adicam

“Cancro Xinecolóxico” 

8

Martes/Setembro

Adicam

Cancro Xinecolóxico e Saúde do Chan Pélvico 2026

Desde ADICAM convidámoste á próxima charla do ciclo dedicado á saúde feminina:
“Diagnóstico en saúde xinecolóxica: que esperar e como interpretalo” Impartida por Vanesa Parada, Psicóloga.
Un espazo para comprender mellor os procesos diagnósticos, resolver dúbidas e contar con información rigorosa que axude a afrontar esta etapa con máis tranquilidade e confianza.
Actividade gratuíta  Dirixida á poboación xeral  
Prazas limitadas con inscrición previa
Máis información e inscricións: 629 945 925 | 986 307 158  adicam@adicam.net 
Ás 18:00 horas.
Salón de Actos do Edificio da Xunta de Galicia – Benito Corbal nº 47, Pontevedra
Ana Corzo

“Ana Corzo” 

8

Martes/Setembro

Fundación Cuña-Casasbellas

A fundación Cuña-Casasbellas abre as súas portas á arte de Ana Corzo.

Obradoiro A Arte da Declamación. POESÍA ESCÉNICA.
Contacto FB @anacorzo357 IG @anacorzo.arte 

Todos os martes

Ás 19:00 horas 
Sala Versus, Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
pontecorazón

“Anatomía e medicación” 

9

Mércores/Setembro

Pontecorazón

Novo curso, novas charlas. Arrincan as charlas, esta vez con “Anatomía e Medicación”, impartida polo Dr. Diego Fernández. 

Será unha charla próxima, sincera e chea de aprendizaxes. Se sufriches un problema de corazón, estás en rehabilitación cardíaca ou acompañas a un familiar, esperámoste.

Entrada libre 

Ás 12:00 horas
Salón de Actos do Hospital Montecelo, Pontevedra
Fransy González

“Fransy González” 

9

Mércores/Setembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza xunto coa Deputación de Pontevedra a charla da cantareira e pandereteira Fransy González titulada “A Voz“, dentro do ciclo O Poder do Folk.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 9 de setembro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
sia le reve

“Sia, le rêve du phyton” 

9

Mércores/Setembro

Fundación Cuña-Casasbellas

Inicio ciclo “Ifigenias(s): Verdade, función, rebeldía e lenda do sacrificio”

Filme: “Sia, le rêve du phyton”” de Dani Kouyaté

No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, na Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Ifigenia(s): Verdade, función, rebeldía e lenda do sacrificio”, cuxa primeira sesión terá lugar este mércores, 9 de setembro, ás 20:00h, coa proxección do Filme:

Sia, le rêve du phyton (Sia, o sono de Pitón),

Direc.: Jessica Beshir

Ás 20:00 horas 
Sala Versus, Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
fundacion Moldes

“Carmen Prieto” 

10

Xoves/Setembro

Fundación Manuel Moldes

Conversatorio con Carmen Prieto, cantante chilena que presentará en Pontevedra unha serie de concertos pola provincia.

A artista atópase na nosa comunidade grazas a unha bolsa oficial do Ministerio das Culturas, as Artes e o Patrimonio de Chile co obxectivo de estreitar os lazos musicais, poéticos e culturais entre ambos os países.

Para presentar esta importante xira internacional, convidámosvos ao conversatorio e encontro cos medios que terá lugar en Pontevedra o vindeiro xoves 10 de setembro. No acto, a artista compartirá os detalles dos seus concertos e ofrecerá unha pequena intervención musical en directo para os asistentes.

A artista estará acompañada polos representantes dos colectivos que fixeron posible esta xira: May Díaz da Fundación Manuel Moldes, Luis Rei do Ateneo de Pontevedra, Xermán Torres da Mesa das Verbas de Vilagarcía, Miguel Cuña-Casasbellas da Fundación Cuña-Casasbellas e Ana Santos do colectivo devellabella

Ás 11:30 horas
Fundación Manuel Moldes, Javier Puig nº 3 8º andar, Pontevedra
zentangle

“Zentangle” 

11

Venres/Setembro

Adicam

O arte sencillo do Método Zentangle

Desde ADICAM convidámoste o próximo pbradoiro terapéutico:

“O arte sencillo do Método Zentangle” Impartido por Sofía Vázquez.
Actividade gratuíta  Dirixida á poboación xeral
Prazas limitadas con inscrición previa
Máis información e inscricións: 629 945 925 | 986 307 158  adicam@adicam.net
Ás 18:00 horas.
Benito Corbal 47-Sala de xuntas 3º Pontevedra
carmen prieto

“Homenaxe a cantautores chilenos” 

11

Venres/Setembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza xunto co colectivo devellabella o recital “Homenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos”. Con Carmen Prieto acompañada a guitarra por Tito Cerda

O acto, contará coa participación de Xaime Toxo e Mirian Ferradáns como artistas convidados.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
meu mar

“Xan Vieito” 

11

Venres/Setembro

Deputación de Pontevedra

O venres 11 de setembro inauguramos no Palacete das Mendoza a exposición Eu-mar de Xan Vieito, que se poderá visitar ata o 27 de setembro

A mostra representa a comuñón do artista co mar a través do tempo e do coñecemento mutuo
Do 11 ao 27 de setembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
encestarias

“EncestaRías” 

11,12

Venres,sábado/Setembro

Concello de Pontevedra

XI Torneo EncestaRías
Lugar: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra
Venres 11 Setembro 2026
18.45h BASKONIA-ALBA BERLIN
21.15h MONBUS OBRADOIRO-VALENCIA BASKET
Sábado 12 Setembro 2026
18.00h FINAL CONSOLACION
20.30h FINAL
+INFO: https://www.adcencestarias.com/es 

Sábado ás 18:45 Domingo ás 18:00 horas
Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra
Pont-Up Store

“Pont-Up Store” 

11,12

Venres,sábado/Setembro

Chega setembro e, con el, unha das citas máis agardadas coa innovación e o talento local en Galicia. Os vindeiros días 11 e 12 de setembro, a Praza de España de Pontevedra converterase no epicentro do espírito emprendedor coa celebración da 13ª edición do Pont-Up Store.

O Pont-Up Store non é unha feira tradicional. É un espazo vivo onde o talento galego amosa o seu potencial a través de diferentes sectores:

Totalmente de balde e aberta a todos os públicos. 

De 10:00 a 19:00 horas
Praza de España, Pontevedra.
mesa das verbas

“Homenaxe a Victor Jara” 

12

Sábado/Setembro

Mesa das verbas

A mesa das verbas organiza xunto co colectivo devellabella o recital “Homenaxe a Victor Jara”. Con Carmen Prieto acompañada a guitarra por Tito Cerda

O acto, contará coa participación de Sonia Outón, Concelleira de Cultura, Raquel Senín, poeta e pianista, Xosé Duarte, cantautor como artistas convidados.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Salón García, Vilagarcía de Arousa
autocuidado

“Autocoidado Facial” 

12

Sábado/Setembro

Liceo Casino

Taller Práctico de Autocoidado Facial Regálate un momento de benestar e conecta coa túa pel. Aprende unha rutina completa de beleza para realizar en casa cos activos de Gaura.  

Detalle especial: Inclúe un set de mostras dos produtos do curso para levar a casa. Prezo : 30 €  

Inscricións: ata o 10 de setembro ou ata esgotar prazas, en secretaría ou a través de a nosa web 

Necesítase grupo mínimo para empezar

Ás 11:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
Claudia G Salgado

“Claudia G. Salgado” 

12

Sábado/Setembro

Fundación Cuña-Casasbellas

A fundación Cuña-Casasbellas abre as súas portas á arte de Claudia Garcia Salgado @Clau.g.s.

Mil grazas Miguel Ángel Cuña Mil grazas ás modelos que portan a beleza, os vestidos oníricos de Claudia
Vémonos en Pontevedra o 12 Septembro as 19,00h

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Sala Versus, Xerardo Álvares Limeses, Pontevedra
kurinuki

“Retrato da túa mascota” 

12

Sábado/Setembro

Setembro é volver ao taller, reencontrarnos co barro e empezar un novo curso coas mans cheas de ganas E, coa volta, tamén regresan os nosos workshops.

Retrato da túa mascota (dúas quendas dispoñibles) → 12 de setembro · 10.00 h → 12 de setembro · 16.30 h

Duración: ata 4 horas. Prezo: 55 €

Todos os materiais e ferramentas están incluídos e non é necesaria experiencia previa. Podedes consultar toda a información e reservar a vosa praza a través desta ligazón 

Ás 10:00 e ás 16:30 horas
Plaza de España 1, 1°.D – O.4, Pontevedra,
José Freixanes

“José Freixanes” 

23

Xoves/Xullo

Museo de Pontevedra

José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025

Comisario: Xosé Luis García Canido

José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025 móstranos unha escolma das pinturas que José Freixanes (Pontevedra, 1953-Madrid, 2025) concluíu nos seus derradeiros vinte anos, os que transcorren entre Al final del amanecer (Casablanca, 2006), Voces de basalto negro (Damasco, 2007) e novembro de 2025, data do seu falecemento. Aquelas intervencións efémeras permaneceron como un manancial eterno ao que sempre acudiu, como unha semente que revive, se multiplica e se transforma a través dun interminable proceso de creación, preservación e destrución, que se repite circularmente.

Do 23 de xullo ao 27 de setembro 2026
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
a verdadeira leccion do mestre

“Castelao” 

25

Xoves/Xuño

Museo de Pontevedra

A derradeira leición do mestre

Comisaria: Mª de los Ángeles Tilve Jar

Por primeira vez exhíbese no Museo de Pontevedra A derradeira leición do mestre, o emblemático óleo que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886–1950) pintou en 1945 para o Centro Orensano de Buenos Aires. Esta entidade fixera posible un ano antes a publicación de Sempre en Galiza, obra fundamental do seu pensamento político.

A pintura foi concibida nun contexto de forte carga política e simbólica e presentada no noveno aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda (1903–1936), figura clave do galeguismo e amigo persoal do artista.

Do 25 de xuño ao 27 de setembro 2026
Edificio Castealo. Museo de Pontevedra
Iria Lombardia

“Iria Lombardía” 

12

Venres/Xuño

Museo de Pontevedra

Infiltracións: Iria Lombardía, Mudanzas

Comisario: Iñaki Martínez Antelo

Mudanza é o título do proxecto que a artista Ira Lombardía presenta dentro do ciclo Infiltracións, iniciativa do Museo de Pontevedra para desenvolver proxectos específicos en diálogo coas súas coleccións. A artista combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza. Lombardía toma como eixe central a emigración —a histórica e a actual— para construír un proxecto que dialoga coas experiencias do tránsito, coa perda, co arraigamento e coa transformación.

Do 12 de xuño ao 25 de Outubro 2026
Edificios Castelao e Sarmiento. Museo de Pontevedra
Vieiros de pontevedra

“Vieiros de Pontevedra” 

14

Xoves/Maio

Fundación Manuel Moldes

Logo dun proceso selectivo intenso polo número de participantes e pola calidade das propostas, as obras escollidas para participar xunto a Manuel Moldes en Vieiros en Pontevedra foron as de Candela Sueiro Sanisidro, Eva Díaz Vilaboa, Inés Martínez Caramés, Iria Pérez Rial, Jimena Arenas Costas, Mariña Rey Noya, Nuria Costas Fernández, Pau Ubeira Carramal e Xulia García Pintos.
A inauguración da mostra terá lugar o próximo xoves día 14 de maio. Será ás 19:00 na sede da Fundación Manuel Moldes en Pontevedra na rúa Benito Corbal 47, 8º andar (acceso por r/ Javier Puig 3).

Do 14 de maio ata setembro do 2026 
Fundación Manuel Moldes, rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
San Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

15

Domingo/Marzo

Museo de Pontevedra

Traémosvos este precioso gravado de Jorge Osterberger para contarvos que este domingo 15 de marzo as Ruínas de San Domingos volven abrir ao público.
Ata o 31 de outubro pódense visitar por libre. Toma nota dos horarios:
– De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h
– Domingos e festivos: de 11h a 14h
– Pechado os luns
15 de marzo ao 31 de outubro 2026
Ruínas de San Domingos, Pontevedra

Proximamente

peto máxico

“Clube de lectura” 

14

Luns/Setembro

O Peto Máxico

Esperámosvos a todos, o 14 de Setembro ás 20.45 para comentar o libro deste mes, tomarnos unhas pastas, un café ou unha auga, e desconectar un pouquiño da volta á rutina.

Ás 20:45 horas
Av. Virxinia Pereira Renda, 2 bajo5, Pontevedra
Cuña casasbellas

“Declamación e canto” 

15

Martes/Setembro

Fundación Cuña-Casasbellas

A Fundación Cuña-Casasbellas xunto ao colectivo De Vella a Bella organizan a xornada de declamación e canto “Versos de Mar e Terra”, un emotivo encontro poético coa cantante Carmen Prieto e o guitarrista Tito Cerda.
O acto contará coa sensibilidade e as voces dos poetas e declamadores convidados: Elisabeth Oliveira, Isabel Uría, Charo Valcárcel, Alfonso Cuadros e Berenice Ojeda.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas 
Sala Versus, Xerardo Álvares Limeses, Pontevedra
cinatopia

“Obradoiro de Cianotipia” 

15

Martes/Setembro

A Pedreira

Se che apaixona a fotografía, a botánica ou a artesanía, temos unha proposta perfecta para ti. O Centro Social A Pedreira organiza un novo Obradoiro de Cianotipia, unha oportunidade única para desconectar das pantallas e experimentar cun dos procesos de revelado fotográfico máis antigos e fascinantes da historia.

Inscricións e reservas Non quedes sen o teu oco. Para reservar a túa praza ou solicitar máis información sobre as vindeiras sesións, podes poñerte en contacto a través de:

Correo electrónico: apedreira@riseup.net  WhatsApp: +34 601 98 12 88 

Ás 17:30 horas.
C.S A Pedreira, Rúa Serra 36 Pontevedra
Espacio CUVE

“Boleros del Alma” 

18

Venres/Setembro

Espacio CUVE

O Espacio CUVE organiza o concerto “Boleros del alma”, un percorrido polo bolero clásico e o cancionero popular hispanoamericano con Carmen Prieto acompañada á guitarra por Tito Cerda.

O acto contará coa colaboración especial da recoñecida artista galega Mónica de Nut como convidada.
Ao tratarse dun evento privado, o acceso require unha aportación de 15€.

Información e inscricións: T. 649 683 019 / @espacio_cuve

Ás 21:00 horas
Espacio CUVE, Rúa Marín, 2, baixo Pontecaldelas
Ponteandadas

“Ponteandadas Bora-Lérez” 

20

Domingo/Setembro

Naturgaliza club de senderismo

 INSCRICIÓN ABERTA….
O Concello de Pontevedra organiza a 5ª ruta Ponteandadas 2026 (BORA – LEREZ)
13 km – circular – Dificultade: – Baixa
Inscrición ata o venres 18 de Septembro ás 24h. 

9,30 Quecemento con Zumba 

Para calquer aclaracion no telf. 625482636 – onde tamen se poden facer os bizum de 2€ da inscricion

Ás 10:00 horas
Pavillon Municipal dos Deportes de Pontevedra
creatividade

“Congreso de Creatividade” 

8,9

Martes,Mércores/Outubro

Campus Crea

O III Congreso Internacional de Creatividade terá como eixe temático as transformacións que tecnoloxías como a intelixencia artificial están a xerar nas catro áreas que abrangue o proxecto de especialización do campus de Pontevedra: a comunicación, o deseño, a arte e a educación. Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, este foro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro, reunindo no seu programa conferencias, mesas temáticas e a presentación de 65 comunicacións.

Ás 09:30 horas
Campus Universitario A Xunqueira, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥