“O fin da escritura”
4-5
Luns e martes/Marzo
Facultade de Belas Artes
O fin da escritura. A condición electrónica. Seminario con Aldo Mazzucchelli
Luns ás 18:00 e Martes ás 11:30 horas
Espazo 16. Facultade de Belas Artes UVigo. Pontevedra
“Crúas”
5
Martes/Marzo
Museo de Pontevedra
O dúo Crúas abre o ciclo ‘O son do piano’, no que no mes de marzo tres formacións acústicas ofrecen as súas propostas musicais arredor do noso piano.
Crúas é un dúo de piano e voz que adapta a palabra de poetas galegas. Así describen a súa proposta: “Do traballo meticuloso de composición e arranxo agroma unha música das entrañas, dos adentros, íntima e delicada, que non se deixa clasificar en xéneros, que arrola oíntes atentos, que cura feridas abertas, que aperta almas crúas”.
O dúo fórmano Alba Ermida Area e Iria San Marcial. Alba Ermida é cantante e clarinetista. Integrou o dúo Bardo Enxebre e fixo música en vivo para varias compañías de teatro. Do seu paso por Bos Aires recolleu outras formas de música que agora plasma nas súas novas composicións. Iria San Marcial rematou a súa formación clásica cun máster en interpretación de piano. Agora estuda jazz no SPJ e investiga sonoridades electrónicas noutros proxectos persoais, acompañada de voz e saxofón.
Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra
“El espíritu de la colmena”
5
Martes/Marzo
EL ESPÍRITU DE LA COLMENA
Víctor Erice, 1973, España, 97 min., VO. Lingua orixinal: español
Sinopse: Nunha pequena vila de Castela, en plena posguerra a mediados dos anos corenta, Isabel e Ana, dúas irmás de oito e seis anos respectivamente, ven un domingo o filme O Doutor Frankenstein. Á pequena, a visión do filme cáusalle tal impresión que non para de facerlle preguntas á súa irmá maior, que lle asegura que o monstro está vivo e se oculta preto da vila.
El espíritu de la colmena é un dos máis emocionantes retratos xamais feitos sobre a infancia e o asombro, cunhas inesquecibles interpretacións das pequenas Ana Torrent e Isabel Tellería, acompañadas por Fernán Gómez e Teresa Gimpera.
Cuncha de Ouro en Donostia 1973
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Salta”
6
Mércores/Marzo
A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da décimo terceira edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Dedicada á longametraxe Salta!, a súa proxección verase complementada cun coloquio coa súa directora, Olga Ossorio.
Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra
“Salta”
6
Mércores/Marzo
O vindeiro mércores día 6 acollemos no noso Clube de lectura e creación Se buscan mujeres valientes a Berta Dávila para conversar ao redor da Ferida Imaxinaria, o seu novo libro publicado con edicionsxeraisdegalicia
Para celebrar imos facer a sesión aberta para que vos poidades apuntar e acompañarnos no faladoiro
Berta asinará exemplares ás 20h
Ademáis como o noso clube baséase tamén na creación fixemos esta ilustración para agradecerlle a Berta a súa compaña @albablancoboga
Ás 20:00 horas
Club la verbenaTravesía Charino 29, Pontevedra
“Doce pasos”
7
Xoves/Marzo
O teu propósito de Ano Novo é sair a camiñar e facer máis exercicio físico o aire libre ?? Pois esta é a túa actividade. Ven a camiñar con nós
Todolos Xoves ás 10:00 horas. Praza de España, Pontevedra
Preciso a inscrición para a primeira vez (non é preciso acudir tódolos xoves)
Máis información: 986307158/629945925
Actividade de Baixa esixencia. Actividade gratuita
Ás 10:00 horas
Praza de España, Pontevedra
“Rutas saudables”
7
Xoves/Marzo
Xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas
Praza de Galicia, Pontevedra
“Castelao”
7
Xoves/Marzo
Museo de Pontevedra
O Museo abre o programa expositivo de 2024 coa mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, comisariada por Xosé Enrique Acuña. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista.
Do 7 de marzo ao 2 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
“Dani Torrent”
7
Xoves/Marzo
Libraría Paz
Encontro con Dani Torrent Ilustración y pintura en colaboración co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Vémonos o xoves!
Triqueta Verde
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Odaiko”
8
Venres/Marzo
Teatro principal Pontevedra
Máxica música – Odaiko Pontevedra .
Cos Odaiko gozaremos dunha divertida sesión de música e percusión, porque a música, como as palabras, pode ser máxica!
Ás 19:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“Vagalume”
8
Venres/Marzo
Museo de Pontevedra
O Cuarteto Vagalume é o protagonista do segundo concerto do ciclo ‘O son do piano’, no que no mes de marzo tres formacións acústicas ofrecen as súas propostas musicais arredor do noso piano. Presentará o espectáculo ‘Ausencias. Unha viaxe pola música en feminino’.
O Cuarteto Vagalume está formado por catro músicos da provincia de Pontevedra formados en diferentes conservatorios superiores e cunha ampla experiencia concertística en agrupacións camerísticas e de gran formato. Son Sabela Senn Loyoza (Pontevedra, 1992) ao violín, Vania Collazo Pequeño (Vigo, 1990) ao violín, Irene Portela (Pontevedra, 1998) á viola e Rubén Canedo Silva (Berna, 1999) ao violonchelo.
Presentado a modo de concerto didáctico, ofrecerán un percorrido por diferentes estilos e épocas, comezando coas melodías clásicas e elegantes de Maddalena Lombardini e rematando con dúas novas promesas da escena contemporánea galega: as compositoras Irene G. Magaña e Alicia García Tojeiro.
Ás 19:00 horas
Museo de Pontevedra
“Rogelia dos Outeiros”
8
Venres/Marzo
Liceo Casino Pontevedra
O venres 8 de marzo, a actriz Rogelia Dos Outeiros interpretará na Sede de Manuel Quiroga o seu novo espectáculo ‘SOA‘ Unha produción dirixida por Fran Rei, que conduce ao público entre o drama e a comedia, para terminar conquistándolles.
Prezos: Socios: gratis Non socios: 8 € Prazas limitadas
Ás 20:30 horas
Liceo Casino, rúa Manuel Quiroga, Pontevedra
“Brunch e cerámica”
9
Sábado/Marzo
O 9 de marzo marcamonos un BRUNCH con CERÁMICA que te vai a encantar
A qué hora? De 10.00-13.00
Ónde? No Patio de Valle Inclán
Cómo me fago con unha entrada?
Se todavía non tés entrada o queres máis info, só tés que escribirnos por privado
Grazas infinitas por esta acollida
De 10:00 a 13:00 horas
El patio de Valle Inclán, Pontevedra
“Danza libre”
9
Sábado/Marzo
A natureza e o noso Ser son un, aliméntase coa nosa capacidade para expresarse dende a beleza, a luz, e o amor.
A enerxía feminina fai posible ese camiño, lévanos o Ser a través da contemplación e o respeto de quén somos.
Esta sesión é unha proposta para atoparnos a nós mesmxs a través do baile libre e o amor hacia nós.
Os oráculos, o ritual que o envolve e a expresión a través de distintas formas axúdanos a apreciar a nosa beleza.
A sesión terá unha duración de tres horas, o longo das cales poderemos vivenciar a través do xogo a nosa esencia, que compartiremos e disfrutaremos en grupo.
Realizase o encontro nesta ocasión en Pontevedra cidade.
Prazo de inscricións: Xoves 7 de marzo.
Para máis info e inscricións podes poñerte en contacto no 622 513 274.
De 18:00 a 21:00 horas
Pontevedra
“Tarzán o musical”
9
Sábado/Marzo
Auditorio Sede AFUNDACIÓN
Tarzán o musical
Tras o naufraxio dunha embarcación nas costas de África Occidental,un neno orfo é acollido por unha familia de gorilas que deciden chamalo Tarzán. O neno medrará loitando pola aceptación do seu pai simio e polo intento constante de ser un mono máis e adaptarse a pesar das diferenzas.
Pasado o tempo unha expedición humana viaxa ao territorio da súa manada e atopa por primeira vez criaturas coma el.
Coñece a Jane, unha moza naturalista inglesa, da que se namora, sen saber que o séquito que vén con ela planea matar os gorilas.
Tarzán descobre que a súa educación animal choca cos seus instintos humanos, nun marco idílico no corazón da xungla, chea de aventuras e de extraordinaria beleza.
Ás 18:00 horas
Auditorio Sede AFUNDACIÓN, Pontevedra
Josefa Vázquez Juncal “Señora Pepa”
9
Sábado/Marzo
A Asociación Veciñal Salcedo Norte conmemorará o Día Internacional da Muller, dedicando o acto previsto a Josefa Vázquez Juncal “Señora Pepa”.
O evento leva por título “Mulleres con historia” e consistirá nunha charla coloquio presentada por Ángeles Jar Piay, vogal da área da mullera da A.V. Salcedo Norte. Na charla intervirán a xornalista e escritora especializada en Memoria Histórica, Montse Fajardo, e a investigadora e secretaria da Sociedade Galega de Antropoloxía, Ana Durán.
A cita pretende ofrecer unha reflexión sobre a contribución das mulleres ao longo da historia, destacando a vida da Señora Pepa, unha muller que foi veciña do barrio do Pino, amplamente coñecida na contorna pola súa relación coa importante fábrica de ferramentas asentada no barrio denominada “o Ferreiro do Pino”.
Ás 19:00 horas
Centro Sur, Pontevedra
“O musical dos 80s 90s”
10
Domingo/Marzo
Auditorio Sede AFUNDACIÓN
O Musical dos 80’s e os 90’s
A Compañía ON BEAT trae a Pontevedra o mellor musical dos oitenta do momento no que o público compartirá a experiencia dos personaxes, cantando, bailando e sendo cómplices de cada un deles.
O mellor pop español dos 80 e 90 mestúrase con éxitos internacionais e as mellores cancións do verán que marcaron a nosa xuventude.
Meses seguidos de salas cheas no EDP Gran Vía de Madrid, no Teatro Apolo de Barcelona, en toda España e agora por fin, en Pontevedra!
Unha historia que parte do reencontro de amigos do instituto 25 anos despois, reunidos en La Movida del Bacalao para lembrar un tempo que marcou a vida dos seus protagonistas, ao ritmo da mellor música daquela mocidade, onde non había redes sociais.
Ás 19:00 horas
Auditorio Sede AFUNDACIÓN, Pontevedra
“A nosa arte”
29
Xoves/Febreiro
Café Moderno Pontevedra
A exposición itinerante A NOSA ARTE permitirá que todos os galegos e galegas poidan descubrir de primeira man un dos aspectos máis descoñecidos do Parlamento como é a súa colección de arte. Ao longo dun amplo percorrido, que a transportará polas principais cidades e vilas de toda a xeografía galega, esta mostra exhibirá pezas particularmente significativas da arte contemporánea de Galicia. Unha retrospectiva selecta para dar conta da importancia que este tipo de práctica ten como expresión da pertenza a Galicia.
Do 29 de febreiro ao 25 de maio 2024
Café moderno, Pontevedra
“Desde el silencio”
26
Luns/Febreiro
Granero Delmás, Pontevedra
Exposición “Desde el silencio” de Nelson Gomez Callejas. El silencio de los libros de artista. Sala Granero Delmas, Pontevedra, España
Do 26 de febreiro ao 11 de marzo 2024
Granero Delmás. Galerias Oliva, Pontevedra
“Pasión por la pintura”
23
Luns/Febreiro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
Exposición “Pasión por la pintura”, do artista pontevedrés Luis Rivas. Na mostra, o tamén exfutbolista profesional fai a súa interpretación do vangardismo histórico e da clásica Escola de París cunha linguaxe propia. A exposición, que se poderá visitar ata o 10 de marzo, presenta pintura de base xeométrica a través de estruturas paisaxísticas arquitectónicas, construcións utilizadas en grandes espazos e un rico cromatismo para, deste xeito, renovar a mirada de artistas coma Mondrian, De Chirico ou Léger.
Do 23 de febreiro ao 10 de marzo 2024
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Manuel Moldes”
30
Xoves/Decembro
A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra, ocupará a oitava planta do edificio por un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.
Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que, terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.
O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición ‘Misterio + luz = Pintura <-> Vida’, unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.
Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.
Ata o 30 de marzo de 2024
Edificio da Xunta de Galicia 8ª planta, Pontevedra
“Baltic Chain project”
14
Xoves/Decembro
A Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle, entre o 14 de decembro de 2023 e o 29 de marzo de 2024, a exposición Baltic Chain Project, na que se presentan un conxunto de fotografías sobre a chamada Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 nos estados de Estonia, Lituania e Letonia, que por aquel entón formaban parte da Unión Soviética.
Inserida nas actividades divulgativas dun proxecto europeo, a mosta arrancou en decembro exhibindo unha serie de escolmas da cadea en Estonia e irá mudando nos sucesivos meses para mostrar imaxes desta mobilización en Letonia e Lituania.
Do 14 de Decembro ao 29 de Marzo 2024
Facultade de Dirección e Xestión Pública Facultade de Comunicación. Pontevedra
Xa podes anotarte
“As mulleres que opinan son perigosas”
15-16
Venres e Sábado/Marzo
Teatro principal. Pontevedra
Este 15 e 16 de marzo de 2024 volven as #MulleresQueOpinan ao Teatro Principal de Pontevedra. Chegamos á sétima edición sendo un evento xa consolidado e coa responsabilidade de ser fieis aos sinais de identidade deste foro: seguir pendentes da actualidade, con temáticas novas que non estiveron presentes nas edicións anteriores, mesturar rostros moi coñecidos con outros nomes que permitan descubrirlle ao público mulleres profesionais que fan un gran traballo e moi especializado nos medios, darlle protagonismo ás profesionais locais e galegas, e prestarlles atención ás comunicadoras que fan opinión a través de novos formatos que conectan coas novas xeracións (activistas e creadoras de contido en Instagram, Twich, TikTok, podcasts ou Youtube). A nosa teima é rodearnos de referentes da profesión para amosar e reivindicar o camiño andado por elas, sen esquecernos de que hai futuro, porque hai canteira.
Ás 12:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Pinta e comparte”
16
Sábado/Marzo
Granero Delmás. Pontevedra
O sábado 16 de Marzo de 11:00 a 13:30 sorprenderáste do que eres capaz ¡aínda que nunca colleras un pincel! Pintaremos paso a paso e levaráste un cadro digno de colgar, ademáis de pasalo en grande poñéndote a proba, aprendendo e divirtiéndote, e con ¡con pincho e viño. A qué esperas para apuntarte?@granerodelmas 619432721 (Pilar)
De 11:00 a 13:30 horas
Granero Delmás, Pontevedra
“Café Quijano”
16-17
Sábado e Domingo/Marzo
Auditorio Sede AFUNDACIÓN
Café Quijano
O espectáculo non está só no que cantan senón, tamén, no que contan. As súas cancións son curtametraxes que se entrelazan coa intrahistoria narrada entre canción e canción.
Café Quijano non só forma parte da historia da máis exquisita música española senón que as súas cancións son éxitos que transcenderon no medio mundo e seguen sendo un dos artistas españois máis recoñecidos internacionalmente colaborando con artistas da talla de Celine Dion, Carlos Santana, Armando Manzanero, Herbie Hancock, Black Eyed Peas, Joaquín Sabina…
Ás 20:30 o sábado e ás 19:00 horas o domingo
Auditorio Sede AFUNDACIÓN, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥