“Vivian Rangel”
27
Luns/Outubro
Alberto Dafonte
A necesidade de estar ben informados.
O luns 27 ás 10:00 imos ter na Planta Baixa da Facultade a Vivian Rangel de @maldita.es para falarnos de educación mediática, de pensamento crítico e de ferramentas para non caer na #desinformación
Organizado por @albertodafonte e o Grupo de Innovación Docente Dixitais, co apoio da Fundación Maldita.es e @iberifie
Ás 10:00 horas
Pranta baixa da Facultade de Comunicación, Pontevedra
“O último verán”
27
Luns/Outubro
Cineclube
O ÚLTIMO VERÁN
L’Été dernier, Catherine Breillat, 2023, Francia, 104′, VOSE. Lingua orixinal: francés
Anne é unha brillante avogada, casada e con dúas fillas, que se xoga a súa reputación cando inicia unha relación sentimental co fillo adolescente do seu marido, froito dun matrimonio anterior.
Catherine Breillat adéntrase sen tabús no desexo feminino da man dunha espléndida Léa Drucker nesta persoal e desafiante relectura do filme danés Raíña de corazóns (May el-Toukhy, 2019). Considerado por Cahiers du Cinéma como un dos máis elocuentes filmes do ano 2023, o filme fíxose co Premio Especial do Xurado no Festival de Xixón no 2023.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Menopausia”
28
Martes/Outubro
Medicina integrativa
Taller en Pontevedra de Menopausa “Coñecela para querela”
Ante a demanda de moitas mulleres que me piden que volva dala aquí estamos de novo. Será en Pontevedra, o martes día 28 de Outubro, de 18:30 a 20:00. Non é necesario inscrición previa e como todas estas charlas será gratuíta. Faremos un percorrido polo noso corpo, as nosas hormonas, que nos permitirá entender os nosos síntomas e veremos que ferramentas podemos usar para manexar esta etapa nós mesmas. Desde unha visión da Medicina Integrativa, entendendo as causas que provocan os nosos síntomas para poder cambiar algo e aceptar esta nova etapa. Esta charla non é só para mulleres con menopausa, é para calquera persoa que queira estar informada do que nos pasa, o que nos vai a pasar ou o que sucede ao noso ao redor.
De 18:30 a 20:00 horas
Salón del edificio admistrativo de Benito Corbal 47, Pontevedra
“Carlos Cambre ”
28
Martes/Outubro
Universidade de Vigo
Para os interesados na fotografía. Este martes 28 inaugúrase no espazo O Abrigo a exposición de fotografía “Identidades y Territorio” do artista Carlos Cambre!!!
Agardámosvos ás 19:00 horas!!!
Do 28 de Outubro ao 11 de Novembro
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Luis Colder”
28
Martes/Outubro
Museo de Pontevedra
Presentación do libro de Luis Colder “Código Hobo“, o autor estará acompañado por Ramón Rozas.
Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Julián Casanova”
28
Martes/Outubro
Libraría Paz
Ás 19:30 horas
Paraninfo do IES Sánchez Cantón, Pontevedra
“Comedy Wildlife”
28
Martes/Outubro
Inauguración da exposición “Comedy Wildlife”
A comicidade escondida na natureza chega ao café Moderno coa exposición «Comedy Wildlife. Premios de Fotografía». A mostra, foi desenvolvida e producida por Afundación, Obra Social de Abanca e organizada en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN) e a participación de Terra Espléndida.
Do 28 de Outubro ao 7 de Febreiro
Café Moderno Afundación, Pontevedra
“La clase importa”
28
Martes/Outubro
F.U.L.A.N.A.S.
Non deixamos de lado as actividades mensuais, pechamos outubro co primeiro día de lectura do ensaio “la clase importa” de Bell Hooks
Esperámosvos martes no Ye Olde Basset
Ás 20:00 horas
Ye Olde Basset, Avda de Sta Maria Pontevedra
“O neno”
28
Martes/Outubro
Cineclube
O NENO
Le Garçu, Maurice Pialat, 1995, Francia, 102′, VOSE. Lingua orixinal: francés
Gerard e Sophie teñen un fillo de tres anos, Antoine (interpretado polo propio fillo de Pialat), e están ao bordo do divorcio. De vacacións na illa Mauricio, Sophie finalmente rompe a relación. Xa en París, Gerard séntese culpable xa que nunca se ocupou moito do seu fillo e trata de pasar máis tempo con el. Ten a sensación de que nunca quixo tanto a ninguén e de que nunca ninguén o quixo tanto.
A derradeira película de Pialat (que non chegou a montar) é, en palabras de Serge Toubiana, unha home movie autobiográfica en forma de pintura cubista que volve aos grandes temas do cineasta: o grupo de familia, a morte, a infancia.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Alimentación + E-Saúde”
29
Mércores/Outubro
Asaexs
TALLER 4: ALIMENTACIÓN + E SAÚDE (Aprender a cuidar a túa saúde con boa alimentación e ferramentas dixitais accesibles)
Ás 11:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Fuenteovejuna”
29
Mércores/Outubro
Grupo Teatral Méndez Núñez
O grupo teatral Méndez Núñez formado por persoas con capacidades diferentes presenta unha breve posta en escena da obra de Lope de Vega “Fuenteovejuna” e de cómo chega o seu significado aos nosos días.
Este grupo teatral promovido pola Asociación de discapacitados intelectuales Virgen de la O, pretende romper estereotipos en defensa da igualdade e da participación de todas as persoas.
Ás 18:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Xosé Manoel Núñez Seixas”
29
Mércores/Outubro
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra, en colaboración co Concello de Pontevedra organiza este mes de outubro un ciclo de actividades arredor da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, no 75 aniversario do seu falecemento.
Ás 19:00 horas
Café Moderno, Pontevedra
“Xaime Fandiño”
29
Mércores/Outubro
O Sanatorio
Presentación do libro “Contubernio Picacho” de Xaime Fandiño no espazo O Sanatorio, o autor estará acompañado por Xabier Romero, editor e Manuel Manquiña, actor
Ás 20:00 horas
Espazo O Sanatorio, Andrés Muruais 9, Pontevedra
“Dersu uzala”
29
Mércores/Outubro
Fundación Cuña Casasbellas
No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2025, celebrase o Ciclo cinematográfico “Outras terras, outros ámbitos, 2”, coa proxección do Film: Dersu Uzala, de Akira Kurosawa (Unión Soviética (URSS)
O capitán Vladimir Arseniev e o seu destacamento teñen que realizar unhas prospeccións xeolóxicas nos bosques da taiga siberiana. A inmensidade do territorio e a dureza do clima fan que se extravíe. Condenado a vagar por unha terra salvaxe, Vladimir coñece a Dersu Uzala, un cazador nómade que coñece o territorio como a palma da súa man e sabe como afrontar as inclemencias do tempo. Dersu ensinará a Vladimir a respectar a natureza e a convivir en plena harmonía con ela, unha lección que dificilmente esquecerá o resto da súa vida.
Ás 19:30 horas
Sala Versus, Xerardo Álvarez Limeses, nº 12 Pontevedra
“Outubrofest”
30,2
Xoves a Domingo/Outubro, Novembro
Concello de Pontevedra
Outubrofest 2025 en Pontevedra volve do 30 de outubro ao 2 de novembro na Praza de España coa súa 15.ª edición, unha carpa bávara que combina gastronomía tradicional e música para apoiar ao Pontevedra Rugby Club e a súa actividade formativa juvenil. Espérase un ambiente multitudinario (a organización estima ao redor de 12.000 visitantes por edición) e numerosas actividades abertas para todas as idades.
Xoves desde ás 18:00 horas
Praza de España, Pontevedra
“Malena Alterio
30
Xoves/Outubro
Concello de Pontevedra
Ás 18:00 horas
Auditorio do Pazo da Cultura, Pontevedra
“¿De qué tienes miedo?”
30
Xoves/Outubro
Libraría Seijas
O xoves imos a pasalo de medo con Nuria Díaz e o seu novo libro…
Ás 18:30 horas
Libraría Seijas, Avda de Vgo 13, Pontevedra
“El huevo del ángel”
30
Xoves/Outubro
Cineclube Belas Artes
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes Pontevedra
“José Manuel Fernández Pensado”
30
Xoves/Outubro
Museo de Pontevedra
Presentación do libro: ‘‘As vellas de Mens‘ de José Manuel Fernández Pensado o autor estará acompañado por Manuel Rico Varea.
“As vellas de Mens” é un relato en primeira persoa sobre un grupo de mulleres, Teresa García, Prudencia Garrido, Asunción Garrido, Manuela Lema, Adela Rey e Teresa Lema, a quen o autor coñeceu en 1972 e coas que compartiu vinte anos de vida artística na Agrupación Folclórica Aturuxo. O libro profunda en quen eran estas mulleres labregas xa maiores, a súa contorna, as súas aspiracións e o impacto que tiveron no folclore galego. É unha obra que ofrece unha perspectiva sobre como estas mulleres integráronse nunha agrupación folclórica e o que o seu legado significa para a cultura galega. A publicación deste libro coincide coa dedicación das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada nas cantareiras, o que subliña a relevancia do tema no contexto cultural actual.
Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Tareixa Roca”
30
Xoves/Outubro
Libraría Paz
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Xabier Díaz”
30
Xoves/Outubro
Vicerreitoría da UVIGO
Conferencia e presentación do libro Cancioneiro Galego Serodio (1989-2012) Metendo as mans na terra de Xabier Díaz
Ás 20:00 horas
Casa das Campás de Pontevedra
“Armando Guerra”
30
Xoves/Outubro
Liceo Casino
O xoves 30 de outubro, ás 20:00 horas, o Salón Nobre será o escenario dun emotivo acto en memoria de Armando Guerra. Neste encontro, amigos e compañeiros do artista reuniranse para renderlle unha merecida homenaxe póstuma, lembrando o seu legado tanto humano como artístico. Durante o acto, intervirán destacados amigos de Armando Guerra: Rafael López, Julio Otero, Luis Queimada, Manuel Yáñez e o grupo Black Stones. As súas palabras e actuacións servirán para rememorar a figura do artista pontevedrés, subliñando a súa traxectoria e a pegada que deixou en quen lle coñeceu.
Do 30 de Outubro ao 9 de Novembro
Liceo Casino de Pontevedra
“San Simón”
30
Xoves/Outubro
San Simón Filme
O xoves 30 de outubro no Cinexpo (Pontevedra) |ás 20h30 Proxectarase a película San Simón, coa presenza do director Miguel Angel Delgado.
Producida por San Simón la película AIE, miramemira, Morelli Producciones en coprodución con Bando à Parte (Portugal). Coa financiación do Cine ICAA, a subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais; a participación de RTVE, Televisión de Galicia, RTP, Castilla-La Mancha Media, Deputación Pontevedra; e coa colaboración do Grupo Histagra Usc e a Asociación O Faiado da Memoria. Distribúen Baños films e Linde films.
Ás 20:30 horas
Cinexpo, Pontevedra
“Nevenka”
30
Xoves/Outubro
Histrión Teatro
Nevenka – Histrión Teatro
En 2001, e por primeira vez na historia de España, unha muller gañou un xuízo por acoso sexual a un político. Nevenka Fernández sentou a un alcalde no banco dos acusados, converténdose no primeiro caso do #MeToo nun país que lle deu a razón nos tribunais, pero que a estigmatizou publicamente. Hoxe este caso devólvenos a imaxe do que fomos para sinalar os avances, pero tamén as feridas. Hoxe Nevenka segue sendo ese espello no que se miran as mulleres que a precederon e que a seguiron; un reflexo dunha sociedade que cambiou ou, quizais, non tanto.
Dirección e autoría: María Goiricelaya
Elenco: Gema Matarranz, Ales Furundarena e Ana Ibáñez.
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Bim, Bam, Bum”
31
Venres/Outubro
Libraría Seijas
Ás 18:30 horas
Libraría Seijas, Avda de Vgo 13, Pontevedra
“Juan de Sola Vollbrecht”
31
Venres/Outubro
Ateneo de Pontevedra
Presentación do libro: ‘Entre os muros do esquecemento’ de Juan de Sola Vollbrecht está dedicado, por completo, á vida de Ramón García Martínez, sobrevivente do campo de concentración de Mauthausen, quen cambiou o acento andaluz polo galego tras conectar coa emigración galega en América Latina ata converterse nun popular veciño da parroquia de Campañó, no municipio de Pontevedra. O autor estará acompañado polas fillas de Ramón, Mayte e Silvana.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Xoán Cerviño”
31
Venres/Outubro
Deputación de Pontevedra
Inauguración da exposición “12 pinturas e 12 poemas visuais” de Xoán Cerviño no Palacete das Mendoza.
Xoán Cerviño, cuxa obra pictórica e escultórica foi premiada en varias ocasións, achéganos unha proposta composta por doce pinturas nacidas da experiencia da paisaxe. Nelas tamén aparecen doce obxectos atopados e minimamente manipulados, nos que existe un sentimento ecoloxista e suxire unha poética sinxela. Para o artista non son só restos dunha “tala” de árbores ou camiños de couza en troncos, senón tamén un exemplo de resiliencia da natureza.
Do 31 de Outubro ao 16 de Novembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Ana Corzo”
31
Venres/Outubro
Fundación Cuña-Casasbellas
Representación escénica poético-musical. Presentación “El reloj de sal y el colibrí azul”, de Ana Corzo. Músicos: David Dopazo (piano), Harry Price (violín), Miguel Fraguas (percusión) e Jorgelina Piana (coros)
Ás 20:15 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Brumal
1
Sábado/Novembro
Concello de Pontevedra
Ás 18:00 horas
Auditorio do Pazo da Cultura, Pontevedra
“Ernesto Sevilla”
1
Sabado/Novembro
Afundación
En “Yo, Literal“, Ernesto Sevilla presenta un monólogo cómico que fusiona o seu enxeño e humor característicos con reflexións sobre a súa vida e a sociedade actual. A través de anécdotas persoais e experiencias divertidas, aborda temas como a tecnoloxía, as relacións e a confusión do mundo moderno, sempre co seu toque irónico. O espectáculo destaca pola súa linguaxe coloquial e a súa capacidade para esaxerar situacións cotiás, facendo que o público se identifique coas súas historias. Sevilla invítanos a rir do absurdo da vida, preguntándonos se realmente estamos avanzando cara ao futuro. “Yo, Literal” é unha celebración do humano e do ridículo, onde cada risa se converte nunha verdade compartida. E como sempre di Ernesto: “Imos partilo cú!”.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede AFundación, Pontevedra
“Calamity”
2
Domingo/Novembro
Cineclube
Primeiros ollares nace coa idea de reactivar a experiencia colectiva da sala de cinema entre as familias, mais tamén coavontade de dar a coñecer un tipo de cinema orientado á infancia que non ten cabida nas grandes salas comerciais.
CALAMITY, UNHA INFANCIA DE MARTHA JANE CANNARY. Rémi Chayé, 2020, 82′, Francia-Dinamarca. Recomendado a partir de 7 anos
1863, Estados Unidos de América. Martha Jane viaxa coa súa familia nunha caravana cara ao Oeste coa esperanza dunha vida mellor. No medio do traxecto, o seu pai resulta ferido, e é ela quen ten que conducir o carro familiar e coidar os cabalos. Aprender é difícil e, aínda así, nunca se sentiu tan libre. Para poder montar mellor, decide poñer pantalóns. Despois, corta o pelo. Xera, así, unha enorme polémica que sacará a relucir o seu verdadeiro carácter ante as innumerábeis dificultades que se lle presentan nun mundo salvaxe e no que todo é posible.
Esta xoia da animación ficciona a infancia da mítica pistoleira e exploradora estadounidense Martha Jane Cannary (1852-1903), e foi galardoada co premio á mellor longametraxe no Festival de Annecy no ano 2020.
Ás 12:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Ángela Estévez”
25
Sábado/Outubro
Galería Tangram
Unha cita coa imaxinación, o proceso artesanal e a alegría de crear coas mans.
Do 25 de Outubro ao 21 de Novembro
R. Rosalía de Castro, 32, baixo, Pontevedra
“José Ruibal”
24
Venres/Outubro
Museo de Pontevedra
O 24 outubro o Museo abrirá unha exposición sobre o dramaturgo pontevedrés José Ruibal para conmemorar o centenario do seu nacemento. Con Xosé Enrique Acuña como comisario, a mostra afonda na vida e na obra de quen foi un dos máis sinalados representantes do teatro de vangarda en España no último terzo do século XX, cunha traxectoria que gozou de especial recoñecemento nos Estados Unidos.
Do 24 de Outubro ao 18 de Xaneiro 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
“Alfabetización cultural”
22
Mércores/Outubro
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
A sede da Vicerreitoría do campus acolle a exposición Alfabetización cultural. Transformar as miradas, que presenta, a través dunha serie de paneis, os resultados dun proxecto de innovación educativa desenvolvido na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Centrado na elaboración de propostas didácticas e recursos artístico-educativos guiados polo deseño universal de aprendizaxe, trátase dunha mostra promovida polo grupo de innovación docente Didacticae, ao abeiro dunha convocatoria do Centro de Posgrao e Formación Permanente, que fai balance do traballo desenvolvido en doce materias de grao e mestrado.
Do 22 de outubro ao 7 de Novembro
Casa das Campás, Pontevedra
“Candela Conde”
17
Venres/Outubro
C.S. A Pedreira
Aproveitando a jornada do día mundial do #StraightEdge, o venres 17 de outubro inauguramos a nova mostra da Parede da Pedreira, duas exposiçoms de fotografía de Candela Conde (Candelieri). Na parede ha tambem um codigo QR que dirije cara a sua enquisa sobre o consumo de drogas lúdicas.
Do 17 de Outubro ao 17 de Novembro
C.S.A Pedreira, Pontevedra
“Peninsular(es) joven ”
16
Xoves/Outubro
Universidade de Vigo
No marco do quinto de Arte Ibérica de Arte Téxtil Peninsulares, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Peninsular (es) Joven, que reúne as creacións de catro artistas formadas nas universidades de Vigo e Minho, socias dun evento que se desenvolve por primeira vez en Galicia.
Con Monica Faria e Lala de Dios como comisarias, a exposición reúne as creacións de Goa Vázquez, Lucía Perdiz, Ester Matos e Ana Leandro, que abordan outras formas de relacionarse co medio ambiente, a historia e a comunidade. A exposición poderá visitarse ata o 15 de novembro.
Do 16 de Outubro ao 15 de Novembro
Sala Manuel Moldes da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Modos de ver”
16
Xoves/Outubro
Universidade de Vigo
A mostra principal, “Modos de ver“, reúne no Pazo da Cultura obras de dez artistas dos dous países que exploran a relación entre a humanidade e o medio ambiente.
A exposición, comisariada por Cláudia Melo e Lala de Dios, inclúe creacións de Alexandra Knie, Antònio Jorge, Inês Neto dos Santos, Inês Norton, María Appleton, Paula Bruna, Pilar Sala, Raquel Buj, Rita Gaspar Vieira e Sara Coleman, egresada da Facultade de Belas Artes da UVigo.
A exposición poderá visitarse ata o 15 de novembro.
Do 16 de Outubro ao 15 de Novembro
Pazo da Cultura de Pontevedra
“Banda deseñada”
9
Xoves/Outubro
Deputación de Pontevedra
A exposición “Banda deseñada. Premios Provinciais á Xuventude 2021-2024” recolle os traballos premiados na categoría de banda deseñada dos Premios Provinciais á Xuventude dos últimos catro anos. A arte e a creatividade destas mozas e mozos da provincia pasa pola súa propia experiencia e vivencias persoais, e tamén polo terreo da ficción, o que demostra a súa capacidade de aprendizaxe e inspiración para as súas obras e en artistas profesionais de referencia, ademais dun talento propio.
Do 9 ao 31 de outubro
Pazo provincial de Pontevedra
“Eva García Herrero”
4
Sábado/Outubro
Inauguración da exposición da artista Eva Garcia Herrero , “Rito de paso.”
Trátase dun proxecto fotográfico que xorde do arquivo visual e textual xerado ao longo de varios anos por Eva. Inicialmente materializado en formato de fotolibro —onde imaxes analóxicas e reflexións escritas conversan construíndo unha narrativa do mundo emocional interior—, este é presentado agora habitando o plano expositivo.
Do 4 de outubro ao 4 de novembro
Rúa da Barca 14, Pontevedra
Proximamente
“Juán Tallón”
5
Mércores/Novembro
Librería Cronopios
Presentación do libro de Juán Tallón ” Mil cosas“. O autor será entrevistado por Susana Pedreira, periodista de Onda cero.
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
“Pontedetapas”
5-23
Mércores/Novembro
Concello de Pontevedra
Pontedetapas. 27 establecementos de hostalería participarán nunha nova edición que se celebrará en Pontevedra entre os días 5 e 23 de novembro.
Como novidade, este ano as elaboracións terán un prezo variable: 3,50 euros de luns a xoves e 4 euros de venres a domingo na modalidade de tapa e 6 euros para o cóctel.
Do 5 ao 23 de Novembro
Pontevedra
“GO HOME”
6
Xoves/Novembro
Teatro principal
“GO HOME” de Etiqueta Negra Produciones
Vuelve a casa cuenta la historia de David, un fanático del turismo que ya ha vivido todo tipo de aventuras que las agencias podían ofrecerle. Todas menos una: un viaje sorpresa, a ciegas, en el que no sabe qué le sucederá. La aventura lo llevará a pasar la noche en O Cebreiro, iniciando una aventura en la que experimentará intensas emociones, como la duda, el miedo y la sorpresa.
Esta comedia, comprometida con la realidad, aborda uno de los temas más actuales del momento: el turismo y la gentrificación.
Dirección: Tito Asorey. Autor: José Prieto. Reparto: David Amor y Josito Porto.
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Real Filharmonía de Galicia”
7
Venres/Novembro
Afundación
CONCERTO EN COLABORACIÓN COA SOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA.
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Directora: Ruth Reinhardt
Programa: Cometa: Encarga a NÚRIA GIMÉNEZ-COMAS. (n. 1980) Estrea absoluta.
ÁS 20:30 horas
Auditorio Afundación, Pontevedra
“Magosto associativo”
8
Sábado/Novembro
A Pedreira, Asociación pola Defensa da Ría, Boa Vida, Trépia, Pontevedra por Palestina, Liceo Mutante e Ateneo de Pontevedra
Magosto Popular organizado polas asociacións A Pedreira, Asociación pola Defensa da Ría, Boa Vida, Trépia, Pontevedra por Palestina, Liceo Mutante e Ateneo de Pontevedra.
Vén celebrar o Magosto con nós este 8 de novembro!
A partir das 18:00 h na Praza da Pedreira (Pontevedra), uniremos forzas en apoio a Palestina con:
Castañas de balde, Opcións de comida vegana, Chourizos asados e bebidas a prezos populares, Música en directo ás 20:00 h con Morenos Peludos, Adonairare, Ghalos do Curral + Foliada!
Xogos populares a cargo das compañeiras de SORORAS!
Será unha tarde chea de comunidade, música e moita festa!
Non perdas a oportunidade de apoiar unha causa xusta mentres desfrutas do ambiente.
Ás 18:00 horas
Praza da Pedreira, Pontevedra
“Verbas pola infancia”
8
Sábado/Novembro
Poeticalbedrío
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“La gran vía”
8
Sábado/Novembro
Concello de Pontevedra
Zarzuela La gran vía, íntegra en galego, Coral Airiños de Campañó.
Pianista Lorena Varela Guzmán
Tradutor Ramón Pouso Dios
Director Jacobo García González
Entrada libre
Ás 20:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“Os vellos non deben namorarse”
8
Sábado/Outubro
Os de Algures
Os vellos non deben namorarse de Castelao Aquí tendes o espectáculo de Os de Algures para este ano. (Xunto ca Aula Municipal de Teatro, Sete Espadelas, Cafuné e Soalleira).
Non podedes faltar!!!
Encheremos novamente o Teatro!!
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Molto Barroco”
9
Domingo/Outubro
Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares.
Ás 12:00 e ás 18:30 horas
Teatro Principal de Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥