A teta asustada

“A teta asustada” 

9

Luns/Marzo

Facultade de Comunicación

La teta asustada de Claudia Llosa 2009
Fausta (Magaly Solier) padece de “A teta asustada”, unha enfermidade que se transmite polo leite materno de mulleres maltratadas durante a época do terrorismo no Perú. Os infectados nacen sen alma, porque do susto escondeuse na terra, e cargan un terror atávico que lles illa por completo. Pero Fausta esconde algo máis; garda un secreto que non quere revelar, ata que a súbita morte da súa nai desencadeará feitos inesperados que transformarán a súa vida e a doutros.

Ás 18:30 horas
Aula de cine da Facultade de Comunicación, Pontevedra
An injury to one

“An injury to one” 

9

Luns/Marzo

Cineclube

AN INJURY TO ONE
Travis Wilkerson, 2002, EUA, 53 min. Lingua orixinal: inglés

Filme antisocial sobre o socialismo, en palabras do seu director. É a propia voz de Wilkerson a que narra o saqueo da vila mineira de Butte (Montana) por parte dos poderes capitalistas, encarnados na compañía Anaconda. O resultado: 10.000 mineiros mortos, 25 billóns de dólares de beneficio pola extracción de cobre e, como fito simbólico, o asasinato, en 1917, de Frank Little, un dos lendarios Wobblies, sindicalistas que loitaban polos dereitos dos traballadores desde unha óptica socialista. Un crime que o director fai reverberar como gran metáfora do devir do capitalismo global.

An Injury to One foi nomeado un dos mellores filmes de vangarda da década por Film Comment e «fito do cinema político» por LA Times.

Ás 20:30 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Viridiana

“Viridiana” 

10

Martes/Marzo

Cineclube Belas Artes

Tesis de Luis Buñuel 1961
Don Jaime (Fernando Rey), un vello fidalgo español, vive retirado e solitario na súa facenda desde a morte da súa esposa, ocorrida o mesmo día da voda. Un día recibe a visita da súa sobriña Viridiana (Silvia Pinal), novicia nun convento, que ten un gran parecido coa súa muller. Baseada libremente na novela “Halma“, de Benito Pérez Galdós.
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
homenaxe a Charly

“Homenaxe a Charli” 

10

Martes/Marzo

O salón

Homenaxe a Carlos Taboada “Charli”, o martes 10 de marzo ás 19:00 horas na biblioteca Pedrarcana (Sala de exposicións do Pazo da Cultura).
Contaremos coa presenza de Joana Montero,Enrique Mauricio, Marcelo Dobode e Antón Ke.
Ás 19:00 horas
Sala de exposicións do Pazo da Cultura, Pontevedra
especies invasoras

“Saleta González” 

10

Martes/Marzo

Asaexs

Charla: Boas prácticas para evitar a expansión de especies exóticas invasivas a cargo de Saleta González Pimentel
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
Marina Sanmartin

“Marina Sanmartín” 

10

Martes/Marzo

Libraría Paz

Presentación do libro ” La doble desaparición de Abril del Pino” de Marina Sanmartín da editorial Salamandra

A autora estará acompañada por Chus Gómez

Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Que verde era o meu val

“Qué verde era o meu val” 

10

Martes/Marzo

Cineclube

QUE VERDE ERA O MEU VAL!. How Green Was My Valley
John Ford, 1941, EUA, 118 min. Lingua orixinal: inglés

Nunha vila mineira de Gales viven os Morgan, todos eles mineiros e orgullosos de selo, e tamén de respectar as tradicións e a unidade familiar. Non obstante, a baixada de salarios provocará un enfrontamento entre o pai e os fillos. Mentres estes están convencidos de que a unión sindical de todos os traballadores é a única solución para facérenlles fronte aos patróns, o cabeza de familia, pola contra, non quere nin sequera oír falar de sindicatos nin de socialismo.

Oscar ao mellor filme, director, actor secundario, fotografía e dirección artística en 1941 

Ás 20:30 horas
Teatro Principal de Pontevedra
web series

“Festival MacMarín” 

11

Mércores/Marzo

Festival de Comunicación

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha presentación de webseries participantes na Mostra de Cine e Audiovisual (MAC) de Marín. O evento contará coa participación de Dani Antelo, director do festival, quen presentará a nova edición destra mostra, tras a que terá lugar proxección de catro webseries que competiron na anterior edición. Trátase de Dúas señoras, realizada por alumnado da Facultade de Comunicación, PringadasPostcoito e Delirio skectch.

Ás 16:00 horas
Aula de cine da Facultade de comunicación, Pontevedra
libro disco de Sés

“Nadando na incerteza” 

11

Mércores/Marzo

Pazo da Cultura

Presentación do libro-CD do novo traballo de SésNadando na incerteza. Inclúe as 13 cancións do álbum acompañadas por textos escritos pola autora. Un disco acústico, esencial e honesto, no que a palabra e a melodía son o centro.

Este é un disco acústico, esencial e sen artificios, no que a canción ocupa o centro absoluto. Voces con peso, arranxos mínimos e unha produción depurada que reivindica a honestidade artística e a forza da melodía. Nadando na incerteza é un exercicio de madureza creativa no que Sés asume a composición, produción, gravación e supervisión de todo o proceso, reafirmando a súa independencia e coherencia artística.

Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura,Salón do libro, Pontevedra
Ciclo na Fundación Cuña

“The Great McGinty- Mindanao” 

11

Mércores/Marzo

Fundación Cuña Casasbellas

No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2026, celebrase o Ciclo cinematográfico “Poder e loucura: ególatras, narcisistas e outras faunas”,  coa proxección do Filme:

The Great McGinty. Direc.: Preston Sturges

Estados Unidos, anos 30. Durante a Gran Depresión, un vagabundo é reclutado por un partido político da súa cidade para colaborar nun fraude electoral.

Curtametraxe : Mindanao de Borja Soler

Marisol, a alcaldesa dunha cidade do Levante, pasa as súas últimas horas rodeada do seu séquito. A última festa xunto á súa xente máis fiel: a man dereita do seu partido, o empresario co que construíu o seu pequeno imperio, unha secretaria con poucas luces, un cantante coplero que é a alma da festa e o seu gran amor, Amparo.

Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
celebración

“Celebración” 

11

Mércores/Marzo

Concello de Pontevedra 

Continuamos co festival de cine gastronómico no Mercado de Abastos!

Proxectamos “Celebración”, de Thomas Vinterberg

Os Klingenfeldt, unha familia da alta burguesía danesa, dispóñense a celebrar o sesenta aniversario do patriarca, un home de traxectoria e reputación intachable. Con todo, os seus tres fillos, aínda que moi diferentes entre si, están dispostos a aproveitar a ocasión para sacar a relucir os trapos sucios da familia.

Entrada libre ata completar aforo

Ás 20:00 horas
Mercado de abastos de Pontevedra
jose Enrique de Ayala

“José Enrique de Ayala” 

12

Xoves/Marzo

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia Está Europa en perigo? impartida polo xeneral retirado José Enrique de Ayala, dentro do ciclo Tambores de Guerra.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 12 de marzo ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:00 horas
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra
Carlos Negro

“Carlos Negro” 

12

Xoves/Marzo

Libraría Paz

No ciclo #teñamosapoesíaenpaz Carlos Negro conversará con Silvia Penas do seu poemario “A caligrafía das espigas” editado por @apiarioeditora
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Cata de cervezas

“Cata de cervezas” 

12

Xoves/Marzo

Ye Olde Basset

ATENCIÓN

O vindeiro xoves 12 de marzo ás 20:30 celebraremos unha cata de cervexas de @bidassoa_basque_brewery , @naparbier e @malagissona . 35€/ persoa. Prazas limitadas. Reservas por privado ou no local.

Ás 20:30 horas
Ye olde basset, Avda de Santa María, Pontevedra
Cartoloxia dun naufraxio

“Cartografía dun naufraxio” 

12

Xoves/Marzo

Concello de Pontevedra

Ponte Teatro Costa da Morte Cartolografía dun naufraxio

Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar as persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar as que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron… Para que as súas historias non caian no esquecemento. Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón en coprodución co Centro Dramático Galego.

Autoría e dirección: Mariña Lestón. Elenco: Mariña Lestón e Gema Santos (intérprete de Lingua de Signos).

Duración: 50 min

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Folk e xuventude

“Música e baile tradicional galego” 

12,13

Xoves, venres/Marzo

Folk e xuventude

Ola, por fin podémosvos presentar a nosa proposta!
Vémonos a Xoves 12 ás 18:00 para un obradoiro de baile tradicional, de libre acceso na sala O Abrigo na Facultade de Belas artes con Manuel González Meijide
E o venres 13, na Casa dás campas para unhas conversas arredor da música tradicional e o papel da mocidade dentro dela!
Estades todas invitadísimas a vir, charlar e bailar!!!

Día 12 ás 18:00 horas na Facultade de Belas Artes.
Día 13 ás 16:00 horas na casa das Campás
as mulleres que opinan

“As mulleres que opinan son perigosas” 

13,14

Venres, Sábado/Marzo

Deputación de Pontevedra

Este 13 e 14 de marzo de 2026 volven as #MulleresQueOpinan ao Teatro Principal de Pontevedra. Chegamos á novena edición sendo un foro xa consolidado e co obxectivo sempre necesario de poñer o xornalismo no centro para reivindicar o papel fundamental que, nestes tempos de desinformación e información interesada, teñen os medios de comunicación e as profesionais que exercen este oficio en prensa, radio e televisión.

Inscrición gratuita

De 12:15 a 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Tecendo redes

“Tecendo redes

13

Venres/Marzo

Fundación Manuel Moldes

Tras o éxito anterior, tememos nova data de ‘Still in Pontevedra’, obradoiro de debuxo sobre cine e cidade dirixido polo artista visual e autor de tebeos Miguel Cuba.
Venres 13 de marzo ás 17:30h.
Actividade de balde.
Prazas limitadas.
Para inscribirse mandar correo cos datos de contacto a info@fundacionmanuelmoldes.org 
Ás 17:30 horas
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra
Pedro e o lobo

“Pedro e o lobo” 

13

Venres/Marzo

Concello de Pontevedra

A música tamén se le!
A Orquestra Sinfónica de Pontevedra participará na próxima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará do 6 ao 22 de marzo de 2026 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Nesta ocasión levaremos ao escenario unha das obras máis fascinantes da música sinfónica para público novo: “Pedro e o lobo”, o célebre conto musical de Sergei Prokofiev.
Será unha proposta escénica moi especial na que a orquestra compartirá escenario co Ballet De Galicia, Diego Landín combinando música sinfónica e danza para dar vida a esta historia inesquecible.
“Pedro e o lobo” é unha obra pensada para descubrir a orquestra dun xeito máxico: cada personaxe da historia está representado por un instrumento distinto, permitindo que o público coñeza os sons da orquestra mentres segue a aventura do pequeno Pedro e o misterioso lobo.
 Ás 19:00 horas
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
David Gago

“David Gago” 

13

Venres/Marzo

Libraría Paz

David Gago Sampedro presenta o seu novo libro  “La morgue flotante” editado por @distrito93ed acompañado por Miguel González Beltrán
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Marisa Gallero

“Marisa Gallero” 

13

Venres/Marzo

Museo de Pontevedra

O venres 13 de marzo ás 19:30 Marisa Gallero presenta a biografía «José Fernández López, un empresario sin miedo al riesgo» (@lideditorial) no Museo de Pontevedra coa súa directora Ángeles Tilve, o fillo José Mª Fernández Sousa-Faro, e Bieito Rubido.
Ás 19:30 horas
Museo de Pontevedra
la música

“La música”

13

Venres/Marzo

Sede Afundación

La Música, versión e dirección Magüi Mira

ELENCOAna Duato, Dario Grandinetti

PRODUCCIÓN: José Velasco

«Obra de Marguerite Duras, na que explora as dinámicas complexas das relacións humanas, o amor, a soidade e a comunicación»

Eles foron amantes que se separaron, coma moitos. Casaron e formaron un fogar, pero a incomunicación levounos a distanciarse. Chegan á cidade para o xuízo do divorcio, para unha última despedida, case sen desexalo. Ela parece máis libre, capaz de esquecer a dor do pasado, pero non pode esquecer o esencial: o desastre do amor prometido para sempre. El sofre pero loita e cre na felicidade eterna. Nesa noite de verán, sós no hotel, falan, rin, berran e aman con desesperación. A chegada do día pon fin á súa historia, ou quizais non: todo acaba e todo comeza. O amor e a palabra perduran.

 Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
Foliada

“Foliada”

13

Venres/Marzo

C. S A Pedreira

Foliada na Pedreira
Obradoiro de baile con Montse Rivera 21:00h Foliada con Solimán e Pandeireteiras
O Fiadeiro Espazo interxeracional. Rodas é para todas as idades, desde nenos ata adultos.
Espazo feminista. Traballamos para romper a inercia e poñer o corpo e as voces das mulleres no centro.
Espazo seguro para faladores e aqueles que queiran dar un paso. Ninguén aquí cuestiona o teu idioma. Espazo participativo. Nom vimos un espectáculo: vímolo construír entre todos. A foliada é un encontro, é unha cultura popular animada e é unha comunidade organizada. Trae o teu instrumento, a túa voz ou simplemente os teus estados de ánimo e participa da forma que queiras. Vémonos no volante!
Ás 21:00 horas
Primeiro andar do mercado de Abastos, Pontevedra
viaje a Oslo

“Viaje a Oslo” 

13

Venres/Marzo

Liceo Casino

O venres 𝟭𝟯 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼 ás 22:00 h, chega á sede de Manuel Quiroga, 𝐕𝐢𝐚𝐣𝐞 𝐚 𝐎𝐬𝐥𝐨, un concerto en directo cheo de enerxía para revivir o mellor do indie nacional. Un experiencia pensada para cantar, vibrar e gozar de cancións que xa forman parte da nosa banda sonora. No seu repertorio atoparás temas de bandas como 𝐀𝐫𝐝𝐞 𝐁𝐨𝐠𝐨𝐭𝐚́, 𝐕𝐞𝐭𝐮𝐬𝐭𝐚 𝐌𝐨𝐫𝐥𝐚, 𝐕𝐢𝐯𝐚 𝐒𝐮𝐞𝐜𝐢𝐚, 𝐔𝐥𝐭𝐫𝐚𝐥𝐢𝐠𝐞𝐫𝐚 𝐨 𝐋𝐞𝐢𝐯𝐚. Un espectáculo dinámico que recrea a emoción e a atmosfera dos grandes concertos do indie. Entradas: Socios: 3 €/ Non socios: 6 € Reserva a túa entrada.

Ás 22:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
versos a dúas voces

“III Versos a dúas voces” 

14

Sábado/Marzo

devellabella

II Mostra poética Versos a dúas voces. que terá lugar o sábado 14 de marzo de 2026 ás 12:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, sumándose á celebración do Día Mundial da Poesía.

Versos a dúas voces é un encontro literario no que autoras e autores comparten escenario en parella para recitar, declamar ou poñer en escena un poema —propio ou creado para a ocasión— nun formato dinámico que favorece o diálogo poético e a complicidade artística.

O acto contará tamén cunha actuación de música tradicional galega.

A entrada será libre ata completar aforo

Ás 12:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
taller de escritura

“Taller de escritura” 

14

Sábado/Marzo

Estela Gómez

Será meu este recordo?» ou como este ano me propuxen mover libros, fotografías antigas, obxectos de coleccionista, papelitos e demais dispositivos de aquí cara alá para impartir o meu taller de escritura.

Durante un intre falaremos sobre rituais e procesos de escritura, sobre escribir a diario ou polo menos tentalo, que xa é bastante, sobre os obxectos aos que ceder recordos, sobre a memoria enganosa, sobre a procura do interlocutor, sobre as postais e as cartas. faremos tres exercicios de escritura; haberá sobres pechados e cadernos descontinuos. a próxima cita será en Libraría Paz o sábado 14 de marzo de 10 a 14 (información e reserva de praza en info@librariapaz.gal . oxalá vos guste.

De 10:00 a 14:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Sés

“Sés”

14

Sábado

Concello de Pontevedra

SÉS – “Nadando na incerteza”

SÉS presenta ao vivo o seu novo traballo, “Nadando na incerteza”, un traballo no que a canción sitúase no centro absoluto, sen sobreproducións nin artificios, nun exercicio de artesanía e autenticidade que reivindica a súa condición de cantora e facedora de cancións. O disco, composto por 13 cancións orixinais, caracterízase pola tendencia á sinxeleza instrumental,  as voces que respiran con peso e temas concibidos para sosterse por si mesmos, coa palabra e a melodía como eixos arredor dos que todo xira.

ElencoSÉS – voz, guitarra e percusións, Sabela Galbán – acordeón, frauta, percusións e voz, Hirahi Afonso – timple canario e guitarra, Tito Calviño – guitarra, Mayfer Pinto – percusións

 Ás 20:00 horas
Audirorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Filososidra

“Joaquin Pajarón”

14

Sábado/Marzo

Sede Afundación

‘FilosoSidra’ é un monólogo onde a vida cotiá se examina baixo unha lupa… pero asturiana, nunha sidrería, cun pequeno vaso de sidra na man. Son as reflexións dun lugareño na barra, ese lugar onde todo se discute, se analiza e se resolve con humor, sidra e un toque de “repunancia”, unha palabra asturiana esencial para entender o mundo.

Aquí, Joaquín Pajarón fai o que mellor sabe facer: darlle voltas á vida, ao cotián e ao que nos acontece a todos, transformándoo en pura risa e camaradería. Filosofía de barrio, sabedoría de sidrería e humor caseiro.

 Ás 20:30 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
100 millones de años

“100 millones de años+Atomizador”

14

Sábado/Marzo

Liceo Mutante

100 Millones de Años + Atomizador (tocando so versións)
100 Millones de Años @100millones.da
Nun novo xiro da espiral ultrasónica do seu singular acelerador de partículas, Jose e Miguel conseguiron sobrevivir á implosión de Extinción de los Insectos para seguir coa súa misión na Terra, aquela que comezaran con Ensaladilla Rusa e que tivo continuidade en Campamento Ñec Ñec e nos propios EDLI e que tiña como fin acelerar e exprimir ata o colapso a música pop. Desta volta veñen a bordo de 100 Millones de Años, armados con buzuki e batería, disparando alegremente pero sen piedade o seu pop-hardcore experimental psicodélico.

Entrada a vontade entre 8 e 12€, íntegramente destinada ós artistas

 Ás 20:30 horas
Liceo Mutante, Pontevedra
os contos de Violeta

“Os contos de Violeta” 

15

Domingo/Marzo

C S A Pedreira

Sesión infantil 8M -15 Março 12:00h con Bea Campos
Despois haverá jantar e convívio! Traede comida para partilhar!
Eira do Jogo_CS. A Pedreira
Migallas Teatro

Ás 12:00 horas
C.S. A Pedreira, Pontevedra
os tres porquiños

“Os tres porquiños”

15

Sábado/Marzo

Sede Afundación

Os tres porquiños

Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, engadindo a gura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se penetran no bosque para coñecer aos seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres cerditos bailarán ao ritmo das cinco cancións que compoñen o espectáculo -cantadas en directo- e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as pezas de vestir.

 Ás 12:00 e ás 17:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
Canta

“Canta”

15

Domingo/Marzo

Salón do libro

Domingo 15 / CANTA
O koala Buster Moon rexenta un teatro que coñeceu tempos mellores. Co fin de volver revivir o antigo esplendor e a popularidade do lugar, decide organizar un certame musical que sexa un grande éxito. A el acode un grupo de animais do máis variado, disposto a demostrar os seus dotes no mundo da canción.
 Ás 12:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Salón do libro

“Salón do libro” 

6

Venres/Marzo

Concello de Pontevedra

edición número 27 do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará entre os días 6 e 22 de marzo de 2026, contará con Palestina como país invitado e centrará a súa temática na relación entre a literatura e a música.

De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.

Sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas

Programa

 Do 6 ao 22 de Marzo
Pazo da Cultura de Pontevedra
Cando falo do corpo

“Cando falo de corpo

5

Xoves/Marzo

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Cando falo de corpo, que reúne as obras de 17 artistas galegos, conectadas pola idea de corporalidade. Coa investigadora e egresada da Facultade de Belas Artes Cora Novoa como comisaria, esta exposición busca promover un achegamento a prácticas diversas que comparten unha atención común ao corpo como lugar de experiencia, arquivo vivo e medio de relación.  

Na mostra preséntanse as creacións de Pablo Agma, Raquel Álvarez, Eva Antelo, Ángel Arias, Lara Castro, Noa Castro, Álvaro Chior, Lois Cid, Andrea Davila, Carlos Fer, Adrián G. Salgueiro, Ana Gesto, Marina González Guerreiro, Uxía González, Alba Mantilla, Mourae e Taro. Poderá visitarse ata o 24 de abril, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.

Do 5 de marzo ao 24 de Abril
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Pontevedra debuxada

“Pontevedra debuxada” 

5

Xoves/Marzo

Concello de Pontevedra

A sala de exposicións da sede da Vicerreitoría acolle a inauguración da exposición do proxecto Pontevedra Debuxada, impulsado polo Concello de Pontevedra e Taller Abierto, coa colaboración das docentes da Universidade de Vigo Begoña Paz, Iciar Ezquieta e María Covadonga Barreiro.

Organizada por estas tres profesoras das facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Belas Artes, a exposición afonda na metodoloxía de traballo que fixo posible a reinterpretación artística do rueiro de Pontevedra a través das miradas e estilos das ilustradoras Natalia Umpiérrez, Aida Alonso e Paula Chesire, que realizaron tres mapas ilustrados da cidade, no que ofrecen unha lectura persoal de Pontevedra.

A exposición poderá visitarse ata o 26 de marzo na Casa das Campás.  

Do 5 ao 26 de Marzo 2026
Casa das Campás, Pontevedra
un abrigo propio

“Un abrigo propio”

4

Mércores/Marzo

Facultade de Belas Artes

Con motivo do Día da Muller, creamos esta exposición chamada “Un Abrigo Propio”, inspirada no libro “Un cuarto propio” de Virginia Woolf. Desde este mércores, 4 de marzo, estades todos convidados a partir das 17:00 a ver as obras expostas. A exposición estará aberta ata o día 18 de marzo.
Esta exposición é posible grazas ás seguintes artistas: Ana Piñeiro, Aroa González, Creep, Dana Latorraca, Guadalupe Díez, Lorena Añón, Marina Saavedra, Mencía Fana, Noa Fontán, Nila, Paula Romay, Rain Ramos, Sara Ricoy, Sofía Sarabia e Victoria Rodríguez.

Do 4 ao 18 de Marzo
Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Galia Blanco

“Galia Blanco” 

2

Luns/Marzo

Pastelería Seara

Obras que celebran o cotián, a natureza e as raíces.

Descubre o traballo de Galia Blanco @galiablanco na nosa nova exposición.

Do 2 de marzo ata
Pastelería Seara, rúa Echegaray 27, Pontevedra
Miscelanea

“Daniel Domínguez” 

27

Venres/Febreiro

Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra abre ao público o próximo venres 27 de febreiro a exposición “Miscelánea”, do pintor Daniel Domínguez. Na mostra, que se poderá visitar no Palacete das Mendoza durante dúas semanas (ata o 15 de marzo), o artista aposta por unha gran diversidade de estilos nos seus cadros, que beben de correntes das vangardas históricas como o cubismo, o impresionismo e a abstracción.

Pode visitarse ata o 15 de marzo no horario habitual da sede de Turismo Rías Baixas: de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas, os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e os domingos de 10:00 a 14:00 horas.

Do 27 de Febreiro ao 15 de Marzo
Palacete das Mendoza, Pontevedra
Ana Vidal

Ana Vidal

14

Sábado/Febreiro

C.S. A Pedreira

A exposiçom “𝐏𝐫𝐢́𝐧𝐜𝐢𝐩𝐞” exibe o álbum ilustrado, do mesmo título, de 𝐀𝐧𝐚 𝐕𝐢𝐝𝐚𝐥. Um conto feminista dentro das atividades para o 𝟖𝐌 no centro social 𝐀 𝐏𝐞𝐝𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚.

Ana Vidal, licenciada em Belas Artes como artista gráfica e docente, escreveu sempre e debuxou sempre, mas nunca junto, até que recentemente, como consequência dessas surpresas que trae a maternidade, começárom primeiro os contos e depois os desenhos… e por isso nomeou os seus trabalhos como “𝐂𝐨𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐌𝐚𝐭𝐞𝐨”.

Do 14 de Febreiro ao 30 de marzo
C.S. A Pedreira, Pontevedra
San Sebastian

“San Sebastián” 

30

Venres/Xaneiro

Museo de Pontevedra

Exposición: O mito de San Sebastián. Unha exposición ideada por X.M. Buxán Bran. “San Sebastián, corpo de beleza e dor. Unha paixón privada”. (No Museo de Pontevedra. Do 30 de xaneiro ao 5 de abril).
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Debuxar coa luz

“Debuxar coa Luz” 

19

Venres/Decembro

Museo de Pontevedra

O próximo venres 19 de decembro ás 19:00 h inauguramos nova expo: ‘Debuxar coa luz. A fotografía en Pontevedra no século XIX’.
Unha exposición que pon o foco naqueles que nos primeiros anos da fotografía construíron a memoria visual da cidade.
Do daguerrotipo á revista ilustrada, pasando pola ‘carte de visite’, a paisaxe urbana, o rexistro patrimonial e a fotografía científica, os fotógrafos que traballaron na Pontevedra do século XIX foron testemuñas e protagonistas da súa transformación.
Ata o 5 de Abril 2026
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Ponteverde

“Carlos Bravo” 

17

Venres/Decembro

Carlos Bravo

Exposición de Carlos Bravo na tenda Ponteverde
Decembro 2025
Ponteverde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
Exposición na Fonda

“Cronofitti” 

17

Mércores/Decembro

Mambo Gallery

Exposición de Mambo Gallery no restaurante La Fonda Cronofitty
Decembro 2025
Restaurante La Fonda rúa Isabel II Pontevedra
Expo n fundación Moldes

“Moldes dende a figura” 

11

Xoves/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Inauguración da exposición “Moldes dende a figura” o xoves 11 de Decembro ás 19:00 horas na sede da Fundación na rúa Benito Corbal 47.
Poderase visitar Xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas e sábado de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
Do 11 de Decembro a Marzo do 2026
Fundación Manuel Moldez, Benito Corbal 47, Pontevedra
Bicos de cine

“Bicos de cine” 

3

Mércores/Decembro

Fundación Manuel Moldes

Pontevedra abraza a sétima arte! Novos Cinemas, Premios Feroz… e tamén “Bicos de Cine”.

A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Do 3 de Decembro a Marzo 2026
Sede Fundación Manuel Moldes, Pontevedra 
A Bela Otero

“A Bela Otero” 

4

Martes/Novembro

UNED

A Bela Otero
So dicir que houbo quen asegurou que ca súa influencia poderíase evitar a I guerra mundial e que ela foi: A Belle Epoque.
Exposición obra de Miguel Angel Martínez Coello
Do 4 de Novembro a Abril 2026
UNED, Pontevedra 

Proximamente

taller de Fen shui

“Taller de Feng Shui” 

16

Luns/Marzo

Medicina integrativa

Sénteste estancad@ na túa vida? Ou quizais non acabas de estar cómod@ en casa, non descansas ou tes tanto lío que non sabes por onde empezar… O feng shui é unha arte chinesa que busca a harmonía do individuo coa contorna, que nos ensina como organizar o noso fogar, o lugar de traballo…calquera espazo que habitemos para facelo máis noso, para sentir que descansamos cando chegamos a casa, ou nos concentramos máis se é o que necesitamos. Aprenderemos a usar o “mapa Bagua”, que zona de casa empezamos a traballar segundo o movemento que queiramos notar antes na nosa vida. Será unha boa forma de pechar cousas e preparar o noso fogar para o novo ano. Como me gusta que os meus talleres sexan prácticos se traedes o plano da vosa casa ou lugar de traballo poderemos aplicar o mapa e empezar a facer cambios. O 16 de marzo de 18:00-20:00 Pontevedra Reserva a túa cita mandando wasap ao 604014264

De 18:00 a 20:00 horas
Pontevedra
poesia

“Poesía por Palestina” 

18

Mércores/Marzo

La verbena

No marco do Salón do Libro, organizamos un evento poético solidario con Palestina na Verbena Club.
Comezaremos cun recital no que Ana Corzo, Nila Álvarez e Lira poranlle voz a autories palestines coma Fadwa Tuqqan ou Refaat Alareer. Lerán tamén algunha composición da súa man de denuncia ao xenocidio para dar pé desta maneira ao micro aberto de poesía, onde animamos a todo o mundo a participar, sexa con obras propias ou para ler a algunha poeta que queiran compartir coes demais.

Ás 20:00 horas
La verbena, Rúa Paio Gómez Charino, 29, Pontevedra
Leucoiña

“Brais González” 

23

Luns/Marzo

Sociedade Coral Polifónca de Pontevedra

Presentamos un dos proxectos máis especiais deste ano do noso centenario.
O vindeiro 23 de marzo de 2026, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra estreará “Leucoíña. O canto das augas“, unha cantata composta por Brais González especialmente para a nosa coral, que interpretaremos xunto coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra.
Unha nova creación musical inspirada na memoria, no mar e na historia da nosa cidade, que comeza o seu camiño cara ao escenario.

Ás ….. horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
Pontejazz

“Mordy Ferber& SPJ Group”

28

Sábado/Marzo

Concello de Pontevedra

Mordy Ferber  & SPJ-Group  é un guitarrista norteamericano , todo un referente do jazz actual. 

 Mordy Ferber: guitarra 

Carla Martínez:  voz
Mateo Gil: piano 
Paco Charlín: contrabaixo
David Taboada: batería 
Entrada Xeral para cada concerto 3 €
Venda de entradas na billeteira do Teatro Principal 1 h. antes do concerto ou venda anticipada (contén gastos de tramitación) en www.ataquilla.com ou no tlf. 902 504500
 Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥