“Fillo único”
7
Luns/Outubro
Cineclube
FILLO ÚNICO
Hitori musuko, Yasujiro Ozu, 1936
Xapón, 82 min., VOSE. Lingua orixinal: xaponés
En 1923, na provincia de Shinshu, Tsune Nonomiya, unha muller viúva e humilde traballa arduamente nunha fábrica de seda para que o seu fillo, Ryosuke, un estudante brillante, poida ir á escola e converterse nun grande home. Cando a nai de Ryosuke, logo de trece anos de separación, chega inesperadamente a Tokio para visitar o seu fillo, non tarda en agromar a vergonza e a frustración.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Xestión emocional na madurez”
8
Martes/Outubro
XESTIÓN EMOCIONAL NA MADUREZ Non te perdas a Charla que impartirá a nosa psicóloga Teresa Hernáez, experta na etapa da madurez. Trataremos cuestións relacionadas con esta etapa vital, non exenta de momentos difíciles, saúde, perdidas, cambios, adaptacións. Falaremos, tamén, dos Talleres de Vida, os temas para tratar e a súa dinámica. O aforo é moi limitado, así que, RESERVA XA A túa PRAZA, é gratuíta. .
Ás 11:30 horas
Kairós, rúa Cruz Gallástegui 2, Pontevedra
“Conferencia ESEE-Decrecemento”
8
Martes/Outubro
Post-Growth Innovation Lab
O Post-Growth Innovation Lab, que o pasado mes de xuño organizaba en Pontevedra a ESEE-Decrecemento 2024, evento que englobe a décimo quinta Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE) e a décima Conferencia Internacional de Decrecemento, celebra un evento de peche das actividades desenvolvidas ao longo do ano.
Neste acto, proxectarase un vídeo compilatorio da iniciativa, presentaranse algúns dos resultados e realizarase un recoñecemento ás entidades e persoas colaboradoras.
Ás 12:30 horas
Sala de conferencias da Vicerreitoría do campus, Pontevedra
“Proxecto 50:50”
8
Martes/Outubro
Grupo cooperativo SOGUG
O grupo cooperativo SOGUG, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro organiza unha sesión informativa sobre o tratamento dos tumores genitourinarios (próstata, vejiga e ril) destinada a pacientes e familiares. ➡A charla será o próximo 8 de outubro, ás 18:00hrs no Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra (C/Echegaray, . ➡Imparte: Dra. Cristina Azpitarte, oncóloga do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e o Dr. Martín Lázaro, oncólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. ➡Entrada libre. Esperámosvos
Ás 18:00 horas
Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, rúa/Echegaray
“Laneiras”
8
Martes/Outubro
Uvigo
En outubro volvemos a calcetar, ganchillar,bordar,coser… entre cañitas
Si che apetece participar, colle as túas labores…¡non fai falta apuntarse e podes vir os días que queiras!!
Vémonos os martes a partir das 20:00 horas
Ás 20:00 horas
La verbena, rúa Charino. Pontevedra
“Bushman”
8
Martes/Outubro
Cineclube
Bushman, David Schickele, 1971
EE UU, 73 min., VOSG. Lingua orixinal: inglés
- Martin Luther King, Robert Kennedy e Bobby Hutton foron recentemente asasinados. En Nixeria, a guerra civil entra no seu segundo ano sen que se intúa un final. En San Francisco, as aventuras de Gabriel, un mozo nixeriano, reflicten as friccións tribais, persoais e raciais durante os convulsos anos sesenta. A verdade é máis estraña cá ficción en Bushman, un retrato fílmico en parte documental, en parte ficción, poético na súa aproximación aos feitos reais.
Mellor ópera prima no Chicago International Film Festival 1971
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Suso Vaamonde”
9
Mercores/Outubro
Vicerreitoria UVIGO
A Casa das Campás acolle a presentación do libro Nova técnica de pandeireta galega, do músico e intérprete de instrumentos populares Suso Vaamonde, coordinador da Aula Permanente de Música Tradicional Galega do campus de Pontevedra.
Trátase dun manual que reúne partituras, vídeos e comentarios cos que aprender a interpretar trinta melodías coa pandeireta galega.
Ás 20:30 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Suso Vaamonde”
10
Xoves/Outubro
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro “Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla”, de Antón Baamonde, editado pola Editorial Galaxia.
O autor estará acompañado por Daniel Hermosilla, Teresa Táboas e Eusebio Rey.
Ás 19:00 horas
Librería Metáfora, Pontevedra
“Daniel Chapela”
10
Xoves/Outubro
Xoves 10 de outubro na libraria Paz @danichapela presenta o seu poemario ‘Biscoito de laranxa’ acompañado de @rrozasdi
Ás 19:30 horas
Libraría Paz. Pontevedra
“Desexo”
10
Xoves/Outubro
Concello de Pontevedra
Ponteteatro: Desexo de Talía teatro
Como foi a nosa educación sexual? Estamos preparados para ter unha sexualidade sa? Sabemos como afrontar as nosas relacións? Somos capaces de educar as próximas xeracións? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Intentemos fixarnos nas publicacións, na música, na publicidade…
Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú. DeseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto, porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.
Texto orixinal: Diego Rey. Dirección: Diego Rey. Elenco: Marta Ríos e Dani Trillo.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“As novas tecnoloxías..”
11
Venres/Outubro
Vicerreitoria UVIGO
A sede da Vicerreitoría do campus acolle a xornada As novas tecnoloxías como impulsoras do emprendemento no sector da economía dos coidados e da economía social, no marco das actuacións do 2024 da orde de axudas as entidades socias da Rede Eusumo.
O obxectivo deste evento é facilitar o networking e o coñecemento da aplicabilidade das novas tecnoloxías e da intelixencia artificial no ámbito da economía dos coidados, así como dar a coñecer as conclusións do estudo Usos das novas tecnoloxías e da intelixencia artificial como factor de impulso do emprendemento en economía social no eido da economía dos coidados, que serán presentadas polo catedrático da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte José Maria Cancela, investigador principal do grupo HealthyFit.
O programa da xornada complétase cun coloquio sobre as oportunidades que estas tecnoloxías supoñen para o emprendemento neste sector e unha mesa de experiencias prácticas de emprendemento nestes ámbitos.
Aberta ao público, trátase dunha xornada que require de inscrición previa.
Ás 09:30 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Joan Melé”
11
Venres/Outubro
Pontevedra
¿Posthumanos o plenamente humanos?
Conferencia de Joan Melé
No Pazo da cultura
Pontevedra
Pazo da cultura, Pontevedra
“Sebastián Zica”
11
Venres/Outubro
Filarmónica de Pontevedra
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Director: Sebastián Zinca
EDUARDO SOUTULLO: All the echoes listen
VAUGHAN WILLIAMS: Fantasía sobre un tema de Thomas Tallis
SIBELIUS: Sinfonía nº 4 en La menor, op. 63
Real Filharmonía de Galicia
Esta tempada Sebastián Zinca dirixe once concertos coa Real Filharmonía de Galicia como parte do seu novo rol como director asistente. Tras a súa participación na Academia do Festival de Lucerna no verán de 2023, foi novamente convidado a dirixir un taller e un concerto coa Orquestra da Academia nos veráns de 2024 e 2025.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
“Market”
12
Sábado/Outubro
Volvemos ao grande! Despois de meses parado, o MARKET está de volta ENTRADA LIBRE
Si te mola o auténtico e único, aquí tés o mellor: arte, rupa, xoias, ilustracións e máis. Nada do típico, so o máis orixinal e creativo. Pezas diferentes, feitas por mans locais que o están petando! @henko_hk, @pamo.candles, @helenarquintela, @lazarolouzao, @martiu.design, @almahippielove, @fanithings, @ocaixondexan, @d.jineta
Y máis por confirmar!!!
Non o podes perder.
De 11:00 a 20:00 horas
Galería Tangram, Rúa Rosalía de Castro 32, Pontevedra
“Zentangle”
12
Sábado/Outubro
Todo o día
Anceu, Pontecaldelas, Pontevedra
“O último pirata”
12
Sábado/Outubro
Descobre Pontevedra dunha forma diferente con esta visita guiada da man do último gran pirata do Atlántico: Benito Soto Aboal. Un home cuxa vida delituosa e errante serviu de inspiración a poetas e cineastas que se basearon nesta figura para crear a súa obra. A través das rúas de Pontevedra e nun percorrido circular e accesible, o pirata encarnado no guía oficial de Galicia Jacobo Pintos, guiará os nosos pasos polo seu Pontevedra natal a través dos templos e prazas máis emblemáticas da cidade e contaranos os segredos máis escuros dos seus tempos de fechorías.
De 11:00 a 13:00 horas
Pontevedra
“CeibaRimas”
12
Sábado/Outubro
Concello de Pontevedra
Final do concurso galego de freestyle ‘CeibaRimas’
O sábado día 12 de outubro, dende as cinco da tarde, na Praza da Pedreira desputarase a final do concurso galego de freestyle CeibaRimas.
O freestyle é un tipo de rap improvisado. Nesta competición, utilizando como lingua o galego, poden participar todas a mocidade que teña interese amais das persoas que xa están clasificadas porque participaron en anteriores fases do concurso. A entrada é totalmente de balde.
O concurso consistirá nunha parte clasificatoria na que toda a xente apuntada se irá cribando e de aí sairán as persoas clasificadas para oitavos, onde comezarán as batallas individuais.
Ademais da competición, haberá varios concertos de grupos consolidados como Flow do Toxo e Kid Mount e tamén de artistas emerxentes como Verdini, Mestre, Galego de Caracas, Puto Rumeinian e Carola.
O evento estará conducido por Lil Moma e amenizado pola DJ Nu.Eva.
Ás 17:00 horas
Praza da Pedreira, Pontevedra
“Esencial”
4
Venres/Outubro
Palacete das Mendoza
A Deputación de Pontevedra inaugura este venres, 4 de outubro, a exposición “Esencial”, unha mostra que celebra o centenario do nacemento do pintor Jesús Díaz Ferrer (O Barco de Valdeorras, 1922 – Teruel, 2017) e que poderá visitarse na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, ata o vindeiro 20 de outubro.
O principal obxectivo desta exposición é intentar clarificar a complexidade de Jesús Díaz Ferrer, amosándoo ao público dun xeito que facilite a súa comprensión. Por unha banda, búscase indagar no “esencial” da súa obra, o que realmente a sustenta. Por outra, trátase de deixar patente que nos atopamos ante un artista que, por ter transitado durante a súa longa carreira desde as derradeiras vangardas europeas ata a posmodernidade, resulta “esencial” para comprender os nexos entre a arte galega e a arte europea desde mediados do século XX ata os inicios do XXI.
Do 4 ao 20 de Outubro 2024
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Impresos”
25
Mércores/Setembro
Grupo dx5
Na sala de exposicións da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais
Promovida polo grupo de investigación dx5 da Facultade de Belas Artes, no marco das actividades do XVI Congreso da Asociación de Estudios Japoneses en España, a sala de exposicións da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia acolle a exposición Impresos. La imagen de Japón y el Japón de la imagen.
A mostra, que poderá visitarse ata o 18 de outubro, inclúe unha selección de 25 gravados mokuhanga dos períodos Edo e Meiji, en diálogo coas obras de inspiración xaponesas de sete artistas contemporáneos. Concretamente, xunto a esta serie de pezas dos séculos XVIII e XIX preséntanse as creacións de Sabela Alonso, Miguel Cuba, Ángela Estévez, Carlos Fer, Anne Heyvaert, Santi Jiménez e Ana Soler.
Do 25 de setembro ao 18 de outubro
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“50 anos de historia”Fuxan os ventos”
18
Mércores/Setembro
Concello de Pontevedra
Exposición itinerante ‘Fuxan os ventos. 50 anos de historia’
A inauguración será o vindeiro mércores día 18 de setembro ás 19 horas.
Trátase dunha iniciativa que pon en valor a unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través dunha ampla variedade de formatos que conforman o seu arquivo persoal: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras e audios inéditos.
Creanse tamén dúas instalacións sonoras para que o espectador profundice en dous aspectos fundamentais en ‘Fuxan os Ventos’: por un lado o traballo de recollida da tradición oral e o proceso de transformación destas pezas e, por outro, o traballo coral de voces que caracteriza ao conxunto.
Do 19 de Setembro ao 13 de Novembro
Pazo da Cultura. Pontevedra
“Ricardo Blanco Cicerón”
12
Xoves/Setembro
O 12 de setembro, inaguróuse a exposición ‘O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón. Do coleccionismo ao Museo’, no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Esta mostra, que estará aberta ata o 10 de novembro, ofrece unha visión única sobre Ricardo Blanco Cicerón (Tui, 1844 – Santiago de Compostela, 1926), unha figura clave para a historiografía da arte en Galicia.
A exposición contará con pezas nunca antes vistas, incluídas xoias protohistóricas, moedas, medallas e documentos medievais, ademais de mobiliario orixinal e outros obxectos históricos.
Do 12 de setembro ao 10 de novembro 2024
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
“Entre_tanto”
16
Venres/Agosto
Exposición fotográfica de Sofía Bértolo Blanco no Centro social A Pedreira na rúa Serra en Pontevedra
A Entre tanto, a vida non deixa de pasar. Entre tantas présas e obrigas, ás veces esquecémonos de respirar. Entre tantos medos, prexuízos, consumo… ás veces esquecémonos de conectar.
Entre tanta suposta vida, esquecémonos de vivir o único real: o noso corpo, o afecto, a natureza. As sensacións sentidas na pel, o vento que move as ramas das árbores, as nosas pálpebras, os paxaros, as olladas alleas, a choiva, as bágoas compartidas, os bicos… e, de súpeto, unha sensación de pertenza, un equilibrio perfecto. No día a día agochado, entre tanto.
Do 16 de Agosto ao 15 de Outubro
Rúa Serra 36, Pontevedra
Xa podes anotarte
“Trío Fortuny”
14
Luns/Outubro
TRÍO FORTUNY (violín, violonchelo y piano)
Joel Bardolet (violín), Pau Codina (violonchelo) e Marc Heredia (piano).
BEETHOVEN: Trío para violín, violonchelo e piano nº 5 en Re mayor, op. 70 nº 1
BEACH: Trío para violín, violonchelo e piano en La menor, op. 150
TCHAIKOVSKI: Trío para violín, violonchelo e piano en La menor, op. 50
O Trio Fortuny nace da amizade entre tres músicos cunha intensa actividade en toda Europa, xa sexa liderando orquestras, actuando como solistas, facendo música de cámara e outros proxectos singulares. As súas experiencias individuais alimentan cada encontro e enriquecen o traballo de todos os seus programas. Formado polo violinista Joel Bardolet, o violonchelista Pau Codina e o pianista Marc Heredia, o Trio Fortuny consolidou a súa proposta actuando en importantes escenarios Europeos e gravando dous álbums en formato vídeo dixital con obras de Schubert y Brahms; y de Beethoven, Shostakóvitx y Mendelssohn.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Samsara”
16
Mércores/Outubro
Facultade de comunicación, Pontevedra
A sala de cinema da Facultade de Comunicación será o escenario que acolla Samsara de Lois Patiño, candidata ao Premio Feroz Arrebato de Non Ficción en 2024 e que se alzou co Premio Especial do xurado no Festival de Berlín en 2023. Os respectivos directores e directoras destas películas acudirán a Pontevedra a presentar estes traballos e manterán un coloquio co público. As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de turismo situada na Avenida de Montero Ríos desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Cada persoa poderá retirar un máximo de 4 entradas.
Ás 18:30 horas
Sala de cine da Facultade de comunicación, Pontevedra
“O único que verdadeiramente quixen…”
17
Xoves/Outubro
Concello de Pontevedra
Ponteteatro: ‘O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada’. Compañía: ButacaZero
Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON]ficción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura. Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.
Texto orixinal: Esther F. Carrodeaguas.
Dirección: Xavier Castiñeira.
Elenco: Esther F. Carrodeaguas.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Arun Masukhani”
15
Martes/Outubro
Afundación
ARUN MANSUKHANI ofrece a conferencia «Os adolescentes no s. XXI» no ciclo EDUCACIÓN S. XXI na Sede Afundación de Pontevedra.
Nesta charla o psicólogo daranos pauta para establecer relacións sas cos adolescentes, cruciais para o seu desenvolvemento emocional, social e mental.
ARUN S. MANSUKHANI
É psicólogo clínico e sexólogo con formación especializada en Terapia Cognitivo Conductual, Facilitador EMDR Europa, NIII de Terapia Sensoriomotriz e Especialista Universitario en Hipnosis Clínica. É director do Centro de Regulación Emocional Arun Mansukhani Psicólogos en Málaga. Está especializado en trauma e apego.
Esta conferencia enmárcase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, para incrementar os recursos do banco de alimentos local. Convidamos a todas as persoas que asistan a este evento para colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto. Grazas!
Ás 19:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
“Pontevedra literaria”
17,18
Xoves e venres/Outubro
O Museo de Pontevedra acollerá os próximos días 17 e 18 de outubro a primeira edición de Pontevedra Literaria, un encontro cultural e artístico que, entre outros, protagonizarán os escritores Héctor Abad Faciolince, Manel Loureiro e Arantza Portabales.
O xoves 17 de outubro, o escritor pontevedrés Manel Loureiro, coñecido pola súa triloxía “Apocalipsis Z” e gañador este ano do Premio Fernández Lara coa súa última novela “Cuando la tormenta pase”, ofrecerá a primeira das conferencias.
A continuación, haberá unha mesa redonda que, baixo o título “Vivir das letras”, contará coa participación dos escritores Rafa Cabeleira, Arantza Portabales e Ángela Banzas.
Un concerto á guitarra do pontevedrés Xacobe Medina pechará esta primeira xornada.
Xa o venres 18, nunha xornada amenizada pola música da pianista Andrea García González, o acto central será o encontro co autor colombiano Héctor Abad Faciolince.
O escritor e xornalista, coñecido por libros como “El olvido que seremos“, sobre a vida e asasinato do seu pai, Héctor Abad Gómez, falará da súa próxima novela, que se publicará en 2025 e, entre outras cousas, da súa experiencia en Ucraína, onde sufriu un atentado.
Unha mesa redonda na que se darán cita os escritores Rodrigo Cota, Alexander Vórtice e Xulio Teixeira Rodríguez completará a programación de Pontevedra Literaria.
Do 17 ao 18 de Outubro
Museo de Pontevedra
“Goyo Jiménez”
18
Venres/Outubro
Afundación
GOYO JIMÉNEZ presenta MISERY CLASS
Como poderiamos resumir un programa como Misery Class? E o que é máis complicado… Como poderiamos facelo en menos de 350 palabras tendo en conta, por unha banda, o amplo número de temas e temas de actualidade que se repasan nesta mostra e, por outra, a propensión psicótica a divagar. sobre Goyo Jiménez?
Pois… Para comezar, non poderiamos utilizar o plural, poderiamos, tendo en conta que esta sinopse está a escribir unha soa persoa. É dicir, eu. É dicir, Goyo Jiménez. Que son diferente. Quero dicir, Goyo Jiménez, quero dicir. E sempre houbo clases, criatura.
Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
“Pantomina Full”
19
Sábado/Outubro
Afundación
PANTOMIMA FULL presenta: “Pantomima Full hecho a mano”
Pantomima Full, feito a man é o terceiro espectáculo de Pantomima Full. Non será tan malo se a xente comeu o primeiro e despois o segundo. Ofrece máis do mesmo, así é, atopamos unha fórmula que nos funciona e ímolo aproveitar ao máximo. É o que faría calquera. Por iso, se che apetece pasar hora e media vendo monólogos sobre os temas dos nosos vídeos e sketches cos nosos personaxes, consíguete unha entrada. Outras cousas valen máis e pensas menos nelas. Na túa vida liches unha crítica de jeans.
Ás 20:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
“Musical dos 80′, 90′”
20
Domingo/Outubro
Afundación
El Musical de los 80s y 90s II rumbo a los 2000
Seis amigos da xeración dos 80 e os 90 reuníronse non fai moito no bar de José para celebrar os 25 anos de gradación coincidindo coa inauguración da Movida do bakalao no musical de maior éxito coas cancións da época.
Pero o soño verdadeiro de José era montar un chiringuito na praia, algo que consegue neste novo musical, convidando de novo aos seus amigos para ver como se foron desenvolvendo as súas vidas desde o reencontro.
Cun ambiente inspirado en Caribe Mix (ou Ibiza Mix) máis típico do 2000, os
Ás 19:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
“Ponteandada do magosto”
20
Domingo/Outubro
Concello de Pontevedra
Ás 09:00 horas
Pavillón dos deportes, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥