado/Febreiro
C.S. A Pedreira
A exposiçom “𝐏𝐫𝐢́𝐧𝐜𝐢𝐩𝐞” exibe o álbum ilustrado, do mesmo título, de 𝐀𝐧𝐚 𝐕𝐢𝐝𝐚𝐥. Um conto feminista dentro das atividades para o 𝟖𝐌 no centro social 𝐀 𝐏𝐞𝐝𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚.
Ana Vidal, licenciada em Belas Artes como artista gráfica e docente, escreveu sempre e debuxou sempre, mas nunca junto, até que recentemente, como consequência dessas surpresas que trae a maternidade, começárom primeiro os contos e depois os desenhos… e por isso nomeou os seus trabalhos como “𝐂𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐌𝐚𝐭𝐞𝐨”.
Do 14 de Febreiro ao 30 de marzo
C.S. A Pedreira, Pontevedra
“Un mar de gravados“
11
Mércores/Febreiro
Facultade de Belas Artes
Inauguración do taller de obra múltiple contemporánea “Un mar de gravados”. Ás 19:00 horas
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes
Do 11 ao 27 de Febreiro
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Iván del Río”
6
Venres/Febreiro
Galería Tangram
Do 6 ao 27 de Febreiro
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra
“A pandeireta galega”
2
Luns/Febreiro
Consello da cultura galega
“A pandeireta galega” exposición no vestíbulo do Pazo provincial
Do 2 ao 27 de febreiro
Vestíbulo do Pazo da Deputación de Pontevedra,
“San Sebastián”
30
Venres/Xaneiro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Debuxar coa Luz”
19
Venres/Decembro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Carlos Bravo”
17
Venres/Decembro
Carlos Bravo
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
“Cronofitti”
17
Mércores/Decembro
Mambo Gallery
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
“Moldes dende a figura”
11
Xoves/Decembro
Fundación Manuel Moldes
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
“Bicos de cine”
3
Mércores/Decembro
Fundación Manuel Moldes
A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
“A Bela Otero”
4
Martes/Novembro
UNED
Do 4 de Novembro a Abril 2026
UNED, Pontevedra
Proximamente
“Brais González”
23
Luns/Marzo
Sociedade Coral Polifónca de Pontevedra
Presentamos un dos proxectos máis especiais deste ano do noso centenario.
O vindeiro 23 de marzo de 2026, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra estreará “Leucoíña. O canto das augas“, unha cantata composta por Brais González especialmente para a nosa coral, que interpretaremos xunto coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra.
Unha nova creación musical inspirada na memoria, no mar e na historia da nosa cidade, que comeza o seu camiño cara ao escenario.
Ás ….. horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥