“Exposición da asociación Artístico-Cultural”
7
Mércores/Xaneiro
Liceo Casino
A Asociación Artístico Cultural de Pontevedra inaugura á súa exposición colectiva o dia 7 de xaneiro e clausura o ciclo coa presentación de Zarzuela, síntese ilustrada, o día 27 de xaneiro. A Asociación Artístico Cultural de Pontevedra organiza durante o mes de xaneiro de 2026 unha serie de actividades culturais que combinan artes plásticas, música e divulgación. Inauguración da exposición o día 7 de xaneiro ás 20:0 0h, e a continuación ás 20:30 h. conferencia sobre o compositor galego e neno prodixio José Arriola. -O GRAN DESCOÑECIDO- a cargo de Julia M.ª Dopico Vale e Piñeiro (Compositora, intérprete, escritora e investigadora musical) Clausura o día 27 de xaneiro ás 20:00 h. coa presentación do libro “ZARZUELA, SÍNTESE ILUSTRADA”, do profesor Manuel Rajal (Lucense, vinculado ao mundo artístico en vertentes plástica e musical) -Prólogo de Ainhoa Arteta e Nancy Fabiola Herrera- Presentado por: M.ª do Carmen Gago Florenti e Ana Julia Martínez Fariña. Actuación da soprano Dania D’alfonso
Entrada: Libre ata completar aforo
Ás 20:30 horas
Liceo Casino de Pontevedra
“Orquesta xoven da sinfónica de Galicia”
8
Xoves/Xaneiro
Afundación
Director: José Trigueros Solista: Álvaro Ferrer (clarinete)
VERDI: Abertura A forza do destino MOZART: Concerto para clarinete e orquestra na maior, K 622
TCHAIKOVSKI: Sinfonía nº 4 en Fa menor, op. 36
Recollida de entradas socios: Días 5 e 7 de xaneiro no local da Sociedade Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19,00 h.
Ás 20:30 horas
Auditorio, Sede de AFundación, Pontevedra
“Margarita Ledo”
9
Vénres/Xaneiro
Premios Feroz
AS MULLERES NO AUDIOVISUAL GALEGO.
O 9 de xaneiro ás 20:00 horas no teatro principal, proxección da película “Prefiro condenarme” encontro coa directora Margarita Ledo e a actriz Mónica Caamaño
Entrada libre ata completar aforo.
Ás 20:00 horas
Teatro principal de Pontevedra
“Majo Villar Ferreiro”
9
Vénres/Xaneiro
Liceo Casino
O 9 de xaneiro ás 20:00 horas o Salón Nobre será o escenario da presentación do libro “Cacharelas e marusías de pedra”, da autora Simpático Villar Ferreiro. A cita literaria contará coa participación de Xelasio Suárez Santiso, director-editor da editorial Ir Indo, así como de Aurora Corbacho Quintela, funcionaria do Concello de Vigo e exconcejala de Cultura e Urbanismo en Mondariz-Balneario. Ambos intervirán nun encontro que busca poñer en valor a obra e o seu contexto cultural. A presentación enmárcase dentro das actividades destinadas a promover a literatura e o diálogo cultural, ofrecendo ao público a oportunidade de coñecer de primeira man unha publicación que reforza o panorama editorial galego. Entrada libre ata completar aforo.
Ás 20:00 horas
Salón Nobre do Liceo Casino de Pontevedra
“O Quebranoces”
9
Venres/Xaneiro
Afundación
Ballet Clásico Internacional
Na víspera dun Nadal inesquecible, unha xove chamada Marie emprende unha travesía chea de maravillas e misterio. Acompañada polo Quebranoces, enfréntase ós ratos malvados, baila entre os copos de neve e finalmente chega ó Palacio Máxico. Alí, todos os xoguetes cobran vida e bailan nuha festa inolvidable.
Ás 21:00 horas
Auditorio, Sede de AFundación, Pontevedra
“Dictaduras mineras”
10
Sábado/Xaneiro
Defensa da ría
Próximo acto o 10 de xaneiro con Mai Costa e @sossuidoseixo sobre a minaría.
“Dictaduras mineiras” analiza cómo este modelo de producción xera desigualdade, discriminacion e exclusion, impoñendo unha cosmovisión que nega e desvaloriza outras formas de vida en armonía coa natureza.
Mai Costa, activista contra a megaminería dende 2008 e profesora de Historia, expón a problemática das comunidades afectadas e a imposición dun modelo extractivista que viola dereitos humanos coma o dereito a vida, a tierra, a agua e a diversidade cultural.
Ás 12:00 horas
Cervexaría Rula, rúa do Laranxo 25, Pontevedra
“María Quiroga”
10
Sábado/Xaneiro
Libraría Paz
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Escoitar a materia”
10
Sábado/Xaneiro
Facultade de Belas Artes
Ás 12:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“Innoppiah”
10
Sábado/Xaneiro
Ponteverde
Ás 13:00 horas
Ponteverde, Rúa do Gorgullón 55, Pontevedra
“Sorda”
10
Sábado/Xaneiro
Premios Feroz
Ciclo ‘Nominados Premios Feroz 2026
‘Sorda’ coloquio con Eva Libertad (directora) y Álvaro Cervantes (actor)
As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 2 entradas por persoa.
Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“MoOoM Atlántica”
10
Sábado/Xaneiro
C.S. A Pedreira
Concerto acústico: MoOoM Atlántica.
Proxecto musical que fusiona a música folclórica galega coa electrónica vangardista.
Ás 20:00 horas
C.S A Pedreira, Pontevedra
“Eloy Pascual trío”
10
Sábado/Xaneiro
Cervexa Nasa
Ás 20:00 horas
Nasantiña, rúa da Santiña 35, Pontevedra
“Molto Barroco”
11
Domingo/Xaneiro
Concello de Pontevedra
MOLTO BARROCO. Compañía: Píscore (Galiza)
Molto Barroco é unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro.
Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o rei encarga ao compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre os tres músicos de cámara, o rei, a súa prometida e, se cadra, futura raíña e o compositor. Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun bufón de actitude irreverente.
Espectáculo seleccionado para o certame Barroco Infantil do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2024
Comedia musical. Duración: 70 minutos
Ás 12:00 e ás 18:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Café Quijano”
11
Domingo/Xaneiro
Concello de Pontevedra
“MIAMI 1990” – XIRA 2026
“Miami 1990” é sorprendente! É un paseo polas lembranzas que marcaron o punto de partida da viaxe máis incrible de tres irmáns, a aventura de Café Quijano.
Estas cancións seguen os pasos, en forma e son, daquelas que definiron unha época con “La Taberna del Buda” (2001) e, máis tarde, a colección de historias contadas e cantadas no seu último álbum, “Manhattan” (2021).
Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“Gonzalo Varela”
26
Venres/Decembro
Deputación de Pontevedra
Exposición “Figuras, paisaxes e soidades“, de Gonzalo Varela. A mostra, protagonizada por debuxos, pinturas, figuras e retratos do artista, estará dispoñible ata o 18 de xaneiro na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.
A exposición de Gonzalo Varela contén debuxos, pinturas, figuras e retratos que nos levan a un mundo entresoñado que descobre a soidade do pintor e da xente. Hai nus masculinos e femininos con variadas poses e actitudes, e retratos de homes e mulleres de distintas idades, soas, de faces melancólicas, e ás veces atormentadas. Tamén as figuras vestidas son solitarias, porque o protagonista da mostra é o ser humano nun espazo sen relacións. Personaxes xélidos, estáticos e detidos no tempo, que Gonzalo Varela crea con óleo, co lapis acuarelable, coa plumilla ou coa nogalina dentro de paisaxes en distintos planos e cores frías.
Do 26 de decembro ao 18 de xaneiro 2026
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Sergio Ordóñez Grela”
21
Sábado/Decembro
Galería Tangram
Lo que el mar devuelve se transforma en arte.
Piezas hechas a partir de restos marinos que nos hacen pensar (y mirar dos veces).
Art Afterwork especial
Arte, buen ambiente y plan perfecto para desconectar después del curro.
Exposición de Sergio Ordóñez Grela
Decembro 2025
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra
“Debuxar coa Luz”
19
Venres/Decembro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Carlos Bravo”
17
Venres/Decembro
Carlos Bravo
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
“Cronofitti”
17
Mércores/Decembro
Mambo Gallery
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
“Elas crean”
15
Luns/Decembro
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a exposición Elas crean, conformada por unha serie de paneis informativos que abordan a traxectoria e obra de diferentes artistas plásticas, fotógrafas, cineastas e deseñadoras.Promovida polo Campus Crea, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a mostra percorre nestees meses diferentes centros do campus, podendo visitarse neste centro ata o 20 de Xaneiro 2026.
Do 15 de Decembro ao 20 de Xaneiro 2026
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Pontevedra
“Do final e do comezo”
12
Venres/Decembro
Facultade de Belas Artes
Do 12 de Decembro ao 11 de xaneiro 2026
Pazo da Cultura, Pontevedra
“Novas miradas”
11
Xoves/Decembro
KENTADA
Do 11 de Decembro
Rúa da Barca 14, Pontevedra
“Moldes dende a figura”
11
Xoves/Decembro
Fundación Manuel Moldes
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
“Heart of Gaza”
10
Mércores/Decembro
Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A exposición, a través dos debuxos das nenas e nenos de Gaza, ofrece unha visión íntima da realidade vivida da infancia nun xenocidio, representando tanto os horrores como os momentos de beleza, de recordos entrañables tinguidos de melancolía, de resiliencia e desafío, e de esperanza no futuro. A mostra amosa, a través da arte, a súa dor, a súa forza e tamén a súa esperanza.
Do 10 de Decembro ao 10 de Xaneiro 2026
Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola
“Alba Troiteiro”
4
Xoves/Decembro
Alba Troiteiro
Exposición de debuxos de Alba Troiteiro.
Ela dí de si mesma, “non sei definirme, estoume ensinando”
Mentras tanto, nun intento de debuxarme fixen unha recopilación de algunhas versions da miña persoa a través de ollos alleos.
Decembro 2025
Mímate rúa Real 13, Pontevedra
“Rebe Acierto“
3
Mércores/Decembro
Tábula Rasa
Exposición temporal na tabula Rasa. Pásate e desfruta da boa compañía e o bo rollo de este local. ” Kaldeirada” de Rebe Acierto.
Decembro 2025
Tábula Rasa, rúa Marquesa, Pontevedra
“Tato Heredia”
3
Mércores/Decembro
Taberna Parvadas
Exposición na Taberna Parvadas. de Tato Heredia. Se vos achegades pola Taberna Parvadas de Pontevedra, á parte de poder degustar unhas excelentes tapas e pratos podedes ver a magnifica exposición de cadros (acuarelas e óleos) de Carlos Heredia Calvo.
Decembro 2025
Táberna Parvadas, Pontevedra
“Bicos de cine”
3
Mércores/Decembro
Fundación Manuel Moldes
A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
“Bello Piñeiro“
27
Xoves/Novembro
C.S. A Pedreira
Do 27 de Novembro ao 27 xaneiro
C. S. A Pedreira, rúa Serra 36, Pontevedra
“Dúas ladeiras…”
20
Xoves/Novembro
Facultade de Belas Artes
Entre o 20 de novembro e o 20 de febreiro, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Dúas ladeiras da mesma montaña, promovida xunto co Centro de Arte Fundación María José Jove. Nela preséntase as obras desenvolvidas polos artistas Martín Llavaneras e Elena Jones á raíz da súa estadía na cidade mexicana de Guadalajara como beneficiarios da primeira convocatoria de residencias internacionais desta fundación.
Do 20 de novembro ao 20 de febreiro
Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes.
“Leopoldo Varela”
14
Venres/Novembro
Deputación de Pontevedra
Inauguración da exposición “A forza da cor” de Leopoldo Varela
A forza da cor foi a característica máis destacada da pintura de Leopoldo F. Varela (O Porriño, 1929-Vigo, 2007), como asina nos seus inicios. Pintor autodidacta, comezou a súa traxectoria como acuarelista, técnica coa que se deu a coñecer ao público en 1954 na sala Foto Club de Vigo e pola que en 1972 recibiu unha medalla de prata na Bienal de Arte de Pontevedra.
Do 14 de Novembro ao 11 de Xaneiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Comedy Wildlife”
28
Martes/Outubro
Inauguración da exposición “Comedy Wildlife”
A comicidade escondida na natureza chega ao café Moderno coa exposición «Comedy Wildlife. Premios de Fotografía». A mostra, foi desenvolvida e producida por Afundación, Obra Social de Abanca e organizada en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN) e a participación de Terra Espléndida.
Do 28 de Outubro ao 7 de Febreiro
Café Moderno Afundación, Pontevedra
“José Ruibal”
24
Venres/Outubro
Museo de Pontevedra
O 24 outubro o Museo abrirá unha exposición sobre o dramaturgo pontevedrés José Ruibal para conmemorar o centenario do seu nacemento. Con Xosé Enrique Acuña como comisario, a mostra afonda na vida e na obra de quen foi un dos máis sinalados representantes do teatro de vangarda en España no último terzo do século XX, cunha traxectoria que gozou de especial recoñecemento nos Estados Unidos.
Do 24 de Outubro ao 18 de Xaneiro 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
“Marta Pazos”
31
Xoves/Xullo
Museo de Pontevedra
Dalia é o título do proxecto que a artista Marta Pazos (Pontevedra, 1976) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, que ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo de Pontevedra.
Cada ano convídanse dous artistas a investigar e traballar coa colección, como unha maneira de fomentar a construción colectiva de aprendizaxes e incorporar progresivamente novas miradas e discursos ao museo, ofrecendo novas lecturas sobre os seus fondos.
Ata o 11 de Xaneiro 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Proximamente
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥