
“Sibila Freijo”
24
Luns/Marzo
Cronopios Pontevedra
Presentación do libro “Señora lo será tu puta madre” de Sibila Freijo.
Este é o retrato de tres “mozas maiores” ao bordo do caos que se resisten a converterse en “señoras”. A menopausa e o desconcerto da entrada na madurez contados de maneira sincera, real, sen tópicos. Co humor e o ton de traxicomedia que a caracterizan, Sibila Freijo ofrécenos unha historia que aborda temas sobre os que xa non dá medo falar: as dúbidas e contradicións da maternidade, os roles impostos ás mulleres, as complicadas relacións entre nais e fillas, o idadismo, o sexo e as relacións de parella na mediana idade… Unha novela chea de vida que che fará rir, reflexionar e, talvez, reconciliarche contigo mesma.
Entrevista de Susana Pedreira en Cronopios
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra.

“O barallete dos xingros”
24
Luns/Marzo
CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra
Introducción a lingua propia dos afiladores, paraugueiros e músicos da provincia de Ourense.
Ponente: Luis Fernández Guitián
Ás 19:00 horas
CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra.

“Clases de Canto”
24
Luns/Marzo
Mímate
Ás 20:00 horas.
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra.

“Curtametraxes de Agnès Varda”
24
Luns/Marzo
Cineclube Pontevedra
3 CURTAMETRAXES DE AGNÈS VARDA (65 min., VOSE) Lingua orixinal: francés
DU CÔTE DE LA COTE (1958)
Diario persoal e filme de viaxes feito para a Oficina de Turismo francesa. Unha estrutura libre permítelle a Varda abordar as cuestións e as paisaxes máis variadas, creando produtivas analoxías a través dun percorrido pola Costa Azul francesa.
ONCLE YANCO (1967)
En 1967 Varda está en San Francisco, homenaxeada polo certame cinematográfico da cidade xunto ao seu compañeiro Jacques Demy. De xeito inesperado decide realizar unha curtametraxe sobre un home que quince días atrás aínda non coñecía, Jean Varda, un pintor naif moi coñecido especialmente na comunidade hippy, que resulta ser o seu tío. Rodada en tres días, Varda capta á perfección moitos compoñentes do momento histórico (psicodelia, contracultura, activismo político) ao tempo que establece un eficaz retrato persoal.
ULYSSE (1983)
En expresión da súa directora, o filme interroga unha imaxe: unha fotografía tomada en maio de 1954. Á beira do mar: unha cabra morta, un cativo (Ulysse) e un home nu. Vinte e oito anos despois, a memoria arma un relato cheo de lembranzas, divagacións e datos posibles sobre aquel momento.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.

“Verse outra vez”
25
Martes/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala O Abrigo, da Facultade de Belas Artes, acolle a inauguración da exposición Verse outra vez, ao revés tamén funciona, que presenta unha selección das pezas xeradas no marco do curso de extensión universitaria do mesmo nome, desenvolvido o pasado verán nesta facultade e impartido pola artista e docente Iria Vázquez, xunto coa docente e cineasta Xisela Franco.
Comisariada por Vázquez, a mostra aborda tamén os procesos e dinámicas xerados no marco deste curso, formulado como un espazo de experimentación sobre o carácter performático da creación. Con obras de Patricia Álvarez, Uxía Bustbem, Celeste Garrido, Mónica Lago, Pablo Martínez, Carmela Omil, Paula Romay, Miriam Rodríguez e Jimena Rodríguez, esta exposición poderá visitarse ata o 4 de abril, de luns a venres de 8.00 a 21.00 horas.
Do 25 de Marzo ao 4 de Abril 2025
O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Violencias invisibles”
25
Martes/Marzo
Afundación
“Violencias invisibles” con EMMA LARRETA, recentemente galardoada co Premio Solidario ONCE 2024, Emma, sobrevivente dunha agresión machista que lle deixou secuelas físicas permanentes, transforma o seu testemuño nunha potente mensaxe de concienciación, resiliencia e superación. A través da súa historia e da proxección da documental Ama-das, a conferencia busca xerar un espazo de reflexión e aprendizaxe sobre a violencia nas súas distintas formas.
Forma parte do ciclo EDUCACIÓN S. XXI na Sede Afundación de Pontevedra.
Esta conferencia enmárcase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, para incrementar os recursos do banco de alimentos local. Convidamos a todas as persoas que asistan a este evento para colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto. Grazas!
Ás 19:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra

“La Marsellesa de los borrachos”
25
Martes/Marzo
Cineclube Pontevedra
LA MARSELLESA DE LOS BORRACHOS Pablo Gil Rituerto, 2024
España, 93 min, VOSE. Lingua orixinal: italiano, español, galego, catalán.
No verán de 1961, un grupo de músicos e escritores esquerdistas italianos chamado Cantacronache realizou unha viaxe clandestina por España co fin de gravar o cancioneiro popular da resistencia antifranquista. Como resultado do seu traballo, foron procesados e as súas gravacións censuradas. Sesenta anos despois e da man de Emilio Jona, de 92 anos, último membro vivo daquel grupo de viaxeiros, Pablo Gil Rituerto recupera as gravacións inéditas e reconstrúe a súa viaxe. Aquelas músicas reviven agora na pantalla da man de Faia Díaz, O Leo, Maria Arnal i Marcel Bagès, Nacho Vegas ou Coro Minero de Turón, entre outros.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.

“María do Ceo”
25
Martes/Marzo
UNED Pontevedra
A UNED Pontevedra comprácese en acoller un evento cultural de gran relevancia no marco da conmemoración do 138º aniversario da inauguración da ponte internacional que une Galicia co norte de Portugal. Como símbolo de conexión, historia e irmandade entre ambos territorios, esta ponte representa moito máis ca unha infraestrutura: é un testemuño vivo da relación entre dúas culturas que compartiron séculos de historia, tradicións e lazos afectivos.
Para celebrar esta ocasión, contamos coa presenza de María do Ceo, unha das voces máis destacadas do fado e da música lusogalaica. A través do seu inconfundible estilo, a súa profunda interpretación e a súa capacidade para transmitir emocións, María do Ceo convídanos a unha viaxe musical que rende homenaxe á identidade compartida entre Galicia e Portugal, evocando os sentimentos de saudade, amor e a beleza da música tradicional.
Ás 20:30 horas
Salón de actos da Uned de Pontevedra

“Samuel Merino”
25
Martes/Marzo
La Verbena
O próximo Animais Nocturnos celebrarase o 25 de marzo e contará coa presenza de Samuel Merino, @pompa_e_boato.
O tema elixido para esta sesión é a camuflaxe, pero non entendida só no seu sentido máis evidente, senón como un concepto que se expande cara á mentira, a depredación, a persecución animal e a propia construción da identidade.
Falaremos de como a camuflaxe é unha estratexia presente tanto no mundo animal como no humano, de que maneiras nos ocultamos ou nos facemos visibles segundo as circunstancias, de como a arte, a moda ou a linguaxe poden ser ferramentas de mimetización ou de enmascaramento.
Unha noite para esculcar nos espazos intermedios, nos rostros dobres, nos movementos calculados e nas verdades que se disfrazan. Agardámosvos para outra sesión chea de sombras e revelacións.
Ás 21:10 horas
La Verbena rúa Charino, Pontevedra

“Filmei paxaros voando”
26
Mércores/ Marzo
Facultade de Comunicación e Agadic
A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da décimo cuarta edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, promovida co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Xunta de Galicia, e coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez. Dedicada ao filme Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño, gañador do Premio Mestre Mateo ao mellor documental, a súa proxección verase complementada por un coloquio coa súa produtora, Silvia Fuentes.
Ás 16:00 horas
Facultade de comunicación de Pontevedra.

“Sueños y pan”
26
Mércores/ Marzo
Cineclube de Belas Artes
Ciclo Marzo: Especial branco e negro
Sueños y pan de Luis (Soto) Múñoz con posterior coloquio
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

“Rafa Fernández Cuarteto”
26
Mércores/Marzo
Museo de Pontevedra
A guitarra eléctrica de Rafa Fernández, a arpa de Bleuenn Lefriecc, o óboe e o corno inglés de Benxamín Otero e o piano e os sintetizadores de Álex Salgueiro ofrecen unha exquisita mestura de sonoridades ambientais contemporáneas.
O concerto pecha a segunda edición do ciclo Ao Son do Piano, no que no mes de marzo formacións acústicas ofrecen as súas propostas musicais arredor do piano de cola do Museo.
Neste proxecto do guitarrista noiés Rafa Fernández atopamos unha exquisita mestura de sonoridades tanto acústicas coma eléctricas nun contexto de música ambiental e contemporánea, xéneros nos que este guitarrista leva máis de dez anos sendo unha das súas principais figuras no territorio galego.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Xabier Paz”
26
Mércores/Marzo
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro A filla de Lucrecia, de Xabier Paz, editado pola editorial Belagua edicións. O acto terá lugar na librería Metáfora. O autor estará acompañado por Gloria García.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Librería Metáfora, Pontevedra

“Ruth Lorenzo Couso”
26
Mércores/Marzo
Concello de Pontevedra
Este mércores, 26 de marzo, comezan os Faladoiros Feministas, con Ruth Lorenzo (Taekwondista) para falar do feminismo no deporte.
Modera Lara Sáez Vilas
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Sala multiusos do Teatro Principal, Pontevedra

“Charlotte”
26
Mércores/Marzo
Faladoiro VIP: A outra Francia conversa arredor de Charlotte.
Consuelo Vercher e Tamara Andrés.
Charlotte é unha emotiva historia de familia, convivencia e solidaridade. Un breve relato cheo de amor e sabiduría sobre a xustiza, o sentido da vida e a morte desde os ollos da infancia. Consuelo Vercher, a súa autora, achegarase ao Salón para falarnos da obra, dos seus referentes na escrita e na fonda pegada das lecturas na súa creación literaria.
Será nun faladoiro VIP aberto ao público adolescente e adulto. Acceso libre ata completar a cabida
Ás 19.00
Sala VIP do Pazo da Cultura, Pontevedra

“Nieves e Nila”
26
Mércores/ Marzo
Libraría Paz
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra.

“My sweet pepper land”
26
Mércores/ Marzo
Fundación Cuña-Casasbellas
Ciclo de cine “Outras terras, outros ámbitos
My Sweet Pepper Land Direc.: Hiner Saleem Francia, 2013 100′
No Kurdistán, preto da fronteira entre Irán, Iraq e Turquía, ninguén parece querer xa a lei e a orde, excepto o comandante Baran. Este home, que pasou a metade da súa vida loitando na guerra, coñece á bela Govend, a nova profesora do colexio recentemente aberto.
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:00 horas
Sala Versus, Pontevedra.

“Cata de viños”
26
Mércores/Marzo
Ás 20:30 horas.
El Toro, rúa Real 18, Pontevedra.

“Montse Sánchez Alonso”
27
Xoves/ Marzo
Libraría Paz
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra.

“Dona Carme”
27
Xoves/Marzo
Faladoiro VIP: Arredor de Dona Carme.
Manuel Bragado, Iván R. e Víctor Mascato falarannos de Dona Carme, un conto clásico de tradición oral, nunha nova edición cun enfoque gráfico actualizado.
Faladoiro VIP aberto ao público xeral. Acceso libre ata completar a cabida
Ás 19.00
Sala VIP do Pazo da Cultura, Pontevedra

“A illa de San Simón”
27
Xoves/Marzo
Xoves 27 ás 20 h na biblioteca do IES Valle Inclán, acto organizado por Maiolongo en colaboración coa Mocidade Galega pola Memoria sobre A illa de San Simón, memoria do terror que terá lugar este xoves ás 20 h na biblioteca do IES Valle Inclán.
Ás 20:00 horas.
Biblioteca do IES Valle Inclán, Pontevedra.

“Cata Vermú”
27
Xoves/Marzo
Mímate
Ás 20:00 horas.
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra.

“Cata Cervexa”
27
Xoves/Marzo
Resevas por privado ou no local.
Ás 20:30 horas.
Ye Olde Basset Avda de Santa María 4, Pontevedra.

“Soirée de poésie”
27
Xoves/Marzo
Recital poético: Soirée de Poésie.
Elisabete Oliveira, Tamara Andrés e Macamen Alonso recitarannos os seus poemas.
Aberto ao público adulto. Acceso libre ata completar a cabida
Ás 21.00
Pub La Verbena, Rúa Charino, 29, Pontevedra

“Punto Nemo”
28
Venres/Marzo
Facultade de comunicación
Preestrea do 1º capítulo da serie Punto Nemo, de @ficcionproducciones. Despois do visionado haberá un coloquio con Julio Casal, produtor executivo, Denis Rovira, @denis_rovira director, Maxi Iglesias, @maxi_iglesias actor protagonista.
Xa sabes, non faltes!!
De 12:30 a 14:00 horas
Facultade de comunicación, Pontevedra.

“Brezhoneg”
28
Venres/ Marzo
Libraría Paz
Presentación do libro ‘Brezhoneg. A lingua celta da Bretaña‘ a cargo do autor Robert Neal Baxter Ford e Breizh Galiza.
Público adulto.
Entrada libre ata completar cabida.
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra.

“Camaradas”
28
Venres/ Marzo
Fundación Manuel Moldes
Dende este venres e ata o vindeiro mes de novembro, una nova exposición dará continuidade ao compromiso da Fundación Manuel Moldes de Pontevedra de recuperar e dar visibilidade ao legado deste artista da cidade do Lérez. Así, e «seguindo con esta liña de pensamento, a Fundación presenta agora Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia
Ás 19:00 horas
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.

“Os miserábeis”
28
Venres/Marzo
Concello de Pontevedra
Adaptación propia, integramente en galego, a partir dunha revisión contemporánea e feminista da novela do escritor francés Víctor Hugo. A historia, que na súa orixe transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830, trasládase agora a un ambiente máis galego, con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo.
Texto orixinal: Víctor Hugo.
Adaptación: Teté García
Dirección: Teté García e Diana Vilas
Elenco: Comunidade educativa do IES Illa de Ons. Bueu
Duración: 90 min
Ás 19:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra.

“Nila A. Pousa”
28
Venres/ Marzo
Fundación Cuña-Casasbellas
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:00 horas
Sala Versus, Pontevedra.

“Noite de poesía”
28
Venres/Marzo
A primavera chega, a flores, as abellas, e una Noite de Poesía! O 28 de marzo ven a gozar e compartir poesía, música, ideas, soños, pizza e viño para celebrar a chegado do primavera! Todos benvidos
Ás 21:00 horas
Nasantiña, rúa da Santiña 35, Pontevedra.

“Peis d’hos”
28
Venres/Marzo
Maravallada
A Asociación cultural Maravallada organiza os Cantos de taberna, nesta ocasión co grupo de Cangas Peis d’hos.
Cantarán no Bar Bogotá en na Horta do cura, ás 21:00 e 22:30 horas respectivamente.
Ás 21:00 e 22:00 horas
Bar Bogotá e A horta do cura, Pontevedra.

“Observando a Eclipse”
29
Sábado/Marzo
Observación da eclipse parcial de sol o próximo sábado 29 de marzo dende a Ponte do Burgo en Pontevedra. Organizada pola Asociación Astronómica Sirio e o Concello de Pontevedra. ¡¡¡¡ Non esquezades que ollar ó sol sen protección é moi perigoso!!!!!, nós o faremos de forma segura utilizando varios telescopios con filtros axeitados e métodos de observación indirecta.
De 10:42 a 12:37 horas
`Ponte do Burgo, Pontevedra.

“Zentangle vestido de encaixe”
29
Sábado/Marzo
Neste taller, mergullarémonos na beleza do detalle e a paciencia, tomando como inspiración a delicada arte do encaixe. A través do Zentangle, exploraremos a precisión, a repetición e o agarimo en cada trazo, creando un exercicio meditativo que nos conecta coa tradición e a creatividade.
Prezo 40 Euros
Inclúe material e merenda
Ás 11:00 horas
Espazo Arroelo, Pontevedra.

“I Certame Bandas Cofrades”
29
Sábado/Marzo
I Certame de Bandas Cofrades de Pontevedra que se celebrará os sábados 29 de marzo e 12 de abril, no que a nosa Banda participará na segunda xornada.
Ás 18:00 horas na Praza de España
Ás 18:00 horas
Praza de España, Pontevedra.

“Javier Cabo”
29
Sábado/Marzo
Deputación de Pontevedra
A Deputación Pontevedra inaugura este sábado 29 de Marzo, unha nova exposición no Palacete das Mendoza
Do 29 de Marzo
Palacete das Mendoza, Pontevedra.

“Incode Fest II”
29
Sábado/Marzo
Ola a todxs!! Arrincamos coa festa de presentación do INCODE FEST II. O vindeiro sábado 29 de Marzo ás 18h agardámosvos no @soulbeer_pontevedra cos concertos de @pablociervitos @_ragerrr e #bl00m. E máis contaremos algunha cousiña…
Entrada de balde!!!
Ás 18:00 horas
Soulbeer Rúa Isabel II, Pontevedra

“Continueixon”
29
Sábado/Marzo
Afundación
CONTINUEIXON é unha volta máis a ese show inicial onde as sorpresas e a música foron os protagonistas desta xira, sin esquecernos da comedia e do humor tan característico do noso protagonista, Roberto Vilar. Si foches un dos espectadores de CELEBREIXON, tes que ver CONTINUEIXON, pero si non tiveches a ocasión de disfrutalo, qué mellor ocasión para non perderteesta nova xira “CONTINUEIXON”, no que as historias de comedia do noso protagonista entrelazadas con outras moitas sorpresas de por medio….van a pretender que non pares de rirte nos 90 minutos que dura CONTINUEIXON.
Ás 20:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra

“Cantos de taberna”
29
Sábado/Marzo
A Pedreira
Cantos de taberna na A.C A Pedreira
“Sons da Predeira” é um novo grupo de Cantos de Taberna que agroma na cidade de Pontevedra, aló polo mes de março de 2023, no marco das actividades organizadas no Centro Social A Pedreira. Somos um fato de gente diversa que gostamos da música tradicional galega, querendo contribuir a recuperar e conservar este bonito costume social de cantadas colectivas.
Ás 20:30 horas
A Pedreira rúa Serra 36, Pontevedra

“Yago Barral”
29
Sábado/Marzo
Mímate delicatessen
Abracadabra e a maxia chega a Mimate! Show de Maxia da man de @yagobarral Prezo:: Necesaria reserva – 10€ por persoa. Inclúe praza para o Show + degustación + veu ou cervexa ou vermú.
Onde fago a reserva? 690 99 39 24
Por privado: formalizarase unha vez feito o pago en tenda ou por BIZUM (aviso previo/previo aviso por privado ou WhatsApp facilitando datos de reserva). Na tenda: Rúa Real 13, Pontevedra. Reservas abertas ata o 28 de marzo!
Ás 21:30 horas
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra

“Ponteandadas”
30
Domingo/Marzo
Ás 09:30 horas
Pavillón Multiusos da Xunqueira, Pontevedra

“Música procesional”
30
Domingo/Marzo
O II Ciclo de Butaca da Banda de Música de Pontevedra fai un percorrido polas marchas procesionais de todos os tempos.
O concerto vai desde as clásicas de Ricardo Dourado ou Mariano San Miguel ata as máis vanguardistas de Óscar Navarro ou José Vélez.
Ás 17:00 horas
Igrexa de San Francisco, Pontevedra

“Salón do libro infantil e xuvenil”
21-6
Venres/Marzo-Abril
Desde o venres 21 de marzo ata o domingo 6 de abril terá lugar o Salón do libro infantil e xuvenil en Pontevedra.
De luns a venres:
De 17.00 a 20.00 h
Os sábados e domingos:
De 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h
De luns a venres ás 17:00, sábados e domingos ás 11.00
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Ruinas de San Domingos”
18
Martes/ Marzo
Museo de Pontevedra
Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.

“Coral Polifónica”
14
Venres/Marzo
Museo de Pontevedra
A Sociedad Coral Polifónica Pontevedra está de centenario. O Museo de Pontevedra revisa os seus 100 anos de historia a través das imaxes, os personaxes e os feitos que marcaron un proxecto capital da cultura galega.
A exposición inaugúrase este venres 14 de marzo ás 19:00 h no Edificio Castelao.
Do 14 de Marzo ao 20 de Abril 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

“Grazas pola súa visita”
13
Xoves/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita, que reúne as obras de Alberto Ardid, o colectivo Rapapawn, integrado por Cynthia Alfonso e Óscar Raña, e Tayone, todos eles artistas formados na Facultade de Belas Artes. Coa xestora cultural e tamén egresada deste centro Sara Donoso como comisaria, trátase dun proxecto que transcende á mostra artística convencional para converterse nun acto de reivindicación sobre a necesidade da reapertura da cafetaría da facultade como espazo de encontro.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de marzo e durante este período albergará á súa vez dúas mostras efémeras, que serán levadas a cabo polo alumnado, guiado por Alfonso e Raña e polo profesor e coordinador da sala, Ignacio Pérez-Jofre.
Do 13 ao 30 de marzo.
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra.

“Lidia Alarcón”
10
Luns/Marzo
Liceo Casino
A entrada é libre e gratuita.
Do 10 ao 29 de Marzo 2025
Sala de exposicións do Liceo Casino, Pontevedra.

“Pinturas negras”
21
Venres/Febreiro
Museo de Pontevedra
‘Pinturas Negras‘
Do 21 de febreiro ao 6 de Abril 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
Xa podes anotarte

“Castelao nos anos da guerra civil”
3
Xoves/Abril
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia 2Castelao nos anos da guerra civil: viaxe a Unión Soviética, prosovietismo e filocomunismo”, impartida por Xesús Alonso Montero .
O acto terá lugar no espazo NEMONÓN. O relator estará acompañado por Juan José Guirado.
A entrada é de balde ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Nemonón, praza da Ferrería 1, Pontevedra.

“Ceibe”
3
Xoves/Abril
Concello de Pontevedra
Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición neste caso o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.
Dirección: Fran Sieira e Sergio R. Suárez.
Elenco: María Montero, Patricia Sánchez, André Adrio, Artur Puga, Martín Mondragón, Adela Otero, Cristina Canosa, Aida Tarrío, Adrao Casal e Francisco Sieiras. Duración: 55 min
Ás 21:00 horas
A Pazo da cultura, Pontevedra

“Día da actividade física”
4
Venres/Abril
Concello de Pontevedra
Para conmemorar o día da actividade física o Concello de Pontevedra e o Servicio Galego de Saúde propoñen:
- Unha andaina 2, 3 km dende o centro ata os diferentes centros de saúde da cidade
- Exercicios de forza, equilibrio e coordinación
- Taller de nutrición
- Baile
A sesión estará impartida polo persoal do centro de saúde
Anotarse no mesmo centro de saúde: Virxen Peregrina, A Parda, Lérez ou Monteporreiro
De 10:00 a 13:00 horas
Centros de Saúde de Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥