veciñanza

“Historia de unha veciñanza” 

28

Luns/Outubro

Cineclube

Historia dunha veciñanza
Nagaya shinshiroku, Yasujiro Ozu, 1947. Xapón, 72 min., VOSE, Lingua orixinal: xaponés

No difícil Xapón da posguerra, Kohei, un neno extraviado, chega accidentalmente a mans de Otane, unha viúva de carácter agre que o acolle na casa de mala gana. A muller rexeita o neno, que lle ocasiona numerosas molestias e esfórzase por localizar o pai do cativo, que semella que foi abandonado.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Música

“Música” 

29

Martes/Outubro

Cineclube

MÚSICA
Angela Schanelec, 2023. Alemaña, 108 min., VOSG, +12. Lingua orixinal: alemán

Abandonado ao nacer nas montañas gregas unha noite de treboada, Jon é acollido e adoptado, sen ter coñecido a seu pai nin súa nai. De mozo, coñece a Iro, unha celadora da prisión onde está encarcerado tras un tráxico accidente mortal. Parece buscar a súa presenza, cóidao e grava música. Cada perda terá a súa contrapartida e ao perder a vista comezará a vivir a súa vida con toda plenitude. O filme de Schanelec é unha deslumbrante interpretación contemporánea do mito de Edipo.

Oso de Prata ao Mellor Guión na Berlinale 2023
Mellor Dirección e Mellor Fotografía na Seminci 2023

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Teresa

“Teresa” 

30

Mércores/Outubro

Facultade de comunicación, Pontevedra

Co gallo da celebración dos Premios Feroz en Pontevedra en 2025, a Facultade de Comunicación acolle un ciclo de proxeccións dedicado ao cine español.

Teresa de Paula Ortiz, baseada nun texto de Juan Mayorga que aborda a figura da relixiosa como unha arma subversiva, encarnada en Branca Portillo. Foi candidata ao Premio Feroz Arrebato de Ficción en 2024.

Entrada libre previa recollida da entrada na Oficina de Turismo da praza de España.

Ás 18:30 horas
Sala de cine da Facultade de comunicación, Pontevedra
La celestina

“La Celestina” 

30

Mércores/Outubro

Grupo teatral Méndez Núñez

La Celestina, a traxicomedia de Calixto e Melibea

Autor: Fernando de Rojas S. XV

Adaptación Luigi Álvarez

Historia de amor entre os mozos Calixto e Melibea que rematarán sufrindo un tráxico destino despois de vivir diferentes acontecementos no que participa a teimada Celestina.

Ás 18:00 horas
Teatro principal, Pontevedra 
san domingos

“San Domingos” 

30

Mércores/Outubro

Museo de Pontevedra

Presentación do libro San Domingos de Pontevedra. Fortuna patrimonial e memoria urbana de unha ruína

O Museo de Pontevedra vén de editar unha nova publicación sobre as Ruínas de San Domingos, un dos principais monumentos da cidade de Pontevedra. A autora é Begoña Fernández Rodríguez, doutora en Historia da Arte e profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
Contrapuntos

“Mª Teresa León” 

31

Xoves/Outubro

Museo de Pontevedra

Memoria da melancolía. Homenaxe a María Teresa León

Na lembranza e homenaxe a todas as vítimas da Guerra Civil e o exilio de 1939, o Museo de Pontevedra presenta unha nova entrega do programa ‘Contrapuntos: música e memoria, dedicado nesta ocasión á escritora María Teresa León (1903-1988).

Proxección de Aitana: Marina Alberti. Documental, 18 min (El Viaje Films, 2023)

A neta de María Teresa León, Marina Alberti, presenta unha curtametraxe documental na que traza a historia sobre a relación de dúas mulleres que se transforma na obsesión dunha filla pola desmemoria da súa nai, e o continuum coa súa avoa María Teresa León.

Recital musical e literario: Samuel Diz, Jonatan Alvarado e Yolanda Castaño

O músico Samuel Diz ofrece a última representación do espectáculo musical e literario ‘Memoria da melancolía’, xunto ao tenor arxentino Jonatan Alvarado e a escritora Yolanda Castaño. Un proxecto que naceu co disco gravado na Casa-Museo Huerta de San Vicente de Granada, coa guitarra histórica de Federico García Lorca.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
Noso

“Noso” 

31

Xoves/Outubro

Concello de Pontevedra

‘Noso’    Compañía: Os Naúfragos
    Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo no que creceron xuntos, a casa da infancia cun vello ultramarinos-bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive Nicolás con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén, logo de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas doutros tempos, unha visita non esperada, as relacións entre irmáns, a necesidade de mirar ao futuro e a importancia de dar valor ao noso pasado fan de NOSO unha dramedia que visibiliza o conflito xeracional e a sensación de pertenza ao lugar de onde vimos.

Dramaturxia e dirección: Gustavo del Río. Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra 
outubro fest

“Outubro fest” 

31-3

Xoves a Domingo/Outubro-Novembro

Concello de Pontevedra

Desde o xoves 31 de Outubro ao domingo 3 de Novembro, a Avenida de Montero Rios será o escenario dunha nova edición da Outubrofest. Os asistentes a esta festa gastronómica poderán degustar, a prezos populares, distintos tipos de cervexa e variadas clases de salchichas, ademais de deliciosos codillos de porco na carpa que se instalará para a ocasión. A Outubrofest poderase visitar en horario de 12.00 a 00.00 horas (o servizo de cociña será de 13.00 a 16.00 horas e de 20.00 a 23.45 horas).

Ás 12:00 horas
Avenida Montero Rios, Pontevedra 
verbas polo planeta

“Verbas polo planeta” 

2

Sábado/Novembro

Concello de Pontevedra

Verbas polo planeta’ achegará poesía e música aos asistentes.

Recitan polo planeta:

Alfonso Cuadros, Carmen García, Isabel García, Ángel Moroa, Elisabeth Oliveira, Benito Piñeiro, Charo Valcárcel.

Invitados: Miguel Ángel Cuña, Xaime Toxo

Música polo planeta: Ángel Moroa

Entrada libre ata completar aforo.

Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Terceiro acto

“Terceiro Acto” 

2

Sábado/Novembro

Concello de Pontevedra

‘Terceiro Acto’    Compañía: Centro Dramático Galego
     Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que, quizais, sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incert. Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, a partir de improvisacións co elenco.

Elenco: Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha “Tatán”.

 Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra 
Vento

“Vento” 

25

Venres/Outubro

O 25 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova “infiltración” na colección. ‘Vento’, de Alberto Baraya.
Comisariada por Iñaki Martínez Antelo.
Inauguración 19:30 no Museo de Pontevedra
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
exposición Miras

“Miras” 

18

Venres/Outubro

” É uma sinfonia que habita entre o espaço e o tempo, entre a variedade e a semelhança, procurando unir-se num todo fragmentado em vários episódios que querem transmitir e comunicar através de linhas, ligações, misturas, manchas, o possível e a reflexão, que se abre para mais um trabalho que nos estimule a seguir uma comunicação que se estende no tempo, de forma transitória e constante. “
“Miras” Elena Díaz liljestrom
Informaçom de contato, exposiçom e vendas.
Instagram: @elenalilliestrom Facebook: Aneli Zaid  E.mail: eledilil@gmail.com 
Do 18 de outubro ao 1 de Decembro 2024
Centro social A Pedreira, Pontevedra
ultramarinos

“César Gabler” 

10

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Ultramarinos Seoane, do artista chileno César Gabler, profesor na Facultad de Arte da Universidad Finis Terrae de Santiago de Chile. Comisariada polo artista e docente da Facultade de Belas Artes Nono Bandera, a exposición reúne un conxunto de pezas coas que Gabler propón unha relectura da produción visual do artista galego Luis Seoane, a partir de aspectos vinculados ao exilio, as vangardas e a cultura popular da época.

Trátase da primeira exposición de Gabler en España, que poderá contemplarse na sala de exposicións do campus de Pontevedra ata o 22 de novembro.

Do 10 de outubro ao 22 de Novembro 2024
Facultade de Belas Artes Pontevedra
Abstracións

“Abstracións e mensaxes cifrados” 

9

Mércores/Outubro

Afundación

Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.

Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.

Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.

Do 9 de outubro ao 25 de Xaneiro 2025
Café moderno, Pontevedra
Fuxan os ventos

“50 anos de historia”Fuxan os ventos” 

18

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Exposición itinerante ‘Fuxan os ventos. 50 anos de historia’ 

A inauguración será o vindeiro mércores día 18 de setembro ás 19 horas.

Trátase dunha iniciativa que pon en valor a unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través dunha ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos.

Creanse tamén dúas instalacións sonoras para que o espectador profundice en dous aspectos fundamentais en ‘Fuxan os Ventos’: por un lado o traballo de recollida da tradición oral e o proceso de transformación destas pezas e, por outro, o traballo coral de voces que caracteriza ao conxunto.

Do 19 de Setembro ao 13 de Novembro 
Pazo da Cultura. Pontevedra
Blanco cicerón

“Ricardo Blanco Cicerón” 

12

Xoves/Setembro

O 12 de setembro, inaguróuse a exposición ‘O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón. Do coleccionismo ao Museo’, no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

Esta mostra, que estará aberta ata o 10 de novembro, ofrece unha visión única sobre Ricardo Blanco Cicerón (Tui, 1844 – Santiago de Compostela, 1926), unha figura clave para a historiografía da arte en Galicia.

A exposición contará con pezas nunca antes vistas, incluídas xoias protohistóricas, moedas, medallas e documentos medievais, ademais de mobiliario orixinal e outros obxectos históricos. 

Do 12 de setembro ao 10 de novembro 2024
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

Xa podes anotarte

Dragón d'ouro

“O dragón de Ouro” 

7

Xoves/Novembro

Concello de Pontevedra

‘O Dragón de Ouro’     Compañía: Sarabela Teatro  
   Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa, a un mozo chinés dóelle moito unha moa na cociña do restaurante de comida rápida O Dragón de Ouro. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. Os compañeiros deciden arrincarlla. O mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

O mozo chinés morre desangrado na cociña do restaurante. Os seus colegas envólveno nun tapiz e tírano ao río, que o leva á súa casa, ata a China, imaxinando o seu derradeiro soño…

Texto orixinal: Roland Schimmelpfenning. Duración: 70 min

 Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra 
Fernando Fernandez Rego

“Conversas do 1ºandar: Fernando Fdez Rego” 

7

Xoves/Novembro

Concello de Pontevedra

‘Conversas do primeiro andar’ unirá até finais do mes de novembro “música, literatura e o gusto por un bo viño”

Charla con Fernando Fernández RegoAnos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo e Underground’

Trátase de “unha proposta innovadora, na que falaremos de libros que pivotan ao redor da música” e tamén de viños, cos que “lembrar que estamos nun mercado, un punto de venta de produto fresco e de calidade”

Todo iso con acceso “libre e gratuíto” coa intención de “darlle movida ao primeiro andar pero sen facer moito ruído”.

Ás 20:00 horas
Primeiro andar do Mercado municipal, Pontevedra 
Hijos de los hombres

“Fillos dos homes” 

8

Venres/Novembro

Vicerreitoria

Hijos de los hombres” de Alfonso Cuarón. Reino Unido 2006

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Fillos dos homes (2006), de Alfonso Cuarón, nunha nova sesión do ciclo de cinema de outono Sobre vivir. Promovido pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, oito proxeccións integran unha programación que afonda na capacidade do cinema para ilustrar a relación entre o ser humano e o medio ambiente.

Ás 20:00 horas
Casa das campás. Pontevedra
Mentiras inteligentes

“Mentiras inteligentes” 

8

Venres/Novembro

Afundación

Mentiras inteligentes 

«Disparatada e hilarante comedia na que se formula, entre outras cousas, a seguinte reflexión: Que precisamos para ser felices?»
Alicia intúe que o seu marido lle oculta algo sobre o seu fillo… Decidida a armar o crebacabezas, convida o seu fillo e a súa nora a cearen, e desencadéase o caos. Intentando buscar a verdade, destaparanse unha serie de confesións maiores que ninguén esperaba…
Ás veces, non estamos a gusto coas cartas que nos tocaron na vida e miramos de buscar outras: outra casa, outro coche, outro amante, outro cabelo… Mais esta opción sempre nos remata por levar á insatisfacción e, por riba, obríganos a mentir para evitar o desastre… Quen non mentiu algunha vez?

DIRECCIÓN: Raquel Pérez

Mercar entradas

Ás 20:30 horas
Afundación. Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥