Manuel Lorenzo

“Manuel Lourenzo González” 

2

Martes/Maio

Encontro con Manuel Lourenzo na nosa libraría, conversan co autor Susana Trigo e Eva Mejuto

De 19:30 a 20:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
tai chi

“Tai Chi Chuan & Chi Kung” 

2

Martes/Maio

Xornada portas abertas: Tai Chi Chuan & Chi Kung

Entrada de balde ata completar aforo. Actividade gratuita

Ás 19:30horas
Centro Social Gorgullón Pontevedra
je, tu, il, elle

“Je, tu, il, elle” 

2

Martes/Maio

JE, TU, IL, ELLE Chantal Akerman, 1974, Bélxica, 82 min., VOSE  

No seu icónico e irreverente debut na longametraxe, con tan só 24 anos, a propia Akerman interpreta a Julie, unha solitaria moza que abandona o illamento do seu cuarto para facer autostop nas estradas de Bélxica e ir logo ao encontro dunha amante coa que protagoniza o que pasaría a ser unha das escenas de sexo lésbico máis emblemáticas da historia do cine.

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Nos días encantados

“Nos días encantados de agosto” 

3

Mércores/Maio

Presentación do libro ” Nos días encantados de agosto” unha biografía de José Gil por Manolo González, o autor estará acompañado por Luis Bará, escritor e investigador.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:00 horas
Museo provincial, rúa Padre Amoedo Carballo 3 Pontevedra
Todos los dioses

“Todos los dioses del hombre” 

3

Mércores/Maio

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor da novela Todos los dioses del hombre, de Julián Rodríguez Novo, publicado por Usagi Editorial.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 3 de maio, ás 19:30 horas, na librería Metáfora. O autor estará acompañador por Xesús Alonso Montero e Betty León Fong.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:30 horas
Librería Metáfora, Pontevedra
polifónica

“Coral Polifónica” 

3

Mércores/Maio

SOCIEDADE CORAL POLIFONICA DE PONTEVEDRA: “SETE CANTIGAS DE AMIGO DE MARTÍN CODAX”.

A Coral Polifónica de Pontevedra ofrecerá o “Concerto das sete Cantigas de Amigo de Martín Codax”, baseado na adaptación de “As 7 Cantigas de Martín Codax para coro mixto e piano” do compositor e pianista galego Brais González. A obra, baseada nos textos e melodías do Pergamiño Vindel, inspírase nos usos de tonalidades, modos e ritmos propios da música contemporánea, trasladando os textos orixinais do pergamiño sen modificar a súa forma nin contido, á actualidade. Neste concerto a Coral Polifónica estará acompañada por tres grandes músicos con gran proxección nacional e internacional, Brais González (compositor e pianista), e Teresa Paz (soprano e frauta de pico) e Aland López (laud) directores do Conxunto de Música Antiga Ars Longa

Mercar entradas 

Ás 20:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra
exposición

“Emocións en perigo” 

3

Mércores/Maio

EMOCIÓNS EN PERIGO

Desde Afundación Obra social ABANCA, convidámoste o mércores 3 de maio á visita guiada inaugural desta mostra. O seu obxectivo principal é romper as barreiras que parecen erguerse entre os seres humanos e a natureza, a través de sorprendentes retratos de animais nos que a súa personalidade é a protagonista. O fotógrafo Tim Flach baséase en estudos científicos recentes que demostran que fomentar a empatía cos animais e enfatizar a emoción é o camiño máis curto cara á conciencia sostible.

Podes visitar a mostra ata o 8 de xullo!

Do 3 de Maio ao 8 de xullo
Café Moderno, Pontevedra
marina sanfilippo

“La construcción de la memoria…” 

3

Mércores/Maio

CONFERENCIA: La construcción de la memoria en cuentos y prosas de Primo Levi: una oralidad teñida de ecos de Dante, Rabelais y Coleridge

Presenta Victor M. González Sánchez Poñente Marina Sanfilippo

A construción da memoria en contos e prosas de Primo Levi: Unha oralidade tinguida de ecos (Dante, Rabelais, Coleridge…)

matrícula on line  

Matrícula gratuíta

A entrada será de balde ata completar aforo.

De 19:30-20:30 horas
Salón de actos da UNED Pontevedra 
andainas

“En marcha contra o cancro” 

4

Xoves/Maio

A cuarta edición da iniciativa Rutas Saludables volve a Pontevedra

A actividade é gratuíta e comezará o próximo día 23 de febreiro ten prazas limitadas e está dirixida a esa poboación que ten unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables

Divídese en 2 grupos os xoves: un ás 10.30 horas e outro ás 17.00 horas A duración prevista para esta actividade é de hora e media aproximadamente e será guiada sempre por un/unha voluntari@

Desenvolveranse pola cidade co obxectivo de combater o sedentarismo, xa que é o responsable do 6% de mortes en todo o mundo e incrementa o risco de padecer cancro de colon e de mama ata un 20-25%

Se queres inscribirte, chámanos ao noso teléfono 900 100 036 (gratuíto e 24h) ou presencialmente na nosa sede en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A, baixo) ata que se completen as prazas.

Xoves: ás 10.30 horas e ás 17.00 horas
Sede da Asociación Eduardo Pondal, 64A Pontevedra
Del silencio a la emoción

“Del silencio a la emoción” 

4

Xoves/Maio

DEL SILENCIO A LA EMOCIÓN II – Camerata Arven – La Bella Helenes

Esta actividade enmárcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). 

 Convidamos a todos vos asistentes a colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de alimentos, non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do auditorio.

La Bella Helenes
Do Silencio á emoción é un ciclo de concertos que convidan a escoitar a música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo resumirase a historia dás obras de concerto, facilitando escóitaa, permitindo a participación do público e ou seu achegamento á orquestra. Na primeira parte deste segundo concerto do ciclo, interpretarase unha obra do trinque, “La bella Helenes”, que ou compositor e violinista Jorge Ortal dedicou á Camerata Arven. Esta obra baséase non mito dá fundación de Pontevedra e relata vos diferentes momentos dá viaxe do seteiro grego Teucro ata chegar ás costas galegas. A obra estará ademais acompañada por ilustracións realizadas por Alicia Ortal, a filla do compositor. Na segunda parte interpretarase unha dás máis soadas sinfonías de Beethoven, a chamada Pastoral, arranxada para grupo de cámara. Duración: 60 minutos

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Encontros 4

“Periodismo urbano, una narrativa sobre la ciudad” 

5

Venres/Maio

Urbtopías volverá traer reflexión, debate e encontro ao redor das cidades posíbeis e do futuro que está por vir .

Periodismo urbano. una narrativa sobre la ciudad

Diálogo entre Ana Pardo de Vera, Directora Corporativa e de Relacións Institucionais de diario Público; Silvia Intxaurrondo, periodista e presentadora de «La Hora de La 1» en Televisión Española (TVE); Rodrigo Cota, escritor e guionista e Ramón Rozas, periodista cultural; sobre o periodismo como ferramenta para a transformación das nosas cidades. Encontro moderado por Plácido Lizancos, director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (ETSAC).  Máis información

Todas as conversas serán de acceso libre até completar aforo e non será requirido ningún tipo de reserva previa

​Ás 19:00 horas
Igresa do convento de Santa Clara, Pontevedra
Lembranzas dun mestre

“Lembranzas dun mestre subversivo” 

5

Venres/Maio

Presentación do libro “Lembranzas dun mestre subversivo” de Xacobe Medina  acompañarán ao autor o profesor e membro da RAG Xesús Alonso Montero a filóloga Maria del Mar Carballo Feijóo e o director de Xerais Fran Alonso.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
pontealmorzo

“Ponte Almorzo” 

4-14

Xoves a Domingo/Maio

Pontealmorzo

 O evento gastronómico, organizado pola asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo) en colaboración coa Concellería de Promoción Económica no marco do proxecto Pontevedra Capital Gastro, desenvolverase entre os días 4 e 14 de maio coa participación de 16 establecementos da cidade

Os almorzos terán un custe fixo de 5 euros, poderán degustarse entre as 9:00 e as 12:00 horas, con ampliación dese horario en moitos dos establecementos participantes, e as votacións realizaranse de xeito electrónico a través dun código QR que os locais facilitarán (con puntuacións de 1 a 5)

De 09:00 e as 12:00 horas.
16 Cafeterías de de Pontevedra
danza

“Día da Danza” 

5

Venres/Maio

O venres ás 20:00h na praza da ferrería pontevedra getting jiggy “a vida é movernos”, a concelleria deportes e saude de pontevedra celebraremos o “día internacional da danza 2023” temos preparado todo un espectáculo a pé de rúa …coreografías e animacións para movernos todos!! esperámosvos!! a que imos lear

Ás 20:00 horas
Praza da Ferrería, Pontevedra
Branca neve

“Branca neve” 

5

Venres/Maio

Presentación do libro: Branca neve e outros sete contos

Presentan
Federico Limeres, Guillermo Moldes

Co Autor:
Suso de Bustes

Entrada de balde ata completar aforo. 

Ás 20:30 horas
Centro Social Gorgullón Pontevedra
Estefanía Fernández

“Estefanía Fernández” 

5

Venres/Maio

Xornada de psicoloxía deportiva coa psicóloga e piragüista da selección española Estefanía Fernández

inscripcións 

Aberto previa inscrición e de balde.

Venres 5 de maio ás 19:30 no salón de actos do Edif da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal.

Disponibilidade Dende domingo, 2 de abril de 2023 Ata luns, 1 de maio de 2023

Ás 19:30 horas
Salón de actos do edificio da Xunta en Benito Corbal, Pontevedra
The ladies man

“The Ladies Man” 

5

Venres/Maio

 A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de The Ladies Man (1961), de Jerry Lewis, nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente alquimiaIntegrado por doce proxeccións e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, esta progrmación propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra
taller de armonía

“Taller de armonía” 

6

Sábado/Maio

Taller de Armonía moderna con Rafa Morales

de 10:30 a 13:15 prezo 25 Euros

Inscripcións 652 403 940

​Ás 18:30 horas
Salón noble do Liceo Casino, Pontevedra
Marina Coco's

“Marina Cocós” 

6

Sábado/Maio

Do 1 ao 15 de maio contaremos na nosa Sala de exposicións coa “Exposición Homenaje Póstumo a Marina Cocós‘ organizada por el Grupo Galeoska.

A inauguración terá lugar o día 6 de maio ás 19,30 horas.

​Do 1 ao 15 de Maio 2023
Liceo Casino, Pontevedra
jazz

“Jazz no principal” 

6

Sábado/Maio

Despois de retomar este ciclo na pasada edición, celebrando o 20 aniversario do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, volta o Jazz no Principal no seu formato tradicional.

  Para esta ocasión contaremos con  o bateria castelán Gonzalo del Val, todo un referente do jazz actual que se fai na península ibérica.

Como sempre estes artistas estarán acompañados dos novos valores do jazz galego, nus concertos únicos.

GONZALO DEL VAL & SPJ-Group

Gonzalo del Val: batería, Diana Vilas: voz, Alejandro Portela: clarinete, Carlos Tubío: trombón, Lolo Martínez Villar: tuba, Jorge Ruiloba: piano, João Fontenla: baixo eléctrico

Entrada Xeral para cada concerto 3 €.  Venda de entradas na billeteira do Teatro Principal 1 h. antes do concerto ou venda anticipada (contén gastos de tramitación) en www.ataquilla.com ou no tlf. 902 504500

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
gure terra

“Gure terra” 

6

Sábado/Maio

Ponteverde organiza un concerto da man de Gure Terra

O sábado 6 de maio  ás 13:30

Vide tomar o vermut con nos e preparadevos para cantar e bailar

​Ás 13:30 horas
Ponte verde, rúa Gorgullón 55, Pontevedra
salón do libro

“Salón do libro infantil e xuvenil” 

21,7

Venres/Abril-Maio

O salón do libro infantil e xuvenil do 21 ao 7 de maio

Máis de 300 actividades entre as familiares e as escolares. Música, poesía, teatro, sesións de contos, danza, roteiros, faladoiros, encontros lectores, trocas de libros, exposicións, máis de 4.000 libros repartidos polo Pazo da Cultura e XOGOS, MOITOS XOGOS! Xa tedes boa tarefa ata o 21 de abril, ler con calma a programación e anotarvos no que máis vos preste e virnos visitar! A partir das 17.00 h abrimos as inscricións nas actividades.

(No programa, debaixo de cada actividade, pon a forma de acceso).

programa 

Do 21 de Abril ao 7 de Maio
Pazo da Cultura, Pontevedra
Ponteandadas

“Ponteandadas” 

7

Domingo/Maio

O Concello de Pontevedra organiza a segunda Ruta Ponteandadas 2023 RUTA CAMIÑO-BERTOLA Domingo, 7 de Maio Saida as 10,00 h – Albergue Peregrinos (Estación Renfe) Ruta circular de 12km, dificultade media pago de 2€ Seg. accidentes tanto por Bizum como na conta de naturgaliza club ES82 2080 3116 0330 4000 8694) Inscripcions:(nome apellidos-dni-fecha nacemeto e teléfono) inscripcions en: ponteandadas@gmail.com 625482636 Presencialmente na tenda de senderismo colaboradora Naturcamiña en fronte da igresia da Peregrina en Pontevedra

Ás 10:00 horas
Albergue Peregrinos (Estación Renfe) , Pontevedra
carreira da muller

“II Carreira da muller” 

7

Domingo/Maio

Carreira solidaria da Muller a celebrar en Pontevedra sobre un percorrido de 5Km
Inscricións 

DOMINGO, 7 DE MAYO DE 2023 A LAS 11:30 

CARREIRA DA MULLER _PONTEVEDRA

Ás 11:30 horas
Praza de España, Pontevedra
Mamma mia

“Mamma Mia” 

7

Domingo/Maio

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá unha versión do musical ‘Mamma Mía! We have a dream’, elaborado coas cancións máis coñecidas do grupo de pop sueco Abba.

Mabel Oroso é a encargada de dirixir esta montaxe creada por persoas afeccionadas ao teatro e á música, coa colaboración da asociación Wakea. Todas se uniron desde distintos puntos das Rías Baixas para desenvolver este proxecto que ten fins solidarios, obter fondos para diferentes protectoras de animais da contorna.

Os puntos de venda das entradas, a un prezo de 8 euros, anúncianse nas redes sociais de @acanceiradepoio,  @difusionfelinapontevedra e @ospalleiros.

Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
museo exposición

“Había outra vez” 

22

Sábado/Abril

Belén Padrón, Itziar Ezquieta, Manolo Figueiras, Xosé Carlos Seoane

Catro artistas vinculados a Pontevedra mostran as súas pinturas, de diferentes inspiracións, estilos e técnicas, nunha exposición conxunta que busca vertebrar un discurso unificado e coherente a través dun diálogo cruzado altamente suxestivo.
Constelaria, Roxonomía, Fractalismo e Arqueografía son respectivamente as denominacións que cada un elixiu para os seus cadros. Son tamén o punto de partida dun relato inserido no catálogo, obra de Manuel Lourenzo González, que narra a enigmática viaxe dun mozo que se ve obrigado a camiñar por un escenario de rúas laberínticas en busca de sinais que lle proporcionen a clave para saír e recuperar a súa vida e o seu pasado; unha viaxe que proporciona desde a literatura, a modo de xogo, fíos que consolidan esa converxencia da obra artística plural. Ten como tema o xogo e homenaxea ao propio Manuel Lourenzo, autor do texto que serve de fío condutor da exposición.

Do 22/04/2023 ao 21/05/2023
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
Ruinas de san Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

2

Martes/Maio

Achégase a primavera e con ela a reapertura das ruínas de San Domingos, o primeiro e máis antigo dos edificios que forman o noso Museo. Abrirá as portas o 1 de abril, xusto co comezo da Semana Santa.

De martes a sábado: de 10 h a 14 h e de 16 h a 19:30 h.

Domingos e festivos: de 11 h a 14 h

Entrada gratuíta

Dende o 1 de abril 2023
Avda Montero Ríos, Pontevedra
Gabarrón atlántico

“Gabarrón atlántico” 

16

Xoves/Marzo

Inauguración da exposición ‘Gabarrón Atlántico, Ronsel de saudade”, de Cristóbal Gabarrón, a exposición está comisariada por Antón Castro.

Xoves 16 de marzo ás 18:30 no edificio Castelao

Entrada libre ata completar capacidade

Do 16 de Marzo ao 14 de Maio
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Xa podes anotarte

la curva de la felicidad

“La curva de la felicidad” 

11

Xoves/Maio

La curva de la felicidad de Eduardo Galán e Pedro Gómez

«Unha comedia de humor que pon de manifesto a fraxilidade e vulnerabilidade do home de 50 cando rompe a parella». Na crise dos anos 50, o home é o sexo débil da parella: inseguro, indeciso e fráxil. Aínda que soñan con irse, teñen medo de vivir sós e volver sós a casa. Na súa ilusión, mesmo imaxinan que a súa madurez atrae ás mulleres novas. E isto sucédelle a Quino, un guionista de televisión, abandonado pola súa muller que lle presiona para que venda o piso. Isto prodúcelle unha enorme angustia porque significa a perda definitiva de Carmen… Tenta, en continua contradición, non comprala

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
habelas, hainas

“Habelas hainas” 

11

Xoves/Maio

Concello de Pontevedra

Cómicas: Habelas Hainas

Esta proposta da Deputación de Pontevedra, coordinada pola actriz, xornalista e cómica viguesa Jazmín Abuín, nace da idea de rachar cos prexuízos que aínda hoxe moitas compañeiras de profesión seguen a sufrir, especialmente en Galicia, como mulleres no eido da comedia.

“Cómicas, habelas hainas!” é un proxecto que levará a comedia feita e protagonizada por mulleres por todas as comarcas da provincia de Pontevedra, cun espectáculo de comedia en vivo de pouco máis dunha hora, con diferentes artistas e temáticas, e cun formato áxil e dinámico no que o público terá a oportunidade de ver tres cómicas de recoñecido prestixio, acompañadas dunha presentadora.

Presenta Bárbara Grandío

Cómicas Blanca Kovacs, Jazmín Abuin, Arantxa Treus.

Entrada libre ata completar capacidade

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Miguel Lago

“Miguel Lago” 

12

Venres/Maio

Lago comedy club

Lago é un show sen artificios. Un cómico sobre unha alfombra, baixo un foco e cun micrófono cara a cara fronte ao público. A comedia de club, a comedia de bar e estrada chega ás táboas dos grandes escenarios por primeira vez. Pura caseta-up clásico. Xenuína comedia servida con liberdade, verdade e nudez que busca a quintaesencia do formato. E, por suposto, coa firma e a experiencia dunha icona do “One man Show”. Unha reivindicación dunha profesión necesaria, unha homenaxe a talentos únicos como Richard Prior, Jerry Seindfeld, Eddy Murphy ou Ricky Gervais… Unha viaxe onde Miguel entrega o aprendido nos seus máis de 20 anos de traxectoria cunha colección das rutinas máis acedas, desternillantes e atrevidas que se escoitaron nunca na butaca dun teatro.

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Ménage à trois

“Ménage à trois” 

13

Sábado/Maio

MÉNAGE À TROIS, todo o que che gustaría saber sobre o sexo… e algunhas cositas máis”. Despois do éxito da comedia “A ansiedade non mata, pero fatiga”, o actor Rafa Blanca, a psicóloga Patri Psicóloga e o científico e divulgador Pere Estupinyà, únense nun novo espectáculo didáctico, divertido e picante: “Ménage à trois” As relacións sexuais son apaixonantes, divertidas, orgásmicas! pero tamén poden ser o maior conflito dunha parella. Onde nos deixamos á pobre libido ao longo dos anos? Como afectan o deixamento e a rutina á parella? Cantos mitos sexuais seguen condicionando as nosas relacións sexuais? Saben tocar ben o seu instrumento? Vostedes cren que saben de sexo? Pois hai moito máis. Rafa Blanca, Patri Psicóloga e Pere Estupinyà contaranlle todo, punto por punto, desde o humor, a ciencia, a divulgación e un poquiiiiiito de picardía.

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Rocío Jurado

“Rocío Jurado” 

14

Domingo/Maio

Esta obra, nacida no corazón de Rocío Carrasco, é un recoñecemento á inmensidade de Rocío Jurado que vive en tantas mulleres a través das súas cancións. A súa filla, a súa herdeira universal, é a creadora desta peza teatral na que se homenaxea o legado da mellor voz da historia contemporánea a través da música. Unha historia de mulleres que anhelan triunfar para cambiar o mundo, cantada por unha muller excepcional, unha artista integral, Anabel Donas, que desde pequena soñou a través de Rocío Jurado.

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 19:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra
andaina

“Andaina popular” 

14

Domingo/Maio

 Andaina popular 

Tomiño e O Rosal, cunha proposta de ruta de sendeirismo pola chamada Senda dos Pescadores, para facer despois o treito inverso en caiac polo río. Ambas rutas estarán guiadas e interpretadas, discorrendo por unha paraxe natural e cultural de moita beleza. A xornada ocupará o día completo, dende as dez da mañá ata as 19.30 horas. As inscricións estarán abertas dende o 8 de maio para maiores de 12 anos (imprescindible saber nadar).

O número de prazas dispoñibles é de 60, e cubriranse por estrita orde de chegada, a partir do vindeiro luns 8 de maio na web da Deputación.

Máis información

Anotarse desde o luns 8 de maio

Ás 10:00 horas
Alameda de Goián, Tomiño

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥