“María Cuevas”
4
Luns/Maio
Liceo Casino
Do 4 ao 18 de maio, o Liceo Casino de Pontevedra acolle a exposición ‘Maquetas e Miniaturas artesanais‘ de María Cuevas, unha colección que transforma o pequeno en algo extraordinario. A inauguración terá lugar o día 4 de maio ás 20:00 horas. O encanto do cotián en miniatura As maquetas recrean espazos próximos e reconocibles —tendas de barrio, froiterías, obradoiros, talleres ou fachadas— nunha homenaxe aos oficios tradicionais e á memoria do cotián. As súas pezas, de 30×25 e 50×25 cm, están elaboradas con materiais reciclados como cartón, plásticos, teas, envases, botóns ou pasta de papel, dando unha segunda vida a obxectos cotiáns a través da arte. Esta vocación naceu durante a pandemia e, desde entón, a autora desenvolveu un traballo minucioso que combina a súa formación en Delineación cun proceso autodidacta, logrando escenas de gran precisión e sensibilidade.Unha mostra con detalle, creatividade e alma sostible que non te deixará indiferente. Esperámoste! A entrada libre e gratuíta.
Do 4 ao 18 de Maio 2026
Liceo Casino, Pontevedra
“Silvia Bardelás”
4
Luns/Maio
Libraría Paz
Luns 4 de maio recibimos a escritora, filósofa e editora Silvia Bardelás presenta o seu novo libro “Una conciencia nueva” publicado por @acantiladoeditorial acompañada de Penélope Pedreira
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Manuel Portas”
5
Martes/Maio
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Mazarelos, do escritor Manuel Portas.
O acto, no que intervirán Anxo González Guerra e Manuel Portas, terá lugar o vindeiro martes 5 de maio ás 19:00 horas, na librería Metáfora.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Librería Metáfora, Pontevedra
“Xermán Torres”
5
Martes/Maio
Universidade de Vigo
Presentación do libro Filgueira Valverde, profesor humanista innovador e director dun isntituto model (Pontevedra 1939-1976) de Xermán Manuel Torres Aboal.
Modera: Xosé Manuel Cid Fernández
Actuación musical: Coro Universitario de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Beatriz Caamaño&Anxos Rial”
5
Martes/Maio
O Sofá Violeta
Ás 19:00 horas.
IES Sánchez Cantón, Pontevedra
“Mentores del saber”
5
Martes/Maio
UNED Pontevedra
Mentores del Saber: webinars para aprender de una vida de conocimiento
Esta conferencia desenvólvese ao redor dos motivos polos que unha obra, cualificada polo seu autor de “caricatura de traxedia”, estreada o 20 de decembro de 1918, permaneceu durante máis dun século no repertorio teatral convertida nun clásico. Previamente al webinar, contaremos con una breve presentación de Irene Aschero, que servirá como anticipo de su actuación principal, que tendrá lugar el jueves 14 de mayo a las 20:00 horas en el salón de actos.
Ás 19:00 horas
UNED, Pontevedra
“RCP, Reanimación cardiopulmonar”
6
Mércores/Maio
Pontecorazón
Charla informativa sobre o RCP, Reanimación Cardiopulmonar, impartida pola unidade de rehabilitación cardiaca do CHUP
Ás 12:00 horas
Salón de actos de Montecelo, Pontevedra
“Primavera Feminista”
6
Mércores/Maio
Igualdade Pontevedra
Tolas ou rebeldes?, o segundo Faladoiro da Primavera Feminista convídanos a reflexionar sobre o control social e represión das mulleres
Tres magníficas relatoras (Carmen V. Valiña, Mª Xesús López Escudeiro e Carme Vidal Laxe) abordarán o tema da man da xornalista Alba Moledo Ucha. Será o vindeiro mércores 6 de maio, ás 19.00 horas, no CIM-Centro de Información á Muller de Pontevedra (Praza José Martín, s/n -1º andar)Entrada libre ata completar a cabida
Ás 19:00 horas.
CIM-Centro de Información á Muller de Pontevedra
“E ademais debuxan”
6
Mércores/Maio
Concello de Pontevedra
A inauguración da exposición terá lugar o mércores 6 de maio ás 19.00 horas con entrada libre na Casa das Campás. Permanecerá instalada ata o 5 de xuño e visitable de luns a venres de 9.00 h. a 21.00 h. e sábados de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00h.
Do 6 de maio ao 5 de xuño.
Casa das Campás, Pontevedra
“Voces no Museo”
6
Mércores/Maio
CMUS Manuel Quiroga
Actuación do Coro, Recital de Coro e piano do alumnado da aula de canto.
Directora: Cristina Suárez
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
“Mav Alonso”
6
Mércores/Maio
O peto máxico librería
Non te perdas o Mércores 6 de Mayo a Mav Alonso estará connosco na librería para un ratito de charla e asinando os seus marabillosos libros ás 19.00!! Achegarvos esperámosvos a todos
Ás 19:00 horas
O peto máxico, Pontevedra
“Begoña Feijóo”
6
Mércores/Maio
Libraría Paz
O mércores 6 recibimos a Begoña Feijoo que falará do seu libro Un anaco de mazá seca @rinoceronteeditora acompañada de María Varela
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Vides de lonxe”
6
Mércores/Maio
Fundación Cuña Casasbellas
Inicio ciclo “Miradas de directoras africanas neste século”
Filme documental: “Vides de lonxe” de Amal Ramsis. No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, na Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Miradas de directoras africanas neste século”, cuxa terceira sesión terá lugar este mércores, 6 de maio, ás 20:00h, coa proxección do Filme:
VIDES DE LONXE: Direc.: Amal Ramsis
País e ano: Exipto 2018. Música: Shadi Farid
DOCUMENTAL – Duración: 84 m
Sipnose: A historia dunha familia palestina a través do tempo e o espacio, de quen loitou na guerra civil española, na segunda guerra mundial ou na guerra civil libanesa.
Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
“Funeral parade of roses”
7
Xoves/Maio
Facultade de Comunicación
Comezamos maio có ciclo queer! Esperámosvos todos os mércores de maio ás 18:30 no aula de cine. Funeral parade of roses de Toshio Matsumoto.
Retrato en clave surrealista de varios transexuais no Tokio dos anos 60. A película narra os acontecementos que envolven a vida de Eddie e outros travestidos da escena underground de Tokio. O título da película é un xogo de palabras. “Bara”, que significa rosa, é un termo xaponés que serve para designar pexorativamente aos homosexuais.
Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
“Diego Rubio”
7
Xoves/Maio
Facultade de Belas Artes
Inauguración da exposición de Diego Rubio, “Ojos y canutos” comisariada por Pablo Martínez.
Ás 19:00 horas
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Alba Tomé”
7
Xoves/Maio
Libraría Paz
O xoves 7 de maio estará con nós Alba Tomé coa súa primeira novela As humidades @galaxiaeditorial acompañada de Iria Collazo López
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Contando los días”
7
Xoves/Maio
Ambienta_cinema_lgbtiqa
𝐂𝐎𝐍𝐓𝐀𝐍𝐃𝐎 𝐋𝐎𝐒 𝐃𝐈́𝐀𝐒 é unha comedia romántica transmedia en formato vertical que conta o inicio da relación entre as súas protagonistas, Ana e Claudia. A primeira tempada desta microserie, formada por 34 episodios autoconclusivos, resultou finalista do premio Mestre Mateo á Mellor Serie Web e do premio á Mellor Creación en Novos Medios do @oda_esp
En #AMBIENTa2026 poderemos ver a tempada íntegra en pantalla grande, unha experiencia única. Tras o visionado, Tania e Alba, protagonistas, creadoras e produtoras da serie, charlarán con @evamejuto , xornalista e escritora.
Todas as actividades de AMBIENTa son de acceso libre e de balde, ata completar cabida
Ás 20:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Retrincos sonoros”
8
Venres/Maio
CMUS Manuel Quiroga
Retrincos sonoros
Banda infantil, Ensemble de violas, Ensemble de trombóns e bombardinos, Coro II
Ás 19:00 horas
Centro sociocultural Pontevedra Leste
“Eva Veiga”
8
Venres/Maio
Editorial Olifante
Agardámosvos en Pontevedra. O vindeiro 8 de maio, ás 19 h., no Paraninfo do IES Valle-Inclán de Pontevedra, na presentación do meu último poemario O que se volve raíz/ Lo que se vuelve raiz (editorial Olifante). Terei a fortuna de contar coa introdución da profesora e crítica literaria Malores Villanueva; do pintor e poeta Antón Sobral; e dos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares que me acompañarán no recital. Sería marabilloso contar con vós.
Ás 19:00 horas
Biblioteca do IES Valle Inclán, Pontevedra
“Lorena Souto”
8
Venres/Maio
Libraría Paz
O venres 8 recibimos a @coleoptera.souto acompañada de @genaro_da_silva_mendez editorial Chan da pólvora
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Queco Fresco”
8
Venres/Maio
Queco Fresco
Presentación de “Feridas Espidas” en Pontevedra o venres 8 ás 20 h. na Fundación Cuña-Casasbellas.
Unha presentación onde música e poesía fusionaranse para emocionar. Silvia Figueiras Dovalo e Queco Fresco (Autor), serán as voces na recitación, Laura Santiago e Franjo Besada, os responsables da parte musical, interpretando poemas musicados do libro.
E todo conducido por Anabelen Corbacho .
Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
“Ecstatic Dance”
8
Venres/Maio
Práctica de movemento libre e non verbal baseada en principios de autoexpresión, encarnación e comunidade. Invita as participantes a moverse libremente coa música sen instrucións nin expectativas. Experiencia guiada pola pianista e guitarrista Riu @kisparggg Viaxe musical en forma de onda que anima á exploración emocional, catarse e presenza encarnada. Acompañada pola facilitadora de intimidade somática Noemí @presenza.de.luz Xogar, deixarse levar e sentir. Ven e segue o ritmo da música cos teus propios impulsos internos!
Ás 20:00 horas
O Sanatorio, Andrés Muruais, Pontevedra
“As súas guerras a nosa precariedade”
8
Venres/Maio
Galiza Nova
O vindeiro venres 8 de maio achégate coas túas amizades a @laverbenaclub_, onde falaremos da alternativa ás guerras imperialistas que defende a mocidade nacionalista.
Para fechar a xornada contamos cunha sesión DJ da @emejota.gz
Ás 20:00 horas
La Verbena, Travesía Charino, 29, Pontevedra
“Querida Agatha Christie”
8
Venres/Maio
Afundación
Querida Agatha Christie dirección: Juan Carlos Rubio. Con: Carmen Morales, Juan Meseguer
Producción: Txalo producciones, Olympia Metropolitana e La Alegría producciones
«Unha comedia dramática onde conviven o humor e a bágoa, o xénero fantástico, o misterio e a tensión, cun final inesperado»
Agatha está soa no cuerto dun hotel en Tenerife, incapaz de durmir por un presente cheo de dor pola perda da súa nai e a ruptura co seu marido. Quere acabar co sufrimento tomando un veleno que trouxo de Inglaterra. Pero a súa decisión cambia coa inesperada visita de Benito Pérez Galdós, un escritor que tamén está no hotel. Entre eles xorde unha conexión intensa e divertida que revela segredos, medos e desexos. Benito tenta impedir que Agatha se dea por vencida, ofrecéndolle esperanza nun duelo emocional cargado de humor, misterio e humanidade.
Ás 20:30 horas
Auditorio AFUNDACIÓN, Pontevedra
“Xornadas interdisciplinarias de Fagal”
9
Sábado/Maio
Fagal
Chega o noso evento favorito do ano! As XXIV Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL. Agardámoste o día 9 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Consulta toda a info na nosa web https://xornadas.fagal.org/
Ás 09:30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“Vela artesanal”
9
Sábado/Maio
Aromara
Maio chega con novos talleres para desfrutar, crear e regalar experiencias especiais. O sábado día 9 temos un taller, crearemos unha vela artesanal tipo cóctel xunto a @assteria_ , con tres modelos para elixir e ese punto creativo que tanto nos gusta. Info e reservas por DM ou na nosa tenda.
Ás 11:30 horas
Aromara, rúa San Román 5, Pontevedra
“Eugenio Outeiro”
9
Sábado/Maio
Libraría Paz
O sábado 9 estará con nós Eugenio Outeiro acompañado de Carlota Román e Sabela Otero.
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“María Lado”
9
Sábado/Maio
La verbena
Compráceme anunciar que este sábado, día 9 de maio, en sesión vermú (isto venche sendo ás 13:00 horas) presentamos en @laverbenaclub_ Odias a poesía/Odias la poesía, libro que con tanto agarimo flúor editaron no selo LuscoFusco de @editorialelvira.
Recitarei acompañada da música e ambientes guapísimos de @xavibertolo e fará de mestra de cerimonia a miña querida @_aranau
E despois podemos botar unha parrafada ou celebrar o verso e aínda chegades a tempo ás vosas casas pra ir xantar coa familia e dicir “pois nada, que baixei mercar o xornal e prendín na silveira da poesía e.. .xa sabes como é Pontevedra, cidade de vida social imprevisible”.
Vinde, que nós vos firmamos un xustificante
Ás 13:00 horas
La verbena, Pontevedra
“Transforma o cotidiá en arte”
9
Sábado/Maio
Tangram
En Pontevedra unha pausa creativa, crear coas túas mans e levarte unha peza feita por ti!
Non precisas experiencia previa, só gañas de crear, experimentar e regalarte un momento propio
Durante os tres primeiros sábados de maio convídote a vivir tres experiencias íntimas e diferentes para explorar a creatividade desde o cotiá, o persoal e desde a túa propia historia.
Taller 1. O cotiá como inspiración: Convertirás escenas do teu día a día, rincóns da túa casa o convesas habituais en material creativo. Ao final levarás unha pequena serie sobre bastidor inspirada na tua propia vida!
Ás 17:00 horas
Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra
“Adela Martínez Martí”
9
Sábado/Maio
Adela Martínez Martí
Presentación de “Los finos hilos del pasado” de Adela Martínez Martí en Pontevedra o sábado 9 ás 19:30h. na Fundación Cuña-Casasbellas.
Unha presentación por parte de Eva Rodríguez. Intervirán Dory Serrano e Paula Pérez coa actuación musical de James Vivas.
Ás 19:30 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
“A tenda dos horrores”
9
Sábado/Maio
UNED
A Tenda dos Horrores é unha comedia musical baseada nunha película dos anos 60. A acción transcorre na década dos anos 50, en plena explosión e inicio do rock and roll e do son doo-wop, no barrio máis marxinal e miserable de Nova York, onde está situada a floraría Mushnik, cuxa propietaria é unha muller estranxeira. Alí, un dos seus empregados (Seymour) comeza a criar unha estraña e interesante planta que acaba de mercar. Entre el e a outra empregada (Audrey) convencen á dona para que expoña a planta no escaparate e, a partir dese momento, o éxito chega á floraría. A planta (Audrey II) faise famosa en todo o país e convértese nunha mina de ouro que fará que a miserable vida dos protagonistas vaia dando un xiro. Entrada libre ata completar aforo.
Ás 20:00 horas
Auditorio da UNED, Pontevedra
“Fillas de cassandra”
9
Sábado/Maio
Concello de Pontevedra
Fillas de Cassandra presenta en directo ‘Tertúlia’, o seu novo disco. O recinto feiral da cidade do Lérez acollerá a estrea absoluta do novo espectáculo do dúo, que regresará aos grandes escenarios galegos após un ano de ausencia.
Entradas á venda en Woutick entre 22 e 25€+ gastos de xestión
Ás 22:00 horas
Recinto Feiral de Pontevedra
“Ponteandadas”
10
Domingo/Maio
Concello de Pontevedra
INSCRICIÓN ABERTA….
O Concello de Pontevedra organiza o Domingo 10 de Maio a 2ª ruta Ponteandadas 2026 A PARDA-CABANAS
10h con saída e chegada no Parque Damian-A Parda
13 km – circular- Dificultade: Media
Inscrición ata o venres 8 de Maio ás 24h. 9,30 Quecemento con Marcha Nordica Para calquer aclaracion no cartel adxunto… nos telf. 625482636 ou donde se poden facer os bizum de 2€ da inscricion
VIDA É MOVERNOS
Ás 09:30 horas
Parque Damian-A Parda, Pontevedra
“Ruibal & Bellas”
30
Xoves/Abril
Museo de Pontevedra
Arte en parella: Mercedes Ruibal e Agustín Pérez Bellas
Comisaria: Cristina Villaverde Ruibal
O centenario do nacemento da pintora Mercedes Ruibal (Pontevedra, 1926) é o momento para reivindicar dúas traxectorias artísticas que, aínda que recentes, sofren de certo esquecemento. Na Arxentina sitúanse os comezos de Mercedes, onde se forma a carón de Laxeiro e nas súas visitas aos museos de Bos Aires. Retornada a Galicia, casa en 1958 co arquitecto Agustín Pérez Bellas (Vigo, 1927), home tamén namorado da pintura. Os dous abren nesta década as súas novidosas propostas pictóricas, que presentan en galerías galegas para, posteriormente, dar o salto coa súa obra a Madrid e Barcelona.
Do 30 de Abril ao 28 de xuño 2026
Museo de Pontevedra
“Lienzos de 12 onzas”
27
Luns/Abril
Luva boxing club
Do 27 de abril ao 8 de maio
Sentia Pilates, Peregrina 52, Pontevedra
“Patricia Maquieira”
25
Sábado/Abril
Tábula Rasa
Este sábado 25 de Abril de 12:30 a 15h, inauguración da nova exposición de Patricia Maquieira. “Tempo de Colleita”
Estades todxs convidadxs.
Do 25 de Abril a
Tábula Rasa, Pontevedra
“O Mediveo”
24
Venres/Abril
Facultade de Belas Artes
*O Medievo: Influencia e herdanza.*
exposición do 24 ao 5 de maio.
Un proxecto por mor de San Ero para o cal faremos unha fanzine colaborativa con debuxos, pinturas, poesía, esculturas, fotografía que traten as ideas, mitos e estética medieval que aínda segue viva!
O fanzine e as pezas aparecerán para as súa exposición en O Abrigo!
Proposta colaborativa da man de:
MAXIPUKIS xu_bear/ Bill Rivas / saBELa pazo & carlos denis
Do 24 de abril ao 5 de Maio
O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Arte pola xustiza e a igualdade social”
4
Sábado/Abril
Galería Tangram
Do 4 de abril….
Galería Tangram, Pontevedra
“Diversa”
24
Martes/Marzo
Afundación
Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA, a cargo da comisaria Matilde Rodríguez.
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.
Do 24 de marzo ao 20 de xuño
Café Moderno, Pontevedra
“Ruínas de San Domingos”
15
Domingo/Marzo
Museo de Pontevedra
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
“Cronofitti”
17
Mércores/Decembro
Mambo Gallery
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
Proximamente
“Aromaterapia”
11
Luns/Maio
Medicina Integrativa
Agora que nos achegamos ao verán propóñovos este taller introdutorio á aromaterapia. Faremos un percorrido pola súa historia, veremos como funcionan os aceites esenciais e en que baséase esta terapia para o seu éxito. Veremos algunha das sinerxías mais interesantes para está época que vén de calor, varices, reafirmantes etc… Como sempre un taller práctico onde che levases a túa sinerxía para comezar a usar. Reserva a túa cita ata o 08 de maio
Ás 18:00 horas
Pontevedra
“Irene Aschero”
14
Xoves/Maio
UNED
Paixón en “Clave de Tango”. A Universidade, a través do seu programa de Extensión Universitaria, promove iniciativas culturais que achegan as artes escénicas á sociedade, fomentando o diálogo entre a comunidade académica e a contorna social. Neste contexto, a actuación “Paixón en Clave de Tango” de Irene Aschero preséntase como unha oportunidade única para desfrutar dunha expresión artística profundamente arraigada na tradición cultural, como é o tango. Este espectáculo combina música, emoción e narrativa escénica, ofrecendo unha experiencia que transcende o meramente artístico para converterse nun vehículo de transmisión cultural e sensibilización estética. A actuación no Auditorio de UNED Pontevedra reforza o compromiso da universidade coa difusión cultural aberta e accesible a toda a cidadanía.
Ás 20:00 horas
Auditorio da UNED, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥