“Enfermidade de Crohn”
25
Luns/Maio
GGrupo de investigación IDARA
Charla aberta coa cidadanía de 18.30 a 19.45 – “EII: é o que herdamos ou o que comemos? O que sabemos (e o que non sabemos) sobre as causas da enfermidade de Crohn e a colitis ulcerosa”. Salón de actos edificio administrativo de la Xunta (Benito Corbal, 47) “Edificio azul”.
Ás 18:30 horas
Salón de actos de Benito Corbal, 47 “Edificio azul”. Pontevedra
“Romeo e Xulieta”
26
Martes/Maio
ASPADISI
Festival das Artes Escénicas: ASPADISI “ROMEO E XULIETA“
Esta peza teatral nace froito da motivación, as inquedanzas, a insistencia e o esforzo das persoas participantes, que levaban un tempo “reclamando” querer introducirse no mundo teatral.
O texto é unha adaptación cómica da obra de Shakespeare, porque o que queremos é facer rir ao público.
Mestura o teatro co audiovisual, e todo o proceso de gravación, atrezzo, luces e son foron realizados polas persoas do centro xa que a Aula de Audiovisual do IES Chamoso Lamas do Carballiño, vén realizando dende o ano 2024 un obradoiro de cine en ASPADISI.
Ás 19:00 horas
Auditorio da Fundación Abanca, Pontevedra
“Factores de risco cardiovascular”
27
Mércores/Maio
Pontecorazón
Charla informativa | Pontecorazón
O fisioterapeuta Manuel Fraiz impartirá unha charla sobre Factores de Risco Cardiovascular, para axudarnos a coidar mellor o noso corazón.
Unha oportunidade para aprender máis sobre a nosa saúde cardíaca e resolver dúbidas.
Ás 12:00 horas
Salón de actos de Montecelo, Pontevedra
“Pink Flamingos”
27
Mércores/Maio
Facultade de Comunicación
Comezamos maio có ciclo queer! Esperámosvos todos os mércores de maio ás 18:30 no aula de cine. “Pink Flamingos” de John Waters.
Babs Johnson (Divine), unha porca que vive coa súa gorda nai e o seu fillo nunha caravana, acaba de ser nomeada a persoa máis inmunda do mundo por un xornal local. Pero os Marble, un matrimonio que, entre outras cousas, vende heroína nos colexios e venden bebés a lesbianas, non poden consentir que Divine supérelles en sucidade e depravacion, así que deciden tomar cartas no asunto. Un filme non apto para mentes sensibles que contén pornografía, canibalismo, escatología e zoofilia, entre outras cousas.
Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
“César Portela”
27
Mércores/Maio
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto César Portela dentro do ciclo A estirpe de Sesmero.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 27 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Uma das nossas”
27
Mércores/Maio
A Pedreira
Presentación do libro “Begoña Caamaño, unha das nosas” conversa con Lara Rozados e Charo Lopes
Ás 19:30 horas.
C.S A Pedreira, Pontevedra
“Sous les figues”
27
Mércores/Maio
Fundación Cuña-Casasbellas
Ciclo cinematográfico “Miradas de directoras africanas neste século”, cuxa quinta sesión terá lugar este mércores, 27 de maio, ás 20:00h, coa proxección do Filme: SOUS LES FIGUES (Bajo las higueras) de Erige Sehiri. Duración: 92′
Sipnose: No noroeste de Tunes, Sa, Fidé, Melek e Abdou traballan colleitando figos. Baixo o testemuño das árbores, desenvolven novos sentimentos, discuten, atópanse e agóchanse, coquetean e intentan entenderse. Ao longo do día, a horta convértese nun teatro de emocións, onde se representan os soños e as esperanzas de cada un deles.
Ás 20:00 horas.
Sala Versus, Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
“Kuntari”
27
Mércores/Maio
Liceo Mutante
O 27 de maio, o Liceo Mutante, outra vez en modo nómada, recibe a visita dos amigos indonesios de KUNTARI. Na casa dos Sindicatos poderemos disfrutar do seu primal core de paisaxes experimentais, ritmos tribais e voces primitivas.
Un verdadeiro privilexio contar cunha banda que ten participado nalgúns dos festivais que máis nos gustan e que incansablemente milita nas formas máis puras da autoxestión musical.
20.30 portas 21.00 concerto
Pídese un donativo de entre 6 e 10 euros que vai destinado íntegramente para os artistas
Ás 20:30 horas
Local sindical, Pasantería 1, Pontevedra
“Responsabilidade social corporativa”
28
Xoves/Maio
Rotary Club
Xornada | Responsabilidade Social Corporativa con impacto real
Rotary Club Pontevedra e Amencer-Aspace organizan unha xornada sobre RSC, colaboración empresarial e impacto social. Xoves 28 de maio de 2026 09.15 h Amencer-Aspace | Pontevedra Unha mañá para compartir experiencias, xerar conexións e reflexionar sobre como converter a responsabilidade social en impacto real. Inscrición: https://docs.google.com/…/1FAIpQLScKXLjwUAfNZ4…/viewform Capacidade limitada
Ás 09:15 horas
Sede Amencer-Aspace de Pontevedra
“Xurxo Estévez”
28
Xoves/Maio
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a a presentación do libro “Notas (*) ao pé de páxina” de Xurxo Estévez.
O acto, presentado polo presidente da APDR, Antón Masa Vázquez, terá lugar o vindeiro xoves 28 de maio ás 19:00 horas, na Librería Paz.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“9 Lunas”
28
Xoves/Maio
Ambienta_cinema_lgbtiqa e cineclube
A Facultade de Belas Artes acolle a 9º edición de Ambienta, a Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, promovida polo Concello de Pontevedra, co apoio da Universidade de Vigo. Dirixida a ofrecer unha escolma da mellor produción audiovisual queer, a programación continúa nesta xornada coa proxección de 9 lunas, de Patricia Ortega.
Ás 20:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Obradoiro de reparación de bicicletas”
28
Xoves/Maio
C.S. A Pedreira
Obradoiro de Reparación de bicicletas ás 20:00 horas e Masa Crítica ás 21:00 horas, saída da praza da Peregrina
Ás 20:00 horas
A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra
“Nacho Piñeiro”
28
Xoves/Maio
Octubre negro ediciones
Presentación do libro, La sombra del tránsito, de Nacho Piñeiro, publicada por Outubro Negro Edicións. E xa temos data para a presentación: 28 de maio 20.30 horas Café Moderno, Pontevedra.
Ás 20:30 horas
Café Moderno, Pontevedra
“Kevin & Liniers”
28
Xoves/Maio
Concello de Pontevedra
Kevin Johansen e Liniers aterran en Galicia co seu inconfundible espectáculo de música e ilustración ao vivo. Unha cita imperdible que marca a fin da súa xira europea, que comezou no 2023, e que, tras máis de 100 concertos, pon o broche de ouro a 16 anos de complicidade artística sobre o escenario.
Arte, música, amizade e humor intelixente conflúen nun show único. Kevin Johansen ofrece un percorrido polas cancións máis recoñecidas da súa discografía, mentres que o debuxante Liniers improvisa, ilustra e recrea debuxos en tempo real proxectados sobre o escenario. Un concerto ilustrado que envolve ao público nunha experiencia sensorial extraordinaria.
Ás 21:00 horas
Pazo da Cultura de Pontevedra
“Taller de té”
29
Venres/Maio
Casacafé tienda
Descobre novos aromas e sabores no noso taller de té. Aprenderás a preparar diferentes tés especiais e bebidas como chai latte, golden milk ou matcha, alén de consellos para desfrutar mellor do té en casa. Inclúe cata guiada, degustación e material didáctico. O taller é gratuíto. Venres 29 de maio 17.00 h Taller de té Prazas limitadas
Ás 17:00 horas.
Casacafé rúa Echegaray 12, Pontevedra
“Blade Runner”
29
Venres/Maio
Campus Crea
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Blade Runner (EEUU, 1983), de Ridley Scott, na última sesión do ciclo de cinema Imago mundi, promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, dentro da programación da Semana Crea. Integrada por seis sesións, no meses de abril e maio, esta programación busca amosar algunhas das rutas escollidas polo cinema para ilustrar a interacción entre home, tecnoloxía e contexto.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Curtas”
29
Venres/Maio
Ambienta_cinema_lgbtiqa e cineclube
A Facultade de Belas Artes acolle a clausura 9º edición de Ambienta, a Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, promovida polo Concello de Pontevedra, co apoio da Universidade de Vigo. Esta última sesión abrangue a proxección das curtas Algo novo que contar, de Paula Pereira, Hello stranger (Ola, descoñecide), de Amélie Hardy; e Boomer (O espertar), de Jimmy Zwedberg. Tamén terá lugar a proxección do videclip Ferido, de Irene Montes e Xoán Fórneas, seguida dun coloquio, ás 21.00 horas, entre Fórneas, actor e músico, e o músico e docente Carlos Valcárcel.
Ás 20:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Obradoiro de cocinha vegana”
29
Venres/Maio
C.S. A Pedreira
OBRADOIRO DE COCINHA VEGANA: CHOURIÇOS VEGANOS
Ás 20:00 horas
A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra
“Manel Loureiro”
29
Venres/Maio
Liceo Casino
O 29 de maio ás 20:00 horas chega ‘Antes de que todo cambie‘ o novo thriller de Manel Loureiro. Vinganza, segredos e unha misión imposible Unha carreira contrarreloxo que pode cambialo todo Un complot que pon en xaque a toda Europa Unha historia aditiva onde nada é o que parece… atréveste a descubrila? Esperámoste! A entrada é libre e gratuíta.
Ás 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“Ás rúas do vento ceibe”
29
Venres/Maio
Banda de música de Pontevedra
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o vindeiro 29 de maio, ás 20:30 h, un concerto no que participarán máis de 300 coralistas e instrumentistas que, baixo a dirección de David Fiuza, interpretarán poemas de Manuel María, Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro. Entrada libre ata completar cabida.
Trátase dun destacado proxecto colectivo promovido pola Fundación Manuel María, que ten como finalidade poñer en valor a obra As rúas do vento ceibe a través da súa adaptación musical. O compositor Xosé Carlos Seráns é o responsable da creación das pezas, que serán interpretadas por unha formación musical de grande relevancia, integrada pola Orquestra Sinfónica de Pontevedra e unha ampla representación coral de Galiza.
Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura de Pontevedra
“Noite de poesía”
29
Venres/Maio
Noitesdepoesia
Ola, querides amiguis! O verán está a chegar e, antes de entregar os nosos ritmos a el, reunímonos unha vez máis para compartir poesía, música e comunidade. Vinde o 29 de maio para compartir a vosa poesía, algo máis ou simplemente para escoitar. Como sempre, a poesía en todas as linguas, de todos os tipos e por parte de todes é benvida. Ademais, Zeltia Irevire, compositora e cantante, acompañaranos coa súa fermosa voz e guitarra. A súa música trata temas sobre a relación entre o humano e a natureza, levándonos nunha viaxe que mestura folk e blues. Vémonos o venres 29, ás 21:00, apertas poéticas! (O seguinte recital terá lugar despois do verán)
Ás 21:00 horas
Nasantiña, Pontevedra
“Troula na barquiña”
29
Venres/Maio
Maravallada
Coa importante colaboración do Concello de Pontevedra, ademais dos establecementos que teñen a ben participar nesta actividade, no ultimo Venres de cada mes, comezando en Xaneiro ata o mes de Maio, ás 21 hrs na primeira taberna e ás 22:30 hrs na segunda.
29 de MAIO
– “Moderno”
– “O Forno” (Rúa Riestra)
TROULA NA BARQUIÑA
Ás 21:00 e ás 22:30 horas
Moderno e O Forno, Pontevedra
“Rentrée do verán”
29
Venres/Maio
Liceo Casino
Rentrée do verán A gran cita do 29 de maio na Caeira O verán está a piques de empezar e no Parque da Caeira imos darlle a benvida como se merece: ao aire libre, con boa música, gastronomía e moitas ganas de pasalo ben. Ceas: A retirada dos cartóns para a cea poderá efectuarse nas conserxarías de Manuel Quiroga e A Caeira ou a través da web, ata o 27 de maio ou ata esgotar prazas. Invitacións: A retirada de invitacións para non socios poderá realizarse a través da web, ata o 27 de maio ou ata esgotar prazas. Prezo: 10 € Idade: Evento para maiores de 16 anos. Os socios que cumpran 16 anos dentro do ano deberán tramitar a súa alta como Socio Xuvenil para poder asistir ao evento. Vestimenta preferente: Elas: branco e dourado Eles: azul e branco
Ás 21:00 horas
Parque da Caeira, Pontevedra
“Artistic Swimming World cup”
29-31
Venres a domingo/Maio
Deputación de Pontevedra
A Copa do Mundo de Natación Artística Pontevedra 2026 é unha competición oficial de carácter internacional integrada no calendario de World Aquatics, organismo reitor dos deportes acuáticos de ámbito mundial.
O evento desenvolverase en Pontevedra e reunirá seleccións nacionais absolutas de elite procedentes de Europa, América e Asia. Entre elas estará a selección española de natación artística, unha das referencias internacionais desta disciplina. Máis información https://www.worldaquatics.com/competitions/5130/world-aquatics-artistic-swimming-world-cup-2026
Todo o día
Complexo Deportivo Rías do Sur, Pontevedra
“Lucía Aldao e Samuel Merino”
30
Sábado/Maio
Librería Metáfora
O vindeiro sábado 30, Lucía Aldao e Samuel Merino presentan OS NOMES ÍNTIMOS na libraría Metáfora!
Un “comfort show” sobre quen somos e como nos chamamos que combina o humor coa reflexión profunda sobre a saúde mental e o dereito a ser.
Que nome ten a túa identidade? Como te chamaban antes de saber quen eras? “Os nomes íntimos” é a nova proposta de Lucía Aldao e Samuel Merino, un encontro de poesía escénica e música que foxe de calquera distancia para abrazar a autenticidade.
Samuel e Lucía comparten as súas propias feridas e vitorias para convidar ás persoas asistentes a un diálogo aberto. Falaremos dos nomes que portamos en silencio, dos alcumes que nos deron as nosas amizades e de como a palabra pode transformar a vella vergoña en nova fachenda.
Ás 12:30 horas.
Librería Metáfora, Pontevedra
“Señoras en Bicicleta”
30
Sábado/Maio
Libraría Paz
O sábado 30 SEÑORAS EN BICICLETA con Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos @sushi.books
Ás 12:30 horas.
Libraría Paz, Pontevedra
“Da Vad”
30
Sábado/Maio
A Pedreira
Concerto Da Vad
Xabier Agra, Maria Blanco e Xacobe Varela
30 Maio – Casa da Luz – 20:30 h.
Ás 20:30 horas.
Casa da Luz, Pontevedra
“Óscar Avendaño”
30
Sábado/Maio
Nasantiña
Segunda sesión do @clube_disco_pontevedra. O próximo día 30, falaremos, leremos e escoitaremos música porque o sábado teremos na @nasa_a_santina a @oscar_avendanho.
Óscar presentaranos o seu libro “Lo tengo en vinilo”. Falaremos con el tal como reza a portada sobre “una historia sobre la fidelidad y el amor a un formato”. Un amor que compartimos no @clube_disco_pontevedra .
Ademais pincharemos algunhas das cancións dos seus discos favoritos e teremos a sorte de desfrutar dun miniconcierto acústico do propio Óscar.
Ás 20:30 horas.
Nasantiña, Pontevedra
“Ponteandadas”
31
Domingo/Maio
Concello de Pontevedra
INSCRICIÓN ABERTA….
O Concello de Pontevedra organiza o Domingo 31 de Maio a 3ª ruta Ponteandadas 2026 MARCON
10h con saída e chegada na Casa da Cultura de Marcon. 14 km. circular
Dificultade: Media-Baixa
Inscrición ata o venres 29 de Maio ás 24h. 9,30 Quecemento con Zumba
Para calquer aclaracion no cartel adxunto… ou telf. 625482636 ou donde se poden facer os bizum de 2€ da inscricion
VIDA É MOVERNOS
Ás 10:00 horas.
Casa da cultura de Marcón, Pontevedra
“De… Pasos Gratitud”
31
Domingo/Maio
O 31 de maio camiñamos por quen fixo posible miles de vidas. Pasos de Gratitude · Marcha solidaria polos doantes de órganos, tecidos e células e as súas familias. Hospital Provincial de Pontevedra 10.00 h · 6 km · Percorrido circular 5 € · Prazas limitadas a 300 Veñas de onde veñas, ese día camiña connosco. Mesmos pasos de sempre, motivo engadido. Inscrición: https://i.gal/kkdru Non podes asistir? Suma co Dorsal Solidario.
Ás 10:00 horas
Hospital Provincial, Pontevedra
“Luis Rei”
31
Domingo/Maio
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación da novela “Elas dúas” (premio Álvaro Cunqueiro de novela) do escritor Luís Rei.
O acto, no que intervirán Rosario Álvarez, catedrática de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago e presidenta do Consello da Cultura Galega, Marcos Calveiro, director de edicións da Editorial Galaxia, e Luís Rei, terá lugar o vindeiro domingo 31 de maio ás 12:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 12:00 horas
Edificio Casteñao do Museo de Pontevedra
“De paseo por Broadway”
31
Domingo/Maio
Banda de música de Pontevedra
Para o derradeiro concerto do ciclo de butaca 25/26, contaremos con dous solistas de excepción: Marina Penas (soprano) e Pedro Martínez (barítono).
De paseo por Broadway. 31 de maio ás 12h no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Agardámoste!!
Ás 12:00 horas
Pazo da Cultura de Pontevedra
“Amoriños”
30,31
Sábado,Domingo/Maio
Afundación
Despois dunha primeira xira reunindo a milleiros de persoas polos teatros de toda Galicia, Perdomo e Touriñán volven coa súa parella máis perigosa: o amor.
Un espectáculo de citas tolas, paixóns imposibles e personaxes que non deberían xuntarse… pero xúntanse igual. Un First Dates á galega, humor salvaxe e moito corazón.
Ás 18:30 e ás 21:00 horas
Auditorio da Fundación Abanca, Pontevedra
“A beleza do natural”
21
Xoves/Maio
Universidade de Vigo
Preto de 80 fotografías de animais, plantas e fungos, captadas en contextos ecolóxicos diversos, desde bosques tropicais ata ambientes mariños, integran a exposición A beleza do natural, que pode visitarse no vestíbulo do Pazo Provincial. Inserida nas actividades impulsadas pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Diversidade Biolóxica, esta mostra reúne unha escolma de fotografías realizadas polo catedrático da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero ao longo da súa traxectoria como investigador. Dirixida e mostrar as especies no seu propio ambiente, resaltando as relacións ecolóxicas e a riqueza dos hábitats nos que viven, esta mostra poderá contemplarse na sede da Deputación ata o 11 de xuño.
Do 21 de Maio ao 11 de xuño
Vestíbulo da sede da Deputación, Pontevedra
“Morea”
21
Xoves/Maio
Facultade de Belas Artes
A Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a exposición Morea, na que poden verse máis de 100 pezas audiovisuais realizadas polo alumnado da materia Imaxe en movemento, do Grao en Belas Artes. Comisariada polos docentes da materia, Cynthia Alfonso, Iria Vázquez, Xisela Franco e Berio Molina, a exposición propón unha reflexión sobre as posibilidades do dispositivo expositivo e sobre novas formas de recepción da imaxe contemporánea, a través da proxección das pezas contra o teito da sala.
A exposición poderá visitarse ata o 4 de xuño, de luns a luns a venres de 8.00 a 21.00 horas.
Do 21 de Maio ao 4 de xuño
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Feitiñas”
18
Luns/Maio
A Pedreira
EXPO GALIZA DE 𝐏𝐀𝐓𝐑𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐌𝐀𝐐𝐔𝐈𝐄𝐈𝐑𝐀
Com motivo da Festa da lingua, a polifacética artista pontevedresa Patricia Maquieira expom no espaço da Parede da Pedreira a sua coleçom”Galiza”.
Esta série de ilustrações propõe um emotivo passeio pela memória infantil de Pontevedra, o latejo vivo do seu mercado e a riqueza da nossa cultura de raiz.
Feitiñas – Made na miña leira (coleçom Galiza)
Do 18 de Maio.
C.S A Pedreira, Pontevedra
“Vieiros de Pontevedra”
14
Xoves/Maio
Fundación Manuel Moldes
Logo dun proceso selectivo intenso polo número de participantes e pola calidade das propostas, as obras escollidas para participar xunto a Manuel Moldes en Vieiros en Pontevedra foron as de Candela Sueiro Sanisidro, Eva Díaz Vilaboa, Inés Martínez Caramés, Iria Pérez Rial, Jimena Arenas Costas, Mariña Rey Noya, Nuria Costas Fernández, Pau Ubeira Carramal e Xulia García Pintos.
A inauguración da mostra terá lugar o próximo xoves día 14 de maio. Será ás 19:00 na sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra na rúa Benito Corbal 47, 8º andar (acceso por r/ Javier Puig 3).
Do 14 de maio ata setembro do 2026
Fundación Manuel Moldes, rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
“A derruba”
14
Xoves/Maio
Facultade de Belas Artes
Exposición colectiva “A derruba”.
Inscrición previa a través do QR do cartel!!!
Do 14 de Maio ao 27 de Xuño
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“E ademais debuxan”
6
Mércores/Maio
Concello de Pontevedra
A inauguración da exposición terá lugar o mércores 6 de maio ás 19.00 horas con entrada libre na Casa das Campás. Permanecerá instalada ata o 5 de xuño e visitable de luns a venres de 9.00 h. a 21.00 h. e sábados de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00h.
Do 6 de maio ao 5 de xuño.
Casa das Campás, Pontevedra
“Ruibal & Bellas”
30
Xoves/Abril
Museo de Pontevedra
Arte en parella: Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas
Comisaria: Cristina Villaverde Ruibal
O centenario do nacemento da pintora Mercedes Ruibal (Pontevedra, 1926) é o momento para reivindicar dúas traxectorias artísticas que, aínda que recentes, sofren de certo esquecemento. Na Arxentina sitúanse os comezos de Mercedes, onde se forma a carón de Laxeiro e nas súas visitas aos museos de Bos Aires. Retornada a Galicia, casa en 1958 co arquitecto Agustín Pérez Bellas (Vigo, 1927), home tamén namorado da pintura. Os dous abren nesta década as súas novidosas propostas pictóricas, que presentan en galerías galegas para, posteriormente, dar o salto coa súa obra a Madrid e Barcelona.
Do 30 de Abril ao 28 de xuño 2026
Museo de Pontevedra
“Patricia Maquieira”
25
Sábado/Abril
Tábula Rasa
Este sábado 25 de Abril de 12:30 a 15h, inauguración da nova exposición de Patricia Maquieira. “Tempo de Colleita”
Estades todxs convidadxs.
Do 25 de Abril a
Tábula Rasa, Pontevedra
“Diversa”
24
Martes/Marzo
Afundación
Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA, a cargo da comisaria Matilde Rodríguez.
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.
Do 24 de marzo ao 20 de xuño
Café Moderno, Pontevedra
“Ruínas de San Domingos”
15
Domingo/Marzo
Museo de Pontevedra
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
Proximamente
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥