curso

“O oficio de guionista” 

8

Luns/Setembro

Facultade de Comunicación

A Facultade de Comunicación inaugura o curso 2025/2026 coa conferencia O oficio de guionista, a cargo de Ángel Manzano, vicepresidente da Asociación Sindical Galega de Guionistas (Agag).

O seu relatorio porá peche ao acto de benvida para o alumnado de novo ingreso, programado para as 10.00 horas.

Ás 11:00 horas
Salón de actos da Facultade de Comunicación, Pontevedra 
Taller de memoria

“Taller de memoria” 

8

Luns/Setembro

O día 8 de setembro dará comezo o Taller de Memoria e outras habilidades cognitivas. Terá lugar os luns de 12:00 a 13:00 no local social cun prezo de 35 euros/mes. Inscricións na Secretaría da Sociedade

De 12:00 a 13:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra 
Vida acompañada

“Vida acompañada” 

10

Mércores/Setembro

Queres aprender a compartir vida e crear vínculos?
VIDA ACOMPAÑADA – FORMACIÓN GRATUÍTA
Un espazo para aprender a:  Coñecerte e compartir a vida,  Tomar decisións con seguridade,  Comunicar con asertividade,  Resolver conflitos
 Inscricións ata o 8/09: 698 124 762
Unha oportunidade para construír relacións e deixar atrás a soidade non desexada.
De 16:30 a 19:00 h
Pontevedra 
crear por vir

“Crear porvir” 

10

Mércores/Setembro

Editorial Galaxia

 O Café Moderno de Pontevedra acollerá, desde o 10 de setembro (19.00 horas, entrada libre), a exposición Crear porvir, a través da que a editorial Galaxia repasa 75 anos de historia. A mostra, que xa se puido ver noutras cidades, como Santiago de Compostela, e que conta co presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, entre os seus comisarios, poderase visitar neste espazo ata o 11 de outubro. Crear porvir está concibida a modo de homenaxe ao selo e permite coñecer a súa historia e anécdotas, ademais de achegar ao público actual algunhas das edicións máis especiais dos seus títulos. (Diario de Pontevedra)
Do 10 ao 11 de Outubro 2025
Café Moderno, Pontevedra 
Manuel Vilarino
adiado

“Manuel Vilariño” 

10

Mércores/Setembro

O artista Manuel Vilariño dialogará co comisario Antón Castro ao redor de Tabla BWA (Táboa BWA, 2014), unha instalación na que conflúen o ancestral e o contemporáneo.

Inspirada nas máscaras bwa, utilizadas en rituais iniciáticos en África occidental, a obra desprega un gran taboleiro de damas que remite tanto á xeometría sacra coma aos símbolos de transición entre vida e morte. No seu interior, unha montaña de cúrcuma —coa súa cor intensa e co seu poder evocador— representa a vitalidade, mentres que o canto de dúas baleas abre un espazo de mito e misterio.

Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra 
La verdadera dimension del cielo

“Alberto Martín Méndez” 

11

Xoves/Setembro

Alberto Martín Méndez

Presentación do libro “La verdadera dimensión del cielo” de Alberto Martín Méndez.

Coa mesma e particular maneira de narrar, usando unicamente letras minúsculas (as letras maiúsculas só aparecen nun poema concreto) e con poucos signos de puntuación, este segundo poemario do autor en pouco máis dun ano está dividido en tres partes claramente diferenciadas. Os poemas da primeira parte refírense a persoas próximas ao autor e poden constituír para calquera lector un conxunto de lugares comúns. Na segunda parte o autor mostra os seus receos achega do rumbo que está a tomar a sociedade actual, especialmente a Educación, que é o gremio ao que aínda pertence. O contido do terceiro poema da terceira sección, titulado espello, é o que dá título a esta, Reflexo certeiro, e que é a sección máis longa. Nela o autor pretende expoñer a súa actual visión da vida e do paso do tempo, e que se podería sintetizar en fuxir do convencional e buscar frontal e continuamente a conmoción das emocións. Por suposto que se tenta a beleza e o impacto, pero quizá a característica principal que ofrecen estes versos sexa a sinceridade. 

Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
Irene gasalla

“O nobelo de Nenuca” 

12

Venres/Setembro

Biblioteca pública Antonio Odriozola

Presentación do libro de Irene Alonso Gasalla. O nobelo de Nenucs. Os recordos da avoa comezan a enmarañarse, o seu neto decide tirar dun fío.

Neste conto están tecidos os versiños que van levar a Nenuca á súa nenez, ou van traerlle lembranzas, evocadas polos sentidos.

Aínda que, de todos os fíos que a fan recordar, os máis importantes son a comprensión e o cariño.

Ás 18:00 horas
Biblioteca pública Odriozola, Pontevedra 
Hugo Torres

“Hugo Torres” 

12

Venres/Setembro

Hugo Torres en concerto. Duración: 60 min

Hai cinco anos Hugo Torres descubriu un aparello que lle permitía traducir a pulsación vital das plantas en linguaxe musical. Agora decidiu falar con elas e escoitar o que lle teñen que dicir. Bahía Botánica (Baía botánica) é unha conversa entre dúas especies, unha experiencia sónica entre un ser animal que tenta atopar o seu lugar no mundo e un ser vexetal que soamente busca o sol e a felicidade.

Hugo Torres (Viseu, Portugal) é actor, músico, compositor e director artístico. Comeza a súa traxectoria aos seis anos na compañía Trigo Limpo de Tondela. Nos anos noventa trasládase ao Porto, onde se licencia en Teatro e Interpretación na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo. 

Ás 20:00 horas
Claustro do edificio Sarmiento, Pontevedra 
Miopia

“Mito Meijón” 

12

Venres/Setembro

Liceo Casino

Inauguración da exposición no Liceo casino de Miopía de Mito Meijón coa intervención de Antón Castro e Antón Sobral.

Ás 20:00 horas

Liceo casino, Pontevedra 
Irene Santamaría

“Irene Santamaría” 

13

Sábado/Setembro

Volve a tempada de exposicións a Tangram!  Despois dun verán sen novas mostras, arrincamos o curso con moitísima ilusión  E non podiamos facelo de mellor maneira que con nosa queridísima Irene Santamaria Plata , que volve á galería coa súa segunda exposición connosco. Nesta ocasión preséntanos “Desde Dentro”, unha proposta fresca e emotiva que nos convida a reconectar co noso neno interior a través do xesto, a cor e a emoción pura. Ademais, esta vez Irene sorpréndenos cun cambio de formato: xa non se trata de pinturas sobre lenzo como na súa anterior mostra, senón de serigrafías sobre tea acompañadas dunha instalación audiovisual que expanden a experiencia moito máis alá do papel.

Ás 18:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra 
sonidos inolvidables

“Sonidos inolvidables” 

13

Sábado/Setembro

Liceo Casino

O sábado 13 de setembro ás 19:00 horas, Amizades Perigosas e Cómplices únense no Liceo Casino Pontevedra para unha Noite de sons inolvidables. Teloneiro: Rober Calvo e Dj ao finalizar o concerto · Lugar: Parque da Caeira · Apertura de portas ás 18:30 h · Haberá servizo de restauración Prezo: Socios: 10 € Non Socios: 25 €

Ás 19:00 horas
Parque da Caeira, Pontevedra 
abraioscopio

“Abraioscopio” 

13

Sábado/Setembro

A Gran Gala do festival Abraioscopio, antigo Pontevedra Máxica Fest, regresa á Boa Vila para deleitarnos cun espectáculo máxico totalmente diferente a calquera outro que acolleuse na cidade ata agora. Referentes do panorama nacional e internacional reúnense nunha cita para todos os amantes da maxia, da música e do circo. Probablemente… o evento máxico que lembrarás o resto da túa vida.

Ás 19:30 horas
Teatro principal, Pontevedra 
SAVVNA

“Savvna” 

13

Sábado/Setembro

Sleaford Mods en palanquín. Pinto de Herbón cando o botan da taberna. Suicide vestidos de robot na romería viquinga. Manolo y Benito cortando o bocadillo coa radial. Unha pandilla de cacos. Os dous de sempre. O mellor grupo da Galiza. Probablemente. SAVVNA @savvvvna

Entrada a vontade entre 5 e 10€ íntegramente para os artistas.

Ás 20:30 horas
Liceo Mutante, Rúa Afonso XIII 9, Pontevedra 
cultura friki

“Salón do videoxogo” 

13-14

Sábado,Domingo/Setembro

A fin de semana, Pontevedra acollerá a 4ª edición da Lérez Up, o Salón do Videoxogo e a Cultura Friki, no Recinto Feiral. Organizado por Gaming Troop co apoio do Concello de Pontevedra, o evento consolídase como un espazo interxeracional para amantes dos videoxogos, o cosplay, a cultura xaponesa e o lecer alternativo. Máis información

Todo o día
Recinto Feiral de Pontevedra
infiltracións

“Marta Pazos”

1

Venres/Agosto

Museo de Pontevedra

Dalia é o título do proxecto que a artista Marta Pazos (Pontevedra, 1976) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, que ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo de Pontevedra.

Nesta ocasión, Infiltracións  intégrase no contexto da 32 Bienal de Pontevedra, que propón como eixo de reflexión Volver a ser humanos, unha chamada a repensar a condición humana desde múltiples perspectivas.

Do 1 de agosto ao 30 de Novembro
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Camaradas

“Camaradas” 

28

Venres/Marzo

Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes presenta Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia

Do 28 de Marzo a Novembro 2025
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.
Visita as ruinas santo Domingo

“Ruinas de San Domingos” 

15

Sábado/ Marzo

Museo de Pontevedra

 Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:

➤ A súa cabeceira de cinco ábsidas, única no gótico galego
➤ A serie de capiteis e elementos decorativos
➤ A colección de laudas, sepulcros, escudos e outros elementos escultóricos
Pódese visitar: De martes a sábado: 10h a 14h e 16:00h a 19:30h
Domingos e festivos: 11h a 14h
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.

Proximamente

Mulleres de palabras

“Mulleres de Palabra(s)” 

18

Xoves/Setembro

APIARIO: Dores Tembrás e Antía Otero

Concibimos este obradoiro como unha oportunidade para achegarse á palabra poética, centrándonos na produción literaria de autoras galegas contemporáneas. Os obxectivos son atallar os prexuízos co xénero e afondar no acontecemento poético, atendendo a teorías que nos poñan en contacto con algunhas das obras máis relevantes das últimas décadas. Todo isto para deternos en conceptos coma silencio, música do poema, ritmo, poder de suxestión, evocación, corte do verso, imaxe…

SESIÓN 1: Xohana Torres e Luisa Villalta
SESIÓN 2: Carmen Pereiras e Ana Romaní
SESIÓN 3: Lucía Aldao e María Lado
SESIÓN 4: Susana Aríns e Antía Otero

Datas: os xoves 18 e 25 de setembro e 2 e 9 de outubro

Dirixido a persoas que queiran aproximarse ou afondar na poesía galega e adquirir ferramentas para gozar da súa lectura.

Capacidade limitada: 20 prazas

Inscricións en participa.igualdade@depo.es

De 19.30 a 21.30 h
Salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación, Pontevedra 
bordado

“Bordado ao aire” 

1

Mércores/Outubro

Curso de bordado ao aire, a formación comeza o 1 de outubro. Todos os mércores de 16:30 a 18:30 horas no centro su, antiga ONCE.

Prezo 15 euros de inscrición + 17 euros cota mensual. Duración 3 meses

De 16:30 a 18:30 horas
Centro sur, Pontevedra 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥