Cafe

“Comparte un café”

7

Luns/Abril

Anedia Galicia

Este luns 7 de abril, de 10:00 a 12:00 h, estaremos na Casa Azul de Pontevedra (Sala Valdecorvos) para falar, escoitarnos e compartir vivencias arredor da diabetes tipo 1.
Un espazo seguro, tranquilo e acolledor no que poder charlar sen présas. Porque ás veces o que máis necesitamos é parar… e acompañarnos.
Actividade organizada por ANEDIA Galicia, co apoio da Deputación de Pontevedra a través do programa #SOMOSTIPO1PO e o Concello de Pontevedra.

De 10:00 a 12:00 horas
Casa Azul, Pontevedra.
Franco

“As sombras de transición…”

7

Luns/Abril

Ateneo de Pontevedra

  O Ateneo de Pontevedra organiza a palestra As sombras da Transición na Democracia Española na que intervirán Carlos Velasco Souto (profesor titular de Historia Contemporánea da Universida de de A Coruña) e Carlos Fernández Liria (profesor de filosofía na Universidade Complutense de Madrid, ensaísta, guionista, teórico do 15M).
O acto terá lugar o vindeiro luns 07 de abril, ás 19:00 horas, na Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9).
A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Casa dás campás, Pontevedra.
ELES NÃO USAM BLACK-TIE

“Eles não usam Black-Tie”

7

Luns/Abril

Cineclube Pontevedra

ELES NÃO USAM BLACK-TIE
Leon Hirszman, 1981, Brasil, 112 min., Brasil, VOSE
Lingua orixinal: portugués

Eles não usam black-tie achéganos aos conflitos, as contradicións e os desexos da clase traballadora brasileira de finais dos anos 70, durante a crise final da ditadura militar. Baseada na obra de teatro homónima de Gianfrancesco Guarnieri escrita en 1950, a película adopta unha narrativa realista que expón solucións antagónicas para a vida dos traballadores: a esperanza no colectivo fronte ás solucións individualistas. A trama constrúese de maneira conmovedora en torno ao conflito entre un pai militante que defende a acción colectiva e o seu fillo alienado con aspiracións pequeno-burguesas, reflectindo os efectos da loita pola supervivencia no seo dunha familia de clase traballadora.

León de Prata – Gran Premio do Xurado, premios Fipresci e OCIC no Festival de Venecia de 1981

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.
Faladoiros femisnistas

“Feminismo e Cultura” 

8

Martes/Abril

Concello de Pontevedra

Terceiro dos Faladoiros Feministas,  “Feminismo e Cultura”, que reunirá ás tres integrantes do grupo Tanxugueiras: Aida Tarrío, Sabela e Olaia Maneiro. O encontro, moderado pola xornalista Chus Gómez Dorrego, abordará as barreiras que enfrontan as mulleres dentro e fóra do ámbito cultural.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Sala multiusos do Teatro Principal, Pontevedra 
Auto de fe

“Weronika Siupka” 

8

Martes/Abril

Facultade de Belas artes 

A partir do día 8 e durante tres semanas teremos no Abrigo parte da obra de Weronika Siupka, unha exploración de como percibimos e habitamos o noso entorno a través da arte.

Inauguración ás 19 horas

Do 8 ao 29 de Abril 2025
Sala OAbrigo, Facultade de Belas Artes , Pontevedra 
Lo corporal en disonancia

“Lo corporal en disonancia” 

8

Martes/Abril

Galería Tangram 

Exposición de Rocío Lago e Lucía Rodríguez que invítanos a repensar o corpo explorando como o corporal se constrúe, se transforma e se dilúe.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Do 8 de Abril ao…
Galería Tangram, Pontevedra 
Suso Vaamonde

“Suso Vaamonde” 

9

Mércores/Abril

Librería Nobel 

Presentación do libro “Nova técnica de pandeireta galega” de Suso Vaamonde, músico e intérprete de instrumentos populares.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Librería Nobel, Pontevedra 
Lucia Estévez

“Lucía Estévez” 

9

Mércores/ Abril

Facultade de Comunicación e Agadic

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle a última sesión da décimo cuarta edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, promovida co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Xunta de Galicia, e coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez.  Baixo o título de A nosa canteira. A dirección novel, esta sesión terá como protagonista á directora e egresada da facultade Lucía Estévez, quen falará do seu traballo nas series de televisión Los argonautas e Weiss & Morales.

Tras o coloquio con Estévez, terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas desta edición de Augal, coa participación do director da Agadic, Jacobo Sutil.

 Ás 16:00 horas
Facultade de comunicación de Pontevedra.
Fallen Angels

“Fallen Angels” 

9

Mércores/Abril

Cineclube Belas Artes

Duo luo tian shi (Fallen Angels). Wong Kar-Wai 1985. 92 min . Hong Kong.

Leon Lai é un asasino a soldo canso do seu traballo que se expón deixalo. Michelle Reis é unha prostituta que, ademais de buscarlles os encargos, faille o traballo sucio a Leon. Pero ela vive apaixonadamente namorado del, aínda que nunca se coñeceron en persoa. Intercalándose con esta historia atopámonos cun mozo mudo, Takeshi Kaneshiro, que vivindo co seu pai ten unha difícil existencia debida á súa deficiencia física. Os seus días transcorren entre os dispares traballos nocturnos e servir de consolo a unha nova enganada polo seu noivo.

Ás 19.00 
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra 
A delgada linea amarela

“A delgada línea amarela” 

9

Mércores/ Abril

Fundación Cuña-Casasbellas

Ciclo de cine “Outras terras, outros ámbitos.

LA DELGADA LÍNEA AMARILLA de Celso R. García

País e ano: México, 2015. Duración: 95 m

Sipnose: A delgada liña amarela é a viaxe de cinco homes que son contratados para pintar a liña divisoria dunha estrada que conecta dous pobos de México. A bordo dunha vella camioneta, inician o traballo de máis de douscentos quilómetros de asfalto e pintura amarela que deberán completar en menos de quince días. Cinco solitarios que, por azares do destino, únense co único propósito de gañar uns pesos, pero sen buscalo, esta viaxe cambiará a súa maneira de ver e entender a vida. Ao finalizar o percorrido, comprenderán que existe unha delgada liña entre o ben e o mal; entre a risa e o pranto; entre a vida e a morte.

A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas
Sala Versus, Pontevedra.
La colina donde rugen las leonas

“La colina donde rugen las leonas” 

10

Xoves/Abril

Campus Crea

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de La colina donde rugen las leonas (2021), un filme de Luàna Bajrami ambientado en Kosovo., na segunda sesión do ciclo de cinema Sobre vivir (II). Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, no marco das actividades da Semana CREA, sete proxeccións integran unha programación que afonda na capacidade do cinema para ilustrar a relación entre o ser humano e o medio ambiente, así como para presentar ás persoas como parte dun ecosistema ambiental e social.

Entrada de balde ata completar cabida.

Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra 
Carlos Rego

“Bibiano. Cambiar para ser un mesmo” 

10

Xoves/Abril

Librería Metáfora

Presentación do libro “Bibiano. Cambiar para ser un mesmo” de Carlos Rego.

A intención primeira deste libro é rescatar do esquecemento o Bibiano músico, que nos últimos anos da súa vida era máis coñecido pola súa faceta de promotor e organizador de concertos e produtos culturais que pola súa obra musical, e indagar na súa evolución artística de par que se tenta explicar unha evolución persoal fascinante, contraditoria para moitos, desde os seus anos no pop en Compostela ata o apoxeo e ocaso no mundo dos negocios, pasando pola súa actividade en Voces Ceibes.

Entrada de balde ata completar cabida.

Ás 19:00 horas
Librería Metáfora, Pontevedra 
César Cequeliños

“César Cequeliños” 

10

Xoves/ Abril

Libraría Paz

César Cequeliños presenta o seu libro “Sábeme a salamántiga o ceo da boca” acompañado por Fátima Frieiro @galaxiaeditorial

Entrada libre ata completar cabida.

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra.
Conversa

“Educando na inclusión” 

11

Venres/Abril

Concello de Pontevedra

CONVERSA: Educando na inclusión: a discapacidade auditiva 
O vindeiro 11 de abril , teremos a oportunidade de reflexionar sobre a inclusión das persoas con discapacidade auditiva.
 Contaremos coa participación de:
 Iria Graña Troitiño, Educadora Social,  Sara González Eirís, Mediadora comunicativa e Logopeda,  Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
Esta actividade enmárcase dentro das accións promovidas pola Comisión UNESCO, reforzando o noso compromiso coa educación inclusiva e a equidade educativa. Un espazo de aprendizaxe e diálogo para construír unha educación máis accesible para todas as persoas. 
De 09:00 a 11:00 horas
Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra 
25 abril

“25 de Abril sempre”

11

Venres/Abril

Ateneo de Pontevedra

  O Ateneo de Pontevedra organiza as palestras: Operación viragem histórica no Porto co Coronel José Adelino Castro Carneiro e máis Do verán quente á contrarrevolucion co profesor Manuel Loff .
O acto terá lugar o vindeiro venres 11 de abril, ás 19:00 horas, na Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9).
A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Casa dás campás, Pontevedra.
Maria Oruña

“María Oruña”

11

Venres/Abril

Espacio Lector Nobel

Presentación do libro ” O albatros negro” de María Oruña. Acompañarán a autora Ledicia Costas e Victor Mascato.
A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Espacio lector Nobel, Pontevedra.
baile solto

“Obradoiro de baile solto”

11

Venres/Abril

C. S. A Pedreira

Obradoiro de baile solto ás 20:30 e foliada con Solimán a partires das 21:00 horas no Centro social A Pedreira na rúa Serra

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 20:30 horas
A Pedreira, Pontevedra.
taller cerámico

“Taller cerámico” 

12 

Sábado/Abril

Ti tamén podes vir pasar unhas horas ao taller e levarche unha peza feita coas túas propias mans. Nos nosos workshops poderás decidir que peza che apetece facer dentro dunha variada oferta como: cunca take away, maceta, vaso tubo, cunca xl, xarriña… Reserva xa a túa praza, na nosa web (apartado servizos) (link en bio).

Workshop Taller cerámico,  Duración: ata 3 horas,  Prezo: 68€ (materiais incluidos), ¡Prazas limitadas

Ás 11:00 horas
Kurinuki Praza de España 1, Pontevedra 
Vedetismoilustrado

“Vedetismo ilustrado” 

12

Sábado/Abril

Galería Tangram

Vedetismo Ilustrado
Curso intensivo de cabaret con @iria_pinheiro_santos@yolandapazcabaretyburlesque

Prezo: 50€.

Info: galeriatangram@gmail.com 

De 11:00 a 14:00 horas.
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra.
Irene Aschero

“Sax on the beach” 

12 

Sábado/Abril

Mímate

Este sábado… a música e o vermut danse a man en Mímate. Chega unha Sesión Vermut con moito flow, sabor e bo rollo: Música en vivo con Sax on the Beach e Irene Aschero. Vermut e polbo. Billeteira inversa: deixa a túa achega ao finalizar o concerto para contribuír a que estes artistas sigan facendo o que máis lles gusta. Vémonos este sábado!

Desde ás 13:00 horas
Mímate, rúa Real, Pontevedra 
I Certame de bandas

“I Certame Bandas Cofrades” 

12

Sábado/Abril

I Certame de Bandas Cofrades de Pontevedra que se celebrará os sábados 29 de marzo e 12 de abril, no que a nosa Banda participará na segunda xornada.

Ás 18:00 horas na Praza de España

Ás 18:00 horas
Praza de España, Pontevedra.
Rodrigo Cuevas

“Rodrigo Cuevas” 

12

Sábado/Abril

A exitosa xira “La Romería” chega ao seu fin o sábado 12 de abril de 2025, en Pontevedra. 

Premio Nacional das Músicas Actuais 2023, Premio Arco Iris 2022 do Ministerio de Igualdade, Premio Ojo Crítico de RNE de 2021 ás Músicas Modernas, Premio MIN 2020 ao “Artista Revelación” e ao “Mellor Álbum de Fusión e Músicas do mundo”, Premiu Camaretá ao meyor cantar pola súa composición xa himno “Rambalín”, Rodrigo Cuevas (Oviedo,1985) é un fenómeno das artes escénicas e da comunicación no seu máis vasto sentido; un artista total en proceso constante de crecemento sostible.  

Mercar entradas

Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra 
concerto solidario

“Concerto solidario” 

12

Sábado/Abril

Concerto solidario ofrecido pola orquesta infantil e Xoven da Sinfónica de Pontevedra a favor de Manos unidas.

Ás 20:00 horas
A Pazo da cultura, Pontevedra 
Pablo Martín Caminero

Pablo Martín Caminero & SPJ-Group” 

12

Sábado/Abril

Seminario permanente de Jazz

Pablo Martín Caminero  & SPJ-Group 
Pablo Martín Caminero: contrabaixo 
Luis Felipe Fernández: saxo alto 
André  Labraña: acordeón
Mauro Tissone: guitarra 
Abe Rábade: piano 
Sara Martínez: batería
Alberto López: batería 
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
Outras historias

“Outras historias posibles” 

4

Venres/Abril

Afundación

OUTRAS HISTORIAS POSIBLES presenta o traballo de seis destacadas artistas nacidas na década dos 50, con fortes vencellos a Galicia, tanto nas súas vidas coma nas súas carreiras profesionais. Elas son Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, mulleres cunha especial presenza na arte dos 80, grazas á súa innovadora visión. Esta exposición explora agora desde o Café Moderno Afundación Pontevedra as súas creacións e descúbrenos como o seu legado influíu na arte contemporánea, ofrecendo novas perspectivas e reivindicando o seu espazo na historia.  Comisaria | Susana Cendán 

 Do 4 de abril ao 31 de Maio
Café Moderno, Pontevedra.
Baraya

“Alberto Baraya” 

3

Xoves/Abril

Fundación RAC

Exposición de Alberto Baraya na Fundación RAC
Entrada libre e gratuita
Do 3 de abril ao…
Fundación RAC, Sarmiento 41, Pontevedra.
arte solidario

“Arte solidario” 

1

Martes/Abril

Liceo Casino

Mostra de arte solidario a beneficio da Fundación Vicente Ferrer
Inauguración martes 1 de abril ás 19:00 horas.

Máis dunha treintena de artistas participan na mostra comisariada por Mito Meijón e coordinada por Antón Sobral.

Trátase dunha iniciativa solidaria impulsada polo Grupo Estela para recaudar fondos para o proxecto de educación inclusiva da Fundación Vicente Ferrer. 

Do 1 ao 21 de Abril 
 Liceo Casino, Pontevedra.
Javier Cabo

“Javier Cabo” 

29

Sábado/Marzo

Deputación de Pontevedra

A Deputación Pontevedra inaugura este sábado 29 de Marzo, unha nova exposición no Palacete das Mendoza

A mostra está protagonizada polas pinturas de Javier Cabo que, baixo o título “Síntese de formas e análise de superficies”, constrúe un universo pictórico no que o cotiá, o simbólico e o material se entrelazan.

Do 29 de Marzo ao 13 de Abril 2025
Palacete das Mendoza, Pontevedra.
Camaradas

“Camaradas” 

28

Venres/Marzo

Fundación Manuel Moldes

Nova exposición dará continuidade ao compromiso da Fundación Manuel Moldes de Pontevedra de recuperar e dar visibilidade ao legado deste artista da cidade do Lérez. Así, e «seguindo con esta liña de pensamento, a Fundación presenta agora Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia

Do 28 de Marzo a Novembro 2025
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.
Visita as ruinas santo Domingo

“Ruinas de San Domingos” 

15

Sábado/ Marzo

Museo de Pontevedra

 Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:

➤ A súa cabeceira de cinco ábsidas, única no gótico galego
➤ A serie de capiteis e elementos decorativos
➤ A colección de laudas, sepulcros, escudos e outros elementos escultóricos
Pódese visitar: De martes a sábado: 10h a 14h e 16:00h a 19:30h
Domingos e festivos: 11h a 14h
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.
coral polifónica

“Coral Polifónica” 

14

Venres/Marzo

Museo de Pontevedra

A Sociedad Coral Polifónica Pontevedra está de centenario. O Museo de Pontevedra revisa os seus 100 anos de historia a través das imaxes, os personaxes e os feitos que marcaron un proxecto capital da cultura galega.
A exposición inaugúrase este venres 14 de marzo ás 19:00 h no Edificio Castelao.

Do 14 de Marzo ao 20 de Abril 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
expo cafeteria

“Grazas pola súa visita” 

13

Xoves/Marzo

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita, que reúne as obras de Alberto Ardid, o colectivo Rapapawn, integrado por Cynthia Alfonso e Óscar Raña, e Tayone, todos eles artistas formados na Facultade de Belas Artes. Coa xestora cultural e tamén egresada deste centro Sara Donoso como comisaria, trátase dun proxecto que transcende á mostra artística convencional para converterse nun acto de reivindicación sobre a necesidade da reapertura da cafetaría da facultade como espazo de encontro.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de marzo e durante este período albergará á súa vez dúas mostras efémeras, que serán levadas a cabo polo alumnado, guiado por Alfonso e Raña e polo profesor e coordinador da sala, Ignacio Pérez-Jofre

Do 13 ao 30 de maio.
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra.

Proximamente

Alicia Cerrada

“Alicia Cerrada” 

19

Sábado/Abril

Galería Tangram

Concerto de piano
Concerto de Alicia Cerrada
Música en vivo para toda a familia  Entradas desde 12€, nenos gratis!

Info: galeriatangram@gmail.com 

Ás 17:00 horas.
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥