“Clube de cerámica”
26
Luns/Xaneiro
Kentada
Abrimos inscricións para o clube de cerámica de Kentada
Estade atentes porque só temos
dispoñibles 6 prazas
Se queredes apuntarvos enviade un email a: a.kentada@gmail.com co asunto “clube de cerámica” e os vosos datos (nome, teléfono, rrss, etc). Informarémosvos por privado do estado da vosa inscrición.
Luns de 17:00 a 19:00 horas prezo 5 Euros ao mes
De 17:00 a 19:00 horas
Kentada, Rúa da Barca, 14, Pontevedra,
“Iria Maquieira”
27
Martes/Xaneiro
Pamolita eventos
DESCOBRE O QUE CHE FAVORECE Un taller práctico de imaxe persoal onde aprenderás a potenciar a túa beleza natural a través da colorimetría, a morfoloxía e o visajismo. Da man de Iria Maqueira, asesora de imaxe, descubrirás como a cor, a forma e a análise facial inflúen na túa imaxe e como utilizalos ao teu favor no teu día a día.
Ademais, contamos coa colaboración de Raquel Santos, xerente de Salón de peiteado Marga Calviño, quen achegará a súa experiencia para aplicar a imaxe persoal ao cabelo e á maquillaxe, levándoo a un plano totalmente práctico e real. Asistencia gratuíta, con inscrición previa. Prazas limitadas. Unha experiencia pensada para que te entendas, míresche con outros ollos e aprendas que é o que realmente che favorece Esperámosvos
De 18:30 a 20:30 horas
Marga Calviño Rúa Andrés Mellado, 17 , Pontevedra
“Expo Fanzinera”
27
Martes/Xaneiro
Luscofuscoartes
Comezamos o ano con esta exposición tan divertida!!
Despois de pasar un par de días con @natobf , aprendendo as súas técnicas de fanzine e collage, é o momento de amosarlle ao público os resultados do obradoiro.
Inaugurámola o 27 de xaneiro, todos estades benvidos a botar unha ollada. Agardámosvos!
Do 27 de xaneiro ao 6 de febreiro
Sala O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Bieito Alonso”
27
Martes/Xaneiro
Museo de Pontevedra
Expón: Bieito Alonso (Autor)
Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Concerto do Coro universitario”
27
Martes/Xaneiro
Museo de Pontevedra
Concerto do Coro universitario do Campus de Pontevedra da Uvigo. O martes 27 de xaneiro no Museo de Pontevedra. Vos esperamos
Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Laura Hermo”
27
Martes/Xaneiro
Danza Deborah
Clase de baile flamenco con Laura Hermo.
Prueba gratis. Reserva a túa praza. 650733739
De 20:00 a 21:00 horas
Escola de danza Déborah rúa Xan Guillermo 25, Pontevedra
“Manuel Rajal”
27
Martes/Xaneiro
Liceo Casino
A Asociación Artístico Cultural de Pontevedra presenta Zarzuela, síntese ilustrada, o día 27 de xaneiro ás 20:00 h. do profesor Manuel Rajal (Lucense, vinculado ao mundo artístico en vertentes plástica e musical) -Prólogo de Ainhoa Arteta e Nancy Fabiola Herrera– Presentado por: M.ª do Carmen Gago Florenti e Ana Julia Martínez Fariña. Actuación da soprano Dania D’alfonso
Entrada: Libre ata completar aforo
Ás 20:00 horas
Liceo Casino de Pontevedra
“Kontinental’25”
27
Martes/Xaneiro
Cineclube
KONTINENTAL ’25 Kontinental ’25, Radu Jude, 2025 Romanía, 109 min, VOSE
Orsolya é funcionaria na cidade de Cluj, en Transilvania, e debe executar o desafiuzamento dun home sen fogar instalado no soto dun edificio que se vai converter en hotel de luxo. Mais un suceso inesperado confróntaa de súpeto coas súas propias contradicións e desata nela unha profunda crise moral.
Filmada cun iPhone en apenas dez días, Kontinental ’25 é un retrato mordaz dun sistema económico atravesado pola especulación inmobiliaria, a xentrificación e o auxe da extrema dereita. A través de planos fixos, afiados diálogos e un ton que vai do tráxico ao absurdo, Radu Jude ofrece unha demoledora análise do tempo presente, coa que gañou o Oso de Prata ao mellor guión na Berlinale.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal de Pontevedra
“Castelao en Pontevedra”
28
Mércores/Xaneiro
Museo de Pontevedra
O mércores presentamos no Museo Castelao en Pontevedra (1916-1936), de Miguel Pérez Ramudo, unha obra de banda deseñada que revisa dúas décadas fundamentais na formación do Castelao artista, intelectual e político. O seu autor, Miguel Pérez Ramudo, explicará o proceso creativo detrás das viñetas que forman esta publicación de Almacén de Fábulas para o Museo de Pontevedra.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“O incendio de Sara Vila”
28
Mércores/Xaneiro
O Galpón Lab
O próximo 28 de xaneiro teremos a oportunidade de comentar ‘O Incendio‘ coa súa autora, Sara Vila Alonso, no noso club de lectura.
A novela trasládanos a Neboeiro, unha aldea que esmorece e que descubrimos a través da única nena que medra nela xunto á súa avoa e á Perdida, a súa cadeliña.
Falaremos dos coidados, dos medos e culpas da adolescencia, do abandono do medio rural e da soidade de quen o habita…
Moitísimas grazas a Sara Vila Alonso por visitarnos e a ti… agardámoste!
Ás 19:00 horas
O Galpón Lab, Loureiro Crespo 44, Pontevedra
“A marcha sobre Roma”
28
Mércoles/Xaneiro
Fundación Cuña-Casasbellas
No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Poder e loucura: ególatras, narcisistas e outras faunas”, cuxa segunda sesión terá lugar este mércores, 28 de xaneiro, ás 20:00h, coa proxección do Filme:
A marcha sobre Roma Direc.: Dino Risi, Italia, 1962, 90 m
Sipnose: Tras a I Guerra Mundial, Domenico e Umberto, dous soldados sen ocupación, reencóntranse en Emilia. Incapaces de atopar traballo, deciden integrarse no movemento fascista, en busca dunha oportunidade de prosperar. Durante unha folga de barrenderos, na que substitúen aos traballadores, golpean accidentalmente a un policía e son encarcerados. Mentres están en prisión, os fascistas toman o poder e liberan aos presos políticos. Novamente na rúa, Domenico e Umberto únense á “Marcha sobre Roma”.
Ás 20:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) de Pontevedra
“Música de cámara”
28
Mércoles/Xaneiro
CMUS Pontevedra
No 28 de xaneiro: Música de cámara. El estreno del ciclo contará con alrededor de 25 alumnos y alumnas divididos en formaciones variadas, como cuartetos de tubas y clarinetes, tríos de metales y madera, y diversas obras para piano a cuatro manos.
Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Salghadoiro”
29
Xoves/Xaneiro
Libraría Paz
Presentación do último número da revista cultural @salghadoiro con @carlosbessada Leticia Castro, Lino Prieto
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Kerigma”
29
Xoves/Xaneiro
Parroquias do Archiprestazgo de Lérez
Proposta cultural gratuíta que combina música, teatro, humor e narración cun enfoque dinámico e participativo, no marco da Semana da Familia. Pontevedra está inmersa na celebración do 25º aniversario da Semana da Familia, unha cita que organizan as parroquias do Arciprestado de Ou Lérez e que, como cada ano, busca xerar espazos de reflexión, convivencia e celebración en torno ao papel da familia. Dentro desta programación, hai unha proposta cultural que me parece especialmente interesante e que está aberta a toda a cidadanía: o espectáculo da agrupación Kerigma.
Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Manuel Pérez Lourido”
29
Xoves/Xaneiro
O Sanatorio
“La venganza del vocablo rebuscado y otros relatos” é a nova obra do escritor pontevedrés Manuel Pérez Lourido.
Este novo traballo ofrece experiencias literarias para todas as persoas amantes da reflexión e a ironía.
Na presentación acompañarán o autor os escritores Rodrigo Cota e Xesús Constela.
Ás 20:00 horas
O Sanatorio. Rúa Andrés Muruais, 9. Pontevedra, Pontevedra
“Llegada al Hobby”
29
Xoves/Xaneiro
Radioafición Pontevedra
CHARLAS GRATUITAS DE RADIOAFICIÓN
De 20:00 a 22:00 horas
IES Frei Martín Sarmiento, Pontevedra
“Juan Carlos Vilar”
30
Venres/Xaneiro
Palacete das Mendoza
Inauguración da exposición: ” Novas follas de herba” de Juan Carlos Vilar no Palacete das Mendoza.
A mostra estará desde o 30 de xaneiro ata o 15 de febreiro
Do 30 de xaneiro ao 15 de febreiro 2026
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Roberto Santamaría”
30
Venres/Xaneiro
CMUS Manuel Quiroga
Charla-Taller
“A evolución dos instrumentos de corda ao longo da historia” con Roberto Santamaría
Ás 17:30 horas
Biblioteca do CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra
“Sicario”
30
Venres/Xaneiro
Vicerreitoría do campus de Pontevedra
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Sicario (2015), de Denis Villaneuve, na último sesión do ciclo de cinema Dulce bellum inexpertis, dirixido a afondar nos efectos e consecuencias das guerras a través de filmes de diferentes xéneros. Promovido pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello de Pontevedra, abrangue sete proxeccións, abertas a toda a cidadanía, entre os meses de novembro e xaneiro.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Guillermo García de la Riega”
30
Venres/Xaneiro
Gremio de Mareantes
Ás 19:00 horas
Gremio de Mareantes, Avda Corbaceiras 3, Pontevedra
“Breogán e Balixas”
30
Venres/Xaneiro
Maravallada
Os locais Breogán e Balixas recibirán este venres a partir das 21h. a primeira das citas, que terán lugar o último venres de cada mes ata maio inclusive.
Nasa, Perla 8, Rula, El Chato, La Esquina, O Forno (rúa Virxinia Pereira, Café Moderno e O Forno (rúa Riestra) son os locais escollidos para os seguintes encontros musicais.
Nesta décimo terceira edición Maravallada, organizadora da iniciativa, contará coas agrupacións Soalleira de Dorrón, Couso Bares da Estrada, Xolda de Allariz e Troula na Barquiña de Noia.
Ás 21:00 horas
O Burgo, Pontevedra
“Taller de Mimosas”
30
Venres/Xaneiro
Liceo Casino
O venres 30 de xaneiro descobre no Taller de Mimosas a maxia desas flores amarelas que reaccionan ao tacto e enchen de vida calquera espazo. Neste taller práctico aprenderás sobre o seu coidado, o seu ciclo de vida e como preservalas para que duren no tempo. Data: 30 de xaneiro Hora: 17:30 – 19:00 h Prezo: 38 € Unha experiencia visual e sensorial que non che podes perder!
De 17:30 a 19:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“San Sebastián”
30
Venres/Xaneiro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Taller de Guasha”
31
Sábado/Xaneiro
Liceo Casino
Debido á gran demanda existente, a sede de Manuel Quiroga acollerá un novo Taller de Guasha. Unha técnica tradicional de orixe oriental enfocada ao benestar e ao coidado corporal. A actividade está dirixida a persoas interesadas en coñecer e practicar esta metodoloxía de forma guiada. No taller inclúese as ferramentas individuais necesarias, espello de man, goteros con aceites esenciais, diadema, Guasha… O taller ten un prezo de 20 euros e levará a cabo sempre que se alcance un grupo mínimo de seis persoas, requisito necesario para o seu inicio. Inscricións na Secretaría da Sociedade.
De 11:00 a 12:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“Flores del Norte”
31
Sábado/Xaneiro
Zengoala
Cada último sábado do mes esperámosche no noso taller de Zentangle en Pontevedra, no Coworking Arroelo, para gozar dunha sesión creativa e meditativa. Atopámonos en Coworking Arroelo (Pontevedra) para gozar xuntas dunha experiencia creativa e meditativa, onde non necesitas experiencia previa nin “saber debuxar”. Flores do Norte No taller de xaneiro inspírome na tradición sueca do papel pintado floral, presente en moitos fogares como unha forma de traer calma e natureza ao interior. A través do método Zentangle exploraremos tangles botánicos, repetición e unha paleta azul, nunha experiencia creativa e meditativa que convida a baixar o ritmo e debuxar desde a atención.
Ademais dos traballos que realizaremos xuntas durante a sesión, levarasche: O material utilizado no taller Os coñecementos básicos do método Zentangle A capacidade de repetir o exercicio en casa, explorando outras cores e tangles Unha experiencia de calma, concentración e goce creativo
Ás 11:00 horas
Espazo Arroelo, Cobian Roffignac 6 3º Pontevedra
“Ilustración científica”
31
Sábado/Xaneiro
Biblioteca pública de Pontevedra
Co gallo da celebración do Día da Ilustración, celébrase un obradoiro no que se ofrecerá unha introdución teórico-práctica á ilustración científica aplicada ao estudo e divulgación do medio mariño, centrado en especies costeiras e oceánicas. Aprenderás a observar a morfoloxía dos organismos mariños e a representalos mediante técnicas tradicionais: grafito, lapis de cores e acuarela.
Combinaremos ciencia e arte para contribuír á comprensión e a conservación da biodiversidade mariña.
O obradoiro será guiado por Eva Cacabelos e Nair Vilas, persoal investigador do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC)
Inscrición prrevia na web da biblioteca a partir do día 22 de xaneiro ás 09.00 h.
Ás 11:00 horas
Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Pontevedra
“Enma Pedreira”
31
Sábado/Xaneiro
Libraría Paz
Enma Pedreira presenta o seu libro “Inventaria” e conversará con Silvia Penas
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Roi Redondo García”
31
Sábado/Xaneiro
Ponte verde
Roi Redondo García, en concerto
O sábado 31 de xaneiro en Ponte verde, Gorgullón 55
Ás 13:00 horas
Ponteverde, Gorgullón 55, Pontevedra
“Glox Olia
31
Sábado/Xaneiro
Liceo Mutante
glox olia @glox_olia é un proxecto de Ensenada (Baja California, México), no cal sintetizadores e todo tipo de instrumentos orgánicos coma flautas ou harpas danse a man para crear un son ambiental, hipnótico, meditativo e fantasmal.
Serpe @serpe______ é o nome artístico de Martín Nieto, artista audiovisual galego-madrileño que explora a experimentacion sonora nas intersección entre o noise, o drone, e o ambient; cultivando a abstracción visual a partir da realidade gravada.
Pedirase unha axuda entre 5 e 10 € destinada integramente aos artistas
Ás 20:30 horas
Rúa Afonso XIII 9, Pontevedra
“Camino a la escuela”
1
Domingo/Febreiro
Concello de Pontevedra
Camino a la escuela
Compañía: Campi Qui Pugui (Catalunya)
Tres irmás, un camiño e un obxectivo: ter o futuro nas súas mans.
A extraordinaria historia de tres irmás que se enfrontan diariamente a obstáculos e adversidades para chegar á escola. Tres nenas que viven nun país calquera, que non falan un idioma concreto pero que en realidade falan todos os idiomas.
Ás 12:00 e ás 18:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Taller de encuadernación”
1
Domingo/Febreiro
Galería Tangram
Taller intensivo de ENCUADERNACIÓN para adult@s en @galeria.tangram
PONTEVEDRA, Galicia, España.
Crea coas túas propias mans unha bitácora que acompañe o teu ano de proxectos e as mellores ideas!
Realizaremos, paso a paso e de maneira artesanal, unha bitácora tamaño 15 x 21 cm con tapas duras forradas en tela, utilizando unha técnica de encuadernación exposta, sencilla e estética.
Costo: 45 € (materiais incluidos)
Cada participante levará o seu caderno rematado e un apunte dixital.*
Non se requiren conocementos previos.
*INSCRIPCIÓN* julietareyes2769@gmail.com +543547636880
De 17:00 a 20:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra
“Sergio Ordóñez Grela”
21
Sábado/Decembro
Galería Tangram
Lo que el mar devuelve se transforma en arte.
Piezas hechas a partir de restos marinos que nos hacen pensar (y mirar dos veces).
Art Afterwork especial
Arte, buen ambiente y plan perfecto para desconectar después del curro.
Exposición de Sergio Ordóñez Grela
Decembro 2025
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra
“Debuxar coa Luz”
19
Venres/Decembro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Carlos Bravo”
17
Venres/Decembro
Carlos Bravo
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
“Cronofitti”
17
Mércores/Decembro
Mambo Gallery
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
“Moldes dende a figura”
11
Xoves/Decembro
Fundación Manuel Moldes
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
“Alba Troiteiro”
4
Xoves/Decembro
Alba Troiteiro
Exposición de debuxos de Alba Troiteiro.
Ela dí de si mesma, “non sei definirme, estoume ensinando”
Mentras tanto, nun intento de debuxarme fixen unha recopilación de algunhas versions da miña persoa a través de ollos alleos.
Decembro 2025
Mímate rúa Real 13, Pontevedra
“Rebe Acierto“
3
Mércores/Decembro
Tábula Rasa
Exposición temporal na tabula Rasa. Pásate e desfruta da boa compañía e o bo rollo de este local. ” Kaldeirada” de Rebe Acierto.
Decembro 2025
Tábula Rasa, rúa Marquesa, Pontevedra
“Bicos de cine”
3
Mércores/Decembro
Fundación Manuel Moldes
A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
“Bello Piñeiro“
27
Xoves/Novembro
C.S. A Pedreira
Do 27 de Novembro ao 27 xaneiro
C. S. A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra
“Dúas ladeiras…”
20
Xoves/Novembro
Facultade de Belas Artes
Entre o 20 de novembro e o 20 de febreiro, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Dúas ladeiras da mesma montaña, promovida xunto co Centro de Arte Fundación María José Jove. Nela preséntase as obras desenvolvidas polos artistas Martín Llavaneras e Elena Jones á raíz da súa estadía na cidade mexicana de Guadalajara como beneficiarios da primeira convocatoria de residencias internacionais desta fundación.
Do 20 de novembro ao 20 de febreiro
Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes.
“Comedy Wildlife”
28
Martes/Outubro
Inauguración da exposición “Comedy Wildlife”
A comicidade escondida na natureza chega ao café Moderno coa exposición «Comedy Wildlife. Premios de Fotografía». A mostra, foi desenvolvida e producida por Afundación, Obra Social de Abanca e organizada en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN) e a participación de Terra Espléndida.
Do 28 de Outubro ao 7 de Febreiro
Café Moderno Afundación, Pontevedra
Proximamente
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥