Ilia no principal

“Ilia Papoian” 

13

Luns/Marzo

luns 13 de marzo concerto da filarmónica no principal ás 20:30 horas

Ilia Papoian é  Primeiro Premio do V Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo (2021)

LISZT: Transcripción para piano da Fantasía e  Fuga para órgano en Sol menor, BWV 542 de J.S. Bach, S 463
BEETHOVEN: Sonata para piano nº 32 en Do menor, op. 111
SCHUMANN: Fantasía en Do mayor, op. 17

​Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Fame 0

“Fame cero 2” 

13

Luns/Marzo

Benestar social Pontevedra

Benestar Social estreará unha exposición urbana para concienciar sobre a fame no mundo. Estará composta por cinco cubos con representacións gráficas creadas por dez artistas

Fame Cero 2, unha nova exposición urbana pictórica que ten como obxectivo concienciar á poboación acerca da problemática da fame no mundo, no marco das actividades do Concello con motivo do Día Mundial da Nutrición.

A mostra, que se estreará o 13 de marzo ás 13.00 horas, estará situada na rúa Daniel da Sota e contará cunha selección de fotografías de varias obras de ata unha decena de artistas: Carmen Hermo, Gosia Trebacz, Isabell Seidel, Yolanda Dorda, Isabel Pintado, Xulio García Rivas, Alfonso Costa, Ricardo de Campos, Fiz Valcárcel e Antón Sobral, que figura tamén como comisario da actividade.

​Do 13 de marzo a Abril 2023
Rúa Daniel de la Sota, Pontevedra
Adopción

“Adopción” 

14

Martes/Marzo

Adopción Örökbefogadás, Márta Mészáros, 1975, 88 min., VOSG Lingua orixinal: húngaro  cineclube

Kata é viúva, e está entrando nos corenta. Non ten fillos e o seu amante, que está casado, non desexa telos con ela. De maneira fortuíta entra na súa vida unha moza fuxida dun orfanato que lle pide refuxiarse na súa casa. Inicialmente reticente, Kata acóllea e comezar a encariñarse con ela. A relación entre ambas mulleres esperta en Kata a determinación para cambiar o que non lle gusta da súa situación vital.

Berlinale 1975 Oso de Ouro
Oscar 1976 Nomeado a Mellor Filme 

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
O servente

“O servente” 

15

Mércores/Marzo

O oficio de vivir é un ciclo de cine e saúde mental que se celebra este ano por segunda vez na cidade de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa organizada por taller abierto e  impulsada polo concelleiro de Benestar Social do Concello de Pontevedra, Marcos Rey.

Cada unha das sesións incluirá unha presentación a contextualización da película a cargo do experto Suso Novás, a proxección e un turno de preguntas e coloquio final, donde Julia Fraga, especialista en Psiquiatría, exporá as súas reflexiones sobre a película.

“O Servente” de Joseph Losey

Un intrigante e manipulador mordomo consegue, gradualmente, dominar a vida do señor ao que serve, aproveitándose das súas debilidades sexuais. Un tenso e adulto drama psicolóxico que obtivo excelentes críticas

A entrada será de balde ata completar aforo.

Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
primavera tardía

“Primavera tardía” 

15

Mércores/Marzo

  No marco da programación da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2023, terá lugar na Sala VerSus un novo Ciclo de poesía, arte, cine e socioloxía “Familias en escena”. O programa inclúe o ciclo cinematográfico homónimo, cuxa sexta sesión terá lugar este mércores, 15 de marzo, ás 20:00h, coa proxección do Film: Primavera tardía de Yasujiro Ozu.

Noriko vive co seu pai viúvo e coida del, pero xa vai sendo moi maior para permanecer solteira. O seu pai desexaría casala, aínda que iso represente a súa definitiva soidade. O malo é que o candidato a matrimonio casa coa mellor amiga de Noriko. A súa tía Masa preséntalle a un mozo ao seu pesar

Entrada de balde ata completar capacidade

Ás 20:00 horas
En Sala VerSus, rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12, Pontevedra
Maria Antonia Dans

“María Antonia Dans” 

15

Mércores/Marzo

Destacadas mulleres creadoras do século XX converteranse en protagonistas do novo curso de ‘Avantaxado feminino‘ na súa segunda edición.  O acceso a estas sesións do curso é libre. No caso de que as persoas asistentes queiran dispoñer dun certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir, polo menos, a sete das dez sesións previstas. Carolina Munáiz, responsable do curso, exerce como docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarche da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. Ademais, é pintora e profesora das materias de Historia da Indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX

María Antonia Dans (pintura)

De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Ofelia Rey

“Ofelia Rey” 

16

XovesMarzo

Ofelia Rey, catedrática de Historia moderna pola Universidade de Santiago de Compostela e Premio Nacional de Historia en 2022, pronunciará a conferencia ‘Emancipación e transgresión. Mulleres nos conventos da Idade Moderna’.

Ofelia Rey explicará o feito social e económico que rodeaba o auxe dos mosteiros e conventos femininos, especialmente na Idade Moderna: as fillas das familias ricas e poderosas eran metidas nos conventos cando eran nenas e alí quedaban para sempre, de non aparecer con quen casalas. Neses encerramentos levaban unha vida acomodada e sen grandes preocupacións ao tempo que as esixencias relixiosas eran bastante levadeiras. Con todo, era unha existencia imposta que algunhas monxas non foron quen de soportar.

Entrada de balde

Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara.  Pontevedra
andainas

“En marcha contra o cancro” 

16

Xoves/Marzo

A cuarta edición da iniciativa Rutas Saludables volve a Pontevedra

A actividade é gratuíta e comezará o próximo día 23 de febreiro ten prazas limitadas e está dirixida a esa poboación que ten unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables

Divídese en 2 grupos os xoves: un ás 10.30 horas e outro ás 17.00 horas A duración prevista para esta actividade é de hora e media aproximadamente e será guiada sempre por un/unha voluntari@

Desenvolveranse pola cidade co obxectivo de combater o sedentarismo, xa que é o responsable do 6% de mortes en todo o mundo e incrementa o risco de padecer cancro de colon e de mama ata un 20-25%

Se queres inscribirte, chámanos ao noso teléfono 900 100 036 (gratuíto e 24h) ou presencialmente na nosa sede en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A, baixo) ata que se completen as prazas.

Xoves: ás 10.30 horas e ás 17.00 horas
Sede da Asociación Eduardo Pondal, 64A Pontevedra
poesía en Paz

“Lara e Patricia”

16

Xoves/Marzo

O ciclo ‘Teñamos a poesía en Paz‘ recibe a visita das poetas Lara do Ar e Patricia Meira. Presenta e coordina Silvia Penas.
Patricia e Lara falarán da súas obras con Silvia e recitarán algúns dos seus poemas. 

Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
Gabarrón atlántico

“Gabarrón atlántico” 

16

Xoves/Marzo

Inauguración da exposición ‘Gabarrón Atlántico, Ronsel de saudade”, de Cristóbal Gabarrón, a exposición está comisariada por Antón Castro.

Xoves 16 de marzo ás 18:30 no edificio Castelao

Entrada libre ata completar capacidade

Do 16 de Marzo ao 14 de Maio
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
As mulleres

“As Mulleres que opinan son perigosas” 

17,18

Venres, Sábado/Marzo

“As mulleres que opinan son perigosas” venres 17 e sábado 18 no teatro principal

Inauguración o venres 17 con Diana López, Susana Pedreira, Carmela Silva e Miguel Anxo Fernández Lores

Ás 12:00 horas
Teatro Principal , Pontevedra
Un nudista en Vilanova

“Un nudista en Vilanova” 

17

Venres/Marzo

Presentación do libro: Julio Camba, un nudista en Vilanova” de Benito Leiro Conde.

Sobre Julio Camba sabiámolo case todo. Por algo fora o xornalista español máis internacional do século XX, o correspondente dos principais xornais hispanos nas capitais máis importantes do mundo. Si, sabiámolo case todo, pero faltábanos unha biografía íntima que o achegase á paisaxe e á veciñanza da súa querida Vilanova de Arousa, da súa provincia de Pontevedra e da súa estrañada Galicia.

A presentación terá lugar no hotel Galicia Palace ás 19:30 da tarde.

Terán prioridade os socios do Ateneo Pontevedra xa que haberá unha cata de viño e petiscos. Prezo 15 Euros

50 prazas 

​Ás 19:30 horas
Hotel Galicia Palace, Pontevedra
alquimia
Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1931), de Robert Mamoulian

“Dr. Jekyll e Mr. Hyde” 

17

Venres/Marzo

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1931), de Robert Mamoulian, na primeira sesión do ciclo de cinema Expediente alquimia. Integrado por doce proxeccións e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, esta programación propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas.

Entrada de balde

​Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
Cherry Sweet

“Cherry Sweet” 

17

Venres/Marzo

Concerto de Cherry Sweet venres 17 de marzo ás 22:00 horas

Socios 5 Euros

Invitación non socios 10 Euros

prazas limitadas

​Ás 22:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra
Banda deseñada

“I Festival de banda deseñada” 

17-19

Venres,sábado e domingo/Marzo

O 17, 18 e 19 de marzo de 2023, coincidindo coa celebración do DÍA DO CÓMIC (17 de marzo), celébrase o Festival de Banda Deseñada de Pontevedra 2023.

As xornadas terán lugar o 17 ao 19 de marzo a cabalo entre a Sala superior do Teatro Principal e o Museo, pero as exposicións estarán instaladas e visitables ata o 9 de abril. É un formato para todo o público que contará con obradoiros para escolares o venres pola mañá (de creación de CELS de Dragon Ball da man de O Garaxe Hermético e con Jorge Campos sobre como facer BD desde cero) ao tempo que se celebran no Museo as xornadas profesionais tanto para autores como para aqueles que se están formando baixo o título “De profesión, autores de cómic” e na que participarán Ana Miralles, Miguelanxo Prado, José Ángel Ares, Anabel Colazo, Alicia Jaraba e Kiko Dasilva, para falar de toda a problemática que ten traballar na nosa profesión”

O evento coordinado polo profesional da ilustración Kiko Dasilva contará tamén cun espazo de venda de exemplares por parte das librarías Paz, Seijas e Nobel, diferentes editoras como La Cúpula, Nuevo Nueve, Letra Blanka, Retranca, etc. e Torrado Belas Artes para a venda de material de debuxo.

Do 17 ao 19 de Marzo 2023
Sala superior do Teatro principal e o Museo de Pontevedra
corizonas

“Corizonas” 

18

Sábado/Marzo

Concerto de Corizonas en Sala Karma

Virán a Pontevedra presentar o seu novo disco, un traballo que leva por título Corizonas III.

Nel, presentan once cancións que oscilan entre o rock intelixente e a “americana” máis exquisita pero, esta vez, nun castelán totalmente orgánico, con letras subxugantes e arranxos de mandolina, harmónica, teclados e guitarras.

A banda, nacida da unión de dous grupos tan dispares, musical e xeracionalmente como Arizona Baby e Los Coronas, gañouse por igual o fervor e respecto de crítica e público e convertéronse en habituais dos principais festivais de música de todo o país.

​Ás 22:00 horas
Sala Karma, Pontevedra
exposición e andaina

“VII Exposición de Camelia e andaina” 

19

Domingo/Marzo

VII Edición de Exposición da Camelia

Ás 10 andaina circular de 5km. Roteiro de Sta María

Ás 11:00 horas Exposición das Camelias dos tres pinos

Ás 13:00 horas viño país e aperitivos, xogos populares

​Ás 10:00 horas
Centro cultural de Sta Mª de Xeve, Pontevedra
As mulleres do nordés

“Atlánticas. As Mulleres do Nordés” 

10

Venres/Marzo

Palacete das Mendoza, Pontevedra

Exposición Atlánticas. Mulleres do Nordés’, da pintora e escultora Viki Rivadulla. 

A mostra está inspirada nas mulleres da costa galega e presenta uns seres case míticos pero fundamentados nunha realidade e ligados ao seu oficio mariñeiro. Mulleres empoderadas que defenden con orgullo o seu ser mariñeiro, “mulleres reais, traballadoras, pero pasadas por unha visión artística que as converte en guerreiras que defenden o territorioo mar, que está esmorecendo e desaparecendo e que hai que coidar”

Horario de luns a venres de 9.00 a 20.00, os sábados de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 e os domingos e festivos de 10.00 a 14.00 horas.

​Do 10 ao 30 de Marzo 2023
Palacete das Mendoza, Pontevedra
Ivo Sirakov

“Hipnosis” 

1

Mércores/Marzo

Exposición “Hipnosis”, de Ivo Sirakov

 Inauguración: mércores 1 de marzo de 2023, ás 20 horas, no Liceo Casino de Pontevedra (rúa de Manuel Quiroga, 21). Poderá visitarse durante o mes de marzo.

 Organiza: Liceo Casino de Pontevedra.

 Colabora: Ateneo de Pontevedra.

​Do 1 ao 15 de Marzo 2023
Liceo Casino, Pontevedra
aire

“Aire Galería”

9

Xoves/Febreiro

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, emprazada na Facultade de Belas Artes, acolle a exposición Aire Galería, centrada na traxectoria deste espazo expositivo de Bilbao, que dá visibilidade ao labor artístico do alumnado e profesorado vinculado á Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).

Promovida coa colaboración desta universidade, nesta exposición preséntase unha selección das obras dos 64 artistas que formaron parte nas diferentes exposicións promovidas na Galería Aire e que integran a súa colección. A mostra pode visitarse ata o 7 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

D 9 de febreiro ao 7 de abril 2023
Sala de exposicións Manuel Moldes, Belas Artes, Pontevedra
Xulio Gil

“Símbolos do conflito” 

2

Xoves/Febreiro

Exposición ‘Símbolos do conflito” de Xulio Gil,

Entrada libre ata completar capacidade

Do 2 de Febreiro ao 27 de Marzo 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Vexo vexo

“Vexo, vexo! que ves?” 

1

Mércores/Febreiro

Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación, en Pontevedra

Compónse de trinta e catro pezas de autorías e soportes diversos: un gravado de Goya, debuxos de Castelao, esculturas de Xurxo Oro Claro, un óleo de Berta Cáccamo, a banda deseñada sobre a nosa Colección de Jacobo Fernández, fotografías de Helena Segura-Torrella e Daniel Canogar, entre outras obras. Todo, no Café Moderno de Pontevedra.

Do 1 de febreiro ata o 8 de abril 2023
Café moderno de Pontevedra
A cidade é a pegada

“A cidade é a pegada” 

15

Xoves/Decembro

A exposición, que reflexiona sobre o acontecemento de pertencer a Pontevedra empregando a infancia como fío condutor, conta con Alfredo Olmedo como comisario, os subcomisarios Eduardo Outeiro, Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará, Alberto Reiriz e Vicente Pillado do estudio de arquitectura NAN, o arquiveiro municipal Rodrigo Silva e Patricia Dopico, responsable do diseño editorial.

Estará dividida nos espazos Personaxes, do que hoxe avanzamos unhas pinceladas, Infancia, Arquitectura e Río e será, “a produción máis importante a nivel expositivo que levou a cabo o Concello.

Do 15 decembro ao 22 de marzo 2023
Pazo da cultura Pontevedra

Xa podes anotarte

Julia Otero

“Julia na onda” 

22

Mércores/Marzo

Onda cero Pontevedra convídate ao programa “Julia en la onda” especial 50 aniversario da UNED Pontevedra.

22 de marzo en directo dende o salón de actos da UNED ás 15:00 horas

A entrada será de balde ata completar aforo.

Ás 15:00 horas
UNED, Pontevedra
Que foi de baby jane?

“Qué foi de baby Jane?” 

22

Mércores/Marzo

O oficio de vivir é un ciclo de cine e saúde mental. Trátase dunha iniciativa organizada por taller abierto e  impulsada polo concelleiro de Benestar Social do Concello de Pontevedra.

Cada unha das sesións incluirá unha presentación a contextualización da película a cargo do experto Suso Novás, a proxección e un turno de preguntas e coloquio final, donde Julia Fraga, especialista en Psiquiatría, exporá as súas reflexiones sobre a película.

Que foi de Baby Jane? ” de  Robert Aldrich 

As irmás Jane e Blanche Hudson foron estrelas infantís de Hollywood, pero as súas carreiras seguiron traxectorias moi distintas. Mentres que Jane, ao crecer, foi esquecida polo público, Blanche converteuse nunha actriz de éxito. Tras un misterioso accidente de coche, Blanche quedou prostrada nunha cadeira de rodas ao coidado da súa irmá Jane, que goza atormentándoa. 

A entrada será de balde ata completar aforo.

Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Uxia e Ruibal

“Uxía e Ruibal” 

25

Sábado/Marzo

Matinés do principal

A artista galega Uxía e o músico andaluz Javier Ruibal unen as súas forzas e talentos en “Dá túa casa á miña”. Un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía. Un espectáculo no que se acompañan de Marcos Teira, Sergio Tannus, Javi Ruibal.  

Mercar entradas

Ás 12:30 horas
Teatro Principal , Pontevedra
Concerto solidario

“Concerto solidario” 

25

Sábado/Marzo

Concerto solidario ofrecido polas Orquestas infantíl e xoven da Sinfónica de Pontevedra a favor de Manos Unidas.

Mercar entradas

Ás 20:00 horas
Auditorio do pazo da Cultura, Pontevedra
cours avancé

“Conversation en Français” 

3

Luns/Abril

Nathalie Ramírez

Cours de français en ligne avec Nathalie Ramírez Valbuena

Duración de Abril a xuño 2023

Días e horarios– Luns de 20:30 a 22:00 horas

Horas totais18

Prezo 160 Euros por persoa

Número de estudantes de 3 a 6

Nivel B2-C1

Datas: 3, 10, 17, 24 de Abril, 8, 15, 22, 29 de Maio, 5,12,19, 26 de xuño 2023

Contacto: nathalie.ramirezvalbuena@gmail.com o no teléfono 631472211

De 20:30 a 22:00 horas
En liña

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥