Elas crean

“Elas crean” 

3

Luns/Novembro

Campus Crea

A Facultade de Belas Artes acolle a inauguración da exposición Elas crean, conformada por unha serie de paneis informativos que abordan a traxectoria e obra de diferentes artistas plásticas, fotógrafas, cineastas e deseñadoras.

Asisten: Ana Belén Fernández Souto, directora de área do Campus de Especialización Crea, e Ignacio Pérez-Jofre, vicedecano de Relacións Culturais

Promovida polo Campus Crea, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, esta mostra percorrerá nos próximos meses diferentes centros do campus, podendo visitarse ata o 21 de novembro nos corredores da Facultade de Belas Artes.

Inauguración ás 12:00 horas

Do 3 ao 21 de Novembro
Facultade de Belas Artes, Pontevedra 
a quimera do ouro

“A quimera do ouro” 

3

Luns/Novembro

Cineclube

A QUIMERA DO OURO
Charles Chaplin, 1925,  EE UU, 96 min. Lingua orixinal: muda

A finais do século XIX e en plena febre do ouro, Charlot é un vagabundo que chega a Alasca en busca de fortuna. Tras ser sorprendido por unha treboada de neve, refúxiase nunha cabana próxima, onde comenza un percorrido no que coñecerá a Georgia, Big Jim e Black Larsen. Durante a súa estancia enfrontarase ao frío, á fame e á soidade, á neve e mesmo a ataques de osos.
Cen anos despois da súa primeira proxección no Grauman’s Egyptian Theatre de Hollywood, volve á gran pantalla un dos grandes clásicos de Chaplin, en versión restaurada. 

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra 
Sentinelas

“Sentinelas” 

4

Martes/Novembro

EOI Pontevedra 

Organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Galego da EOI temos esta conversas cos autores do libro de banda deseñada Sentinelas (editado en Galaxia), que conta xa con varios volumes publicados. Contarase coa  presenza de dous dos seus autores, que son Andrés Castro e Alexandre Senande. 

Ás 17:30 horas
Salón de actos da EOI, Pontevedra
Partirse en dos

“Mariaesther Alarcón-Nebout” 

4

Martes/Novembro

Museo de Pontevedra

Presentación do libro e dinámica participativa “Partirse en dos“. Compilación de relatos migrantes por Mariaesther Alarcón-Nebout. A cargo de JJ Richards, (autora e arteterapeuta arxentina). Acompaña Vera Pozzi (socióloga arxentina).

Non imos xogar o xogo da cadeira pero algo así…. 

Ás 19:30 horas
Museo de Pontevedra
Simón da montaña

“Simón da montaña” 

4

Martes/Novembro

Cineclube

SIMÓN DA MONTAÑA
Federico Luis, 2024, Arxentina, 98′, VO Lingua orixinal: español

Simón ten 21 anos e vive en Arxentina. Desde hai pouco frecuenta un novo grupo de amizades. Con eles, por vez primeira, sente que pode ser el mesmo. Mais a súa contorna está preocupada e xa non o recoñece. E se Simón quixese converterse noutra persoa?
A ópera prima do director arxentino Federico Luis cuestiona a noción de capacidade humana cunha mirada desprexuizada. Foi merecedora do Gran Premio da Semana da Crítica no Festival de Cannes 2024.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra 
Sol carnicero

“Sol Carnicero 

5

Mércores/Novembro

Concello de Pontevedra

Segunda proxección do ciclo ‘Pioneiras‘ dos #Feroz2026 en Pontevedra: Mércores 5 de novembro | 18:00. Proxección de ‘Vamos, Bárbara’, con coloquio do seu produtora Sol Carniceiro. Modera María Hermida, xornalista. Teatro Principal de Pontevedra. Entrada gratuíta (máximo 4 por persoa) ata completar aforo. A retirar na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra desde sete días antes da actividade.
Ás 18:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
Juan Tallón

Juán Tallón” 

5

Mércores/Novembro

Librería Cronopios

Presentación do libro de Juán TallónMil cosas“. O autor será entrevistado por Susana Pedreira, periodista de Onda cero.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra 
Faladoiro feminista

Ana Marcos & Iria Pinheiro” 

5

Mércores/Novembro

Concello de Pontevedra

Faladoiro Feminista | Ana Marcos e Iria Pinheiro
Acoso e abusos sexuais no audiovisual: falar, escoitar, romper o silencio.
Dúas voces valentes que poñen enriba da mesa o que moitas veces se cala. Porque a igualdade tamén se constrúe nos escenarios, diante e detrás das cámaras.
Entrada libre ata completar aforo

Ás 19:30 horas
Casa da Luz, Pontevedra 
Os lobos

Los Lobos” 

5

Mércores/Novembro

Fundación Cuña Casasbellas

No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2025, celebrase o Ciclo cinematográfico “Outras terras, outros ámbitos, 2”, coa proxección do Film: Film: Los lobos, de Samuel Kishi (México – USA, 2019)   

Max e Leo, de 8 e 5 anos, viaxan de México a Albuquerque, EEUU, coa súa nai Lucía en busca dunha vida mellor. Mentres esperan que a súa nai regrese do traballo, os nenos observan a través da xanela do seu departamento o inseguro barrio no que está situado o motel onde viven, habitado principalmente por hispanos e asiáticos. Dedícanse a escoitar os contos, regras e leccións de inglés que a nai lles deixa nunha vella gravadora de cassette, e constrúen un universo imaxinario cos seus debuxos, mentres anhelan que a súa nai cumpra a súa promesa de ir xuntos a Disneylandia

Ás 20:00 horas
Sala Versus, Xerardo Álvarez Limeses, nº 12 Pontevedra 
pontedetapas

“Pontedetapas” 

5-23

Mércores/Novembro

Concello de Pontevedra

Pontedetapas. 27 establecementos de hostalería participarán nunha nova edición  que se celebrará en Pontevedra entre os días 5 e 23 de novembro.

Como novidade, este ano as elaboracións terán un prezo variable: 3,50 euros de luns a xoves e 4 euros de venres a domingo na modalidade de tapa e 6 euros para o cóctel.

Do 5 ao 23 de Novembro
Pontevedra 
Presentación en Seijas

“Glàfira Smith” 

6

Xoves/Novembro

Libraría Seijas

Glàfira Smith presenta a súa novela gráfica acompañada por Marta Carril ‘Trufa‘ (Ed. Milenio) falaranos do marabillosos que son os cans, os cómics e esta estupenda obra. Temos que darlle calorcito que vén de lonxe especialmente para charlar convosco. Perritos benvidos (sempre, pero máis este xoves) Acompáñasnos?

Ás 19:00 horas
Libraría Seijas, Pontevedra 
libraría Paz

“Silvia Penas” 

6

Xoves/Novembro

Libraría Paz

Silvia Penas Estévez presenta o seu poemario acompañada por Teresa Cuíñas ‘A pel do exilio‘ (Ed. Espiral Maior) é a obra gañadora do XXVII Premio de Poesía Concello de Carral.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
cata cervezas

“Cata de cervexa” 

6

Xoves /Novembro

Mímate

𝗖𝗔𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗖𝗘𝗥𝗩𝗘X𝗔 𝗘𝗦𝗧𝗥𝗘𝗟𝗟𝗔 𝗚𝗔𝗟𝗜𝗖𝗜𝗔
Prezo 17€/persona.

Importante facer a reserva antes do día do evento. Prazas limitadas.
Onde facer a reserva: na propia tienda.
Tl 685 487 498  Por privado.
Inclue: Cata de cervexas especiais @estrellagalicia  Picoteo gourmet.

Ás 20:15 horas
Mímate, Pontevedra 
Go Home

“GO HOME” 

6

Xoves/Novembro

Teatro principal

“GO HOME” de Etiqueta Negra Produciones

Vuelve a casa cuenta la historia de David, un fanático del turismo que ya ha vivido todo tipo de aventuras que las agencias podían ofrecerle. Todas menos una: un viaje sorpresa, a ciegas, en el que no sabe qué le sucederá. La aventura lo llevará a pasar la noche en O Cebreiro, iniciando una aventura en la que experimentará intensas emociones, como la duda, el miedo y la sorpresa.

Esta comedia, comprometida con la realidad, aborda uno de los temas más actuales del momento: el turismo y la gentrificación.

Dirección: Tito Asorey. Autor: José Prieto. Reparto: David Amor y Josito Porto.

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
cronopios

Isabel Parreño” 

7

Venres/Novembro

Librería Cronopios

Presentación do libro de Isabel ParreñoEl último refugio“. A autora estará acompañada por Lía Peinador editora de Menguante.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra 
Real Filarmonia

“Real Filharmonía de Galicia” 

7

Venres/Novembro

Afundación

CONCERTO EN COLABORACIÓN COA SOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA.

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Directora: Ruth Reinhardt

Programa: Cometa: Encarga a NÚRIA GIMÉNEZ-COMAS. (n. 1980)  Estrea absoluta.

ÁS 20:30 horas
Auditorio Afundación, Pontevedra 
etiqueta negra

“Etiqueta negra” 

8,9,10

Sábado a luns/Novembro

Etiqueta negra gourmet

ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade de Pontevedra.

A novena edición da feira de produto gourmet galego ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora
celebrarase os días 8, 9 e 10 de novembro de 2025

Sábado e Domingo de 11.00 a 21.00 h. Luns de 11.00 a 19.00 h
Recinto Feiral, Pontevedra 
Nuestra ceniza

“Xavier Alcalá e Manel Cráneo” 

8

Sábado/Novembro

Libraría Paz

@edicioneslacupula presenta ‘Nuestra ceniza‘ cos seus autores Xavier Alcalá e Manel Cráneo o sábado 8 de novembro. Vinde!
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
Magosto na pedreira

“Magosto associativo” 

8

Sábado/Novembro

A Pedreira, Asociación pola Defensa da Ría, Boa Vida, Trépia, Pontevedra por Palestina, Liceo Mutante e Ateneo de Pontevedra

Magosto Popular organizado polas asociacións A Pedreira, Asociación pola Defensa da Ría, Boa Vida, Trépia, Pontevedra por Palestina, Liceo Mutante e Ateneo de Pontevedra.
 Vén celebrar o Magosto con nós este 8 de novembro!
A partir das 18:00 h na Praza da Pedreira (Pontevedra), uniremos forzas en apoio a Palestina con:
Castañas de balde, Opcións de comida vegana, Chourizos asados e bebidas a prezos populares, Música en directo ás 20:00 h con Morenos Peludos, Adonairare, Ghalos do Curral + Foliada!
Xogos populares a cargo das compañeiras de SORORAS!
Será unha tarde chea de comunidade, música e moita festa!
Non perdas a oportunidade de apoiar unha causa xusta mentres desfrutas do ambiente. 

Ás 18:00 horas
Praza da Pedreira, Pontevedra 
Lito Portela

“Lito Portela” 

8

Sábado/Novembro

Fundación Manuel Moldes

Presentamo-lo ciclo ‘Tecendo redes’, unha serie de actividades coas que recoñecidos artistas de diferentes disciplinas artísticas tenderán pontes entre o mundo da arte e a cultura á sociedade.
A primeira actividade será o obradoiro ‘Como construír unha onda contemporánea’ de acuarela líquida sobre o mar dirixido polo pintor e escultor Lito Portela.
Actividade de balde. Prazas limitadas.
Para inscribirse mandar correo a info@fundacionmanuelmoldes.org 
En colaboración coa Deputación de Pontevedra

De 18:30 a 20:00. horas
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra 
Verbas pola infancia

“Verbas pola infancia” 

8

Sábado/Novembro

Poeticalbedrío

Esperámosvos o 8 de novembro no Museo de Pontevedra.
Poetas do colectivo Poeticalbedrio
Poeta invitada Xulia María Barros
Música Moroa e Pablo Espasandín
Vai ser marabilloso!
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
Airiños de campañó

“La gran vía” 

8

Sábado/Novembro

Concello de Pontevedra

Zarzuela La gran vía, íntegra en galego, Coral Airiños de Campañó.

Pianista Lorena Varela Guzmán

Tradutor Ramón Pouso Dios

Director Jacobo García González

Entrada libre

Ás 20:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra 
Os vellos non deben namorarse

“Os vellos non deben namorarse” 

8

Sábado/Outubro

Os de Algures

Os vellos non deben namorarse de Castelao Aquí tendes o espectáculo de Os de Algures para este ano. (Xunto ca Aula Municipal de Teatro, Sete Espadelas, Cafuné e Soalleira).
Non podedes faltar!!!
Encheremos novamente o Teatro!!

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra 
Carreira ELA

“KM contra la ELA” 

9

Domingo/Novembro

Garda civil

A Garda Civil de Pontevedra organiza o vindeiro 9 de novembro a ruta solidaria “Kilómetros pola ELA”, un evento deportivo e benéfico co obxectivo de apoiar a loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Todo o recadado será doado integramente a AgaELA, Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica.

A marcha, de 14 kilómetros e de dificultade moderada, partirá ás 10:00 h do Paseo Marítimo de Arcade, tras un almorzo ás 9:00 h para coller forzas. Durante a ruta, os participantes poderán gozar de fermosos treitos entre bosques de piñeiros, sendas xunto ao esteiro e lugares cheos de historia e beleza, como a Capela de Santa Marta, onde se poderá selar a credencial. O camiño continuará polas emblemáticas rúas Gorgullón e Virxe do Camiño, ata chegar á Praza da Peregrina de Pontevedraarredor das 14:00 h, onde rematará a xornada.

Ás 10:00 horas
Porto de Arcade, Pontevedra 
Molto Barroco

“Molto Barroco” 

9

Domingo/Novembro

Concello de Pontevedra
Domingos do Principal: Molto Barroco é, antes que nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Píscore Teatro ofrece a posibilidade de desfrutar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca.

Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares. 

Ás 12:00 e ás 18:30 horas
Teatro Principal de Pontevedra 
Xoan Cerviño

“Xoán Cerviño” 

31

Venres/Outubro

Deputación de Pontevedra

Inauguración da exposición “12 pinturas e 12 poemas visuais” de Xoán Cerviño no Palacete das Mendoza.

Xoán Cerviño, cuxa obra pictórica e escultórica foi premiada en varias ocasións, achéganos unha proposta composta por doce pinturas nacidas da experiencia da paisaxe. Nelas tamén aparecen doce obxectos atopados e minimamente manipulados, nos que existe un sentimento ecoloxista e suxire unha poética sinxela. Para o artista non son só restos dunha “tala” de árbores ou camiños de couza en troncos, senón tamén un exemplo de resiliencia da natureza.

Do 31 de Outubro ao 16 de Novembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra 
Armando Guerra

“Armando Guerra” 

30

Xoves/Outubro

Liceo Casino

O xoves 30 de outubro, ás 20:00 horas, o Salón Nobre será o escenario dun emotivo acto en memoria de Armando Guerra. Neste encontro, amigos e compañeiros do artista reuniranse para renderlle unha merecida homenaxe póstuma, lembrando o seu legado tanto humano como artístico. Durante o acto, intervirán destacados amigos de Armando Guerra: Rafael López, Julio Otero, Luis Queimada, Manuel Yáñez e o grupo Black Stones. As súas palabras e actuacións servirán para rememorar a figura do artista pontevedrés, subliñando a súa traxectoria e a pegada que deixou en quen lle coñeceu.

Do 30 de Outubro ao 9 de Novembro
Liceo Casino de Pontevedra 
Carlos Cambre

“Carlos Cambre ” 

28

Martes/Outubro

Universidade de Vigo

Para os interesados na fotografía. Este martes 28 inaugúrase no espazo O Abrigo a exposición de fotografía “Identidades y Territorio” do artista Carlos Cambre!!!

Agardámosvos ás 19:00 horas!!! 

Do 28 de Outubro ao 11 de Novembro
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra 
Exposición de fotografía

“Comedy Wildlife” 

28

Martes/Outubro

Afundación

Inauguración da exposición “Comedy Wildlife”

A comicidade escondida na natureza chega ao café Moderno coa exposición «Comedy Wildlife. Premios de Fotografía». A mostra, foi desenvolvida e producida por Afundación, Obra Social de Abanca e organizada en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN) e a participación de Terra Espléndida.

Do 28 de Outubro ao 7 de Febreiro
Café Moderno Afundación, Pontevedra 
Ángela Éstevez

“Ángela Estévez” 

25

Sábado/Outubro

Galería Tangram

Convidámoste a descubrir o universo creativo de Ángela Estévez (@ang1w1 @anggestevez ) unha mostra onde a cor, a textura e o xogo entrelázanse para dar forma a novas maneiras de mirar e sentir. Inauguración: 25 de outubro, 18:00 h Galería Tangram
Unha cita coa imaxinación, o proceso artesanal e a alegría de crear coas mans.
Do 25 de Outubro ao 21 de Novembro
R. Rosalía de Castro, 32, baixo, Pontevedra 
Ruibal

“José Ruibal”

24

Venres/Outubro

Museo de Pontevedra

O 24 outubro o Museo abrirá unha exposición sobre o dramaturgo pontevedrés José Ruibal para conmemorar o centenario do seu nacemento. Con Xosé Enrique Acuña como comisario, a mostra afonda na vida e na obra de quen foi  un dos máis sinalados representantes do teatro de vangarda en España no último terzo do século XX, cunha traxectoria que gozou de especial recoñecemento nos Estados Unidos. 

Do 24 de Outubro ao 18 de Xaneiro 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Alfabetización

“Alfabetización cultural” 

22

Mércores/Outubro

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

A sede da Vicerreitoría do campus acolle a exposición Alfabetización cultural. Transformar as miradas, que presenta, a través dunha serie de paneis, os resultados dun proxecto de innovación educativa desenvolvido na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Centrado na elaboración de propostas didácticas e recursos artístico-educativos guiados polo deseño universal de aprendizaxe, trátase dunha mostra promovida polo grupo de innovación docente Didacticae, ao abeiro dunha convocatoria do Centro de Posgrao e Formación Permanente, que fai balance do traballo desenvolvido en doce materias de grao e mestrado.

Do 22 de outubro ao 7 de Novembro
Casa das Campás, Pontevedra 
Candela Conde

“Candela Conde” 

17

Venres/Outubro

C.S. A Pedreira

Aproveitando a jornada do día mundial do #StraightEdge, o venres 17 de outubro inauguramos a nova mostra da Parede da Pedreira, duas exposiçoms de fotografía de Candela Conde (Candelieri). Na parede ha tambem um codigo QR que dirije cara a sua enquisa sobre o consumo de drogas lúdicas.

Do 17 de Outubro ao 17 de Novembro
C.S.A Pedreira, Pontevedra 
peninsulares xoven

“Peninsular(es) joven ” 

16

Xoves/Outubro

Universidade de Vigo

No marco do quinto de Arte Ibérica de Arte Téxtil Peninsulares, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Peninsular (es) Joven, que reúne as creacións de catro artistas formadas nas universidades de Vigo e Minho, socias dun evento que se desenvolve por primeira vez en Galicia.

Con Monica Faria e Lala de Dios como comisarias, a exposición reúne as creacións de Goa Vázquez, Lucía Perdiz, Ester Matos e Ana Leandro, que abordan outras formas de relacionarse co medio ambiente, a historia e a comunidade. A exposición poderá visitarse ata o 15 de novembro.

Do 16 de Outubro ao 15 de Novembro
Sala Manuel Moldes da Facultade de Belas Artes, Pontevedra 
peninsulares xoven

“Modos de ver” 

16

Xoves/Outubro

Universidade de Vigo

A mostra principal, “Modos de ver“, reúne no Pazo da Cultura obras de dez artistas dos dous países que exploran a relación entre a humanidade e o medio ambiente.

A exposición, comisariada por Cláudia Melo e Lala de Dios, inclúe creacións de Alexandra Knie, Antònio Jorge, Inês Neto dos Santos, Inês Norton, María Appleton, Paula Bruna, Pilar Sala, Raquel Buj, Rita Gaspar Vieira e Sara Coleman, egresada da Facultade de Belas Artes da UVigo.

A exposición poderá visitarse ata o 15 de novembro.

Do 16 de Outubro ao 15 de Novembro
Pazo da Cultura de Pontevedra
Dalia

“Marta Pazos: Dalia” 

31

Xoves/Xullo

Universidade de Vigo

Dalia é o título do proxecto que a artista Marta Pazos (Pontevedra, 1976) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, que ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo de Pontevedra.

Nesta ocasión, Infiltracións  intégrase no contexto da 32 Bienal de Pontevedra, que propón como eixo de reflexión Volver a ser humanos, unha chamada a repensar a condición humana desde múltiples perspectivas.

Do 31 de Xullo ao 30 de Novembro
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Proximamente

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥