semana da filosofia

“Filosofía e alimento” 

6-10

Luns a venres/Abril

Aula Castelao de Filosofía

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.

A XLII Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 6 ao 10 de abril de 2026, baixo a epígrafe de “Filosofía e Alimento”.

O prazo de matriculación estará aberto até o domingo 5 de abril. Se queredes matricularvos podedes facelo dende esta ligazón: https://forms.gle/xEjkc1cg4weEUniw8

Do luns 6 ao venres 10 de abril
Pazo da Cultura, Pontevedra
exposición no casino

“Mercedes Nieto” 

6

Luns/Abril

Liceo Casino

O Liceo Casino acollerá na súa Sala de Exposicións do 6 ao 20 de abril, unha exposición pictórica de Mercedes Nieto (Mecha).

 A entrada libre e gratuíta.

Do 6 ao 20 de Abril
Liceo Casino, Pontevedra
los caballeros de la mesa cuadrada

“Los caballeros de la mesa cuadrada” 

7

Martes/Abril

Facultade de Belas Artes

Los caballeros de la mesa cuadrada 1975

Segunda película dos Monty Python, na que abordan a historia do lendario rei Arturo e dos seus cabaleiros que van á procura do Santo Graal.

Ás 19:00 horas 
Salón de actos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
performance

“Xornadas de performance” 

7-9

Martes,Mércores,Xoves/Abril

LuscoFusco Belas Artes

Xa temos datas para as xornadas de performance desta semana que vén!
Animadevos a vir e ver arte de acción de balde nas rúas de Pontevedra, ademáis de en @oabrigo.espazo

Desde ás 15:15 horas na rúa Real
Rúas de Pontevedra
charlas fisioterapia

“Párkinson e Fisioterapia” 

8

Mércores/Abril

A Asociación Párkinson Provincia de Pontevedra (Apropark) deseñou un completo programa con motivo do día mundial desta enfermidade neurolóxica, que se celebra o 11 de abril. 

O tema das Xornadas sobre a enfermidade de Parkinson é Abordaxe 360 e desenvolveranse entre os días 8 e 29 de abril.

O programa das xornadas Abordaxe 360, arrincará o 8 de abril coa mesa redonda Fisioterapia e párkinson, que correrá a cargo das especialistas do grupo Isaúde da Universidade de Vigo Iris Machado e Irimia Mollinedo, xunto a Jacobo Sineiro, coordinador de fisioterapia da asociación

Ás 17:00 horas
Sala de conferencias Afundación, Pontevedra
La planéte sauvage

La planéte sauvage” 

8

Mércores/Abril

Facultade de Comunicación

La planéte sauvage de René Laloux. Francia 1973

No afastado planeta Ygam viven unhas criaturas xigantescas chamadas “Draags” que han domesticado aos pequenos “Oms“, seres humanos que están a ser exterminados. Pero un Om consegue escapar…

Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
olladas musicais

“Olladas musicais” 

8

Mércores/Abril

Deputación de Pontevedra

Curso dirixido a público adulto interesado pola música clásica para promover o aprecio e a comprensión da música clásica a través de charlas interactivas e audicións comentadas de obras clave da historia da música.

Impartido por Sara Domínguez Lloria, titulada superior en Música na especialidade de Piano e con mestrados en Teatro e Artes Escénicas e en Dirección e Xestión de Centros Educativos, incluirá sesións con música en directo para traballar desde a apreciación musical.

Programa

  • 8 de abril. Música para o último limiar: obras que fixeron da morte a súa inspiración.
  • 22 de abril. Música con nome e apelidos.
  • 29 de abril. Voces inmortais: que esconden? (con música en directo).
  • 13 de maio. O piano: un instrumento universal.
  • 20 de maio. Manuel Quiroga: o violín atlántico que conquistou o mundo (con música en directo).
De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Llueve sobre itxaurrondo

“Francisco Hermida” 

8

Mércores/Abril

Liceo Casino

O 8 de abril ás 19.30 horas, terá lugar no Salón Nobre do Liceo Casino a Presentación do libro ‘Chove sobre Intxaurrondo. dos autores Juan Manuel Fernández Millán e Francisco Hermida Bouzas. A presentación será a cargo de Francisco Hermida. Unha novela baseada na operación máis importante da Garda Civil en territorio francés, considerada o inicio do fin de ETA.

 A entrada libre e gratuíta.

Ás 19:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra
Un viaje de diez metros

“Un viaje de diez metros” 

8

Mércores/Abril

Concello de Pontevedra 

Continuamos co festival de cine gastronómico no Mercado de Abastos!

Proxectamos: Un viaje de diez metros de Lasse Hallström

Los Kadam, una familia india con Papa (Om Puri) a la cabeza, se traslada al sur de Francia. Allí deciden abrir un restaurante enfrente de un lujoso restaurante francés de alta cocina con una estrella Michelín, regentado por la odiosa Madame Mallory (Helen Mirren).

Entrada libre ata completar aforo

Ás 20:00 horas
Mercado de abastos de Pontevedra
poetas como faiscas

“Dores Tembrás” 

9

Xoves/Abril

Deputación de Pontevedra

O ciclo Mulleres de Palabras regresa en abril cun obradoiro para ler poesía con Dores Tembrás, unha aproximación ao xénero para quen queira iniciarse ou atopar novas lecturas.
Catro sesións os xoves, de 19:30 a 21:00 horas
Inscrición en participa.igualdade@depo.es 

De 19:30 a 21:00 horas
Salón da Deputación de Pontevedra
Patricia Sánchez

“Patricia Sánchez” 

9

Xoves/Abril

Editorial Galaxia

Presentación do libro Trazo dobre de Patricia Sánchez, Editorial Galixia.

A autora estará acompañada de Cynthia Menéndez e Tamara Andrés

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
En cámara

“Viaxe pola música programática” 

9

Xoves/Abril

CMUS Manuel Quiroga

Sexteto de Prokófiev

Quinteto de schubert

Trío de Schumann

Dúo Bozza

Entrada libre ata completar aforo.

Ás 19:00 horas
Auditorio do CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra
Antolín Alcántara

“Antolín Alcántara” 

9

Xoves/Abril

Centro Social Gorgullón

Presentación de En memoria da nosa infancia, de Antolín Alcántara Álvarez
Participan: Antolín Alcántara Álvarez, autor,  Suso Seixo, sindicalista, Xabier Romero, editor
A obra establece unha ponte entre dúas xeracións —avós e avoas, netos e netas— para reflexionar sobre como mudaron o xogo, a imaxinación e a vida comunitaria nun mundo atravesado polas pantallas.
Ambientada nos últimos anos do franquismo, a novela reconstrúe unha memoria colectiva marcada pola represión do idioma galego, da sexualidade e das disidencias, mais tamén pola amizade, as travesuras e unha insubmisión silenciosa que atravesa toda a narración. Un exercicio de lembranza honesta que nos interpela dende o pasado para pensar o presente.
Ás 20:00 horas
C.S Gorgullón, Pontevedra
querida liberdade

“Xurxo Martínez” 

9

Xoves/Abril

A Pedreira

Presentación do libro “Querida liberdade” a cargo de Xurxo Martínez. Editorial Alvarellos
Ás 20:00 horas
C.S A Pedreira, Pontevedra
Feira de minerais

“I Feira de Minerais” 

10,12

Venres, sábado, domingo/Abril

Centro comercial A Barca

Após a Páscoa, rumamos a Pontevedra (Galiza) para a primeira edição da feira de minerais.
Dias 10, 11 e 12 de Abril, no Centro Comercial A Barca.
De 10:00 a 21:00 horas
Centro comercial A Barca, Pontevedra
Obradoiro de xabón

“Obradoiro de xabom” 

10

Venres/Abril

A Pedreira

Obradoiro de xabón, Sexta-feira 10, ás 17:30

Ás 17:30 horas
C.S A Pedreira, Pontevedra
poemario

“Poemarios Ilustrados” 

10

Venres/Abril

Librería Seijas

Coa primavera chega a nosa primeira cita do ano. O próximo 10 de abril ás 18:30h  na libraría Seijas @libreriaseijas en Pontevedra, presentaremos os poemarios ilustrados colectivos “Tequio” e “Zomalli”
Intervirán: Yamini @yaminisintilde (autora) e Augusto Metztli @a.metztli (editor)

Ás 18:30 horas
Libraría Seijas, Av. de Vigo, 13, Pontevedra
Costa atlántica

“MTB Costa Atlántica” 

10,12

Viernes, Sábado,Domingo/Abril

Deputación de Pontevedra

A COSTA ATLÁNTICA MTB TOUR, é unha competición por etapas de bicicleta de montaña. os participantes desfrutarán de 3 etapas: unha crono nocturna e dúas etapas maratón. A proba ten un formato CHALLENGE, o que quere dicir que cada etapa se disputa de forma independente, polo que aínda que un participante/parella non finalice algunha das etapas, poderán disputar o resto. Se un participante/parella, non finaliza unha etapa, na xenerala computarase na devandita etapa, o tempo do último participante/parella. Nesta edición, alén dos participantes nas 3 etapas, volverán poder inscribir participantes que queiran desfrutar da proba o último día e tamén a participación de Bicicletas Eléctricas. Os participantes enfrontaranse tanto de forma individual como por parellas en calquera das dúas modalidades. A proba comeza o venres 10 de abril de 2026 ás 20.00 cunha primeira etapa CRONO NOCTURNA en Pontevedra, segunda etapa desenvólvese o sábado 11, con saída ás 9.00 da mañá desde a localidade de Pontevedra, a terceira etapa ten saída o domingo 12 na localidade de Pontevedra ás 9.00 horas, dando por finalizada a proba. A competición dispútase segundo o regulamento técnico e deportivo da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).

Venres ás 20:00 horas, Sábado e domingo ás 09:00 horas
Praza de España, Pontevedra
taller xinecoloxía

“Taller de Xinecoloxía” 

11

Sábado/Abril

Inscríbete no noso novo taller “Xinecoloxía: Saúde íntima e hormonal na peri e menopausa”, impartido pola Dra. María Fernández, xinecóloga con mais de 15 anos de experiencia acompañando a mulleres en todas as etapas da súa vida. O seu enfoque combina coñecemento médico, tecnoloxía avanzada e, sobre todo, unha escoita activa e próxima. Está especializada en saúde hormonal, endometriosis, anticoncepción e menopausa, e o seu traballo céntrase en ofrecer un coidado personalizado que teña en conta tanto o benestar físico como o emocional. Será o sábado 11 de abril de 2026, ao 11.00 h no Pazo da Cultura (Pontevedra). As prazas son limitadas e o taller é gratuíto. Podes inscribirte neste link 
Ás 11:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
taller tapiceria

“Taller de Tapicería” 

11

Sábado/Abril

Tangram

Como sabemos que much@s quedastes sen praza no Taller de Iniciación á Tapicería con @marola_outravacanomillo … temos boas noticias! Despois do éxito da última edición, volvemos abrir nova data para repetir esta experiencia tan especial: 11 de abril ás 17!!!! Se cho perdiches, agora é a túa oportunidade de sumarche, aprender e desfrutar dunha tarde diferente Escríbenos por mensaxe directa ou contacta coa galería para reservar a túa praza. Vémonos pronto entre teas, ferramentas e moita inspiración!
Ás 17:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra
andaina

“Andaina solidaria” 

11

Sábado/Abril

 O 11 de abril realizarase en Bueu unha Andaina solidaria polo día Mundial do Parkinson, a saída será ás 10.30 do Concello de Bueu. A inscrición é de 10€ e está incluída unha camiseta. A continuación hai un formulario para a inscrición. O pago debe realizarse por Bizum ao 13312 e dar aviso do mesmo por WhatsApp a 647421254. Recollida camisetas e dorsais: De luns a venres na sede de Bueu de Asociación (Montero Ríos 18) de 9.00 a 13.30 (ata o 9 de abril). O día 10 de abril na Praza Ourense (Pontevedra) de 11.00 a 19.00. O día 11 de 10.00 a 10.30 no Concello de Bueu. Máis información: 647421254

Ás 10:30 horas
Bueu, Pontevedra
Taller de gravado

“Taller de grabado” 

11

Sábado/Abril

Alquimia

NOVO TALLER PARA NIÑ@S!! Nosas profes @mariaanvecino e @carmengomezcortes prepararon un taller súpers chulo para que os máis pequenos poidan ter a súa primeira toma de contacto coa técnica do gravado Durante o taller aprenderán a técnica do LINOCUT onde crearán os seus propios deseños,os entintarán e imprimiranos en papel para levar as súas obras a casa.

PRAZAS LIMITADAS Info e reservas 654 13 16 17 (WhatsApp) Sábado 11 de abril 11 a 13 45€ / 40€ (prezo especial alumnos alquimia) Material incluído!

De 11:00 a 13:45 horas
Alquimia, Praza de Barcelos 12, Pontevedra
Vigo en 3 paisajes

“Manuel Lueiro Rey” 

11

Sábado/Abril

Editorial Elvira

Lueiro Rey, Vigo en tres paisajes de Editorial Elvira.

Con Ramón Rozas e Armando Requeixo.

Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
corta el cable rojo

“Corta el cable rojo” 

11

Sábado/Abril

Afundación

Prepárate para mergullarte nunha experiencia teatral que fixo rir sen parar por centos de miles de espectadores durante 12 anos na Gran Vía de Madrid. “Corta el Cable Rojo” é unha comedia excepcional que se gañou o corazón do público co seu enxeño, humor contaxioso e números cómicos espectaculares. A fórmula infalible de “Corta el Cable Rojo” combina música cativadora creada en directo e proxeccións cegadoras, o talento dos actores e un formato irresistible para crear unha experiencia teatral única e emocionante. Cada número cómico é un malgaste de creatividade e humor que mantén ao público nun estado de alegría e asombro constante.

Ás 19:00 horas
Auditorio da Afundación, Pontevedra
A penúltima

“Carlos Blanco” 

11

Sábado/Abril

Con tres pés

A PENÚLTIMA. Porque nunca se sabe.

Carlos Blanco bota a penúltima.

Porque o tempo pasa e … Carlos chega agora con imaxes, con historias novas e vellas pero sempre coas risas garantizadas.

70 minutos con Carlos son sempre breves, divertidos, sanadores … Imprescindibles.

A PENÚLTIMA chega este ano e xa veremos despois o que pasa.

Ás 20:30 horas
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
copa feminina

“Gran premio cidade de Pontevedra” 

12

Domingo/Abril

Concello de Pontevedra

O Gran Premio Cidade de Pontevedra 2026 é unha carreira ciclista feminina integrada na Copa de España Mulleres Cofidis e organizada baixo a supervisión da Real Federación Española de Ciclismo. A súa condición de proba puntuable dentro deste calendario oficial sitúa o evento no máximo nivel competitivo estatal na súa categoría, o que garante a participación de equipos e deportistas procedentes de distintas comunidades autónomas. A edición terá lugar o 12 de abril de 2026, con saída e meta na cidade de Pontevedra, e percorrerá tamén Marín, alén de incluír a ascensión ao alto da Porteliña.
Participarán deportistas nas categorías cadete, júnior, máster 30, máster 40, máster 50, máster 60, elite e sub-23. O evento forma parte do calendario estatal de ciclismo feminino e contribúe á promoción e consolidación do deporte feminino no ámbito competitivo.

Desde as 09:00 horas
Praza de España, Pontevedra
Concerto de primavera

“Concerto de primavera” 

12

Domingo/Abril

Banda de música de Salcedo

O domingo 12 de Abril ás 18:30 agardámosvos no Pazo da Cultura de Pontevedra co noso Concerto de Primavera.
Este ano temos o pracer de contar co pianista Miguel Montes, non volo podedes perder
Ás 18:30 horas
Pazo da Cultura de Pontevedra
Arte pola xustiza

“Arte pola xustiza e a igualdade social” 

4

Sábado/Abril

Galería Tangram

A exposición “Arte pola xustiza e a igualdade social”, de @paint_inblck Monica Pérez, reúne unha serie de obras realizadas ao óleo que abordan, desde unha mirada sensible e profunda, cuestións fundamentais do noso tempo. A través desta técnica clásica, a artista constrúe composicións de gran expresividade, onde a materia, a cor e a luz convértense en vehículos de denuncia, memoria e conciencia social. Cada peza invita o espectador a unha contemplación pausada e a un diálogo coas realidades que nos interpelan como sociedade. Unha proposta artística que conxuga tradición técnica e compromiso contemporáneo.

Do 4 de abril….
Galería Tangram, Pontevedra
Joaquin Moldes

“Joaquín Moldes” 

24

Martes/Marzo

Deputación de Pontevedra

Con “A segunda vidaJoaquin Moldes quere convidar as e os espectadores a deterse e mirar máis aló do evidente. Interésalle reflexionar sobre eses mundos paralelos que nos rodean, que nos condicionan e que, aínda que ás veces invisibles, están máis preto do que imaxinamos. Traballa con materiais reciclados porque cre na transformación: na posibilidade de outorgarlle unha nova existencia a aquilo que parecía esgotado. A través de pinturas e esculturas, constrúe un universo simbólico onde os rostros, os corpos fragmentados e as figuras en tensión falan da dor colectiva, da identidade e tamén da resistencia. Esta exposición é, para el, unha chamada de atención, pero tamén unha porta aberta. Desexa que cada obra funcione como unha chave que nos conecte coa nosa conciencia e nos impulse a mirar cara a dentro. Porque sempre é posible unha segunda vida: na materia, na memoria e en nós mesmos. Inauguración ás 19:00 horas

Do 24 de marzo ao 12 de Abril
Palacete das Mendoza, Pontevedra
Unha mirada diversa

“Diversa” 

24

Martes/Marzo

Afundación

Desde Afundación, Obra Social ABANCA convidámoste á visita guiada inaugural da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación
DIVERSA,
a cargo da comisaria Matilde Rodríguez. 
Nesta exposición, achegamos a Pontevedra unha escolma das propostas máis representativas da ilustración actual. Exploraremos como a variedade cultural, a conexión coa nosa contorna e as experiencias persoais das e dos artistas, converxen para dar forma a un discurso visual que dialoga cos grandes retos e temas do noso tempo.

Do 24 de marzo ao 20 de xuño
Café Moderno, Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
Cando falo do corpo

“Cando falo de corpo

5

Xoves/Marzo

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Cando falo de corpo, que reúne as obras de 17 artistas galegos, conectadas pola idea de corporalidade. Coa investigadora e egresada da Facultade de Belas Artes Cora Novoa como comisaria, esta exposición busca promover un achegamento a prácticas diversas que comparten unha atención común ao corpo como lugar de experiencia, arquivo vivo e medio de relación.  

Na mostra preséntanse as creacións de Pablo Agma, Raquel Álvarez, Eva Antelo, Ángel Arias, Lara Castro, Noa Castro, Álvaro Chior, Lois Cid, Andrea Davila, Carlos Fer, Adrián G. Salgueiro, Ana Gesto, Marina González Guerreiro, Uxía González, Alba Mantilla, Mourae e Taro. Poderá visitarse ata o 24 de abril, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.

Do 5 de marzo ao 24 de Abril
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Ponteverde

“Carlos Bravo” 

17

Venres/Decembro

Carlos Bravo

Exposición de Carlos Bravo na tenda Ponteverde
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
Exposición na Fonda

“Cronofitti” 

17

Mércores/Decembro

Mambo Gallery

Exposición de Mambo Gallery no restaurante La Fonda Cronofitty
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
Expo n fundación Moldes

“Moldes dende a figura” 

11

Xoves/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Inauguración da exposición “Moldes dende a figura” o xoves 11 de Decembro ás 19:00 horas na sede da Fundación na rúa Benito Corbal 47.
Poderase visitar Xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas e sábado de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 11 de Decembro a 30 de Abril do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
Bicos de cine

“Bicos de cine” 

3

Mércores/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Pontevedra abraza a sétima arte! Novos Cinemas, Premios Feroz… e tamén “Bicos de Cine”.

A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Do 3 de Decembro ao 30 Abril 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra 
A Bela Otero

“A Bela Otero” 

4

Martes/Novembro

UNED

A Bela Otero
So dicir que houbo quen asegurou que ca súa influencia poderíase evitar a I guerra mundial e que ela foi: A Belle Epoque.
Exposición obra de Miguel Angel Martínez Coello
Do 4 de Novembro a Abril 2026
UNED, Pontevedra 

Proximamente

Bruner

“Emiliano Bruner” 

14

Martes/Abril

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a a charla “O mono esperto. Unha conversa con Emiliano Bruner sobre evolución humana e meditación” do biólogo Emiliano Bruner, presentada por Chema Heras.

O acto terá lugar o vindeiro martes 14 de abril ás 19:00 horas, na Casa das Campás.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
cronopios

“María Solar”

15

Mércores/Abril

Librería Cronopios

Presentación do libro de María Solar As malas ideas, a autora será entrevistada por Susana Pedreira

 Ás 19:00 horas
Cronopios,rúa Frei Xoán de Navarrete, 5, Pontevedra
Sabino Torres

“Sabino Torres” 

15

Mércores/Abril

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia arredor da figura de Sabino Torres, onde participan Gerardo Lorenzo, editor e analista e mais Ana Acuña, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, dentro do ciclo Figuras Pontevedresas.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 15 de abril ás 19:00 horas, na Casa das Campás.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥