A vida é movernos

“Camiñadas” 

12,14,16

Luns, mércores,venres/Setembro

Concello de Pontevedra

O obxectivo é dar a coñecer o MetroSán entre a cidadanía e fomentar hábitos de vida saudables e o exercicio físico para todas as idades. O Concello puxo en marcha hai uns meses unha serie de roteiros urbanos e periurbanas, accesible e interconectadas entre si, que bordean a cidade e que suma máis de 80 quilómetros. Unhas sendas que agora se queren seguir aproveitando para potenciar o fomento da actividade física. Para participar, as persoas interesadas poden informarse e inscribirse a través do teléfono 629 031 905 ou do correo electrónico info@marchanordicagalicia.com. Todos os roteiros comezarán ás 19.30 horas e durarán dúas horas.

Ás 19:30 horas
Pontevedra

“A ruleta da fortuna e da fantasía” 

13

Martes/Setembro

Proxección de ‘A ruleta da fortuna e da fantasía  de Ryûsuke Hamaguchi.

Xapón, 2021, 120 minutos VOSE

Contada en tres movementos, é unha colección de historias protagonizadas por personaxes femininos que trazan as traxectorias entre as súas eleccións e arrepentimentos. Un triángulo amoroso inesperado, unha trampa de sedución errada e un encontro que resulta dun malentendido 

Ás 20:30 horas.
Teatro principal, Pontevedra
A vida era outra cousa

“La vida era otra cosa, no este intento”

15

Xoves/Setembro

Presentación ‘La vida era otra cosa, no este intento’

Rocío García Polo presenta o seu poemario ‘La vida era otra cosa, no este intento’ acompañada da poeta Míriam Ferradáns.
‘Poemario de síntomas y de preguntas, no serán pocas las veces que la autora nos deje a la intemperie’ – texto do prólogo do libro

Entrada libre ata completar capacidade.

Ás 19:30 horas
Libraría Paz. Pontevedra
Club de lectura

“Clubs de lectura” 

15

Xoves/Setembro

O día 15 de setembro as 9:00 h. ábrese o prazo de inscrición para os clubs de lectura.
A inscrición poderá facerse de dúas maneiras: De maneira presencial o día 15 a partir das 9:00 h A través de formulario a partir do día 16 ás 9:00 h ata o día 21 ás 21:00 h
Este ano contaremos con catro clubs:
Gallego : xoves alternos de 19 a 20 h.
Castelán : todos os mércores de 17 a 18 h.
Francés : martes alternos de 19 a 20 h
Voz de muller: luns alternos de 19 a 20 h.
É imprescindible ter o carné da biblioteca para poder inscribirse no club Cada usuario/a só poderase inscribir nun club, de quedar prazas vacantes podería facelo en calquera outro.
As inscricións son persoais. Aínda así, cada usuario/a poderá anotar a un máximo de dúas persoas contándose a si mesmo A participación no club conleva a aceptación dunhas normas básicas.
Inscrición o día 15 ata o 21 de setembro
Biblioteca Pontevedra
Atlantic meet

“Atlantic Meet” 

15,16

Xoves,Venres/Setembro

I Edición do Congreso de Relacions Personais Atlantic Meet 

Coa participación de Toni Nadal, Elsa Punset, Emilio Duró e Mario Alonso Puig… ¡e moitas máis actividades! Mesas redondas, networking, espazos de exposición de proxectos…

A guinda á programación do primeiro Congreso Atlantic Meet chega en forma de curso. Un ciclo intensivo de cinco materias impartidas por expertos nos seus campos para fomentar o Desenvolvemento Persoal. Está dirixido a todas aquelas persoas que queiran mellorarse a si mesmas para poder xestionar con eficacia equipos e proxectos. As metas do curso pasan por aprender a xestionar a contorna persoal e laboral, adquirir ferramentas para a xestión do compromiso do equipo, potenciar a comunicación, desenvolver o liderado, autorregular emocións e adquirir claves para a motivación humana. Todo isto impartido por docentes de luxo como Pep Marí, Emilio Duró ou Mario Alonso Puig, entre outros.

Mercar Entradas  90/150 Euros

Pazo da Cultura de Pontevedra 
arte prehistórica

“Arte prehistórica, da rocha ao museo” 

15

Xoves/Setembro

Da rocha ao Museo’, organizada polo Museo Arqueológico Nacional de España como homenaxe á exposición de 1921 que abordou a primeira arte da humanidade. Máis de 250 pezas entre lenzos con reproducións de figuras, materiais como arpóns, restos de animais, elementos líticos, fragmentos espoliados, publicacións e audiovisuais.
Visitas guiadas todos os xoves ás 18 horas, e non é necesaria inscripción.
 Entrada libre ata completa o aforo
Ata o 9 de outubro
Edificio Castelao
Creación literaria

“Obradoiro de creación literaria” 

16

Venres/Setembro

O Obradoiro de creación literaria Narrativa XXI, impartido por Xosé Monteagudo é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra.

“Porque todo mudou nos últimos vinte anos. Porque a literatura non é unha excepción ancorada no tempo. Porque os temas e as técnicas, as autorías e os públicos lectores, os medios de edición e as canles de promoción tamén cambiaron no mundo da novela, cómpre reelaborar a aprendizaxe narrativa. Sen descoidar as técnicas fundamentais, en Narrativas XXI analizaremos as formas actuais da novela, prestando especial atención aos enfoques novidosos e ás modalidades mixtas do relato. Un obradoiro no que se combinarán as explicacións teóricas coa práctica das persoas matriculadas, facilitando dese xeito unha aprendizaxe colectiva na procura da maior efectividade literaria para as historias que se escriban.”

– Sesión especial de Berta Dávila.
– Hai 12 prazas dispoñíbeis, para persoas maiores de 18 anos.
– A inscrición, gratuíta e obrigatoria, farase en oficina@aelg.org
– O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Calendario

De 17:00 a 19:00 horas
Pazo da Cultura,  Pontevedra
Curso de textil

“Aprender facendo para recordar sempre” 

16

Venres/Setembro

Da comezo o 3ºCiclo de formación práctica en textil, centrada nas persoa para o empoderamento e o emprego, e no medio ambiente dende a sostibilidade e a reutilización.
Prazo de inscrición: 15 de setembro
Tl 698 124 762
Prazas limitadas. Gratuíto
De 09:30 a 13:30 horas
Rúa da seca nº3,  Pontevedra
marcha nórdica

“Marcha nórdica” 

16,23

Venres/Setembro

Marcha nórdica Galicia

Curso de iniciación á Marcha Nórdica

Pack de aprendizaxe en Pontevedra 9,16,23 de setembro na illa das esculturas

inscricións 629 031 905 info@marchanordicagalicia.com

Grupos reducidos

Facilítanse bastóns

De 16:45 a 18:45 horas
Illa das esculturas
Historias cavadas

“Historias cavadas” 

16,17

Venres, sábado/Setembro

Tras o éxito da primeira edición, a Deputación de Pontevedra, a través da súa área de Cultura, fai crecer o programa e pon en marcha a segunda tempada de “Historias cavadas”, esta vez en cinco novos castros da provincia neste mes de setembro e da man do teatro e da escenificación coa compañía Troula Animación.

Castro de Castrolandín, Cuntis (comarca de Caldas) Día 9 e 23 de setembro ás 18:00 horas

Castro do monte do Facho, Cangas (comarca do Morrazo) Día 10 e 17 de setembro ás 19:00 horas

Castro da Lanzada, Sanxenxo (comarca do Salnés) Día 11 ás 12:00 horas e  ás 17:00 horas.

Castro dos Cubos, Tui (comarca do Baixo Miño) Día 16 de setembro ás 18:00 horas e 17 de setembro ás 12:00 horas

Castro de Troña, Ponteareas (comarca do Condado) Días 25 de setembro ás 12:00 horas e 29 de setembro ás 17:00 horas

  • Prazas limitas: 30 por visita
  • Inscrición baixo reserva en historiascavadas2022@gmail.com
  • Indicaráse o nome do castro e a data da visita, o nome completo das persoas participantes (4 prazas como máximo por reserva) e un teléfono de contacto
  • A reserva da praza só será efectiva unha vez confirmada a inscrición pola compañía de teatro
  • As visitas serán accesibles e inclusivas, e contaráse con intérprete de lingua de signos baixo demanda.
Pontevedra
teatro na biblioteca

“Taller de creación teatral” 

16,30

Venres/Setembro

Taller de creación teatral no que os participantes pasarán polas diferentes fases de cración dun personaxe:

documentación, escritura, creación, interpretación e representación.

-Data e hora: 16 e 30 setembro de 17:00 a 20:30

Inscrición previa a partir de 6 de setembro

-Entrada gratuíta

Biblioteca pública de Pontevedra
Ferve

“F.E.R.V.E”

16,17,18

Venres, sábado e domingo/Setembro

O festival Ferve, incorpora 14 novos chef, que se suman aos anfitrións Javi Oleiros, do restaurante Culler de Pau (dúas Estrelas Michelin), Pepe Solla, de Casa Solla (unha Estrela) e Pepe Vieira, do restaurante Pepe Vieira (unha Estrela). 

Incorpóranse ao cartel cociñeiros de fóra de Galicia como Víctor Martín, propietario do Restaurante Trigo en Valladolid, e Alejandra Herrador e Emanuel Carlucci, propietarios do Restaurante Atalaia (en Alcossebre, Castelló). Xa estaban confirmados chefs de renome como Vicky Sevilla, Iñaki Bretal, Iván Domínguez, Ignacio Echapresto, Xanty Elías, Diego Guerrero, Héctor López ou Juliano Valese, entre outros.  

Entre esas novas confirmacións hai propostas galegas como Yayo Daporta, do Grupo NoveJavier R. Ponte (máis coñecido como Taky), xefe de cociña no Cátering Boketé; Lydia do Olmo e Xosé Magalhaes, parella saída entre os fogóns de Casa Solla que rexenta o restaurante Ceibe en Ourense; ou Beatriz Sotelo, un dos nomes femininos máis relevantes da gastronomía galega, que se dedica á formación de novas xeracións de cociñeiros, a xestión de eventos e outros servizos personalizados.

A xornada inaugural do venres contará con representantes da Banda de Cociñas de Pontevedra: Rubén González (El Cafetín), Marta García (Meigas Fora), Vicente Tortajada (La Culpa de la Gula) e Marta Santiago (A Fervella)

Begoña Vázquez Gago, co seu Regueiro da Cova, representará a Ourense Cociña; Adrián Felípez (Faragulla, A Coruña) representará a Coruña Cociña; Toño Lorenzo (A Faragulla, Chantada), a Lugo Cociñeiros; e Carlos Gea (Living, Vigo) á asociación Vigo Gastronómico.

No apartado musical, Guadi Galego únese a Baiuca, Marilia Monzón, Xoel López e a Banda de Latexa Motiv. 

Obradoiros

De 12:00 a 23:30 horas
Alameda de Pontevedra
Fugas e interferencias

“Fugas e interferencias”

16,17,18

Venres, sábado e domingo/Setembro

O VII Congreso Internacional ‘Fugas e Interferencias‘ da Universidade de Vigo, busca seguir ampliando a reflexión académica ao redor da performance. O evento será do 16 ao 18 de setembro na Vicerrectoría do campus de Pontevedra. Organizado polo grupo de investigación PE4 Imaxe e Contextos, trátase do único congreso académico centrado na arte de acción, que combina cada ano no seu programa conferencias, mesas de presentación de estudos e performances. O obxectivo fundamental do congreso centrarase de novo na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica. 

Entrada libre

Ás 10:00 horas
Casa das campás Pontevedra
A viaxe

“Juan Carlos Cambas:A viaxe” 

17

Sábado/Setembro

Teatro principal Pontevedra

A VIAXE / Dende Arxentina ata Galicia O proxecto tenta contar a través da música a viaxe dos meus pais (galega e asturiano) a Arxentina, e o regreso de toda a familia a España 50 anos mais tarde. É o meu ADN, a miña biografía contada en primeira persoa, pero é esta historia a de miles de emigrantes a América.
 Estes emigrantes foron Embaixadores da súa cultura, e esa mestura, ese Crisol de Culturas, é a que hoxe nos identifica como arxentinos: Cultura ancestral + Cultura adquirida, e á vez o que nos diferencia do resto pola Diversidade Cultural que temos. 10 anos de traballo Un proxecto que tenta borrar fronteiras Un Encontro e fusión de culturas nunha viaxe integradora e enriquecedora a través do mellor de ambas as beiras atlánticas: Músicas con identidade e pertenza. Colaboran no disco 30 grandes artistas convidados nunha viaxe con 18 portos por descubrir. EN DIRECTO Para o concerto do Teatro Principal de Pontevedra, Juan Carlos contará con algún dos artistas convidados a este proxecto, como o cantor arxentino Diego Alberto que viaxará para este concerto. O piano de Juan Carlos estará acompañado por unha sólida banda instrumental: Guille Gómez (Guitarra), Manolo Gómez (Charango) e Carlos Freire (Percusión).

Mercar entrada: 5 Euros

 De 20:00 a 21:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
Rutas de arquitectura

“Rutas de arquitectura” 

17,24

Sábado e domingo/Setembro

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes, propón unha nova edición dos roteiros de arquitectura e ofrece percorridos nos que perderse entre pazos e mosteiros, arquitectura civil e relixiosa, para coñecer de preto os exemplos máis singulares da provincia.

  • Sábado 17 de septiembre de 2022: 

    • Ruta 1. Vila de Cruces-Silleda 
  • Sábado 24 de septiembre de 2022: 

    • Ruta 2. O Carril-Vilagarcía de Arousa 
  • Sábado 1 de outubro de 2022: 

    • Ruta 3. Vigo 
  • Sábado 8 de outubro de 2022: 

    • Ruta 4. Caldas de Reis – Portas 
  • 35 plazas por roteiro
  • Inscripción previa en roteiros.cultura@depo.gal
  • Indicarase o nome do roteiro, os nomes das persoas participantes (máximo 4 persoas por reserva) e un número de teléfono de contacto
  • As rutas 1 e 4 inclúen desprazamentos en autobús a cargo da Deputación de Pontevedra.
 De 10:00 a 13:30 horas
Pontevedra
rut matilda

“Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia”

17

sábado/Setembro

Entre 1924 e 1926, Ruth Matilda Anderson percorreu Galicia coa súa cámara por encargo de The Hispanic Society Museum & Library. A exposición “Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia”, na que a Asociación Etnográfica Sete Espadelas parte de máis de 150 fotografías de Anderson para mostrar prendas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos antigos, xunto a apeiros, utensilios e ferramentas.

E lembra que ata o 15 de outubro hai visitas guiadas á exposición todos os sábados ás 10:30 h e ás 12 h, a cargo dos seus comisarios José Luis Rodríguez e David Quiñones.

Para participar debes inscribirte en reservas.museo@depo.gal.

Ata o 16 de Outubro 2022
Edificio Castelao Pontevedra
Do final e do comezo

“Do final e do comezo 2022”

8

Xoves/Setembro

Exposición “Do final e do comezo 2022″
Como todos os anos, esta mostra reúne unha selección de obras nacidas como parte dos traballos de fin de grao de titulados e tituladas da última promoción de Belas Artes. Organizada pola facultade e a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra, a mostra está comisariada pola equipa de vaciocero.
Do 8 de setembro ata o 30 de outubro
Pazo da Cultura Pontevedra

Xa podes anotarte

Obradoiro de pandeireta

“Clases de pandeireta” 

19

Luns/Setembro

Todos os luns, clases de pandeireta no Centro Cultural de Lérez, en Pontevedra. Arrancamos xa. Novas prazas a partir do vindeiro luns, 19 de setembro. As dúas primeiras clases son gratuítas!!!
Prezos 10 Euros (socios), 15 Euros (non socios)
 De 20:00 a 21:30 horas
Centro Cultural de Lérez 
Cata da vendimia

“Cata de vendimia” 

23

Venres/Setembro

Goza da experiencia de catar diferentes variedades de uvas, mosto e viños D.O. Rías Baixas, acompañados das exquisitas conservas de Galicia.

IMPORTANTE : Actividade para maiores de 18 anos. A organización resérvase o dereito de modificar ou cancelar esta acción. 

Mercar entradas  10 Euros

 Ás 20:00 horas
Pazo de Mugartegui Pontevedra 
Noite de monólogos

“Noite de monólogos” 

23

Venres/Setembro

NOITE DE MONOLOGOS” é un evento solidario que organiza a Asociación de Familiares de Alzheimer de Pontevedra (AFAPO), con motivo do día mundial do Alzheimer, co obxectivo de visibilizar a enfermidade, dar a coñecer a problemática das familias afectadas e poder reunir fondos para novos proxectos.

Para facer realidade este evento contamos coa estimable colaboración dos tres artistas galegos de primeiro nivel que nos acompañarán neste evento como son: David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas e que prepararon esta actuación por primeira vez xuntos para apoiar as nosas reivindicacións. 

Mercar entradas 15 /18 Euros

 Ás 21:00 horas
Fundación ABANCA Pontevedra 
Wordcamp

“Wordcamp Pontevedra” 

23,24,25

Venres a domingo/Setembro

As nosas vidas cambiaron estes últimos anos, pero é hora de ver cara ao futuro, con esperanza, deixando o medo atrás e recuperar o tempo perdido. Volve nosa querida WordCamp de Pontevedra, unha WordCamp galega con todo o que nos caracteriza: alegría, polbo e estrelas!

Preto dunha trintena de conferencias e talleres sobre diferentes temáticas relacionadas co desenvolvemento web forman parte do programa dun encontro que incorpora como novidade a organización dun hackaton, no que os participantes formaranse en desenvolvemento web á vez que traballan na creación das páxinas de dúas organizacións sen ánimo de lucro.

Para o público xeral, as entradas para asistir a esta WordCamp teñen un prezo de 25 euros, no que se inclúen as comidas e a camiseta conmemorativa, mentres que no caso dos integrantes da comunidade universitaria estas teñen un prezo reducido de 10 euros.

Programa

 Ás 08:30 horas do venres
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Galicia ilusiona

“Festival mundial de ilusionismo” 

24

Sábado/Setembro

Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”: Unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta. Todo iso, conducido pola gran Esther Estévez, a comunicadora galega de moda, que se estrea por primeira vez no mundo da maxia. Na gala, participarán:
Hyun Joon Kim (Corea)

Jimmy Delp (Estados Unidos)

Sebastien Dethise (Bélxica)

Huang Zheng (China)

Dani Polo (Galicia) 

Mercar entradas 12 Euros

 Ás 20:30 horas
Fundación ABANCA Pontevedra 
Río verbena

“Río verbena Fest” 

24

Sábado/Setembro

Concertos do Xacobeo

Aos pés do Río Lérez, no Parque de Tafisa, poderemos gozar dunha nova cita musical que encherá a cidade pontevedresa de boa música do panorama actual o próximo 24 de setembro. Entre a súa programación musical confirmada ata o momento, atopamos aos artistas Hijos de la Ruina, Villano Antillano, Sila Lua, Thom Archi e Groove Amigos. Río Verbena chega con forza para axudar a posicionar a Pontevedra e Galicia no mapa de grandes producións musicais a nivel nacional cunha coidada programación, ademais de servir como altofalante en canto a temas como a sustentabilidade ou valores como a igualdade e a tolerancia. Río Verbena emerxe en plena efervescencia da cidade de Pontevedra como candidata a Capital Gastro e como colofón a toda a programación de verán, reunindo na cidade o mellor da música urbana, nun enclave natural inigualable.

Mercar entradas  29 Euros

 De 17:30 a 03:00 horas
Parque de Tafisa, Pontevedra 
competencias dixitais

“Curso de competencias  dixitais” 

26

Luns/Setembro

Debido a que non existe a día de hoxe unha formación regrada nesta temática que provea ao alumnado de coñecementos básicos en competencias dixitais, proponse unha formación que ocupe este espazo e provéalles destes coñecementos tan necesarios. Esta formación contén os seguintes temas:

Manexo de computador con SO Windows 10

Seguridade e privacidade básicas.

Navegación a través de internet

Uso da nube

Manexo de ofimática básica na nube

Profesor David López Pazos

Duración: 30 horas

Prezo: 60 Euros

 De 18:30 a 20:00 horas
Sala de informática UNED Pontevedra
me lo dices o me lo cuentas

Taller de expresión e comunicación oral” 

30,1

Venres,Sábado/Setembro, Outubro

Taller práctico de expresión oral e comunicación interpersoal para conectar cos nosos recursos e gozar contando historias reais ou inventadas dirixido a persoas que queiran iniciarse na narración oral ou sentir máis seguridade e confianza para expresarse en público e nas relacións con outras persoas.

Profesora: Lidia Luna

Duración: 8 Horas

Prezo: 70 Euros ata o 16 de setembro

12 prazas 

 Día 30 de 16:00 a 20:00 horas  Día 1 dee 10:00 a 14:00
Pontevedra
marcha contra o cancro

“Marcha contra o cancro” 

2

Domingo/Outubro

Volve a Marcha contra o Cancro! podes inscribirche ata o 29 de setembro, ás 23.59 horas, na IV Marcha “Pontevedra en marcha contra o Cancro

Distancia: 6,75km.

Decide se queres realizar o percorrido andando ou correndo

Adultos:9€ /4 a 12 anos:5€/ 0-3:gratis

Tan só tes que inscribirche en:

A nosa sede (C/Eduardo Pondal, 64A, baixo, 36003, Pontevedra)

Na ligazón: https://www.rockthesport.com/…/pontevedra-en-marcha…

Nas mesas que situaremos nas rúas de Pontevedra

Coa túa participación estarás a colaborar na luchacontraelcáncer, axudándonos a manter os nosos servizos gratuítos para pacientes oncolóxicos e familiares e a fomentar a investigación en cancro. Forma parte do movemento #EnMarcha!

 Ás 10:30 horas
Gran Vía de Montero Ríos, Pontevedra 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥