“Castelao”
30
Martes/Decembro
C.S do Gorgullón
O martes 30 presentamos o libriño sobre Castelao escrito por case 40 persoas pontevedresas, está editado pola Asociación cultural Maiolongo.
Ás 19:00 horas
C.S do Gorgullón, Pontevedra
“Concerto de Ani Novo”
1
Xoves/Xaneiro
Orquesta sinfónica de Pontevedra
A Orquestra Sinfónica de Pontevedra protagonizará, o seu tradicional Concerto de Aninovo, baixo a batuta do magnífico mestre David Fiuza Souto.
A gala contará cunha viaxe no tempo e no espazo: na primeira parte partindo de Galicia chegarán as famosas melodías de Prudencio Romo, compoñente de Los Tamara, grazas ás voces de Paco Lodeiro e César Romero. A agrupación, moi popular nos anos 60 e 70, caracterizouse por unha nova forma de música popular galega con influencias de soul e rock, incluíndo poemas dos grandes escritores da nosa lingua.
Ás 19:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“La comunidad”
3
Sábado/Xaneiro
Premios Feroz
Os Feroz celebrarán ao grande en Pontevedra a traxectoria da actriz Marta Fernández-Muro, que o próximo 24 de xaneiro recibirá o Premio Feroz de Honra 2026.
Será, para empezar cun ciclo especial no que se proxectarán tres das súas películas máis destacadas,
La comunidad, de Álex de la Iglesia, na que se mestura a comedia negra, suspense e acción.
Carmen Maura protagoniza esta historia, rodeada -e perseguida- de grandes nomes do cinema español (María Asquerino, Paca Gabaldón, Sancho Gracia, Emilio Gutiérrez Caba, Kiti Mánver, Terele Pávez… e tamén Marta Fernández-Muro) como membros dunha comunidade de veciños sen escrúpulos.
As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 2 entradas por persoa.
Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Volver a empezar”
4
Domingo/Xaneiro
Premios Feroz
Volver a empezar, drama dirixido por José Luís Garci con Antonio Ferrandis, Encarna Paso, José Bódalo, Agustín González e Marta Fernández-Muro, primeiro filme español en gañar un Óscar. O visonado se complementará cunha charla maxistral que a propia actriz compartirá co público pontevedrés.
Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Galiarte”
3
Sábado/Xaneiro
Galiarte, Pontevedra
GALIARTE é un evento que celebra a creatividade e o talento das artes escénicas galegas, reunindo escolas e artistas profesionais de danza aérea e pole dance.
A gala combina dúas partes: unha primeira coa participación do alumnado de diferentes centros galegos, e unha segunda con artistas convidados que presentarán pezas cheas de forza, innovación e personalidade.
Creado polas artistas Rebeca Santos e Raquel Dávila, GALIARTE aposta pola unión e o crecemento da comunidade artística galega.
Ás 20:00 horas
Auditorio, Sede de AFundación, Pontevedra
“Viaxe a Oz, el musical”
4
Domingo/Xaneiro
Afundación
Dora fai uns debuxos marabillosos. Ademais dos vistos campos de mapoulas, gústalle pintar divertido espantallo, orixinais castelos de latas de conserva e graciosos peluches de león. Os compañeiros do cole sempre alucinan cos seus debuxos, pero o día que chegou Celia, a profesora nova, descubriu que esas láminas parecían sacadas dun libro moi especial. Aquel día, xusto cando estaban a piques de saír de clase, chegou un tornado inesperado que lles fixo atrincheirarse na aula. Só sería unha hora, dúas, como máximo… Ata que pasase o perigo para volver a casa. E, que podían facer para entreterse? Ler a historia dos debuxos de Dora?
Ás 20:00 horas
Auditorio, Sede de AFundación, Pontevedra
“Gonzalo Varela”
26
Venres/Decembro
Deputación de Pontevedra
Exposición “Figuras, paisaxes e soidades“, de Gonzalo Varela. A mostra, protagonizada por debuxos, pinturas, figuras e retratos do artista, estará dispoñible ata o 18 de xaneiro na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.
A exposición de Gonzalo Varela contén debuxos, pinturas, figuras e retratos que nos levan a un mundo entresoñado que descobre a soidade do pintor e da xente. Hai nus masculinos e femininos con variadas poses e actitudes, e retratos de homes e mulleres de distintas idades, soas, de faces melancólicas, e ás veces atormentadas. Tamén as figuras vestidas son solitarias, porque o protagonista da mostra é o ser humano nun espazo sen relacións. Personaxes xélidos, estáticos e detidos no tempo, que Gonzalo Varela crea con óleo, co lapis acuarelable, coa plumilla ou coa nogalina dentro de paisaxes en distintos planos e cores frías.
Do 26 de decembro ao 18 de xaneiro 2026
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Sergio Ordóñez Grela”
21
Sábado/Decembro
Galería Tangram
Lo que el mar devuelve se transforma en arte.
Piezas hechas a partir de restos marinos que nos hacen pensar (y mirar dos veces).
Art Afterwork especial
Arte, buen ambiente y plan perfecto para desconectar después del curro.
Exposición de Sergio Ordóñez Grela
Decembro 2025
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra
“Debuxar coa Luz”
19
Venres/Decembro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Carlos Bravo”
17
Venres/Decembro
Carlos Bravo
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
“Cronofitti”
17
Mércores/Decembro
Mambo Gallery
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
“Elas crean”
15
Luns/Decembro
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a exposición Elas crean, conformada por unha serie de paneis informativos que abordan a traxectoria e obra de diferentes artistas plásticas, fotógrafas, cineastas e deseñadoras.Promovida polo Campus Crea, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a mostra percorre nestees meses diferentes centros do campus, podendo visitarse neste centro ata o 20 de Xaneiro 2026.
Do 15 de Decembro ao 20 de Xaneiro 2026
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Pontevedra
“Do final e do comezo”
12
Venres/Decembro
Facultade de Belas Artes
Do 12 de Decembro ao 11 de xaneiro 2026
Pazo da Cultura, Pontevedra
“Novas miradas”
11
Xoves/Decembro
KENTADA
Do 11 de Decembro
Rúa da Barca 14, Pontevedra
“Moldes dende a figura”
11
Xoves/Decembro
Fundación Manuel Moldes
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
“Heart of Gaza”
10
Mércores/Decembro
Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A exposición, a través dos debuxos das nenas e nenos de Gaza, ofrece unha visión íntima da realidade vivida da infancia nun xenocidio, representando tanto os horrores como os momentos de beleza, de recordos entrañables tinguidos de melancolía, de resiliencia e desafío, e de esperanza no futuro. A mostra amosa, a través da arte, a súa dor, a súa forza e tamén a súa esperanza.
Do 10 de Decembro ao 10 de Xaneiro 2026
Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola
“Alba Troiteiro”
4
Xoves/Decembro
Alba Troiteiro
Exposición de debuxos de Alba Troiteiro.
Ela dí de si mesma, “non sei definirme, estoume ensinando”
Mentras tanto, nun intento de debuxarme fixen unha recopilación de algunhas versions da miña persoa a través de ollos alleos.
Decembro 2025
Mímate rúa Real 13, Pontevedra
“Rebe Acierto“
3
Mércores/Decembro
Tábula Rasa
Exposición temporal na tabula Rasa. Pásate e desfruta da boa compañía e o bo rollo de este local. ” Kaldeirada” de Rebe Acierto.
Decembro 2025
Tábula Rasa, rúa Marquesa, Pontevedra
“Tato Heredia”
3
Mércores/Decembro
Taberna Parvadas
Exposición na Taberna Parvadas. de Tato Heredia. Se vos achegades pola Taberna Parvadas de Pontevedra, á parte de poder degustar unhas excelentes tapas e pratos podedes ver a magnifica exposición de cadros (acuarelas e óleos) de Carlos Heredia Calvo.
Decembro 2025
Táberna Parvadas, Pontevedra
“Bicos de cine”
3
Mércores/Decembro
Fundación Manuel Moldes
A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
“Bello Piñeiro“
27
Xoves/Novembro
C.S. A Pedreira
Do 27 de Novembro ao 27 xaneiro
C. S. A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra
“Dúas ladeiras…”
20
Xoves/Novembro
Facultade de Belas Artes
Entre o 20 de novembro e o 20 de febreiro, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Dúas ladeiras da mesma montaña, promovida xunto co Centro de Arte Fundación María José Jove. Nela preséntase as obras desenvolvidas polos artistas Martín Llavaneras e Elena Jones á raíz da súa estadía na cidade mexicana de Guadalajara como beneficiarios da primeira convocatoria de residencias internacionais desta fundación.
Do 20 de novembro ao 20 de febreiro
Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes.
“Leopoldo Varela”
14
Venres/Novembro
Deputación de Pontevedra
Inauguración da exposición “A forza da cor” de Leopoldo Varela
A forza da cor foi a característica máis destacada da pintura de Leopoldo F. Varela (O Porriño, 1929-Vigo, 2007), como asina nos seus inicios. Pintor autodidacta, comezou a súa traxectoria como acuarelista, técnica coa que se deu a coñecer ao público en 1954 na sala Foto Club de Vigo e pola que en 1972 recibiu unha medalla de prata na Bienal de Arte de Pontevedra.
Do 14 de Novembro ao 11 de Xaneiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Comedy Wildlife”
28
Martes/Outubro
Inauguración da exposición “Comedy Wildlife”
A comicidade escondida na natureza chega ao café Moderno coa exposición «Comedy Wildlife. Premios de Fotografía». A mostra, foi desenvolvida e producida por Afundación, Obra Social de Abanca e organizada en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN) e a participación de Terra Espléndida.
Do 28 de Outubro ao 7 de Febreiro
Café Moderno Afundación, Pontevedra
“José Ruibal”
24
Venres/Outubro
Museo de Pontevedra
O 24 outubro o Museo abrirá unha exposición sobre o dramaturgo pontevedrés José Ruibal para conmemorar o centenario do seu nacemento. Con Xosé Enrique Acuña como comisario, a mostra afonda na vida e na obra de quen foi un dos máis sinalados representantes do teatro de vangarda en España no último terzo do século XX, cunha traxectoria que gozou de especial recoñecemento nos Estados Unidos.
Do 24 de Outubro ao 18 de Xaneiro 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
“Marta Pazos”
31
Xoves/Xullo
Museo de Pontevedra
Dalia é o título do proxecto que a artista Marta Pazos (Pontevedra, 1976) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, que ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo de Pontevedra.
Cada ano convídanse dous artistas a investigar e traballar coa colección, como unha maneira de fomentar a construción colectiva de aprendizaxes e incorporar progresivamente novas miradas e discursos ao museo, ofrecendo novas lecturas sobre os seus fondos.
Ata o 11 de Xaneiro 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Proximamente
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥