Creatividade

“I Congreso Internacional de Creatividade” 

4,5

Luns, Martes/Novembro

Vicerreitoria UVIGO

A Vicerreitoría do campus acolle o I Congreso Internacional de Creatividade, promovido polo Campus Crea coa colaboración da Deputación de Pontevedra. No seu programa combínanse as conferencias de expertos académicos e profesionais coa presentación de investigacións que conectan a creatividade coa arte, a comunicación, o deseño e a educación. 

Ás 09:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
música para recrear

“Big Band e coro de Carlos Barruso” 

4

Luns/Novembro

Vicerreitoria UVIGO

No marco do Ciclo de Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus de Pontevedra promove coa colaboración do Concello, o Teatro Principal acolle un concerto do grupo da big band e o coro do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso.

Apertura de portas ás 20.00 horas.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
la loba

“A Loba” 

5

Martes/Novembro

Cineclube

A LOBA. The Little Foxes
William Wyler, 1941. EE UU, 116 min., VOSE
Lingua orixinal: inglés
Finais do século XIX, sur dos EE UU. Os irmáns Hubbard, Oscar (Carl Benton Reid), Ben (Charles Dingle) e Regina (Bette Davis), planean enriquecerse cunha fábrica de algodón que explote man de obra barata. Cando o marido de Regina, Horace Giddens (Herbert Marshall), un home honrado e doente, se nega a participar no seu financiamento, comezan as maquinacións familiares para conseguir o seu obxectivo. No medio da asfixiante atmosfera creada pola ambición desmedida dos tres irmáns, Herbert só atopará consolo no amor da súa filla.
O filme obtivo nove nominacións aos Oscar, incluíndo mellor filme.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Lucía y el sexo

“Lucía y el sexo” 

6

Mércores/Novembro

Facultade de comunicación, Pontevedra

Proxección de ‘Lucía y el sexo

No marco da programación previa á celebración en Pontevedra da gala dos Premios Feroz, a Facultade de Comunicación acolle un ciclo de cine dirixido a analizar títulos míticos da historia do cinema español desde unha perspectiva feminista. Na súa primeira sesión, o salón de actos da facultade acollerá a proxección de Lucía y el sexo, de Julio Medem, complementada por un relatorio de Paula Serna, xerente de Recursos Humanos do Observatorio da Diversidade en Medios Audiovisuais.

Acceso gratuíto previa recollida de entradas na Oficina de Turismo da praza de España.

Ás 18:30 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra 
Maribel Longueira

“Papagaio” 

6

Mércores/Novembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza unha exposición arredor de Papagaio, de Maribel Longueira.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 6 de novembro, ás 19:00 horas, na área de cristal do edificio Castelao, no Museo de Pontevedra. A autora estará acompañada por Xaime Toxo e Francisco Fernández Naval.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
vitrinas

“Vitrinas y páginas” 

6

Mércores/Novembro

Libraría Paz

Para celebrar o #díadaslibrarías, ACE, ACE Traductores, CEGAL e FADIP organizan unha nova edición de *Vitrinas y Páginas*.
Na nosa libraría estarán a ilustradora @nuria_diaz e o dramaturgo @william_pelaez que conversarán sobre libros que nos falan de utopías.
Nuria fará unha intervención no noso escaparate inspirándose nunha frase escollida por Julio do seu libro ‘Heredarás el cosmos’  @libreriascegal
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
la cinta blanca

“La Cinta blanca” 

6

Mércores/Novembro

Fundación Cuña- Casasbellas

La cinta blanca de Michael Haneke (Alemania) 2009

En 1913, en vésperas da Gran Guerra (1914-1918), estraños acontecementos, que aos poucos toman carácter de castigo ritual, danse cita nun pequeno pobo protestante do norte de Alemaña. Os nenos e adolescentes do coro do colexio e da igrexa dirixido polo mestre, as súas familias, o barón, o encargado, o médico, a comadrona, e os granxeiros conforman unha historia que reflexiona sobre as orixes do nazismo en vésperas da I Guerra Mundial.

Ás 20:15 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra 
Foro empresa

“Enerxías renovables” 

7

Xoves/Novembro

Non deixes pasar a oportunidade de coñecer a realidade dun sector económico en continuo crecemento e con grandes oportunidades de negocio e solucións tecnolóxicas aplicables por parte do tecido empresarial de Galicia para mellorar a súa eficiencia enerxética.
XXXIV Almorzo-coloquio Foro Empresa Pontevedra ​ D. JOSÉ RAMÓN FRANCO CAAVEIRO (Presidente do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia – CLUERGAL)  “Enerxías renovables e desenvolvemento industrial en Galicia”  
De 13:45 a 16:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra 
poesia en Paz

“Teñamos a poesía en Paz” 

7

Xoves/Novembro

Libraría Paz

Celebramos unha nova edición do ciclo #teñamosapoesíaenpaz, presentado e coordinado por @silvia_penas_estevez
E nesta ocasión a conversa e os poemas virán da man de @fillodapaz @o_hanabi
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
Fernando Fernandez Rego

“Conversas do 1ºandar: “Fernando Fdez Rego 

7

Xoves/Novembro

Concello de Pontevedra

‘Conversas do primeiro andar’ unirá até finais do mes de novembro “música, literatura e o gusto por un bo viño”

Charla con Fernando Fernández Rego Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo e Underground’

Trátase de “unha proposta innovadora, na que falaremos de libros que pivotan ao redor da música” e tamén de viños, cos que “lembrar que estamos nun mercado, un punto de venta de produto fresco e de calidade”

Todo iso con acceso “libre e gratuíto” coa intención de “darlle movida ao primeiro andar pero sen facer moito ruído”.

Ás 20:00 horas
Primeiro andar do Mercado municipal, Pontevedra 
Dragón d'ouro

“O dragón de Ouro” 

7

Xoves/Novembro

Concello de Pontevedra

‘O Dragón de Ouro’     Compañía: Sarabela Teatro  
   Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa, a un mozo chinés dóelle moito unha moa na cociña do restaurante de comida rápida O Dragón de Ouro. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. Os compañeiros deciden arrincarlla. O mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

O mozo chinés morre desangrado na cociña do restaurante. Os seus colegas envólveno nun tapiz e tírano ao río, que o leva á súa casa, ata a China, imaxinando o seu derradeiro soño…

Texto orixinal: Roland Schimmelpfenning. Duración: 70 min

 Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra 
plumazos

“Plumazos” 

8

Venres/Novembro

Fundación Cuña- Casasbellas

A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, ten a satisfacción de invitarlle á presentación do facsimil “PLUMAZOS” de Ricardo Mella, con Iria Sorpresa y Dani Palleiro.  O acto terá lugar, en Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) o venres, 8 de novembro, ás 19:00h, con entrada libre e de balde ata completar aforo.

Interveñen: Iria Sorpresa (Comando RM) e Dani Palleiro (Edit. Bastiana)

Ás 19:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra 
exposición pintura Lorem

“Lorem” 

8

Venres/Novembro

Liceo Casino

𝗗o 𝟰 𝗮o 𝟮𝟬 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿o a sede de Manuel Quiroga acollerá a ‘Exposición de Pintura de Lorem’
A inauguración da mostra terá lugar o día 8 de novembro ás 19:00 h.
Desde moi temprana idade, LOREM sente unha especial atracción pola pintura e o debuxo.
No ano 1995 retoma os seus estudos de arte perfeccionando, durante dous anos, as técnicas de óleo e acuarela.
Será a partir de aquí, cando LOREM, tras innumerables mostras de aprobación decidirá volver a mostrar as súas creacións, nun primeiro momento na sua cidade natal, nos meses de xuño e agosto de 1997 e xa posteriormente por parte da nosa xeografía nacional.
Sala de Exposicións. Entrada libre
Aforo limitado
Ás 19:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra 
Pepe Müller

“Pepe Müller” 

8

Venres/Novembro

Libraría Paz

O escritor Pepe Müller autor visítanos para presentar o seu novo libro editado por @plazayjanes
Conversará con Ismael Olvera
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
Jose Benito Otero Baena

“Jose Benito Otero Baena”

8

Venres/Novembro

Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’, que terá lugar o venres 8 de novembro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).

Do 8 de Novembro ao 19 de Xaneiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
coco pimentel

“Coco Pimentel” 

8

Venres/Novembro

Granero Delmás

Exposición de Coco Pimentel “Desfeita” no Granero Delmás

Inauguración o venres 8 de Novembro ás 19:30 horas.

Desde o 8 ata o 30 de Novembro

Ás 19:30 horas
Granero Delmás. Pontevedra
Hijos de los hombres

“Fillos dos homes” 

8

Venres/Novembro

Vicerreitoria

Hijos de los hombres” de Alfonso Cuarón. Reino Unido 2006

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Fillos dos homes (2006), de Alfonso Cuarón, nunha nova sesión do ciclo de cinema de outono Sobre vivir. Promovido pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, oito proxeccións integran unha programación que afonda na capacidade do cinema para ilustrar a relación entre o ser humano e o medio ambiente.

Ás 20:00 horas
Casa das campás. Pontevedra
Mentiras inteligentes

“Mentiras inteligentes” 

8

Venres/Novembro

Afundación

Mentiras inteligentes 

«Disparatada e hilarante comedia na que se formula, entre outras cousas, a seguinte reflexión: Que precisamos para ser felices?»
Alicia intúe que o seu marido lle oculta algo sobre o seu fillo… Decidida a armar o crebacabezas, convida o seu fillo e a súa nora a cearen, e desencadéase o caos. Intentando buscar a verdade, destaparanse unha serie de confesións maiores que ninguén esperaba…
Ás veces, non estamos a gusto coas cartas que nos tocaron na vida e miramos de buscar outras: outra casa, outro coche, outro amante, outro cabelo… Mais esta opción sempre nos remata por levar á insatisfacción e, por riba, obríganos a mentir para evitar o desastre… Quen non mentiu algunha vez?

DIRECCIÓN: Raquel Pérez

Mercar entradas

Ás 20:30 horas
Afundación. Pontevedra
o sindrome de lis

“O síndrome de Lis”

8

Venres/Novembro

A Pedreira

Espectáculo de teatro.

Chegados aos 36, Lis Lúa mira cara ao seu desastroso pasado con tenrura: superados os seus problemas de autoestima por fin consegue o soño de ser actriz nunha serie de éxito e a vida sorrille. Deixou atrás os seus medos e os seus complexos que a atormentaron desde pequena e creceu como larva que se converte en bolboreta. Pero unha mensaxe dunha hater adolescente no seu perfil de Instagram abre unha brecha moito máis profunda na súa recentemente lograda confianza e está a piques de tirar pola borda as súas expectativas.

Ás 21:00 horas
Centro social A Pedreira. Pontevedra
etiqueta negra

“Etiqueta gourmet” 

9,10,11

Sábado, Domingo, Luns/Novembro

Concello de Pontevedra

Coa intención de poñer en valor e consolidar a imaxe do sector da alimentación gourmet, o Concello de Pontevedra organiza unha feira profesional que abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.

Todo o día
Recinto Feiral, Pontevedra
ensemble

“Ensemble Groba Galicia anterga” 

9

Sábado/Novembro

Concello de Pontevedra

Ensemble Groba ofrece en concerto as obras Nerios e Presamarcos do ciclo etnográfico Galicia Anterga, do compositor Rogelio Groba (1930-2022). Completa o programa a obra Trío para violín, violoncelo e piano, de Enrique Granados(1867-1916). As composicións deste ciclo reflicten profundamente a riqueza etnográfica e histórica de Galicia e son exemplos significativos da capacidade de Rogelio Groba para capturar a esencia cultural da súa terra natal.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Milla pola diabete

“Milla pola Diabetes” 

10

Domingo/Novembro

Concello de Pontevedra

Móvete pola diabetes con @anedia_galicia !
Xa está aquí a XI MILLA un ano máis en PONTEVEDRA
Este ano cunha novidade, unha proba de 500 metros popular para todos a partir dos 10 anos, así que non podes faltar!
Axudádenos a poñerlle cara a unha enfermidade que está ahí, convivindo con nós, e coa que conviven máis de 1200 menores e moitos miles de familias en Galicia.
Con probas populares para todas as idades e tamén con probas para federados!
Inscripcións: POPULARES: FEDERADOS
Dende as 10.30, reparto de dorsais dende as 9.30
Pistas do CGTD de Pontevedra, estadio da xuventude
nex exposición

“Next to reality” 

25

Venres/Outubro

Facultade de Belas Artes

O espazo expositivo O Abrigo, da Facultade de Belas Artes, acolle a exposición Next to reality, que reúne os resultados do taller impartido neste centro polo artista Grzegorz Wnęk, profesor da Academia de Belas Artes de Cracovia. A mostra reúne os cadros realizados polas estudantes Tete Casas, Noela Paz, Mónica Pérez Gregorio, María Rodríguez Hervás e Lucía Villar, o alumno Ismael Prieto e as egresadas Lúa Gándara e Arantza Pardo, no marco dun obradoiro no que debían reinterpretar unha representación da realidade, incorporando texto e novas imaxes.

A exposición pode visitarse ata o 8 de novembro en horario de 8.30 a 19.45 horas

Do 25 de outubro ao 8 de Novembro
Sala o abrigo da Facultade de Belas Artes Pontevedra.
Vento

“Vento” 

25

Venres/Outubro

O 25 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova “infiltración” na colección. ‘Vento’, de Alberto Baraya.
Comisariada por Iñaki Martínez Antelo.
Inauguración 19:30 no Museo de Pontevedra
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
exposición Miras

“Miras” 

18

Venres/Outubro

” É uma sinfonia que habita entre o espaço e o tempo, entre a variedade e a semelhança, procurando unir-se num todo fragmentado em vários episódios que querem transmitir e comunicar através de linhas, ligações, misturas, manchas, o possível e a reflexão, que se abre para mais um trabalho que nos estimule a seguir uma comunicação que se estende no tempo, de forma transitória e constante. “
“Miras” Elena Díaz liljestrom
Informaçom de contato, exposiçom e vendas.
Instagram: @elenalilliestrom Facebook: Aneli Zaid  E.mail: eledilil@gmail.com 
Do 18 de outubro ao 1 de Decembro 2024
Centro social A Pedreira, Pontevedra
ultramarinos

“César Gabler” 

10

Xoves/Outubro

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Ultramarinos Seoane, do artista chileno César Gabler, profesor na Facultad de Arte da Universidad Finis Terrae de Santiago de Chile. Comisariada polo artista e docente da Facultade de Belas Artes Nono Bandera, a exposición reúne un conxunto de pezas coas que Gabler propón unha relectura da produción visual do artista galego Luis Seoane, a partir de aspectos vinculados ao exilio, as vangardas e a cultura popular da época.

Trátase da primeira exposición de Gabler en España, que poderá contemplarse na sala de exposicións do campus de Pontevedra ata o 22 de novembro.

Do 10 de outubro ao 22 de Novembro 2024
Facultade de Belas Artes Pontevedra
simultánea

“Simultánea” 

9

Mércores/Outubro

Afundación

Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.

Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.

Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.

Do 9 de outubro ao 25 de Xaneiro 2025
Café moderno, Pontevedra
Fuxan os ventos

“50 anos de historia”Fuxan os ventos” 

18

Mércores/Setembro

Concello de Pontevedra

Exposición itinerante ‘Fuxan os ventos. 50 anos de historia’ 

A inauguración será o vindeiro mércores día 18 de setembro ás 19 horas.

Trátase dunha iniciativa que pon en valor a unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través dunha ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos.

Creanse tamén dúas instalacións sonoras para que o espectador profundice en dous aspectos fundamentais en ‘Fuxan os Ventos’: por un lado o traballo de recollida da tradición oral e o proceso de transformación destas pezas e, por outro, o traballo coral de voces que caracteriza ao conxunto.

Do 19 de Setembro ao 13 de Novembro 
Pazo da Cultura. Pontevedra
Blanco cicerón

“Ricardo Blanco Cicerón” 

12

Xoves/Setembro

O 12 de setembro, inaguróuse a exposición ‘O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón. Do coleccionismo ao Museo’, no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

Esta mostra, que estará aberta ata o 10 de novembro, ofrece unha visión única sobre Ricardo Blanco Cicerón (Tui, 1844 – Santiago de Compostela, 1926), unha figura clave para a historiografía da arte en Galicia.

A exposición contará con pezas nunca antes vistas, incluídas xoias protohistóricas, moedas, medallas e documentos medievais, ademais de mobiliario orixinal e outros obxectos históricos. 

Do 12 de setembro ao 10 de novembro 2024
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

Xa podes anotarte

Oscar Avendaño<br />

“Conversas do 1ºandar: “Oscar Avendaño” 

14

Xoves/Novembro

Concello de Pontevedra

‘Conversas do primeiro andar’ unirá até finais do mes de novembro “música, literatura e o gusto por un bo viño”

20:00 h. Presentación do libro ‘Lo tengo en vinilo’ de OSCAR AVENDAÑO

Conversación Viños con Personalidade PABLO VIDAL. Modera Carlos Crespo. Showcase Oscar Avendaño

Trátase de “unha proposta innovadora, na que falaremos de libros que pivotan ao redor da música” e tamén de viños, cos que “lembrar que estamos nun mercado, un punto de venta de produto fresco e de calidade”

Todo iso con acceso “libre e gratuíto” coa intención de “darlle movida ao primeiro andar pero sen facer moito ruído”.

Ás 20:00 horas
Primeiro andar do Mercado municipal, Pontevedra 
o esquecemento de hoxe

“O esquecemento de hoxe” 

15,16

Venres, Sábado/Novembro

Concello de Pontevedra

O esquecemento de hoxe’ e o título das xornadas previstas para abordar diversos aspectos aínda sen resolver sobre a memoria histórica.

O evento, que se desenvolverá no centro social do Gorgullón, reunirá a destacados especialistas na materia para analizar cuestións como o Patronato de Protección á Muller, a situación do pobo saharaui ou a transmisión de ideas fascistas nas redes sociais.

Inscrición

Venres de 16.15 a 20h. e sábado de 10.00h. a 13.30h
Centro social do Gorgullón, Pontevedra 
Moncho Borrajo

“Moncho Borrajo” 

16

Sábado/Novembro

Afundación

Moncho Borrajo despídese dos teatros cun último espectáculo. “Se acabó”  son 90 minutos de humor con algún dos seus mellores textos, cousas novas e un final dos que só Moncho Borrajo sabe facer. Goza por última vez co cómico co que empezou todo nun show cargado da ironía que sempre caracterizou ao xenial artista galego, momentos tenros e moita ….dozura.

Mercar entradas

Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
pardomino

“El bosque salvaje de Pardomino” 

22

Viernes/Novembro

Venres 22 de novembro a partir das 19:00h no Teatro Principal de Pontevedra: “El bosque salvaje de Pardomino“, non a perdas!!
 ENTRADA GRATUITA!!
No marco das VII Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade organizadas pola Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural 
 Inscricións
Máis info:  
— con Bicho Producciones.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra 
xornadas

“Morcegos e parques eólicos” 

23

Sábado/Novembro

Morcegos e parques eólicos“, unha interesante charla a que impartirá Manuel Arzúa Piñeiro o vindeiro sábado 23 de novembro no marco das VII Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade organizadas pola Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural 
 Inscricións: Máis info
Ás 19:20 horas
Escola de Inxeñaria Forestal, Pontevedra 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥