“Taller de memoria”
9
Luns/Setembro
Luns de 12:00 a 13:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
“A Pedreira”
9
Luns/Setembro
Rúa Serra 36
Pontevedra
“Atención domiciliaria”
9-20
Luns/Setembro
Comezamos setembro, comezamos novo curso… Comezamos con novas formacións!!!!
Anótate escribindo unha mensaxe de whatsapp ao 698124762 ou mandando un mail a formacion.emprego@boavida.org
Seguimos traballando pola InclusiónActiva das persoas.
Do 9 ao 20 de setembro de 9:00 a 11:00 horas
Edificio administrativo da Xunta 3º piso, Pontevedra
“Bacurau”
9
Luns/Setembro
BACURAU
Bacurau, Kleber Mendoça Filho e Juliano Dornelles, 2019
Brasil, 130 min., VOSE, +18
Lingua orixinal: portugués, inglés
Bacurau, poboado ficticio situado no Sertão pernambucano e foco de resistencia nun futuro distópico. A veciñanza chora a morte da súa matriarca Carmelita e descobre que a súa aldea está a ser borrada do mapa. Cando comezan a acontecer unha serie de misteriosos asasinatos, a comunidade organízase e deféndese.
Premio do Xurado en Cannes 2019
Mellor Dirección en Sitges 2019
Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Sala de profesores”
10
Martes/Setembro
SALA DE PROFESORES
Das Lehrerzimmer, Ilker Çatak, 2023
Alemaña, 96 min., VOSE, +7
Lingua orixinal: alemán, polaco, inglés, turco
Carla Nowak, unha idealista profesora de matemáticas e deportes, comeza o seu primeiro traballo nunha escola de secundaria. Cando se producen unha serie de roubos na escola e as sospeitas recaen nun dos seus alumnos, decide chegar ao fondo do asunto pola súa conta. Carla intenta mediar entre familias indignadas, colegas obstinados e a agresividade do estudantado, pero enfróntase ás implacables estruturas do sistema escolar.
Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
“Curso de filosofía”
11
Mércores/Setembro
Curso de filosofía aberto a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes. Actividade realizada ao abeiro do Programa de voluntariado cultural nas bibliotecas públicas.
Curso académico 2024-2025
Mércores de 19.00 a 20.45 h. no salón de actos
De 19:00 a 20:45 horas
Salón de actos da Biblioteca pública. Pontevedra
“Doce pasos cara á saúde”
12
Xoves/Setembro
Os xoves ás 10 da mañá ADICAM cara a saúde
A Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam) recupera este xoves 5 de setembro o seu programa de andainas periódicas ‘Doce pasos cara á saúde’ en Pontevedra.
A iniciativa, que se desenvolveu con éxito durante o ano 2024, busca promover o exercicio físico e o benestar emocional entre as persoas participantes.
O programa, aberto a calquera persoa interesada en realizar actividade física de baixa esixencia.
As camiñadas realizaranse semanalmente os xoves, continuando co formato do ano anterior, que se estendeu de xaneiro a xuño, cunha pausa durante os meses de verán.
Ás 10:00 horas
Praza de España, Pontevedra
“Ricardo Blanco Cicerón”
12
Xoves/Setembro
O 12 de setembro, ás 19:15 horas, inaugurarase a exposición ‘O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón. Do coleccionismo ao Museo’, no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Esta mostra, que estará aberta ata o 10 de novembro, ofrece unha visión única sobre Ricardo Blanco Cicerón (Tui, 1844 – Santiago de Compostela, 1926), unha figura clave para a historiografía da arte en Galicia.
A exposición contará con pezas nunca antes vistas, incluídas xoias protohistóricas, moedas, medallas e documentos medievais, ademais de mobiliario orixinal e outros obxectos históricos.
Do 12 de setembro ao 10 de novembro 2024
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
“Llerena Perozo Portela”
12
Xoves/Setembro
O xoves 12 de setembro na libraría Paz, Llerena Perozo Porteiro presenta ‘Os anos tranquilos‘ acompañada de Mirian Viñas, Vicky Estevez e Esther Mazaira.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz. Pontevedra
“Taller de meditación”
12
Xoves/Setembro
Centro Sahaja yoga
Curso-taller PRESENCIAL de Meditación TOTALMENTE GRATUÍTO. Ensinarémosche a meditar e a atopar o silencio e a paz interior. En cada sesión practicaremos a meditación, dunha maneira sinxela. Non é necesario ter experiencia nin coñecemento previo. Para máis información podes chamar ao teléfono: 617 699 833
Ás 20:00 horas
Benito Corbal 38, 3ºD. Pontevedra
“Congreso de Numismática”
12-14
Xoves a Sábado/Setembro
Do 12 ao 14 de setembro de 2024, Pontevedra acollerá a XVII edición do Congreso Nacional de Numismática, organizado polo Museo de Pontevedra e a Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos.
“Numismática, que e para que? Xeración e transferencia de coñecemento” é o tema que vertebrará esta edición do congreso. Profesionais procedentes de distintos ámbitos relacionados con esta disciplina protagonizarán sesións de debate nas que se poñerá o foco no futuro que lles agarda ao estudo e á divulgación desta ciencia. Tamén terán cabida a presentación e a comunicación de estudos recentes sobre coleccións, novos achados e proxectos de investigación en desenvolvemento. A programación completarase con actividades didácticas.
Con esta edición preténdese crear un espazo de diálogo común no que participen persoas especialistas e iniciadas, achegarlle a disciplina a quen non a coñeza e xerar un compromiso de coparticipación entre aquelas que a manteñen vixente para establecer novas dinámicas que garantan a súa supervivencia.
Do 12 ao 14 de Setembro 2024
Museo de Pontevedra
“Con oficio e beneficio”
13
Venres/Setembro
Explora a rica tradición artesanal de Pontevedra percorrendo as súas encantadoras rúas, onde os gardiáns da tradición aínda residen. A través dos antigos oficios e os negocios de toda a vida, como tabernas, boticas e ultramarinos, descubrirás fascinantes curiosidades sobre a orixe de labores case esquecidos
Ás 10:30 horas
Pontevedra
“O último pirata”
14-15
Sábado e Domingo/Setembro
Descobre Pontevedra dunha forma diferente con esta visita guiada da man do último gran pirata do Atlántico: Benito Soto Aboal. Un home cuxa vida delituosa e errante serviu de inspiración a poetas e cineastas que se basearon nesta figura para crear a súa obra. A través das rúas de Pontevedra e nun percorrido circular e accesible, o pirata encarnado no guía oficial de Galicia Jacobo Pintos, guiará os nosos pasos polo seu Pontevedra natal a través dos templos e prazas máis emblemáticas da cidade e contaranos os segredos máis escuros dos seus tempos de fechorías.
De 11:00 a 13:00 horas
Pontevedra
“Mito Meijón”
5
Venres/Setembro
A sala de exposicións do Liceo Casino acolleu o pasado 5 de setembro a mostra pictórica de Mito Meijón que foi presentada por Antón Sobral. Poderase visitar ata outubro.
Do 5 de setembro ao 8 de outubro
Liceo Casino, Pontevedra
“Ana Cancela”
6
Venres/Setembro
Palacete das Mendoza
A Deputación de Pontevedra abriu o venres 6 de setembro a exposición “Espazos liminais na miña memoria” de Ana Cancela.
Estará dispoñible na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, ata 22 setembro
Na mostra, a artista traballa na busca de novas formas de expresión coa idea de atopar un espazo fronteirizo entre a abstracción e a figuración, buscando ademais unha connotación no universo galego, os seus códigos visuais, o seu mundo simbólico e o seu patrimonio cultural.
A exposición pode visitarse no horario da sala de exposicións do Palacete: de luns a venres en horario continuo de 9:00 a 21:00 horas e os sábados, domingos e festivos entre as 10:00 e as 14:30 e entre as 16:30 e as 20:00 horas.
Do 6 ao 22 de setembro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Entre_tanto”
16
Venres/Agosto
Exposición fotográfica de Sofía Bértolo Blanco no Centro social A Pedreira na rúa Serra en Pontevedra
A Entre tanto, a vida non deixa de pasar. Entre tantas présas e obrigas, ás veces esquecémonos de respirar. Entre tantos medos, prexuízos, consumo… ás veces esquecémonos de conectar.
Entre tanta suposta vida, esquecémonos de vivir o único real: o noso corpo, o afecto, a natureza. As sensacións sentidas na pel, o vento que move as ramas das árbores, as nosas pálpebras, os paxaros, as olladas alleas, a choiva, as bágoas compartidas, os bicos… e, de súpeto, unha sensación de pertenza, un equilibrio perfecto. No día a día agochado, entre tanto.
Sofía Bértolo Blanco
Do 16 de Agosto ao 15 de Outubro
Rúa Serra 36, Pontevedra
“Infiltracións”
10
Venres/Maio
Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición ‘Mónica Alonso. A pel do Museo’, do proxecto Infiltracións, que terá lugar o venres 10 de maio, ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).
Do 10 de Maio ao 15 de Setembro 2024
Museo de Pontevedra
“Pontevedra no tempo”
15
Luns/Xullo
Afundación Pontevedra
PONTEVEDRA NO TEMPO é a sétima e última das mostras que se pon en marcha no marco do proxecto ‘Cidades no tempo’, que contemplou ao longo dos dous últimos anos, desde 2022, unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Pontevedra desprega todos os detalles da súa historia ao público a través desta fascinante mostra que podes visitar na Sede Afundación da cidade. Ata o 14 de setembro
Ata o 14 de Setembro 2024
Afundación, Pontevedra
“A era das fábulas”
10
Mércores/Xullo
O mércores 10 de xullo inaugurouse ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’
Unha conversa entre as coleccións de Museo de Pontevedra, Fundación María José Jove e Thyssen-Bornemisza Art Contemporary.
Unha exposición en tres actos baixo os epígrafes “Acto I. Imaxinación-mar”, “Acto II. Transformación-terra” e “Acto III. Renacemento-aire”.
Do 10 de xullo ao 29 de setembro 2024
Museo de Pontevedra
Xa podes anotarte
“Respiración funcional”
16,18
Luns,Mércores/Setembro
Como moitos sabedes, a respiración é a maneira máis rápida na que podemos influír sobre o noso sistema nervioso.
Por iso é das primeiras cousas que traballo cos meus clientes e alumnos. En xeral, unha respiración funcional pode mellorar síntomas psicolóxicos, emocionais e físicos. Tamén,facelo de maneira disfuncional mantén síntomas e empeora os diagnósticos.
Por iso e porque nos visita en Pontevedra a marabillosa mochileira Mariu, de @unsuenoviajero , convídoche a que veñas a re-aprender unha habilidade que pode mellorar incriblemente a túa calidade de vida como forma de autocuidado.
Día 16 de 18:00 a 20:00 horas, Día 18 de 11:00 a 13:00 horas
Andrés Muruais 8, 3ºA Pontevedra
“Rebumbio poético”
17
Martes/Setembro
Voltamos! Temos unha conta pendente con Idea Vilariño. Agardamos por vos en @laverbenaclub_ o próximo martes 17 de setembro a partir das 21:10 para falar sobre poesía e corazóns rotos. Moitísimas ganas de estar convosco outra vez!
Ya no será,ya no viviremos juntos, no criaré a tu hijo
no coseré tu ropa, no te tendré de noche
no te besaré al irme, nunca sabrás quien fui
por qué me amaron otros.
No llegaré a saber por qué ni cómo, nunca
ni si era de verdad lo que dijiste que era,
ni quién fuiste, ni qué fui para ti ni cómo hubiera sido vivir juntos,
querernos, esperarnos, estar.
Ya no soy más que yo para siempre y tú
Ya no serás para mí más que tú.
Ya no estás en un día futuro
no sabré dónde vives, con quién
ni si te acuerdas.
No me abrazarás nunca como esa noche, nunca.
No volveré a tocarte. No te veré morir.>>
Ás 21:10
Charino 29 Pontevedra
“Das Kolorit”
19
Xoves/Setembro
DAS KOLORIT
É un ensemble de música de cámara en instrumentos históricos con base en Suiza e Alemaña. A identidade sonora da formación caracterízase por unha exploración tímbrica constante e conxunta, transcendendo así o virtuosismo individual dos seus compoñentes. Fundado en 2021, Das Kolorit experimenta con novos formatos de concerto, crea espectáculos infantís e combina varias formas artísticas nos seus proxectos. Todas as súas actuacións están concebidas coma actos performativos, co obxectivo de ofrecer ao oínte novas perspectivas sobre un repertorio que abrangue desde o século XVI ata o XXI. O ensemble colabora a miúdo con compositores e realizou estreas mundiais de obras escritas expresamente para eles.
Ás 20:30
Teatro principal, Pontevedra
“GO HOME”
20
Venres/Setembro
Gala benéfica organizada por AFAPO, con motivo do día mundial do Alzheimer.
“GO HOME” é a nova comedia negra de Tito Asorey protagonizada por David Amor e Josito Porto, escrita por José Prieto, en asociación con grandes nomes da nosa escena como José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xavier Porto.
Trátase dunha peza comprometida coa realidade, que conta a historia de David, un fanático das viaxes que xa experimentou todas as andanzas que as axencias de turismo podíanlle ofrecer. Todas, menos unha. Así empeza, para o noso protagonista, un mundo novo de emocións.
Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra
“Encontro de poetas en rede”
21
Sábado/Setembro
21 de setembro sábado organiza “Poetas en rede” na deputacion Pontevedra XXVIII Encuentro de Poetas en Red PONTEVEDRA
Todo o día
Deputación, Pontevedra
“Pont-Up Store”
21-22
Sábado, Domingo/Setembro
Décimo primeira edición do espazo de emprendemento Pont-Up Store, que se desenvolverá os días 20 e 21 de setembro en diferentes emprazamentos da cidade. Organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, trátase dun evento promovido polo Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, coa axuda do Concello de Pontevedra, como patrocinador principal, e o apoio da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.
Todo o día
Praza de España, Pontevedra
“Clubs de lectura”
1
Martes/Outubro
O día 11 de setembro ás 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os clubs de lectura. A inscrición poderá facerse a través do formulario da páxina web da biblioteca ata o día 18 de setembro.
Este ano contaremos con cinco clubs dirixidos a público xuvenil e adulto:
Galego : xoves alternos de 19 a 20 h.
Castelán : todos os mércores de 17 a 18 h.
Francés : martes alternos de 19 a 20 h
Voz de muller : luns alternos de 19 a 20 h.
Cómic: Un xoves ao mes
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 11 de setembro ás 9:00 horas ata o 18 de setembro ás 21:00 horas.
É imprescindible ter o carné da biblioteca para poder inscribirse no club.
Cada usuario/a só poderase inscribir nun club, de quedar prazas vacantes podería facelo en calquera outro.
A participación no club conleva a aceptación dunhas normas básicas.
Para máis información podes escribirnos a este correo electrónico biblio.clubdelectura.pontevedra@xunta.gal
Do 11 ao 18 inscrición
Biblioteca pública. Pontevedra
“Conversas en inglés”
1
Martes/Outubro
A actividade de Conversas en inglés ten por obxectivo a creación dun espazo dirixido a persoas entusiastas desta lingua estranxeira. Un lugar onde reunirse e dedicar tempo á práctica da lingua inglesa nun ambiente relaxado, tranquilo e de lecer.
Contaremos cun grupo reducido para participar mediante unha metodoloxía práctica e interactiva nunha inmersión natural en inglés para ampliar vocabulario, mellorar a expresión e gañar fluidez na comunicación.
Trátase dunha actividade continuada polo que a non asistencia a máis de tres sesións suporá a baixa na actividade
Horario: martes alternos de 18:00 a 19:30 (de outubro a xuño)
Público destinatario: xuvenil e adulto
Inscrición previa na web da biblioteca dende o 11 ao 18 de setembro.
Do 11 ao 18 inscrición
Biblioteca pública. Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥