
“Camerata Arven”
12
Martes/Abril
Creada en 2015, Camerata Arven agrupa a músicos profesionais con experiencia no ámbito da interpretación e a docencia. É un conxunto dinámico en canto ao repertorio; o seu principal obxectivo é fomentar o interese pola extensa literatura da música de cámara a través dunha programación variada e orixinal, tendo en conta o conxunto de artes escénicas que forman o teatro, a danza e a literatura.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Catro cores”
13
Mércores/Abril
Catro Cores é un cuarteto formado por trompas galegas que levan experimentado durante anos o que é tocar xuntas no seo dunha orquestra sinfónica. En 2014 decidiron extrapolar esa boa conexión sonora ao terreo da música de cámara co fin de achegar a música a todo tipo de público.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Terra de soños”
13
Mércores/Abril
Praza de España
Exposición ‘Terra de soños. Arte na rúa’, organizada pola Obra Social a Caixa coa colaboración de Fundación Vicente Ferrer.
Expoñeranse obras de Cristina García Rodero que reúne unha selección de fotografías representativas das comunidades rurais da India.
As fotografías de García Rodero afondan no mundo feminino, así como na forza e a capacidade de superación das mulleres de Anantapur (Andhra Pradesh), unha das zonas máis pobres da India.
Cristina García Rodero (Puertollano, Ciudad Real, 1949) é unha figura referente na fotografía, tanto pola súa personalidade como pola repercusión nacional e internacional da súa obra.
Faranse visitas comentadas a esta exposición, os sábados ás 18 horas en galego e os domingos ás 12, en castelán.
Ata o 11 de maio
Praza de España, Pontevedra

“Primeiro a vida”
16
Sábado/Abril
Kirenia Danza é unha compañía de danza contemporánea partidaria da intervención en temas e cuestións que van máis alá dos clásicos da danza e afondan especialmente nos retos emerxentes da sociedade contemporánea. Esta peza é un eloxio aos coidados. Todas as persoas somos vulnerables e diversas e precisamos coidar e ser coidadas.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Expresión gráfica”
16
Sábado/Abril
Sábado 16 de abril Pablo Alonso ás 12 h, (Mármol) presentará o Taller de Expresión Gráfica, para quen desexe introducirse ou ampliar coñecementos teórico-prácticos, neste proceso creativo. Sesión gratuíta.— con Pablo Alonso.
42º noroarte
Ás 12:00 horas
Eduardo Pondal nº 5, Pontevedra

“Os sons esquecidos”
17
Domingo/Abril
“OS SONS ESQUECIDOS” de ABRAHAM CUPEIRO
Construtor e multiinstrumentista, o que caracteriza a Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo e utilizalos para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles.
Ás 13:30 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“A Pontevedra de Colón”
17
Domingo/Abril
Leucoiña pasea 17 abril Descubriremos a Pontevedra monumental relacionada con Cristóbal Colón e un feixe de probas, documentos e historias que relacionan dun xeito máis que palpable ao noso protagonista coa cidade de Pontevedra. Por suposto desfrutaremos dun petisco nun dos locais colaboradores, espazo no que aproveitaremos para debater acerca do aprendido na visita.
Queres máis info ou anotarte na visita? Non dubides en contactar con nós neste correo! paseapontevedra@gmail.com Estreamos un novo roteiro cuxa temática non vos deixará indiferente.
Ás 12:00 horas
Leucoiña Pasea

“Obras en pequeno formato”
9
Sábado/Abril
Granero Delmás
Exposición colectiva en pequeno formato
Artistas: Manuel Chapela, Sofía Fernández de Ana, Tebo, Rafa Loureiro, Margarita Santiago, Olga López López, Xavier de Lus, Carmen Lazcano, Manuel Hermida e Antón Sobral
Inauguración. Sábado 9 de abril ás 12:00 horas
Lugar: Sala exposicións do GRANERO DELMAS
Galerías Oliva 2 Local 15 Pontevedra
Comisaria: PILAR DELMAS
Para mais información: 619432721
Ata o 14 de Abril
Granero Delmás, Pontevedra

“Postbabel. Ciudades Lámparas Animales ”
18
Venres/Marzo
Espacio Nemonón
Exposición Postbabel. Ciudades Lámparas Animales
O profesor emérito da Universidade de Vigo Juan Fernando de Laiglesia presenta no espazo Nemonon a exposición Postbabel. Ciudades Lámparas Animales. Conformada por 22 pezas, a mostra concíbese como unha reflexión sobre cinco asentamentos humanos en diferentes épocas da historia da cultura.
A mostra pode visitarse ata o 13 de abril, de luns a venres de 12.00 a 14.30 e de de 19.00 a 21.00 horas, e o sábados de 12.00 a 14.00 horas.
Ás 11:00
Ata o 13 de Abril 2022

“O eterno Feminino”
4
Luns/Abril
O ETERNO FEMININO. Exposición de Noelia Prado Fernández, no Ateneo Santa Cecilia
Inauguración o luns, 4 de abril, ás 20:00 horas no noso local.
O horario de visita a exposición é de martes a venres de 17:30 a 20:30 e de 11:00 a 13:00 os sábados.
“O Eterno Feminino pretende dar unha visión ácida e irónica sobre a construción patriarcal da feminidade e da identidade feminina. Para lograr este obxectivo, utilizo como ferramenta un punto de vista cotidiá, íntimo e afastado dunha beleza estereotipada polo consumo.” Noelia Prado Fernández
Do 4 ao 20 de abril 2022
Ateneo Santa Cecilia de Marín

“De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano”
12
Sábado/Marzo
Edificio Castelao
Nacer nunha familia da alta burguesía permitiulles a Carmen Babiano e as súas primas Carmen Sancho e Eugenia Méndez-Núñez recibir unha educación exquisita. Ademais de estudar francés e música, formáronse en pintura con Ramón Vives Ayné, un destacado artista catalán que chegou a Pontevedra en 1866 como profesor de debuxo do Instituto e que lles impartía clases particulares. Ao redor de 1873 realizou este retrato da súa alumna Carmen Babiano que poderedes ver, a partir do 24 de febreiro, na exposición ‘De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra’
Queres saber quen era Carmen Babiano e as súas fillas María e Concha Mendoza? Participa nas visitas teatralizadas que realizaremos todos os sábados á exposición ‘De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra’. Abrimos a inscrición!
Todos os sábados desde o 26 de febreiro ata o 23 de abril
Ás 17:30 e ás 19:00 h
Inscricións en reservas.museo@depo.gal
Do 26 de febreiro ata o 23 de abril

“A Mar e as Cores da Alma”
8
Venres/Abril
Palacete das Mendoza
O venres 8 de abril inaugúrase a expposición ” A mar e as cores do alma” de Rafael Loureiro.
O horario será de luns a venres de 10 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Sábados de 10 a 14:00 e de 17:00 a 19:00.
Domingos e festivos de 10 a 14:00 horas
Do 8 a 24 de Abril
Palacete das Mendoza, Sala de Exposicións

“Xaquín Soneira”
31
Xoves/Marzo
Inauguración da mostra de Xaquín Soneira no Museo Manuel Torres de Marín.
Organiza o Concello de Marín
Xoves ás 20:00 horas
Do 31 de marzo ao 30 de Abril
Museo Manuel Torres, Marín

“Vitrales de arte contemporánea”
1
Venres/Abril
Do 1 ao 23 de abril, a nosa Sala de Exposicións acollerá a Exposición de Vitrales de arte contemporánea de María Goretti Belo. ‘Goretti xoga coa alegría. Xoga á alegría. Faino coa cor e ou divertimento dous materiais. Emprega óleo, lápis de cor, rotuladores, lenzos, papel, cartón, fotocopias de gran formato, todo ou que lle sexa acaído á preparación do que vai ser ou vitral.’ Laura Ríos.
Entrada libre Aforo limitado
Do 1 ao 23 de Abril
Salón nobre do Liceo Casino

“Bulir”
30
Mércores/Marzo
Este mércoles dia 30 ás 19h inauguramos a exposición da artista portuguesa Dalila Gonzálves que leva por titulo Bulir.
Do 30 de marzo ao 6 de Maio
Inauguración ás 19:00 horas

“Popurrí”
12
Sábado/Marzo
Estudo Matrioska presenta unha exposición de Alba Troiteiro. Segundo explica a artista, ” Popurrí é unha pequena retrospectiva dá miña obra dous últimos tres anos”. Trátase dunha mostra de catro proxectos que beben directamente da súa experiencia persoal ou contexto, sendo ese o lugar desde onde nace o seu traballo “para ou caso presente: as artes escénicas, un voluntariado Europeo en Sardeña e a afamada ‘distancia de seguridade’ que nos últimos tempos castrou unha parte importante de liberdades”. ” Meu traballo artístico é unha canle de comunicación entre emoción, corpo e mente”. “Gozo do transitar esta viaxe buscando a beleza e a poesía visual, traducindo ou onírico a unha realidade tanxible a través dá imaxinación”.
Do 12 de marzo ata o 7 de maio
Estudo Matrioska, na rúa Estrada, número 6 de Pontevedra.

“100 lúas cadradas”
8
Venres/Abril
Estrelas adolescentes, berces estelares, fósiles cósmicos, restos estelares, universos illa ou cúmulos galácticos. Estes son algúns dos fenómenos astronómicos representados nas fotografías realizadas no Observatorio do Teide, do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), que desde este venres poden contemplarse na sede da Vicerreitoría do campus, que acolle a exposición itinerante 100 Lunas Cuadradas. Inserida no plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade (UCC+i) Ciencia de ida e volta, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación. A exposición abrangue diferentes tipos de obxectos astronómicos e algúns descubrimentos relevantes en astrofísica, como sistemas exo-planetarios, fósiles cósmicos, lápidas fugaces ou grupos galácticos.
De carácter didáctico, trátase dunha exposición que o IAC puxo en marcha no marco do proxecto Niépce: do negativo ao positivo, desenvolvido co gallo dos 200 anos das primeiras imaxes fotográficas da historia. A través desta mostra, a astronomía buscaba render homenaxe á fotografía por ter permitido multiplicar os datos obtidos cos telescopios. Conformada por nove paneis, a exposición recibe o seu nome das dimensións das nove fotografías que a compoñen, que, segundo explican os seus promotores, “son dez veces por cada lado o tamaño aparente da lúa, que se utiliza como unidade de medida”, de tal xeito que cada unha delas representaría unha área de “100 lúas cadradas”
Do 8 de Abril ao 13 de Maio
Casa das campás

“O noso planeta”
15
Martes/Febreiro
En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, a Sede Afundación Pontevedra acolle do 15 de febreiro ao 28 de maio a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima da plataforma e coa participación de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do home: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.
Do 15 de febreiro ao 28 de maio
Obra social Abanca Pontevedra

“A presenza invisible”
7
Xoves/Marzo
Do 7 de abril ao 12 de xuño
Edificio Castelao
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥