“Rolando 2:15 – 2:45. 50 anos da primeira masacre de ETA”
1
Luns/Setembro
UNED Pontevedra
O venres 13 de setembro de 1974, ás 14:30 horas, unha potente bomba reforzada con metralla explotou no comedor da cafetería Rolando, na rúa do Correo, xunto á madrileña Porta do Sol. Ese día morreron 11 persoas e máis de 70 resultaron feridas. Debido ás secuelas físicas, Gerardo García Pérez faleceu o 29 de setembro de 1974 e o inspector de Policía Félix Ayuso Pinel, o único policía da lista de vítimas, morreu o 11 de xaneiro de 1977. Así, o balance final da matanza de Rolando ascendeu a 13 vítimas mortais. Foi o primeiro atentado masivo e indiscriminado da longa historia de ETA. Con todo, como fixo tantas outras veces, a banda terrorista matou e mentiu. No canto de reivindicar o crime, culpou á ultradereita e ao réxime franquista. Non recoñeceu a súa responsabilidade ata 2018. Os sobreviventes e os familiares dos falecidos son uns grandes esquecidos da historia do primeiro masacre de ETA. Na súa memoria, o Centro Memorial das Vítimas do Terrorismo, e que agora mostra a UNED, organizou e impulsou a exposición “ROLANDO 2:15 – 2:45. 50 anos do primeiro masacre de ETA”. Rolando 2:15-2:45 é unha anotación que a policía atopou na axenda do etarra José María Arruabarrena Esnaola, Tanque, coa franxa horaria do mediodía con maior afluencia de público á cafetería Rolando.
Do 1 ao 26 de setembro 2025
UNED, Pontevedra
“The teacher”
1
Luns/Setembro
THE TEACHER (FIC) Farah Nabulsi | 2023 | Palestina | 115’
Un profesor palestino enfrontase á devastadora realidade do conflito en Gaza mentres trata de inspirar aos seus estudantes a través da educación. A película retrata, cunha mirada íntima, o choque entre o idealismo e a brutalidade cotiá onde o ensino convértese nun acto de resistencia.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Inshallah Walad”
2
Martes/Setembro
INSHALLAH WALAD (FIC) Amjad Al Rasheed | 2023 | Xordania, Francia, Qatar, Exipto | 113’
Nai e ama de casa, Nawal ten que enfrontarse á súbita morte do seu marido. Segundo a lei de sucesións, a familia do seu marido ten dereito á maioría das súas pertenzas, incluída a vivenda que ela mesma pagou, só porque non ten fillo. Desesperada, finxe estar embarazada.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Christian Villamide”
3
Mércores/Setembro
Christian Villamide conversará coa comisaria adxunta Agar Ledo ao redor da súa obra Observatorios/nunha paisaxe cun tiro na nuca (2025), presentada na 32.ª Bienal de Pontevedra.
A instalación —composta por tres estruturas que simulan observatorios— interpela directamente a quen a percorre; unha experiencia inmersiva sobre a vixilancia, o control e a fraxilidade da intimidade. A través de muros de celosía e ocos estratéxicos, Villamide constrúe un espazo no que mirar e ser mirado se converte nunha experiencia compartida e, á vez, inquietante.
Ás 20:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
“The Oldoak”
3
Mércores/Setembro
THE OLD OAK (FIC) Ken Loach | 2023 | Reino Unido | 110’
O filme narra o futuro de The Old Oak, o único pub que resiste nunha vila do noroeste de Inglaterra, onde a xente está abandonando a terra a medida que pechan as minas. As casas son baratas e están dispoñibles, polo que é un lugar ideal para un grupo de refuxiados sirios.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Bye Bye Tiberias”
4
Xoves/Setembro
BYE BYE TIBERIAS (DOC) Lina Soualem | 2023 | Palestina, Bélxica, Qatar, Francia | 82’
Ás 18:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“To a Land Unknown”
4
Xoves/Setembro
TO A LAND UNKNOWN (FIC) Mahdi Fleifel | 2024 | Grecia, Reino Unido, Palestina | 105’
Chatila e Reda, de orixe palestina, son dous curmáns que remataron vivindo nos suburbios de Atenas buscando unha vida mellor. No intento de aforrar diñeiro para pagar os pasaportes falsos e mudar a Alemaña, Chatila trama un plan extremo que consiste en facerse pasar por traficantes e tomar reféns no esforzo por sacalo a él e ao seu curmán dunha contorna sen esperanza antes de que sexa demasiado tarde.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Feira Franca”
5-6
Sábado,Domingo/Setembro
Concello de Pontevedra
Achéganos o tempo do privilexio concedido a Pontevedra polo rei Henrique IV, no ano 1467, en virtude do cal se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos dun mes de duración.
Actividades que van dende a representación do transporte do viño ou o imperdíbel torneo medieval, ata os espectáculos de cetraría, tiro con arco, esgrima ou as exhibicións de música e danza que enfeitizan as xornadas do venres a partir do serán e mais de todo o sábado. Programa
Ás 20:00 horas.
Zona monumentel da cidade de Pontevedra
“Á procura da estrela”
6
Sábado/Setembro
Liceo Mutante
“Á procura da estrela” de, Carlos Martínez-Peñalver. Coa presenza do director.
Xoel, un fonografista viaxeiro, chega a Serra da Estrela para rexistrar os sons en vías de extinción da montaña máis alta de Portugal. Unha misteriosa melodía conduciralle a perderse no macizo. A partir dese momento, a viaxe de Xoel converterase nunha fráxil analoxía do conto que da nome á rexión: A lenda do pastor e a Estrela.
De 20:30 horas
Liceo Mutante, Rúa Alfonso XIII 9 Pontevedra.
“Marta Pazos”
1
Venres/Agosto
Museo de Pontevedra
Dalia é o título do proxecto que a artista Marta Pazos (Pontevedra, 1976) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, que ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo de Pontevedra.
Nesta ocasión, Infiltracións intégrase no contexto da 32 Bienal de Pontevedra, que propón como eixo de reflexión Volver a ser humanos, unha chamada a repensar a condición humana desde múltiples perspectivas.
Do 1 de agosto ao 30 de Novembro
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
“De Eva a Maruxa”
17
Martes/Xuño
Exposición ‘De Eva a Maruxa, un percorrido pola Historia da Arte con perspectiva feminista’ que foi auspiciada polo Consello Municipal da Muller Nova do Concello de Pontevedra e realizada integramente, tanto no deseño e produción como nos contidos, por alumnado e profesorado de centros de secundaria (CIFP, IES e CPR) do municipio aos que se suma a única Escola de Banda Deseñada existente na Galiza, O Garaxe Hermético.
Continuará alí ata o 10 de setembro e co inicio do curso 2025-2026 comezará unha ruta itinerante polos centros de ensino participantes.
Do 19 de xuño ao 10 de setembro
Mercado Municipal, Pontevedra
“Guillermo de la Madrid”
4
Venres/Abril
“Arranquismos parcheados e sobreinformación” estará aberta ao público de xoves a sábado en horario de 12:30 a 16:30 e de 19:30 a 00:30.
E os mércores e domingos só en horario de mañá. Proxecto de Mambo Gallery
Do 4 de abril a Setembro 2025
La Fonda rúa Isabel II 6, Pontevedra.
“Camaradas”
28
Venres/Marzo
Fundación Manuel Moldes
A Fundación Manuel Moldes presenta Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia
Do 28 de Marzo a Novembro 2025
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.
“Ruinas de San Domingos”
15
Sábado/ Marzo
Museo de Pontevedra
Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.
Proximamente
“Abraioscopio”
13
Sábado/Setembro
A Gran Gala do festival Abraioscopio, antigo Pontevedra Máxica Fest, regresa á Boa Vila para deleitarnos cun espectáculo máxico totalmente diferente a calquera outro que acolleuse na cidade ata agora. Referentes do panorama nacional e internacional reúnense nunha cita para todos os amantes da maxia, da música e do circo. Probablemente… o evento máxico que lembrarás o resto da túa vida.
Ás 19:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Sonidos inolvidables”
13
Sábado/Setembro
Liceo Casino
O sábado 13 de setembro ás 19:00 horas, Amizades Perigosas e Cómplices únense no Liceo Casino Pontevedra para unha Noite de sons inolvidables. Teloneiro: Rober Calvo e Dj ao finalizar o concerto · Lugar: Parque da Caeira · Apertura de portas ás 18:30 h · Haberá servizo de restauración Prezo: Socios: 10 € Non Socios: 25 €
Ás 19:00 horas
Parque da Caeira, Pontevedra
“Bordado ao aire”
1
Mércores/Outubro
Curso de bordado ao aire, a formación comeza o 1 de outubro. Todos os mércores de 16:30 a 18:30 horas no centro su, antiga ONCE.
Prezo 15 euros de inscrición + 17 euros cota mensual. Duración 3 meses
De 16:30 a 18:30 horas
Centro sur, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥