onde está a casa do meu amigo

“Onde está a casa do meu amigo?” 

11

Luns/Setembro

Onde está a casa do meu amigo?
Abbas Kiarostami, 1987, Irán, 83 min., VOSE Lingua: persa

Na escola da vila de Koker, ao norte de Irán, Mohamed non fixo os exercicios no caderno e o profesor ameázao con expulsalo da escola se volve repetir a mesma falla. Esa mesma tarde, o seu compañeiro Ahmed toma por equivocación o caderno de Mohamed. Cando se decata, decide ir buscar a casa do seu amigo para devolverllo.

«Enganosamente simple e absolutamente profundo» (James Kendrick), o filme é con certeza unha das obras mestras do autor. Con el gañou o Premio Fipresci e o Leopardo de Bronce en Locarno no 1989, e con el inaugura a que se coñecerá como triloxía de Koker.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
El olor del miedo

“El olor del miedo” 

11

Luns/Setembro

O escritor Manuel Ríos San Martín vén presentar a súa última novela  El olor del miedo (Planeta, 2023). O protagonista estará acompañado polo autor pontevedrés Manel Loureiro co que charlará sobre o recente lanzamento. Despois do coloquio procederase á firma de libros co público que o desexe.

No “El olor del miedo” Elena é un animal da especie humana, unha veterinaria apaixonada que se deixa a vida no parque zoológico de Valencia para protexer aos seres que ama: elefantes, chimpancés, leóns… Ela cóidaos con mimo e sálvaos do perigo ata que un tirador comeza a sementar o pánico. Quen é ese criminal oculto que pretende aniquilar os exemplares máis belos doutras especies? A peculiar investigación, levada a cabo por un veterano da UDEV e unha moza inspectora, parece un labirinto sen saída. Segundo o código penal, matar a un animal non se considera «asasinato». Entón? Vale máis a vida dun ser humano?

Ás 19:00 horas
Libraría Cronopios, Pontevedra
Os osos non existen

“Os osos non existen” 

12

Martes/Setembro

Os osos non existen Jafar Panahi, 2022, Irán, 107 min., VOSE. Lingua: persa, turco, azarí

Desde unha aldea iraniana fronteiriza, un director de cinema perseguido polo réxime  (Jafar Panahi, a facer de si mesmo) dirixe a distancia unha rodaxe en Turquía. Certo día, toma unha fotografía na que aparece algo que perturba a aparente tranquilidade da comunidade que o acolle: unha parella de namorados bicándose.

Perseguido polo réxime iraniano desde 2009, Panahi rodou Os osos non existen na clandestinidade, pouco antes de ser detido e sentenciado a 6 anos de cárcere. O seu filme si viaxou ao Festival de Venecia do ano pasado, onde foi recoñecido co Premio Especial do Xurado.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
ruta enfermera

“Ruta enfermera” 

13

Mércores/Setembro

Durante toda a xornada na carpa situada no  exterior do tráiler, Beatriz Escribano de la Torre e as enfermeiras do CGE, impartirán talleres sobre RCP básica, atragantamento- obstrucción Vía aérea (OVACE) e posición lateral de seguridade.

CHARLAS

10:30h Primeiros auxilios en accidentes domésticos – Enfermeras CGE

11:30h Dieta cardiosaludable – Enfermeras CGE

12:30h. Lactancia materna – Daniela González

16:30h Cómo imaginarías a tua saúde nofuturo? Podemos axudarte a planificalo – Anxo López

17: 30h Lactancia materna – Daniela Glez.

18:15h Primeiros auxilios en accidentes domésticos – Enfermeras autobús

19:00h Documento de instruccións previas… quén, cómo, cando, onde – Verena Rodríguez e Mabel Rodríguez.

*As charlas tenrán unha duración aproximada de entre 10 e 15 minutos

Desde as 10:30 horas
Praza de España, Pontevedra
Hoxe como noutrora

Hoxe como noutrora” 

13

Mércores/Setembro

Teatro “Hoxe como noutrora“. Representamos a adaptación de catro fragmentos da obra de Varela Buxán, todos eles relacionados coa emigración e outros aspectos da problemática social da Galicia da época que seguen vixentes na actualidade: a soidade, a precariedade, o despoboamento rural, o rexeitamento do propio…

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Licor de ameixa

“Licor de ameixa” 

14

Xoves/Setembro

Teatro “Licor de ameixa“. É a historia dunha familia contada a través das súas mulleres, catro xeracións de mulleres, un xogo da memoria e do tempo, a historia da vella casa familiar da que todas as mulleres querían fuxir. E se o tempo parara, e nos decatáramos que somos “mulleres que non serven para nada”, “non queres servir a ninguén” e queren servir só para elas, queren liberarse.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
cociña vasca

“Experiencia vasca” 

14

Xoves/Setembro

Máis que un taller, toda unha experiencia gastronómica! Unha vez máis, recibimos a @luciapastorblanco cunha programación súper especial. Neste encontro non só viaxaremos a través da cultura culinaria, senón que gozaremos dunha degustación con auténtico txakolí, coidando todos os detalles para que despois de gozar desta cea con aprendizaxe poidas repetir a experiencia en casa para tí e/o para as túas invitadxs

Inclúe degustación e maridaxe con Txacoli ao rematar

Información 629 09 75 66

Via nai  Pontevedra
Rúa Isabel II, 22, 36002 Pontevedra
por fin sós

“Por fin sós” 

15

Venres/Setembro

Teatro “Por fin sós“. Unha parella está a punto de estrear o séu nidiño de amor, despois de tanto tempo preparando e soñando, chegou o gran día para disfrutar dunha velada sós. “Como yo te amo nadie te amará”. Sí pero… chaman a porta.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
manta

“Manta de recortes” 

15

Venres/Setembro

Taller de formación: Manta de recortes, Patchwork. Destrezas para o emprego e a reciclaxe

Prazas limitadas

Do 15 de setembro ao 19 de outubro

Información 698 124 762

Boa Vida  Pontevedra
Rúa da Seca nº 3 baixo Pontevedra
Jaime Velasco

“Jaime Velasco” 

15

Venres/Setembro

O cántabro Jaime Velasco pon música a poemas de Teresa de Ávila, Lorca, Miguel Hernández e José Hierro, ademais de temas propios. O venres ás 19:30 h actúa na igrexa do convento de Santa Clara xunto coa súa banda (María Villanueva guitarra e voz, Carlos Gutiérrez baixo e Natxo Miralles batería e percusión).
O concerto é de balde e ten acceso limitado, polo que é necesario reservar praza previamente, escribindo a reservas.museo@depo.gal antes do 15 de setembro ás 14:00 h. Cada persoa pode reservar ata dúas prazas e é necesario indicar un número de teléfono de contacto.
Ás 19:00 horas
Convento de Santa Clara Pontevedra
Só os amantes sobreviven

“Só os amantes sobreviven” 

15

Venres/Setembro

 A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Só os amantes sobreviven (2013), de Jim Jarmusch, na primeira sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións entre os meses de setembro e xaneiro, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.

Ás 19:00 horas
Casa das campás Pontevedra
ladrón de corazóns

“Ladrón de corazóns” 

16

Sábado/Setembro

Teatro “Ladrón de corazóns“. Nun edificio da comunidade do “Corazón” en tres pisos acontecen tres historias distintas. No 8ºA “escoitan un ruido”, no 5ºC alguén está moi nervioso, está punto de declararse e no 3ºB están preparando unha cea de amig@s, pero nada é o que parece. Historias que tratan do amor, das relacións, dos malos entendidos e da vida.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
travesia

“I travesía a nado” 

16

Sábado/Setembro

 I Travesía a nado Río Lérez. Trátase dunha proba que será moi doada de seguir desde as beiras do Lérez, desde a Illa das Esculturas, a praia fluvial de Monte Porreiro ou o novo miradoiro na antiga vía do tren.

Percorrido de 2.500 metros (dúas voltas de 1.250 metros).

A carreira de categoría máster e popular será a encargada de abrir a travesía ás 15.45 horas, seguindo próba elite ás 17.15 horas e por último as categorías inferiores de promoción (18.15 horas), infantil-alevín (18.45) e benxamín-prebenxamín-inclusiva (19.20 horas).

A xornada concluirá cunha convivencia na praia fluvial con comida e un concerto do grupo pontevedrés Mr. Magoo.

De 15:45 a 19:20 horas
Beiras do río Lérez, Pontevedra
Sushi

“Taller de Sushi” 

17

Domingo/Setembro

Taller de iniciación ao Sushi

Inclúe taller máis recetes máis o sushi elaborado.

Horario de 11:30 a 14:00 horas

Prezo 50 euros

Información 629 09 75 66

Via nai  Pontevedra
Rúa Isabel II, 22, 36002 Pontevedra
Non queremos

Non queremos perdices” 

17

Domingo/Setembro

Teatro “Non queremos perdices“. Versión moderna e actualizada da cincenta, con cancións en directo, coreografías… Todo aderezado con humor e diversión para disfrutar en familia.

Mercar entradas

Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
exposición Jazz

“Jazz” 

6

Mércores/Setembro

Galeria de arte Musart

A galería de arte Musart de Pontevedra inaugura unha nova exposición, ‘Jazz’, con obras do artista e estudante de Belas Artes Mateo Maño Capurro.

A exposición supón unha nova lectura sobre o que o xénero musical do jazz influíu e segue influíndo en artistas contemporáneos, tanto na música como na pintura.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Do 6 ao 14 de setembro
Sala Musart, rúa herreros 28, Pontevedra
Rafael Ubeda

“Expresións cromáticas” 

22

Xoves/Xuño

Conformada por medio cento de obras, esta exposición xunta pinturas e algúns debuxos das tres últimas décadas de produción artística de Rafael Úbeda. A mostra propón un itinerario que afonda naqueles aspectos que estiveron presentes ao longo da súa traxectoria e definen a súa linguaxe. Escolléronse obras que ilustran con nitidez os seus argumentos estilísticos e que deron lugar a unha pintura de factura recia, situada en parte na contorna dunha linguaxe poscubista, arraigada nuns cimentos que remiten ao expresionismo europeo.

O título da mostra, ‘Expresións cromáticas’, remite ás esencias multiformes da obra de Úbeda e á exaltación dunha das grandes calidades que comporta a súa pintura: a “expresividade cromática”, un dos principais signos distintivos que cruzará toda a súa obra, desenvolvida en diferentes áreas creativas, como son a pintura, o muralismo, o debuxo ou o gravado.

Do 22 de xuño ao 17 de setembro
Museo de Pontevedra. Edificio Castelao
Novos valores

“Novos valores 2023” 

13

Xoves/Xullo

O certame Novos Valores, convocado anualmente pola Deputación e o Museo de Pontevedra, pretende impulsar os e as artistas galegos e galegas ou que residan en Galicia. Preséntanse obras orixinais non premiadas en anteriores edicións, que aspiran a gañar unha das catro bolsas de 7.500 euros para ampliación de estudos.

Na edición de 2023 presentáronse 50 obras, entre as que o xurado seleccionou 20 creacións con técnicas diversas: fotografía, pintura, escultura, pezas de costura, vídeo creación, debuxo, instalacións e varias obras con técnica mixta. Estas son as que se mostran na exposición aberta no Edificio Sarmiento.

Do 13 de xullo ao 24 de setembro
Museo de Pontevedra. Edificio Sarmiento
Juan Carlos Meana

“O espazo entre as cousas” 

13

Xoves/Xullo

A obra de Juan Carlos Meana (Vitoria, 1964-Pontevedra, 2023) supón unha indagación na condición humana: na súa fraxilidade e nas súas esperanzas, na súa intemperie, fracasos e enigmas. Partindo do traballo co obxecto, asumindo aqueles apeiros cotiáns que conteñen a experiencia íntima dos instantes sen historia, ábrese a unha investigación que transita tanto polo debuxo coma pola instalación, a fotografía, a escritura e o vídeo.

Aborda cuestións coma a memoria, a experiencia e a contemplación, a melancolía ou o desexo; estados e crenzas que marcan unha subxectividade posta permanentemente en crise, pero orientada tamén cara á posibilidade de establecer relacións co mundo. Trátase dunha concepción da arte como tentativa de coñecemento e, ao tempo, como unha experiencia de transformación.

Do 3 de agosto ao 29 de outubro
Museo de Pontevedra. Edificio Castelao

Xa podes anotarte

Luis Piedrahita

“Luis Piedrahita” 

22

Venres/Setembro

X GALA BENEFICA DIA MUNDIAL DEL ALZHEIMER – AFAPO

ES MI PALABRA CONTRA LA MÍA é o novo monólogo de Luís Piedrahita. Un espectáculo cheo de enxeño e tenrura no que Luís analiza por que ninguén está contento co que lle tocou.

Unha vez máis, Piedrahita olisquea a realidade con afán de porco trufero e saca a relucir os aspectos máis absurdos do noso día a día. Temas de fondo calado existencial como as cellas negras das señoras maiores, o medo ao váter alleo ou o amor verdadeiro.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra
maleza

“Maleza” 

22

Venres/Setembro

Este 22 de setembro temos o pracer de ter na Fundación ao artista @christian_villamide.
A inauguración será ás 20:00 na Fundación RAC en Pontevedra.
Ás 20:00 horas
Fundación RAC, Pontevedra
Silvia Penide

“Silvia Penide” 

23

Sábado/Setembro

Teatro principal

CICLO VOICES 2023 – SILVIA PENIDE. XIRA XX ANIVERSARIO

Silvia Penide, cantautora galega con dous Premios Martín Codax da Música, vive un ano de celebración continúa. A súa Xira XX Aniversario chega a Pontevedra nun día moi especial: O Día Internacional da Lingúa de Signos, 23 de setembro. O concerto será signado dende o esceario na súa totalidade. 

 No esceario estará acompañada por Carla López (teclado e voces), Paul Álvarez (guitarra) e Bruno Couceiro (batería), ademáis de Natalia Navaza na lingúa de signos. 

Mercar entradas 

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
pandeireta

“Pandeireta” 

24

Domingo/Setembro

Nova técnica de Pandeireta

Unha aproximación aos recursos interpretativos da Pandeireta galega no século XXI

Información e reservas: info@gaiaescuelamusica.com

Teléfono 616 352 216

Duración 4 horas

Prezo 40 euros

Ás 10:00 horas
Praza da Castaña 2, Pontevedra
taller de teatro

“Taller teatro” 

25-28

Luns a venres/Setembro

Taller de teatro para adultos impartido por Manuel Solla.

Inscrición a partir do 18 de setembro.

Actividade de balde

De 18:00 a 20:00 horas
Biblioteca pública, Pontevedra
Ponteandadas

“PonteAndada Lérez, Verducido e Alba” 

1

Domingo/Outubro

O vindeiro 1 de Outubro…. Domingo, retomamos as rutas Ponteandadas organizadas polo Concello de Pontevedra co a PONTEXTREM e MINIXTREM son 2 rutas simultáneas de 25k e 13 km… xa podedes inscribirvos (datos no cartel) para máis información no Telf. 625482636

Ás 08:30  e ás 10:00 horas
Multiusos da Xunqueira, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥