
“Semana da filosofía”
10,14
Luns a venres/Abril
Teatro principal
A Aula Castelao achega na súa XXXIX Semana Galega de Filosofía a arte como medio de expresión do pensamento “Filosofía e Arte”
Luns 10 de Abril: Mañás: ‘Pensar a arte’ de 10:30 a 13:30 Francisco Jarauta, “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”.Tardes: ‘Galiza e a arte’ de 17 a 19:30h María Novas, “Arquitectura e xénero: sobre a xerarquía de valores na produción de espazos para a vida”. Noites: ‘Perspectivas da arte” de 20 a 22h. Francesc Torres, “CONTRA NATURA. Cando a Historia devén contido artístico ou a imposibilidade (case) de explicar sen decorar”.
Martes 11 de Abril: Mañás: ‘Pensar a arte’ de 10:30 a 13:30 Miguel Anxo Rodríguez, “Os vellos monumentos a outros ollos”. Tardes: ‘Galiza e a arte’ de 17 a 19:30h Iria Ribadomar, “Filosofía, arte e rúa. Ferramentas de transformación social ao servizo de quen?”. Noites: ‘Perspectivas da arte” de 20 a 22h. Remedios Zafra, “A humanidade lida polas máquinas”
Mércores 12 de Abril: Mañás: ‘Pensar a arte’ de 10:30 a 13:30 Patricia Mayayo, “Ecofeminismos, ecoloxías queer e transhumanismos: diálogos entre as prácticas artísticas e a ecoloxía”. Tardes: ‘Galiza e a arte’ de 17 a 19:30h Sabela Hermida, “O existencialismo na vida e na creación artística de María Casares”. Noites: ‘Perspectivas da arte” de 20 a 22h. Fermin Muguruza, “Hai algo aquí que vai mal”.
Xoves 13 de Abril: Mañás: ‘Pensar a arte’ de 10:30 a 13:30 Luis Puelles, “O público e os espectadores. Tensións na xénese do suxeito moderno”.Tardes: ‘Galiza e a arte’ de 17 a 19:30h Chus Pato, “Un poema pénsase con versos finais”. Noites: ‘Perspectivas da arte” de 20 a 22h. Vítor Vaqueiro, “Fotografía, contemporaneidade e pensamento”
Venres 14 de Abril: Mañás: ‘Pensar a arte’ de 10:30 a 13:30 Andrea Soto, “A forza formadora das imaxes”.Tardes: ‘Galiza e a arte’ de 17 a 19:30h Germán Labrador, “Estética e historia. Sobre os imaxinarios políticos da arte na Galicia do século”.Noites: ‘Perspectivas da arte” de 20 a 22h. Santiago Auserón, “Lección de clausura: A música na Grecia Antiga e a orixe da Filosofía”
Ás 10:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra

“Respect”
11
Martes/Abril
Ciclo cine mulleres: Respect na sede Afundación Pontevedra
Esta actividade enmárcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).
RESPECT
Liesl Tommy. Estados Unidos. 2021, 145′. NRM 12
Biopic da lexendaria cantante Aretha Franklin que sigue a súa carreira dende a infancia, cando cantaba no coro da igrexa do seu pai, ata que conseguiu a súa enorme fama internacional.
IMPORTANTE! O acceso a cada unha das proxeccións será mediante a doazón de alimentos non perecedoiros que irán destinados ao Banco de Alimentos local. reservar entrada (gratis) en ataquilla.com As butacas resérvanse ata 10 minutos antes da proxección.
Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra

“Arte e máxia”
12
Mércores/Abril
Este mércores María Marco vén compartir o seu marabilloso traballo de investigación sobre arte e maxia á Facultade de Belas Artes.
Partindo do seu ensaio “Tigres en magnolias. A maxia como transformación na arte contemporánea” que foi a obra gañadora do II Premio CGAC de Investigación e Ensaio en Arte Contemporánea, percorrerá cronoloxicamente certos momentos históricos en que a maxia e a arte conflúen e confúndense, como nas súas orixes no neolítico, cando a sublimación de obxectos para os rituais de caza deriva en arte. Tamén falará da influencia da maxia no nacemento da pintura abstracta con Hilma Af Klimt ou Emma Kuntz ou como o espiritismo do s. XIX foi a primeira práctica performativa documentada que supuxo unha ruptura epistemolóxica co xénero ou a raza, converténdose nunha verdadeira revolución molecular, seguindo a Guattari, e derivando en práctica feminista e política disruptiva. Na ruta cruzarémonos con Guido Boggiani, Leonora Carrington, Jacques Derrida, Chiara Fumai, Gianni Motti, Mariña Abramovic, movemento W.I.T.C.H, Carla Andrade, María Loboda ou Maya Deren, até chegar ao tecnochamanismo ou ás súas influencias nas novas tecnoloxías e videoxogos.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 17:00 horas
Aula 16 da facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Mapas para pensar na nosa época”
12
Mércores/Abril
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Mapas para pensar a nosa época”, impartida polo filósofo Francisco Jarauta. O acto terá lugar o vindeiro mércores 12 de abril, ás 19 horas, no Espazo interdisciplinar O Sanatorio.
Poucas épocas como a nosa se viron sometidas a procesos de transformación tan profundos e acelerados que percorren por igual as súas estruturas económicas, políticas, sociais e culturais. Estes procesos, que viñeron a interpretarse baixo os conceptos de globalización ou mundialización, son a causa dunha nova situación planetaria, marcada por unha nova complexidade e interdependencia.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
O Sanatorio, rúa de Andrés Muruais, 7-9, Pontevedra

“Paixase sonora e cidade”
12
Mércores/Abril
Urbtopías volverá traer reflexión, debate e encontro ao redor das cidades posíbeis e do futuro que está por vir .
Paisaxe sonora e cidade. Repensar o espazo urbano a través da escoita
Diálogo entre Jean-Paul Thibaud, sociólogo, doutor en Urbanismo e Desenvolvemento e investigador no CRESSON (Centro de Investigación sobre o Espazo Sónico e o Medio Ambiente Urbano) da Escola Superior de Arquitectura da universidade francesa de Grenoble e fundador de AMBIANCES, rede internacional que ten por obxectivo a investigación de ambientes arquitectónicos e urbanos; Xoán-Xil López, doutor en Belas Artes, musicólogo, artista sonoro e investigador e Luís López Alonso, membro do grupo de investigación GRADES (Gramática, Discurso e Sociedade), investigador e profesor en formación no Departamento de Tradución e Lingüística Xeral na Universidade de Vigo; sobre o Espazo Sónico e o Medio Ambiente Urbano. Encontro moderado pola xornalista Carolina Neira. Máis información
Todas as conversas serán de acceso libre até completar aforo e non será requirido ningún tipo de reserva previa
Ás 19:00 horas
Igresa do convento de Santa Clara, Pontevedra

“Vivian Maier”
12
Mércores/Abril
Destacadas mulleres creadoras do século XX converteranse en protagonistas do novo curso de ‘Avantaxado feminino‘ na súa segunda edición. O acceso a estas sesións do curso é libre. No caso de que as persoas asistentes queiran dispoñer dun certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir, polo menos, a sete das dez sesións previstas. Carolina Munáiz, responsable do curso, exerce como docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarche da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. Ademais, é pintora e profesora das materias de Historia da Indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX.
Vivian Maier (fotografía)
De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“En marcha contra o cancro”
13
Xoves/Abril
A cuarta edición da iniciativa Rutas Saludables volve a Pontevedra
A actividade é gratuíta e comezará o próximo día 23 de febreiro ten prazas limitadas e está dirixida a esa poboación que ten unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables
Divídese en 2 grupos os xoves: un ás 10.30 horas e outro ás 17.00 horas A duración prevista para esta actividade é de hora e media aproximadamente e será guiada sempre por un/unha voluntari@
Desenvolveranse pola cidade co obxectivo de combater o sedentarismo, xa que é o responsable do 6% de mortes en todo o mundo e incrementa o risco de padecer cancro de colon e de mama ata un 20-25%
Se queres inscribirte, chámanos ao noso teléfono 900 100 036 (gratuíto e 24h) ou presencialmente na nosa sede en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A, baixo) ata que se completen as prazas.
Xoves: ás 10.30 horas e ás 17.00 horas
Sede da Asociación Eduardo Pondal, 64A Pontevedra

“Federación de Guerrillas de León-Galicia”
13
Xoves/Abril
Presentación do libro “Federación de Guerrilas de León-Galicia” da editorial Positivas, convento de Santa Clara 13 de abril xoves ás 19:00
Intervirán: Xurxo Ayán, arqueólogo, Xosé Álvarez, historiador, Francisco M. Macías, Editor
Poucas épocas como a nosa se viron sometidas a procesos de transformación tan profundos e acelerados que percorren por igual as súas estruturas económicas, políticas, sociais e culturais. Estes procesos, que viñeron a interpretarse baixo os conceptos de globalización ou mundialización, son a causa dunha nova situación planetaria, marcada por unha nova complexidade e interdependencia.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Igresa do convento de Santa Clara, Pontevedra

“O tesouro dos arquivos”
13
Xoves/Abril
CONFERENCIA DE FRANCISCO PRADO-VILLAR: ‘O TESOURO DOS ARQUIVOS: INVESTIGACIÓN, DESCUBRIMENTOS E O FUTURO DO PATRIMONIO DE GALICIA’
O investigador distinguido da Universidade de Santiago de Compostela e do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario de Paisaxes Culturais Atlánticas) imparte esta conferencia. Nela percorre algúns dos descubrimentos recentes realizados froito da investigación en arquivos documentais e fotográficos, entre os que están os do Museo de Pontevedra, que contribuíron a revelar episodios descoñecidos da historia do noso patrimonio, desde as miniaturas perdidas do Códice Calixtino, pasando polas estatuas dos profetas do mestre Mateo procedentes da desaparecida fachada do Pórtico da Gloria, ata as esculturas do tímpano do mosteiro de Carboeiro.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“A muller na II República”
13
Xoves/Abril
Este xoves 13, con motivo da conmemoración da II República, organizamos unha conferencia en Pontevedra na que abordaremos o papel da muller neses anos, da man da historiadora Ana Romero, e a figura de Hildegart Carballeira, da man do historiador Francisco Redondo, que presentará a nosa última publicación.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Benito Corbal, Pontevedra

“Vinos del nuevo mundo”
13
Xoves/Abril
Os amantes da enoloxía teñen unha cita coa cata de viños ‘Vinos del nuevo mundo‘
Aforo: máximo 15 persoas
Prezo: 20 €
Lugar: Sede Manuel Quiroga Liceo Casino Pontevedra
Inscripcións: en Secretaría
Organiza: La Sala del Sumiller
Ás 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra

“Figuras do limiar”
13
Xoves/Abril
Concello de Pontevedra
Espectáculo de Danza: Figuras do Limiar de Javier Martín
O limiar refírese ao tránsito. O concepto de “cruzar o limiar”, tan característico dos ritos e cerimonias de paso, está presente en innumerables culturas desde a antigüidade e sempre implica un corpo en movemento nunha danza social convertida en acontecemento. O famoso arquetipo do “gardián do limiar” fai referencia a esas figuras que toman a forma dos nosos medos máis íntimos: custodian o limiar pero non para negarnos a entrada, senón para incitarnos a vivir o oportuno labirinto que fai posible a transformación. e, por tanto, o paso É necesario vestir as peles das bestas, habitar as máscaras. Vibra coa forma do monstro e encarna a diferenza.
Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Pontesán”
14,15,16
Venres a Domingo/Abril
A Feira da Saúde e o Benestar Pontesán celebrará entre o 14 e o 16 de abril a súa cuarta edición, para a que xa confirmaron a súa participación máis de 40 entidades sen ánimo de lucro entre asociacións sociosanitarias, deportivas, clubs, federacións, colexios oficiais e institucións. A iniciativa, impulsada pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde en colaboración coa Deputación, pretende promover a necesidade de levar unha vida saudable, e nesta edición porá o acento na nutrición e a loita contra a obesidade.
O evento celebrarase na Praza de España, onde se instalará unha carpa á que se poderá acceder gratuítamente, e na que se distinguirán dous espazos: unha zona expositiva e outra de actividades
Inauguración venres ás 11:00 horas
Praza de España de Pontevedra

“A sentencia do T.S. sobre ENCE”
14
Venres/Abril
Conferencia: A sentencia do Tribumal Supremo sobre ENCE
Despois dun longo proceso xudicial e xa coa sentenza do Tribunal Supremo sobre ENCE, analizaremos os aspectos máis relevantes da mesma desde unha perspectiva técnico-xurídica.
PATRICIA VILÁN LORENZO é Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Colexiada do Colexio de Avogados de Pontevedra desde o ano 2000. Profesora do Programa Sénior da UVIGO no campus de Pontevedra e Profesora do Programa Sénior da UNED na sede de Pontevedra. Membro do “Consello Social” da Universidade de Vigo de 2008 a 2012. Relator en diversos encontros sobre Igualdade, Malos Tratos e Menores, desenvolveu o seu programa de doutoramento na Universidade de Vigo sobre os malos tratos cometidos a menores de idade, sendo a súa directora a profesora Dona Mª Inmaculada Valeije Álvarez. Autora de diversas publicacións xurídicas na “Revista Xurídica Galega”, é tamén colaboradora habitual en “El Correo Gallego”. Parlamentaria autonómica desde 2012 a 2020, na actualidade, é asesora xurídica do presidente da “Federación Galega de Municipios e Provincias”.
Require inscrición
Actividade gratuita
De 18:00 a 20:00 horas
Salón de actos da UNED Pontevedra

“Galegas que fixeron historia”
14
Venres/Abril
Paseo guiado en Pontevedra
“Galegas que fixeron historia” con Cora Velasco e Guido Guia
Prezo 10 euros por persoa, descontos por idade e opción de bonos
Inscripcións guidoguiaturismo@gmail.com
Ás 19:00 horas
Pontevedra

“Kaya”
14
Venres/Abril
Luís NCT presenta ‘Kaya‘
O autor de banda deseñada Luís NCT visítanos para presentar o seu novo cómic editado por Astiberri. Estará acompañado por Alberto Abal, editor de proxectos BD en Corvus Belli.
‘Kaya’ está ambientada no universo de Wahcommo (Astiberri, 2018), un relato de iniciación con personaxes singulares, cores ”apabullantes” e moita épica, cuxos dereitos vendéronse a Estados Unidos
De 19:30 a 20:30 horas
Libraría Paz Pontevedra

“Baños de bosque”
15
Sábado/Abril
Concello de Pontevedra
Os baños de bosque son unha actividade de benestar emocional na natureza, unha oportunidade de desconexión para reconectar con un mesmo, diminuír o estrés, mellorar o noso sistema inmunitario, potenciar o noso benestar persoal.
- Lugar: A Tomba
- Punto de encontro: 42°26’49.7″N 8°39’38.1″W. Ver en Google Maps.
Recomendamos subir desde a rotonda de Campañó. - Idades: adultos Prazas: 15 persoas
- Imparte: Raquel Pedrouso Carreira
- Material: esterilla Recomendacións: roupa cómoda e calzado axeitado para camiñar polo monte (o percorrido será como máximo 1 km).
- Preinscrición: a través dos formularios online sete días antes de cada actividade por rigorosa orde de chegada.
- Actividade gratuíta
Poderá inscribirse dende o día 8 de abril.
De 10:00 a 13:00 horas
A Tomba, Pontevedra

“Bosques Terapéuticos”
15
Sábado/Abril
Volven os “Bosques Terapéuticos”, a proposta provincial de lecer, cultural e terapéutica que invita a desfrutar da natureza e dos beneficios dos chamados “baños de bosque” nos espazos naturais da provincia.
A partir do 15 de abril e ata o 20 de agosto haberá un total de 38 rutas por sete paraxes situados nos concellos de Marín, Vilaboa, Poio, Silleda, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Vigo e Meis, cun total de 570 prazas.
O luns, 10 de abril, abriranse as inscricións para as primeiras seis rutas deste mes de abril e as persoas interesadas poderán anotarse na web da Deputación.
- Sábado 15: Lago Castiñeiras
- Domingo 16: Carballeira de San Xusto
- Sábado 22: Río Eifonso
- Domingo 23: Illa de Tambo
- Sábado 29: Ruta da Pedra e da Auga
- Domingo 30: Lérez. Ponte colgante
De 10:00 a 13:00 horas
Pontevedra

“Arte e parte”
15
Sábado/Abril
O 15 de abril o Día Mundial da Arte. E Pontevedra, sumarase á celebración coa iniciativa “Arte e Parte”,.
Os espazos que actuarán como escenario para estas actividades serán os Xardíns de Marescot, o Campillo de Santa María, a praza de Curros Enríquez e A Ferrería desde as 12:00 horas, co grupo pontevedrés de folk Tanto Nos Ten
Os Xardíns de Marescot, situados xunto a Belas Artes, centralizará toda a programación infantil deste festival. Alí haberá desde actuacións musicais, espectáculos teatrais ou talleres de debuxo e expresión gráfica,
Ás 12:30 horas ofrecerase o espectáculo de Rogelio, un pallaso en recuperación; e ás cinco da tarde, o de Tranvía Leonardo.
Tres concertos amenizarán a xornada no Campiño de Santa María. Serán os de Chicharrón (12:30 horas), Zeltia Irevire (17:00 horas) e Queco Lago (21:00 horas).
Pola súa banda, na praza de Curros Enríquez actuarán Ruada da Vila (12:30 horas), Antía Muíño (18:00 horas) e a pontevedresa Helena Egea (21:00 horas).
Na Ferrería, onde estará situado o escenario de maior tamaño, tras o espectáculo poético-musical de DebajoDeLaPalmera á unha da tarde, chegarán os concertos de Boyanka Kostova (14:00 horas), C.Mirazo (17:00 horas), Lontreira (20:00 horas) e Familia Caamagno (22:30 horas).
Inauguración venres ás 11:00 horas
Praza de España de Pontevedra

“Barroco”
15
Sábado/Abril
A Libraría Paz organiza o Vermú entre libros coa poeta Antía Otero
O ciclo Vermú entre libros acolle a visita da poeta Antía Otero que conversará con Ramón Rozas de ‘Barroco’.
Editado por Apiario, ‘Barroco é o novo traballo poético de Antía e, como di Rozas no seu artigo: un deslumbrante exercicio poético que convoca o arreguizo na pel ante unha fervenza de emocións.
De 12:30 A 13:30 horas
Libraría Paz Pontevedra

“Figuración vs Abstracción”
15
Sábado/Abril
Exposición “Figuración vs Abstracción” de Luis Rivas no liceo casino. Do 15 ao 28 de abril no salón nobre.
Inauguración 15 de abril ás 19:00 horas
Do 15 ao 28 de Abril
Liceo Casino, Pontevedra

“Acciones sencillas”
15
Sábado/Abril
Concello de Pontevedra
Espectáculo de Danza: Acciones sencillas de Jesús Rubio
Queres aprender a bailar: feixes, repites, buscas o ángulo, ás veces te enfocas na forma xa veces apóiasche no sentimento. Entón te perdes. Poste todo iso e non sabes realmente para que usalo, como che vai a servir. Viches uns corpos enchendo eses códigos, desafiándoos, con toda a súa forza e toda a súa historia e todo o seu cansazo e toda a súa plenitude. Sabes que están aí para todos, tamén son teus. Só tes que atopar o teu camiño. Con que os vas a encher? Onde empezar? En 2020 RNE outorga a Jesús Rubio Gamo o Premio Ollo Crítico na categoría de danza. O xurado destacou o seu enfoque artesanal da composición coreográfica, tanto en proxectos íntimos como na orquestración de grandes grupos, nos que consegue combinar a estrutura coa individualidade dos seus intérpretes. A súa obra Gran bolero gañou o Max a Mellor Espectáculo de Danza 2020. Accións Sinxelas foi nomeada á mellor coreografía nos Premios dá Crítica de Catalunya.
Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Observación astronómica”
15
Sábado/Abril
Concello de Pontevedra
Observación astronómica
Trátese dunha actividade de divulgación astronómica no exterior. A actividade estará composta por unha observación astronómica, empregando telescopios e simple vista, máis unha explicación do que se pode observar no ceo e unha explicación sobre os planetas e o sistema solar con maquetas.
Lugar: A Fracha
Punto de encontro: Ver en Google maps
Recomendamos subir polo Campiño
Actividade: adultos. Prazas: 150 persoas
Imparte:Asociación astronómica Sirio de Pontevedra
Non é preciso levar ningún material.
Recomendación: acudir con roupa de abrigo
Preinscrición: a través dos formularios online sete días antes de cada actividade por rigorosa orde de chegada.
Actividade gratuíta
De 22.30 a 01.30 horas
A Fracha, Pontevedra

“Ponteandadas”
16
Domingo/Abril
O Concello de Pontevedra organiza o circuito de Andainas PONTEANDADAS 2023
RUTA PANORAMICA-PARQUE DA A FRACHA Domingo, 16 de Abril Saída as 10,00 h – parking mirador da Fracha Ruta circular de 13km, dificultade media/baixa
Pago de 2€ Seguro de accidentes tanto por Bizum como na conta de naturgaliza club ES82 2080 3116 0330 4000 8694)
Inscricións:(nome apelidos-DNI-Data nacemento e teléfono) en: ponteandadas@gmail.com, no teléfono 625482636 o presencialmente na tenda de sendeirismo colaboradora Naturgaliza fronte a igrexa da Peregrina en Pontevedra
Ás 10:00 horas
Miradoiro da Fracha, Pontevedra

“Taller de Lindy Hop”
16
Sábado/Abril
Dada a cálida acollida que tiveron os bailaríns do Swing que actuaron xunto ás Cherry Sweet e o interese xeral por aprender este baile, o Liceo Casino Pontevedra está a organizar para o día 16 de abril un taller de iniciación de Lindy Hop, o estilo de swing de moda.
A clase terá unha duración de 3 horas (de 11:00 a 14:00 h) e o prezo por Socio é de 15 €. Prazas limitadas. O prazo de inscrición é ata o 5 de abril. Non é necesario inscribirse en parella, poden anotarse individualmente
De 11:00 a 14:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra

“Taller de baile”
16
Domingo/Abril
PonteBaile en Pontesán
Esperámosvos o Domingo 16 de Abril ás 12:30 na Praza de España de Pontevedra para pasar un intre agradable de baile! Estaremos tamén os días 14/15/16 na nosa caseta, para proporcionar información sobre o Baile e os seus beneficios!
Ás 12:30 horas
Praza de España, Pontevedra

“DeMente”
16
Domingo/Abril
Concello de Pontevedra
Espectáculo de Danza: Demente de Fran Sieira
“Demente” é unha obra de danza e música tradicional galega para público adulto, cunha duración de 60 minutos. Conta cun elenco artístico de oito bailaríns e bailarinas, coa música do compositor e músico multidisciplinario Cristian Silva Bóveda. Todo iso desenvólvese nun marco escénico e cun vestiario deseñado por Carlos Alonso Alonso xunto co deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. Á parte de máis fisicalidad e estética contemporánea, preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística. En “Demente” plasmaremos unha realidade, un estigma, patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) padeceron, padecen ou sufrirán nalgún momento da súa vida, unha de cada catro persoas. O encarceramento práctico de “tolos” en épocas pasadas, o amontoamento de enfermos, as suxeicións mecánicas totais e parciais, así como as suxeicións químicas (antipsicóticos e outras drogas), os suicidios (“O tolo cando entraba no manicomio había que esperar a morte.”), a explotación dos enfermos, “os almacéns de carne humana”…
Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Transmutación interna”
7
Venres/Abril
Do 7 ao 23 de abril, o Palacete dás Mendoza de Pontevedra exhibe a mostra pictórica “Transmutación interna” a cargo de Rosario Palacios Orive. A autora reivindica a importancia da preservación do medio ambiente, dos parques naturais, dun mundo máis ecolóxico, consciente e sostible. A natureza é a fonte da vida, onde todas e todos nos alimentamos.
- De luns a venres de 9 a 20 h
- Sábados e festivos, de 10 a 14 h e de 16 a 19 h
- Domingos de 10 a 14 h
Do 7 ao 23 de abril 2023
Pazo das Mendoza, Pontevedra

“Ruínas de San Domingos”
11
Martes/Abril
Achégase a primavera e con ela a reapertura das ruínas de San Domingos, o primeiro e máis antigo dos edificios que forman o noso Museo. Abrirá as portas o 1 de abril, xusto co comezo da Semana Santa.
De martes a sábado: de 10 h a 14 h e de 16 h a 19:30 h.
Domingos e festivos: de 11 h a 14 h
Entrada gratuíta
Dende o 1 de abril 2023
Avda Montero Ríos, Pontevedra

“Gabarrón atlántico”
16
Xoves/Marzo
Inauguración da exposición ‘Gabarrón Atlántico, Ronsel de saudade”, de Cristóbal Gabarrón, a exposición está comisariada por Antón Castro.
Xoves 16 de marzo ás 18:30 no edificio Castelao
Entrada libre ata completar capacidade
Do 16 de Marzo ao 14 de Maio
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Fame cero 2”
13
Luns/Marzo
Benestar social Pontevedra
Benestar Social estreará unha exposición urbana para concienciar sobre a fame no mundo. Estará composta por cinco cubos con representacións gráficas creadas por dez artistas
Fame Cero 2, unha nova exposición urbana pictórica que ten como obxectivo concienciar á poboación acerca da problemática da fame no mundo, no marco das actividades do Concello con motivo do Día Mundial da Nutrición.
A mostra, que se estreará o 13 de marzo ás 13.00 horas, estará situada na rúa Daniel da Sota e contará cunha selección de fotografías de varias obras de ata unha decena de artistas: Carmen Hermo, Gosia Trebacz, Isabell Seidel, Yolanda Dorda, Isabel Pintado, Xulio García Rivas, Alfonso Costa, Ricardo de Campos, Fiz Valcárcel e Antón Sobral, que figura tamén como comisario da actividade.
Do 13 de marzo ao 13 de Abril 2023
Rúa Daniel de la Sota, Pontevedra
Xa podes anotarte

“Continente María”
20
Xoves/Abril
Teatro Principal
Ponteatro “Continente María” de A quinta do Cuadrante.
Esta montaxe -que coincide co centenario do seu natalicio- pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, á vez que utiliza a súa figura para falar da condición dos artistas nun mundo en constante cambio, analizando as nosas contradicións como país en escena e como unha sociedade. Unha resplandeciente Melania Cruz, preséntanos á protagonista como un continente que anhelamos percorrer, establecendo unha cartografía emocional a partir das súas vivencias, pensamentos e recordos, transitando a través dun diálogo entre o presente e o pasado para tentar comprendernos mellor como humanos. seres, creadores e habitantes dun mundo no que non hai tantos anos os exiliados eran os galegos defensores da democracia.
Texto: Marianella Monre Dirección: Tito Asorey Reparto: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich
Duración: 70 minutos. Mercar entradas
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra

“Ángel Martín”
21
Venres/Abril
Con “Punto para los locos”, Ángel Martín tentará que che deas conta de que o único que nos diferencia non é se estás ou non estás tolo, senón a que volume están na túa cabeza a voz da vergoña, o medo, os abafos, a impaciencia… e tentará que, a próxima vez que una desas voces volva, non poidas evitar burlarche dela e poñer no marcador outro “punto para os tolos”
DURACIÓN: 75 minutos
Mercar entradas Ataquilla.com
Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra

“Xornadas de Arte e Memoria”
21,22
Venres, Sábado/Abril
Os vindeiros días 21 e 22 de abril conmemoraremos o centenario de Xosé Conde Corbal coa celebración no Pazo Provincial, sede da Deputación de Pontevedra, dunhas xornadas sobre Arte e memoria, no marco das cales presentaremos o libro “O fardel da memoria de Conde Corbal”, que recolle a súa colección de gravados sobre a represión franquista comentados por persoas expertas na materia.
Ademais, o hall da Deputación acollerá durante eses días unha mostra dos gravados.
Para asistir ás xornadas é necesario anotarse neste link onde ademais tendes toda a información sobre as temáticas e as persoas relatoras.
Ás 16:00 horas
Salón nobre da Deputación, Pontevedra

“Altsasu”
22
Sábado/Abril
Teatro Principal
Ponteatro “Altsasu” de La dramática errante
Na madrugada do 15 de outubro de 2016 produciuse un altercado ás portas do bar Koxka, en Altsasu (Navarra), no que se viron implicados varios veciños da localidade, dous axentes da Garda Civil e as súas parellas. O resultado foron dous arrestos e un nocello roto. En menos de 24 horas Altsasu convértese en estudo de televisión e en menos de día e medio o caso é #cuestión de Estado. Os denunciantes néganse a declarar ante a Policía Rexional, algo que fan ante os seus compañeiros da Garda Civil. O xiro deste fantástico espectáculo prodúcese cando COVITE, o Colectivo de Vítimas do Terrorismo no País Vasco, denuncia os feitos ante a Audiencia Nacional. Esta organización introduce a acusación de terrorismo e lánzase o operativo policial contra nove persoas. Sete deles van a prisión inmediatamente. A audiencia oral que inicia o 16 de abril de 2018, vén con pedidos fiscais de entre 62 e 12 anos de prisión para oito deles. O xuízo séguese con expectación en todo o Estado español, xa que pode supoñer unha redución de liberdades e o abuso da expresión “terrorista” que incita á Fiscalía para ter unha pelexa de bar.
Dramaturxia e dirección: María Goiricelaya
Repartición: Egoitz Sánchez, Ane Pikaza, Nagore González, Aitor Borobia
Duración 75 minutos. Mercar entradas
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥