reciclaxe

“Destrezas para a costura e a reciclaxe” 

5

Luns/Febreiro

Clases de destreza para a costura e a reciclaxe en Boa Vida, inclusión activa.
Actividade gratuita, prazas limitadas
Todos os luns de 09:30 a 13:30 horas
Actividade do 29 de xaneiro ata o 25 de marzo
De 09:30  a 13:30 horas
Rúa Echegaray 10 2esq, Pontevedra
taller nutricion

“Falando de nutrición” 

6

Martes/Febreiro

*Novo obradoiro sobre Nutrición en Pontevedra* 
Impartido por Paula Castrillo, nutricionista do Sergas.
Pautas nutricionais en procesos oncolóxicos orientados a diagnosticad@s e familiares
 *Martes 6 de febreiro ás 17h*
 Rúa Benito Corbal n47, 3 planta “Sala de reunións”, Pontevedra
 Inscríbete aqui, prazas limitadas

 Máis información: 986307158/629945925

Ás 17:00 horas
Rúa Benito Corbal 47 3ª planta, Pontevedra
taller de declamación

“Taller de declamación” 

6

Martes/Febreiro

 A nosa compañeira, Ana Corzo, artista, poeta e directora do grupo de teatro “Degaro” de Pontevedra, comezou a impartir na Sala VerSus os talleres de “A Declamación e Artes escénicas”. Os talleres realízanse os martes pola tarde. Para maior información sobre o horario e prezo, poñerse en contacto a través das redes

Facebook@Ana Corzo357

Instagram @anacorzo.arte

correo electrónico belcorzos@gmail.com

De 18:00 a 19:30 horas
Fundación Cuña Casasbellas, Pontevedra
saúde mental

“Por que é urxente falar de saúde mental?” 

6

Martes/Febreiro

Ateneo Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia Por que é urxente falar de saúde mental?, impartida polo psiquiatra Víctor Pedreira Crespo.
O acto terá lugar o vindeiro martes, 6 de febreiro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
incrible pero certo

“Incrible pero certo” 

6

Martes/Febreiro

INCRIBLE PERO CERTO, Incroyable mais vrai
Dir. Quentin Dupieux
Francia, 2022, 70 min., VOSE
Esta é a historia dun soño feito realidade. O matrimonio formado por Alain e Marie atopou a casa dos seus soños. Malia as advertencias do seu axente inmobiliario sobre o que ocorre no soto, non dubidan en mercala. Aos poucos, Marie irase facendo adicta a adentrarse na planta baixa do seu novo fogar, mentres que a Alain non lle interesa o máis mínimo. Xuntos debaten sobre se compartir o segredo do lugar cos seus veciños ou gardalo só para eles. Unha divertida e excéntrica comedia instalada nas portas da ciencia ficción, que reflexiona sobre a obsesión da sociedade actual por non envellecer e se burla dos clixés da feminidade e masculinidade tóxicas.

Mellor Guión en Sitges 2022. Berlinale Special 2022

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Rebumbio poético

“Rebumbio poético:Gloria Fuertes” 

6

Martes/Febreiro

Convocamos a nova edición do REBUMBIO POÉTICO para celebrar a Gloria e falar sobre o amor e o desamor. Vémonos o martes 6 de febreiro ás 21:10 en @laverbenaclub_ para homenaxear a Gloria Fuertes, para falar, máis ben, sobre a capacidade de amar, a construción do amor e o compromiso coa sensibilidade. Vinde! Vinde a brindar con nós, pola Patrona de los Amores Prohibidos, Gloria Fuertes, Una mujer de verso en pecho!<<También tengo días buenos, días en que el Hado está a mi lado, acaban de nombrarme: “Virgen de los Versos, Patrona de los Amores Prohibidos” la juventud del barrio.>>

Ás 21:10 horas
A verbena, Rúa Charino 29, Pontevedra
Augal

“Augal” 

7

Mércores/Febreiro

A Facultade de Comunicación acolle, no seu plató de cine, unha nova sesión da décimo terceira edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Dedicada ás curtametraxes, proxectarase Antes de que se poña o sol, que será presentada por Nani Matos e Andrea VarelaA entrevista, coa participación do seu director, Fernando Tato; e Amanece la noche más larga, da man dos directores Carlos Fernández de Vigo e Lorena Ares

Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra
arte contemporáneo

“A arte contemporánea e o traballo…” 

7

Mércores/Febreiro

Ateneo Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro A arte contemporánea e o traballo por proxectos. Propostas dende a docencia, de Silvia García González, editado polo Servizo de Publicacións da UVigo.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 7 de febreiro, ás 19:30 horas, na librería Metáfora. A autora estará acompañada por Xaime Toxo.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Librería Metáfora, rúa Charino nº 9, Pontevedra
Carlos e Raquel en Paz

“Carlos Negro e Raquel Senra” 

7

Mércores/Febreiro

Carlos Negro e Raquel Senra serán protagonistas do Teñamos a poesía en Paz de febreiro.
Conversarán con Lara Dopazo Ruibal

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
curso de arte

“Tirando do fío” 

7

Mércores/Febreiro

As prendas e complementos icónicos de exipcios, gregos e romanos, a simboloxía das cores no téxtil, a convivencia e separación da maneira de vestir de ambos sexos, a propaganda dos Austria e da Corona francesa a través da roupa…

O curso ‘Tirando do fío’, impartido por Carolina Munáiz, revelará como a arte de cada época captou con mestría atributos e hábitos, desde o antigo Exipto á Revolución francesa.

Cada mércores ás 19:00 h a partir do 31 de xaneiro, no Edificio Castelao.

Acceso libre. As persoas que queiran certificado de asistencia deben inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal.

De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Doce pasos

“Doce pasos” 

8

Xoves/Febreiro

 O teu propósito de Ano Novo é sair a camiñar e facer máis exercicio físico o aire libre ?? Pois esta é a túa actividade. Ven a camiñar con nós
 Todolos Xoves ás 10:00 horas.  Praza de España, Pontevedra

Preciso a inscrición para a primeira vez (non é preciso acudir tódolos xoves) 
 Máis información: 986307158/629945925
 Actividade de Baixa esixencia. Actividade gratuita

Ás 10:00 horas
Praza de España, Pontevedra
rutas saudables aecc

“Rutas saudables” 

8

Xoves/Febreiro

Comezamos o ano con novos propósitos  e poñemos en marcha as Rutas saudables en Pontevedra.
Haberá dous grupos os xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas.
Reserva a túa praza no teléfono gratuito 900 100 036 ou de maneira presencial na sede de Eduardo Pondal 64A Baixo Pontevedra
Xoves ás 10:30 e ás 17:00 horas
Praza de Galicia, Pontevedra
ceramica e viño

“CulinArt” 

8

Xoves/Febreiro

Comeza a 1ª sesión de Planes CulinArt en Pontevedra 
Sí, como o les, ahora terás un planazo na túa cidade e non terás excusas para quedarte na casa.
Unha noite creativa, disfrutona con viños, aperitivos e coñecendo xente nova
Na 1ª sesión teremos un taller de cerámica coa elaboración da túa propia peza (inclue materiais e cocción)
 Entrada: 65€/persona (IVA incluido). Mándanos un privado para + info ‼️

Ás 20:00 horas
Patio de Valle Inclán, rúa Isabel II nº16 Pontevedra
Xornalismo

“Xornalismo con perspectiva” 

8

Xoves/Febreiro

É o xornalismo un ámbito idóneo para a loita feminista? Pode a escritura xornalística abrir debates e poñer o foco no empoderamento feminino? Arredor destas cuestións falarán as periodistas Fernanda Tabarés e Joana Bonet Camprubi nunha nova sesión do ciclo #escriturAs. A conversa estará moderada por Sara Carreira, da asociación Xornalistas Galegas. Coordinan a actividade Inma López Silva e Xina Vega.
Ás 18:00 horas
Casa das Campás de Pontevedra
iribarne

“Iribarne” 

8

Xoves/Febreiro

IRIBARNE é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só un aniño -coincidindo con inauguración da ditadura de Primo de Rivera- tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharel coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid -seguindo o rastro doutro galego ilustre- nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como o que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.

Mercar entradas 

Ás 20:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
ioga

“Clases de ioga” 

9

Venres/Febreiro

Clases de Ioga en Boa Vida, inclusión activa.
Actividade gratuita, prazas limitadas
Todos os venres de 12:00 a 13:30 horas
De 12:00  a 13:30 horas
Rúa Echegaray 10 2esq, Pontevedra
She. El primer amor

“SHE. El primer amor” 

9

Venres/Febreiro

Presentación do libro SHE. El primer amor de Jose María Enríquez.

Unha capital de provincia, década dos oitenta. Unha nova era comeza para aqueles mozos que gozan do alcol, as drogas e o sexo. Carreiras de coches suicidas, motos e mil e unha aventuras cos colegas. Juanma, cunha madurez impropia para a súa idade, cría que a súa vida era completa nesas noites de desenfreo; onde os cigarros, os cubalibres e as relacións esporádicas eran un aliciente para seguir.

Entrada de balde

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Nadia Otero

“Nadia Otero” 

26

Venres/Xaneiro

O 26 de xaneiro ás 19h inauguramos a exposición de Nadia Otero, ‘Do Lerez ao Tambre’! Ven a gozar da peregrinaxe desde Pontevedra ata Santiago nun relato pictórico. Nadia, orixinaria do Grove, recrea a experiencia simbólica de Galicia con pinceladas en óleo. Esperámosche para mergullarche nesta cativadora travesía artística!

Do 26 de xaneiro ao 20 de febreiro
Galeria Tangram Pontevedra
Do final e do comezo

“Do final e do comezo” 

9

Martes/Xaneiro

Nova edición da exposición ” Do final e do comezo“. Este proxecto amosa o final dun ciclo para abrir portas a novas experiencias, retos e camiños. 
Vos convidamos a experimentar e compartir unha nova conversa dende a Arte Contemporánea. Agardamos a desfrutedes

Organiza: @pontevedrate @pazodacultura @facultadebelasartes @universidadedevigo
Comisariado: @alexandrarrey
Coordinación técnica, comunicación e deseño gráfico: @vacio_cero

Ata o 11 de febreiro 2024
Pazo da cultura, Pontevedra
sala manuel Moldes

“Manuel Moldes” 

30

Xoves/Decembro

 A Fundación Manuel Moldes é xa unha realidade, tras abrir as súas portas este xoves na que será a súa sede, no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra,  ocupará a oitava planta do edificiopor un periodo mínimo de 20 anos, segundo foi acordado coa Consellería de Cultura.

Trátase dun novo faro cultural na Boa Vila que,  terá un papel máis que vai máis aló de manter viva a obra e memoria de Moldes.

O novo espazo da Fundación Manuel Moldes estreouse coa exposición ‘Misterio + luz = Pintura <-> Vida’, unha mostra de carácter antolóxico ao redor da obra do pintor pontevedrés.

Poderá visitarse ata o 30 de marzo de 2024.

Ata o 30 de marzo de 2024
Edificio da Xunta de Galicia 8ª planta, Pontevedra
exposición Baltic Chain

“Baltic Chain project” 

14

Xoves/Decembro

A Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle, entre o 14 de decembro de 2023 e o 29 de marzo de 2024, a exposición Baltic Chain Project, na que se presentan un conxunto de fotografías sobre a chamada Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 nos estados de Estonia, Lituania e Letonia, que por aquel entón formaban parte da Unión Soviética.

Inserida nas actividades divulgativas dun proxecto europeo, a mosta arrancou en decembro exhibindo unha serie de escolmas da cadea en Estonia e irá mudando nos sucesivos meses para mostrar imaxes desta mobilización en Letonia e Lituania.

Do 14 de Decembro ao 29 de Marzo 2024
Facultade de Dirección e Xestión Pública Facultade de Comunicación. Pontevedra
Formas de atrapar unha sombra

“Formas de atrapar unha sombra” 

22

Mércores/Novembro

Na sala universitaria Profesor Manuel Moldes inauguración da exposición “Formas de atrapar unha sombra” de Nono Bandera, Salvador Cidrás, Emilia Guimeráns e Maite Leyún.

Comisario: Marcos Covelo

A inauguración será ás 20:00 horas

Do 22 de Novembro ao 23 de febreiro 2024
Facultade Belas Artes, Pontevedra

Xa podes anotarte

unha inimiga do pobo

“Unha inimiga do pobo” 

22

Xoves/Febreiro

Teatro principal Pontevedra

“Unha inimiga do pobo” de Talía Teatro 

Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa. Embarazada de sete meses, afronta o seu novo estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.

Dirixida por Tito Asorey a partir do texto de texto de Henrik Ibsen conta no seu elenco con Marta Lado Dani Trillo, María Ordóñez, Toño Casais, Rubén Prieto Marta Ríos, Diego Rey, Xurxo Barcala e Artur Trillo.
Duración 90 min.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥