reciclaxe

“Destrezas para a costura e a reciclaxe” 

29

Luns/Xaneiro

Clases de destreza para a costura e a reciclaxe en Boa Vida, inclusión activa.
Actividade gratuita, prazas limitadas
Todos os luns de 09:30 a 13:30 horas
Actividade do 29 de xaneiro ata o 25 de marzo
De 09:30  a 13:30 horas
Rúa Echegaray 10 2esq, Pontevedra
trio pedrell

“Trio Pedrell” 

29

Luns/Xaneiro

MENDELSSOHN: Trío para violín, violonchelo y piano nº 1 en Re menor, op. 49
DVORÁK: Trío para violín. violonchelo y piano nº 3 en Fa menor, op. 65

Los miembros del Trío Pedrell se conocieron en la Escuela Superior de Música de Cataluña (ESMUC, Barcelona) y en 2012 crearon esta formación con la que desde entonces han llevado a cabo un trabajo constante de profundización en el repertorio para trío con piano, siempre con el objetivo compartido de presentar la música del pasado al público de hoy ofreciendo una lectura contemporánea, honesta y apasionada.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Castañas no verán

“Castañas no verán” 

30

Martes/Xaneiro

A Facultade de Comunicación acolle a gravación do podcast Castañas no verán, promovido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso). Aberto ao público e promovido coa colaboración da Facultade, o programa terá como eixe temático a comunicación da experiencia migratoria. 

Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra
taller de declamación

“Taller de declamación” 

30

Martes/Xaneiro

 A nosa compañeira, Ana Corzo, artista, poeta e directora do grupo de teatro “Degaro” de Pontevedra, comezou a impartir na Sala VerSus os talleres de “A Declamación e Artes escénicas”. Os talleres realízanse os martes pola tarde. Para maior información sobre o horario e prezo, poñerse en contacto a través das redes

Facebook@Ana Corzo357

Instagram @anacorzo.arte

correo electrónico belcorzos@gmail.com

De 18:00 a 19:30 horas
Fundación Cuña Casasbellas, Pontevedra
Charlote

“Charlotte” 

30

Martes/Xaneiro

Desde Villanueva de los Infantes, en Ciudad Real, asómase CHARLOTTE, rodeada de flores. A súa mamá “di que cada flor é un pensamento bonito”, por iso encántalles coleccionalos. “Eu creo que os pensamentos bonitos son os amigos, as risas, o amor…”, engade a protagonista desta historia tan especial, escrita por Consuelo Vercher, e ilustrada por Clara Encinas. Intervirán a autora e Tamara Andrés, traductora

Ás 19:30 horas
Librería Metáfora, rúa Charino nº 9, Pontevedra
Fallen Leaves

“Fallen Leaves” 

30

Martes/Xaneiro

FALLEN LEAVES
Aki Kaurismäki, 2023, Finlandia, 81 min., VOSG
Lingua orixinal: finés

A historia de dúas persoas solitarias que se encontran por casualidade na noite de Helsinki e tentan atopar o primeiro, único e último amor das súas vidas. O seu camiño cara a esta honrosa meta vese empañado polo alcolismo do home, números de teléfono perdidos e a tendencia xeral da vida a poñer obstáculos no camiño de quen busca a felicidade.

Premio do Xurado en Cannes (2023)

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
curso de arte

“Tirando do fío” 

31

Mércores/Xaneiro

As prendas e complementos icónicos de exipcios, gregos e romanos, a simboloxía das cores no téxtil, a convivencia e separación da maneira de vestir de ambos sexos, a propaganda dos Austria e da Corona francesa a través da roupa…

O curso ‘Tirando do fío’, impartido por Carolina Munáiz, revelará como a arte de cada época captou con mestría atributos e hábitos, desde o antigo Exipto á Revolución francesa.

Cada mércores ás 19:00 h a partir do 31 de xaneiro, no Edificio Castelao.

Acceso libre. As persoas que queiran certificado de asistencia deben inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal.

De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Biografía de Feijóo

“Feijóo, biografía dun farsante” 

31

Mércores/Xaneiro

Presentación do libro de Manuel Monge González. Feijóo biografía dun farsante (non autorizada) de Laiovento. Participará o coordinador de Laiovento Afonso Ribas Fraga

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Doce pasos

“Doce pasos” 

1

Xoves/Febreiro

 O teu propósito de Ano Novo é sair a camiñar e facer máis exercicio físico o aire libre ?? Pois esta é a túa actividade. Ven a camiñar con nós
 Todolos Xoves ás 10:00 horas.  Praza de España, Pontevedra

Preciso a inscrición para a primeira vez (non é preciso acudir tódolos xoves) 
 Máis información: 986307158/629945925
 Actividade de Baixa esixencia. Actividade gratuita

Ás 10:00 horas
Praza de España, Pontevedra
rutas saudables aecc

“Rutas saudables” 

1

Xoves/Febreiro

Comezamos o ano con novos propósitos  e poñemos en marcha as Rutas saudables en Pontevedra.
Haberá dous grupos os xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas.
Reserva a túa praza no teléfono gratuito 900 100 036 ou de maneira presencial na sede de Eduardo Pondal 64A Baixo Pontevedra  
Xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas
Praza de Galicia, Pontevedra
Pedro Feijóo

“Pedro Feijoo” 

1

Xoves/Febreiro

Librería Cronopios

Presentación do libro “Ninguén contará a verdade” de Pedro Feijoo na librería Cronopios, o autor será entrevistado pola xornalista Susana Pedreira de Onda cero
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
Andrés Salado

“Orquesta sinfónica de Galicia” 

1

Xoves/Febreiro

Director: Andrés Salado
Solista: Ludwig Dürichen (violín)

JESÚS TORRES: Concierto para violín y orquesta (2011)
SHOSTAKOVICH: Sinfonía nº 1 en Fa menor, op. 10

Orquesta Sinfónica de Galicia

Creada en 1992 por el Ayuntamiento de A Coruña, ciudad en cuyo Palacio de la Ópera tiene su sede, la Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) es una de las agrupaciones orquestales de mayor proyección en España además de una marca internacional con seguidores en los cinco continentes a través de su canal de YouTube. La OSG, cuyo director titular desde la temporada 2023-24 es Roberto González-Monjas y Víctor Pablo Pérez su director honorario, ha sido orquesta residente del Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 y del Festival Mozart de A Coruña desde su creación en 1998.

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
ioga

“Clases de ioga” 

2

Venres/Febreiro

Clases de Ioga en Boa Vida, inclusión activa.
Actividade gratuita, prazas limitadas
Todos os venres de 12:00 a 13:30 horas
De 12:00  a 13:30 horas
Rúa Echegaray 10 2esq, Pontevedra
na boca do medo

“Na boca do medo” 

2

Venres/Febreiro

Universidade de Vigo

 A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Na boca do medo (1994), de John Carpenter, na última sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.
De 19:00 horas
Casa das Campás de Pontevedra
redes sociais

“Falemos de redes sociais sen…” 

2

Venres/Febreiro

 De que imos falar?
Que mellor maneira de entender as nosas redes sociais actuais que explorar o seu pasado? Non te perdas a charla especial sobre a influencia histórica nas plataformas de xestión de redes sociais. Prometemos un evento cheo de coñecementos, discusións enriquecedoras e tal vez algunha sorpresa.

Xabier Rolán (xabierrolan) Doutor en Comunicación pola Univerisidade de Vigo (2016) e profesor na mesma Universidade. Desenvolvo a miña traxectoria académica e profesional no eido da comunicación en liña, o desenvolvemento de proxectos interactivos e o mundo do marketing dixital. Imparto materias relacionadas co desenvolvemento web (grao en Comunicación Audiovisual), comunicación dixital e marketing online (grao en Publicidade e Relacións Públicas) e WordPress en varios mestrados universitarios.

 Está aberto ao alumnado e profesorado da Facultade e ao público en xeral.

 Despois da charla haberá networking (é dicir, refrescos/cervexa e boa conversa) no Doble M, a primeira gratis grazas aos nosos patrocinadores. Alí podes falar e responder aínda máis preguntas!

Ás 19:00 horas
Espazo 16 Belas Artes, Pontevedra
A ilusión conxugal

“A ilusión conxugal” 

2

Venres/Febreiro

A ILUSIÓN CONXUGAL de Eric Assous. DIRECCIÓN: Antonio Hortelano

ELENCO: Álex Barahona, Ángela Cremonte, Alejo Sauras

PRODUCIÓN: Pentación Espectáculos, Paloma Juanes, Alejo Sauras, Antonio Hortelano

«É realmente necesario saber os segredos da nosa parella? Ata onde debemos coñecer os seus segredos máis íntimos?»

Unha tarde, María espera polo seu marido Maxi para facerlle unha proposta. Cando el chega, espétalle que lle gustaría que fixesen un xogo, saber en que punto se atopa a súa relación despois de tantos anos de monotonía… O xogo consiste en saber a cantidade de amantes que tiveron durante o seu matrimonio. A cousa vaise enleando e pouco a pouco comezan a pór enriba da mesa todas as miserias, mentiras e infidelidades das que foron obxecto durante a súa relación, ata conseguir tirar por completo con esa máscara que levaban na cara e amosárense como de verdade son o un fronte ao outro.  Mercar entradas

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación, Pontevedra
taller bordado

“Taller de bordado” 

3

Sábado/Febreiro

Neste TALLER, onde ademais de aprender todos os básicos do bordado e saír cos coñecementos suficientes para seguir pola túa conta, bordaremos unha ilustración e teremos un descanso á metade onde gozaremos dunhas galletitas, infusións, froita, #etc #etc!

Así que xa sabes! Se queres pasar unha mañá súper a gusto con esa persoa, aprender cousas novas ou aproveitar para facerlle un regalito especial…

inscríción   Prezo 45€ oferta de 40€ se te inscribes cunha persoa* INCLÚE MATERIAIS

De 10.30 a 13.30 horas
Reclamo estudio, rúa Riestra 19, Pontevedra
Silvia Penas

“Retratos de voda,partos e funerais” 

3

Sábado/Febreiro

Vermú entre libros coa poeta Silvia Penas, autora do libro “Retratos de vodas, partos e funerais”. Estará acompañada por Mirian Ferradáns.

Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
danza libre

“Danza libre” 

3

Sábado/Febreiro

 Bailamos libremente, descalzxs, para sentirnos e conectarnos co noso chakra raíz, sen utilizar a palabra, para dar espazo ao corpo, e sen alcol ou outras substancias para non alterar a nosa autenticidade.

As músicas coas que creo a Sesión son temas musicais que previamente eu canalicei e recibín porque reflicten a enerxía que vibra no momento no que se celebra a Sesión. Así, cando a bailas, recoñeces esa enerxía dentro de tí, porque formas parte dese momento presente, expándenche e desenvólvela a través do teu movemento. Desta forma, os temas musicais poden ser máis ou menos coñecidos, de diferentes épocas, estilos, intensidades ou ritmos

De 17:30 a 20:30 horas
Pontevedra
Tributo Sabina

“Tributo a Sabina” 

3

Sábado/Febreiro

Teatro principal Pontevedra

Condutores Suicidas” fórmase en 2020 co propósito de render un fiel e respectuosa homenaxe a Joaquín Sabina e a súa banda.

O show é unha asombroso reflexo dos directos do mestre nos que se percorren todas as etapas da súa carreira desde a época de Viceversa.

O incrible parecido da voz e a coidada interpretación instrumental trasladan ao público ao marabilloso mundo das cancións de Sabina.

Inesquecibles baladas acústicas e os máis potentes e inconfundibles temas de rock son coreados polos asistentes durante máis de dúas horas de actuación.

Cancións como como “Princesa”, “Y sin embargo”,”¿Quién me ha robado el mes de abril? ”, “El boulevard de los sueños rotos”, ”Peces de ciudad”, “Pacto entre caballeros”, “La del pirata cojo” o “19 días y 500 noches” non faltarán no repertorio de Condutores Suicidas, a banda tributo máis fiel a Joaquín Sabina do panorama nacional. Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Nadia Otero

“Nadia Otero” 

26

Venres/Xaneiro

O 26 de xaneiro ás 19h inauguramos a exposición de Nadia Otero, ‘Do Lerez ao Tambre’! Ven a gozar da peregrinaxe desde Pontevedra ata Santiago nun relato pictórico. Nadia, orixinaria do Grove, recrea a experiencia simbólica de Galicia con pinceladas en óleo. Esperámosche para mergullarche nesta cativadora travesía artística!

Ás 19:00 horas
Galeria Tangram Pontevedra
Do final e do comezo

“Do final e do comezo” 

9

Martes/Xaneiro

Nova edición da exposición ” Do final e do comezo“. Este proxecto amosa o final dun ciclo para abrir portas a novas experiencias, retos e camiños. 
Vos convidamos a experimentar e compartir unha nova conversa dende a Arte Contemporánea. Agardamos a desfrutedes

Organiza: @pontevedrate @pazodacultura @facultadebelasartes @universidadedevigo
Comisariado: @alexandrarrey
Coordinación técnica, comunicación e deseño gráfico: @vacio_cero

Ata o 11 de febreiro 2024
Pazo da cultura, Pontevedra
sala manuel Moldes

“Manuel Moldes” 

30

Xoves/Decembro

 A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra,  ocupará a oitava planta do edificiopor un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.

Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que,  terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.

O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición ‘Misterio + luz = Pintura <-> Vida’, unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.

Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.

Ata o 30 de marzo de 2024
Edificio da Xunta de Galicia 8ª planta, Pontevedra
exposición Baltic Chain

“Baltic Chain project” 

14

Xoves/Decembro

A Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle, entre o 14 de decembro de 2023 e o 29 de marzo de 2024, a exposición Baltic Chain Project, na que se presentan un conxunto de fotografías sobre a chamada Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 nos estados de Estonia, Lituania e Letonia, que por aquel entón formaban parte da Unión Soviética.

Inserida nas actividades divulgativas dun proxecto europeo, a mosta arrancou en decembro exhibindo unha serie de escolmas da cadea en Estonia e irá mudando nos sucesivos meses para mostrar imaxes desta mobilización en Letonia e Lituania.

Do 14 de Decembro ao 29 de Marzo 2024
Facultade de Dirección e Xestión Pública Facultade de Comunicación. Pontevedra
Formas de atrapar unha sombra

“Formas de atrapar unha sombra” 

22

Mércores/Novembro

Na sala universitaria Profesor Manuel Moldes inauguración da exposición “Formas de atrapar unha sombra” de Nono Bandera, Salvador Cidrás, Emilia Guimeráns e Maite Leyún.

Comisario: Marcos Covelo

A inauguración será ás 20:00 horas

Do 22 de Novembro ao 23 de febreiro 2024
Facultade Belas Artes, Pontevedra

Xa podes anotarte

iribarne

“Iribarne” 

8

Xoves/Febreiro

IRIBARNE é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só un aniño -coincidindo con inauguración da ditadura de Primo de Rivera- tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharel coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid -seguindo o rastro doutro galego ilustre- nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como o que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.

Mercar entradas 

Ás 20:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥