Luis Gil Pita

“Luis Gil Pita” 

27

Luns/Maio

Charla sobre Vivenda unifamiliar en Pontevedra · Luis Gil Pita.

Está aberto o prazo de inscrición para a segunda xornada do ciclo Visitando GDA [2023] que terá lugar o próximo luns 27 de maio, na que asistiremos a unha charla impartida por Luis Gil Pita, autor do proxecto de reestructuración dunha vivienda unifamiliar situada en Pontevedra, onde nos debullará todos os pormenores da obra. Nesta ocasión non será posible realizar a visita á vivenda.

Ao finalizar o acto, compartiremos uns petiscos.

A charla é aberta ao público, pero para unha mellor organización é preciso confirmar a asistencia na seguinte ligazón antes das 14:00 horas do día 27 de maio.

Ás 19:00 horas
Casa das campás. Pontevedra
paris texas

“Paris Texas” 

27

Luns/Maio

Cineclube, Pontevedra

PARIS, TEXAS
Wim Wenders, 1984, RFA, 144 min, VOSE
Lingua orixinal: inglés

Un home camiña polo deserto de Texas sen recordar quen é. O seu irmán búscao e intenta que recorde como era a súa vida catro anos atrás, cando abandonou a súa muller e o seu fillo. A medida que vai recuperando a memoria e se relaciona con persoas do seu pasado, cuestiona a posibilidade de refacer a súa vida.

Palma de Ouro, Premio do Xurado Ecuménico e Fipresci en Cannes 1984

Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
Carmiña Sierra

“Carmiña Sierra” 

28

Martes/Maio

O vindeiro martes 28, ás 20:00, na Casa das Campás de Pontevedra, organizado pola Fundación Luís Tilve, presentaremos o libro “CARMIÑA SIERRA. A primeira muller do Seminario de Estudios Galegos” de Aurora Marco. Estades convidados.
Ás 20:00 horas
Casa das campás Pontevedra
zona de interés

“A zona de interese” 

28

Martes/Maio

Cineclube, Pontevedra

A ZONA DE INTERESE
Jonathan Glazer, 2023, Reino Unido, 106 min., VOSE
Lingua orixinal: alemán

A partir da novela homónima de Martin Amis, Jonathan Glazer ofrece un arrepiante retrato da familia do comandante de Auschwitz Rudolf Höss e da súa vida en aparente harmonía nunha casa de ensoño ao carón do campo de concentración.

Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes
Mellor Filme, dirección, actriz e BSO pola Asociación de Críticos de Los Ángeles

Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
incode fest

“Incode Fest” 

29-1

Mércores a sábado/Maio

INCODE FEST é un festival único que nace no 2024 coa innovación, a cooperación, a diversidade e a inclusión como principios fundamentais.

A súa programación musical e cultural (completamente de balde), oferta un novo enfoque na forma de entender tanto os festivais como eventos culturais dentro da nosa comunidade.

PROGRAMACIÓN

Todo o día
Pontevedra
illa esculturas

“A illa das esculturas 25 anos depois” 

29

Mércores/Maio

Consello da cultura Galega

Este ano é o 25º aniversario da inauguración en Pontevedra da Illa das Esculturas, un espazo artístico que congrega a obra de varios dos creadores de esculturas na natureza máis importantes a nivel mundial. Con motivo desta efeméride, o vindeiro 29 de maio organizamos unha xornada para analizar a xénese deste proxecto e a súa relación coa cidade ao longo destes anos. Coordina a actividade Ramón Rozas Domínguez. O prazo de inscrición xa está aberto!

Ás 19:00 horas
Casa das campás Pontevedra
faladoiro

“O cambio climático en Galicia” 

30

Xoves/Maio

Post-Growth Innovation Lab

No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.

Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada na Vicerreitoría do campus, co faladoiro O cambio climático en Galicia: posibles escenarios climáticos no futuro próximo. Moderado por Begoña de Bernardo, membro da xuntadirectiva da Rede para o Decrecemento Eo-Navia, o coloquio contará coa participación de Pablo Casares, técnico de atmosfera de MeteoGalicia, quen falará dos posibles escenarios climáticos que poderían darse en Galicia, partindo das previsións do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático da ONU.

Ás 19:00 horas
Casa das campás,  Pontevedra
dia da muñeira

“Día da Muñeira” 

31

Venres/Maio

Día da muiñeira de Pontevedra. VENRES, DÍA 31 DE MAIO DE 2024.
Os grupos presentaranse ás 19:00 horas do sinalado día na Praza do Teucro ou Praza de Curros Enríquez, para dende alí desfilar ata a Avda. de Montero Ríos, onde comezarán as actuacións ás 20:00 horas
Ás 19:00 horas
Praza do Teucro, Pontevedra
blue velvet

“Blue Velvet” 

31

Venres/Maio

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Blue Velvet (1986), de David Lynch, nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente Alquimia (II). Promovido pola Vicerreitoría do campus, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, trátase dun ciclo integrado por dez proxeccións, que propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas.

Ás 19:00 horas
Casa das campás. Pontevedra
cantos de taberna

“Cantos de taberna” 

31

Venres/Maio

O Venres día 31 de Maio! veñen acompañarnos nos Cantos de Taberna o grupo Cantanascroas.
Moitos amigos e coñecidos!
Faremos unha noite maravalleira no Balixas e Nasantiña! no emblemático barrio do BURGO!
Ás 21:00 horas e ás 22:30 horas
Balixas e Nasantiña
curso de muralles

“Cartelería con tipos móviles” 

2

Domingo/Xuño

Reclamo estudo e Alouette Machine suman forzas para facer este taller xuntos! Combinando a serigrafía coa imprenta de tipos móbiles, partiremos dunha imaxe serigrafiada por @reclamo_estudo , a partir da cal xogaremos con elementos tipográficos contorna ao sentido da imaxe, exploraremos a arte da impresión tipográfica tradicional con tipos móbiles para crear de forma colectiva deseños únicos onde terás a oportunidade de imprimir os teus propios carteis serigrafiados. Con Alouette Machine experimentarás de primeira man o proceso manual de impresión, desde a composición, entintado e o momento de impresión, índoche do taller con dous carteis impresos por ti! Non necesitas ter coñecementos previos a este taller, só ven inspiradx!. Non te perdas esta oportunidade única de aprender a imprimir tipografía de forma tradicional. Para inscribirche mándanos unha mensaxe directa
De 10:30 a 13:30 horas
Rúa Riestra 19, Pontevedra
pregar a pintura

“Pregar a pintura” 

22

Mércores/Maio

Facultade de Belas Artes

Pregar a pintura’: un retrato actual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra con estudantes recentemente graduadas e doutorandas pertencentes a unha xeración marcada polo dixital que, á súa vez, crean unha arte prófuga do puído das pantallas, fuxitiva do plano do virtual, antagónica ao raso de imaxes coma as do cinema ou a fotografía.
A dobrez como elemento pictórico, compositivo, configurador e conceptual.
Inauguración: 22 de maio ás 19:30 h. Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra.

 Do 22 de Maio ao 31 de Xullo 2024
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
colores de alegria

“Los colores de la alegría” 

20

Luns/Maio

Liceo Casino

A sala de exposicións do Liceo Casino acollerá do 20 de maio ó 8 de xuño a mostra pictórica ” Los colores de la alegría“, de Manuel Piñeiro Villalustre e comisariada por Lúa Gándara. A inauguración terá lugar o vindeiro luns 20 de maio ás 20:00 horas

Do 20 de maio ao 8 de xuño
Liceo Casino, Pontevedra
Música e pintura

“Música e pintura” 

17

Venres/Maio

Liceo Casino

Alfonso Deus Santos, mestre, profesor de Educación artística e debuxante publicitario; músico de vocación, viaxeiro empedernido e amante de calquera manifestación artística.

Do 17 de maio ao 2 de xuño
Palacete dos Mendoza, Pontevedra
libro artista

“Libro de artista” 

16

Xoves/Maio

Facultade de Belas Artes Pontevedra

Relacións Proceso Creativo / Terapéutico. O libro de artista como fío condutor.  Coordina: Lucía Romaní

Artistas: Ada Pérez / Ana Lorenzo / Bibi Martín / Cristina Souto / Anxo Rodríguez /Lucía Ladero / Nerea Malvar / Noela Paz / Saray Martín
Do 16 ao 31 de maio de 2024 na biblioteca da Facultade de Belas Artes
Esta mostra clausura o Obradoiro de Extensión Universitaria “Relacións Proceso Creativo/ Terapéutico. O libro de artista como fío condutor”, impartido por Lucía Romaní durante os meses de marzo e abril na Facultade de Belas Artes. Nesta exposición poderase visualizar unha selección de propostas que son resultado do traballo elaborado polo alumnado, e nos que o libro convírtese nun punto de partida para a aprendizaxe e a experimentación artísticas, da man dun proceso persoal e de autocoñecemento.
Do 16 ao 31 de Maio 2024
Biblioteca de la Facultade de Belas Artes Pontevedra
geometrías

“Josecho González” 

10

Venres/Maio

Este venres inauguramos a exposición “Geometrías” en Tangram de @josecho_pinceladas . Estarán os seus coloridos colaxes e cadros xeometricos todo o mes de maio.

Do 10 de maio ao 1 de xuño
Galeria Tangram. Pontevedra
infiltracións

“Infiltracións” 

10

Venres/Maio

Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición ‘Mónica Alonso. A pel do Museo’, do proxecto Infiltracións, que terá lugar o venres 10 de maio, ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).

 Do 10 de Maio ao 15 de Setembro 2024
Museo de Pontevedra
resonancias

“Resonancias” 

9

Xoves/Maio

A Fundación RAC acolle a inauguración da exposición Resonancias, no marco da programación do VIII Foro Internacional da Creación na Fronteira O múltiple que ocupa o espazo, que o grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, promove coa colaboración do Concello de Pontevedra e o financiamento da Universidade de Vigo e da Xunta de Galicia. Dirixida a afondar na evolución da arte gráfica de campo expandido, a exposición reúne unha serie de obras, pertencentes á colección da Fundación RAC, de Stephen Dean, Isidro Blasco, Ignasi Aballi, Antoni Muntadas, Benjamin Torres, Jonathan Hernández e John Baldessari. 

Do 9 de maio ao 30 de xuño 2024
Fundación RAC, Pontevedra
simbiose exposición

“Simbiose” 

8

Mércores/Maio

Grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes

O Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Simbiose, no marco da programación do VIII Foro Internacional da Creación na Fronteira O múltiple que ocupa o espazo, que o grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, promove coa colaboración do Concello de Pontevedra e o financiamento da Universidade de Vigo e da Xunta de Galicia, a través das axudas aos grupos de investigación de referencia competitiva.

Artistas participantes: Almudena Fernández ; Altea Grau; Ana Soler Baena ; Ángel Massip; Anne Heyvaert ; Antia Iglesias; Carlos Fer ; Elena Jiménez; Esther Pizarro ; Inma Femenía; Javier Pividal José Andrés Santiago Iglesias; Juan Moro ; Maider López; Mario Santamarina Pablo Barreiro; Patricia Gómez y María Jesús González; Rita de Sousa Gaspar ; Rubén Tortosa ; Sara Coleman ; Soliman; Vanesa Gallardo ; Victor Solanas 

Do 8 de Maio ao 30 de Xuño
Pazo da cultura, Pontevedra
Castelao na colección de Roberto Taboada

“Castelao na colección de Roberto Taboada” 

3

Venres/Maio

Roberto Taboada Rivadulla

Do 3 ao 29 de maio, a sala de exposicións do edificio administrativo da Xunta na rúa María Victoria Moreno acollerá a Exposición “Castelao, reproducción das obras orixinais da colección de Roberto Taboada Rivadulla.

 Do 3 ao 29 de maio
Edificio administrativo da Xunta de Galicia, Pontevedra
Berta Cáccamo

“Berta Cáccamo” 

12

Venres/Abril

Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición ‘Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo’, O venres 12 de abril ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).

Do 12 de abril ao 9 de xuño 2024

 Do 12 de Abril ao 9 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
castelao

“Castelao” 

Xoves/Marzo

Museo de  Pontevedra

O Museo abre o programa expositivo de 2024 coa mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, comisariada por Xosé Enrique Acuña. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista.

Do 7 de marzo ao 2 de xuño 2024
Museo de Pontevedra

Xa podes anotarte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥