“A fuego lento”
10
Martes/Febreiro
Concello de Pontevedra
Continuamos co festival de cine gastronómico no Mercado de Abastos!
Proxectamos “A fuego lento”
Ambientada no mundo da gastronomía francesa en 1885. A relación entre Eugenie, cociñeira de prestixio, e Dodin, o gastrónomo para o que traballa desde hai 20 anos. Cada vez máis namorados o un do outro, o seu vínculo convértese nun romance e dá lugar a deliciosos pratos que impresionan mesmo aos chefs máis ilustres do mundo.
Entrada libre ata completar aforo
Ás 18:30 horas
Mercado de abastos de Pontevedra
“Malena Rodríguez”
10
Martes/Febreiro
Pamolita eventos
O teu CHAN PÉLVICO TAMÉN NECESITA ATENCIÓN
Neste taller imos crear un espazo seguro, natural e sen vergoñas para entender e coidar unha das zonas máis importantes Podes inscribirche aquí
Prazas limitadas Totalmente gratis
Coñece o teu corpo, enténdeo e aprende a escoitalo. Taller impartido por Malena Rodríguez. Para todas as idades Sen necesidade de experiencia previa Nun ambiente próximo, respectuoso e profesional Que veremos? Que é realmente o chan pélvico e como che axuda nos teus día a día Problemas frecuentes (e por que non son “normais” aínda que sexan comúns) Mitos e realidades que seguro escoitaches Autoexploración e conciencia corporal Consellos prácticos para empezar a coidalo desde xa
Ás 18:30 horas
Pizzeria Valerias Rúa Sarmiento, 9, Pontevedra
“O sofá Violeta”
10
Martes/Febreiro
Centro de Información á Muller de Pontevedra
O sofá violeta é un club de lectura feminista coordinado desde o Centro de Información á Muller de Pontevedra para fomentar a lectura e abrir unha canle de debate con perspectiva de xénero entre mulleres das distintas zonas do municipio. Os títulos abordarán de maneira accesíbel para todos os niveis de lectura distintas problemáticas de temática feminista, de maneira directa ou transversal, e desde distintas modalidades de escrita: narrativa, ensaio, poesía ou banda deseñada.
Falamos con María Besteiros sobre “Ítaca”
Formulario de inscripción
Ás 19:00 horas
CSC do Gorgullón, Pontevedra
“Nouvelle vague”
10
Martes/Febreiro
Cineclube
NOUVELLE VAGUE
Nouvelle Vague, Richard Linklater, 2025. Francia, 105 min, VOSE
Lingua orixinal: francés, inglés
O novo filme de Richard Linklater recrea episodios clave da eclosión danouvelle vague, desde a actividade na redacción daCahiers du Cinémaata a lendaria estrea deLes Quatre Cents Coups, centrándose na produción da revolucionaria película de Jean-Luc Godard Ao final da escapada en 1959.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal de Pontevedra
“Moonlight“
11
Mércores/Febreiro
Cineclubebelasartes
Moonlight de Barry Jenkins 2016. 11minutos. Estados Unidos
Chiron é un mozo afroamericano cunha difícil infancia e adolescencia, que crece nunha zona conflitiva de Miami. A medida que pasan os anos, o mozo descóbrese a si mesmo tentando sobrevivir en diferentes situacións. Durante todo ese tempo, Chiron terá que facer fronte á drogadicción da súa nai e ao violento ambiente do seu colexio e o seu barrio.
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Un mar de gravados“
11
Mércores/Febreiro
Facultade de Belas Artes
Inauguración do taller de obra múltiple contemporánea “Un mar de gravados”. Ás 19:00 horas
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes
Do 11 ao 27 de Febreiro
Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
“Alfonso Zulueta”
11
Mércores/Febreiro
Ateneo de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Elsa Muñiz”
11
Mércores/Febreiro
Ao son do piano
Ao son do piano. Elsa Muñiz:
Elsa Muñiz creou o pianotelling: unha fusión de piano, caligramas e microrrelatos. Preséntao nun espectáculo inmersivo e emocionante no que interpreta os temas orixinais do seu álbum New Beginnings.
Elsa Muñiz é unha pianista, compositora e narradora galega que revolucionou o panorama musical coa súa proposta de pianotelling. A súa formación musical sólida, con estudos en conservatorios e universidades galegas e estranxeiras, e a súa paixón pola literatura converxen nunha experiencia artística única.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“A habitación”
11
Mércores/Febreiro
Taller Abierto
O cinema volverá ser unha ferramenta para reflexionar e analizar de maneira social a saúde mental nunha nova edición do ciclo ‘O oficio de vivir’.
A selección das películas, realizada polo xestor cultural Suso Novás, busca a variedade temática e o debate posterior.
Todas as sesións incluirán un coloquio dirixido a un público xeral, onde os asistentes poderán formular preguntas.
Será o turno de A habitación (Room), un filme que aborda o trauma. A encargada de contextualizar a cinta será Ana Cris Eiriz, psicóloga especializada en trauma complexo.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“”
11
Mércoles/Febreiro
Fundación Cuña-Casasbellas
No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Poder e loucura: ególatras, narcisistas e outras faunas”,
Ás 20:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) de Pontevedra
“Queco e Kika”
12
Xoves/Febreiro
Libraría Paz
Eva Mejuto e Paula Cheshire presentan o seu libro “Queco e Kika” en moi boa compañía.
Vinde!
@edicionsxeraisdegalicia
Ás 18:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Her”
12
Xoves/Febreiro
Taller Abierto
O cinema volverá ser unha ferramenta para reflexionar e analizar de maneira social a saúde mental nunha nova edición do ciclo ‘O oficio de vivir’.
Todas as sesións incluirán un coloquio dirixido a un público xeral, onde os asistentes poderán formular preguntas.
O ciclo pecharase con Her, unha película protagonizada por Joaquin Phoenix, que servirá para debater sobre as relacións nas redes sociais. O convidado será Mariano Hernández Monsalves, psiquiatra que exerce a docencia en varios mestrados en Madrid.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Taller de Orquídeas”
13
Venres/Febreiro
Liceo Casino
O venres 13 de febreiro celebrarase un Taller de Orquídeas, está orientado a ofrecer formación práctica sobre o correcto transplante e mantemento destas plantas.
A actividade abordará aspectos fundamentais como a elección do substrato e do recipiente máis adecuados, así como o coñecemento do ciclo natural da orquídea, os seus requirimentos para a floración e a interpretación do estado das súas raíces, follas e varas florais. Así mesmo, proporcionaranse recomendacións sobre rega, iluminación e niveis de humidade necesarios para favorecer un desenvolvemento saudable e estimular novas floracións. Durante a sesión, cada participante realizará o seu propio transplante de maneira guiada e poderá levar a orquídea preparada para continuar o seu coidado no fogar. Prezo: 45 €
De 17:30 a 19:00 horas
Liceo Casino de Pontevedra
“Xeración Sónica”
13
Venres/Febreiro
Estudio Bonobo
Volven os directos de Xeración Sónica! O vindeiro venres 13 de Febreiro ás 19:45 no Teatro Principal estaremos presentando o novo recopilatorio que estará disponible en plataformas a partir dese día.
Ademáis contaremos cuns convidadxs mois especiais, teremos ás @_ragerrr , a Banda do Rocklab e a dúas bandas do @localdemusica , coma son @eip.jabit e Pedido 751
Entrada de balde, acudide co voso mellor disfraz!!
Apertura de portas 20:45 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Valeria Mederer”
13
Venres/Febreiro
Espazo Nobel Pontevedra
VOLVEMOS CO NOSO CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS
E facémolo cunha presentación moi especial na nosa libraría
Presentamos “Un feitizo de familia” cun contacontos máxico para pequenas e pequenos lectores con Valeria Mederer
Prazas limitadas
Na nosa libraría. Reserva xa e non quedes sen sitio!
Ás 20:00 horas
Espazo Lector Nobel, rúa Cobian Roffignac 4, Pontevedra
“Mercadiño do Amor”
14
Sábado/Febreiro
Kentada
este 14 de febreiro teremos a segunda edición do mercadiño máis rikiño de todos….o mercadiño do amor, artesáns coas súas artesanías, xantar popular, bingo e temazos k veñen da man de yago e carola
unha fantasía vos esperamos a partires das 12
Ás 12:00 horas
Kentada, rúa da Barca 14, Pontevedra
“Julio Valdeón”
14
Sábado/Febreiro
Libraría Paz
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“The twist connection”
14
Sábado/Febreiro
Jack Jack
The Twist Connection (Rock-Portugal) en directo!
Este 14 de febreiro ás 13:00h, prepárate para un concerto cargado de enerxía con @thetwistconnection.
O rock máis auténtico vai facer tremer O Panderetas!
Ás 13:00 horas
Campillo de Santa María 4, Pontevedra
“Velas aromáticas”
14
Sábado/Febreiro
Kurinuki
Febreiro é un bo mes para parar un rato e adicarlle tempo a un proceso, probar materiais e sair do bucle do día a día.
Este mes poderás vir ao taller e facer cousas como velas aromáticas de soia natural con deseños especiais e, por supuesto, cerámica.
Lembra que as prazas son limitadas
Máis información https://www.instagram.com/kurinuki.tallerceramico/
Ás 17:00 horas
Kurinuki, Pontevedra
“Iván del Río”
6
Venres/Febreiro
Galería Tangram
Do 6 ao 27 de Febreiro
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra
“A pandeireta galega”
2
Luns/Febreiro
Consello da cultura galega
“A pandeireta galega” exposición no vestíbulo do Pazo provincial
Do 2 ao 27 de febreiro
Vestíbulo do Pazo da Deputación de Pontevedra,
“Juan Carlos Vilar”
30
Venres/Xaneiro
Palacete das Mendoza
Exposición: ” Novas follas de herba” de Juan Carlos Vilar no Palacete das Mendoza.
A mostra estará desde o 30 de xaneiro ata o 15 de febreiro
Do 30 de xaneiro ao 15 de febreiro 2026
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“San Sebastián”
30
Venres/Xaneiro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Debuxar coa Luz”
19
Venres/Decembro
Museo de Pontevedra
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Carlos Bravo”
17
Venres/Decembro
Carlos Bravo
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
“Cronofitti”
17
Mércores/Decembro
Mambo Gallery
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
“Moldes dende a figura”
11
Xoves/Decembro
Fundación Manuel Moldes
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
“Alba Troiteiro”
4
Xoves/Decembro
Alba Troiteiro
Exposición de debuxos de Alba Troiteiro.
Ela dí de si mesma, “non sei definirme, estoume ensinando”
Mentras tanto, nun intento de debuxarme fixen unha recopilación de algunhas versions da miña persoa a través de ollos alleos.
Decembro 2025
Mímate rúa Real 13, Pontevedra
“Bicos de cine”
3
Mércores/Decembro
Fundación Manuel Moldes
A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
“Dúas ladeiras…”
20
Xoves/Novembro
Facultade de Belas Artes
Entre o 20 de novembro e o 20 de febreiro, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición Dúas ladeiras da mesma montaña, promovida xunto co Centro de Arte Fundación María José Jove. Nela preséntase as obras desenvolvidas polos artistas Martín Llavaneras e Elena Jones á raíz da súa estadía na cidade mexicana de Guadalajara como beneficiarios da primeira convocatoria de residencias internacionais desta fundación.
Do 20 de novembro ao 20 de febreiro
Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes.
Proximamente
“La traversée”
19
Xoves/Febreiro
Vicerreitoría do Campus da UVIGO
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de La Traversée (2020), no marco do ciclo de cinema Dulce bellum inexpertis, dirixido a afondar nos efectos e consecuencias das guerras a través de filmes de diferentes xéneros.
Esta proxección pon peche a un ciclo que a Vicerreitoría do campus promoveu coa colaboración do Concello de Pontevedra.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Baile Swing”
21
Sábado/Febreiro
Escuela de danza Déborah
Taller de Baile Swing con Nerea Jenglemad o sábado 21 de 11:30 a 13:30 na Escuela de danza Déborah.
Prezo 20 Euros
De 11:30 a 13:30 horas
Deborah, rúa San Guillerme 25, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥