no sólo cuatro cosas

“No sólo cuatro cosas” 

10

Martes/Decembro

Liceo Casino

O 10 de decembro ás 19:30 h, no Salón Noble do Liceo Casino Presentación do libro ‘No sólo cuatro cosas’ A historia da Galicia democrática contada por Paco Vedra. Homenaxe póstumo a 𝗝𝗮𝘃𝗶𝗲𝗿 𝗦𝗮́𝗻𝗰𝗵𝗲𝘇 𝗱𝗲 𝗗𝗶𝗼𝘀.

Entrada libre ata completar aforo.

Ás 19:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra 
La parra

“La Parra” 

10

Martes/Decembro

La Parra de Alberto Gracia

España, Portugal | 2024 | 90´ | Cor

Damián participa nun concurso televisivo onde se premia a literalidade. Colocáronlle o seu nome na camisa e un croma de fondo. Cando o programa vaise a publicidade, comeza a historia.

Algo non vai ben.

Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
Una sombra oscilante

“Una sombra oscilante” 

11

Mércores/Decembro

Una sombra oscilante” de Celeste Rojas Mugica

Chile, Arxentina, Francia | 2024 | 77’ | Cor | DCP

El revela e imaxina un mundo no interior dun cuarto escuro. A súa filla fai diso un xogo: sobre imaxes latentes, posibles, inventadas sobre as formas de resistir e transitar a escuridade. Una sombra oscilante explora o peso íntimo e político das imaxes para abrir un espazo onde pensalas como acto de resistencia, xa sexa porque se fan pese ao horror ou porque existen para ofrecer un punto de fuga imaxinario que quizais nos libere deste.

Ás 16:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
arquitectura

“Arquitectura e símbolos de laxedo..” 

11

Mércores/Decembro

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro Arquitectura e símbolos de Laxedo. Unha aldea planificada na Galicia rural, editado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 11 de decembro, ás 19:00 horas, no salón de actos do Edificio Castelao no Museo de Pontevedra. Os autores estarán acompañados por Xaime Toxo.
A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
Eastern Athems

“Eastern Anthems” 

11

Mércores/Decembro

Eastern Anthems de Matthew Wolkow, Jean-Jacques Martinod

Canadá, United States, Ecuador | 2014 | 78´ | Cor | DCP

Un filme inacabado pasa dun amigo a outro. O diálogo entre eles é unha viaxe atravesada polo enxame da Gran Xeración Oriental X de cigarras periódicas que emerxen profeticamente cada 17 anos en Estados Unidos, invocando un reflexo dun presente post-pandémico e dos nosos futuros compartidos.

Unha road movie composta por un coro de voces (tanto humanas como non), as advertencias da historia, o poder da natureza e o renacemento.

Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
a palabra salvaxe

“Caride-Bóveda” 

11

Mércores/Decembro

Librería Metáfora

Man a man arredor da palabra Salvaxe

Ramón Caride e Jorge Emilio Bóveda estarán este mécores 11 na librería Metáfora ás 19:00 horas

Ás 19:00 horas
Metáfora, rúa Charino. Pontevedra.
XXL

“XXL” 

11

Mércores/Decembro

XXL” de Kim Ekberg, Sawandi Groskind

Suecia | 2024 | 77’ | Cor | DCP

Os irmáns, Enzo e Magda, distanciáronse. Nun intento por conectar de novo, Magda convida a seu irmán a unha viaxe de fin de semana a Helsinqui. No seu periplo atópanse con personaxes e rostros singulares e viven situacións que apelan a reflexionar sobre a vida, a arte e a existencia. Os recordos e o presente mestúranse, os soños e realidade fusiónanse para estes viaxeiros á deriva nunha atmosférica Helsinqui.

Ás 21:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
Cata de cervexa

“Cata de Cervexa” 

11

Mércores/Decembro

Cata de cervexa con picoteo

Prezo: Necesaria reserva – 15€/persoa.

Aforo limitado. Onde fago a reserva?

Por privado: formalizarase unha vez feito o pago en tenda.

Na tenda: Rúa Real 13, Pontevedra. Reservas abertas ata o 10 de decembro! 

De 20:15 a 21:45 horas
Mímate, Rúa Real 13, Pontevedra.
cunca e nécora

“Cunca e nécora”

12-15

Xoves a Domingo/Decembro

Volve CUNCA E NÉCORA! Os roteiros históricos por Pontevedra nos que facemos tres paradas para tomar tres viños con tres pinchos en locais de hostalaría local!
Tres modalidades: tradicional, mariñeira e vegana.
 Moitas quendas en decembro, en horario de mañá e de tarde. 
15€/paz e prazas moi limitadas.
 Reservas e máis info en paseapontevedra@gmail.com 
Ás 12:00 e ás 20:00 horas
Pontevedra
Buscando localizacións

“Buscando localizacións” 

12

Xoves/Decembro

Facultade de Comunicación

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da Máster Class Audiovisual Galego Augal, coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Xunta de Galicia. Baixo o título de Buscando localizacións, trátase dunha sesión formativa impartida polo produtor, localizador e egresado da facultade Andrés Rozados.

Ás 16:00 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra
un pays en flammes

“Un pays en flammes” 

12

Xoves/Decembro

Un pays en flammes” de Mona Convert

Francia | 2024 | 70´ | Cor

No bosque das Landas, unha familia transmite de xeración en xeración os segredos do fogo. Baixo a ollada dos animais, transcorren os días e as noites. Patrick, o pai, come herba. Margot, a filla, explota. E Jean, o neno, deseña pequenos ramos con vagalumes.

Ás 16:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
Los capítulos perdidos

“Los capítulos perdidos” 

12

Xoves/Decembro

Los capítulos perdidos” de Lorena Alvarado

Venezuela | 2024 | 67´ | Cor | DCP

Tras pasar varios anos no estranxeiro, Ena regresou a Venezuela. A medida que a súa avoa perde gradualmente a memoria, seu pai colecciona libros raros para preservar o patrimonio literario do seu país. Nun dos libros, Ena descobre unha postal misteriosa que utiliza para localizar un autor caraqueño esquecido hai moito tempo.

Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
Senhora da serra

“Senhora da serra” 

12

Xoves/Decembro

Senhora da serra” de João Dias

Portugal | 2023 | 68´ | Cor | DCP

Na penumbra da súa cova, Senhora da Serra esperta do soño das estatuas, descende do seu basto altar de granito e parte en busca da cor sonora e fraterna da Humanidade. Pero nos carreiros da montaña, máis aló das rocas silenciosas e inamovibles, ela só coñecerá aos homes sombríos e as súas doutrinas. Ao fracasar no ideal de compaixón e tenrura, queda melancólica polo silencio das estatuas onde estaba a salvo.

Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
los hiperbóreos

“Los hiperbóreos” 

13

Venres/Decembro

Los hiperbóreos” de Cristóbal León, Joaquín Cociña

Chile | 2024 | 71´ | Cor | DCP

A actriz e psicóloga Antonia Giesen decide filmar un guión revelado por unha voz que habita a mente dun dos seus pacientes. Buscando colaborar co dúo cinematográfico León y Cociña, crean una encrucillada de teatro, ciencia ficción, animación e unha película biográfica fabulosa, poboada por mundos paralelos e perseguida pola sombra dun escritor nazi chileno como unha figura demoníaca.

Ás 16:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
Acislo

“Acislo” 

13

Venres/Decembro

O 13 de Novembro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova exposición “Acisclo en 66 obras

Localización: Edificio Castelao – Comisaria: Beatriz de San Ildefonso

Do 13 de Decembro ao 02 de febreiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
the human hibernation

“The human hibernation” 

13

Venres/Decembro

The Human Hibernation” de Anna Cornudella Castro

España | 2023 | 90´ | Cor | DCP

The Human Hibernation é unha película sobre a natureza humana se esta fose diferente. A partir da desaparición de Erin, unha nena que esperta prematuramente da súa hibernación, Clara, a súa irmá maior, levaranos nunha viaxe de procura de respostas e confrontación das narrativas preestablecidas pola sociedade na que vive. Una que hiberna durante os meses máis fríos do ano. Unha reflexión sobre o ser humano, a contradición e a condición animal.

Ás 19:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
microrrelato

“Poesía e Microrrelato” 

13

Venres/Decembro

O 13 de deciembre volvemos a Cafetería O Forno con Poesía e Microrrelato. Acompañaranos: Ángel Marcelo, Rosario Miloro, Simón Besada e Tania Yánez.

Entrada de balde. Ao rematar haberá micro aberto (2 minutos cada unha)

Ás 20:30 horas
O Forno, Rúa Riestra 16, Pontevedra
noites de poesia

“Noites de poesía” 

13

Venres/Decembro

O 13 de deciembre volvemos a PonteVerde na rua Gorgullon para unha acolledora noite de poesía. Rodeadas de verduras felices e boa compañía compartimos palabras, poesía, paixón, música, e mais! Benvida ás 21:00, espero vervos en @ponteverde_tenda

Ás 21:00 horas
Ponteverde, rúa Gorgullón, Pontevedra
no sleep till

“No sleep till” 

13

Venres/Decembro

No Sleep Till” de Alexandra Simpson

Estados Unidos, Suíza | 2024 | 93’ | Cor | DCP

Nunha cidade costeira de Florida ameazada por un huracán inminente, os lugareños prepáranse para unha evacuación obrigatoria. Mentras os últimos turistas marchan e os residentes tapian as súas casas, algúns vagabundos deciden quedarse.

Ás 21:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra 
Vermú entre libros

“Vermú entre libros” 

14

Sábado/Decembro

Libraría Paz

@carmevidalaxe  @belendizjuncal e Pablo Iglesias Nuñez conversarán con @evamejuto da biografía emocional de Mercedes Núñez, loitadora polas liberdades e supervivente do fascismo, editada por Edicións Xerais de Galicia
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
lejos

“Alicia Jaraba” 

14

Sábado/Decembro

Libraría Paz

alicia_jaraba presenta o seu novo cómic editado por @nuevo.nueve acompañada de @martha_lane
será o sábado 14 de decembro ás 18,30h
Ás 18:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra 
conto de Nadal

“Un conto de Nadal” 

14

Sábado/Decembro

Afundación

“UN CONTO DE NADAL, O MUSICAL” chega a PONTEVEDRA! Un espectáculo para toda a familia!

Un espectáculo entrañable cheo de ilusión, esperanza, decorados grandes e coidadísimo vestuario, para envolverte na maxia do Nadal.

Scrooge é un home cobizoso e egoísta que padece unha transformación na súa vida cando foi visitado durante noiteboa polas pantasmas do Nadal pasado, presente e futuro.
Pantasmas que van dende os máis doces ata os máis escuro, pasando polo presente, un espírito moi divertido, que dá un toque cómico á historia. Eles fanlle ver a súa vida dende outra perspectiva e, así, comeza a súa nova vida, axudando máis aos demais, sabendo perdoar e, por suposto, celebrando o Nadal como sempre quixera facelo.

Ás 19:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
Brass Atlantic

“Brass Atlantic” 

14

Sábado/Decembro

Volta Sons de Outono, un festival a pé de rúa que quere achegar as músicas de fusión á cidadanía no mediodía dos fins de semana. Para isto o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, quere contar con artistas de proximidade.

BRASS  ATLANTIC
Rosolino  Marinello; saxo alto
Sarunas  Pupelis; saxo tenor
Ginés Guerra; trombón
Lolo  Martínez; tuba
Noli  Torres; batería
Ás 12:00 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra
te separas mucho

“Te separas mucho” 

15

Domingo/Decembro

“Te separas mucho” de Paula Veleiro

España | 2024 | 74´ | Cor

En 1989, José Luis e Luz María, un matrimonio novo que vive en Galicia e acaba de ter unha filla, divorciase. José Luis filma todo o proceso de ruptura coa súa cámara. En 2019, a súa filla Paula que vive en Francia desde hai dez anos coa súa moza Joy, sepárase. Paula, ao igual que o seu pai, gravou durante todo este tempo a súa historia de amor e o seu final. Este documental emprega material de arquivo íntimo para iniciar un diálogo entre dúas rupturas con trinta anos de diferencia, intentando contestar á pregunta: que é o que permanece cando o amor acaba?

Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Karin Sander

“Karin Sander” 

4

Mércores/Decembro

Facultade de Belas Artes

O mércores 4 de decembro teremos a sorte de inaugurar unha exposición da artista Karin Sander na Sala Profesor Manuel Moldes da Factultade.

Agardámosvos ás 20 h.
@karin_sander @salaprofesormanuelmoldes
Do 4 de Decembro ao 20 de Febreiro 2025
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
versus

“Galia Blanco” 

3

Martes/Decembro

Liceo Casino

Exposición pictórica de Galia Blanco 𝗗𝗲𝗹 𝟯 𝗮𝗹 𝟮𝟲 𝗱𝗲 𝗱𝗶𝗰𝗶𝗲𝗺𝗯𝗿𝗲 nosa Sala de Exposicións acollerá esta mostra baixo o nome de “Versus“. A inauguración da exposición será o día 𝟯 𝗱𝗲 𝗱𝗶𝗰𝗶𝗲𝗺𝗯𝗿𝗲 𝗮 𝗹𝗮𝘀 𝟭𝟵:𝟬𝟬 𝗵. O acto será presentado por Maica Larriba, licenciada en Historia da arte e catedrática de Xeografía e Historia. Entrada libre Aforo limitado

Do 3 ao 26 de decembro
Liceo Casino de Pontevedra
o vacio

“El Vacío” 

3

Martes/Decembro

A inauguración da nosa Expo será o día 3 de decembro e estará exposta ata o 15 na galería TANGRAM, en Pontevedra. Temos moitas ganas de que poidades vir vela, e grazas aos artistas que van participar, estamos seguros que co noso Kaos encheremos O Baleiro con moita arte. Vémonos en decembro @galeria.tangram

Do 3 ao 15 de Decembro
Galería Tangram, Pontevedra
INTU INDO

“INTU-INDO” 

29

Venres/Novembro

Deputación de Pontevedra

O 29 de outubro inauguramos no Palacete das Mendoza, unha nova exposición “Intu-Indo”de Xosé Luis Román.

“Intu-Indo” discorre por dous camiños que amosan, por unha banda, a cor, que representa unha cotiandade en declive. Polo outro lado, unha visión menos amable dunha natureza presentida coa que o autor convida a reflexionar sobre cara a onde queremos ir. Eses dous camiños, sinala Román, conflúen no desexo de atopar un espazo común nunha natureza sostible e harmónica.

Do 29 de Novembro ao 15 de Decembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra.
é tempo de xogar

“É tempo de xogar” 

29

Venres/Novembro

O 29 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra, edificio Sarmiento, unha nova exposición “É tempo de xogar”. Colección Juan Manuel Alfaya Campo.

Do 29 de Novembro ao 09 de febreiro 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Flores imposibles

“Flores imposibles” 

25

Luns/Novembro

Facultade de Belas Artes

A sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a exposición Flores Imposibles, na que se presenta un mural realizado por cinco alumnas da facultade para a feira Pontesán. 

Trátase dunha peza realizada, nun proceso colectivo, por Elena Pérez, María Rodríguez, Lucía Villar, Violeta de Castro e Mónica Pérez, co propósito de falar da diversidade, a superación persoal e a normalización das distintas discapacidades.

Do 25 de Novembro ao 06 de Decembro
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Exposición en fundación Manuel Moldes

“50 anos dende Tambor” 

19

Martes/Novembro

Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes celebra o medio século da inauguración damostra pictórico na Galería Tambor de Madrid dos artistas Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba.

Preséntanse algunhas das pezas que foron expostas na galería madrileña e obras posteriores de ámbolos artistas.

Do 19 de Novembro ata marzo 2025
Fundación Manuel Moldes, rúa Javier Puig, Pontevedra 
Jose Benito Otero Baena

“Jose Benito Otero Baena”

8

Venres/Novembro

Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’, que terá lugar o venres 8 de novembro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).

Do 8 de Novembro ao 19 de Xaneiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Vento

“Vento” 

25

Venres/Outubro

O 25 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova “infiltración” na colección. ‘Vento’, de Alberto Baraya.
Comisariada por Iñaki Martínez Antelo.
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
simultánea

“Simultánea” 

9

Mércores/Outubro

Afundación

Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.

Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.

Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.

Do 9 de outubro ao 25 de Xaneiro 2025
Café moderno, Pontevedra

Xa podes anotarte

El cascanueces

“O Cascanueces” 

20

Venres/Decembro

Afundación

BALLET DE KIEV, BAILANDO DESDE EL CORAZÓN

Os bailaríns do Ballet de Kiev volven a regalarnos a tradición de gozar da súa versión de O Cascanueces arredor do Nadal. Nunha versión vistosa e moi emotiva que nos transporta aos sentimentos da maxia e ao espírito do Nadal.

O CASCANUECES

MÚSICA Pyotr Tchaikovsky

LIBRETO Vladimir Beghitchev / Vasili Geletzer

COREOGRAFÍA Marius Petipa

Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
david taboada

“David Taboada Trío” 

21

Sábado/Decembro

Volta Sons de Outono, un festival a pé de rúa que quere achegar as músicas de fusión á cidadanía no mediodía dos fins de semana. Para isto o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, quere contar con artistas de proximidade. 

DAVID  TABOADA  TRIO
Mateo  Sestelo; piano 
Yudit Almeida; contrabaixo 
David  Taboada; batería
Ás 12:00 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra
Carlos Núñez

“Carlos Núñez” 

21

Sábado/Decembro

Pazo da cultura

Concerto de Carlos Núñez no Pazo da cultura

Ás 21:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra 
queen

“Remember Queen” 

21

Sábado/Decembro

Afundación

Os artistas en Remember Queen coidan o máis mínimo detalle do espectáculo orixinal cunha posta en escena similar á que estes utilizaban na Xira do 86, sendo a última Xira de QUEEN con “Freddie Mercury” en escena. A formación orixinal que apaixonou nos escenarios de todo o mundo.

Queen era excepcional porque os seus músicos eran excepcionais, como a súa batería Roger Taylor, recoñecido e destacado músico da historia do rock, que ademais foi compositor de gran parte dos éxitos como “Radio Ga Ga”, “A Kind of Magic”. O batería de Remember Queen Roberto D´Amicis interpreta como ninguén outros éxitos de Queen como “I’m In Love With My Car”.

Ás 21:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥